Valmin?or 10.qxp:Maquetación 1
4/12/15
11:26
Página 1
Revista de Baiona, Gondomar e Nigrán Distribución gratuita Ano III / nº10 inverno 2015
RUTAS | 14
MIÑORÁNS | 20
GALICIA SOLIDARIA | 24
DEPORTES | 28
BAIONA E ARRIBADA 532 ANOS
DESIRÉE VILA
UN NIGRÁN PARA TODOS
CLUB TENIS NIGRÁN
Valmin?or 10.qxp:Maquetaciรณn 1
4/12/15
11:26
Pรกgina 2
Valmin?or 10.qxp:Maquetación 1
4/12/15
11:26
Página 3
EDITORIAL Iniciativas solidarias que fan do Val Miñor un lugar mellor para convivir 'Axuda ou apoio que, por un sentimento de obriga moral, se lle presta a quen o necesita'. Desta maneira é como o Dicionario da Real Academia Galega define o termo 'solidariedade'. Nun marco socioeconómico no que a palabra crise nos acompaña as 24 horas do día, xorden iniciativas que dan valor aos termos altruísmo ou solidariedade. No Val Miñor son moitas as organizacións que traballan no para ayudar os demais; no reportaxe Galicia Solidaria recollemos a iniciativa en accesibilidade do Centro Juan María en Parada (Nigrán) e falamos con a súa directora. Ademas no caso da bisbarra miñorana é admirable a cantidade de iniciativas xurdidas ao longo do ano para axudar aos demais: recollida de alimentos; xincanas solidarias, etc. O reportaxe 'Miñorans' deste número o adicamos a coñecer un pouco mellor a Desirée Vila á nova ximnasta, pertencente ao clube Flic Flac, na que as asociacións deportivas e culturais de Gondomar, embarcáronse nunha campaña para recoller fondos a favor da moza; unha iniciativa coa que conseguiron recadar os 70.000 euros necesarios para a prótese que lle permitirá levar unha vida normal.
ÍNDICE 4 NOVAS VAL MIÑOR 6 NOVAS GONDOMAR 8 NOVAS BAIONA 12 NOVAS NIGRÁN 14 RUTAS: A ARRIBADA 20 MIÑORÁNS 22 FORMACIÓN E EMPREGO 24 GALICIA SOLIDARIA 26 OCIO 28 DEPORTES 32 AXENDA 34 QUEN É QUEN NO RUEIRO
Foto portada: A Carabela Pinta no porto de Baiona Ano III / Nº 10 inverno 2015 Revista de información local. Tirada 5000 exemplares. Xestión Publicidade: 626 993 480 Edición, redacción e distribución: EDICIONES BASAN, S.L. C/ López de Neira, nº 3, 3º. 36202 Vigo Colaboración na redacción: Pablo Fernández Estévez www.cousasde.com cousasde@edicionesbasan.com facebook.com/cousasdevalminor Depósito Legal: C 3539-2010 A empresa resérvase todos os dereitos da publicación, sen que poida reproducirse total ou parcialmente o seu contido, sen o consentimento previo dos editores. cousas de val miñor
3
Valmin?or 10.qxp:Maquetación 1
4/12/15
11:26
Página 4
NOVAS VAL MIÑOR
O ESTUARIO DE A FOZ NA RAMALLOSA A EXAME MEDIOAMBIENTAL O estuario da Foz da Ramallosa atópase cuns niveis de contaminación alarmantes. Trátase dunha zona de gran riqueza e diversidade biolóxica pertencente á Rede Natura 2000, na que ademais se ten prohibido o marisqueo desde hai varios anos. A situación continúa en aumento sen que ningunha das Administracións puxese unha solución definitiva ao problema. É por iso que a Asociación de Veciños A Unión de San Pedro levou a cabo un requirimento á Mancomunidade do Val Miñor para buscar unha solución á problemática, tratada recentemente nunha reunión cos tres representantes políticos da comarca. Os problemas de contaminación reside na EDAR de Gondomar O presidente da agrupación veciñal, José Luis Taboada, explicou a esta revista que o problema radica directamente na Estación Depuradora de Augas Residuais de Gondomar. “Non o dicimos só nós senón que hai estudos científicos que identifican a raíz do problema nas instalacións gondomareñas”, engadiu. Neste sentido as conclusións sacadas tras o encontro foron positivas e o alcalde da vila condal, Francisco Ferreira, comprometeuse a iniciar de inmediato os estudos pertinentes a través das Administracións supramunicipais correspondentes. Desta maneira buscarase a forma de solucionar o malfuncionamiento da planta relacionado coa súa capacidade e o emisario. Seguemento das instalacións hidráulicas Taboada explicou que a asociación leva desde o pasado verán facendo un seguimento exhaustivo ao momento de depuración cuns resultados pouco alentadores. E é que as deficiencias no funcionamento tradúcense en que non é capaz de tratar a auga como cómpre e en “a maioría das ocasións sae como entra”. Doutra banda o presidente asegurou que a EDAR recibe residuos provintes do CUVI e do parque empresarial da Pasaxe, “o que conleva que os restos químicos dos laboratorios alí existentes acaben no río”. Para finalizar o representante veciñal manifestou que confían na boa vontade política pero que de non solucionarse levarán a cabo as súas propias accións.
O VAL MIÑOR CONVERTERASE NUN REFERENTE DO SECTOR AEROESPACIAL O parque empresarial de Porto do Molle en Nigrán converterase no referente do sector aeroespacial do noroeste peninsular trala constitución da Fundación Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia. Trátase dunha iniciativa que conta coa participación do Consorcio da Zona Franca e a universidade de Vigo como entes públicos e Airbus, o Consorcio Aeronáutico Galego, Delta Vigo e a Unión de Empresas Galegas de Aeronáutica como patróns fundadores privados. Así pois e coa rúbrica levada a cabo ante notario dáse o pistoletazo de saída a un proxecto que busca atraer a Galicia o novo sector industrial, xa que os seus fundadores consideran que se trata da zona idónea ao contar con ampla experiencia no sector da mecánica de precisión así como no da automoción. A súa sede, que se situará no edificio tecnolóxico do parque empresarial nigranés, estará a pleno funcionamento cara a 2016 e contará cunhas instalacións punteiras a nivel nacional. IMPORTANCIA EN I+D+I. Desde o Consorcio adiantaron que se producirán sinerxias entre Industria-universidade-emprendedores, o que se traduce na implantación de novas empresas e a creación de postos de traballo. Ademais debido á necesidade de avanzadas instalacións e de persoal altamente cualificado o complexo converterase nun punto de referencia no I+D+i coa capacidade para xestionar proxectos nacionais e internacionais. Así mesmo o Centro solicitará subvencións provenientes de fondos europeos para dotarse do equipamento necesario e cumprir así coas esixencias do European Space Agency. 4
cousas de val miñor
Valmin?or 10.qxp:Maquetación 1
4/12/15
11:26
Página 5
SABORES VAL MIÑOR
SABORES VAL MIÑOR
cousas de val miñor
5
Valmin?or 10.qxp:Maquetación 1
4/12/15
11:26
Página 6
NOVAS GONDOMAR CATRO PATINADORES DO CPA GONDOMAR ASCENDEN A PRIMEIRA CATEGORÍA Zayra Costas, Sara Ferreira e Sara Abal, patinadoras do Club de Patinaxe artística de Nigrán logran o ascenso a primeira categoria Benxamín Feminina tras facerse co podio na III Fase de 2ª Categoría, celebrada no pavillón de Candeán en Vigo no pasado mes de novembro. Así mesmo Ainhoa Vidal tamén do club nigranés fíxose coa sexta posición e Joel Robeiro, o único participante na categoría Benxamín Masculino, tamén conseguiu o ascenso a 1ª.
