COUSAS DE Baixo Miño Nº9

Page 1

Revista de Oia, A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui Distribución gratuita Ano 3 / nº9 outono 2018

RÍAS BAIXAS | 4

EUROCIDADE | 8

RUTAS | 20

GALICIA SOLIDARIA | 24

PATRIMONIO FORTIFICADO

REGATA INTERNACIONAL REMO

SAN MARTIÑO DO ROSAL

AVELAÍÑA



Foto portada: A tripulación da embarcación tradicional de Póvoa de Varzim «Fe em Deus», entrando no porto da Guarda. Foto: Anxo R. Lemos

EDITORIAL O CAMIÑO A estampa dos peregrinos percorrendo as vilas por onde pasa O Camiño, os seus lugares emblemáticos e mesmo andando pola estrada, constitúe xa unha imaxe máis do día a día, en moitas vilas de Galicia. A Ruta Xacobea é desde o descubrimento do sepulcro do apóstolo a principios do século IX, unha das principais rutas de peregrinación que acabou formando, desde os máis diversos puntos de Europa, unha densa rede de itinerarios coñecida no seu conxunto como o Camiño de Santiago. A procedente de Portugal é a segunda ruta máis transitada e sen dúbida unha das máis relevantes pola súa singularidade. Na actualidade os peregrinos que veñen do pais veciño teñen dous posibles itinerarios, utilizar o camiño tradicional do centro ou pola costa. En ambos casos, os datos a día de hoxe resultan abafadores. Desde o outro lado do Miño, na veciña Valença, esperan un incremento dun 35% máis de peregrinos durante este ano. Pola súa banda, o Camiño Portugués da Costa multiplica por cinco a súa cifra de peregrinos desde que foi recoñecido oficialmente hai dous anos. Os datos rexistrados na Guarda dan conta deste incremento no primeiro semestre de 2018. Estes datos deberían facernos reflexionar na dirección de aproveitar esta oportunidade que temos, xa que as zonas polas que pasa o Camiño revitalízanse con pequenos proxectos empresariais, como facilitar hospedaxe, etc. Apostar polo Camiño é outra fórmula moi eficaz para dar un impulso ás economías locais. O próximo Ano Santo Compostelán será en 2021 e con él a máis que previsible chegada masiva de peregrinos. Por este motivo debemos prestar todos, non só as institucións, especial atención a detalles como a seguridade do percorrido. Están a darse casos nos que se manipulan os símbolos para obrigar aos peregrinos a pasar por lugares afastados do trazado oficial, moi posiblemente por algún interese hostaleiro. “O Camiño debe ser unha contorna segura”. Aproveitemos esta opotunidade e traballemos xuntos para desenvolver un turismo de calidade e sostible, que poña en valor o noso patrimonio e que nos sírva para alcanzar un futuro mellor, que nos permita crecer persoal e profesionalmente nesta marabillosa terra.

ÍNDICE 4

RÍAS BAIXAS

6

PÁXINA SEIS

7

NOVAS

8

EUROCIDADE

9

NOVAS

20 SAN MARTIÑO DO ROSAL 24 AVELAÍÑA 26 OCIO 28 ENOTURISMO 30 DEPORTES 32 AXENDA 34 QUEN É QUEN Ano 3 / Nº 9 outono 2018 Revista de información local de Oia, A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui. Xestión Publicidade: 626 993 480 Edición, redacción e distribución: EDICIONES BASAN, S.L. C/ López de Neira, nº 3, 3º. 36202 Vigo Deseño e maquetación: CREACIÓN ANIMAL Colaboración na redacción: Juan Ramón Martínez Barbosa, Álvaro Peralta Suso Vila, Pablo F. Estévez Fotografia: Arquivo Ediciones Basan, Juan Ramón Martínez Barbosa, Suso Vila, prensa Concellos A Guarda, O Rosal,Tomiño e Tui. www.cousasde.com cousasde@edicionesbasan.com facebook.com/Cousasdebaixomino Depósito Legal: C 1300-2016 A empresa resérvase todos os dereitos da publicación, sen que poida reproducirse total ou parcialmente o seu contido, sen o consentimento previo dos editores.

cousas de baixo miño

3


RÍAS BAIXAS

UN FORMIDABLE PATRIMONIO FORTIFICADO, NUNHA PAISAXE MÁXICA Atopaches o boi agochado na muralla da fortaleza de Baiona? Descubriches o segredo da cámara da raíña Urraca no castelo de Salvaterra de Miño? Estes son algúns dos atrativos e misterios que ofrece o patrimonio fortificado da provincia de Pontevedra. Mesturados con harmonía nas fermosas paisaxes do sur atlántico galego e a poucos minutos das nosas casas nos esperan castelos, fortalezas, murallas e torres. Testemuñan un pasado de batallas, invasións, feudos, revoltas e loitas de poder en Galicia, os demais reinos da España no medievo e Portugal. Somos Historias, e moitas delas están escritas con lume na pedra deste legado. A ruta polas Rías Baixas depara apaixonantes relatos esculpidos sobre estes recintos situados en contornas idílicas. Fortalezas para viaxar no tempo Se algunha vez soñaches con vivir unha aventura como a dos relatos de cabalería ou as series televisivas con temática medieval, na provincia de Pontevedra atoparás un escenario ideal para gozar dunha experiencia única que se converterá en parte da túa historia. Testemuñas de numerosos acontecementos que van marcar o devir do país ao longo dos séculos as fortificacións pontevedresas eríxense como estandartes dunha cultura ancestral que aínda nos asombra e intriga hoxe. A fortaleza de Monterreal (Baiona) Cunha extensión de 180.000 metros cadrados de superficie e 3 quilómetros de murallas con ameas, a fortaleza de Monterreal conta ademais con tres coñecidas torres defensivas: a torre da Rolda, a do Reloxo e a do Príncipe, onde, segundo a lenda, un príncipe enmascarado da casa de Austria estivo prisioneiro. Na actualidade a fortificación acolle o Parador do Conde de Gondomar, emblema desta vila real que ofrece na actualidade múltiples opcións para deleite turístico e gastronómico. Castelo de Salvaterra de Miño Nunha situación estratéxica á beira do río Miño convértese nunha privilexiada atalaia onde gozar de incribles vistas. O recinto amurallado de Salvaterra de Miño, data do século XVII, Conta cunha capela central sobre a porta principal da Virxe da Oliveira, vestixio da ocupación portuguesa no século XVII, Salienta o recinto da Casa do Conde, na que se atopan as covas de Dona Urraca e as súas grandes estancias abovedadas, deseño do enxeñeiro francés Carlos de Lessar. Castelo de Santa Cruz (A Guarda) O castelo debe o seu nome a Álvaro de Bazán, marqués de Santa Cruz, capitán xeral da Armada en tempos de Carlos V. Construída en 1663 tras a toma de Goián polos portugueses con fin defensivos, empregouse con diversos usos ao longo da súa historia, desde fábrica de embutidos a casa de cerámica para converterse actualmente nun fantástico enclave público desde onde contemplar o Miño. 4

cousas de baixo miño


RÍAS BAIXAS Fortaleza de San Lourenzo (Goián) A fortaleza foi construída por orde de Mariana de Austria en 1671tras o tratado de Paz de Lisboa. Cunha planta rectangular e catro baluartes nas súas esquinas, a fotaleza de San Lourenzo estaba rodeada por un gran foso e contaba con numerosas dependencias, hoxe desaparecidas: a casa dos oficiais, os almacéns e as cortes, unha capela a casa do capelán, unha panadería e unha cantina. Agora ofrece unha impresionante panorámica da fronteira natural do río Miño, unha paisaxe embriagadora que fará as delicias de toda a familia.

Fortaleza do Castro e castelo de San Sebastián (Vigo) Tras diversos proxectos para fortificar Vigo no século XVI a fin de protexer a cidade dos frecuentes ataques ingleses a obra non se afrontou ata un século despois, en 1665, en plena guerra con Portugal. Debido á agreste orografía construíuse unha muralla irregular con tres baluartes rodeando a cidade. Ese plan de fortificación contemplaba a unión das fotalezas do Castro e de San Sebastián, entre as que, segundo a lenda, existían varios túneles subterráneos que ademais comunicaban con outros puntos estratéxicos da cidade. Outras fortalezas preto de Vigo A provincia de Pontevedra conta con máis exemplos do seu cuantioso patrimonio fortificado. Así, no monte Galiñeiro, moi próximo á cidade de Vigo, podemos atopar os restos dunha antiga fortificación con fins de vixilancia, situada no norte da serra e hoxe reconvertida en atalaia. O castelo de Soutomaior, outrora centro de poder de gran relevancia en España e Portugal na época medieval, desde onde aseñorou Pedro Madruga no século XV, impoñente altar ao fondo da ría de Vigo, que rodea un Xardín de Excelencia Internacional. O de Sobroso, no que foi asediada a raíña Dona Urraca, domina o entorno entre Mondariz e Ponteareas. Todas estas fortificacións son unha pegada viva da historia e un marco icomparable para vivir en familia lembranzas para toda unha vida. Unha oportunidade única de reencontrarse co pasado máis novelesco para constuír un futuro máxico repleto de aventuras.


