COUSAS DE Baixo Miño Nº10

Page 1

Revista de Oia, A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui Distribución gratuita Ano 3 / nº10 inverno 2018

Tui Monte Aloia, 40 anos como Parque Natural O Rosal A “pedra seca” dos Muíños do Folón e Picón patrimonio da Unesco

Rías Baixas

GALAICOS, UN POBO ENTRE DOUS MUNDOS Deporte sen barreiras

CLUB DE REMO ROBALEIRA DA GUARDA Rutas

SAN DOMINGOS DE TUI



Foto portada: Castro de Santa Trega, A Guarda

EDITORIAL Recoñecemento dun patrimonio cultural e natural excepcional O Baixo Miño débelle o seu nome, a súa paisaxe e a súa personalidade, á presenza do río Miño o máis importante dos ríos galegos. Pero a importancia desta comarca non se centra exclusivamente no seu extraordinario espazo natural, tamén é moi destacable o seu patrimonio cultural e arqueolóxico. De feito, nos últimos días fomos coñecedores de que a UNESCO incorporou á lista do patrimonio inmaterial da humanidade a pedra seca galega (utilzada na construcción dos Muiños do Folón e do Picón), técnica de construción tradicional que prescinde de calquera argamasa ou morteiro. Tamén que o Monte de Santa Trega, un dos castros máis valiosos de Galicia, forma parte da exposición “Galaicos, un pobo entre dous mundos”, unha aposta forte da Deputación de Pontevedra que percorrerá diferentes puntos da xeografía española e porá á provincia no “mapa internacional” do turismo arqueolóxico E celebramos un aniversario, 40 anos da declaración do Monte Aloia como Parque Natural de Galicia. Foi en 1978 que conseguía facer historia en Galicia e ser o primeiro parque natural en conseguir a declaración como tal. E non é de estrañar, pois é unha auténtica atalaia sobre o río Miño, no que hai restos prehistóricos e romanos e a súa historia está rodeada de lendas. O Baixo Miño é sempre unha visita obrigada que xera novos sentimentos. Neste número que o lector ten nas súas mans, poderá coñecer aínda máis.

ÍNDICE 4 RÍAS BAIXAS 6 PÁXINA SEIS 7 NOVAS OIA 8 NOVAS TUI 12 NOVAS O ROSAL 14 COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA 15 NOVAS TOMIÑO 16 NOVAS A GUARDA 20 SAN DOMINGOS DE TUI 24 ENOTURISMO 26 OCIO 28 DEPORTE SEN BARREIRAS 32 AXENDA 34 QUEN É QUEN Ano 3 / Nº 10 inverno 2018 Revista de información local de Oia, A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui. Xestión Publicidade: 626 993 480 Edición, redacción e distribución: EDICIONES BASAN, S.L. C/ López de Neira, nº 3, 3º. 36202 Vigo Deseño e maquetación: CREACIÓN ANIMAL Colaboración na redacción: Juan Ramón Martínez Barbosa, Suso Vila Fotografia: Arquivo Ediciones Basan, Juan Ramón Martínez Barbosa, Suso Vila, prensa, Deputación de Pontevedra, Turgalicia, Concellos A Guarda, O Rosal,Tomiño e Tui. www.cousasde.com cousasde@edicionesbasan.com facebook.com/Cousasdebaixomino Depósito Legal: C 1300-2016 A empresa resérvase todos os dereitos da publicación, sen que poida reproducirse total ou parcialmente o seu contido, sen o consentimento previo dos editores.

cousas de baixo miño

3


RÍAS BAIXAS

GALAICOS, UN POBO ENTRE DOUS MUNDOS MÁIS DE MIL ANOS DE HISTORIA DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA NUNHA AMBICIOSA EXPOSICIÓN QUE MOSTRA AS RELACIÓNS COMERCIAIS DOS ANTIGOS HABITANTES DAS RÍAS BAIXAS CO MEDITERRÁNEO “Galaicos. Un pobo entre dous mundos” é unha exposición que desentraña aspectos crave da sociedade e a cultura dese período a través de valiosas pezas rescatadas nos xacementos. Un relato enmarcado nunha fermosa paisaxe e que coñecerán as miles de persoas que pasen polo Museo Arqueológico Nacional, o Museu de Prehistòria de València e o Museo de Pontevedra no percorrido itinerante desta ambiciosa mostra ata 2020 e que ten por obxectivo, reivindicar unha das culturas máis orixinais e creativas da Idade de Ferro do Occidente de Europa. A Deputación de Pontevedra, impulsora deste proxecto, seleccionou “Galaicos” como nome da exposición por facer referencia á denominación coa que a civilización romana denominaba aos pobos que habitaban no Noroeste peninsular. Xunto a "Galaicos, Un pobo entre dous mundos” reivindica o carácter da provincia de Pontevedra como bisagra entre o mundo Mediterráneo e o Atlántico e que converten a este pobo nunha das arquitecturas da Idade de Ferro máis espectaculares e mellor conservadas da Península Ibérica. Os comisarios da mostra, Rafael Rodríguez e Antoni Nicolau, configuraron unha exposición a modo de viaxe, iniciándose a través dun audiovisual que establece a conexión entre a cultura atlántica y a mediterránea ao longo da prehistoria e historia antiga. Posteriormente, “Galaicos. Un pobo entre dous mundos” artéllase arredor de cinco ámbitos cronolóxicos: Campesiños e guerreiros. Idade do Bronce Final (1.500 -800 a.C.); Poboados fortificados da primeira Idade do Ferro (800-400 a.C.); O Atlántico ábrese ao Mediterráneo (400 -19 a.C.); Na esfera de Roma: Gallaecia (séculos I-III) e a provincia de Gallaecia (finais do século IV-século VI).

Xacementos arqueolóxicos Monte do Castro, Castrolandín, Monte do Facho, Adro Vello.

As pezas reunidas en “Galaicos” En cada un destes ámbitos inclúese un texto introdutorio coas claves do período histórico; obxectos representativos de cada etapa como o casco de Leiro, a estela de guerreiro de Castrelo do Val, o puñal da Lanzada, unha tessera hospitalis do Courel,a diadema de Elviña, a ara do Monte do Facho, un broche de cinto de Moraime ou o brazalete de Meis. Tamén se amosan datos de xacementos arqueolóxicos como A Cabeciña, Penalba, A Lanzada, Santa Trega, Monte do Castro, Castro de Alobre, Castrolandín, Monte do Facho, Toralla, Salinas de Vigo, Adro Vello. Algunhas das pezas do Museo de Pontevedra saen por primeira vez do recinto tras ser recuperadas. É o caso do caldeiro e a fíbula zoomorfa do monte do Castro, o askós de Alobre e unha machada votiva de Lalín. Ao longo do percorrido de “Galaicos. Un pobo entre dous mundos” é posible ver 65 obxectos arqueolóxicos, réplicas, imaxes e fotografías, así como 21 ilustracións, textos e recursos audiovisuais. En concreto, a exposición presenta dous audiovisuais, sete proxeccións asociadas a obxectos do mundo atlántico e mediterráneo que aparecen en xacementos galaicos, así como 24 vitrinas que ocupan 210 metros cadrados de exposición. Ademais, para a súa posta en marcha a Deputación de Pontevedra contou coa participación de 10 museos galegos e de comunidades limítrofes e 12 empresas implicadas. 4

cousas de baixo miño


RÍAS BAIXAS “Galaicos. Un pobo entre dous mundos” presenta pezas inéditas das intervencións arqueolóxicas nas que está traballando a Deputación de Pontevedra en colaboración co Ministerio de Fomento. A mostra tamén conseguiu sacar á luz pezas que nunca tiñan saído de museos como o de Pontevedra e outros moitos elementos que levan máis de 15 anos sen abandonar o museo no que están depositados. Asko ́s, castro de Alobre

Tessera Hospitalis Caurel Plato con representacio ́n del sacrificio de Isaac

Estela de guerrero

O ministro de Cultura, Jose ́ Guirao, e a presidenta da Deputacio ́n de Pontevedra, Carmela Silva, durante a inauguracio ́n da exposicio ́n no Museo Arqueolo ́xico de Madrid

Cruz, ru ́a Rosalia de Castro, Vigo

Dez entidades prestaron os 65 obxetos arqueolóxicos que reúne Galaicos, cinco delas radicadas na provincia: o Museo de Pontevedra, o MASAT (Museo Arqueolóxico de Santa Trega), Museo Quiñones de León de Vigo, Museo do Mar de Galicia, e Museo Massó. A estas engádense entidades do resto de Galicia como o Museo Provincial de Lugo, o Museo das Peregrinacións de Santiago, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, o Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón e o Museo Arqueolóxico de Asturias. Máis de 65 pezas compoñen esta mostra itinerante que comezou a súa andaina o 31 de outubro no Museo Arqueolóxico Nacional, pasará por Valencia e pechará o ciclo no Museo de Pontevedra, do 4 de outubro de 2019 ao 2 de febreiro de 2020, xusto a tempo para conmemorar o 125.º aniversario da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, xerme deste.


