COUSAS DE - revista nº4

Page 1


“As Xornadas Enxebre” Diciembre, Enero, y Febrero Sábados y Domingos

“O Cocido Enxebre” Sopa de cocido Cocido completo Natillas caseras con tejas Agua, vino, café, y chupito 25,00 € por persona IVA incluido

Reserve su mesa en el 986 355000 o en baiona@parador.es www.parador.es


SUMARIO NÚM. 4 6

FOTO: A embarcación O Volanteiro instalado no peirao alto da Guarda, testigo da XIV edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais

OPINIÓN Páxina 6 por Suso Vila

EDITORIAL

ACTUALIDADE 10-24 Novas que foron e que

queremos lembrar

4

MÁIS COUSAS

8 18 36 42 44 46 50 52 26

30

38

48

Rías Baixas: Un pobo entre dous mundos Deporte inclusivo O mar tamén ten mulleres O GALP Ría de Vigo-A Guarda Enoturismo Deportes Cooperación transfronteiriza OCIO Axenda

EN PORTADA O Teatro Principal de Tui: o reflexo da sociedade na arquitectura do divertimento por Suso Vila Galegos que tamén foron a procura das especias, por Anxo Lemos XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais da Guarda Concepción Arenal: Unha feminista nada en 1820, por Celia Pereira

Edita: EDICIONES BASAN, S.L. C/ López de Neira, nº 3, 3º. 36202 Vigo. cousasde@edicionesbasan.com. Director: Jesús G. Bastida jesusgbastida@cousasde.com Deseño e maquetación: CREACIÓN ANIMAL Colaboradores: Anxo Rodríguez Lemos, Pablo Fernández Estévez, Carlos Méixome, Suso Vila, Álvaro Peralta, Juan Ramón Tamuxe, Rosana Calvo, Judit Bernárdez

Dos galegos sempre se destaca o seu amor pola terra, pero sen dúbida tamén hai un gran protagonista nas súas vidas: O MAR. Neste número que o lector ten nas súas mans quixemos dar un especial protagonismo a todas aquelas persoas e entidades que dedicaron ou dedican a súa vida ao MAR. En primeiro lugar quixemos destacar o traballo que realizan en MRCY de Baiona por achegar o MAR a persoas ás que esta experiencia, póidalles supoñer unha mellora na súa calidade de vida. Tamén dedicamos un espazo ao Grupo de Acción Costeira Ría de Vigo - A Guarda, unha asociación formada por 11 concellos e que colabora na xestión das subvencións concedidas pola Consellería do Mar e o Fondo Europeo Marítimo e da Pesca. Este organismo ademais é o impulsor na actualidade dunha exposición fotográfica, que vai percorrer cada un dos concellos que a integran. Esta exposición que se chama O MAR TAMÉN TEN MULLERES, ten como obxectivo visibilizar o traballo das mulleres que dedicaron a súa vida ás tarefas do mar no seu territorio. Este ano tamén se cumpren 500 anos da saída dunha expedición que fixo historia e non podiamos quedarnos á marxe, só que quixemos poñer o foco nos galegos que nela participaron. Pero sen dúbida, o protagonismo levoullo este ano un evento: O XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais que se celebrou na Guarda. Este acontecemento foi extraordinario por moitos motivos, pero sen dúbida o feito de que todo un pobo envorcásese na súa realización, marcou un antes e un despois na vida desta fermosa vila.

Departamento Comercial: revistacousasde@cousasde.com Teléfono: 626 993 480 Web e redes sociais: www.cousasde.com

Periodicidade trimestral. redacción@cousasde.com Depósito Legal: VG 229-2019 A empresa resérvase todos os dereitos da publicación, sen que poida reproducirse total ou parcialmente o seu contido, sen o consentimento previo dos editores.

Distribuída en: A Guarda, Baiona, Redondela, Gondomar, Nigrán, Oia, O Rosal, Salceda de Caselas, Tomiño, Tui, Mos e O Porriño, Soutomaior, Ponteareas, Salvaterra do Miño. En Portugal: Valença, Cerveira, Caminha e Monçao

cousas de 3


RÍAS BAIXAS

VIAXE Ó PASADO DE GALICIA COA MOSTRA “GALAICOS. UN POBO ENTRE DOUS MUNDOS” O Museo de Pontevedra transformarase ata o próximo 2 de febreiro nunha máquina do tempo que levará a todos os seus pasaxeiros a unha Galicia coetánea co askós do Castro do Alobre, a hacha votiva de Lalín ou o casco de Leiro. Baixo o nome de “Galaicos. Un pobo entre dous mundos”, a Deputación de Pontevedra trae ó museo pontevedrés unha mostra do rico patrimonio arqueolóxico da provincia no período comprendido entre a Idade de Bronce e o século VI. A exposición viaxa por cinco horizontes cronolóxicos. “¿Campesiños e guerreiros?”, fala da Idade de Bronce, entre os anos 1.500 e 800 antes de Cristo; “Poboados fortificados da Primeira Idade de Ferro”, comprende dende o ano 800 ata o 400 antes de Cristo.; “O Atlántico ábrese ao Mediterráneo”, abrangue os anos 400 e 19 antes de Cristo; “Na esfera de Roma: Gallaecia”, céntrase nos tres primeiros séculos despois de Cristo; e “A provincia de Gallaecia”, remata cos séculos IV, V e VI. A través de fotografías, vídeos, paneis informativos e máis de sesenta obxectos arqueolóxicos, algúns orixinais e outros réplicas, Galaicos percorre a historia da provincia durante 21 séculos. E para iso conta con pezas inéditas e outras que hai máis de quince anos que non participan en exposicións, como son o casco/cunca de Leiro e a diadema de Elviña, ambas pezas do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón, en A Coruña.

4 cousas de

Casco ou Cunca de Leiro


Precisamente a colaboración con outras entidades fai aínda máis grande e valiosa esta mostra, que recompila o mellor de dez museos: o Museo de Pontevedra, o Museo Arqueolóxico de Santa Trega, o Museo Municipal de Vigo Quiñones de León, o Museo do Mar de Galicia, o Museo Massó, o Museo Provincial de Lugo, o Museo das Peregrinacións de Santiago, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, o Museo Arqueolóxico e Histórico Castelao de San Antón e o Museo Arqueolóxico de Asturias. Ademais de difundir a historia e o patrimonio do noso pasado, a exposición, da que son comisarios o arqueólogo Rafael Rodríguez e Antoni Nicolau, persegue diferentes obxectivos. Por unha parte, é a forma perfecta de conmemorar o 125 aniversario da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, xerme do actual Museo; e por outra, favorece un turismo sostible baseado na historia co fin de atraer visitantes durante todo o ano. Diferentes obxectivos que xa comezaron a acadar resultados, pois, “Galaicos, un pobo entre dous mundos”, antes de chegar ó Museo da Pontevedra, estivo no Museo Arqueolóxico Nacional de Madrid e no Museo da Prehistoria de Valencia, onde 32.000 persoas viaxaron nesta máquina do tempo para aterrar na Galicia dos nosos antepasados, eses que habitaron nos castros de A Cabeciña, Penalba, A Lanzada, Santa Trega, Monte do Castro, Alobre, Castrolandín, Monte do Facho, a vila romana de Toralla, as salinas de Vigo, Adro Vello e A Lanzada.

Os romanos entregaban aos xefes tribais placas de bronce con formas diversas como proba de amizade ou para selar un pacto. Un exemplo diso é esta tessera hospitalis do século I achada en Folgoso do Courel (Lugo).

Esta arracada de ouro dos séculos III-II antes da nosa era, descuberta en Vilar de Santos (Ourense), é un exemplo das influencias, tanto atlánticas como mediterráneas, que recibía o noroeste da península.

Diadema de Elviña. Formaría parte dun ou varios enxovais empregados en determinadas cerimonias, por parte dalgunha figura relevante dentro da comunidade. Fálase dunha posible sacerdotisa que rendese culto ao sol ou dun home cunha posición política e social destacada.

“Galaicos, un pobo entre dous mundos” é moito máis que unha mostra de pezas antigas, vídeos e paneis informativos. A Deputación de Pontevedra organiza varias actividades complementarias arredor desta ambiciosa aposta cultural para coñecer máis a fondo como vivían os nosos antecesores.

cousas de 5


PÁXINA 6

O QUE TUI ESQUECEU: O BISPO LUCAS por Suso Vila, Doutor en História da Arte Poderíamos facer lista daqueles persoeiros da historia da diócese tudense que a pesares do seu recoñecemento internacional como figuras senlleiras nos seus eidos en Tui, a cidade na que naceron ou aplicaron o seu traballo aínda non se recoñeceu cousa algunha en forma de rúa ou estatua para a memoria. Sen dúbida unha destas figuras é o bispo Lucas quen desde a Idade Media paseou o seu nome coa cidade na que foi bispo: Lucas de Tui autor do Cronicón Mundi unha das principais obras históricas ibéricas medievais, pero tamén sobre os milagres de San Isidoro ou incluso o interesante relato da presencia cátara en León, obras que lle seguen a valer hoxe en día o recoñecemento internacional. Lucas chega a bispo de Tui en 1239 morrendo na cidade en 1249. A orixe de Lucas é escura posto que nada sabemos de el antes de recibir o encargo en León para redactar os milagres de San Isidoro. Os seus vencellos son claros con Castela, a raíña Berenguela e unha idea política e relixiosa moi ampla. Isto levou a algúns a pensar nunha orixe italiana ou francesa para Lucas e un destino no Studium de Palencia (1208-1212) protexida por Alfonso VIII e que contrataría a diferentes magister franceses e italianos. Este sería o local onde Lucas coñecería á raíña Berenguela e probablemente ao coéngo Pedro González, futuro San Telmo. Como bispo de Tui Lucas puido ser o responsable de traer a San Telmo co que compartía amizade e sería o bispo o responsable de enterralo na catedral e darlle culto público. O bispo Lucas sería o culpable de que en Tui teñamos festas a San Telmo. Cómo é posible que en Tui non lembremos o nome de Lucas? Quizáis a explicación esté en que Lucas era un gran escritor pero mal señor. Cando chega a Tui cara o ano 1244 as tensións co concello son moi claras. O bispo mantería o monopolio sobre a venta do viño no mes de San Xoán impedindo que os veciños da cidade vendesen o seu propio viño. Esta situación racharíase cunha rebelión municipal que levaría a que o cabido tudense levase pancadas e paus e que o mesmo bispo ficase acurralado detrás do altar maior. Este caso que remataría coa sentenza do rei Fernando III en 1250, amosaría a carraxe que en Tui se lle tiña ao bispo Lucas. Incluso no momento de morrer o bispo en 1249 e ordenar ser enterrado xunto do seu amigo frei Pedro González, a vontade popular vería no “milagroso” feito da separación dos sepulcros unha evidencia de que Lucas non era merecedor de estar a carón do corpo santo. Pasados os séculos seica esa desmemoria popular pervive e fai que aínda non saibamos recoñecer a personaxes tan destacadas para a historia de Tui.