PÁXINA SEIS

A cultura sefardí en Tui Por Suso Vila. Licenciado en Historia. Master en Historia da Arte En Tui desde hai xa 10 anos se ven colaborando coa Jewish Heritage (AEPJ) na realización de actividades culturais arredor do mundo sefardí, as Xornadas Europeas da Cultura Xudía. Nas cinco últimas edicións teño coordinado as actividades polo tanto con tres gobernos municipais diferentes. Este feito sinala que estamos perante un evento cultural consolidado en Tui e que ano tras ano mostra unha excelente resposta entre veciños e visitantes. Este ano as actividades concentráronse nos aspectos habituais, os percorridos culturais ao barrio xudeo ou aos sambenitos da Inquisición pero tamén nun concerto de música sefardí a cargo de Ana Alcaide na igrexa de San Domingos. Pero este ano se deu a novidade de aproveitar as redes sociais ou os medios de comunicación de falar de diferentes historias sobre a presenza xudía en Tui. Estas historias encadrábanse no tema deste ano das Xornadas Europeas da Cultura Xudía, que baixo o lema “storytelling” viña a vencellar os relatos sefardíes ou as súas historias persoais como actividades propias. Deste xeito programei tres relatos como o de Francisco Sánchez, o filósofo; a prisión de Antonia Saravia; ou as viaxes de Baltasar Saravia, coa fin de achegarmonos a diferentes aspectos das historias que protagonizaron en Tui diferentes personaxes sefardíes.

Aínda que se poida ver que estas actividades forman unha parte consolidada da programación cultural de Tui o certo é que se manteñen incertidumes e fraquezas que curiosamente non están relacionadas coa mesma actividade cultural sefardí senón que parte da mesma estrutura actual do Concello de Tui que esperemos se poida corrixir dotando de suficientes recursos aos departamentos implicados no desenvolvemento das actividades culturais. Outros aspectos sí que se poden resolver con anticipación para non só consolidar as xornadas sefardíes en Tui senón achegarse á máis xente. Encadrar as xornadas na axenda cultural de Tui sería o paso lóxico para unha promoción máis extensa pero tamén para evitar a imprevisión e incluso reforzar as xornadas con máis actividades que non precisan que se realicen expresamente no día oficial europeo que poden desenvolverse dentro doutros eventos como Arraianos ou Música no Claustro. Queda moito por facer. As xornadas sefardíes en Tui poderían contar con máis actividades desde a gastronómica, a académica ou a expositiva, entre outras. Está claro que debemos aproveitar as ricas facetas da historia de Tui e máxime daquilo que a fai diferente da súa contorna. Tui ten un serio problema, conta con demasiada historia, ten unha carga histórica excepcional, quizais en Galicia non exista lugar onde os acontecementos se teñan ligado coa mesma intensidade ao longo de varios milenios. Entre esas historias temos que seleccionar e destacar o máis salientable, expoñelo publicamente para achegar á xente de Tui a súa historia. A historia xudía en Tui forma parte desa carga histórica, riqueza que se incrementa coas comunidades criptoxudías dos séculos XVI e XVII. Rescatar esa historia é recuperar o patrimonio que atesouramos nas nosas rúas e barrios, é apuntalar a identidade cultural de Tui.

6

cousas de baixo miño


COOPERACIÓN

NOVA FASE DE PARTICIPACIÓN DA ‘ ESTRATEXIA DE COOPERACIÓN DO RÍO MIÑO TRANSFRONTEIRIZO 2030′

Tras a realización do I Fórum do Río Miño Transfronteirizo, celebrado o pasado 21 de xuño en Valença, ábriuse un proceso participativo para dar continuidade á elaboración da ‘Estratexia de Cooperación do Río Miño Transfronteirizo 2030′. O resultado deste proceso será documento que definirá as liñas de actuación da próxima década no referido á cooperación entre Galicia e Portugal no territorio do Miño, e busca un consenso de todas as administracións para un programa de investimento territorial integrado. Ao longo de setembro e outubro celebraronse un total de 5 mesas sectoriais sobre a ‘Gobernanza no territorio transfronteirizo’; os ‘Sectores produtivos’; ‘Mobilidade, servizos e o turismo sustentable’; e ‘Cultura e o comercio tradicional’, estando todas abertas á participación dos axentes sociais interesados. Tamén, e paralelamente, tivero lugar varias xuntanzas cos equipos de goberno dos concellos de ambas marxes do río. Detrás da denominación Estratexia de Cooperación Intelixente do Río Miño Transfronteirizo, `Estratexia 2030`, atopamos un programa de actuación conxunta dos actores públicos e privados do territorio do río Miño na área do norte de Portugal e sur da provincia de Pontevedra. Este traballo de análise profunda do espazo transfronteirizo ten como horizonte futuro o novo marco financeiro europeo 2023-2027 e rematará a finais de ano coa celebración do II Fórum do Río Miño Transfronteirizo. `A Estratexia 2030´ desenvolve un plan de acción e implementa un proceso capaz de involucrar aos actores públicos e privados (axentes económicos e sociais presentes no territorio) e será un documento-guía da orientación das políticas públicas de desenvolvemento da área transfronteiriza do río Miño, orientado e integrado nunha perspectiva de valoración e uso económico e sustentable dos recursos do río internacional. A encargada de impulsar a Estratexia é Agrupación de Cooperación Territorial Río Miño (AECT-Río Miño), constituída pola Deputación de Pontevedra no territorio do Miño pontevedrés, e pola Comunidade Intermunicipal do Alto Minho portugués (CIM Alto Minho). A Estratexia de Cooperación Intelixente do rio Minho Transfronteirizo enmárcase dentro do proxecto Smart Minho a través do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2014-2020 (INTERREG V-A) e está cofinanciado ao 75 %, cun orzamento total de 942.022,47 euros. cousas de baixo miño

7


EUROCIDADE

EL CLUB REMO TUI CELEBROU A PRIMEIRA REGATA INTERNACIONAL EUROCIDADE DE REMO EN YOLA E BATEL

O Río Miño foi unha vez máis escenario dunha proba internacional, neste caso é a primeira regata da Eurocidade de yola e batel. A regata de remo normalmente realízase en campos de regatas de longo percorrido, onde o público asistente normalmente non pode seguir todo o percorrido da proba. Neste caso o campo de regatas estIvo situado no Centro Interfederado Tui, cunha distancia de 250 metros con saida e meta diante das bancadas. Tamén unha novidade desta proba, foi que por primeira vez uniuse o banco fixo co banco móbil, realizando unha competición pioneira apta para todos os deportistas e afeccionados a este deporte Ao finalizar cada unha das probas realizouse a entrega de medallas, acto no que participaron José Monte, en representación da Câmara Municipal de Valença e Andrés Urseira, concelleiro da Eurocidade en representación do Concello de Tui. O evento consistiu nun día de convivencia de deportistas e afeccionados, rematando a xornada con grupos folclóricos de España e Portugal que actuaron na tarde noite. Adre ́s Urseira, Jose ́ Monte e Javier Alavarez, quen foi o anterior presidente do Club Remo Tui e promotor desta regata

8

cousas de baixo miño


EUROCIDADE A YOLA A Yola, coñecida tamén como Inrigger no norte de Europa, é unha embarcación de remo de banco móbil que se utiliza en competicións en modalidades non olímpicas, principalmente en competicións en campionatos nacionais. As regatas de yolas é unha modalidade pioneira en España, xa que se celebran campionatos desde 1902, antes mesmo da constitución da Federación Española de Remo en 1918. O Real Club Regatas de Alacante foi o primeiro vencedor da regata celebrada en Barcelona na modalidade de 4+. En 1920 disputaríase por primeira vez a proba de 2+, modalidade que xunto co Canoe (individual) disputouse por última vez no Campionato de España de 1966. O BATEL O Batel é unha embarcación a remo composto por 4 remeiros e un patrón ou temoneiro. Os remeiros manexan cada un un remo, do mesmo xeito que o patrón. Dispóñense un detrás doutro; normalmente (aínda que isto pode variar) cada remeiro rema polo costado contrario ao do que ten diante, remando o boga ou popa (remeiro máis próximo ao patrón) por babor. É unha embarcación de aproximadamente 7 metros de lonxitude. Non é usual levar pica. O batel está regulamentado pola Federación Española de Remo desde o ano 1944, en que se celebrou no Estanque Grandedel Retiro de Madrid o primeiro Campionato Nacional.

Corrección de erros: Na edición de verán da nosa revista “Cousas de Baixo Miño” Ano 3/ nº 8, na páxina 9 , no artigo referido ao campionato de España de remo olímpico, celebrado en Banyoles, aparece atribuída ao club de remo do Miño a medalla de bronce conseguida por Nicolás Fálquez e Unai Puga, na categoría de xuvenís no dous sen temoneiro, cando en realidade estes dous remeiros conseguiron a medalla de bronce pero pertencen ao CLUB REMO TUI.

cousas de baixo miño

9


NOVAS TUI O INSTITUTO DE ESTUDOS TUDENSES PRESENTA O NÚMERO CINCO DA REVISTA CASTELLUM TYDE A presentación correu a cargo do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Eduardo Freiría, o presidente do Instituto de Estudos Tudenses, Javier Añoveros, a vicepresidenta Marta Cendón, e o secretario, Rafael Sánchez Bargiela.