PÁXINA SEIS

O Teatro Principal: a dinamización da cidade histórica Por Suso Vila. Doutor en Historia da Arte O papel social do Teatro Principal na historia de Tui vai máis aló das expresións culturais representadas no seu escenario. En 174 anos de historia foron moitos os acontecementos sociais e culturais que se sucederon entre as súas paredes. A idea de construir un teatro “á italiana” en 1842 non se baseaba no simple entretenemento social, o esforzo para contar cun teatro moderno se sentía desde a óptica liberal-burguesa do momento como espello dos principios sociais e culturais que se tentaba espallar. Era na opinión desa burguesía de 1842 a súa “catedral”, o edificio máis importante para a cidade. Hai xa máis de vinte anos que un grupo de persoas decidimos traballar a costa de moitos sacrificios para recuperar a memoria e importancia artística do teatro, ameazada pola ignorancia. Malia que en 1985 ficaba dentro do programa nacional de rehabilitación de teatros históricos, o de Tui foi o único non rehabilitado en España. Os esforzos e sacrificios de José Antonio Quiroga, Esther Casal, Eduardo Cadenas ou Tona Fernández, entre outros , non se valoraron axeitadamente, a atención estaba máis enfocada en cuestións persoais que en resolver unha deshonra para Tui como era a ruina do Teatro Principal. Tui diferénciase doutras localidades pola súa carga histórica, non polo seu pasado medieval, pola súa historia ao longo de dous mil anos até o século XX. Un edificio como o do Teatro Principal tanto pola calidade arquitectónica como pola súa relevancia histórica e cultural fan desta cidade esquecida un punto destacado en Galicia tamén en tempos modernos. O Teatro é a pedra angular da rehabilitación dun conxunto histórico que encerra unha personalidade propia e que precisa de mecanismos moi directos desde a administración pública para a súa recuperación integral. A rehabilitación do Teatro Principal facilitaría a mesma rehabilitación social e cultural da cidade histórica agora repochada nas augas do tempo. A adquisición do Teatro por parte do Concello é un paso máis para tentar a completa rehabilitación do segundo conxunto histórico de Galicia. O anterior goberno municipal co alcalde Enrique Cabaleiro iniciou este proceso culminado por lo actual alcalde Carlos V. Padín, agardando así que a rehabilitación do Teatro Principal e con el Tui, sexa un logro de todas as persoas que forman parte deste municipio. 6

cousas de baixo miño


NOVAS OIA

MEMORIAS DE OIA UN DOCUMENTAL RECOLLE AS HISTORIAS VIVIDAS POR 50 PERSOAS MAIORES DO MUNICIPIO PONTEVEDRÉS Memorias de Oia é unha compilación de vivencias e anécdotas coas que as persoas maiores de diversos lugares do municipio lembran e describen como era a vida en Oia nos seus anos mozos. Relatos sobre o traballo, dificultades, festas e historias do día a día narradas polos seus propios protagonistas co obxectivo de evitar que todo este patrimonio inmaterial caia no esquecemento. O traballo audiovisual é froito de meses de traballo no deseño e desenvolvemento das entrevistas e a edición de todo o material gravado. Trátase dun documental de aproximadamente hora e media de duración a través do que se pode descubrir a realidade histórica de Oia ao tempo que se pon en valor: costumes, tradicións, oficios e especialmente a lingua galega e as variantes dialectais da zona.

́cnico e algu ́ns O equipo te dos participantes nun momento da gravacio ́n

ESTE PROXECTO É UNHA INICIATIVA DO CONCELLO DE OIA E CONTOU CUN INVESTIMENTO TOTAL DE 2.202,20 EUROS, FINANCIADOS CUNHA SUBVENCIÓN DA XUNTA PARA A PROMOCIÓN DO USO DA LINGUA GALEGA (1.595 EUROS) E MÁIS CUNHA ACHEGA MUNICIPAL

O documental foi gravado por Samaín Producións e contou coa colaboración de Patricia Muñoz da Asociación Costa dos Castros e de Chicho, veciño de Pedornes que achegou material audiovisual histórico. Tamén hai que destacar a axuda das familias das persoas entrevistadas, as cales brindaron a súa amabilidade e dispoñibilidade á hora de organizar as sesións. Para o seu director, Vicente Pedreira, este documental "foi un gran reto profesional, pois nós non fixeramos anteriormente documentais sociais, estamos máis afeitos a facer ficción". A día de hoxe non teñen previsto novas proxeccións do documental, pero a intención para o ano que ven é "asistir cunha versión máis comercial deste primeiro documental a cantos festivais poidamos (Bueu, Mestre Mateo, Play Doc, etc.)”. Debido á grande cantidade de material recollido dentro do proxecto Memorias de Oia, e tendo en conta que o proceso de entrevistas aínda permanece aberto, nos vindeiros meses editarase unha segunda parte do documental.

cousas de baixo miño

7


NOVAS TUI

O MONTE ALOIA, 40 ANOS DA SÚA DECLARACIÓN COMO PARQUE NATURAL DE GALICIA

O Monte Aloia conseguía facer historia en Galicia e ser o primeiro parque natural en conseguir a declaración como tal. Cada ano aumentan as visitas a este extraordinario espazo natural, que en 2018 logrou atraer xa a unhas 35.000 persoas, un 14,5% máis que o ano anterior. Coincidindo con este aniversario a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou os traballos de restauración do bosque de galería do río Deique. durante o seu percorrido, destacou a riqueza natural deste parque natural, no que habitan 11 das 14 especies de anfibios coñecidos en Galicia.

MEDIO AMBIENTE PREVÉ APROBAR O VINDEIRO ANO O PLAN REITOR DE USOS E XESTIÓN DO PARQUE NATURAL MONTE ALOIA Tal e como avanzou a conselleira, Monte Aloia conta desde o ano 2009 cun Plan Reitor de Usos e Xestión (PRUX), pero tras case unha década dende a súa aprobación, era necesario actualizado. O proxecto de decreto atópase en período de información pública desde o pasado 19 de novembro; polo que as entidades, institucións e particulares que desexen facer as achegas poderán presentar as súas alegacións ata o 3 de xaneiro. Outra das novidades que recolle este novo PRUX é o establecemento dun plan de emerxencias, que prevé a optimización de todos os recursos técnicos e humanos dispoñibles no parque. Deste xeito, pódese controlar de forma rápida unha emerxencia e minimizar as súas posibles consecuencias, afirmou a conselleira, quen engadiu que tamén se prevé a axilización dalgúns procedementos, como cortas de arborado dentro do parque.

Durante a súa visita a Conselleira Ángeles Vázquez, estivo acompañada polo alcalde de Tui, Carlos Padín e o concelleiro Eduardo Freiría 8

cousas de baixo miño


NOVAS TUI

O PARQUE Próximo a Tui e integrado na Serra do Galiñeiro, o Monte Aloia ten uns 10 km de sendas nunha paisaxe singular. É o resultado dunha exótica repoboación realizada hai 100 anos con cipreses, abetos e cedros do Líbano. Declarado Parque Natural en 1978, o primeiro de Galicia, o Monte Aloia é unha auténtica atalaia a 700 m de altura con 5 miradoiros e extraordinarias vistas sobre o río Miño. No monte hai restos prehistóricos e romanos e a súa historia está rodeada de lendas. Dise que aquí as eguas salvaxes son fertilizadas polo vento. Tamén que este é o mítico Monte Medulio, escenario do suicidio colectivo das tribos celtas antes de caeren en mans dos romanos. Hoxe o Monte Aloia é unha sinfonía de cor nas alturas que cambia con cada estación: o amarelo do toxo e a xesta, o branco da xara, o lila da uz... O Aloia sábese atractivo nunha terra tocada pola bondade no climatolóxico e exuberante no natural. Un monte verde que ten ademais sólidas raíces no subsolo de granito. Coñeceu ao longo da súa historia usos defensivos, relixiosos, forestais e recreativos. Foi o primeiro Parque Natural de Galicia, e aquí permanece en complicidade co río que aos seus pés comeza a despedirse antes de se entregar ao mar.