FUTURO INCERTO PARA O NOVO CENTRO DE SAÚDE DE GONDOMAR A Xunta de Galicia confirmou que o prazo de finalización do novo centro de saúde de Gondomar é unha incógnita despois de que a empresa adxudicataria das obras de construción, Corsán Corviam, paralizase os traballos. Por outra banda o ente autonómico ratificou a imposición dunha sanción de 40.000¤ á constructora por non levar a cabo o pactado. A noticia foi dada a coñecer a través dun comunicado emitido pola agrupación Manifesto Minhor e que xurdiu tralas preguntas formuladas o respecto pola deputada provincial Consuelo Martínez á Consellería correspondente. A pesar de que non hai un motivo aparente, todo apunta á falta de solvencia da firma que decidiu parar a construción do edificio tras levantar a estrutura. Desde a Administración non puideron adiantar máis datos aínda que explicaron que a rescisión do contrato á empresa non é factible debido a cuestións contractuais. Así pois, traspasado o ecuador do prazo de finalización dos traballos, 12 meses, aumenta a incerteza sobre o remate dunhas instalacións que darían cobertura sanitaria a 15.000 veciños.
A XADRECISTA GONDOMAREÑA ANA FERNÁNDEZ, CAMPIONA SUB 12 NO CIRCUÍTO GALEGO DE PROMOCIÓN DE XADREZ A gondomareña pertencente ao Club Xadrez Laroca, Ana Fernández Carneiro, proclámase campiona feminina na categoría sub 12 no X Circuíto Galego de Promoción de Xadrez, tras chegar á final en 11 dos 20 torneos dos que se compón a competición. Así mesmo a xadrecista fíxose cun merecido décimo oitavo posto na clasificación xeral dos 61 participantes que puntuaron. O club con sede en Nigrán conta cunha brillante traxectoria na liga galega de xadrez que se remonta a 1994. Conta con 3 equipos na liga de 2º división galega, 1 na 3ª e neste ano conseguiu cun dous seus equipos quedar campión na 4ª división.
6
cousas de val miñor
Valmin?or 10.qxp:Maquetación 1
4/12/15
11:26
Página 7
GONDOMAR
VIVE GONDOMAR!
cousas de val miñor
7
Valmin?or 10.qxp:Maquetación 1
4/12/15
11:26
Página 8
NOVAS BAIONA 101M2 PARA A ATENCIÓN DE VISITANTES EN BAIONA Baiona contará cunha nova oficina de turismo en 2016, así o anunciaron fontes municipais que ademais explicaron que aglutinará as dúas instalacións municipais de 25 m2 cada unha e os baños públicos xa existentes no paseo de Ribeira e no Parque da Palma. A construción do novo edificio responderá as necesidades xurdidas do aumento de visitantes en tempada estival e estará situada nas inmediacións da zona verde baionesa, á altura da avenida Arquirecto Jesús Valverde. O inmoble terá unha superficie total de 101 m2 e estará dotado dunha zona aberta para a recepción dos visitantes e outra pechada, composta básicamente por un espazo de atención ao público, exposición, e unha sala polivalente na que poder impartir pequenas charlas , proxectar documentais ó manter reunións de traballo co persoal. Por outra banda, na cara oposta estarán situados os baños públicos. Fontes municipais adiantaron que as instalacións irán equipadas cun teito cuberto de vexetación que funcionará coma un aislamento térmico natural, e ademáis minimizará o impacto visual desde exterior do mesmo.
CURSOS DE ALFABETIZACIÓN EN BAREDO E BAÍÑA Baiona comezou cos cursos de alfabetización organizados pola c on cell ería de Edu cac ión n as parroquias de Baredo e Baíña. A iniciativa, especialmente a dirixida maiores, finalizará o 31 de maio e ten c omo obxecti vo a adquisición de novos coñecementos a través dunha aprendiz a x e c o n s t r u t i v a, ad e m ai s d a aplicación de técnicas de estimulación da memoria.
8
cousas de val miñor
Valmin?or 10.qxp:Maquetación 1
4/12/15
11:27
Página 9
BAIONA
VIVE BAIONA! cousas de val miñor
9
Valmin?or 10.qxp:Maquetación 1
4/12/15
11:27
Página 10
NOVAS BAIONA O MONTE REAL CLUB DE YATES DE BAIONA Á VANGARDA MEDIOAMBIENTAL TRAS ESTREAR UNA GRÚA PÓRTICO 100% ELÉCTRICA
BAIONA RECIBIRÁ DA DEPUTACIÓN 275.000 EUROS MÁIS QUE EN 2015 Baiona recibirá un total de 876.386 euros provintes do Plan de Axuda a Concellos da Deputación de Pontevedra para 2016. Trátase de 275.000 ¤ máis que os percibidos en 2015 e que os responsables municipais poderán destinar ás actuacións que consideren oportunas. O dato foi proporcionado da man da presidenta da Administración provincial, Carmela Silva, durante a primeira reunión oficial mantida co actual alcalde da vila mariñeira, Angel Rodal, e á que ademais acudiron a número dous do equipo de goberno, María Igrexas, e o concelleiro de Vías e Obras e Medio Rural, José Ángel Bahamonde. Por outra banda, Silva confirmou que o ente supramunicipal contemplará as peticións en materia de infraestruturas realizadas polo Concello Baionés, que así mesmo estarán incluídas no Plan Provincial da Deputación e que se desenvolverán de aquí no próximos catro anos.
O Monte Real Club de Yates de Baiona estrea un innovador guindastre pórtico para o barado de embarcacións 100% eléctrico. Trátase dun deseño que minimiza o impacto ambiental e que logra reducir nun 83 e 96 por cento as emisións de CO á atmosfera e a contaminación acústica, respectivamente. Por outra banda a súa eficiencia enerxética permite abaratar o custo por manobra nun 88 por cento. O proxecto, que foi realizado de maneira conxunta entre o enxeñeiro Miguel Riveiro, por parte do clube deportivo, e Óscar Riera de Yatch Port Marina, xurdiu da idea de dispoñer dunha maquina que prestase os mesmos servizos ca anterior pero reducindo o seu impacto medio ambiental e aumentando a seguridade dos traballadores. Así mesmo o seu innovador deseño permite soportar pesos de ata 25 toneladas.
A FESTA MEDIEVAL DA ARRIBADA DE BAIONA OBTÉN O RECOÑECEMENTO DE FESTA DE INTERESE TURÍSTICO INTERNACIONAL A Festa da Arribada de Baiona, que todos os anos celébrase durante o primeiro fin de semana do mes de marzo en conmemoración á noticia do Descubrimento, acaba de obter o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Internacional. Así o corrobora a publicación do Boletín Oficial do Estado do 10 de novembro no seu capítulo III. Trátase dun recoñecemento cuxos trámites se remontan a 2010, momento no que o que a celebración obtivo a cualificación de Festa de Interese Turístico Nacional. Cinco anos máis tarde, tal e como marca a normativa e co esforzo da Administración local, a relevancia da homenaxe a Martín Alonso Pinzón chega ao plano internacional converténdose na festa máis nova en gozar do devandito galardón.