O PALCO DA MÚSICA DE TUI RECUPERA A COR BRANCA ORIXINAL TRAS A OBRAS DE REHABILITACIÓN Os diferentes estudos realizados e a documentación gráfica da época apuntan a esta tonalidade tras a súa construción O Palco da Música no Paseo da Corredoira recupera a cor branca coa que se pintou inicialmente no século XIX tras o proceso de rehabilitación O obxectivo despois de múltiples estudios con diversas técnicas e documentación foi que volvese a lucir unha imaxe o máis similar a que tiña tras a súa construción. De forma previa ao inicio dos traballos de conservación, leváronse a cabo diferentes estudos e análises para diagnosticar cales eran os axentes, procesos e formas de alteración que afectaban á estrutura metálica do palco e así determinar unha proposta de tratamento. Gonzalo Buceta Bruneti e Teresa Rivas Brea, empregaron diferentes técnicas analíticas, como a difracción de raios X para identificar fases minerais; fluorescencia de raios X, para obter a composición química elemental e a análise morfolóxica e composicional mediante microscopia electrónica de barrido-SEM. 10

cousas de baixo miño

O presidente do Instituto de estudos Tudenses, Javier Añoveros, lembrou na presentación deste número que cada revista vai dedicada a un persoeiro de relevancia no estudio da historia de Tui e da comarca. O primeiro número foi dedicado a Aquilino González Santiso o que fora presidente e fundador do Instituto, o segundo a Eliseo Alonso, o terceiro ao sacerdote historiador, Jesús Gómez Sobrino, o cuarto o mestre historiador, Pedro Díaz Álvarez e este quinto a Francico Ávila y La Cueva. Precisamente a revista recolle un amplo artigo de Clodio González Pérez, baixo o título “Francisco Ávila y La Cueva o gran historiador de Tui e do seu bispado”. Ademais neste número se recollen traballos de Ernesto Iglesias Alemeida sobre a muralla medieval tudense, de Margarita Vázquez Corval sobre a arte románica, de Xoan Martínez Tamuxe sobre a inquisición no Baixo Miño, de Xavier Añoveros sobre Francisco Rodríguez Caballero, primer alcalde constitucional de Tui, “la imagen artística de la frontera Tui- Valença”, firmado por Suso Vila, e outros traballos de Miguel Ángel González, Avelino Bouzón e Carlos Pérez Fonterosa. Nos cinco número de Castellum Tyde téñense publicado un total de 52 artigos que ocupan máis de 1.000 páxinas, todos centrados na historia de Tui e o Baixo Miño.


TUI

VIVE TUI!

cousas de baixo miño

11


BAIXO MIÑO 150 ANOS DO TRATADO DE LÍMITES ENTRE PORTUGAL E ESPAÑA Representantes das Câmaras e Concellos da 'Raia' asinaron o recoñecemento anual das fronteiras entre Portugal e España O acto desenvolveuse no patrulleiro da Marinha Portuguesa “Río Miño” e o “Cabo Fradera” da Armada Española e estivo presidido polo comandante da Forza Marítima de Ferrol, Fernando Suárez Fonseca e polo Vicealmirante da Autoridad Marítima lusa, Luis Carlos de Sousa Pereira, amais do comandante Naval do Miño, Ignacio Tobarra e o seu homólogo luso, Pedro Cerváns. Os patrulleiros atopáronse no medio do Miño a altura de Goian e procedeuse a rúbrica do recoñecemento das fronteiras de cada país polos rexedores municipais de ambas beiras do río. A Subdelegada do Goberno Maica Larriba asistiu xunto os alcaldes e alcaldesas da Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Salvaterra, As Neves e Crecente e o tenente de alcalde de Arbo e os presidentes das cámaras municipais de Caminha, Valença e Vilanova ao acto de recoñecemento das fronteiras que anualmente deben facer os mandatarios locais como recolle o Tratado de Límites entre Portugal e España do cal cómprese os 150 anos da súa entrada en vigor, tal e como recordou a Subdelegada do Goberno en Pontevedra. Maica Larriba destacou que a fronteira que marca o río Miño “esta superada polos veciños e veciñas de ambos lados pero moito máis dende 1995 cando entra en vigor a eliminación das fronteiras interiores da Unión Europea”. Para a Subdelegada o río Miño e un patrimonio “que todos debemos coidar pola potencialidade económica, turística e paisaxística que ten o Miño”. O Tratado O Tratado de Límites de 1864 entre Portugal e España non é simplemente un acordo técnico para marcar o límite fronteirizo, queríase poñer fin a unha situación de desencontros entre os pobos situados a ambos os dous lados do río Miño e que xeraba unha enorme inquietude e inseguridade. E así se recolle nas primeiras líñas do seu preámbulo: *A súa Maxestade a Raíña das Españas e A súa Maxestade o Rey de Portugal e dos Algarbes, tomando en consideración o estado de inquietude en que se atopan moitos pobos situados nos confíns de ambos os Reinos por non existir unha delimitación precisa do territorio nin Tratado algún internacional que a sinale; e desexando poñer termo dunha vez para sempre aos desagradables altercados que con aquel motivo suscítanse en varios puntos da raia e establecer e consolidar a paz e harmonía entre as poboacións limítrofes A negociación política final e o resultado do Tratado As honras coas que foron designados os representantes de cada país dan conta da importancia conferida ao acordo. En nome do rei Luís I de Portugal foi nomeado o presidente do Consello de Ministros, Nuno José Severo de Mendonça, marqués de Loulé, auxiliado por Jacinto dá Silva Mengo, tamén membro do referido Consello. Por parte española e en nome da raíña Isabel II foron Juan José Jiménez de Sandoval, marqués da Ribeira, e Facundo de Goñi. *EL TRATADO DE LISBOA DE 1864: LA DEMARCACIÓN DE LA FRONTERA Y LAS IDENTIFICACIONES NACIONALES HERIBERTO CAIRO Universidad Complutense de Madrid hcairoca@cps.ucm.es PAULA GODINHO Universidad Nova de Lisboa gpca@fcsh.unl.pt 12

cousas de baixo miño


NOVAS O ROSAL O CONCELLO DO ROSAL OFRECE 4 CHARLAS BAIXO O TÍTULO 'EDUCAR EN FAMILA' O Concello do Rosal organiza catro charlas orientadas a ofrecer un espazo de reflexión e experiencias compartidas que axuden aos pais, nais e profesionais a lograr o pleno desenvolvemento das nenas, nenos e adolescentes para facilitar a convivencia familiar. As charlas están orientadas a todas aquelas persoas que estean interesados en abrir novas posibilidades de resolver conflictos, reforzar a comunicación e o diálogo, e establecer relacións saudables entre os membros da familia. A actividade conta con servizo de canguro para a atención a nenos e nenas durante a hora e media aproximada que durará a charla, deste xeito facilitarase a asistencia das persoas que teñan dificultades para conciliar. Á primeira das charlas, “Como comunicarnos mellor cos nosos fillos/as”, asistiron máis de 60 persoas entre pais, nais e profesionais do ensino e que foi impartida por Esteban Figueirido, psicólogo e terapeuta familiar que desenvolve os seus servizos dende hai 10 anos no concello do Rosal. Esteban ofreceu pautas, comentou casos, falou das emocións e da importancia da comunicación na familia. Os próximos temas a tratar son: o 23 de outubro “Como motivar aos nosos fillos nos estudos”, o 20 de novembro “Familias centradas en solucións”, e o 18 de decembro “Límites, castigos e reforzo positivo”. Como novidade, contan cun servizo de canguro ofrecido por Ma Nunú Servicio de Kanguro Baixo Miño, xa que a conciliación é un dos retos deste Concello. Xa este verán ampliaron o campamento urbano, e pretendenden dotar de comedores escolares aos centros educativos, e nas próximas actividades que organicen en horario non lectivo, tentaran ofrecer sempre alternativas para as persoas que necesiten conciliar a súa vida laboral, familiar e persoal. 22 nenos e nenas divertíronse con Quelly e isto permitiu que os seus pais e nais puidesen asistir á sesión de EDUCAR EN FAMILIA.