NOVAS TUI

A localización do parque, nunha das zonas máis densamente poboadas de Galicia e o norte de Portugal, dótao de grandes posibilidades orientadas á educación ambiental. Así a casa que o enxeñeiro de montes tudense Rafael Areses levantou no ano 1921 emprégase na actualidade como centro de visitantes. Nos días claros Aloia non defrauda coas vistas panorámicas. É un lugar moi ligado á práctica de actividades de lecer ao aire libre entre as que salienta o sendeirismo, integrado na rede de rutas por todo o Baixo Miño e que ata aquí se estira desde a cidade de Vigo. No centro de visitantes Casa do Enxeñeiro Areses acharemos unha exposición permanente e ampla información sobre o parque. De aquí parten os seis roteiros para coñecer o monte. Os itinerarios enlazan cinco miradoiros, outras tantas áreas recreativas, sete muíños de auga visitables (Ruta dos Muíños do Tripes e Ruta dos Muíños de Paredes). En total, máis de dez quilómetros de percorridos. Entre eles inclúese unha senda botánica que mostra con paneis explicativos a diversidade vexetal e ensina a identificar as especies a través de xogos. O lugar máis visitado e centro das tradicións populares é a ermida do Alto de San Xián. O santuario de orixe románica e a escalinata ata a fonte do santo reconstruídos no século XVIII responderían a unha antiga cristianización do culto ás pedras e outros elementos da natureza. Os rituais falan da laxe da cama na cal disque durmía o santo e onde non medra a herba, ou a pedra da auga e a pedra do sol para realizar peticións meteorolóxicas. A máis vella ruta a pé é a do Castro do Alto dos Cubos, unha citania da cal se conserva o muro de 1.250 metros de lonxitude que por estar feito de grandes pedras sen argamasa recibe o curioso nome de muralla ciclópea. Abundante vexetación. Manchas do bosque autóctono, principalmente con especies caducifolias. Repoboacións con piñeiros, e masas de árbores exóticas que roldan xa os cen anos. Acompáñase da fauna propia do monte. Neste sentido, Aloia representa un refuxio entre toda a presión circundante para especies comúns como o coello, aves rapaces e anfibios. Fuente//Turgalicia 10

cousas de baixo miño


TUI

VIVE TUI!

cousas de baixo miño

11


NOVAS O ROSAL A TÉCNICA DE CONSTRUCCIÓN DOS MUÍÑOS DO FOLÓN E PICÓN DECLARADA PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL DA UNESCO O 28 de novembro, a UNESCO incluíu na súa lista representativa do patrimonio cultural inmaterial a técnica construtiva “pedra seca”. Este recoñecemento supón que os países que contan con este tipo de elementos comprométense a protexer este patrimonio, e implican ás corporacións locais na responsabilidade de adoptar medidas de protección.

Patrimonio Cultural de Galicia Galicia ten participado intensamente no desenvolvemento de todo o proceso da candidatura da pedra seca. Neste sentido, aos efectos de promover o estudo e a documentación da técnica, así como para colaborar na súa difusión pública e respecto polo traballo dos canteiros tradicionais e dos numerosos exemplos que se conservan, en setembro de 2016 a Xunta incorporou a pedra seca ao Censo do Patrimonio Cultural de Galicia, como manifestación do noso patrimonio cultural inmaterial. Unha técnica para construír un país A pedra seca é unha técnica de construción tradicional na nosa terra que prescinde de calquera argamasa ou morteiro. Conforma un dos exemplos de coñecementos e usos máis relevantes das formas de vida tradicional, que axuda a construír a paisaxe antrópica do país. Esta técnica fíxase e transmítese a través do milenario oficio dos canteiros, ten un alto grao de especialización e afecta á relación das comunidades co medio, creando e definindo o noso entorno. Muros, peches e construcións adxectivas para diferentes usos agrarios e gandeiros como alvarizas, neveiras, pombais, hórreos, pendellos, foxos do lobo ou muíños contribúen a definir e representar a estrutura da propiedade ou explotación do territorio. A pedra en seco é unha técnica ben coñecida e valorada en Galicia. De feito, diversos bens sobranceiros, declarados de interese cultural, como os lugares de valor etnolóxico de Seceda e Froxán en Folgoso do Courel, o mercado popular de Agolada ou os muíños do Folón e Picón no Rosal, teñen sido executados aplicando este procedemento construtivo. A partir de agora os muíños do Folón e Picón, un dos maiores atractivos turísticos do Baixo Miño, levarán o símbolo da UNESCO. 12

cousas de baixo miño


NOVAS O ROSAL GALICIA, PIONEIRA NA REGULACIÓN DO PATRIMONIO INMATERIAL DA UNESCO A lista representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial é a principal medida de salvagarda creada coa Convención do Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO. Foi asinada en 2003 e ratificada por España no 2006.Cómpre subliñar que a primeira incorporación práctica do establecido na Convención ao réxime legal estatal fíxase precisamente na nova Lei do Patrimonio Cultural de Galicia do 2016, que adaptou o título correspondente aos seus principios. Consecuentemente, pode dicirse que Galicia integra plenamente no eido lexislativo o seu Patrimonio Cultural Inmaterial, constituído polo conxunto dos usos, representacións, expresións, coñecementos e técnicas, xunto cos instrumentos, obxectos, artefactos e espazos culturais que lles son inherentes, que as comunidades ou mesmo os individuos recoñezan como parte integrante do seu patrimonio cultural.

Se ben son abondosos e significativos os exemplos da pedra seca en todo o territorio galego, esta técnica resulta especialmente relevante nas comarcas de Pontevedra, Terra de Montes, Deza, Bergantiños, Terra de Soneira, Xallas, Fisterra, a Terra Chá e a Ribeira Sacra.

VIVE O ROSAL!

cousas de baixo miño

13


COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA

MEDIO MILLEIRO DE PERSOAS PARTICIPARON NA ELABORACIÓN DA «ESTRATEXIA RÍO MIÑO TRANSFRONTEIRIZO 2030»

Presidiron o acto de inauguracio ́n, o reitor da Universidade de Vigo, a presidenta da Deputacio ́n de Pontevedra, a alcaldesa de Tomin ̃o e opresidente da Ca ̂mara de Vilanova de Cerveira.

O II Fórum do Río Miño Transfronteirizo celebrado en Tomiño supuxo o cumio do proceso participativo da elaboración da «Estratexia Río Miño Transfronteirizo 2030», na que participaron directamente preto de 500 persoas. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o deputado de Cooperación transfronteiriza, Uxío Benítez, presentes no acto, coincidiron a sinalar o positivo destes datos e a importancia que a poboación do territorio tivo como protagonista e principal beneficiaria desta iniciativa do proxecto Smart Minho, do que forman parte a Deputación de Pontevedra, o CIM Alto Minho, a Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais (FCEER) e a AECT Río Miño. Para o deputado de Cooperación Transfronteiriza e director da AECT Río Miño, Uxío Benítez, “grazas á Estratexia, por primeira vez temos unha visión do territorio como un espazo único” e anunciou que “con este documento na man que demostra que sabemos o que queremos e onde queremos chegar” reivindicará que “contamos coas condicións obxectivas para acometer no territorio proxectos piloto de cooperación transfronteriza en todos e cada un dos concellos e cámaras e ademais, podemos convertirnos na segunda experiencia a nivel europeo de crear un Investimento Territorial Integrado transfronteirizo (ITI) que permita aplicar fondos europeos dende unha visión global do territorio”. Máis dun cento de persoas déronse cita neste segundo encontro, onde tiveron a oportunidade de coñecer e debater as primeiras conclusións do traballo de análise do territo que comezou a finais de 2017. Os diferentes mecanismos postos en marcha, que incluíron cinco mesas sectoriais, unha enquisa online, dous fórums públicos e numerosas reunións con ata 13 concellos e câmaras municipais, permitiron realizar un traballo profundo e realista. Entre as primeiras conclusións que se desprenden deste traballo, que finalizará a principios do ano 2019 -posto que agora é necesario analizar toda a información recollida durante estes meses-, está que “un 80% da xente do territorio está de acordo, ou moi de acordo, en ter o mesmo horario entre Galicia e Portugal porque consideran que isto beneficiaría ás relacións comerciais entre os dous países”, segundo explicou o técnico da FCEER, Manuel Rodríguez. O director da FCEER e coordinador da elaboración da estratexia, Valerià Paül, enfatizou a importancia de contar cun documento guía coma este xa que “existen poucos territorios transfronteirizos en Europa e no mundo que teñan unha estratexia común, e que teñan claramente unha idea do que queren ser e facer. Ademáis os documentos estratéxicos normalmente están trazados a unha escala dos territorios marcados polos espazos de soberanía dos estados, e neste caso, rompemos con isto”. Tras un ano de elaboración da Estratexia, no que se realizaron máis de 45 entrevistas, Paül asegurou que “neste caso podemos dicir que hai unha vontade moi clara de deseñar proxectos reais e obxectivos, que sexan moi operativos, sendo o turismo un eixo estructural”. Proba diso son as máis de 80 intervencións e proxectos deseñados durante estes meses, recollidos no Plan de Acións que acompaña ao documento guía. 14

cousas de baixo miño


TOMIÑO III CAMPIONATO GALEGO INCLUSIVO, CLUB SEN AMARRAS O pasado 18 de novembro celebrouse no salón de plenos do Concello de Tomiño o acto de entrega dos trofeos aos campións absolutos do Campionato Galego Inclusivo, organizado polo Club Sen Amarras en colaboración coa Asociación Vontade. Asistiron representantes de varios concellos da zona: Tui, A Guarda e Castrelo de Miño, o Comandante da Guardia Civil de Tomiño, representantes da Federación Galega de Motonáutica, Deputación Provincial, etc. Os tres equipos gañadores recibiron un trofeo e unha medalla, estaban os formados por José Martínez Alonso e Serafín Álvarez Rey (1º posto); Pedro Núñez Martínez e José Antonio Mouro García (2º posto), e José Luis Álvarez Camiña e Oswaldo Davila Piñeiro (3º posto).