6 cousas de

Lauda Lucas Bispo Fernando III El Santo


Diagnó y presu stico pue gratuit sto os

Queremos que te sientas como en casa 800 m2 con la más alta tecnología en salud dental y las mejores instalaciones para tu confort. Especialistas en: • Odontopediatría • Ortodoncia • Implantes • Periodoncia • Estética dental • Endodoncia • Prótesis

d de ilida ión c a F c ncia fina

36

R. S.: C-36-001975

es mes eses ter n i sin

¡DESCÚBRENOS! Ctra. de Camposancos, 152, 36213 VIGO 986 296 247 - 608 555 324 info@clinicadentalromeo.com www.clinicadentalromeo.com

cousas de 7


DEPORTE INCLUSIVO

MENORES TUTELADOS POLA XUNTA DE GALICIA ACHEGARANSE AO MAR DA MAN DO MRCY DE BAIONA

Os menores navegando pola baía de Baiona - Foto © Rosana Calvo

CON ESTA NOVA INICIATIVA O MONTE REAL BUSCA SEGUIR AMPLIANDO UN SERVIZO QUE DESDE HAI ANOS OFRECE A PERSOAS CON DISCAPACIDADE, DEPENDENTES, MAIORES E ALUMNOS DE CENTROS ESPECIAIS CON SERIOS PROBLEMAS CONDUCTUALES O pasado mes de setembro, o Monte Real Club de Yates celebrou, xunto co concello de Baiona e grazas ao patrocinio de Verti Seguros, unha nova edición do Vertiatlón Solidario, un tríatlon co que, desde hai 5 anos, o club recada fondos para a súa Escola de Vela Adaptada. Neste 2019, a participación de 200 atletas e a colaboración de numerosas marcas e empresas, permitiu recadar máis 6.000 euros, un diñeiro que, sumado ao apoio que presta a Xunta de Galicia, permitiulle ao club baionés impulsar novas actividades destinadas achegar ao mar a persoas ás que lles poida supoñer unha mellora na súa calidade de vida. Tras poñer en marcha cursos de vela adaptada para persoas con diversidade funcional de diferentes asociacións de Galicia, sacar a navegar a usuarios de residencias de maiores a través do programa “Amaromar” e realizar saídas náuticas con alumnos de centros de educación especial con problemas conductuales, o Monte Real amplía agora as súas actividades con propostas para menores tutelados pola Xunta de Galicia. Na actualidade existen en Galicia preto de 3000 nenos e nenas que, por diferentes motivos, a maior parte deles relacionados con abandonos, abusos, falta de escolarización ou atención sanitaria, pasaron a estar baixo o amparo dos servizos de menores da administración autonómica galega. Algúns deles beneficiáronse xa desta nova iniciativa impulsada polo Monte Real, que lles permite saír a navegar en grupo con monitores especializados. Trátase dunha proposta que busca, principalmente, ofrecer a estes nenos a posibilidade de gozar dunhas horas de gozar e desconexión no mar, á vez que aprenden aspectos relacionados cos deportes náuticos. 8 cousas de


Para o seu vicepresidente, Alejandro Retolaza, a experiencia é totalmente positiva. “Pensabamos que este test ía saír ben e os seus titores confirmáronnolo”. En canto a como reaccionan o primeiro día e ao subir ao barco, Retolaza, subliña que de maneira espectacular, “sempre tes un pouco de medo cando empezas un test deste tipo, pero ao final dámonos conta que o noso deporte é tan diferente ao resto que para eles é algo moi novo e veñen cunha ilusión incrible, non teñen medo a probar”. En canto a como se desenvolveron os menores, destaca que “probaron todo tipo de barcos que hai no club e ao non ter limitacións físicas nin psíquicas, a evolución deles é moi rápida”. Na última das saídas realizadas con menores tutelados, os nenos e nenas puideron percorrer diferentes puntos da baía de Baiona, descubrir o funcionamento dunha embarcación e coñecer conceptos básicos de navegación. Coa posta en marcha desta actividade, o Monte Real Club de Yates reafirma unha vez máis o seu compromiso coa sociedade e consolídase como un dos clubs cunha maior responsabilidade social corporativa en Galicia.

A iniciativa súmase ao amplo programa de actividades da Escola de Vela. Foto © Rosana Calvo

VIVE VAL MIÑOR

cousas de 9


ACTUALIDADE

OS CONCELLOS DO VAL MIÑOR INAUGURAN UN OBRADOIRO DUAL DE DESEÑO GRÁFICO E COIDADOS SOCIOSANITARIOS CUNHA VINTENA DE ALUMNOS-TRABALLADORES

Unha vintena de alumnos-traballadores comezou a III edición do obradoiro dual de emprego ‘Valmiemprega’ promovido polos tres concellos do Val Miñor e que este ano leva por título “Crea e Coida Miñor” ao estar orientado por un lado a formación en ‘Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais ou en domicilio’, e, por outro, a ‘Deseño de produtos gráficos’. Os tres alcaldes do Val Miñor, xunto ao Xefe Territorial de Economía, Industria e Comercio da Xunta, acudiron á xornada inaugural no CDL de Gondomar, onde terá lugar boa parte da formación (agás a parte práctica de atención sociosanitaria, que se desenvolverá na casa cedida polo Concello de Nigrán ao Centro Juan María, en Camos, e que non interferirá neste uso). O obradoiro conta cunha subvención de 336.446 € por parte da Consellería de Economía e Emprego da Xunta de Galicia e dará traballo durante nove meses a 20 alumnos-traballadores da comarca que se atopaban en situación de desemprego e que o INEM seleccionou. Esta acción é froito dunha sinerxia entre os tres municipios (ao marxe da Mancomunidade do Val Miñor) para solicitar unha subvención ao respecto e foi creada consensuadamente dende os respectivos servizos técnicos municipais ao detectarse un viveiro de emprego que, precisamente, non depende da estacionalidade. Os participantes percibirán o salario mínimo interprofesional e, no caso de ‘Deseño de produtos gráficos’, adquirirán competencias para desenvolver proxectos gráficos a partir das especificacións iniciais do producto, elaborando bocetos, seleccionando e axeitando color, imaxes e fontes tipográficas, creando elementos gráficos, maquetas e artes finais... Un traballo que, paralelamente, permitirá crear un produto turístico/cultural claramente identificado co Val Miñor e nas consecuentes formas de plasmación, tanto do xeito máis tradicional (con soporte papel) como web. Así, os 10 alumnos-traballadores realizarán actuacións nos tres concellos encamiñadas a lanzar o Val Miñor como destino turístico/cultural (imaxe corporativa común, identificación das mellores imaxes e obtención das mesmas, retoques dixitais, composición de textos, maquetación de produtos editoriais...). Este obradoiro supón un paso máis sobre o do ano pasado, que estivo adicado á promoción turística local e información ao visitante e deseño gráfico e multimedia Por outra banda, os 10 alumnos-traballadores de ‘Atención sociosanitaria a persoas no domicilio’ recibirán formación dividida en tres módulos, de hixiene e atención sanitaria domiciliaria, atención e apoio psicosocial domiciliario e, finalmente, apoio domiciliario e alimentación familiar (as prácticas terán lugar na casa cedida polo Concello de Nigrán ao CEE Juan María).

10 cousas de


AUGAS DE GALICIA INCREMENTARÁ UN 10% O SEU ORZAMENTO EN 2020 PARA INVESTIR EN CALIDADE DE VIDA A auga recubre o 71% da superficie terrestre; porcentaxe que se asemella a súa presencia no corpo humano, que varía entre un 55 e un 78%. Sen ela non sería posible a vida na Terra, polo que, investir en auga é investir en vida. Sabedores disto, e para dar cumprimento á normativa europea, o goberno galego destinou una boa cantidade de recursos a mellorar o saneamento e o abastecemento da auga nas últimas décadas. As cifras falan por si soas: a Xunta investiu máis de 1.100 millóns de euros en obras hidráulicas, investimento que permitiu executar 350 actuacións de saneamento en beneficio de 165 concellos. Para continuar apostando pola calidades deste recurso vital, o orzamento de Augas de Galicia medrará en un 10% o próximo ano.

EDAR de Baiona

E, tan importante é o abastecemento e saneamento, como a depuración das augas residuais. Fai trinta años apenas había en Galicia cinco depuradoras activas e o resto das augas residuais vertíanse directamente ou cun simple pretratamento orixinando graves problemas de contaminación. Hoxe temos corenta e cinco novas depuradoras con capacidades para dar servizo a 1,5 millóns de galegos e galegas, máis da metade da poboación de Galicia. O mantemento destas instalacións tamén centra a política do goberno galego en materia de benestar ambiental. Por iso, a xunta realiza labores de vixilancia, inspección e asesoramento das Estacións Depuradoras de Augas Residuais (EDAR) que lle son entregadas ós concellos. Grazas a un Plan de Control de Vertidos, corrixíronse máis de medio milleiro de fluídos contaminantes ó dominio público marítimo-terrestre; un factor que inflúe na calidade ambiental e na produción económica, pois a auga é un recurso esencial do que dependen actividades como a pesca, o marisqueo a acuicultura ou o turismo. Para seguir camiñando nesta liña e lograr o saneamento integral das rías e dos ríos galegos, Augas de Galicia disporá en 2020 dun orzamento que medrará un 10%, sumando máis de 100 millóns de euros para reforzar o apoio aos concellos nas súas competencias de saneamento e abastecemento e así continuar enriquecendo a calidade das augas galegas que, dende o ano 2009 mellorou en case dez puntos porcentuais. Con todo, despois de dez años de traballo, a Xunta ten claro que a execución de infraestruturas hidráulicas non abonda. É necesario garantir o seu correcto funcionamento axudando aos pequenos concellos na súa xestión. Para alcanzar este obxectivo, o goberno galego impulsará una sociedade pública que, seguindo o modelo de Sogama para os residuos, preste apoio ós municipios no ciclo integral da auga. Nesta sociedade participarán a Xunta, os Concellos e as Deputacións Provinciais (estas últimas deberán coordinar os concellos de menos de 20.000 habitantes). A sociedade pública que propón a Xunta busca: abaratar custos, garantir a calidade das prestacións e mellorar servizos hidráulicos para, en consecuencia, mellorar tamén en calidade de vida. EDAR de Nigrán cousas de 11


ACTUALIDADE

O CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA SITÚASE NO TERCEIRO LUGAR DAS RUTAS XACOBEAS

O Camiño Portugués da Costa é, dende marzo deste ano 2019, a terceira ruta xacobea máis empregada polos peregrinos para realizar a súa peregrinaxe a Santiago de Compostela despois do Camiño Francés, en primeiro lugar, e o Portugués, en segundo lugar, ocupando arestora o lugar que tradicionalmente lle correspondía ao Camiño Inglés. A Guarda Mosteiro de Oia

A pesares de ser a última ruta xacobea oficializada o incremento de peregrinos desta foi incrementándose notablemente, destacando no Concello da Guarda un aumento nas pernoctas en hoteis e no Albergue Municipal, así como no tránsito de peregrinos que inician este camiño en Portugal, atravesando despois o Río Miño e tamén os que inician o mesmo na vila da Guarda. O Albergue municipal, a día de hoxe xa superou os 5000 peregrinos, sendo agosto e setembro os meses de maior afluencia cunha ocupación media de 32 camas, das 36 dispoñibles. De igual xeito neses meses o resto de aloxamentos da localidade tamén tiveron unha alta ocupación de peregrinos. Hai que ter en conta que no pasado ano 2018 a ocupación total do Albergue Municipal foi de 3600 peregrinos. Segundo os datos estatísticos da Oficina do Peregrino do mes de setembro, os peregrinos realizan principalmente o seu traxecto a pé (máis dun 90%), seguidos polos que o realizan en bicicleta(5%) e do total de peregrinos que remataron o seu camiño en Santiago, un 8,55% empregou o Camiño Portugués da Costa.

O Rosal

12 cousas de

A evolución do Camiño Portugués da Costa ten sido extraordinaria, con preto de 7329 peregrinos no 2017, 13.841 peregrinos no 2018 e 19.378 peregrinos ata o mes de setembro deste ano 2019.


Chegando a Baiona

O Ano Santo 2021 traerá consigo unha extensa e detallada programación que comezará máis dun ano antes de que abra a Porta Santa, o que encaixa coa vontade de levar a cabo unha celebración descentralizada, que se deixe sentir en toda Galicia. Neste senso se teñen posto en marcha distintas liñas de actuación como o Plan de Albergues, o Plan de Sinalización, o Plan de Mantemento e o Plan de Embelecemento. No eido cultural, puxo en valor as máis de 110 iniciativas levadas a cabo en Pontevedra no marco do programa O teu Xacobeo, cun investimento de 1,6 millóns de euros, ou as iniciativas impulsadas na provincia dentro de proxectos como Cultura no Camiño, Camiños Sonoros ou Vive o Camiño. Nigrán, Ponte da Ramallosa

cousas de 13


ACTUALIDADE

NIGRÁN MUSEALIZA O CASTRO DE CHANDEBRITO COA COLOCACIÓN DE PANEIS INFORMATIVOS E DELIMITACIÓN DE ESPAZOS A explanada de acceso ao promontorio conta xa cun panel no que por vez primeira se recrea mediante un debuxo a vida no castro e que contén información para a súa compresión espazo-temporal O Concello de Nigrán, tras promover a escavación de 58 metros cadrados no Castro de Chandebrito, terminou a fase de musealización do mesmo delimitando areas e colocando paneis informativos. Na explanada de acceso ao promontorio, foi instalado un panel no que por vez primeira se recrea mediante un debuxo a vida no castro e que contén a seguinte información: ‘O Castro de Chandebrito é un asentamento fortificado da Idade do Ferro composto por tres grandes terrazas e murallas que modifican o perfil natural do outeiro proporcionando un espazo onde construír as vivendas. Os materiais cerámicos exhumados permítennos falar dunha ocupación do castro moi dilatada no tempo de case 1.000 anos, dende o século VIII a.C. ó I d.C, contando con elementos que proceden do comercio co mundo mediterráneo (púnicos e romanos). A pesares da crenza popular de ser unha sociedade eminentemente guerreira, os habitantes de Chandebrito vivían da agricultura e da gandería’.