10
cousas de val miñor
Valmin?or 10.qxp:Maquetación 1
4/12/15
11:27
Página 11
SABARÍS
VIVE SABARÍS!
cousas de val miñor
11
Valmin?or 10.qxp:Maquetación 1
4/12/15
11:39
Página 12
NOVAS NIGRÁN NIGRÁN INAUGURA OS FOROS DA REDE MUNICIPALISTA DO FONDO SOLIDARIO DE COOPERACIÓN
O PARQUE EMPRESARIAL PORTO DO MOLLE DE NIGRÁN PIONEIRO EN DISPOÑER DUN LACTARIO PARA FAVORECER Á CONCILIACIÓN LABORAL E FAMILIAR O parque empresarial Porto do Mollo de Nigrán acaba de presentar un lactario que permitirá a conciliación da vida laboral coa maternidade, e que está destinado ás máis de 200 mulleres que traballan no complexo empresarial. Trátase dunha iniciativa ideada pola empresa Bialactis e que sitúa ao parque á cabeza nacional deste tipo de proxectos. As novas instalacións e encontran situadas na segunda planta do Centro de Negocios.
TRABALLOS DE ACCESIBILIDADE E MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA EN NIGRÁN Nigrán atópase na recta final dos traballos de humanización da contorna do colexio Humberto Juanes. Unhas actuacións que culminarán coa construción de beirarrúas no tramo que discorre entre a praza do concello ata as antigas casas dos mestres e que facilitará o acceso peonil ao centro educativo. Por outra oarte tamén levará a cabo a construción de varios pasos de peóns elevados na rúa Alcalde Manuel Alonso, na contorna de Vilameán e a ampliación da calzada no tramo próximo á rúa Pedrosa. 12
cousas de val miñor
Nigrán foi a encargada de inaugurar a serie de reunións que a rede municipalista solidaria do Fondo Galego de Cooperación leva a cabo ano tras ano. Fontes municipais explicaron que se trata dunha cita de especial relevancia xa que foi a primeira celebrada despois da configuración da nova Comisión Executiva. Así pois o Concello nigranés, novo presidente da entidade, actuou como anfitrión nun foro no que técnicos dos 87 municipios adheridos deron conta dos proxectos iniciados en países subdesenrolados polo Fondo, ademais de novas formulacións aplicables nesa linea. A rolda composta por seis foros, que finalizaron a finais de novembro, celebráronse nos concellos de Nigrán, Ames, Caldas de Reis, Cartelle, Monforte de Lemos e a Deputación da Coruña.
Valmin?or 10.qxp:Maquetación 1
4/12/15
11:39
Página 13
NIGRÁN
VIVE NIGRÁN!
cousas de val miñor
13
Valmin?or 10.qxp:Maquetación 1
4/12/15
11:39
Página 14
RUTAS
BAIONA E A ARRIBADA ATÓPANSE NO PLANO INTERNACIONAL NO
523 ANIVERSARIO
14
cousas de val miñor
Valmin?or 10.qxp:Maquetación 1
4/12/15
11:39
Página 15
RUTAS Pablo Fernández Estévez A vila mariñeira de Baiona caracterízase por un intenso calendario de actividades de lecer que se estenden ao longo de todo o ano, aínda que sen dúbida o seu buque insignia é a Festa Medieval da Arribada. Celébrase o primeiro fin de semana de cada mes de marzo en conmemoración á noticia do Descubrimento do Novo Mundo. E é que o porto da vila baionesa foi o primeiro en presenciar a fazaña realizada, traída da man do mariño Martín Alonso Pinzón naquel 1 de marzo de 1493. Trátase dun feito que cambiou o curso da historia por iso o primeiro venres, sabado e domingo do devandito mes, o municipio regresa ao período de transición entre a idade media e o renacemento con todo luxo de detalles, ata o punto de que acaba de ser declarada Festa de Interese Turístico Internacional. A celebración tal e como hoxe se coñece levouse a cabo por primeira vez en 1996, aínda que a noticia do Descubrimento comezou a conmemorarse de maneira esporádica desde 1965 ata 1974, ano en que pasou a facerse de maneira continuada aínda que distando moito da actual. Pero para entender como se logrou a repercusión da que esta festividade goza, é preciso aclarar que necesitou de máis dun século de actuacións e iniciativas previas que foron achandando o camiño.
1892, UN ANO CRAVE PARA A CELEBRACIÓN. Poderíase dicir que o 6 de marzo de 1892 é unha data crave para o que máis tarde se converterá na Festa Medieval da Arribada. Ese día recoñeceuse a oficialidade da conmemoración mediante un acta que a acredita e que se atopa custiodada no arquivo histórico municipal. Dúas semanas despois acórdase o cambio de denominación da praza vella da vila pola de Martín Alonso Pinzón. Legajo 48 expediente 5 del libro de actas de la sesión del 6 de marzo de 1892 archivo histórico municipal Baiona fondo local Biblioteca Pública Municipal
BAIONA E A ARRIBADA, PRIMEIROS MONUMENTOS EN RECOÑECEMENTO Á FAZAÑA O 7 de agosto de 1928 o presidente do Consello de Ministros, Miguel Primo de Rivera e Orbaneja, descubriu unha placa conmemorativa situada na actual rúa de Elduayen. O 28 de febreiro de 1950 descóbrese un azulexo no paseo de Ribeira composto por 180 pezas que representa o camiño de regreso seguido polas carabelas “Pinta” e “Niña” coas súas respectivas arribadas en Baiona e Lisboa. cousas de val miñor
15
Valmin?or 10.qxp:Maquetación 1
4/12/15
11:39
RUTAS En 1964 procédese á colocación dun obelisco á entrada da rúa Carabela Pinta coincidindo coa súa apertura ao tráfico rodado. O 22 de marzo de 1965 procedeuse á inauguración do Monólito á Arribada, situado na praza Pedro de Castro. O 21 de decembro de 1973 iniciáronse os trámites para declarar o primeiro de marzo como festividade local, lograda o 20 de de 1974. Tras o decembro irmandamento aprobado en 1975 con Palos de la Frontera, berce do Descubrimento, este regaloulle en 1977 a Baiona unha estatua de Martín Alonso Pinzón e que se atopa situada no paseo que leva o seu mesmo nome. OS PRIMEIROS MERCADOS CELEBRÁBANSE NO VERÁN E DURABAN UNHA SEMANA Os máis parecido ao mercado medieval que se representa na actualidade remóntase ao ano 1984 e celebrábase no verán, aínda que a súa temática non estaba relacionada exclusivamente co descubrimento repetíuse durante os dous anos seguintes, en 1985 e 1986. levaba a cabo o parque da Palma e tiña unha duración de entre 7 e 10 días. Alí expoñíanse diversas casetas con motivos relacionados con ourivaría, manufactura téxtil, automoción ou talleres, entre outros. 1975-1994, AUMENTO DO ACERVO CULTURAL E HISTÓRICO DA FAZAÑA Este período estivo caracterizado pola posta en valor do significado do Descubrimento levándoo ao plano institucional coa creación do primeiro comité do Arribada prol V centenario. En 1992 e 1993 celebráronse os actos do V Centenario da Arribada, cunha ampla programación de actos culturais, deportivos, protocolarios e institucionais presididos naquel momento polo Príncipe de Asturias don Felipe de Borbón e Grecia. 1994 foi un ano de gran importancia para os baioneses tras levar a cabo o irmandamento con Santa Fe de la Vega de Granada. Ademais a réplica da Carabela Pinta, encargada aos estaleiros de Camposancos, arribou no porto da vila para quedar definitivamente como museo flotante. 16