VIVE TOMIÑO!

cousas de baixo miño

15


NOVAS A GUARDA MÁIS DE 400 DEPORTISTAS TOMARON O MONTE SANTA TREGA NO V TRAIL DO TREGA A Guarda acolleu o pasado 25 de novembro a quinta edición do evento deportivo «Trail doTrega», que este ano contou con dúas modalidades de competición, a proba «Mergelina 10k» e «Castros Celtas 18k», cun desnivel acumulado de cada unha delas de 650 e 1100 metros respectivamente, ademáis dunha andaina non competitiva. Esta quinta edición, na que participaron máis de 400 persoas, 100 das cales eran de nacionalidade portuguesa, contou ademáis coa presenza de importantes atletas participantes no Campionato Galego de Trial e mesmo na Copa do Mundo de Trial. A proba «Mergelina 10k» fai referencia ao poboado castrexo de Mergelina, que se ven de por en valor recentemente coas obras de consolidación deste xacemento arqueolóxico, nesta modalidade os deportistas tiveron unha proba máis enfocada a novatos, cun percorrido de 12km de distancia, ideal para iniciarse no mundo do Trail e que contou coa participación dun total de 116 participantes, resultando gañadores en masculino Josué Moreno Lira e en feminino Natalia Leal Ferradas. A proba «Castos Celtas 18k» contemplaba un percorrido cun total de 18km de distancia onde os atletas participantes tiveron que avanzar cun percorrido moito máis técnico para deportistas máis experimentados e con zonas máis complicadas, contando coa participación dun total de 166 persoas, resultando gañadores Emilio Montilla Fernández na categoría masculina e María Ferreiro Pérez na categoría feminina. A maiores realizouse unha andaina non competitiva de 12km de distancia cun percorrido de dificultade fácil e para todos os públicos e que congregou a máis dunha trintena de persoas. Esta proba estivo organizada por Qualité Sport en colaboración co Concello da Guarda, e as Comunidades de Montes da Guarda e Camposancos. 16

cousas de baixo miño


NOVAS A GUARDA COMPOSTAXE DOMÉSTICA O Concello da Guarda ven de adherirse un ano máis á Campaña promovida dende Sogama e a Xunta de Galicia para facilitar a compostaxe doméstica cunha nova entrega de 50 composteiros individuais entre a poboación. Entre o ano 2014 e 2017 o Concello da Guarda ten entregado xa máis de 170 composteiros individuais o que fai neste ano 2018 un total de 220 composteiros. Cada galego produce unha media de 1.05 quilos de residuos ao día, na Guarda é un 0.780 quilos ao día, dos cales máis do 40% do lixo que se xera nos fogares é materia orgánica, cuxo destino habitual son os contedores verdes convencionais. Neste intre o Concello da Guarda está moi por riba da media en canto a reciclaxe, sendo un dos concellos que máis recicla de toda Galicia, froito do traballo de concienciación realizado dende a Concellería de Medio Ambiente e a implicación dos veciños e veciñas da vila. En determinados ámbitos existe a posibilidade de transformar esta materia orgánica en compost, un fertilizante natural con excelentes propiedades para o solo. Neste programa os participantes poden fabricar o seu propio compost, contribuíndo a: •Reducir a cantidade dos residuos producidos mediante a reciclaxe da materia orgánica. •Minimizar o excesivo uso de fertilizantes químicos •Diminuír a frecuencia de recollida dos contedores xenéricos por parte dos servizos municipais. •Minorar o número de desprazamentos que os habitantes do rural deben realizar aos contedores. Todos os participantes neste programa reciben gratuitamente o seu composteiro e un manual de compostaxe doméstica cunha guía sobre a compostaxe doméstica e a recollida selectiva de residuos. Os interesados e interesadas poden solicitar o seu composteiro, ata fin de existencias, chamando ao 986 61 0000 e contactando co departamento de Medio Ambiente. Ademais o Concello da Guarda ven de adherirse ao Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, un programa que permitirá converter en compost parte dos residuos orgánicos que se xeran na Guarda grazas á futura instalación de composteiros comunitarios. Nunha primeira fase instalaranse composteiros individuais.

cousas de baixo miño

17


NOVAS A GUARDA

A GUARDA NOMEA COMO FILLO ADOPTIVO A XOSÉ CARLOS GÓMEZ ALFARO O pasado sábado día 24 de novembro celebrouse un pleno de carácter extraordinario cun punto único na orde do día, o Ditame de nomeamento de don Xosé Carlos Gómez Alfaro como fillo adoptivo a título póstumo do Concello da Guarda. Este nomeamento realízase en base ao Expediente 1266/2018 baixo a proposta do instructor Celso Fariñas de nomear a don Xosé Carlos Gómez Alfaro como fillo adoptivo do Concello da Guarda unha vez acreditados os seus méritos e de acordo co disposto no Regulamento de Honras e Distincións do Concello da Guarda. Neste senso porpúxose a concesión deste título honorífico polos relevantes méritos contraídos e servizos prestados ó municipio. En palabras do alcalde, Antonio Lomba, “este recoñecemento é unha mostra de gratitude ao poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro, quen, en reciprocidade ao acollemento que se lle dispensou entre nós, incorporou á Guarda no seu universo poético.” Nun pleno moi emotivo, os diferentes portavoces dos partidos políticos con representación municipal fixeron as súas quendas de intervención para dar pé á votación e posterior palabras de agradecemento por parte dos familiares de Xosé Carlos Gómez Alfaro, presentes neste acto: a súa viuva, o seu fillo e a súa nai. O Alcalde da Guarda foi o encargado de entregarlle un ramo de rosas, o pin de ouro do Concello da Guarda e o diploma de fillo adoptivo. Posteriormente foi Joaquín Cadilla o encargado de dar lectura a uns poemas de Xosé Carlos Gómez Alfaro, recollidos nun libriño editado por Infomaxe e o Concello da Guarda, especialmente para esta ocasión. 18

cousas de baixo miño


A GUARDA

VIVE A GUARDA!

cousas de baixo miño

19


RUTAS

SAN DOMINGOS DE TUI, A PREDICACIÓN DA ARTE NA FRONTEIRA E #

20

Suso Vila, Doutor en Historia da Arte

cousas de baixo miño

O convento de San Domingos sería declarado Monumento Nacional en 1931, sinalando así a importancia artística do conxunto monástico. Isto nos sorprende hoxe toda vez que a traxectoria do inmoble despois desa protección foi moi desigual. Converteríase en Instituto de Secundaria nos anos 1934-1936, para volver ser Cuartel de Infantería até 1964 e logo vendido polo ministerio para se transformar en vivendas. Na actualidade unha parte do edificio é municipal e para usos culturais e educativos. Houbo no se momento tentativas do concello para que o vello cuartel se tranformase no Parador de Turismo que se estaba a demandar na década de 1960 pero finalmente a opción sería a construcción na ribeira do Miño e non no histórico edificio. O lugar escollido, xunto da igrexa de San Xoán de Porto, sería froito dunha importante doazón en 1328 o que permitiría a ampliación do convento en Tui. Na construcción do edificio no século XIV estarían implicados varias personaxes de Valença: o prior frei Domingo de Valença, o provincial da orde dominica en España frei Martim de Valença e a súa nai Durancia Pérez. O relevo fundacional no antigo claustro represéntase esta colaboración transfronteiriza reflectindo como o convento vai ter unha ampla influencia nas dúas ribeiras miñotas de aí a contar con importantes privilexios dos reis de Portugal.


RUTAS O edificio conventual mantén a grandes trazos a súa estrutura medieval sendo aínda visibles as primitivas xanelas do século XIV sustituidas por outras de maiores dimensións no século XV. Do vello claustro pouco resta a non ser as diferentes portas góticas. Algúns elementos do claustro do século XIV sobreviviron pola súa reutilización nos muros e mostran o que era un rico claustro mendicante. Xa no século XVI o claustro sería rehabilitado e empregado columnas (que aínda podemos ver no exterior) para desaparecer nun gran patio a fins do século XIX cando pasou a ser un cuartel.