cousas de baixo miño

13


NOVAS A GUARDA

A GUARDA PROXECTA RECUPERAR AS SÚAS SALINAS ROMANAS DE CAMPOSANCOS E O SEIXAL A Casa dos Alonso da Guarda acolleu a presentación do proxecto «A Guarda, Mar de Sal», no que interviron Montserrat Magallanes, concelleira de Turismo, Xavier Crespo, Concelleiro de Patrimonio; Brais Currás, coordinador e investigador do proxecto (Investigador do CEAACP da Universidade de Coimbra e membro do grupo de investigación EST-AP do CSIC); Elena Herbello, Xerente do Gac Ría de Vigo-A Guarda; Mar Cortegoso, directora das escavacións, así coma diferentes persoas vinculadas directa e indirectamente co mesmo. O PROXECTO «A Guarda, Mar de Sal» é un proxecto de recuperación e posta en valor das salinas da zona do Seixal e Camposancos, na fachada atlántica sur do termo municipal da Guarda e, que se levará a cabo en dúas anualidades ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo EDLP GALP-066 aprobadas polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro para o desenvolvemento sostible das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2014-2020, baixo a coordinación científica de D. Brais Currás. O obxectivo do proxecto é o desenvolvemento económico local a partir da posta en valor das paisaxes do sal da Guarda como ben patrimonial concibido como ferramenta para a promoción dun turismo sustentable e de calidade, pero tamén como un medio cultural para o reforzo da identidade mariñeira e a cohesión social das comunidades ligadas ao mar. O proxecto «Mar de Sal» fundaméntase na necesidade de sustentar o desenvolvemento patrimonial sobre un sólido respaldo científico. O estudo rigoroso das paisaxes do sal e a súa posta en valor permitirán crear un recurso patrimonial posto ao servizo da cidadanía. O proxecto contempla a escavación arqueolóxica, traballos de topografía e prospección, documentación fotogramétrica, rutas guiadas, restauración e consolidación, instalación de paneis informativos, análise edafolóxica, datación por OSL, un proxecto de ciencia cidadá que botará a andar o próximo ano, deseño dunha páxina web, e a edición dunha guía arqueolóxica cos resultados dos traballos. Coa presente actuación A Guarda recuperará os traballos arqueolóxicos na zona do Seixal, buscando tanto ampliar a zona escavada no ano 2015, como manter visible unha superficie ampla dos restos de salinas que existen nesta zona, aproveitando ademais a existencia da senda litoral, para darlle un maior protagonismo e visibilidade ao xacemento, cunha interesante revalorización cultural e turística deste entorno. As salinas da Guarda, segundo as escavacións realizadas no ano 2015 no Seixal, poden formar parte dun complexo salineiro de cronoloxía romana de maiores dimensións. O proxecto arqueolóxico permitirá descubrir a súa verdadeira extensión e coñecer con precisión a súa cronoloxía. Como parte da intervención arqueolóxica, farase tamén unha limpeza no entorno das salinas escavadas na rocha situadas na Armona -na baixada a Camposancos- e levarase a cabo unha prospección sistemática pola costa para a identificación destas estruturas, moi pouco coñecidas e das que case nada se sabe da súa orixe. Os propietarios das zonas onde se realizarán estes traballos arqueolóxicos han cedido terreos de maneira gratuíta para a realización do proxecto,

16

cousas de baixo miño


A GUARDA

VIVE A GUARDA!

cousas de baixo miño

15


NOVAS A GUARDA

O LEGADO DAS MARCAS DOS PESCADORES, OBXECTO DUNHA EXPOSICIÓN NA GUARDA A CASA DOS ALONSO ACOLLEU A INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN «MARCAS DE PESCADORES DE POVOA DE VARZIM E DA GUARDA», UNHA MOSTRA FOTOGRÁFICA DE APARELLOS DE PESCA, ARTIGOS E ESCRITOS SOBRE A HISTORIA DO MAR E DOS SEUS PESCADORES. Despois do seu paso por Póvoa de Varzím, onde foi inaugurada a principios do pasado mes de xullo, a Exposición das «Marcas dos Pescadores de Póvoa e da Guarda» chegou finalmente á vila miñota, contando ademais cunha visita de honra, a embarcación tradicional «Fe em Deus», que fixo a súa travesía de 5 horas dende o municipio portugués ata o porto da Guarda cunha quincena de tripulantes a bordo, sendo recibidos a súa chegada polo Vicepresidente da Câmara de Povoa de Varzim, autoridades locais e varias embarcacións de pescadores e do club de Remo Robaleira. Antes da inauguración, varios veciños puideron participar nunha travesía a bordo desta singular embarcación «povoeira» pola costa da Guarda, unha travesía na que se demostrou o bo facer da tripulación de Povoa de Varzim, co izado da gran vela e o cambio da mesma en alta mar. O acto de inauguración, contou coas intervencións do alcalde, Antonio Lomba; o vicepresidente da Câmara de Povoa, Luís Diamantino Carvalho Batista; o secretario da Asociación Piueiro, Celso Fariñas; o Presidente de Anabam e guía da tertulia, Agustín Ferreira e tamén da Comisaria desta exposición, Deolinda Maria Veloso Carneiro, xunto con máis de medio centenar de asistentes. 16

cousas de baixo miño


NOVAS A GUARDA

Despois dunha breve explicación sobre os diferentes contidos desta exposición Agustín Ferreira Lourenzo encabezou unha breve tertulia, na que participaron pescadores de Póvoa de Varzím e da Guarda, onde se intercambiaron experiencias, anécdotas, memorias e sobre todo, afondar a forte vinculación existente entre estes dous municipios. Destacaron algunhas curiosidades coma as marcas que deixaban os pescadores de Povoa de Varzim na Porta da Capela de Santa Trega, ou a tradición de subir á Capela a «virar a tella» para pedirlle á Santa que cambiase o vento para poder voltar navegar cara a Povoa de Varzim. A exposición, que consiguiu reunir un exhaustivo traballo documental de ata 340 registros de mariñeiros da vila, identificados cos seus nomes e apelidos, non só explica todas as identificacións, tamén detalla como se distinguen dentro de una mesma familia, ou sexa, dos 340 rexistros. Os pescadores empregaban códigos de propiedade iguais para establecer os parentescos de primeiro e segundo grao co cabeza de familia. Segundo a asociación de embarcacións tradicionais O Piueiro, organizador desta mostra, consideran que a orixe destas 'marcas' que sobreviviu ao longo de séculos, naceu co obxectivo de paliar a falta de formación para ler ou escribir dos mariñeiros.

As fronteiras non separan as augas do mar e aos seus pescadores, nos tempos de barcos a remos e velas os povoeiros tiñan moita vinculacións con Galicia e coa Guarda, onde atopaban abrigo ante os temporais do mar e onde tamén visitaban a ermida de Santa Trega, as súas marcas foron sempre un punto en común entre eles, unha maneira de identificarse entre si, nun tempo no que non existían outras formas de comunicacións ou de distinción, compartindo as marcas coma un nexo histórico-cultural común.

cousas de baixo miño

17


NOVAS TOMIÑO TOMIÑO RECOÑECE A CONTRIBUCIÓN SOCIAL E CULTURAL DE TINITA OZORES, NUN EMOTIVO ACTO, NO MARCO DAS FESTAS DO ALIVIO 2018 Natural de Goián, filla de emigrantes e profesora de profesión, Clementina Ozores Ozores “Tinita”, foi homenaxeada polo Concello de Tomiño, nun acto cívico, celebrado na Praza do Seixo, non marco das festas patronais do Alivio. Distintas autoridades, familiares, amigos, veciños e ex-alumnos, arrouparon á homenaxeada nun acto sinxelo e emotivo que tivo momentos moi divertidos grazas ás palabras e actitude da propia galardoada.

Na súa intervención, Tinita, coma a coñecen todos en Goián e boa parte de Tomiño, dió grazas ao Concello por pensar nela coma alguén digno de tal homenaxe. “En Goián eu son coma unha referencia; moitos rapaces din que queren ser coma min cando sexan maiores; o que non saben eles é que eu tiven uns comezos moi duros”. Así comezou a súa intervención Tinita, quen fixo un repaso por algúns dos máis de 70 países visitados ao longo da súa vida, viaxes que a converteron nunha adiantada da súa época, aventureira e valorosa muller independente. A presidenta da Agrupación Musical de Goián, Pilar Ramos, expresou o seu agradecemente a Tinita pola súa colaboración constante, facéndolle entrega dunha placa conmemorativa.

TRINTA “BARBEIROS SOLIDARIOS” AMOSARON POR SEGUNDO ANO A SÚA ARTE EN TOMIÑO

18

cousas de baixo miño

Por segundo ano consecutivo, os “Barbeiros Solidarios”, voltaron á Praza do Seixo de Tomiño, onde celebraron unha xornada de traballo en beneficio da asociación de persoas con discapacidade “Vontade”. Unha trintena de profesionais da perruquería e barbería de toda España, achegaranse a vila para levar a cabo unha gran labor social; dende as 11:00 ata as 18:00 horas estiveron a disposición de todas as persoas que quixeron compartir unha xornada solidaria e aproveitaron para cortar o pelo, peitear, afeitar, amañar a barba, etc. por tan só 6 euros por servizo. Esta segunda edición tamén contou co apoio masivo da poboación de Tomiño e arredores, chegándose a recadar preto dos 2.000 euros. A xornada estivo amenizada con música en directo, coa Argonat Band e, para os máis cativos, houbo inchables e xogos tradicionais. Este é un acto organizado por Espazo Vip peluquer@s no que contan coa colaboración do Concello de Tomiño, Hotel Nova Colina, Medavita, Casaita, Mahou, Tomipan Flor y Nata, entre outros.


TOMIÑO

VIVE TOMIÑO!