cousas de val miñor
Página 16
Valmin?or 10.qxp:Maquetación 1
4/12/15
11:39
Página 17
RUTAS
cousas de val miñor
17
Valmin?or 10.qxp:Maquetación 1
4/12/15
11:40
Página 18
RUTA PRIMEIRA FESTA TAL E COMO HOXE SE COÑECE 1996 foi sen dúbida o punto de partida e no que se comezou a xestar o actual mercado medieval da vila. Según os arquivos oficiais a súa primeira edición levouse a cabo coa colaboración dos alumnos do Primeiro de Marzo e do Concello situándoo na praza Pedro de Castro. Dous anos máis tarde trasladouse ao Paseo de Ribeira con máis postos e participantes aínda que o éxito alcanzado motivou a súa extensión en edicións posteriores ao resto do casco histórico e xa coa participación do resto do pobo. A partir deste punto poderíase dicir que O Mercado Medieval da Arribada xa é unha realidade. O despegamento da celebración coa declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia, Nacional, Internacional e proposta para ser nomeada Patrimonio da Humanidade xunto con Palos e Santa Fe. Unha vez consolidada a celebración, foi o momento de buscar o seu recoñecemento institucional. En 1999 a Arribada foi declarada Festa de Interese Turístico de Galicia por acordo do Consello da Xunta de Galicia. 11 anos máis tarde, en 2010, logrou o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Nacional coincidindo co Xacobeo. Título que foi entregado ao por aquel entón alcalde, Jesús Vázquez Almuiña, o 2 de marzo de 2011 de mans de Juan Mesquida, Secretario de Estado para o Turismo. Neste punto a Festa da Arribada xa gozaba do recoñecemento nacional e foi o momento de confeccionar un traballo que dotase de importancia aos municipios que participarton na gran noticia do descubrimento. Baiona, Palos de la Frontera e Santa Fe de la Vega de Granada reclaman a súa relevancia presentando en 2012 un proxecto para ser declaradas pola UNESCO Patrimonio da Humanidade e lugar de Encontro da Comunidade Iberoamericana de Nacións e que na actualidade atópase en trámite. Finalmente o peso da celebración traspasa as fronteiras nacionais e a Secretaría de Estado de Turismo concede á Festa da Arribada o título honorífico de "Festa de Interese Turístico Internacional", resolución publicada xa no BOE. Un recoñecemento que presumiblemente será entregado materialmente ao Concello a principios de marzo de 2016. 18
cousas de val miñor
Valmin?or 10.qxp:Maquetaciรณn 1
4/12/15
11:40
Pรกgina 19
CENRO COMERCIAL LA ROMANA AVENIDA MANUEL LEMOS 34 LOCAL-28 36370 A RAMALLOSA (PONTEVEDRA YOIGORAMALLOSA@GMAIL.COM TELF: 986 35 45 61
TU CENTRO ESPECIALIZADO EN TELEFONIA Y ACCESORIOS EN RAMALLOSA
Valmin?or 10.qxp:Maquetación 1
4/12/15
11:40
Página 20
MIÑORÁNS
DESIRÉE VILA DÁ PASOS DE XIGANTE CARA Á SÚA PLENA AUTONOMÍA. Desde o pasado mes de agosto, a moza atópase en fase de adaptación coa súa nova prótese. Pablo Fernández Estévez Desirée Vila, a ximnasta gondomareña de 16 anos de idade que sufriu a amputación da súa perna dereita tras unha lesión mentres adestraba, enfróntase a unha nova etapa na súa vida. E é que as múltiples iniciativas xurdidas de maneira case espontánea para reunir fondos e recadar os 70.000 euros necesarios para unha prótese deron os seus froitos. Desde o pasado mes de agosto Desirée atópase en fase de adaptación coa súa nova extremidade. Trátase dunha prótese de fibra de carbono e das máis avanzadas do momento que permitiu á moza gondomareña desprenderse das súas muletas, moverse con autonomía e comezar a levar unha vida normal. “Levo varias de proba e esta é a que mellor se adapta así que probablemente será a definitiva. En rehabilitación estou a practicar a marcha rápida e aínda teño que aprender a correr”, explicou. UN EXEMPLO DE FORTALEZA VITAL. A deportista é un claro exemplo de fortaleza vital e de superación, a pesar de que a dor aínda limítalle para poder lanzarse á práctica deportiva, ela teno claro e adiantou que en canto supere este obstáculo meterase de cheo sen pensalo. Aínda así non perde o tempo e xa practica natación para fortalecerse, pero polo de agora sen a súa nova extremidade. “O principal é que non me faga dano e de momento téñome que adaptar ás próteses e que o muñón non se resinta, unha vez pasado o seguinte é correr”, mantivo. 20
cousas de val miñor
Valmin?or 10.qxp:Maquetación 1
4/12/15
11:40
Página 21
MIÑORÁNS
O PRIMEIRO PASO CARA A UNHA AUTONOMÍA TOTAL: DESPRENDERSE DAS SÚAS MULETAS O feito de deixar atrás as muletas produciu un cambio substancial nos seus hábitos de vida, o brillo da súa mirada delátaa cando explica que agora se pode desprazar mentres porta obxectos coas súas mans. “Algo tan simple como levar un vaso de auga ao salón convertíase nunha situación complicada e tiña que acabar pedindo axuda aos meus pais xa que non podía andar coas muletas e levar obxectos. Agora son independente”, declarou. “GÚSTAME SABER QUE COA MIÑA ACTITUDE MOTIVO A MÁIS XENTE” A claridade e seguridade das súas palabras asombran, non parecen propias dunha adolescente de 16 anos de idade. Ela mesma admite que o sucedido serviulle para volverse unha persoa máis forte. “Gústame saber que coa miña actitude motivo a máis xente. Por exemplo hai unha moza ingresada en Povisa que lle acaban de amputar unha perna e sempre repite que o que lle dá forzas é verme sempre con ganas, subindo escaleiras e probando cousas novas. Isto alégrame”, explicou.