Restos do claustro

San Domingos, cabeceira

A igrexa de San Domingos é a parte máis destacada do conxunto. O seu remate no primeiro cuarto do século XV coa súa fermosa cabeceira gótica aínda segue a presidir a Alameda. A obra da cabeceira conta cun claro protagonismo polos Soutomaior, un bispo, Xoán Fernandes de Soutomaior en 1424 doaría unha importante cantidade de diñeiro para concluir as obras. O convento xa estaba ligado a casa nobre, os enterramentos do seu interior e a capela maior eran de uso dos Soutomaior. Os capiteis da cabeceira mostran o interese orde na predicación tamén a nivel artístico. O nadal fica retratado coa escena do Nacemento e a chegada dos Reis Magos, estes ataviados como cazadores, toda vez que ficaría ligado ao resto de escenas que teñen como motivo a caza, cun sentido de aprendizaxe e adestramento para a protección dos máis febles.

cousas de baixo miño

21


RUTAS

Detalles retábulo da Batatlla de Lepanto, esquerda cristiáns e dereita turcos.

A colección de retábulos na igrexa sorprende pola súa calidad e esplendor. O retábulo maior, de 1744, xunta a integración na capela maior coas imaxes de santos dominicos de gran expresividade. No cruceiro sur contamos co máis espléndido dos retábulos galegos, o da Nosa Señora do Rosario coñecido tamén como da Batalla de Lepanto. Esta obra foi encargada pola confraría do Rosario en 1740, aínda que descoñezamos o autor polas trazas sabemos que estamos perante un moble realizado por un arquitecto portugués, ligado á cidade de Porto. No retábulo do Rosario ademáis do ritmo extraordinario que imprimen os misterios á estrutura (os quince medallóns que rodean a Virxe do Rosario) temos un ático consagrado á Batalla de Lepanto (7 de outubro de 1571), gañada segundo a tradición pola intercesión da Virxe. O ático divídese entre os gañadores (a flota de D. Juan de Austria) e os perdedores (a flota de Alí Bajá) para amosar un efecto totalmente teatral propio do barroco.

Retábulo do Rosario

22

cousas de baixo miño


RUTAS A igrexa conserva tamén dúas pezas medievais extraordinarias: o Santo Cristo das Augas, do século XIV, e a imaxe pétrea de San Domingos de Guzmán do século XV, dúas xoias da escultura medieval galega. Existe un retábulo inacabado, o de Santo Domingo in Suriano, no lado norte, realizado en 1797. Os problemas de estabilidade obrigarían no ano 2001 a apuntalar a estrutura e retirar as imaxes de San Gregorio, San Vicente ou San Agustín.

Escudo Inquisición

A igrexa de San Domingos conta cunha historia particular, ser o centro de reunión da confraría de San Pedro Mártir de Verona, propia dos familiares e comisarios do Santo Oficio, de aí que as armas da Inquisición figuren na chave da bóveda sur do transepto. Ironicamente a igrexa dominica tamén sería o lugar de enterramento favorito das familias xudeo-conversas da cidade como os Coronel ou os Saravia ademáis de médicos, prateiros ou boticarios de orixe xudía. Os Coronel tiñan a súa sepultura no cruceiro, diante do altar maior, lugar privilexiado que desafiada a discriminación que desde o cabido tudense se lle quería facer na cidade. Na actualidade a igrexa de San Domingos non ten culto e conta cunha notable actividade cultural grazas ao traballo da Asociación Amigos da Catedral. Aínda así estamos perante un edificio pechado a pesares da súa riqueza artística. Non podería ser, tal e como suxire o Plan Director da Catedral, unha das pezas para a lectura histórica da Catedral? Non podería ser un anexo museístico das coleccións do Museo Diocesano? San Domingos ten que se converter nun dos reforzos patrimoniais de Tui. Entre a catedral de Santa María e a proto-catedral de San Bartolomeu. Un espazo repleto de arte e de historias na fronteira miñota.

cousas de baixo miño

23


ENOTURISMO

HERACLIO ALFARO ABRE UNHA NOVA ETAPA PARA TERRAS GAUDA NA RIOXA CUN CRIANZA SORPRENDENTE

#

Terras Gauda

O GRUPO CONSOLÍDASE NA VANGARDA VITIVINÍCOLA NACIONAL COA PRESENTACIÓN DA NOVA IMAXE E MARCA DA ADEGA E DO SEU PRIMEIRO VIÑO BAIXO A D. O. CA RIOXA, CUN DESEÑO ROTUNDO E DE LIÑAS CLÁSICAS

Depósitos Heraclio Alfaro. 24

cousas de baixo miño

Desde o corazón da Rioxa Oriental chega Heraclio Alfaro, a nova aposta de Terras Gauda. Consolidado como un dos principais grupos adegueiros españois, a presentación do seu primeiro crianza de Rioxa, con nova imaxe e marca, representa un salto cualitativo que abre o camiño para alcanzar novos segmentos de mercado e apontoar unha proxección internacional que se traduce xa en presenza en 60 mercados internacionais. Os distribuidores nacionais foron os primeiros en coñecer en Alfaro a nova imaxe; contundente, de liñas clásicas, que reflicte a herdanza dunha zona vitivinícola de referencia, a de maior prestixio no exterior. E que acompaña a un viño, como é aceno de identidade en todos os que elabora o Grupo Terras Gauda, ligado ao chan e ao clima, que garda relación co territorio e a cultura vitivinícola da súa contorna.


ENOTURISMO Heraclio Alfaro, o pioneiro O nome procede dun aviador e enxeñeiro aeronáutico ilustre, un pioneiro que na primeira metade do século XX non só marcou fitos coa súa pilotaxe, senón que deu o salto a Estados Unidos, onde brillou polo seu enxeño no campo do deseño. O seu espírito emprendedor é honrado por Terras Gauda, que culminou o seu proceso de expansión cumprindo un soño longamente ansiado, o de chegar á Rioxa. A nova adega de Alfaro eríxese sobre uns antigos hangares de aviación, nexo co piloto vitoriano.

Tempranillo, garnacha e graciano Heraclio Alfaro 2015 está elaborado con tres variedades tradicionais – tempranillo, garnacha e graciano-, recollendo unha herdanza de séculos de sabedoría, que preservou de xeración en xeración conceptos fundamentais para crear viños equilibrados e singulares, máis ricos en matices. Da leira El Estarijo, que dedica a viñedos de 40 anos 30 das súas 110 hectáreas –chans francos, profundos e con fertilidade moderada-, ao pé da adega, proceden tempranillo e graciano. Compleméntanse con tempranillo e garnacha procedentes de viñedos máis frescos e de maduración tardía, situados na serra da Hez, a 750 metros de altitude. Equilibran o viño coa súa achega de froita fresca e acidez. Froito dunha vendima que resultou a máis temperá da última década, con crianza durante 12 meses en barrica de carballo dunha uva sa e equilibrada, Heraclio Alfaro 2015 é un viño que sorprende coa súa cor intensa e nariz elegante, no que se aprecian froita negra ben madura, confeitura de froitas vermellas e especias, a madeira integrada. Equilibrado en boca, denso, suave e fresco, posúe un final longo. FICHA DE CATA: Data de embotellado: Agosto de 2018 Produción: 42.000 botellas Lanzamento: Novembro de 2018

O primeiro crianza de Rioxa do Grupo Terras Gauda marida con guisos ou cazolas tradicionais, carnes, peixes ao forno, minestra e fungos.