Tlf. 697 78 20 42 superficiessolidashm@gmail.com

cousas de baixo miño

19


RUTAS

Misa de San Martiño

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO DO ROSAL, UNHA DAS MÁIS ANTIGAS DE GALICIA

A DE SAN MARTIÑO É UNHA DAS POUCAS ROMARÍAS

TRADICIONAIS

QUE

AÍNDA

PERDURAN NO BAIXO MIÑO E QUE CANDO MENOS SE REMONTA AO SÉCULO XVIII

COMO CADA ANO, A IMAXE DO SANTO SAIRÁ DA IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARIÑA DO ROSAL, ACOMPAÑADA DE ROMEIROS E GRUPO DE GAITAS, EN PROCESIÓN –DUNS 12 KM IDA E VOLTA- ATA A SÚA CAPELA (S. XVI), SITUADA NO ALTO DO CAMPO DO COUTO, NO BARRIO DE FORNELOS, PASANDO POLOS COÑECIDOS MUÍÑOS DO FOLÓN E PICÓN.

E #

Juan Ramón Martínez Barbosa

CADA 11 DE NOVEMBRO, SE ESTÁ BO TEMPO, O SANTO SUBE A SÚA CAPELA, SE NON, DÉIXASE PARA O DOMINGO SEGUINTE.

20

cousas de baixo miño


RUTAS Romaría de San Martiño, 1968

Como curiosidade, temos que lembrar que o patrono da ermida é San Martiño de Tours e que cada 11 de novembro, se está bo tempo, o Santo sube a súa capela, se non, déixase para o domingo seguinte. Máis dunha vez choveron todos os restantes domingos do ano e celebrouse en xaneiro do seguinte. Así sucedía que o santo subía dúas veces no ano.

Segundo opinaba o historiador guardés Juan Domínguez Fontela, cóengo e membro da Academia Española da Historia, dita capela e devoción a San Martiño, son testemuño histórico dun antigo ermitorio existente no territorio de Turonium, fundado por San Fructuoso no século VIII. Lembra Fontela que aínda no século XII se falaba no “abade do mosteiro de San Martiño do Rosal”. A primeira cita concreta sobre a capela data de 1546, no informe que sobre as capelas da parroquia remite o párroco ó Bispado. Despois, as referenzas históricas abondan. En 1593 atopamos aos monxes cistercienses de Santa María a Real de Oia aforando a Granxa de San Martiño en favor de Juan Rodríguez e a súa dona. O Mosteiro de Oia, tiña pois, na parroquia de Santa Mariña as Granxas de San Martiño, San Vicente e un Priorato e Granxa de San Antón. Por investigacións do escritor rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe, sabemos que a ermida, a finais do século XVIII atopábase en ruínas, coincidindo co levantamento en Martín da capela de Nosa Señora do Pilar, fundada polo abade José Álvarez de Soto. Cando este quixo aproveitar as súas pedras –lembra Tamuxe a COUSAS DE - protestaron e impediron o seu transporte os veciños do barrio de Fornelos. A partir de entón (1779) ditos veciños reconstrúen a capela de San Martiño. A romaría do Santo probablemente sexa da mesma data. Dicimos isto de non ser contemporánea á súa creación no século XVI. De calquera xeito sabemos, por documentación consultada por Xoán Martínez Tamuxe, que tanto a parroquia de Santa Mariña (século XII), o Priorato e Granxa de San Antón (século XV), así como a Capela e Granxa de San Martiño (dependente dese Priorato) pertenceron ó Mosteiro de Santa María de Oia (século XII).

Romaría subindo polos Muín ̃os do Pico ́n en 2011

cousas de baixo miño

21


RUTAS

Entre as ofrendas máis típicas que se lle fan ao Santo están as tellas que segundo a lenda e a tradición, deben ser roubadas para que teñan máis valor (pensamos que se lle ofrecían a San Martiño para retellar a capela, exposta durante o ano a fortes ventos, choiva…)

Momento das tradicionais poxas

Hoxe en día, os fieis de San Martiño téñeno como avogado da curación das verrugas (espullas). Entre as ofrendas máis típicas que se lle fan ao Santo están as tellas, cera e aceite (este arde nunha lámpada na capela, pasándose un pano mollado con dito aceite polas verrugas). Outro dato moi curioso é que segundo a lenda e a tradición, as tellas deben ser roubadas para que teñan máis valor (pensamos que se lle ofrecían a San Martiño para retellar a capela, exposta durante o ano a fortes ventos, choiva…) Cóntannos que cando as tellas se rompían polo camiño, cousa moi frecuente, roubábanse nos tellados dos muíños. Enchendo botes de aceite para as verrugas (2008) 22

cousas de baixo miño


RUTAS A alcaldesa do Rosal, Mª Carmen Alonso destaca para COUSAS DE que se trata dunha romería moi agardada na vila e que é "interxeneracional", xa que "confluén persoas de todas as idades, pero sobre todo nos últimos tempos, que vai moita máis xuventude". Misa de San Martiño, 2008

Pola súa banda, Charo Tabales, concelleira de Cultura, destaca que “a devoción a San Martiño non está reñida cos tempos actuais, conviven perfectamente a tradición ancestral coa modernidade". O abade párroco de Santa Mariña do Rosal, Julio Ramos Rodríguez, que o 11 de novembro oficiará de mañá a misa no monte do Campo do Couto, confésanos que "a romaría de San Martiño conserva o seu sabor tradicional, de sempre. Moitas familias rosaleiras e do Baixo Miño comen e bailan xuntos nas inmediacións da capela e o pasan en grande ata a baixada”.

Precisamente os bailes e as poxas de productos da terra na honra de San Martiño son varios dos alicientes para os seus romeiros. Romeiro subindo cunha tella de ofrenda (2008) Saída da procesio ́n dende O Calvario

A baixada cara a Praza do Calvario, máis rápida que o ascenso, iníciase alá para as 5 da tarde. Como é habitual, a organización da romaría de San Martiño está a cargo de Mª Dolores Acevedo, dos mordomos “Os da Torre”, familia Acevedo Martínez. Non cabe dúbida que, xa sexa por motivos relixiosos, deportivos ou mesmo de “parranda” a romaría de San Martiño gaña ano tras ano adeptos, consolidándose como un dos festexos máis singulares de toda a Comarca.


GALICIA SOLIDARIA

ASOCIACIÓN AVELAÍÑA, UN CENTRO CON SOLEIRA QUE LOITA POLA INTEGRACIÓN PSICOSOCIAL E A SAÚDE MENTAL EPablo F. Estévez # Avelaíña A Asociación Avelaíña é un centro de reinserción psicosocial que leva 21 anos traballando en na comarca do Baixo Miño a través dun concerto co SERGAS e cuxo obxectivo é ensinar como convivir con patoloxías mentais a aqueles que as padecen, para que poidan levar unha vida normalizada. Xurdiu en outubro de 1997 a proposta do centro San Xerome xa que ata ese momento non existían recursos nin centros especializados onde tratar este tipo de enfermidades. Actualmente existen tres centros da Asociación situados en Baiona, Ponteareas e na Guarda, onde reside a súa sede. O actual director, Rafael Álvarez, explicou que este tipo de colectivos naceron de maneira un tanto forzada despois de que a Administración comezase, hai algo máis de 20 anos, a clausurar manicomios recolocando aos internos nos domicilios familiares. Debido a que devanditos núcleos carecían de información, de servizos nin de información respecto diso víronse na conxuntura de unirse para formar o que hoxe se coñece como asociacións de saúde mental. Na actualidade existen un total de 14 estendidas por toda a autonomía e todas elas adheridas á federación galega, Feafes.

24

cousas de baixo miño

30 prazas e un piso tutelado. Desde 2007 a agrupación ten a súa sede na antiga escola unitaria da Portela onde dan cobertura diaria a 30 persoas. Ademais teñen a outras catro como residentes nun piso tutelado situado na segunda planta do inmoble. En total máis de 400 metros cadrados distribuídos en estancias administrativas, despachos e zonas de esparcemento para usuarios, así como aulas. Os seus dúas grandes bazas son a tutela e a reinserción. Integrar desde dentro: UACSM Avelaíña atende a persoas que sofren este tipo de enfermidades servíndose de diferentes estratexias aínda que a máis utilizada é a de integrar desde a comunidade, un dispositivo de creación propia bautizado como Unidade de Atención Comunitaria de Saúde Mental, UACSM, que busca unha inserción práctica. “Que vaian ao concerto, á compra, a unha exposición ou ao ximnasio de maneira que forxen as súas rutinas e acábenas facendo sós”, explicou. A súa filosofía: mellorar a calidade de vida. O centro situado no barrio gárdense da Portela ten unha filosofía clara: mellorar a calidade de vida dos que padecen enfermidades mentais e ás súas familias ademais de demandar a melloras en áreas relacionadas para que funcionen adecuadamente. Para iso ofrecen servizos de orientación e asesoramento, ademais de multiplicidad de actividades e talleres para usuarios dentro e fóra do centro por exemplo clases de zumba, xardinería, hortos, teatro, petanca, artes plásticas, rutas a pé e en bicicleta, actividades nun ximnasio concertado, cociña ou lectura, entre outras.


GALICIA SOLIDARIA O taller de artesanía que se converteu nunha pequena empresa. As diferentes iniciativas impartidas fan máis levadíos os días en Avelaíña, con todo o de artesanía deu un paso máis aló. O que nun principio comezou como un taller máis, acabou converténdose nunha minifactoría artesanal con facturación anual. Supervisados por un equipo técnico, os usuarios encárganse da parte ocupacional e produtiva. Nun engadido do edificio teñen o forno onde cocen e esmaltan cerámica, decórana e xa na aula de artes plásticas envólvena para vender en diferentes eventos, ou para completar pedidos por encargo de múltiples procedencias, todo iso con resultados profesionais.