A MOTIVACIÓN QUE A LANZOU Á DOCENCIA Desirée só ten palabras de agradecemento para todos aqueles que lle axudaron a reunir o diñeiro para adquirir a súa prótese, así como aos que a apoiaron nos momentos máis difíciles. “A miña familia, os meus amigos, o meu fisio que ademais me motivou moito en momentos de desgana ou os meus adestradores que me animan a que faga cousas relacionadas coa ximnasia. A todos eles doulles as grazas”. A insistencia dos seus formadores tivo o seu froito e na actualidade Desirée imparte clases a nenos como adestradora en prácticas dúas veces por semana en Gondomar, xa que necesita 150 horas de experiencia para obter o título oficial das clases leva completadas 100. Neste senso confesou que non é o mesmo facer un elemento que ensinalo. “É moi diferente explicar a execución dun exercicio para facelo uno mesmo, pero a verdade é que me encanta ainda que o meu obxectivo de cara o futuro e ir á univesidade”. cousas de val miñor
21
Valmin?or 10.qxp:Maquetación 1
4/12/15
11:40
Página 22
FORMACIÓN E EMPREGO
GONDOMAR E EMPRESARIOS DE A PASAXE CONFIRMAN A BOA DIRECCIÓN DOS TRÁMITES PARA DESBLOQUEAR O POLÍGONO INDUSTRIAL O inicio das tramitacións para levar a cabo o desbloqueo do polígono industrial da Pasaxe en Vincios xa están orientadas na boa dirección. Así o explicaron membros do goberno local de Gondomar trala reunión mantida cos representantes do complexo industrial no consistorio da vila condal. Na actualidade atópanse á espera de que a Xunta de Galicia execute a modificación do proxecto sectorial existente para que se poida comezar coas actuacións sobre o terreo e dotar ao complexo da estabilidade xurídica necesaria. “Un feito que se producirá na primeira metade de 2016”, tal e como asegurou o alcalde da vila condal, Francisco Ferreira. Desta maneira as empresas alí instaladas poderán crecer e levar a cabo a súa actividade industrial con normalidade.
UN ENCLAVE QUE XERA 370 MILLÓNS DE EUROS ANUAIS A pesar da súa situación o enclave xera as cifras nada despreciables de 370 millóns de euros ao ano e 1.500 postos de traballo, uns resultados que confirman a súa relevancia desde o punto de vista económico e industrial. O presidente da asociación de empresarios da Pasaxe, Javier Díaz, asegurou que os volumes de facturación aumentarán no momento que a situación se normalice. “Agora mesmo xa falamos de 130 millóns de euros para investir no complexo a curto prazo”, engadiu.
“UNHA PRIORIDADE PARA O GOBERNO GONDOMAREÑO” Na rolda de prensa celebrada no pasado 20 de novembro, o alcalde Francisco Ferreira asegurou de que “trátase dunha prioridade para o goberno gondomareño”. A situación produce un bloqueo que se traduce na imposibilidade da concesión de licenzas, a aprobación de obras de adecuación na zona, ou a negociación con empresarios e bancos.
O PROXECTO SECTORIAL LEVARASE A CABO ENTRE CONCELLO E ZONA FRANCA DE VIGO Tal e como se adiantou meses atrás o proxecto sectorial levarase a cabo entre o Concello e Zona Franca de Vigo. Así pois a Administración local encargarase de executar a primeira fase baixo a modalidade da cooperación, por iso contemplarán unha partida dos orzamentos xerais para tal fin, tarefas que correrán por conta dos responsables de área Paulinho de Río e Antonio Araúxo. Por outra banda ZFV realizará a segunda pero neste caso a través da expropiación. Así pois a Administración autonómica terá que realizar as variacións pertinentes sobre o papel, levar o proxecto a exposición pública durante dous meses, estudar e responder as alegacións, se as houbese, e proceder á súa aprobación definitiva. 22
cousas de val miñor
Valmin?or 10.qxp:Maquetaciรณn 1
4/12/15
11:40
Pรกgina 23
Valmin?or 10.qxp:Maquetación 1
4/12/15
11:40
Página 24
GALICIA SOLIDARIA
“UN NIGRÁN PARA TODOS”, UN PROXECTO PIONEIRO EN GALICIA E QUE BUSCA ROMPER TODAS AS BARREIRAS DA ACCESIBILIDADE
CANDO SE FALA DO TERMO ACCESIBILIDADE, Á MAIORÍA DAS PERSOAS VÉNLLES AUTOMATICAMENTE Á MENTE O CONCEPTO DE BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS, LINGUAXE DE SIGNOS OU O BRAILLE, ENTRE OUTROS. ESTES CORRESPONDERÍAN ÁS BARREIRAS FÍSICAS E SENSORIAIS PERO EXISTE OUTRO GRAN DESCOÑECIDO PARA MOITOS E QUE AFECTA A AQUELES QUE POSÚEN DISCAPACIDADES INTELECTUAIS: AS BARREIRAS COGNITIVAS. TRÁTASE DUNHA LIMITACIÓN NA COMPRESIÓN DE SIGNOS OU SÍMBOLOS QUE MOITAS VECES DIFICULTA A TOMA DE DECISIÓNS SOBRE OS QUE SE ATOPAN ANTE ESTA SITUACIÓN. QUIZAIS POLA POUCA LEXISLACIÓN QUE FAI REFERENCIA RESPECTO DISO, A PESAR DA LEI DE ACCESIBILIDADE DE GALICIA DE MARZO DE 2015, ESTA ÚLTIMA É A QUE MÁIS ABUNDA E SOBRE A QUE MENOS ATENCIÓN PRÉSTASE. Pablo Fernández Estévez COMEZARÁN POR ACTUAR NO CONCELLO E NO NOVO CENTRO DE SAÚDE. Ante a existencia deste feito, o Centro Juan María de Nigrán, con Mari Santos Comesaña, directora do complexo ocupacional, o de día e coordinadora do proxecto á fronte, decidiu poñer en marcha unha iniciativa que é pioneira en Galicia e que ademais conta coa colaboración do Concello nigranés e de persoas como o avogado e docente da universidade de Vigo, Jacinto Lareo. Os plans de actuación e de estudo xa están perfilados, buscan facilitar os problemas de comprensión a persoas que por exemplo “non entendan onde se atopa o baño ou que directamente non podan orientarse nun establecemento”, por iso os primeiros edificios sobre os que se tomarán as medidas pertinentes serán a casa consistorial do municipio e o novo centro de saúde de Panxón, aínda que tamén actuarán na oficina de correos, unha farmacia, cafetería e un banco. “BUSCAMOS CHAMAR Á CONCIENCIA” Así pois e baixo o lema “Un Nigrán para todos” o proxecto busca facer un chamamento á conciencia e sensibilizar sobre algo que para moitos resulta unha problemática diaria. “Levábamos algún tempo coa idea roldándonos a cabeza pero realmente colle forma cando nos puxemos en contacto co alcalde de Nigrán e este ofreceuse para colaborar connosco”, explicou Santos. COLABORACIÓN CONXUNTA CO CONCELLO E PRIMEIROS PASOS Tras a primeira reunión mantida, procederon á creación dun grupo de traballo co Concello, pero ademais teñen outro a nivel interno con senllos grupos de información, análise e validación, todos eles compostos polos 105 usuarios do centro. Esta configuración permitiralles levar a cabo o traballo de campo e decidir sobre que puntos deberán de actuar de primeira man. O proxecto xa comezou e o seguinte paso será saír á rúa e comezar coas tarefas sobre o terreo, contan con que comecen ao longo deste mes (decembro). Unha vez finalizado servirá como unha guía de actuación para todos aqueles que desexen aplicalas xa que como explicou Santos, “con isto non pretendemos obrigar ao seu cumprimento pero si que toque a conciencia do máximo número de persoas posible”. Así mesmo engadiu que esta problemática poderíase extrapolar a outros sectores da poboación como estranxeiros ou persoas de avanzada idade. 24 cousas de val miñor
Valmin?or 10.qxp:Maquetación 1
4/12/15
11:40
Página 25
GALICIA SOLIDARIA
PROXECTOS PREVIOS: “UNHA VOZ PARA TODOS” E “REPORTEIROS EN REDE” O centro Juan María de Nigrán leva máis de 30 anos traballando para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual, das súas familias e que se financia a través das achegas realizadas por institucións e particulares. A entidade considera que un dos modos de facelo é facilitando a accesibilidade e neste punto advirten de que “unha das principais fallas neste sentido é, seguramente, a prensa”, por iso crearon unha iniciativa previa chamada “Unha voz para todos”. Mediante unha escritura simple e un sistema de comunicación con pictogramas, o proxecto buscou crear unha versión adaptada das noticias en prensa para persoas con discapacidade intelectual e posteriormente levando devandito contido ao soporte “Un blog para todos”. Tras comprobar os resultados obtidos, a agrupación decidiu darlle unha volta á formulación inicial propoñendo que sexan os integrantes quen directamente xeren as noticias sen necesidade de adaptar as xa
existentes. Como resultado naceu “Reporteiros en rede”, un medio de comunicación que trata a información desde a súa creación pasando pola edición e maquetación. “Con esta fórmula os usuarios son os protagonistas, co que se consegue reducir as barreiras á mínima expresión”, matizou Santos.