Variedades: Tempranillo, garnacha e graciano

cousas de baixo miño

25


OCIO - CINE

A ORQUESTRA VIGO 430 CELEBRA O SEU 10 ANIVERSARIO En máis dunha ocasión escoitamos á Orquestra Vigo 430 pero poucos saben que se esconde detrás dela. Orquestra Vigo 430 é a punta dun iceberg dun proxecto fundado polo violista Javier Escobar e actual Director Artístico, que naceu completamente independente e que botou a rodar en 2005 cun obxectivo claro: a creación dun grupo musical de calidade que albergue á extraordinaria xeración de músicos novos que eclosionou nos últimos tempos nos conservatorios de Galicia. Actualmente, a Orquestra Vigo 430 sostense co apoio económico do Concello de Vigo e é o eixo principal de todo un proxecto que se divide en 4 seccións: Orquestra Sinfónica, Orquestra Barroca, Orquestra Xove e Ensembles de Música de Cámara. Un espazo onde os músicos dan renda solta á súa paixón e coñecemento: a música. Pero por que 430? A creación de estándares de afinación foi unha das principais razóns que permitiron a evolución da música orquestral, que músicos de diferentes países e E que nos trae este 2019? cidades puidesen tocar xuntos en calquera parte unha mesma partitura e dunha Destacar as actuacións de mesma maneira. E sen dúbida foi a afinación a 430 hz a primeira baseada en estudos dúas das artistas españolas, científicos e é coñecida como a afinación filosófica ou científica, por basearse na Maria Florea (violín) e Sara conveniencia matemática da mesma. 430 é a base desde a que partir, un punto de unión Ferrández (viola) para e de partida desde o que encarar a música, tanto a clásica como a música máis marzo, así como outra nova contemporánea. estrela rusa, a Este 2018 foi o ano de consolidación para a Orquestra Vigo 430, un ano no que se violonchelista Anastasia continuou a liña de calidade e de produción propia que a cidade merece baixo a Xerencia Kobekina en abril. A de Ana Novoa e a incorporación da pianista e xestora musical Andrea González como Orquestra Barroca Vigo 430 Directora Técnica. Unha programación coa que non só buscouse fidelizar ao público que, traeranos da man dunha das recital tras recital, eloxia o bo facer dos músicos senón que ademais buscou romper intérpretes máis reputadas barreiras e chegar a un sector do público que se atopaba afastado da música clásica. da música antiga, Lina Tur Para iso, e para celebrar o seu 10º Aniversario, a Orquestra Vigo 430 organizou un Bonet, a soada “Gloria” de evento único e nunca visto en España: o “Symphonic Aysedeniz: a Rock Journey for Vivaldi, xunto coa soprano Piano and Orchestra”, un concerto no que a música clásica e o pop-rock abrazábanse Eugenia Boix, o contratenor sen precedentes. Así, unindo o clásico e o contemporáneo pechaba o seu aniversario o Gabriel Díaz e o coro de pasado mes de decembro unha orquestra capaz de unir dous mundos aparentemente cámara “Rías Baixas” nada tan afastados. máis comezar o ano; ademais, dun concerto a Unha tempada na que puidemos gozar ata agora de composicións de Mozart, Schmitt e cargo da Orquestra Xove Roussell da man do Ensemble Vigo 430, e acompañar á Orquestra Barroca Vigo 430 nun Vigo 430 destinado a percorrido musical con textos recitados pola escritora Iolanda Zúñiga que mostraron o achegar aos máis pequenos carácter integrador das artes que leva a cabo a Orquestra Vigo 430. Como é habitual, a a experiencia de vivir un orquestra colaborou con “Amigos da Ópera de Vigo” poñendo música á ópera “Macbeth” concerto en directo. de Verdi que encheu o Teatro Afundación de Vigo, sede habitual da Orquestra, xunto ao Auditorio Municipal e Auditorio Martín Códax da cidade olívica.


OCIO - LITERATURA Comedia Dante Alighieri. Trad. José María Micó Ed. Acantilado Dramática e tenebrosa no Inferno, pictórica e melancólica no Purgatorio e luminosa e musical no Paraíso, a Comedia é á Idade Moderna o que a Odisea á Antigüedad. Esta nova tradución de José María Micó, melódica e inspirada, convida o lector de fala hispana a penetrar no singular universo dantesco e acompañar ao poeta na súa viaxe polos tres reinos ultramundanos. La cocina de Picasso

VV AA. Ed. La Fabrica Esta obra penetra por primeira vez na relación de Picasso coa cociña, en como esta se fixo oco nas súas pezas e como foi un punto de influencia para él. Ademais La cocina de Picasso tamén fala dos restaurantes que marcaron a súa vida, así como da importancia destes locais como punto de encontro das vangardas. Este libro é a versión editorial da exposición La cocina de Picasso, que baixo o mesmo nome presentouse no Museo Picasso de Barcelona desde maio ata finais de setembro do 2018. Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863)

Premio Nacional de Ensaio 2018 María Xesús Lama Editorial Galaxia O primeiro volume da biografía de Rosalía de Castro narra as súas orixes familiares e os seus anos de mocidade. María Xesús Lama, pescuda con rigor e admiración, con obxectividade non exenta de paixón, na vida da poeta en Galicia e Madrid nun tempo de ideais e de aprendizaxe para a mocidade que na segunda metade do século XIX decide intentar vivir da pluma. A autora aproveita as últimas descubertas da investigación filolóxica e histórica para afondar nas viraxes inesperadas que obrigan a poeta a regresar a Compostela coa carga dunha responsabilidades familiares que lle fan reconsiderar a orientación da súa vida.

Cartas 1900-1914 Franz Kafka Ed. Galaxia Gutemberg Por primeira vez empréndese a publicación en castelán da totalidade das cartas de Kafka que se conservaron. Preto dun centenar e medio das reunidas neste volume nunca foran traducidas. A lectura en secuencia de todas ás cartas permite captar a «polifonía» das voces de Kafka, os moi variados rexistros da súa personalidade. E permite ademais decatarse de como todos os seus mecanismos psicolóxicos obedecen a unha fundamental obsesión: atopar o momento no que poñerse a escribir. Mapas del mundo imaginados por ilustradores y narradores

VV.AA. Ed. Libros del Zorro Rojo A edición desta obra fai que os mapas perdan o seu carácter efémero e revelen unha mensaxe duradeira en cuxo núcleo se atopa a propia natureza humana. Máis sinxelos ou elaborados, pero nunca aburridos, estes mapas representan un estimulante conxunto de narracións pensadas para a interacción e o descubrimento. Un singular atlas universal que é á vez un catálogo de tendencias da ilustración e o deseño contemporáneo. Galíndez

Vázquez Montalbán, Manuel Ed. Anagrama Este libro é unha mestura de novela política e thriller histórico en cuxa trama conflúen o universo do exilio español tras a Guerra Civil, as ditaduras caribeñas e o submundo dos servizos de intelixencia. Vázquez Montalbán narra alternando dous tempos históricos (a época de Galíndez e o presente desde o que unha estudante norteamericana investiga os feitos). E entre os seus méritos destaca a construción dun personaxe complexo, enigmático e contraditorio.


DEPORTE SEN BARREIRAS

O CLUB DE REMO ROBALEIRA DA GUARDA, CANTEIRA MUNDIAL DE CAMPIÓNS DENDE 1989 EJuan Ramón Martínez Barbosa # Juan Ramón Martínez Barbosa, C. R. Robaleira

O Club de Remo Robaleira da Guarda celebrará en poucos meses o 30º aniversario da súa fundación, en concreto, o vindeiro 25 de marzo de 2019. COUSAS DE Baixo Miño achegouse ata a vila do Trega para entrevistarse con directivos, adestrador e remeiros e desta maneira facer un pequeno percorrido pola súa máis que exitosa historia. Na sede que Robaleira ten nas inmediacións do porto guardés estivemos co seu novo presidente, Iván Cadilla Coballes (A Guarda, 24/8/1989), máximo mandatario dende decembro de 2017, que nos recalca que "Robaleira é o único club de banco fixo do Baixo Miño, naceu e vive del. Na actualidade traballamos coa base, sobre todo con nenos e nenas ata categoría cadete". Pola súa banda, o vicepresidente Manuel Cadilla Martínez, lembra que o Club de Remo Robaleira "nace un pouco das competicións que se facían hai anos no porto, nas coñecidas como regatas de taberna".

28

cousas de baixo miño

Hoxe en día, Robaleira o forman 22 rapaces e rapazas de Tomiño, A Guarda, O Rosal e Oia, con idades comprendidas entre os 10 e os 18 anos, ademais de 8 remeiros e remeiras con discapacidade intelectual. Pois, dende hai poucos anos, sobre o 2011, segundo nos contan, por iniciativa da delegada deportiva, María Luz Coballes Fernández, establecéronse contactos co Centro San Xerome Emiliani para que usuarios con discapacidade intelectual do Baixo Miño puidesen adestrar nas instalacións de Robaleira. Un ano máis tarde, 2012, falaríase coa Federación Galega de Remo e logo coa Española para que eses deportistas do Centro San Xerome tamén puidesen competir oficialmente en remoergómetro, coa denominación "Club de Remo Robaleira-San Xerome", debutando en Ferrol no Campionato Galego.


DEPORTE SEN BARREIRAS O veterano vogal de Robaleira, Emilio González Adrover, sinala orgulloso que "foi un traballo moi duro e un camiño moi difícil, pero podemos dicir que foron os primeiros de España en competir oficialmente como discapacitados intelectuais". O 'presi' Iván Cadilla Coballes e o 'vice' Manuel Cadilla Martínez coinciden en que este "ten que ser un deporte sen barreiras", realizando ademais deste, diferentes convenios con asociacións locais e ximnasios da zona.