O equipo de Árbore Arqueoloxía atopou pezas de todo tipo, entre os que destacan miles de fragmentos de cerámica de diferentes periodos históricos

Estes traballos de escavación, consolidación e restauración constaron de dúas intervencións, a segunda delas financiada integramente por parte do Concello con 31.556 euros a través do Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra. A súa musealización, xunto cun plan de divulgación que incluirá unha reconstrución virtual web de toda a contorna e os seus achados, forman parte do proxecto do Concello de Nigrán para por en valor este auténtico tesouro arqueolóxico, sendo o obxectivo do goberno municipal escavar en sucesivas fases todo o promontorio. Así, a partires de decembro e por vez primeira, calquera visitante que se achegue ata o seu cume poderá apreciar in situ restos de tres antigas murallas e de catro construcións cuxa función aínda se descoñece, todo elo sinalizado nunha ubicación con impresionantes vistas á ría de Vigo. O Castro de Chandebrito foi oficialmente escavado no 2008 nunha pequena intervención que permitiu situalo como habitado entre os séculos VI a.C ao II a.C, sen embargo, a nova investigación amplía a ocupación do VIII a.C ao I d.C. Así o certifican as decenas de pezas atopadas (fusos de fío, la e liño, pedras de afiar, pezas de metal, unha conta púnica...) e os miles de fragmentos de cerámica de diferentes épocas e moi ben conservadas, algunhas delas con decoración profusa (apareceron desde ánforas romanas ou fenicias que certifican o comercio dos habitantes de Chandebrito cos pobos mediterráneos a cerámica propiamente castrexa). 14 cousas de

Coincidindo co Día Mundial do Patrimonio, o Concello de Nigrán organizou unha visita guiada ao Castro a cargo de Árbore Arqueoloxía


NIGRÁN INSTALA NA RAMALLOSA OS PRIMEIROS ‘BANCOS DA AMIZADE’ DE GALICIA PARA LOITAR CONTRA O ACOSO ESCOLAR E A SOIDADE O Concello de Nigrán instalou na Alameda de San Campio da Ramallosa os dous primeiros ‘bancos da amizade’ de Galicia, unha iniciativa que xurdíu no 2012 en Florida tras pedirlle a nena Acacia Woodley a súa profesora que se colocase un no patio escolar para combatir a soidade nos recreos. En definitiva, trátase dun recurso que Nigrán extenderá aos seus patios e onde a persoa que se senta transmite aos demais a necesidade de apoio, folgos, alegrías e novas amizades. Consecuentes co propio mensaxe que transmite este banco, feito a base de listóns de madeira de diferentes cores, o Concello de Nigrán encargou a súa fabricación ao taller de carpitería do CEE Juan María, que tamén se ocupou da súa instalación precisamente a carón da caseta de ventas coa que contan no Alameda de A Ramallosa e enfrentando un banco a outro para favorecer a comunicación entre as persoas. Esta idea chegou a España a inicios deste curso escolar cando unha nena dun colexio de Burgos o promoveu no seu centro a través dunha carta que se fixo viral nas redes sociais.

cousas de 15


ACTUALIDADE O Concello edita un libro dos Bolechas enfocado á igualdade e diversidade A publicación agasallarase a todos os nenos e nenas do municipio polo Nadal. Tamén porá a disposición algúns exemplares nas bibliotecas dos colexios. Baixo o título Os Bolechas. Un magosto moi diverso en Oia, os protagonistas desta nova historia aproveitan unha divertida festa de magosto para reflexionar sobre a igualdade de dereitos das persoas independentemente de cuestións de sexo, raza, cor, relixión, opinión, idioma ou país de nacemento. En canto aos lugares onde transcorre o relato, destacan o barrio do Arrabal e o Mosteiro de Oia, os petróglifos de Pedornes e o mirador das Penizas, o parque infantil de Viladesuso, o Centro Cultural de Mougás, un muíño de Burgueira, a fonte de Santa Comba e os montes da Serra da Groba. Tamén aparecen colexios de Refoxos e Mestre Manuel García (coa súa emisora de radio escolar, Radio Arrabal).

Oito vídeos permiten revivir as “historias non escritas” representadas na visita dramatizada ao barrio histórico de Oia Un total de 8 pezas audiovisuais permitirán revivir as “historias non escritas” representadas na visita dramatizada ao barrio do Arrabal que foi realizada no marco da iniciativa 6×6 punto de encontro, O Arrabal. O proxecto está organizado polo Concello de Oia e cofinanciado pola Xunta de Galicia dentro do programa O teu Xacobeo. Os vídeos poden visualizarse a través da canle de Youtube do Concello de Oia e tamén están dispoñibles nos códigos QR das placas de información turística instaladas en puntos de interese patrimonial do Arrabal, polo cal pasa o Camiño Portugués da Costa. Deste xeito, as persoas que visitan o barrio histórico oiense poderán contemplar os vídeos no mesmo lugar onde foron representadas as pezas dramáticas, coñecendo diferentes historias e personaxes presentes na cultura local. A elaboración e difusión das citadas pezas audiovisuais busca concienciar e sensibilizar sobre a riqueza cultural, natural e humana do Camiño da Costa ao seu paso por Oia e comunicar e difundir o patrimonio da zona a través dunha clara aposta polas fórmulas innovadoras, que fomenten a participación social. Así mesmo, pretende asociar a imaxe de Oia como enclave estratéxico no Camiño da Costa e como destino turístico cunha oferta singular nos eidos cultural e de natureza.

16 cousas de


A XUNTA SUBVENCIONARÁ A 12.800 GALEGOS O 40% DAS SÚAS ESTADÍAS TURÍSTICAS INTERNAS O novo programa Elixe Galicia que impulsa a Consellería de Cultura e Turismo sácate de vacacións. Co obxectivo de descentralizar a actividade turística e fomentar a creación de emprego no sector, a Xunta subvencionará 12.800 estadías en zonas costeiras, patrimoniais, naturais e termais de Galicia dirixidas a menores de 30 anos, familias con fillos menores e persoas maiores de 55 anos. Todas elas realizaranse en provincias distintas ás de orixe do beneficiario, co fin de dar a coñecer as particularidades e os encantos da comunidade a todos os galegos e galegas.

O novo programa ‘Elixe Galicia’ favorecerá a desestacionalización da actividade turística na Comunidade e impulsará o coñecemento e orgullo de Galicia

O programa está composto por catro modalidades, todas en réxime de pensión completa e con transporte desde as catro capitais de provincia, Santiago de Compostela, Vigo e Ferrol. Unha delas é “vacacións en zonas costeiras”, que terá unha duración de cinco días e catro noites, en hoteis de un mínimo de tres estrelas. Outra opción son as “rutas de patrimonio histórico e cultural”, cunha duración de tres días e dúas noites en hoteis de, alomenos, dúas estrelas, con visitas programadas e guía turístico. Tamén unha duración de tres días e dúas noites en hoteis terán as “rutas de natureza e montaña”, que contarán con guías especializados para dirixir dúas excursións ou actividades de sendeirismo. Por último, a cuarta modalidade é a de “estadías en balnearios”, cunha duración de cinco días e catro noites, en hoteis situados a unha distancia non superior a 20 quilómetros do balneario, talaso ou establecemento de saúde e benestar de destino. Os meses de verán e a Semana Santa quedan fóra dos períodos ofertados para favorecer o turismo interno en tempada media e baixa. A partires de aí, a Xunta achegará o 40% do custe da estadía, tendo un prezo para o usuario que oscilará entre os 117 e os 246 euros. A apertura da convocatoria para beneficiarse deste programa que aposta polo turismo descentralizado terá lugar no primeiro trimestre de 2020, e a saída inaugural, no mes de marzo. A selección realizarase por sorteo, con reserva de prazas para colectivos especiais como familias numerosas, persoas con discapacidade ou persoas con baixos ingresos. Un total de 12.800 prazas, distribuídas en 6.100 para o ano 2020 y 6.700 para 2021, están agardándote para elixir Galicia como lugar de destino.

cousas de 17


UNHA EXPOSICIÓN RECOLLE AS HISTORIAS DAS MULLERES DO MAR AO LOGO DE 100 ANOS Coincidindo co Día Internacional contra a Violencia de Xénero, presentouse no Auditorio Municipal de Nigrán a mostra O MAR TAMÉN TEN MULLERES. A mostra, promovida polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Vigo – A Guarda (GALP 7) ten o obxectivo de visibilizar o traballo das mulleres que dedicaron a súa vida ás tarefas do mar no territorio do GALP 7, que abrangue os concellos de Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda. Nigrán foi a terceira poboación do territorio, que acolle a mostra despois da súa inauguración na Guarda o pasado xullo, no transcurso do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais, e da instalación en Vilaboa dentro do Canteira Fest en setembro. O MAR TAMÉN TEN MULLERES recolle a historia das mariscadoras, as redeiras, as carrexonas, as percebeiras, as peixeiras, as traballadoras da salga e a conserva, as bateeiras e de todas as mulleres do mar. Todas elas foron protagonistas do seu tempo e tamén o son agora desta exposición que recupera as sabenzas de mulleres anónimas para poñer en valor o seu traballo e renderlles homenaxe ao rescatar capítulos preciosos da nosa memoria histórica.

A patela é a cesta ou caixa de bordo baixo que utilizan as peixeiras para transportar e expoñer o peixe. Di o refraneiro que ‘A cesta patela, arrumba mais que leva’, pola dificultade de equilibrala cargada sobre a cabeza.

As fotografías desta mostra constitúen unha crónica da vida nas comunidades pesqueiras ao longo do século XX e axúdannos a contar a historia completa, incluíndo a de aquelas que realizaron labores non remuneradas e que compaxinaron o coidado das familias co mantemento dos aparellos de pesca ou o restrelo dos areais.

As praias fixeron en moitas ocasións a función de molles, nas que o peixe se descargaba directamente sobre a area para ser seleccionado, distribuído en patelas e levado a vender. 18 cousas de


A exposición foi elaborada tras unha intensa recollida de achegas individuais e cesións de diversos arquivos. Recolléronse case 150 fotos das que foron seleccionadas 30 para formar parte da instalación e do catálogo online, que pode consultarse na web do Galp 7. O MAR TAMÉN TEN MULLERES é un proxecto itinerante que percorrerá durante os próximos meses outros lugares do territorio do Galp 7.

Redeiras reparando aparello na praia do Señal directamente do barco. Anos 70_ Massó converteuse rapidamente nunha das fábricas de conservas máis rendibles de Europa e un motor de cambio da economía local. Contaba cun modelo de negocio baseado na innovación e foi a primeira conserveira da provincia en utilizar maquinaria eléctrica nos seus procesos.

Esta é unha mostra de mulleres que fixeron e fan equilibrios coa patela na cabeza, contada a través de fotografías analóxicas de diversas autorías, tomadas ao longo de 100 anos e 130 quilómetros de costa atlántica.

cousas de 19


ACTUALIDADE

O MUSEO DO MAR DA GUARDA XA FORMA PARTE DA REDE DE ESPAZOS MUSEÍSTICOS ATLÁNTICOS O Museo do Mar da Guarda, que forma parte da Rede Municipal de Museos xunto co MASAT (Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega) e o Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz, é un dos once novos centros que xa forman parte da Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA). A rede REMA é un dos eixos vertebradores de Morada Atlántica, un proxecto colaborativo impulsado polos oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia, que inclúe entre os seus socios oito GALP de Portugal, tres de Andalucía e un procedente das Illas Canarias. O proxecto Morada Atlántica foi aprobado pola Consellería do Mar e está financiado a través do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP). Para o Concello da Guarda, que o Museo do Mar forme parte desta rede xunto con 25 espazos galegos máis, un museo asturiano e un museo portugués, constitúe un novo pulo de atracción turística para o municipio, centrado neste caso na posta en valor do noso rico patrimonio marítimo e atlántico. O pasado mariñeiro da Guarda, baseado na pesca de baixura tradicional, xerou un interesante patrimonio tanto material como inmaterial. O patrimonio material pódese observar na arquitectura e o urbanismo do barrio mariñeiro e na fachada marítima do porto, pero sobre todo pódese admirar no Museo do Mar. Unha parte do patrimonio inmaterial está recollido en vídeos editados polo Concello: “Xentes do mar”, “Lendas de mar”, “Mulleres do mar” ou “Tesouros vivos” O Museo conta con dúas coleccións: unha etnográfica cunha mostra das antigas artes de pesca e os seus aparellos e outra malacolóxica, cunha selección de cunchas de mar procedentes de todo o mundo. O Museo do Mar localízase na Atalaia, ao final do paseo marítimo. Esta edificación lembra unha antiga fortaleza defensiva de planta circular situada no porto que foi derrubada en 1945 para facilitar a extensión das grandes redes utilizados polos barcos de pesca e aproveitar a pedra na construción do dique. En 1997 reconstrúese no emprazamento actual. Fotos: © turismo.gal