cousas de val miñor 25
Valmin?or 10.qxp:Maquetaciรณn 1
OCIO - CINE
4/12/15
11:40
Pรกgina 26
Valmin?or 10.qxp:Maquetación 1
4/12/15
11:40
Página 27
OCIO - LITERATURA EN MOVIMIENTO: UNA VIDA OLIVER SACKS ED. ANAGRAMA Os lectores coñecen a Oliver Sacks polos seus fascinantes libros sobre os misterios da mente a partir de asombrosos casos psiquiátricos. Agora aplica a sua perspicacia e o seu humanismo ao escrutinio da súa propia vida. O autor acomete un exercicio de introspección que nos permite descubrir unha peripecia vital intensa e complexa.
DIARIOS 1956-1985 JAIME GIL DE BIDMA ED. LUMEN Este libro conforma unha espléndida autobiografía intelectual e moral, desde o espertar da súa vocación literaria en 1956, a súa primeira viaxe a Filipinas, a consolidación do seu perfil sentimental e poético, ata a lenta e laboriosa composición dos seus mellores poemas e dos seus ensaios, o esgotamento da vea lírica e o avistamento da morte. LAS MIL Y UNA NOCHES ANONIMO ED. ATALANTA A editorial Atalanta recupera esta primeira tradución nesta luxosa e preciosa edición en tres volumes de máis de mil páxinas cada un, sen dúbida a edición máis bela que poida atoparse desta obra no mercado español. E unha tradución excelente ademais de magníficamente anotada, que non rehúye a picaresca das historias cómicas, coas súas bromas un pouco subidas de ton, e se pliega con graza e sutileza aos diversos rexistros”. Andrés Ibáñez. El cultural de ABC.
EL CÁRTEL DON WINSLOW ED. RBA Premio RBA de novela negra 2015 Unha colosal narración que se move entre os áridos escenarios mexicanos e os despachos dos poderosos en Washington, e que se estende ata cidades europeas como Berlín e Barcelona. O absorbente traballo de documentación de Winslow ocupoulle cinco anos, e marcou a súa vida persoal polas implicacións que carrexa penetrarse nun mundo tan incriblemente violento e corrupto. OS ELEFANTES DE SOKÚRO ANTÓN RIVEIRO COELLO ED. GALAXIA En Os elefantes de Sokúrov, Riveiro Coello elabora unha trama na que os propios personaxes toman a palabra para relatar unha historia de temas tan diversos coma o amor, o suicidio, a crise económica, a creación, a memoria, as artes e a solidariedade. LA MEMORIA DEL ELEFANTE SOPHIE STRADY ED. BARBARA FIORE EDITORA Un álbum excepcional e originalísimo, non só polo seu impresionante tamaño de 38 centímetros, o que xa de seu convérteo nunha especie de delicioso póster narrativo, senón porque mestura a fascinación da curiosidade enciclopédica con profundas preguntas sobre a memoria, a identidade e todo o que fai que a vida valga a pena.
Valmin?or 10.qxp:Maquetación 1
4/12/15
11:40
Página 28
DEPORTES
O CLUBE DE TENIS NIGRÁN:
20 ANOS
FACENDO CANTEIRA
Pablo Fernández Estévez O Clube de Tenis Nigrán está de aniversario. Naceu en 1995 como resposta á necesidade de máis horas de adestramento dos novos tenistas que por aquel entón pertencían ás escolas municipáis. O seu antigo adestrador, Antonio Becerrá, foi unha figura indispensable para a creación do que hoxe se coñece como o CT Nigrán. Expuxo aos pais dos alumnos que para que puidesen seguir progresando na modalidade deportiva era necesario aumentar as horas de adestramento semanais pero sen que iso supuxese un desembolso económico importante. Con esta premisa naceu a entidade deportiva sen ánimo de lucro que leva o mesmo nome que o municipio. Así mesmo dita fórmula permitiría ao alumnado saltar ao mundo da competición, así como a obtención das licenzas correspondentes con prezos adaptados a todos os petos. FIEIS A UNHA IDEA: DEPORTE POLO DEPORTE. 20 anos despois da súa creación, a agrupación mantense fiel á idea inicial. Alejandro Fernández Gómez, un dos adestradores e que fai as veces de director deportivo, explicou a esta revista que “todo o que se recada mediante as cotas de socios e alumnos revértese no club”. Deste xeito as cotas abonadas polos socios destínanse ao mantemento da entidade, organización e xestión de campionatos mentres que as achegadas polos alumnos serven para custear os soldos dos monitores que imparten as clases a nenos e adultos, de 4 a 18 anos e en diante. Por outra banda participan no Circuíto Galego Interclubes Federado nas categorías veteranos/as +35, +40, absoluto masculino e femininos, ademais de alevín masculino. USO DE INSTALACIÓNS MUNICIPAIS. O seu punto de encontro habitual atópase nas canchas de tenis de Dunas de Gaifar. Un enclave de titularidade municipal e de uso compartido tanto a través do aluguer entre particulares como con outras entidades. Aínda así o CT Nigrán encárgase do bo estado das mesmas con tarefas como a adquisición de redes, substitución de focos, limpeza ou mantemento en xeral, todo iso sufragado con fondos propios. Na actualidade atópanse perfilando un convenio escrito de colaboración mutua entre Administración e entidade para delimitar formalmente cales son os dereitos e obrigacións de cada unha das partes implicadas. Debido a que a práctica do tenis está condicionada en gran medida ás adversidades climatolóxicas comparten as canchas cubertas do colexio de Panxón a cambio de impartir clases gratuítas ao alumnado do centro, aínda que admiten que as horas que obteñen non son suficientes para cubrir a demanda solicitada. 28
cousas de val miñor
Valmin?or 10.qxp:Maquetación 1
4/12/15
11:41
Página 29
DEPORTES
TORNEO DE TENIS CONCELLO DE NIGRÁN. A entidade deportiva encárgase de que o nome do municipio no que teñen a súa sede, sexa sinónimo de tenis de calidade. Proba diso é a celebración de dous Torneos de Tenis Concello de Nigrán, que se celebran nas últimas semanas dos meses de xullo e agosto. As citas caracterízanse pola afluencia de deportistas de primeiro nivel e que nas últimas edicións contaron coa participación de 250 tenistas.