́lez vogal e De esquerda a dereita, Manuel Cadilla, vicepresidente, Emilio Gonza ́n de Trofeos do Club ́n Cadilla, presidente, no Salo Iva

Equipo Robaleira-San Xerome 2015. Foto San Xerome

Manel Balastegui e Rodrigo Conde. Foto Robaleira

Ámbolos dous móstranse cheos de ledicia e satisfacción ao enumerar para COUSAS DE Baixo Miño a multitude de éxitos colleitados polos seus remeiros e remeiras dende 1989, destacando entre outras- as fazañas do moañés Rodrigo Conde Romero, internacional absoluto, quen da man do técnico Arturo Abruñedo chegou ao Robaleira, sendo campión mundial sub23 nos anos 2016-2018 e medalla de bronce en 2017. "Rodri veu xovenciño, con 1314 anos. A ver se para a próxima vai aos Xogos Olímpicos. É un bo remeiro e un bo chaval, comprometido 100% con todo o que fai".


DEPORTE SEN BARREIRAS O presidente do Club de Remo Robaleira, Iván Cadilla Coballes, lémbranos tamén os títulos e campionatos conseguidos a nivel galego, nacional e internacional de, por exemplo, a guardesa Paula Simoes Rodríguez (unha das campionas o rosaleiro Alejandro pioneiras), Fernández Lomba (entre eles un Subcampionato do Mundo Junior en Gran Bretaña), o tudense Suso González (vén de disputar o seu vixésimo Campionato do Mundo Absoluto de Remo), o guardés Jorge Rodríguez Vicente ou mesmo dos irmáns, tamén canteiráns da Guarda, Óscar e Damián Alonso (este último, seis veces campión de Europa e en varias ocasións, do Mundo). Xa por último, conversamos co adestrador de todas as categorías do club dende 2015, Francisco Javier Martínez González, quen confesa en COUSAS DE Baixo Miño que "a verdade é que temos que seguir buscándonos a vida, para compaxinar e adaptar os horarios dos remeiros e remeiras. Os nosos obxectivos fundamentais, a parte por suposto de gañar, son formar e educar aos nenos. Este é un deporte de sacrificio, aínda que teñas unhas boas cualidades, se non lle dedicas horas, se non adestras, non gañas".

́n e Borja en Portugal (2015) Foto San Xerome Jaime, Julia

O rosaleiro Alejandro Ferna ́ndez e ́ Alvaro Romero. Subcampio ́ns do Mundo Junior. Gran Bretan ̃a 2011. Foto Robaleira

Primeiro pola esquerda, Fran Martínez, adestrador, con parte dos remeiros e remeiras do Robaleira

30

cousas de baixo miño

́n ́n Alonso, campio Damia de Europa e do Mundo. Foto Robaleira


DEPORTE SEN BARREIRAS A pesar de que teñen patrocinio do Concello da Guarda, da Deputación de Pontevedra, da Xunta de Galicia e de algunhas empresas locais, dende o Club de Remo Robaleira recoñecen que "o tema económico é un grande hándicap á hora de seguir crecendo, xa que queremos levar aos rapaces a todos os lados posibles para que gañen todo o que merecen". De feito, en xullo de 2018 o Robaleira viaxou a Sevilla con 11 nenos, para participar no Campionato de España de Remo Olímpico, obtendo o posto 13 dun total de 64 clubs, destacando -entre outros- a prata de Nieves Silva Martínez en skiff alevín feminino, ou mesmo o bronce de Jacobo Rodríguez Guerreiro, en skiff alevín masculino. O C.R. Robaleira quere fidelizar e, por que non, aumentar a súa masa social, o que implicaría potenciar e manter aos remeiros e remeiras cando chegan a categoría senior. "Queremos agradecer publicamente a socios e colaboradores a súa axuda. Ademais reflectir aquí que o noso club ten as portas abertas. Animamos a pais e fillos a que se acheguen ata a nosa sede para coñecernos". Recentemente, o auditorio de "San Bieito" foi o escenario dunha sentida homenaxe ao mar e aos remeiros guardeses veteranos (activos entre os anos 1940 e 1970), que estivo organizada pola Asociación Cultural de Embarcacións "Piueiro" -unha das protagonistas do número 8 de COUSAS DE- e o propio Club de Remo Robaleira, en colaboración do Concello da Guarda. Dende o club Robaleira agardan xa, tamén con satisfacción e ledicia, a XIV edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais que se celebrará ás faldas do Trega e nos municipios limítrofes, do 11 ao 14 de xullo de 2019.

Os remeiros e remeiras do club adestrando nas ́ns ́as instalacio su da Guarda (2)


AXENDA A GUARDA

O ROSAL

PROGRAMACIÓN CULTURAL AGENDA CANGAS

Axenda de Nadal

Venres, 19 de novembro 21:00hs. XOVESProxección 27 DE DECEMBRO IN THE LOOP. cinematográfica en V.O.S.E. *Música rúa co grupo do "Lusco ó Fusco". Organiza: Cine ClubnaCangas

DECEMBRO 2018 DÍA 30 FESTIVAL DE NADAL da Agrupación Musical do Rosal. Auditorio Municipal ás 18.00 h.

Mércores, 29 de decembro DÍA 31 CARREIRA POPULAR GREASE Tour´BRILLANTINA Musical SAN SILVESTRE Entrada.- Butaca: 23€ Anfiteatro: 21€

DE

XANEIRO 2019 Xoves, 30 de decembro 19:00hs. Día 5 CABALGATA DE REIS TEATRO DO MORCEGO. A partir das 5 da tarde os Reis Magos e os seus Presenta: SALTIMBANQUIS Paxes chegarán á Praza do Calvario. Público infantil e familiar Día 11 DÍA DOS USUARIOS/AS DAS BIBLIOTECAS Entradas.- adultos: 5€ nenas e nenos: 3€ O día 11 de xaneiro é o Día do usuario/a das Domingo, 28 de novembro 19:00hs. Bibliotecas, e o Concello do Rosal quere premiar 28 DE DECEMBRO FESTIVALVENRES SOLIDARIO A FAVOR ADICAM cun diploma e un libro aos mellores lectores e CINE *Teatro-Clown musical para adultos "Route 66", da lectoras da nosa biblioteca no ano 2018. Blues Grampas. Centro cultural as Venres, 3 decompañia decembroThe 21:00hs. DÍA 20 TEATRO “A ÚLTIMA NOITE CO TONIO” 21,00DE h. SAXOS DO CONSERVATORIO CICLO: NUEVO CINE ITALIANO ORQUESTRA GRUPO DE TEATRO SAN ROQUIÑO de Goián. Do 21 de setembro ao 30 ás de novembro DE REDONDELA Auditorio Municipal 19.00 h Fundacion Galicia –Pontevedra SÁBADO 29 DEda DECEMBRO Concerto benéfico a favor Asc. Santiago Apostol e a Día 27 Caixa ROMARÍA POPULAR DE SAN VICENTE DE *Música na rua co a charanga "Vaia Panda" Fundación San Vicente de Paul MARZÁN CINE DOCUMENTAL *Monicreques: " Oe castiñeiro Entradas.- adultos: 5€ nenas nenos: 3€ do Apalpador", da com- I MOSTRA Ás 11.30 DE misa solemne e procesión acompañada ALTERNATIVO DOCUTOPÍA pañia Fantoches Baj. No centro cultural as 12 h. pola Coral da Agrupación Musical do Rosal. Do 2 de novembro ao 4 de decembro Venres, 10 de decembro 21:00hs. Serviranse callos caseiros, e ao remate a tradicioEspazo Sombra Típicos Blues, nodeCafé Uf (Pracer, MÉRCORES 2 DE XANEIRO TULPAN. Proxección cinematográfica en V.O.S.E. nal cultural SubastaNegra de Produtos O Rosal. 19) Vigo *Obradoiro infantil "Decora a tua casa" Organiza: Cine Club Cangas Polas rúas da Guarda e praza de abastos pola maña. Venres, 26 e*Teatro Sábado,para 27 de novembro 21:00hs. nenos: "Tristán" da compañia Elefante No centroPresenta: cultural as h. Elegante. TEATRO DO MORCEGO. OS17,30 VELLOS Barferencia: Paisaxes de sol na costa atlántica a NON DEBEN DE NAMORARSE Entrada: 5€cargo de Brais Currás y Mar Cortegoso. Na cafetería Alameda as 20,30 h.