20 cousas de


Costas do Estado remata na Guarda a escollera provisional de protección da praia Lamiña-Forte Esta actuación evitará o dano irreversible que suporía, previsiblemente neste inverno, a inundación da cova da areeira, a depresión que se atopa tras o punto crítico da duna que estaba sufrindo a erosión, segundo informan dende o Concello Despois de case dous anos de xestións por parte do alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e cando a situación, no punto máis crítico da praia, facía prever que a duna non aguantaría un inverno máis, e se produciría a inundación da depresión existente tras ela; Costas do Estado acometeu unha escollera provisional que permitirá frear a erosión do litoral mentres se traballa no proxecto definitivo de Estabilización da Marxe do Río na súa Desembocadura. A competencia para actuar no litoral do río Miño no seu tramo internacional, pertence a Costas do estado, que a súa vez depende da “Dirección General de Sostenibilidade de la Costa y del Mar” que está integrada no “Ministerio para la Transición Ecológica”. Dado o carácter internacional do Esteiro do Miño calquera actuación debe contar co visto bo do Ministerio de Administración Interna de Portugal, e, por pertencer a rede Natura 2000, debe ter informe favorable da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Vivenda, dado que ten que cumprir co plan director da rede Natura 2000. Neste caso, por tratarse dunha actuación urxente, puntual, de pouca lonxitude e de carácter provisional non é preceptivo o estudo de avaliación ambiental segundo indica a “Ley de Evaluación Ambiental”.

cousas de 21


ACTUALIDADE Nova edición do programa “Cultiva a mente” O Concello de Salceda de Caselas, en colaboración con AFAGA e coa financiación da obra social de Caixabank está a desenvolver unha nova edición do programa “Cultiva a mente”, un proxecto que engloba a prevención da demencia e a promoción de hábitos saudables a nivel cognitivo e emocional. As persoas participantes fano dun xeito activo, inmersos/as nun programa formativo que explora as preocupacións e necesidades de cada unha, proporcionando unha resposta que sexa extrapolable ó seu día a día e proporcione hábitos saudables no plano cognitivo e no afectivo. Os/as asistentes ao programa realizan actividades de memorización, así como tarefas nas que se estimule a lóxica, a planificación, a organización e a toma de decisión, tanto individual como grupal. Realízanse tamén exercicios para mellorar a orientación temporal, espacial e persoal, ensinándolles ás persoas maiores a empregar axudas externas para orientarse. A Alcaldesa Loli Castiñeira xunto coa tenente alcaldesa Verónica Tourón, a Concelleira de Benestar Social Gela Ledo, o director da oficina de Caixabank en Salceda de Caselas e o presidente de AFAGA, visitaron a actividade para saudar ás persoas participantes e agradecerlles a súa participación no programa. As persoas asistentes trasladáronlles unha valoración moi positiva da actividade, e aproveitaron para demandar que se realice durante máis tempo, por ser unha actividade considerada de moito proveito para todas elas. O programa vai dirixido ás persoas maiores de 55 anos sen deterioro cognitivo, interesadas na prevención deste deterioro e no coñecemento do envellecemento activo. Realízase os xoves no centro Social da Devesa a cargo de AFAGA (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia), grazas á financiación da entidade Caixabank. DÍA DO VOLUNTARIADO: AGRUPACIÓN VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL DE SALCEDA As 12 persoas voluntarias que conforman na actualidade o Servicio de Protección Civil de Salceda de Caselas, celebraron o Día do Voluntariado cunha xornada na que tamén participaron voluntarios das Agrupacións do Porriño e Tomiño O 112 de Salceda realiza tarefas imprescindibles para o desenvolvemento da vila, como por ejemplo, coordinar o tráfico, asistir en accidentes, actuar nos temporais, realizan labores de apoyo no traballo dos bombeiros, etc. Dispoñen de equipos de protección individual para loita contra o lume, e tamén de dous vehiculos, un para patrullar e un tanque de incéndios.

22 cousas de

Na fotografía, os integrantes da Agrupación celebrando o Día do Voluntariado con voluntarios das agrupacións do Porriño e Tomiño na Praza do Concello


Tui é xa membro de pleno dereito da Red de Juderías de España O municipio poderá optar a fondos para a promoción do patrimonio xudeu Na 52ª asemblea desta entidade, celebrada en Hervás, formalizouse a incorporación de catro novas cidades: Tui, Béjar, Sagunto e Lorca. Con este paso complétase o proceso de admisión de novas entidades que comezou o ano pasado coa presentación de candidaturas que foi resolta no mes de maio. O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, como representante do Concello de Tui nesta asemblea, deu conta do patrimonio tudense vinculado aos xudeus coma os Sambenitos ou as marcas criptoxudías. Laureano Alonso cualificou o encontro de “experiencia moi enriquecedora e positiva”, destacando o impulso de promoción do patrimonio xudeu que supón formar parte desta Red de Juderías de España integrada por 22 municipios . O responsable tudense de Turismo, quixo destacar tamén o feito de que a rede destina o 20% do seu orzamento a proxectos vinculados coa posta en valor do legado xudeu, uns fondos aos que Tui poderá dende agora optar presentando proxectos en ámbitos coma a música, a cultura, a gastronomía,… Tamén estableceuse un primeiro contacto entre Tui con Monforte e Ribadavia para poder plantexar actividades conxuntas dos tres municipios galegos integrados na rede.

cousas de 23


Tui avanza cara á rehabilitación do Teatro Principal O Concello encargou a César Portela un anteproxecto no que figuren amais as primeiras medidas a tomar para evitar a degradación do edificio

O alcalde, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Patrimonio, Laureano Alonso, reuníanse con César Portela e visitaban o inmoble, para avanzar na rehabilitación deste emblemático edificio.

24 cousas de

O Concello de Tui vai adxudicar ao arquitecto César Portela o anteproxecto para a rehabilitación do Teatro Municipal, unha vez é xa propiedade municipal. O anteproxecto, a solicitude do concello, recollerá xa as primeiras medidas fundamentais a adoptar para garantir que o Teatro Principal non se siga degradando, coma pode ser o retirado do entullo que arestora hai no interior, recuperando aquelas pezas de interese coma restos das butacas existentes, entre outros. Amais buscarase consolidar a estrutura para evitar derrubes e garantir a seguridade. O Concello acometería estas actuacións con medios ou fondos propios, e logo tería que buscar a colaboración doutras administracións. O alcalde, Enrique Cabaleiro, salientaba que a recuperación do teatro simbolizará tamén a recuperación de todo o seu entorno urbano. Así destacaba coma obxectivo de avanzar na rehabilitación do teatro que podería supor un investimento de 3 millóns de euros. César Portela, que redactara xa nos anos 80 un proxecto de rehabilitación do Teatro Principal que agora debe ser adaptado á normativa actual, explicaba que o seu plantexamento pasa por un uso cultural do edificio cunha actuación que se estenderá tamén a praza de Fromista onde está situado o inmoble, “dándolle unha nova vida”. Na parte traseira do edificio contemplará unha cafetería cun mirador sobre o Miño.


VIVE TUI

cousas de 25


REPORTAXE

TEATRO PRINCIPAL DE TUI: O REFLEXO DA SOCIEDADE NA ARQUITECTURA DO DIVERTIMENTO CE Suso Vila, Doutor en Historia da Arte O teatro é un lugar de lecer, para divertirse, abraiarse, pasa-lo tempo. Aínda que se quiso ver no Teatro un espazo para o exemplo, a doutrina, a aprendizaxe das ideas do momento, ao fin o espazo teatral foi un lugar onde recrearse fóra do duro traballo. O Teatro Principal de Tui amosa os cambios políticos e sociais do século XIX. É un exemplo da procura dun novo espazo social que suplantaría á mesma igrexa como centro da sociedade do Antigo Réxime. Construir un Teatro no era tarefa fácil. Resultaba caro e difícil de manter. O século XIX é o ascenso da burguesía ao poder, cousa que lle permite acadar unha vella arela de distinción social: contar cun teatro permanente. Xa non serían os corrais, prazas públicas ou casas maltreitas. O deseño do edificio partía da élite, da cultura, o arquitecto e os seus coñecementos, as necesidades e desexos de reflectir na riqueza ornamental e o luxo do teatro o seu estatus social. Pero para chegar a esta riqueza ou simulación do fastuoso era preciso o diñeiro, por iso mesmo as élites urbanas chegaban a implicar aos concellos vendendo o teatro como un proxecto colectivo necesario para o progreso social e incluso como un instrumento de financiación da beneficiencia local. En Tui as principais familias traballarían desde 1842 para lograr a construcción dun teatro ao seu gusto e desexos. Van conseguir a intervención dun dos mellores arquitectos de Galicia neses momentos, Faustino Domínguez, para deseñar a complexa planta dun edificio teatral. En 1844 o teatro está rematado acadando a implicación de case toda a burguesía local, nun fito único en Galicia. O Concello colaboraría para evitar que a iniciativa fose malograda nun mal inverno. Sorprende o resultado tendo en conta o papel marxinal que ten Tui. Perde a capitalidade de provincia en 1833 e non é unha cidade puxante no económico máis ben mostra un prolongado estancamento desde o século XVII. Tui, postal S. XIX

26 cousas de


Cómo é posible que o interese das élites fose capaz de lograr algo que noutras vilas e cidades galegas custou moito máis? Tui mantivo ao longo do século XIX e principios do XX unha forte dinámica cultural que lle permitiría manter un escenario teatral con bastante dignidade. A fronteira marcaría o ritmo de moitas compañías ao longo de 150 anos. A ópera só dispoñible en grandes cidades tiña Tui como punto de referencia nas súas viaxes entre Vigo e Porto. Non debemos esquecer o papel que Valença ofrecía un público potencial para moitos espectáculos froito dos intercambios culturais a un lado e outro da fronteira. Ao longo de 150 anos de historia o Teatro Principal foi escenario da vida pública de Tui. Un dobre escenario poderiamos dicir. Non só debemos contar o espazo da escena para o espectáculo tamén as butacas repartidas no patio, palcos, proscenios e galerías. O interior do Teatro estaba deseñado para ver e escoitar o que acontecía sobre o escenario pero tamén para ver ao público e ser vistos, falar dos veciños, cotillear, facer crítica política. Así o teatro convertíase nun espazo de socialización completo. O Teatro Principal representa a historia cultural dun pobo, non só o de Tui, onde se desenvolveron numerosas experiencias culturais que explican a evolución da nosa sociedade ao longo de máis de cen anos. O proxecto de recuperación do Teatro Principal polo arquitecto Cesar Portela non é unha simple proposta de rescate histórico, é unha proposta de rehabilitación social e cultural que afecta ao conxunto histórico de Tui. Que o Teatro volva ser un escenario vivo para ver e ser visto, para entender a cidade histórica pero tamén o instrumento do futuro de Tui.

Tribuna 3.12-1933

Dende hai moitos anos vense reclamando a súa rehabilitacion.

cousas de 27


ARQUITECTURA O deseño de Faustino Domínguez en 1842 amosaría as consideracións e reflexións sobre como debía ser un teatro para que tivese a mellor experiencia acústica e visual. O teatro de Tui conta cunha planta que tende a un gran cadrado. No seu interior conta cun perímetro pétreo en forma de elipse que encerra o patio de butacas e palcos, esta elipse permite acadar unha acústica de excelente calidade. A este tipo de modelos chámaselle “á italiana” por estar destinados desde o barroco á ópera en Italia de onde se toma o modelo escenográfico. Teatro, sala. Teatro, plano planta baixa.

Teatro, embocadura.

O teatro tiña diversas ornamentacións que enriquecían o seu aspecto e ficaban ligadas á tradición da pintura italiana no teito e no arco da embocadura do escenario. Hoxe o principal ornamento que conservamos é o telón de boca realizado por Benigno Lorenzo en 1891 para os Xogos Florais, un dos mellores do seu tipo en España.