ELECCIÓNS CUATRIENAIS PARA DESIGNAR XUNTA DIRECTIVA. O sistema utilizado para designar á xunta directiva leva a cabo mediante eleccións cuatrienais nas que os socios por votación elixen o presidente, secretario, tesoureiro e vocais. Constantino Méndez Domínguez é desde fai tres anos a actual cabeza visible do clube e explicou a esta revista que “duns anos para aquí notamos unha baixada nas axudas que recibimos e iso fixo que nos axustásemos o cinto, co que dun ou outro modo o deporte base acábase resentindo”, mantivo. No seu caso a implicación paulatina co club acabou motivando que acabase onde está, pero tamén engadiu que “para que a cousa flúa hai que moverse e dedicarlle moito tempo”. Así mesmo Méndez resaltou o labor conxunto levado a cabo entre toda a xunta directiva do clube, “un excelente traballo que permite sacar adiante á entidade”.
OBXECTIVOS: Desde a agrupación adiantaron que loitarán por gañar o máximo número de competicións nas diferentes categorías; aumentar o seu número de socios, que na actualidade sitúase en 70, e manter o club como ata o momento. Cabe destacar que unha das mellores tempadas da historia do club foi a vivida en 2011, na que varios dos seus tenistas fixeron podio en diferentes categorías do campionato galego.
cousas de val miñor
29
Valmin?or 10.qxp:Maquetación 1
4/12/15
11:41
Página 30
publicado no noso facebook:
Cousas de Val Miñor
30
cousas de val miñor
Valmin?or 10.qxp:Maquetación 1
4/12/15
11:41
Página 31
AXENDA VAL MIÑOR
GONDOMAR
PROGRAMACIÓN CULTURAL
DESBUNDIXIE 14 de novembro Aala Aturuxo- Bueu
FITO Y FITIPALDIS 19 de novembro 21:30 horas Multiusos Fontes de Sar- Santiago de Compostela
MIGUEL RÍOS GIRA “BYE BYE RIOS ROCK HASTA EL FINAL” 20 de novembro Coliseum- A Coruña FUEL FANDANGO 26 de novembro 22:30 horas Entrada 6 euros Sala Aturuxo- Bueu
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 1 de decembro Auditorio Caixanova -Pontevedra
EXPOSICIÓNS OS MUNDOS DE GONZALO TORRENTE BALLESTER Ata o 14 de novembro Museo de Pontevedra - Pontevedra
A Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais e a Fundación Gonzalo Torrente Ballester lembran ao autor de “Los gozos y las sombras” no centenario do seu nacemento coa exposición “Os mundos de Gonzalo Torrente Ballester”, que percorre a traxectoria vital e literaria do escritor a través de máis de 150 piezas (moitas delas inéditas) entre manuscritos, libros, artigos de prensa, cartas, fotografías, carteis, dibuxos e diversos documentos e obxectos personais que nos achegan a súa iconografía persoal. A mostra que está comisariada por Carmen Becerra e Miguel Fernández-Cid, complétase co documental GTBxGTB. PANO DE FONDO Ata o 15 de novembro Centro Social Caixanova - Pontevedra
Exposición que aborda o retrato realizado nos estudos galegos, centrándose dun xeito especial na primeira mitade do século XX, periodo de extraordinaria riqueza neste aspecto. A base da mostra son os fondos que os fotógrafos colocaban tras os retratados no afán de idealizar que lle era propio á pintura da época. Desde humildes colchas a “panos” máis elaborados con paisaxes ou interiores de pazos, a exposición nos permite advertir a importancia deste elemento nas foto-
27 DICIEMBRE GATUXO Teatro infantil, compañía Magín Blanco.
grafías. As imágenes captadas falan da vida rural, a emigración, a presencia da morte, a incorporación da electricidade ou a presencia do teléfono na vida diaria.
NOSOTROS TAMBIÉN FUIMOS EMIGRANTES Ata o 26 de novembro Sede Náutica Caixa Galicia - Sanxenxo
As imaxes que recolle esta exposición, obtidas da fototeca da Axencia EFE intentan reconstruir os movementos migratorios que se produciron no noso país ao concluir a guerra 28 DICIEMBRE civil. As emigracións forzadas da fame ou do exilio levarían JIÑOL Teatro infantil a cargo de Títeres Trompicallo a un bo número de españois a refuxiarse en países europeos e americanos. EXPOSICIÓN “VIGO, A COR E A PALABRA” Ata o 28 de novembro Centro Cultural Caixanova- Vigo
Artistas vigueses aportarán obras para conmemorar o Bicentenario da Cidade. A oferta expositiva complétsea cunha nova edición da Wildlife Photographer of the Year 2010, e a coprodución, co Museo do Mar, de Fillos do océano, d fotógrafo vigués Javier Teniente.
29 DICIEMBRE Miradas. Realidades, expresiones, tramas. Arte en FEO! Teatro infantil, Galicia desde 1975 Caramuxo Teatro Ata o 16 de xaneiro de 2011 Fundación Caixa Galicia - Pontevedra
O proxecto expositivo e editorial «Miradas», é unha iniciativa que sitúa as obras da colección baixo a perspectiva particular dos comisarios que toman parte nesta serie de catro mostras. Fernando Castro, Alfonso de la Torre, Fernando Huici e Iria Candela presentan unha coidada selección dos fondos da Colección Caixa Galicia, centrándose cada un en 30 DICIEMBRE núcleos temáticos diversos pero complementarios. AS FABAS MÁXICAS Teatro infantil, Caramuxo Teatro Visitas para grupos, concertar no teléfono 982 289 096. Visitas para público xeral, mércores ás 19.30 h. Horario de apertura ao público: De luns a sábado, 12-14 h e 18-21 h. Domingos e festivos, 12-14 h.