FEBREIRO 2109 XXIV FESTIVAL CINEROUPA Día 1 LEVANTAMENTO DO TRADICIONAL ARCO Ampla de máis 130 películas: estreas NA programación HONRA DA VIRXE DAdde SAÚDE. Tradicional xunrecén saidas dos mellores festivais e de filmes galartanza no recinto da festas de Tabagón. doados en 2010 rúas da Guarda e praza de abastos pola maña. Día 2 e 3 FESTA DA SAÚDE EN SAN BRAIS DE Do 10 de novembro ao 3 de decembro Venres, 17 de decembro 20:00hs. *Cinema infantil: Capitan Canzoncillos, no Centro TABAGÓN Santiago de Compostela Cultural ás 17,00 DO h. CONSERVATORIO CONCERTO DE NADAL Día 17 ANDAINA: OS PICOS DA GROBA. Saída as 9.00 PROFESIONAL E DA ESCOLA DE MÚSICA h desde a Praza do Calvario. Actividade gratuíta CONCERTOS VENRES 4 DE XANEIRO MUNICIPAL DE CANGAS DÍA 24 DÍA DE ROSALÍA. O Concello do Rosal conEntrada de *Os baldeReis Magos visitan a Residencia da Terceira voca o Concurso “ROSALIARTE”, de poesía e arte. Idade Monte Tecla co acompañamento musical dos Unha imaxe de Rosalía de Castro servirá como THE ZOMBIES "Vaia Panda" Sábado, 18 grupos de decembro 19:00hs.e " Do Lusco ó Fusco" base para a realización do poema e do debuxo. 11 de novembro 22:00 horas Musical EL LIBRO DE LA SELVA Sala Mondo -Vigo SABADO 5 DE XANEIRO Público infantil e familiar Durante os meses de xaneiro e febreiro será a *Cabalgata dos Reis Magos e recepción real. Entrada: 15€ recollida de fotografías antigas para a exposición ISMAEL SERRANO Acompañados polas asociacións guardesas. Dende a MULLERES NA HISTORIA. Este ano a temática 11 de noviembre 20:30 horas. Alameda ata a Casa dos Alonsos ás 18,00 h. Domingo, 19 de decembro 20:00hs. será O ROSAL: MAR E RÍO Centro Cultural CaixanovaVigo CONCERTO DE PANXOLIÑAS DE NADAL Coa participación de agrupacións de música vocal de THE WAVE PICTURES Cangas e a Banda de Música Bellas Artes 12 de novembro Entrada de balde Sala Mondo-Vigo Na casa dos Alonsos as 11,00 h. (previa inscrición)

Sábado, 11 de decembro 18:00hs. FESTIVALXOVES BENEFICO A FAVOR DE “CARITAS 3 DE XANEIRO CANGAS”*Múisica na rúa co grupo "Do Lusco ó Fusco" Polas

Domingo, 26 de decembro 20:00hs. CORO YOUSEI (Xapón) Formación coral de voces femininas xaponesas de recoñecido prestixio internacional, de xira por Europa. Entrada.- Butaca: 20€ Anfiteatro: 17€

32

cousas de baixo miño

THE STRANGE BOYS 13 de novembro La Iguana Club – Vigo

ABA TAANO 14 de novembro 20:30 horas Centro Cultural Caixanova- Vigo


AXENDA OIA

TUI

PROGRAMACIÓN CULTURAL

OBRADOIRO DE CREACIÓN DE XOGUETES TRADICIONAIS NO NADAL DESBUNDIXIE 14 de novembro O Concello de Oia organiza dentro do proAala Aturuxo- Bueu grama Tecendo Lazos da Deputación de Pontevedra, un obradoiro de Creación de FITO Y FITIPALDIS xoguetes tradicionais, que se celebrará 19 de novembro 21:30 horas os días 26 e 27 de decembro, e 2Compostela e 3 de Multiusos Fontes de Sar- Santiago de xaneiro, en horario de 10 a 14 h. no Centro Cultural MIGUEL RÍOS de Mougás, enmarcado dentro da BYE programación Semana GIRA “BYE RIOS ROCKda HASTA EL FINAL” que organiza como tódolos 20Cultural, de novembro anos, aA Coruña Asociación de Veciños de ColiseumMougás. FUEL FANDANGO Ten por finalidade, entre outras, realizar 26un deobradoiro novembro interxeracional, 22:30 horas no que poiEntrada 6 euros membros da familia de dan participar Sala AturuxoBueu Así, vai dirixido a persodistintas idades. as de entre 6 e 99 anos. REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 1 de decembro Auditorio Caixanova -Pontevedra

EXPOSICIÓNS OS MUNDOS DE GONZALO TORRENTE BALLESTER Ata o 14 de novembro Museo de Pontevedra - Pontevedra

grafías. As imágenes captadas falan da vida rural, a emigración, a presencia da morte, a incorporación da electricidade ou a presencia do teléfono na vida diaria. NOSOTROS TAMBIÉN FUIMOS EMIGRANTES Ata o 26 de novembro Sede Náutica Caixa Galicia - Sanxenxo

As imaxes que recolle esta exposición, obtidas da fototeca da Axencia EFE intentan reconstruir os movementos migratorios que se produciron no noso país ao concluir a guerra civil. As emigracións forzadas da fame ou do exilio levarían a un bo número de españois a refuxiarse en países europeos e americanos. EXPOSICIÓN “VIGO, A COR E A PALABRA” Ata o 28 de novembro Centro Cultural Caixanova- Vigo

Artistas vigueses aportarán obras para conmemorar o Bicentenario da Cidade. A oferta expositiva complétsea cunha nova edición da Wildlife Photographer of the Year 2010, e a coprodución, co Museo do Mar, de Fillos do océano, d fotógrafo vigués Javier Teniente.

Miradas. Realidades, expresiones, tramas. Arte en Galicia desde 1975 Ata o 16 de xaneiro de 2011 Fundación Caixa Galicia - Pontevedra

O proxecto expositivo e editorial «Miradas», é unha iniciatiA Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais e a va que sitúa as obras da colección baixo a perspectiva partiFundación Gonzalo Torrente Ballester lembran ao autor de “Los gozos y las sombras” no centenario do seu nacemento cular dos comisarios que toman parte nesta serie de catro EUROCIDADE VALENÇA-TUI coa exposición “Os mundos de Gonzalo Torrente Ballester”, mostras. Fernando Castro, Alfonso de la Torre, Fernando que percorre a traxectoria vital e literaria do escritor a través Huici A EXPOSICIÓN ITINERANTE 'DE MAR A MAR' CHEGA A VALENÇA e Iria Candela presentan unha coidada selección dos de máis de 150 piezas (moitas delas inéditas) entre manuscrida Colección Atos, cidade de Valença Minho acolle o 31 de fondos decembro a exposi-Caixa Galicia, centrándose cada un en libros,portuguesa artigos de prensa, cartas, do fotografías, carteis,ata dibunúcleos diversos pero complementarios. ción "De mar ea obxectos mar" como parteque da nos programación do Anotemáticos do Camiño xos e itinerante diversos documentos personais achePortugués e do Camiño Portugués da Costa que a Consellería de Cultura e gan a súa iconografía persoal. A mostra que está comisariada Turismo está a celebrar durante todo este 2018. Visitas para grupos, concertar no teléfono 982 289 096. por Carmen Becerra e Miguel Fernández-Cid, complétase co 'De mar a mar' de Turismo de Galicia está composta por fotografías de público grandes Visitas para xeral, mércores ás 19.30 h. documental GTBxGTB. dimensións que presentan o Camiño de Santiago en 3D. Están realizadas coa técnica estereográfica e retratan o patrimonio, as paisaxes e aosHorario propiosde peregrinos. apertura ao público: PANO DE FONDO De luns a sábado, 12-14 h e 18-21 h. Ata o 15 de novembro Centro Social Caixanova - Pontevedra Domingos e festivos, 12-14 h. Exposición que aborda o retrato realizado nos estudos galegos, centrándose dun xeito especial na primeira mitade do século XX, periodo de extraordinaria riqueza neste aspecto. A base da mostra son os fondos que os fotógrafos colocaban tras os retratados no afán de idealizar que lle era propio á pintura da época. Desde humildes colchas a “panos” máis elaborados con paisaxes ou interiores de pazos, a exposición nos permite advertir a importancia deste elemento nas foto-

cousas de baixo miño

33


QUEN É QUEN NO RUEIRO

Rúas de ... Oia

Praza da matrona Xulia Suárez A carón do Concello de Oia, atópase esta praza dedicada a Xulia Suárez,que exerceu a súa profesión de matrona no centro de saúde deste concello, asistindo e acompañando ás nais no proceso de xestación e de crianza das súas fillas e fillos. A praza que leva o seu nome foi inaugurada o pasado ano (2017). Familiares amigos e veciños acudiron ao homenaxe que a Corporación Municipal lle fixo e no que descubriouse unha placa, realizada por Irene Silva Xiráldez. Na placa, realizada en base metálica con impresión dixital, pódese ver a unha muller cun bebé no seu colo, e aos seus pés, pódese ler sobreimpresionada unha “cantiga tradicional galega”.

O cantar que canta a nai cando arrola o seu neniño, meu caravel, miña rosa, meu bico de paxariño

34

cousas de baixo miño




Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.