Día Mundial da Saúde Mental Os tres centros que conforman a asociación celebrarán o Día Mundial da Saúde Mental do 10 de outubro con actos previos e que están orientados ao sector xuvenil. Instalarán unha mesa informativa no instituto guardense da Sangriña, nos do Val Miñor e o día 10 celebrarán unha marcha en Ponteareas con solta de globos. Cifras astronómicas e poucos recursos. A pesar de que se trata dunha tipoloxía que comunmente adoita ocultarse ata que chegan a un punto de non retorno, Álvarez aseguro que a cifra de afectados é astronómica. Un dato corroborado polo Sergas que rexistrou preto de 30.000 casos relacionados en diferentes centros da área sanitaria de Vigo tan só en 2017. Así mesmo a ausencia dunha unidade de enfermidades mentais en toda a comarca do Baixo Miño dificúltalles as tarefas de tratamento, e obriga aos que a padecen a desprazarse ata a cidade viguesa do mesmo xeito que en Ponteareas, aínda que segundo explicou director da agrupación con sede na Guarda, “neste municipio implantarase en breve”. Case medio millón de euros de orzamento anual do que o SERGAS só achega a metade

Rafael Álvarez, director.

Para que a asociación sexa funcional e viable desde o punto de vista económico, necesitan un orzamento anual que rolda o medio millón de euros, con todo Álvarez desvelou que os concertos que manteñen co SERGAS non son do todo bos xa que tan só cobren o 50% do importe necesario. O resto obtéñeno a base das cotas dos socios e usuarios, iniciativas benéficas e o obtido pola venda de artesanía. Así mesmo as axudas recibidas por parte dos concellos onde realizan o seu labor social son practicamente nulas con algunha excepción, por iso desde o centro fan un chamamento para lograr unha maior implicación por parte das Administracións. cousas de baixo miño

25


OCIO - CINE O NOSO CINEMA LA SOMBRA DE LA LEY Dirección: Dani de la Torre Guión: Patxi Amezcua Con Luis Tosar, Michelle Jenner, Vicente Romero, Ernesto Alterio, Paco Tous Ano 1921. España vive un momento axitado e caótico: son os anos do chumbo, froito dos violentos enfrontamentos na rúa entre matóns e anarquistas. O gansterismo e os negocios ilegais están instalados na sociedade. Nesta situación de disturbios, Aníbal Uriarte é un policía enviado a Barcelona para colaborar na detención dos culpábeis do roubo a un tren militar. Aníbal e as súas formas non encontran moito apoio entre os seus compañeiros e axiña comezan os enfrontamentos e desconfianzas co inspector Rediú, un superior corrupto. Aníbal entrará en contacto non só cos baixos fondos da sociedade barcelonesa, senón tamén co mundo anarquista máis radical, disposto a todo para conseguir os seus obxectivos. Alí coñecerá a Sara, unha moza loitadora e temperamental, cuxo encontro terá consecuencias inesperadas para ambos. CARMEN Y LOLA Dirección e guión: Arantxa Echevarria Con Moreno Borja, Carolina Yuste, Rosy Rodriguez, Zaira Morales, Rafaela León Carmen e Lola son dúas adolescentes xitanas do extrarradio de Madrid que tratan de levar cara a diante o seu romance, a pesar dos inconvenientes e discriminacións sociais ás que teñen que verse sometidas pola súa familia. Nunha cultura onde a homosexualidade é un tabú e as mozas parecen estar destinadas a casar e ter moitos fillos, este filme adéntranos nos retos aos que deben enfrontarse as protagonistas desta complicada relación.

TÓDALAS MULLERES QUE COÑEZO Dirección e Guión: Xiana do Teixeiro Do persoal ao político, as vivencias de mulleres diversas evidencian o masculinizada e violenta que segue a ser a rúa hoxe en día. En tres conversas reveladoras con amigas, colaboradoras e estudantes de secundaria, a directora busca artellar un discurso sobre o medo que non fomente o medo. TODOS LO SABEN Dirección e Guión: Asghar Farhadi Con Penélope Cruz, Javier Bardem, Ricardo Darín, Eduard Fernández, Inma Cuesta, Bárbara Lennie Laura viaxa coa súa familia desde Bos Aires ao seu pobo natal en España para unha celebración. O que ía ser unha breve visita familiar verase trastocada por uns feitos imprevistos, que mudarán por completo as vidas dos implicados. AS DISTANCIAS Dirección: Elena Trapé Guión: Elena Trapé, Miguel Ibáñez Monroy, Josan Hatero Con Alexandra Jiménez, Miki Esparbé, Isak Férriz, Bruno Sevilla, María Ribera Catro amigos viaxan a Berlín para visitar por sorpresa o seu amigo Comas que cumpre 35 anos. Este non os recibe como eles agardaban e durante a fin de semana as súas contradicións agroman e a amizade ponse a proba. Xuntos descubrirán que o tempo e a distancia poden cambialo todo.

TESTIGO DE OTRO MUNDO Dirección e guión: Alan Stivelman Con Juan Pérez, Jacques Vallee, Nestor Berlanda, Lucas Abraham, Juan Hernán, Hernan Abraham Juan vive recluído na soidade do campo desde que foi testemuña dun suceso OVNI. O cineasta Alan Stivelman, coa axuda do famoso astrofísico Jacques Vallée, comezan unha épica viaxe para axudar a Juan a que entenda o fondo significado do seu encontro cercano.

26

cousas de baixo miño


OCIO - LITERATURA BERLÍN.CIUDAD DE LUZ. LIBRO 3 Jason Lutes. Edit. Astiberri O libro 3 pon punto final a unha obra monumental elaborada ao longo de vinte e dous anos que mostra, a través dos ollos da xente corrente, a transformación da cidade alemá dunha metrópoles liberal a un baluarte do fascismo. A triloxía de Berlín está considerada como o traballo de ficción histórica máis ambicioso realizado no campo da novela gráfica. LAS ESPECIAS. HISTORIA DE UNA TENTACIÓN Jack Turner Edit. Acantilado Jack Turner descóbrenos interesantes detalles que permiten entender por que as especias foron tan importantes durante séculos e ata que punto a era dos descubrimentos dependeu delas. Neste ensaio sensual, fascinante e documentado, o autor convídanos a percorrer o globo e visitar a mitoloxía e a literatura dende a antigüedade ata a conquista de América. LA MUJER SINGULAR Y LA CIUDAD Vivian Gornick Edit. Sexto Nesta obra Vivian Gornick segue mostrándose como unha muller lúcida, sensible e insobornable que, sendo a realidade como é, non acepta o seu lugar no mundo. É un mapa fascinante e emotivo dos ritmos, os encontros fortuítos e as amizades sempre cambiantes que conforman a vida na cidade, neste caso Nova York. Continuación natural de Apegos feroces (elexido Libro do Ano polo Gremio de Libreiros de Madrid 2017).

O ANO DA LEBRE Arto Paasilinna Edit. Rinoceronte Nesta novela Arto Paasilinna presenta o ideario que subxace á meirande parte da súa obra: o individuo libre fronte á sociedade abafante, a relación do ser humano coa natureza, e a procura do eu a través dunha viaxe iniciática ás marxes do mundo, todo isto debullado cunha linguaxe rápida, un carrusel de personaxes caricaturescos e moi altas doses de humor. NO OBRADOIRO DO FABULADOR. ARTIGOS EN LINGUA GALEGA. FARO DE VIGO, 1963-1971 Álvaro Cunqueiro Edit. Galaxia Reúnense neste libro os artigos publicados en galego por Álvaro Cunqueiro no Faro de Vigo entre 1963 (ano no que aparecen as primeiras colaboracións en galego) e 1971. Textos que preludian a obra do autor de Merlín e familia, non en van, a redacción dese xornal foi, durante un longo período da vida de Cunqueiro o obradoiro do fabulador. ÁRBOLES Piotr Socha Edit. Maeva Ademais das preciosas ilustracións que dan forma a esta nova obra mestra de Piotr Socha, este álbum esconde moitos datos interesantes sobre as árbores. Fálanos dos seus usos e dos seus beneficios, das lendas que viran ao redor deles e do papel que xogan nas relixións, de cales son os máis altos e os máis antigos, de cómo son as súas follas…


ENOTURISMO

TERRAS GAUDA REDUCE UN 20% O IMPACTO AMBIENTAL NO VIÑEDO GRAZAS Á INFORMACIÓN EN TEMPO REAL QUE OBTÉN DO PROXECTO EUROPEO FOODIE

#

Terras Gauda/ Ed. Basan

A ANÁLISE E A INTERPRETACIÓN DE DATOS DO SOFTWARE DESEÑADO “AD HOC” POR SERESCO E A ADEGA, IMPLEMENTADO POLA PLATAFORMA CULTIVA, PERMITE ACTUAR DE INMEDIATO NO VIÑEDO OPTIMIZANDO A APLICACIÓN DE ABONOS E TRATAMENTOS

Os responsables do Grupo TERRAS GAUDA na presentación do software. De esq.a dta. Antón Fonseca, vicepresidente; José María Fonseca Moretón, presidente; Enrique Costas Rodríguez, director xeral e Emilio Rodríguez, director enolóxico. 28

cousas de baixo miño

Terras Gauda conseguiu minimizar ata un 20% o impacto ambiental no viñedo á vez que avanzou na súa aposta polo I+D+i grazas ao desenvolvemento do proxecto europeo FOODIE durante os tres últimos anos. No marco deste estudo, deseñouse un software “ad hoc” para a adega, que analiza e interpreta en tempo real a información obtida por sensores instalados no viñedo, os datos solicitados dos satélites europeos e o rexistro de actividades actuais e de anos previos na viña. A viticultura de precisión é unha realidade en Terras Gauda despois de dúas campañas traballando co software e a plataforma Cultiva, cuxos beneficios se constataron en catro aspectos de vital importancia: unha maior sustentabilidade ambiental pola optimización dos tratamentos e abonos; mellora no rendemento das parcelas, tanto no potencial cualitativo como de produción da uva; a inmediatez na toma de decisións relativas á intervención no viñedo e unha maior eficacia na xestión dos recursos.