28 cousas de


OS XOGOS FLORAIS “24 de Xunio de 1891… Tuy, á mais antiga cibdá d’a terra gallega, foy a pirmeira que tivo á groria d’ainnaugurar n’ela á groriosa Institución d’os Xogos Froraes”, Alfredo Brañas pronunciaría estas palabras no evento cultural máis importante que tivo lugar no Teatro Principal de Tui. “Ai, esperta, adourada Galicia / dese sono en que estas debruzada: / Do teu rico porvir a alborada, / Pol-o ceu exergándose vai.” Nas paredes do Teatro tamén resoaban estos versos de Francisco Añón pronunciados por Manuel Lago, poeta e eclesiástico quen no século XX acadará a condición de arcebispo de Santiago. E logo dos discursos de Manuel Murguía, de Alfredo Brañas, de Salvador Cabeza de León, Antonio Cerviño, e moitos máis, a celebración dos Xogos Florais, os primeiros íntegramente en galego, servirían de base para o desenvolvemento cultural galego nas décadas seguintes como por exemplo a fundación da Real Academia Galega. Pero entre declamacións poéticas e discursos políticos o Teatro tamén sería utilizado para outras finalidades como a celebración do banquete rexionalista, cuxo menú sería o primeiro do seu tipo publicado en galego. A mesa do banquete tíñase posto no patio de butacas do teatro cunha capacidade para sesenta comensais, os adornos de flores viñan acompañados de inscripcións como Despierta Galicia, Los Gallegos a Murguía, Viva Galicia. En cada extremo da mesa estaría Manuel Murguía e Alfredo Brañas. O banquete tería o seu público xa que os curiosos podían contemplar o paseo dos suculentos manxares servido polo “Hotel del Comercio” desde os palcos e plateas. O menú consistía en “Sopa fina, Raxo con cogordos, Salmón â alicantina, Polos salteados, Langosta â rusa, Pastel de Pichós, Filetes â xardineira, Helados, Pavo con cogordos, Budín con ron, Pastelón â inglesa, Viño vello terriña, Xerez, Champagne, Puros da Habana”. Non era este un menú tradicional galego, comprobamos que as élites intelectuais de Galicia no século XIX eran as élites burguesas e polo tanto máis afíns das complexas receitas do compostelán Picadillo que dos sinxelos e sustanciosos pratos da cociña galega.

De volta co Teatro ao fondo a dereita. Foto de Javier Ribadulla

Banquete rexionalista

cousas de 29


REPORTAXE

GALEGOS QUE TAMÉN FORON Á PROCURA DAS ESPECIAS CE Anxo Rodríguez Lemos, Historiador e Doutorando pola Universidade de Santiago de Compostela

500 ANOS CUMPRE NESTE 2019 A SAÍDA DUNHA EXPEDICIÓN, DENDE O MUELLE DE LAS MULAS DE SEVILLA, QUE CAMBIARÍA A HISTORIA TRAS PERCORRER “CATORCE MIL CATROCENTAS LEGUAS”. A NAO VICTORIA, CAPITANEADA POR JUAN SEBASTIÁN ELCANO E OUTROS DEZASETE HOMES FORON OS ÚNICOS SUPERVIVENTES DA FROTA DE FERNANDO DE MAGALLANES ENCARGADA DE DAR A VOLTA AO MUNDO. En 1517 chegaba a Sevilla o navegante Fernão de Magalhães. Coñecedor de centos de noticias xeográficas dun mar (o Océano Pacífico) “a espaldas de la Castilla del oro” e convencido da teoría do antimeridiano, paseou ás beiras do río Guadalquivir disposto a ofrecerlle a Carlos I o camiño que permitiría chegar ás Molucas, ás illas das Especias descubertas en 1512 polos portugueses. Brúxula para indicar o norte, sonda para calcular as brazas de fondo, reloxo de area fundamental nos cambios de rumbo ou astrolabio para calcular a altura do sol ou da estrela polar foron instrumentos de navegación fundamentais. Xunto a eles, na alcoba do castelo de popa houbo portulanos e, se cadra, representacións do globo terráqueo como a que en 1515 conclúe o xeógrafo Schöner indicando a existencia dun paso ao sur de América. A pesar da dificultade de convencer a El Rei, pouco crente nas especulacións oceánicas, outórgase a Magallanes capitulación semellante á recibida por Cristóbal Colón coa esixencia de saber “de buena fuente, que hay especias en las islas Molucas” e co obxectivo principal de “ir en su búsqueda” sen dilacións, “rectamente”. Así se fixo dende Sevilla, o 10 de agosto de 1519, con cinco navíos “bien pertrechados”: San Antonio, Trinidad, Concepción, Victoria e Santiago.

O mundo de Shöner, 1515 30 cousas de


ANTES DE PARTIR: Este era o cargamento das naos. Para saber o arqueo ou volume interno das bodegas era necesario, na súa feitura, facer cálculos aritméticos cubicando a base de toneis a introducir no seu interior. -Unha tonelada eran dúas pipas de viño de 27 arrobas e media. Pipas, botas, quintaleños, fardos e caixóns ocupaban importante espazo nas bodegas das naos, moitas veces sobrecargadas, xunto a animais -galiñas, vacas ou porcos-, entre un cheiro nauseabundo e ratos, condicións excepcionais para morrer de escorbuto na travesía. Navegando 52 graos ao sur, aquel vello lobo de mar que era Magallanes, partícipe cos portugueses noutras expedicións como a que os levou a instalar unha feitoría1 na Malacca, abriu a ruta das especias polo oeste logo de tentativas como a de Solís que buscou o paso polo río de la Plata ou outros máis ao sur. Occidente abría a súa estela, dende Colón, sobre o medieval Mare Tenebrosum apartando toda lenda, verquida polos portugueses, de que a procura do Maluco sería difícil porque os baixos fondos impedirían a navegación entre sombras e néboa. O cronista Antonio Pigafetta na súa obra Relazione del primo viaggio intorno al mondo (1524) destacou a ousadía do capitán ao superar un estreito que “todos creíamos estaba cerrado; pero que él sabía se debía navegar por un estrecho muy escondido por haberlo visto en un mapa hecho por Martín de Bohemia, hombre excelentísimo, guardado en la tesorería del Rey de Portugal”. Chegar a el supuxo frío no rostro e algún que outro pingüín, a toma de terra para pasar o inverno na baía de San Julián e a decadencia moral que conlevaba, a bordo das naos, altercados contínuos de mariñeiros desesperanzados. Magallanes bautizou aquel saínte de terra como Cabo Deseado e ao seu fin, Canal de todos los Santos. Segundo Maurice de Brossard, a primeira vez que aparece o talasónimo Estrecho de Magallanes é nunha carta náutica de 1527. Superado o estreito, a nao Trinidad atopou un océano azul, “en calma chicha”, quedoulle mar Pacífico.

Imaxe adaptada de elmundo.es

Isabel la Católica. Cara 1490. Óleo sobre táboa, 21 x 13,3 cm. Museo del Prado. Como en tempos de Colón, o apoio da monarquía era fundamental nas empresas alén do Atlántico. Isabel A Católica tivo que confiar na expedición colombina, Carlos I na palabra de Magallanes.

Feitoria era o nome dado polos portugueses (c.1445) aos establecementos fundados nas colonias, en lugares próximos á costa, fortificados ou non, coa función de mediar no trato comercial entre a colonia e a súa metrópole. Foron fundamentais no control portugués de África, por exemplo. 1

cousas de 31


Naos e carabelas foron barcos esenciais nas viaxes oceánicas máis alá dos galeóns, de gran fortaleza en tempos de guerra, chalupas ou pinazas.

Albrecht Durer, Carro triunfal de Maximiliano, 1515. Armas do Reino de Galicia.

UNHA CIRCUNNAVEGACIÓN NA QUE TAMÉN HOUBO GALEGOS: Ténse calculado que un 5% da tripulación da expedición magallánica era galega a pesar das tentativas de evitalos a bordo pola súa proximidade a Portugal e a posibilidade de infiltrar informacións ao reino contricante. Impediuse embarcar a Juan de Muros e a Domingo Gallego ao saber da súa nación portuguesa. Na nao Trinidad embarcaron os grumetes Antón Baamonde de Noia e Juan Rodal de Pontevedra.Na San Antonio ía Luís de Avendaño, das terras do Deza, así como o ourensán Rodrigo Nieto. Entre a Relación del sueldo que se debe al capitán y oficiales conservada no Arquivo de Indias para a nao Victoria figuran os grumetes Rodrigo Gallego da Coruña e Vasco Gómez Gallego, quen dixo ser inicialmente natural de Baiona a pesar de considerárselle portugués despois. Xunto a el, como un dos 18 superviventes que chegaron a Sevilla na Victoria estaba Diego Gallego (ou Diego Carmena/Carmona), mariñeiro baionés considerado por diversos autores como o único supervivente galego. Declarou en 1524 no preito entre Castela e Portugal pola posesión das Molucas. A verdade é que non faltaran galegos da zona costeira tampouco con Núñez de Balboa na descuberta do Pacífico (1513), con Hernán Cortés (1519), con Hernando de Soto a La Florida (1538-1543), na conquista de Chile con Pedro de Valdivia ou na fundación de Bos Aires por Pedro de Mendoza no 1535. Entre o listado de poboadores de Nueva Andalucía de 1592, a cargo do capitán Francisco de Vides, estiveron Antonio López de Acevedo de Baiona, entre os embarcados a Nueva España en 1608 na frota a cargo do xeneral Lope de Armendáriz ían os tudenses Juan González Despain a Perú, Úrsula de Torrubio a Nueva España, Enrique López Enríquez de Santiago ou o pontevedrés Hernando de Andrada a Santo Domingo. Padeceron todos eles o navegar amoreados, sen moito máis que metro e medio para comer e durmir, sen intimidade e poucas horas de sono. Viaxaron co posto e pouco máis que unha arquiña na que gardaban os seus enseres. GALICIA NAS CARTAS NÁUTICAS DA BIBLIOTECA VATICANA

32 cousas de


No lugar do Balneario, en marzo de 1998, Baiona inauguraba o seu monumento Imago Mundi en recordo dos mariñeiros Diego Carmona Pérez e Vasco Gallego.

Arrumbando a noroeste, ventos alisios en popa, a aventura supuxo a morte de Magallanes en loita cos indíxenas en Cebú (Islas Filipinas) en abril de 1521. Non foi quen de culminar o regreso coa boa nova de que a idea de Colón era certa, a súa frota arribou polo oeste a onde os portugueses chegaban, bordeando África, polo este. Juan Sebastián Elcano quedaría ao mando do resto da expedición trala falta do portugués.

SABÍAS QUE ELCANO ERA EN REALIDADE, DEL CANO? A pesar de aparecer como de Elcano na historiografía tradicional ou incluso como nome do buque escuela, nos documentos do seu puño e letra, incluído o seu testamento, o capitán firma como Juan Sebastián del Cano.

Extracto de carta de 1522 remitida ao Rei dando conta da viaxe e solicitando mercés. Archivo de la Torre de Laurgain (País Vasco), Leg. Olim 15, num. 09.

cousas de 33


Juan Sebastián del Cano

Sen esperala, en setembro de 1522, retorna polo mar de Sanlúcar unha debilitada nao Victoria. A bordo traía uns dezaoito superviventes, esfarrapados pero desconfiados de tomar terra sen entregar as prezadas especias estibadas nas bodegas, uns 533 quintais de cravo. Ao repique de La Giralda, logo de ser remolcados polo Guadalquivir ata Sevilla, Juan Sebastián Elcano viña de completar a primeira volta ao mundo pola que Carlos I lle concede algunha mercé como 500 ducados anuais. Nalgunha representación das súas armas heráldicas figuraba o lema “Primus circumdedisti me” (Primeiro en rodearme). En 1529, polo Tratado de Zaragoza, Carlos I acaba entregando a Portugal, a cambio de 350.000 escudos, os dereitos sobre as Molucas. A xeito de contraprestación, Baiona e A Coruña -xunto a outros seis portos da Coroa de Castelaconvírtense en portos autorizados a facer viaxes ás “Indias y Tierra Firme del mar océano” co desexo de mellorar o comercio e estimular o seu poboamento. O retorno por Sevilla para controlar as importacións e cobrar os dereitos volvía a ser obrigatorio. Felipe II suprime aquel privilexio en 1573.

GALICIA TRALA EXPEDICIÓN MAGALLÁNICA Tralo retorno de Elcano todas as expedicións cara o novo arquipélago debían partir e arribar á Coruña, cidade con Casa de Especiería permitida por Carlos I dende 1521. Aquela institución, con permiso de organizar a exploración e explotación daquelas illas de Indonesia fixo participar a Galicia, legalmente, na Carreira de Indias. Entre as expedicións que partiron baixo a luz da Torre de Hércules están: en setembro de 1524 unha ao cargo de Estevão Gomes á que segue, en xullo de 1525, outra ao mando de García Jofre de Loaysa. Ambas fracasaron. Amparado polo Santo Cristo e co financiamento do conde don Fernando de Andrade, Diego García de Moguer sae de Fisterra en agosto de 1527 rumbo ao Mar Océano Meridional. Regresou a terra en 1530 tamén sen cumprir o acordado. Galicia fracasaba a pesar da súa tradición atlántica.