ENOTURISMO Medio Ambiente Consciente do valor da terra e da importancia da conservación da contorna, unha das cuestións que Adegas Terras Gauda primou co desenvolvemento deste proxecto é minimizar o impacto ambiental asociado á súa actividade no viñedo. Un obxectivo conseguido debido a que se axustaron ao máximo as necesidades de abonos e tratamentos. Ao dispoñer de recomendacións tan precisas, diminuíu nun 20% o número de aplicacións fitosanitarias e un 15% o emprego de abono. A estes logros hai que engadir un menor consumo de combustible da maquinaria necesaria para estas intervencións, co que se reduciron as emisións de CO2 á atmosfera e obtívose, ademais, unha maior eficacia na xestión de recursos e custos de produción.

Sensor instalado no viñedo

Ao recoller, asimilar e interpretar a información en tempo real, a toma de decisións é inmediata. Ante unha incidencia no viñedo, actúase no momento, cando anteriormente transcorría un período maior desde que se detectaba a incidencia ata que se interviña. Grazas aos datos achegados polos satélites, sensores e aos algoritmos de predición desenvolvidos por Seresco e a Misión Biolóxica-CSIC, Terras Gauda logrou mellorar o estado do viñedo en momentos clave como a floración, o callado do froito e a maduración, o que repercutiu de forma positiva na calidade, estado e produción da uva, posto que a plataforma achega recomendacións totalmente precisas e por parcelas para poder actuar segundo as necesidades de áreas de viñedo moi definidas. Proporciona alertas temperás de meteoroloxía, maduración, incidencias na vide; achega indicadores de vigor, humidade, choiva acumulada ao instante; realiza unha análise da evolución histórica tendo en conta todas as variables: zonas, variedades, etc. Tamén establece o momento óptimo e a orde para vendimiar e mesmo predicir a produción por parcelas.

Co desenvolvemento deste proxecto, o Grupo Terras Gauda continúa no seu afán por matizar aínda máis as peculiaridades dos seus viños, de marcada singularidade e personalidade. É o obxectivo fixado pola adega do Rosal na súa longa traxectoria apostando polo I+D+i, na maioría dos casos en colaboración coa Misión Biolóxica de Galicia – CSIC. Como no seu proxecto conxunto máis recente, o proceso pioneiro protexido baixo a figura de “segredo industrial” de titularidade mixta, un traballo co que conseguiron potenciar de forma natural as propiedades biosaludables dos viños ao aumentar de forma substancial a concentración de Flavanoles extraídos da uva. cousas de baixo miño

29


DEPORTES

A NOVA AVENTURA DO ACANOR ATL. NOVÁS NA “PRATA” O equipo senior do Acanor Atlético Novás (O Rosal) volve esta tempada 2018-19 á División de Honor Prata do balonmán nacional para medirse a potentes conxuntos como son o filial do F.C. Barcelona, o BM Ciudad Real ou mesmo o Balonmán Nava. O club que preside Andrés Senra debutará ademais na Copa do Rei fronte ao CD Agustinos Alicante. Os homes adestrados por Isma Martínez tentarán manterse na 2ª categoría do ‘handball español’ tras o meritísimo e histórico ascenso de hai uns meses. Para iso, ao bloque liderado polo capitán Manu Martínez, Kevin García, Iago Muíña & cía, únense ilusionantes fichaxes como son os galegos Andrés Vila, Pedro Aymerich, Adrián Boullosa e Óscar Silva ou o pivote catalán Carles Asensio. Co obxectivo dos 1000 socios no horizonte -para unha vila que ten algo máis de 6000 habitantes- o Pavillón Municipal do Rosal será unha ‘caldeira’ que coa unión de xogadores e afección se terá que convertir en ‘fortín’, esperemos, inexpugnable.

O TUDENSE MANU GARRIDO MEDALLA DE PRATA NO CAMPIONATO DO MUNDO DE MARATÓN O ouro foi para o grovense Tono Campos que proclamouse campión do mundo na modalidade de C1 senior, mentres que Manu Garrido, deportista do Kayak Tudense- Axuda Paramos conseguiu o subcampeonato mundial, nunha carreira con claro acento galego. Para Manu Garrido esta medalla supuxo moitísimo esforzo, o de Tui tivo que remontar por dúas veces, despois de que na primeira ciaboga da regata cedese varios metros respecto ao grupo de cabeza e non foi ata a cuarta volta cando alcanzou ao grupo dianteiro. Pouco despois sufriu outro contratempo que levou aos xuíces para sancionalo cunha parada de 15 segundos a falta de dúas voltas para o final. A pesar de todo, se rehízo e foi capaz de loitar de xeito conxunto con Campos polo triunfo final (como se pode apreciar na fotografía) Manu Garrido, é piragüista desde o 2001 e membro da selección española desde o 2005, ano no que debutou no Campionato do Mundo en Australia con só 15 anos. Desde entón participou en múltiples Mundiais e Campionatos Europeos onde conseguió tres veces consecutivas o primeiro posto no campionato do mundo sub23. En 2017, realizou a mellor tempada da súa carreira deportiva; conseguiendo ser Subcampión do Mundo Absoluto. 30

cousas de baixo miño


DEPORTES

́ e Yago Noe nun distendido momento da entrevista

UD RIBERA, CANDO O DEPORTE E A EDUCACIÓN VAN DA MAN COUSAS DE Baixo Miño falou en exclusiva cos dous coordinadores deportivos do club de fútbol rosaleiro Unión Deportiva Ribera, que preside Eugenio Nicanor López. Noé Cortiñas Brey (O Rosal, 1982) é adestrador nacional de fútbol nivel 3 (técnico deportivo superior) e Yago Cruces Santos (O Rosal, 1980) é adestrador nacional de fútbol nivel 1. Ambos coordinan a Base da UD Ribera, sendo Noé o míster dos equipos cadete e senior, mentres que Yago (entre outras funcións) se ocupa do conxunto xuvenil. Nunha distendida e animada charla cóntannos que esta tempada 2018-19 hai preto de 170 xogadores nas distintas categorías do club, facendo fincapé na nova metodoloxía de traballo instaurada este curso.“Deseñamos unha correcta planificación de traballo acorde a cada categoría, pero todas elas seguindo un mesmo patrón. Na UD Ribera debemos ofrecer unha boa formación deportiva na base e sobre todo educar en valores. Para nós, a formación e a educación van da man” indican Noé e Yago. O Ribera xira en torno ao lema ‘Máis que un club unha familia’, xa que na opinión dos coordinadores “non só valoramos aos xogadores como futbolistas, se non tamén como persoas que son, por iso tratamos de ter unha relación máis estreita con eles e transmitirlles ese cariño a todos os que forman parte do club”. Noé Cortiñas confesa en COUSAS DE que un dos principais obxectivos para esta tempada 2018/19 “é intentar o ascenso a Segunda Autonómica cos ‘senior’. Para isto cremos que confeccionamos un equipo competitivo, sumándose ao bo grupo da pasada campaña xogadores destacados de ligas rexionais e aínda un xogador do continente africano (Senegal)”. Tanto Noé como Yago Cruces coinciden en que “temos un equipo digno para defender as cores da UD Ribera e ofrecer boas tardes de fútbol no Estadio Municipal de A Mata e arredores. Hai que traballar día a día, sesión a sesión… e se chove que chova. ‘No pain, no glory’ (sen dor non hai gloria)”.

cousas de baixo miño

31


AXENDA A GUARDA

O ROSAL

PROGRAMACIÓN CULTURAL AGENDA CANGAS Venres, 19 de novembro 21:00hs. IN THE LOOP. Proxección cinematográfica en V.O.S.E. Organiza: Cine Club Cangas Venres, 26 e Sábado, 27 de novembro 21:00hs. TEATRO DO MORCEGO. Presenta: OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE Entrada: 5€ Domingo, 28 de novembro 19:00hs. FESTIVAL SOLIDARIO A FAVOR ADICAM Venres, 3 de decembro 21:00hs. ORQUESTRA DE SAXOS DO CONSERVATORIO DE REDONDELA Concerto benéfico a favor da Asc. Santiago Apostol e a Fundación San Vicente de Paul Entradas.- adultos: 5€ nenas e nenos: 3€ Venres, 10 de decembro 21:00hs. TULPAN. Proxección cinematográfica en V.O.S.E. Organiza: Cine Club Cangas Sábado, 11 de decembro 18:00hs. FESTIVAL OUTUBRO BENEFICO A FAVOR DE “CARITAS CANGAS” DÍA 11. Venres, 17 de decembro 20:00hs. INAUGURACIÓN EXFIMIÑO CONCERTO DEDE NADAL DO CONSERVATORIO Na Casa dos Alonso ásESCOLA 20,30h (de 11h a 17h) PROFESIONAL E DA DE MÚSICA MUNICIPAL DE CANGAS DÍA 12 Entrada de balde ANDAINA MONUMENTO NATURAL PENA CORNEIRA Sábado, decembro 19:00hs. CINEMA18 DEdeOUTONO Musical EL LIBRO LA SELVA AS 17,30h no Centro DE Cultural Público infantil e familiar DÍA 25 15€ Entrada: EXPOSICIÓN GALIZAMERICA Domingo, 19 19/11 de decembro 20:00hs. Do 25/10 ao no Centro Cultural CONCERTO DE PANXOLIÑAS DE NADAL TECNOIMAXIN. na de Casa dos vocal Alonso Coa participaciónDo de 25-28/10 agrupacións música de Cangas e a Banda de Música Bellas Artes DÍA 26 Entrada de balde TEATRO CHOLA IT GIRL Ás 21,00h no Centro Cultural (adultos)

Domingo, DÍA 27 26 de decembro 20:00hs. CORO YOUSEI (Xapón) ENCUENTRO DE VOLUNTARIOS DA Formación coralPROVINCIAL de voces femininas xaponesas de recoñeciCRUZ VERMELLA. No Centro Cultural de 9h a 13h do prestixio internacional, de xira por Europa. Entrada.20€ Anfiteatro: 17€BIBLIOTECAS CONTOS Butaca: CONTADOS NO DÍA DAS Ás 11,00h (Pequeno cabaret infantil)

32

cousas de baixo miño

Mércores, 29 de decembro Musical GREASE Tour´- BRILLANTINA Entrada.- Butaca: 23€ Anfiteatro: 21€ Xoves, 30 de decembro 19:00hs. TEATRO DO MORCEGO. Presenta: SALTIMBANQUIS Público infantil e familiar Entradas.- adultos: 5€ nenas e nenos: 3€

CINE CICLO: NUEVO CINE ITALIANO Do 21 de setembro ao 30 de novembro Fundacion Caixa Galicia –Pontevedra I MOSTRA DE CINE DOCUMENTAL ALTERNATIVO DOCUTOPÍA Do 2 de novembro ao 4 de decembro Espazo cultural Negra Sombra Blues, no Café Uf (Pracer, 19) Vigo XXIV FESTIVAL CINEROUPA Ampla programación de máis dde 130 películas: estreas recén saidas dos mellores festivais e de filmes galardoados en 2010 Do 10 de novembro ao 3 de decembro Santiago de Compostela

CONCERTOS

THE ZOMBIES 11 de novembro 22:00 horas Sala Mondo -Vigo

ISMAEL SERRANO 11 de noviembre 20:30 horas. Centro Cultural Caixanova- Vigo

THE WAVE PICTURES 12 de novembro Sala Mondo-Vigo

THE STRANGE BOYS 13 de novembro La Iguana Club – Vigo

ABA TAANO 14 de novembro 20:30 horas Centro Cultural Caixanova- Vigo


AXENDA TUI OUTUBRO

TOMIÑO

PROGRAMACIÓN CULTURAL

DESBUNDIXIE 14 de novembro Aala Aturuxo- Bueu

FITO Y FITIPALDIS 19 de novembro 21:30 horas Multiusos Fontes de Sar- Santiago de Compostela

grafías. As imágenes captadas falan da vida rural, a emigración, a presencia da morte, a incorporación da electricidade ou a presencia do teléfono na vida diaria. NOSOTROS TAMBIÉN FUIMOS EMIGRANTES Ata o 26 de novembro Sede Náutica Caixa Galicia - Sanxenxo

MIGUEL RÍOS As imaxes que recolle esta exposición, obtidas da fototeca GIRA “BYE BYE RIOS ROCK HASTA EL FINAL” da Axencia EFE intentan reconstruir os movementos migra20 de novembro torios que se produciron no noso país ao concluir a guerra “Rubicundo”. Coliseum- A Coruña civil. As emigracións forzadas da fame ou do exilio levarían Ghazafelhos de Narón Xoves, 11 de outubro,a un bo número de españois a refuxiarse en países europeos FUEL FANDANGO e americanos. ás 20.00 h 26 de novembro 22:30 horas Entrada 6 euros EXPOSICIÓN “VIGO, A COR E A PALABRA” Sala Aturuxo- Bueu Ata o 28 de novembro REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 1 de decembro Auditorio Caixanova -Pontevedra

EXPOSICIÓNS Mércores, 31 de outubro, ás 20.00 h

Peter Pan y Wendy” El perro azul teatro de Logroño

Centro Cultural Caixanova- Vigo

Artistas vigueses aportarán obras para conmemorar o Bicentenario da Cidade. A oferta expositiva complétsea cunha nova edición da Wildlife Photographer of the Year 2010, e a coprodución, co Museo do Mar, de Fillos do océano, d fotógrafo vigués Javier Teniente.

OS MUNDOS DE GONZALO TORRENTE BALLESTER Ata o 14 de novembro Museo de Pontevedra - Pontevedra

Miradas. Realidades, expresiones, tramas. Arte en Galicia desde 1975 Ata o 16 de xaneiro de 2011 Fundación Caixa Galicia - Pontevedra

PANO DE FONDO Ata o 15 de novembro Centro Social Caixanova - Pontevedra

Horario de apertura ao público: De luns a sábado, 12-14 h e 18-21 h. Domingos e festivos, 12-14 h.

O proxecto expositivo e editorial «Miradas», é unha iniciatiA Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais e a va que sitúa as obras da colección baixo a perspectiva partiFundación Gonzalo Torrente Ballester lembran ao autor de “Los gozos y las sombras” no centenario do seu nacemento cular dos comisarios que toman parte nesta serie de catro coa exposición “Os mundos de Gonzalo Torrente Ballester”, mostras. Fernando Castro, Alfonso de la Torre, Fernando que percorre a traxectoria vital e literaria do escritor a través Huici e Iria Candela presentan unha coidada selección dos de máis de 150 piezas (moitas delas inéditas) entre manuscrifondos da Colección Caixa Galicia, centrándose cada un en tos, libros, artigos de prensa, cartas, fotografías, carteis, dibunúcleos temáticos diversos pero complementarios. xos e diversos documentos e obxectos personais que nos ache“Concerto de Nadal” Orquestra Sinfónica de Tui. Coro Mistura gan a súa iconografía persoal. A mostra que está comisariada Vocal. Coro do Conservatorio Profesional de Música de por Carmen Becerra e Miguel Fernández-Cid, complétase co Tui Visitas para grupos, concertar no teléfono 982 289 096. Venres, 21 decembro, Visitas para público xeral, mércores ás 19.30 h. documental GTBxGTB.ás 21.00 h

Exposición que aborda o retrato realizado nos estudos galegos, centrándose dun xeito especial na primeira mitade do século XX, periodo de extraordinaria riqueza neste aspecto. A base da mostra son os fondos que os fotógrafos colocaban tras os retratados no afán de idealizar que lle era propio á pintura da época. Desde humildes colchas a “panos” máis elaborados con paisaxes ou interiores de pazos, a exposición nos permite advertir a importancia deste elemento nas foto-

cousas de baixo miño

33


QUEN É QUEN NO RUEIRO

Rúas de ... Tomiño

Rúa de Daniel Calzado Poceiro Dende o 29 de outubro de 2016, Tomiño conta cunha rúa en homenaxe ao xornalista e político local Daniel Calzado Poceiro. Natural de Barrantes, onde naceu en 1891, foi emigrante en Buenos Aires. Aquí, dende 1911 colaborou coa asociación de residentes de Tomiño. Foi titular da asociación “Aurora del Porvenir” na capital arxentina, de quen dependía o periódico Galicia, no que tamén colaborou. Anos antes de instaurarse a República en España volveu a terras tomiñesas, onde participou na fundación de diferentes sociedades de agricultores, sendo presidente –entre outras- da Federación Agraria Municipal de Tomiño. Daniel Calzado Poceiro foi director do periódico El Agro de Tomiño, ademais de colaborador do semanario republicano Heraldo Guardés, de José Darse, así como de Tribuna en Tui (1934), que dirixía Guillermo Vicente (de Salcidos-A Guarda). Entre 1931 e 1935 foi alcalde do concello de Tomiño. Trala derrota das forzas republicanas regresou a Buenos Aires onde fundou novas organizacións políticas e culturais ademais de participar no Consello de Galiza, que chegou a presidir despois do falecemento de Castelao. En 1965 foi elixido presidente da Comisión de Finanzas. Ocupou tamén varios cargos na Agrupación Celta do Centro Galego antes da súa morte en Buenos Aires no ano 1972.

34

cousas de baixo miño



GRATUITA


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.