34 cousas de

A Coruña e grabado da expedición de García Jofre de Loaysa


Vista da Sevilla comercial. Finais do século XVI. Óleo sobre lenzo, 146 x 295 cm. Museo del Prado. ARRIBADAS FURTIVAS: A pesar das ordes reais o fraude fiscal estaba xa daquela á orde do día. Desoíndo as prohibicións de “ir a descubrir” sen licenza da Coroa, Cristóbal Guerra e Pero Alonso Niño xa atracaran na ribeira de Baiona en 1500, tras meses de travesía dende as costas da actual Venezuela, con “ciertos marcos de perlas e aljófar menudo e oro e otras cosas”. O gobernador de Galicia, Hernando de la Vega, procedeu á requisa de velas, encarcermento de membros da tripulación, incluído Alonso Niño, e ao depósito das mercadurías. Fuxían do pago do quinto ao Tesouro Real como toda arribada “fóra de río”. Este era o nome dado ás chegadas a porto de barcos que, procedentes das Indias, de maneira furtiva, tentaban evitar o control sobre as súas mercadorías por parte da Casa da Contratación, primeiro instalada en Sevilla e logo trasladada a Cádiz. Se cadra, boa parte desta historia é aínda descoñecida. O Consello da Cultura Galega vén de homenaxear aos navegantes galegos na mostra Inventio Mundi, inaugurada o pasado 12 de novembro de 2019 no Museo de Pontevedra. A exposición, itinerante, recolle a presenza de Galicia nas viaxes transoceánicas entre o século XV e XVII baixo o comisariado da catedrática en Historia Moderna Ofelia Rey Castelao. Fundamental para comprender o relato histórico tecido sobre as ondas do Atlántico, recorrerá as principal cidades galegas.

Anónimo. Medalla conmemorativa do 450 Aniversario da Primeira Volta ao Mundo, 1972. Museo del Prado, Madrid.

cousas de 35


O GRUPO DE ACCIÓN LOCAL DO SECTOR PESQUEIRO RÍA DE VIGO - A GUARDA XESTIONA AXUDAS PARA POTENCIAR O SECTOR PESQUEIRO EN TODAS AS SÚAS VERTENTES

Nun contexto tan rico desde o punto de vista natural e da biodiversidade como é a Ría de Vigo enmárcase o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Vigo - A Guarda. Unha asociación formada por 11 concellos adscritos a catro comarcas e fundada en 2008, todos eles dentro da provincia de Pontevedra e que a si mesmos defínense como “idealistas”. A totalidade dos seus integrantes teñen a característica común de definir os límites terrestres da Ría de Aldán, Vigo e Baiona formando parte da mesma A Guarda, O Rosal, Oia, Nigrán, Baiona, Vigo, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Moaña e Cangas. Ao mesmo tempo o organismo colabora na xestión das subvencións concedidas pola Consellería do Mar e o Fondo Europeo Marítimo e da Pesca que eles mesmos tramitan tanto a empresas como a autónomos para impulsar o sector pesqueiro, así como todas as súas actividades periféricas.

36 cousas de


Obxectivos Os obxectivos que se marcan son múltiples e variados, pero principalmente promoven proxectos para dinamizar todas as actividades relacionadas no litoral, co fin de xerar movemento económico respectando sempre a sustentabilidade da contorna. Por tanto, poderíase dicir que a asociación cumpre unha dobre labor, por unha banda promove o auxe económico pero por outro potencia o ámbito social.

Xeración de emprego de calidade e a consolidación un sector pesqueiro forte O GALP Ría de Vigo A Guarda loita día a día para conseguir unha xestión racional da zona costeira, ao mesmo tempo que un reforzo que lles faga fortes e que xere empregos de calidade integrándose con outro tipo de actividades económicas. Todo iso sen esquecerse das idiosincrasias culturais e patrimoniais de cada localidade membro, do coidado da contorna natural, que ao mesmo tempo funciona como a súa principal fonte de ingresos, ou da participación das diferentes comunidades locais.

A mocidade como alicerce futuro A asociación é consciente de que a mocidade é o futuro e a que ao mesmo tempo lles outorgará unha continuidade no tempo, por iso moitas das súas accións céntranse neles e buscan unha conexión coa xente nova a través do intercambio de experiencias. Modernización pesqueira e accións: Axudas ao sector O GALP Ría de Vigo A Guarda expón unha serie de axudas accesibles para todos aqueles que estean relacionados co mundo da pesca en calquera dos seus procesos, e que necesitan melloras na competitividade así como a modernización das diferentes fases dun camiño que comeza coas capturas de peixe no mar e que finalizan co produto no prato do consumidor, ademais dos procedementos intermedios para elaboración de alimentos derivados da súa comercialización e distribución. Para iso unha das súas principais bazas é a innovación incidindo nunha maior integración, modernización e profesionalidade. Desta maneira lograrán melloras en eficiencia, rendibilidade e o valor engadido na totalidade dos produtos. A entidade conta cunha páxina web (galp.xunta.gal) na que explica de maneira pormenorizada os pasos que hai que seguir para optar ás axudas, aínda que desde a organización recomendan que os interesados póñanse en contacto con eles dada a variedade de ámbitos que abarcan as subvencións.

cousas de 37


REPORTAXE

A GUARDA, CAPITAL EUROPEA DAS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS

A GUARDA FOI DESDE O DÍA 11 E ATÉ 14 DE XULLO, SEDE DA DÉCIMA CUARTA EDICIÓN DO ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS, UNHA CITA BIANUAL PARA PROMOCIONAR E DIFUNDIR O PATRIMONIO MARÍTIMO DE GALICIA POR TODA A BEIRA DO MAR E QUE ROTA POLOS DIFERENTES PORTOS GALEGOS REUNINDO CENTOS DE TRIPULANTES E MILES DE VISITANTES EN TORNO AO MUNDO DO MAR. Foto: Sara Rodríguez

A Guarda con pasado presente e futuro salgados polo mar acolleu con entusiasmo a súa elección como sede e envorcouse desde o primeiro momento na celebración. Rúas, comercios, colexios engalanáronse os días previos á festa con motivos mariñeiros para dar a benvida a participantes e visitantes. A celebración do décimo cuarto encontro na Guarda presentaba numerosos atractivos, máis tamén algunas dificultades que había que enfrontar, a maior parte das tipoloxías da flota tradicional galega foron deseñadas para a pesca a cabotaxe na boca o no interior das rías, ir A Guarda suponía un reto importante, xa que era a primeira vez que as embarcacións tradicionais que se ían achegar por mar tiñan que realizar una navegación tan longa en mar aberto para asistir ao encontro, para garantir a súa seguridade, Culturmar decidiu por primeira vez a formación dun convoi rumbo A Guarda que se deu en chamar TESA A ESCOTA. O convoi planificado para dúas xornadas de navegación tivo como punto de partida a vila de Muros a onde se achegaran embarcacións de Ferrol e da Coruña. Nun percorrido polas augas do Parque Nacional das Illas Atlánticas foron incorporándose as embarcacións das Rías Baixas. Nas Cíes remate da primeira singradura fondearon 20 embarcacións e na mañá do domingo 7 de xullo o convoi de embarcacións tradicionais iniciou a súa segunda travesía de Cíes - A Guarda, vinte e dúas millas por unha costa descoñecida para a maioría das embarcacións participantes. A realización do convoi foi posible grazas á colaboración das consellerías do Mar e de Medio Ambiente e ao labor organizativo da comisión de mar do comité organizador do Encontro, formado por expertos coñecedores da orografía e das condicións oceanográficas e meteorolóxicas da costa a percorrer. O convoi, formado con embarcacións de diferentes tipoloxías, realizou a travesía conxunta de Cíes ata A Guarda en case seis horas. Nas primeiras horas da tarde o convoi fixo entrada no porto da Guarda, quedando alí fondeadas as embarcacións en espera das que se achegarían por terra. A singular localización da Guarda entre as augas salgadas do océano atlántico e as doces do río Miño, permiten amosar o conxunto de tradicións mariñeiras e fluviais dunha zona que rompe fronteira para construír un patrimonio galego-portugués único de enorme riqueza histórica pero desconhecido para moitos.

38 cousas de


O Piueiro A Guarda conserva o seu patrimonio marítimo a salvo grazas a un grupo de guardeses que se puxeron de acordo para poñer en valor as súas tradicións máis lonxevas relacionadas co mar. Falamos da Asociación local O Piueiro, que como actividade senlleira do encontro acometeu a construcción dun volanteiro, réplica dos que hai cen anos varavan na rambla de San Bieito. A embarcación, malia non está rematada naquela altura foi trasladada por carretera desde estaleiro da Pasaxe ata o muelle alto para a súa participación no Encontro na Guarda. Cadilla, nunha das atividades programadas, presentando un poemario

“Esta cultura, o que queremos é preservala por honrar aos nosos antepasados e por facer de Galicia e da cultura mariñeira algo que poida ser útil para o futuro” Así se expresaba o presidente do Comité organizador e da Asociación O Piueiro, Joaquín Cadilla, na presentación oficial que se fixo no Museo do Pobo Galego. Izan as velas para inaugurar o Encontro de embarcacións tradicionais na Guarda A XIV edición do Encontro de embarcacións tradicionais na Guarda arrincou cun percorrido polo recinto feiral e un paseo a bordo dunha das embarcacións, culminando o acto inaugural co izado das velas das naves participantes deste evento que reuniu barcos da Galicia, Euskadi, Illas Balears, Catalunya, Portugal e Irlanda. Decenas de embarcacións tradicionais reuníronse no porto da Guarda demostrando as capacidades e potencialidades que estes barcos teñen aínda nos nosos tempos. Representantes de todo o litoral galego paseáronse pola vila e navegaron o mar guardés nunha auténtica festa do patrimonio marítimo.

As gamelas, as dornas, os galeóns, as traiñeiras, as lanchas xeiteiras e poveiras, etc. non deixaron de entrar e saír no característico porto da Guarda.

cousas de 39


Os máis pequenos tiveron tamén un papel protagonista. Ao redor da carpa habilitada para o « Encontro infantil» así como na praia do Porto se arremolinaban os nenos e nenas empapándose de cultura mariñeira. Non deixaron de pasarse pola fabulosa caseta das rederas da Guarda onde se atreveron a coller a agulla e aínda quedou tempo para a navegación.

A embarcación estrela foi o Volanteiro instalado no peirao alto, pois aínda non estaba lista para navegar, a súa presentación foi a motivación principal na elección do porto para a XIV edición do Encontro. A Asociación Piueiro é a responsable de recuperar este tipo de embarcación, extinta desde principios do século XX. Fotos: © culturmar

40 cousas de


O orgullo guardés deixouse ver no labor de voluntariado do evento e tamén na decoración mariñeira do comercio local. As visitas ao monte Santa Trega e ás salinas romanas de O Seixal, foron outras das actividades complementarias imprescindibles xunto á exposición na Ribeira das famosas e excepcionais marcas poveiras.

O domingo 14 de xullo este evento bianual chegou á súa fin coroando a XIV edición do encontro cunha homenaxe ás 120 veciñas e veciños da Guarda que colaboraron como voluntariado para facelo posible.

cousas de 41


ENOTURISMO

LA MAR 2017:

PURA SINGULARIDADE ATLÁNTICA A DELICADA VARIEDADE AUTÓCTONA CAÍÑO BLANCO, RECUPERADA POR ADEGAS TERRAS GAUDA DEBIDO ÁS SÚAS EXCELENTES PROPIEDADES VITIVINÍCOLAS, ASUME O PROTAGONISMO NESTE VIÑO

Uva Caíño

A diferenciación, a posta en valor das variedades autóctonas e a elaboración de viños únicos, que esperten intensas emocións, guiaron a traxectoria de Bodegas Terras Gauda. La Mar é un claro reflexo desta filosofía: un viño de marcada personalidade e pura singularidade Atlántica, co Caíño Blanco asumindo o protagonismo. Esta variedade autóctona, exclusiva do val do Rosal, practicamente desaparecera. Polas súas excepcionais propiedades, a adega decidiu poñer en marcha un proxecto de investigación para a súa recuperación. Nas súas 160 hectáreas de viñedo propio, Terras Gauda cultiva na actualidade a inmensa maioría do Caíño da zona. A adega foi pioneira elaborando un viño con esta delicada uva cuxa decisiva e esencial virtude vitivinícola, que a fai única, é a súa capacidade para extraer ao máximo as característicasde a súa terroir. Desde a súa primeira colleita, a do 2009, La Mar conquistou aos máis exquisitos padais. Cunha produción próxima ás 24.000 botellas, a anada do 2017 chegou ao mercado a principios do 2019: 97% de Caíño Blanco e un minoritario 3% a base de Albariño e Loureiro. É un viño que sorprende e evoca poderosas sensacións. A peculiar forma de elaboración marca La Mar de principio a fin. O Caíño se macera en frío durante máis tempo para aproveitar a súa alta porcentaxe de pel, favorecendo a extracción dos seus sutís aromas. Superada a fermentación alcohólica, mantense en contacto cos seus leas durante dous meses aproximadamente. A continuación, descansa a baixa temperatura durante un período de medio ano máis ata o seu embotellado onde termina de afinarse. 42 cousas de


Polas súas excepcionais propiedades, a adega decidiu poñer en marcha un proxecto de investigación para a recuperación desta variedade autóctona, exclusiva do val do Rosal e que practicamente desaparecera. La Mar sorprende inicialmente polos seus limpos aromas de froitas tropicais, aos que se van sumando outras esencias. En boca, é un viño pleno de sabores, cunha gran estrutura que envolve co seu poderío, mostrando claramente a boa maduración da anada. A excelente acidez da variedade achégalle frescura e facilítalle unha perfecta capacidade de envellecemento. A temperatura óptima de consumo oscila entre os 10 e os 12º e, debido ao especial modo de elaboración e ao carácter da variedade, convén descorchar a botella un tempo antes da súa degustación. É un viño cunha importante capacidade de maduración en botella, onde evoluciona gañando complexidade nun prazo de polo menos catro anos desde a súa saída ao mercado. A maridaxe de La Mar é amplo e diverso. Polas súas peculiares características, se ensambla á perfección con peixes e mariscos grazas á súa boa acidez. O seu poderoso corpo e volume fano compañeiro ideal de guisos ou carnes ao forno e mesmo pratos especiados ou lixeiramente picantes.

Nas súas 160 hectáreas de viñedo propio, Terras Gauda cultiva na actualidade a inmensa maioría do Caíño da zona.

cousas de 43


DEPORTES

VI Trail do Trega, Podio 18 km

DANIEL PAZÓ E MARÍA DEL CARMEN ARIAS, GAÑADORES DO VI TRAIL DO TREGA QUE SE DESENVOLVEU NO EMBLEMÁTICO MONTE DA GUARDA Fotos: Pablo SAA Case 500 participantes de varias categorías, tomaron parte nunhas probas que se desenvolveron nun escenario espectacular e ao mesmo tempo con bastante dificultade. Pero todos agradeceron a paisaxe e o percorrido que deseñou a organización. Á cita, unha das máis importantes da tempada, inscribíronse atletas de todas Galicia, tamén de varios lugares de España e especialmente de Portugal. As probas contaron co apoio do Concello da Guarda, Comunidade de Montes da Guarda, Powerade e a Deputación de Pontevedra. A proba chamada advance contaba cun percorrido de 18 quilómetros. Daniel Pazó do Club Atletismo Baiona, foi o primeiro en completalo. Superou con facilidade a José Manuel Gil, do A Canuda Aviva Sport, de Salceda de Caselas, e Marcos Antonio Pascual, de Sanxenxo. Na categoría feminina, o triunfo correspondeu a María del Carmen Arias, do Pato Blanco Celanova, que tivo en Raquel Doiro González, do Ultra Life Team de Vigo, a unha forte adversaria. Rebeca Muñoz, de Teis, colocouse na terceira posición.

O Trail do Trega xa se pode considerar como unha das máis importantes de Galicia por moitos motivos, entre eles a espectacularidade da súa paisaxe

O deseño da proba incluía a subida dá Cal, o miradoiro de Pedra Furada, o muro de Chans, a subida os Castros, o muro do Facho, a subida a San Francisco, a 317 metros de altitude, e o muro do Cuncheiro. Por tanto, un constante subir e baixar, o que puxo a proba a resistencia e capacidade de superación dos atletas.

44 cousas de


Na proba experience, de 12 quilómetros, o gañador foi David Patino, do Club A Canuda, de Salvaterra de Miño. O triunfador tivo que empregarse a fondo, xa que superou por escasa marxe a Ramón Troncoso, do Club Atletismo Porriño. O vigués loitou ata o último momento pola vitoria e quedou moi preto. Demostrou atoparse nun bo momento de forma e conquistou un magnífico segundo lugar nunha proba que non se adapta ás súas características. Pola súa banda, Juan José Solleiro, de Tomiño, ocupou a terceira posición. Deneb Álvarez Saavedra foi a gañadora na categoría feminina, seguida por Lorena Freire, de Ourense, e Elena Pérez, do Lamargha Autotodo, de Castro Caldelas.

Os participantes tiveron que superar o miradoiro de Pero Furada, o mundo de Chans e a subida os Castros, de 265 metros de altitude. O percorrido era menos esixente que na proba de 18 quilómetros, pero tamén obrigada a un intenso esforzo.

O VI Trail do Trega tamén organizou unha andaina, que contou cunha numerosa participación. Os organizadores destacaron tamén a presenza dunha gran cantidade de persoas que se desprazaron de Portugal. Esta competición xa se pode considerar como unha das máis importantes de Galicia por moitos motivos, entre eles a espectacularidade da súa paisaxe.

cousas de 45


COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA

O MIÑO: UN RÍO DE TESOUROS CONSERVAR A MEMORIA CULTURAL GALEGO- PORTUGUESA NO TERRITORIO DO VAL DO RÍO MIÑO, OBXECTIVO DO PROXECTO ‘TESOUROS HUMANOS VIVOS’

A pesar da fronteira política que durante séculos separou ao Val do Miño en dous estados, a poboación do territorio seguiu compartindo unha cultura común que se transmitiu de forma oral, xeración tras xeración ata os nosos días, e que constitúe parte da identidade propia deste territorio. Algúns destes coñecementos e sabedorías atópanse a día de hoxe en perigo de desaparecer e seguen vivos unicamente a través de persoas, normalmente de avanzada idade, que son capaces de recordalos e recrealos e por esta razón supoñen un referente para a comunidade, os chamados ‘tesouros humanos vivos’. O proxecto ‘Tesouros humanos vivos’, impulsado pola Deputación de Pontevedra no marco do programa europeo ‘Tesouros humanos vivos’, recuperou parte desa memoria cultural gallegoportuguesa nos municipios de ambas as beiras do río Miño. “É unha das accións máis bonitas e simbólicas de SmartMinho”, destacou en rolda de prensa o deputado de Cooperación Transfronteiriza, Uxío Benítez, xa que estes coñecementos “intanxibles” que se documentaron “son a base da nosa cultura e da nosa identidade”, engadiu. Presentado con motivo do Día Mundial do Patrimonio Cultural, o proxecto “Tesouros humanos vivos” foi dado a coñecer na Deputación de Pontevedra no que se mostraron parte dos coñecementos e experiencias que “atesouran” as quince persoas entrevistadas. “Se non nos comprometemos entre todos a garantir que se conserven e mantéñanse van desaparecer cantidade de tesouros”, subliñou Benítez, que lembrou que todas estas tradicións que se transmitiron desde “tempos inmemoriais” ven “ameazados” pola falta de substitución xeracional e os cambios “drásticos” na forma de vivir da xente. As entrevistas a estas persoas da rexión “miñota”, entre outros, nos municipios lusos de Melgaço e Caminha, e os galegos de Tomiño, Arbo e As Neves, foron realizadas pola asociación cultural e pedagóxica Ponte... nas Ondas, entidade consultora da Unesco que leva 25 anos recuperando a cultura inmaterial do territorio transfronteirizo. Gravadas e documentadas, estarán disponibles a través da páxina do programa SmartMinho. A memoria inmaterial de ambos os países á beira do Miño está en perigo de desaparición, xa que a albergan só persoas, normalmente de avanzada idade, os nosos Tesouros Humanos Vivos. 46 cousas de


O seu coordinador, Xerardo Feijóo, explicou que a maioría das persoas que participan neste proxecto superan os 70 anos e unha acaba de superar os 100, e sinalou que todas elas posúen “na súa cabeza e nas súas vivencias” unha gran cantidade de información que, se non fóra por este tipo de proxectos, desaparecería tras a súa morte. Hai ademais elementos comúns, por exemplo a todos os participantes marcoulles dunha maneira ou outra o fenómeno da emigración. Pola súa banda, a deputada de Patrimonio, María Ortega, dixo sentirse orgullosa de que a Deputación de Pontevedra leve a cabo un proxecto coma este que debería ser extensible a todas as administracións. Ortega aproveitou a ocasión para reivindicar “a lingua como o elemento máis importante do noso patrimonio inmaterial, a lingua fainos ser quen hoxe somos, unha lingua, que na raia nos une co pobo irmán portugués, e que nos sirve para transmitir o nosa cultura, sentir e emocións”. Por último, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, destacou na súa intervención que proxectos como “Tesouros Humanos Vivos” son “fundamentais para que poidamos transmitir e seguir vivo todo ese coñecemento ancestral e que amais nos fai ter máis recursos para facer fronte aos novos retos”. “Ese patrimonio inmaterial nos fai únicos, diferentes e diversos nun mundo global e ademais amosa a humanidade, o máis fermoso do ser humano; non podemos permitir que se perda”, manifestou. O programa SmartMinho -financiado con fondos europeos do Programa de Cooperación Interreg entre España e Portugal (POCTEP) e que conta co CIM Alto Minho como socio-, subliñou Silva, “fala de dous países pero dun só pobo” e permitirá que todo este territorio “teña posibilidades de construír futuro poñendo as raíces no extraordinario pasado que temos”.

O PROXECTO Unha vez rematada a fase de documentación e clasificación dos contidos, o obxectivo e a súa transmisión á poboación en xeral e ás novas xeracións en particular. Para iso, o proxecto Smart Minho contempla a organización de actividades escolares no territorio galego e portugués do río Miño transfronteirizo, nos que se achegue ás crianzas, dun xeito lúdico, toda esta valiosa información que tamén estará dispoñible en 2020 na páxina web www. smartminho.eu. Tamén haberá unha exposición conxunta coa CIM Alto Minho sobre Tesouros Humanos Vivos e As Pesqueiras, a edición dun libro infantil divulgativo e un acto homenaxe. Sen dúbida, podemos afondar no patrimonio cultural, sexa material, natural ou intanxible de moitos xeitos, a través de textos, fotografías,visitándoo en museos, máis a mellor e máis valiosa aproximación posible é a de convivir directamente con quen custodia estes coñecementos.

VIVE TOMIÑO

cousas de 47


GALAICAS

CONCEPCIÓN ARENAL,

(Ferrol, 31 de enero de 1820-Vigo, 4 de febrero de 1893)

UNHA REVOLUCIONARIA FEMINISTA NADA EN 1820 O 31 de xaneiro de 2020 cumpriranse os 200 anos do nacemento de Concepción Arenal, en Vigo. Trátase da pensadora máis importante do século XIX e unha figura clave da cultura española na forxa dunha conciencia nacional liberal. Con todo, os seus contornos tanto biográficos (especialmente biográficos) como intelectuais quedaron rapidamente difuminados, subliñándose unicamente a súa dedicación á caridade e a súa valía na defensa dunha reforma penal, cando, en efecto, os cárceres españois non eran máis que uns edificios sórdidos onde os presos se hacinaban de calquera modo e sen expectativas de reinserción social. Arenal será a primeira muller, e unha pioneira na súa época, que loita por defender a necesidade de reincorporalos á sociedade coa finalidade de que dispoñan dunha segunda oportunidade. Filla dun militar liberal orixinario da montaña santanderina, Ángel del Arenal, e de Concepción Ponte Tenreiro, de ascendencia aristocrática galega. A súa infancia estivo marcada pola persecución, represión e desterro que sufriu o seu pai a causa das súas ideas liberais, e pola súa morte prematura a consecuencia delas. Estudou en Madrid, nun colexio para señoritas, cun tipo de educación para nenas de clases acomodadas que máis tarde ela mesma se encargaría de someter a severa crítica por tratarse da “arte de perder o tempo”. Mais a maior parte da súa cultura e formación acadouna de xeito autodidacta, especialmente a través da lectura, á que se afeccionou polo contacto coa biblioteca que a súa familia paterna tiña en Armaño (Santander), lugar a onde se trasladou coa súa nai e as súas dúas irmás tras quedar orfa de pai, e a onde regresou para coidar da súa avoa Jesusa cando esta enfermou. Tiña vinte e un anos cando morreu a súa nai. É bastante probable que asistise á Universidade disfrazada de home, ás aulas da carreira de Dereito, xa que nese momento non se permitía legalmente o acceso das mulleres aos estudos superiores en España. En 1848 casou con Fernando García Carrasco; a parella compartiu inquedanzas e traballo intelectual e tivo unha filla, Concepción, que morreu antes de cumprir os dous anos, e dous fillos, Ramón e Fernando. Despois do derradeiro parto a saúde de Concepción Arenal quedou delicada para o resto da súa vida. Quedou viúva aos trinta e sete anos e o seu fillo Ramón tamén morreu prematuramente.

48 cousas de


Foi nomeada “visitadora de prisións de mulleres” en 1863, posto que foi suprimido definitivamente dez anos despois. Na Coruña trabou unha grande amizade con Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina. Concepción Arenal asistía á tertulia que organizaba a condesa na súa casa da rúa Real e as dúas promoveron unha asociación para visitar as mulleres presas chamada das “Magdalenas”. Concepción Arenal escribía cartas dirixidas ás reclusas nas que explicaba o contido do Código penal daquela vixente (o de 1850) e comentaba algúns artigos, especialmente os que facían referencia a delitos cometidos por mulleres. Juana de Vega era a que se encargaba de lerlles esas cartas ás presas mentres Concepción Arenal se dedicaba a observar as actitudes destas durante a lectura. As dúas últimas décadas da súa vida pasounas co seu fillo Fernando, primeiro en Xixón e, tras un breve paso por Pontevedra, en Vigo. Foron anos de moi intensa actividade social e intelectual malia o seu precario estado de saúde. Salvo pequenos períodos e por motivos de empeoramento da súa saúde, Concepción Arenal non deixou de escribir, estudar e revisar as súas propias obras e ideas, até o fin da súa vida. Boa proba diso constitúea a súa ampla bibliografía, que se agrupa, fundamentalmente, ao redor de tres grandes temas: as denominadas “cuestión social”, “penitenciaria” e “feminina”. A súa obra tivo repercusión internacional malia que Concepción Arenal non saíu nunca de España. Porén, enviou informes a congresos internacionais que foron obxecto de unánime aplauso por parte dos expertos alí presentes; colaborou en publicacións e libros editados en francés e inglés; ilustres personaxes do ámbito penal e penitenciario, como Roeder e E. C. Wines, eloxiaron a súa obra e persoa; libros seus, como El visitador del pobre e El visitador del preso, foron traducidos a outras linguas.

A casa onde viviu os seus últimos anos en Vigo era o Pazo de Núñez, un inmoble cargado de historia. En estado completamente ruinoso foi demolida en 1949 e a solaina trasladada ao parque de Castrelos de Vigo, sendo instalaba no recinto do Pazo Quiñones de León, onde está o xardín francés. A peza conta cunha balconada de columnas simples e unha clásica balaustrada.

O mausoleo de Concepción Arenal (1820-1893) é un elegante panteón-monumento situado nun destacado lugar do cemiterio municipal de Pereiró en Vigo. Obra do arquitecto vigués González Román, leva un medallón central co busto en bronce da escritora e pensadora ferrolá.

Un elemento esencial para comprender tanto a súa vida como a súa obra constitúeo a súa proximidade ao ideario liberal e krausista; malia a orixinalidade do seu pensamento destacan esas influencias, que tamén tiveron un papel importante no plano afectivo a través do seu contacto con destacadas personalidades liberais da época, coas que compartiu a un tempo relacións de amizade e proxectos de carácter social e intelectual, como o seu amigo e cuñado Manuel de la Cuesta, Salustiano Olózaga, Juana de Vega, Fernando de Castro, Francisco Giner de los Ríos, Gumersindo de Azcárate, etc. Fuente// Consello da Cultura Galega Autora da biobibliografía: Celia Pereira Porto (2007) cousas de 49


OCIO

MUSEO PONTEVEDRA Ata o 14 de xaneiro. Edificio Sarmiento

Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas séculos XV-XVII Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas séculos XVI-XVII, é o título da exposición organizada polo Consello da Cultura Galega Ata o 14 de xaneiro de 2020 o segundo andar do claustro do Edificio Sarmiento acolle a exposición Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas organizada polo Consello da Cultura Galega. Nela amosase as consecuencias que a expedición Magalhães/Elcano, que partiu hai 500 anos, tivo para Galicia. A inauguración terá lugar o martes 12 ás 18 h. Esta formidable viaxe deu ao vello reino galego unha oportunidade de aproveitar a súa situación nas rutas atlánticas, as vantaxes dos seus portos e a tradición dos seus mariñeiros. Os Reis Católicos descartaran Galicia como núcleo da Carreira das Indias, pero os poderosos galegos aspiraban a ter parte nese xigantesco negocio. A Casa da Especiaría da Coruña, de onde partiría a segunda expedición para as Illas Molucas e da cal deberían saír as seguintes expedicións para aquelas afastadas terras das especias, tan desexadas polo europeos, foi un soño breve, pero deu a Galicia un notable protagonismo que tamén se debe celebrar. A expedición Magalhães/Elcano completou a primeira circunnavegación do planeta hai cincocentos anos. Agora, a exposición ‘Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas. Séculos XV-XVII’, do Consello Da Cultura Galega, amosa a oportunidade que supuxo para Galicia de aproveitar a súa situación nas rutas atlánticas, as vantaxes dos seus portos e a tradición dos seus mariñeiros…Trátase, en definitiva, dunha homenaxe aos navegantes galegos.

50 cousas de


OCIO /LIBROS El amigo

Tempo fósil

Sigrid Nunez Editorial Anagrama

Pilar Pallarés Editorial Chan da Polvora

A singular, fermosa e conmovedora historia da amizade entre unha escritora e un can.

Testemuño dunha destrución, talvez a máis directamente política das súas obras, acaba de valerlle o Premio Nacional de Poesía do Ministerio de Cultura 2019. Os seus poemas transmiten con profunda sabedoría e emoción, a un tempo lúcida e esgazada, a experiencia da perda do vivido.

Unha novela con moitos xéneros e rexistros onde asoman o diario íntimo; o dietario no que se suceden as anécdotas literarias; e a meditación sobre a dor da perda, o amor, a soidade, a sexualidade, a sociedade , a escritura, as mulleres, os homes e os cans.

Churchill. La biografía Andrew Roberts Editorial: Editorial Crítica Esta é, sen dúbida, a mellor biografía de Winston Churchill publicada por agora. A riqueza da documentación que manexa o autor permitelle afondar na realidade humana do personaxe, seguindo a súa vida dende a súa infancia ata o seu declive, o cal fai que o lector poida «ver a segunda guerra mundial a través do prisma do resto da súa vida».

Historia del silencio. Del Renacimiento a nuestros días Alain Corbin Editorial Acantilado O silencio non é a simple ausencia de ruído. Fai posible a fortaleza interior onde os grandes pensadores recolléronse durante séculos. Alain Corbin recupera, a través da obra de escritores, artistas e filósofos que atesouraron o recollimiento e a calma, a historia dun tempo no que a palabra era inusual e preciada e invítanos así a redescubrir o silencio ou, dito doutro xeito, a vida interior.

La cita. Una aventura de Jacominus Gainsborough Rébecca Dautremer Editorial Edelvives Un libro de formato espectacular con incribles troqueles. Un escenario de ilusión que narra a emoción de ter unha cita, unha cita especial. Dous seres que deciden verse nunha hora e un lugar determinado, e que ás veces o cambia todo.

SOS Monstruos verdaderos Amenazan al planeta Alain Corbin Editorial Zahori Books Hai monstros merodeando polo planeta: voan sobre a túa cabeza, viven nas profundidades do mar e ata escondense nas alcantarillas. Provocan tormentas, secan ríos e lagos e asustan aos animais.¡Só heroes medioambientais como ti poden derrotalos! ¡Faite pequeno activista e axúdanos a vencer a estas malvadas criaturas!

cousas de 51


AXENDA OIA

TUI

A GUARDA EXPOSICIÓNS Exposición O Teu Xacobeo – Cruz Vermella Baixo Miño. Nas carpas do Monterreal o 20 e 27 de decembro e 3 de xaneiro de 10:00 a 13:00 h. Exposición de Pintura “anetadocamilo”. Na Casa dos Alonso do 21 de decembro ó 4 de xaneiro. En horario de apertura do Concello

SÁBADO 28 DECEMBRO Concerto de Indie Rock co grupo Inertes. Praza do Reló ás 20:00 h. MARTES 31 DE DECEMBRO Ludoteca de Nadal Nas carpas do Monterreal de 10:00 a 13:00 h. XOVES 2 XANEIRO Obradoiros de Nadal. Nas Carpas do Monterreal ás 16:30 h. Chocolatada ACIGU. No Monterreal 16:30 h.

VENRES 3 XANEIRO Concerto Infantil “Nadal con Paio e Aurelio” - Oviravai. Praza do reló ás 17:30 h. SÁBADO 4 XANEIRO Concerto de Electro Pop co grupo Presumido. Praza do Reló ás 20:00 h. DOMINGO 5 XANEIRO Cabalgata dos Reis Magos e Recepción Real. Acompañados polas Asociacións Guardesas. Dende a Alameda da Guarda ata a Casa dos Alonso ás 18:00 h.

VALENÇA 31 DE DEZEMBRO E 1 DE JANEIRO

VALENÇA PASSAGEM DE ANO Largo da Estação

52 cousas de

5 DE JANEIRO, Cavalgata Internacional de Reis Largo da Estação de Valença Corredera Tui 15h (PT) - Receção aos Reis Magos 16h (PT) - Saída da Cavalgata


BAIONA

NIGRÁN

cousas de 53


A PASAXE

A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS A PASAXE, FOI BENEFICIARIA POR QUINTO ANO CONSECUTIVO DO ÚNICO PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DA COMARCA DO VAL MIÑOR. Neste programa, financiado pola Consellería de Economía Emprego e Industria da Xunta de Galicia, se seleccionarán a 100 participantes do Val Miñor co labor de formalos e orientalos laboralmente durante un período de 12 meses. O obxectivo do devandito programa de emprego é inserilos no mercado laboral (en calquera lugar do territorio nacional ou europeo) cun contrato mínimo de tres meses (xa sexa dentro da anualidade do programa, ou antes da súa finalización) Os perfís de colectivos desempregados que participarán no devandito programa son: -GRUPO A: 27 Menores de 30 anos con baixa cualificación -GRUPO B: 40 Menores de 30 anos desempregadas cualificadas -GRUPO B: 8 Mulleres Desempregadas -GRUPO B: 25 Desempregados de longa duración A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS A PASAXE, COMPROMÉTESE A UNHA INSERCIÓN DO 45% DOS PARTICIPANTES. Requírese que o interesado estea empadroado nos Concellos de Baiona, Gondomar ou Nigrán, e sexa demandante de emprego rexistrado no SEPES (oficina de emprego) con posterioridade ao 1 de Xaneiro de 2018. Os interesados poden: 1- Dirixirse á Oficina de Emprego de Baiona, e solicitar o Código 930: Programas Experimentais. 2- Contactar coa AEPA e farase un proceso de selección (enviar e-mail a apasaxe@apasaxe.org co ASUNTO: PIEM 2019-2020, e no contido poñéde os datos de contacto para levar a cabo unha entrevista)

54 cousas de

•Como novidades este ano, poden volver participar os integrantes que participaron no programa que acaba de finalizar este ano 2019, a condición de que estean rexistrados como demandantes de emprego. ••Outra novidade para este ano, é a execución dun Certificado de Profesionalidade Completo, así como unha bolsa de 5€/día por asistencia ás accións do programa. A DATA PARA PODER TER SELECCIONADOS AOS 100 PARTICIPANTES FINALIZA O 14 DE XANEIRO DE 2020. Este pasado 14 de Novembro, finalizou a cuarta edición consecutiva do Programa Integrado de Emprego, co obxectivo cumprido, pois dos 100 participantes cos que se contaron, 63 deles atoparon traballo de polo menos tres meses de duración, como marca a orde do proxecto; con todo, a maioría das contratacións son de polo menos 6 meses, 1 ano, e existen mesmo contratacións indefinidas. Do mesmo xeito, preto do 85% dos participantes estivo traballando nalgún momento durante a súa participación no programa.


cousas de 55


¡Di adiós a tus gafas y lentillas!

CLÍNICA BAVIERA VIGO Rúa de García Barbón, 28 Consultade valorada en 55€, válida para consultas preoperatorias de cirugía refractiva de miopía, hipermetropía, astigmatismo y presbicia. No acumulable a otras ofertas. 56 cousas Pruebas incluidas. Registro sanitario C-36-000437. Promoción válida hasta 31-12-2019. Para más información: www.clinicabaviera.com/promociones.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.