Horario: 18.00 h Auditorio Municipal Lois Tobío Gondomar - Pontevedra cousas de val miñor
31
Valmin?or 10.qxp:Maquetación 1
4/12/15
11:41
Página 32
AXENDA BAIONA PROGRAMACIÓN CULTURAL 26/ 27 DE DECEMBRO
II TORNEO BENÉFICO NADAL 'AXUDA AO MAGENDA UNDO NECANGAS CESITADO' Pavillón Municipal de Deportes e o pavillón do colexio Covaterreña Baiona21:00hs. Venres, 19 de de novembro IN THE LOOP. Proxección cinematográfica en V.O.S.E. Organizado conxuntamente Cine Club Cangas pola Concellería de Deportes Organiza: do Concello de Baiona e o club Baitra Baiona Fútbol Sala, trátase 26 dunha competición gratuíta 21:00hs. e solidaria, pois a insVenres, e Sábado, 27 de novembro crición cóbrase en alimentos, 2 kg deOS alimento por xogaTEATRO DO MORCEGO. Presenta: VELLOS dor ouDEBEN 20 kg por que serán doados integramente NON DEequipo, NAMORARSE á ONG local Entrada: 5€ "Axuda ao mundo Necesitado". Domingo, 28 de novembro 19:00hs. FESTIVAL SOLIDARIO A FAVOR ADICAM Venres, 3 de decembro 21:00hs. ORQUESTRA DE SAXOS DO CONSERVATORIO DE REDONDELA Concerto benéfico a favor da Asc. Santiago Apostol e a Fundación San Vicente de Paul Entradas.- adultos: 5€ nenas e nenos: 3€ Venres, 10 de decembro 21:00hs. TULPAN. Proxección cinematográfica en V.O.S.E. Organiza: Cine Club Cangas
MUSE ASA DA 18:00hs. NAVEGACIÓN DE BAIONA Sábado, 11OdeCdecembro Actividades outono/inverno 2015 DE e primavera 2016. FESTIVAL BENEFICO A FAVOR “CARITAS CANGAS” A MA17 R Dde E decembro HISTORIA20:00hs. S Venres, Ciclo de presentacións publicacións. CONCERTO DE NADALde DO CONSERVATORIO Auditorio do museo, PROFESIONAL E DA 20:00h. ESCOLA DE MÚSICA 11/12/2015: DE 'Co sal nas mans', Paulino Ambrosio Costas MUNICIPAL CANGAS 5/1/2016: 'A moeda medieval', Purificación Rodríguez García Entrada de balde 12/2/2016: 'Peza da Casa da Navegación: A Carta Poboa. Relectura Rosa Villar Quinteiro Sábado, 18 deactual', decembro 19:00hs. 11/3/2016: 'A Arribada: Fontes bibliográficas e documenMusical EL LIBRO DE LA SELVA tais no Arquivo Histórico de Baiona', Cristina Vilar Misa Público infantil e familiar 8/4/2016: Entrada: 15€'Peza da Casa: Archivador do Corrixidor Diego de Arteaga. Rosa Villar Quinteiro e Cristina Vilar Misa. 13/5/2016: 'Documento de Arquivo: o lavadoiro público Domingo, 19 de decembro 20:00hs. da fonte dasDE monxas e a intervención arqueolóxica de CONCERTO PANXOLIÑAS DE NADAL 2011', Cristina Vilar Misa. Coa participación de agrupacións de música vocal de Cangas e a Banda de Música Bellas Artes Entrada de balde GRUMETES DÁ PINTA Visitas guiadas desenvolvida por monitoras a través dun discurso26adaptado a cada ciclo educativo. Inclúe proposDomingo, de decembro 20:00hs. tas lúdicas e manexo de material didáctico deseñado CORO YOUSEI (Xapón) para a ocasión. Formación coral de voces femininas xaponesas de recoñecimartes a venres dede 12,00 13,00 horas. Para facer doDe prestixio internacional, xira apor Europa. reservas 986-356688 ou na dirección Entrada.Butaca: 20€ Anfiteatro: 17€ casa.navegacion@baiona.org 32
cousas de val miñor
Mércores, 29 de decembro Musical GREASE Tour´- BRILLANTINA Entrada.- Butaca: 23€ Anfiteatro: 21€ Xoves, 30 de decembro 19:00hs. TEATRO DO MORCEGO. Presenta: SALTIMBANQUIS Público infantil e familiar Entradas.- adultos: 5€ nenas e nenos: 3€
CINE CICLO: NUEVO CINE ITALIANO Do 21 de setembro ao 30 de novembro Fundacion Caixa Galicia –Pontevedra I MOSTRA DE CINE DOCUMENTAL ALTERNATIVO DOCUTOPÍA Do 2 de novembro ao 4 de decembro Espazo cultural Negra Sombra Blues, no Café Uf (Pracer, 19) Vigo XXIV FESTIVAL CINEROUPA Ampla programación de máis dde 130 películas: estreas recén saidas dos mellores festivais e de filmes galardoados en 2010 Do 10 de novembro ao 3 de decembro Santiago de Compostela
CONCERTOS
THE ZOMBIES 11 de novembro 22:00 horas Sala Mondo -Vigo
ISMAEL SERRANO 11 de noviembre 20:30 horas. Centro Cultural Caixanova- Vigo
THE WAVE PICTURES 12 de novembro Sala Mondo-Vigo
THE STRANGE BOYS 13 de novembro La Iguana Club – Vigo ABA TAANO 14 de novembro 20:30 horas Centro Cultural Caixanova- Vigo
Valmin?or 10.qxp:Maquetación 1
4/12/15
11:41
Página 33
AXENDA
PROGRAMACIÓN CULTURAL
PROGRAMACIÓN CULTURAL BAI NADAL 2015-2016 Xoves, 17 de decembro Centro Multiusos Ángel Bedriñana 16:00-19:00h Obradoiro para adultos: “Cores do Nadal”, elaboración de centros de mesa e decoración navideña.
DESBUNDIXIE
Venres, 18 de decembro 14 de novembro Alameda Carabela Pinta 1Aala 5:00-Aturuxo19:00h IncBueu hables e obradoiros infantís 19:00h Concerto de Panxoliñas, Coral Infantil do C.P.I. Covaterreña FITO Y FITIPALDIS Sábado, 19 de decembro 19 de novembro 21:30 horas Auditorio V Centenario Multiusos Fontes de Sar- Santiago de Compostela 17:00h Festival de Nadal, Escola Galicia en Danza de Baiona Praza Victoria Cadaval de Sabarís MIGUEL RÍOS 15:30-19:30h Inchables e obradoiros infantís
GIRA “BYE BYE RIOS ROCK HASTA EL FINAL”
Igrexa María de Baiona 20 de Santa novembro 20:00h XXVII Concerto de Panxoliñas a cargo da Coral Coliseum- A Coruña Polifónica “Baiona A Real” e da Coral Mistura Vocal de Vigo. LFUEL úns, 21FANDANGO de decembro Centro Multiusos 22:30 Ángel horas Bedriñana 11:00-13:00h 26 de novembro Obradoiro infantil: “Decoramos a nosa Árbore de Nadal”.
Entrada 6 euros
Alameda Carabela Pinta Sala AturuxoBueu 15:00-19:00h Inchables e obradoiros infantís 17:00-19:00h Visita de Papá Noel 19:00h Panxoliñas, Coral Infantil San Lorenzo de Belesar
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
M rtedecembro s, 22 de decembro 1 ade Centro Multiusos Ángel-Pontevedra Bedriñana 11:00-13:00h Auditorio Caixanova Obradoiro infantil: “Decoramos a nosa Árbore de Nadal”. Alameda Carabela Pinta 15EXPOSICIÓNS :00-19:00h Inchables e obradoiros infantís. 17:00-19:00h Visita de Papa Noel
OS GONZALO TORRENTE M ércMUNDOS ores, 23 de dDE ec em bro Centro Multiusos Ángel Bedriñana 11:00-13:00h BALLESTER OAta braodo14 irode infnovembro antil: “Decoramos a nosa Árbore de Nadal”.
Alameda Pinta Museo deCarabela Pontevedra - Pontevedra 15:00-19:00h Inchables e obradoiros infantís. Culturais e a 1A7:0Sociedade 0 EspectácuEstatal lo “A Bade ilarConmemoracións no Nadal” Fundación Gonzalo Torrente Ballester lembran ao autor de 18:30 Visita de Papa Noel
no centenario do seu nacemento S“Los ábadgozos o, 26 dye las decsombras” embro coa exposición “Os mundos de Gonzalo Torrente Ballester”, Auditorio V Centenario 2que 0:00percorre h Conceratotraxectoria de Nadal, gvital rupoedliteraria e corda edovoescritor z “Baionaa través Bay” de máis de 150 piezas (moitas delas inéditas) entre manuscritos, libros, artigos de prensa, cartas, fotografías, carteis, dibuxos e diversos documentos e obxectos personais que nos achegan a súa iconografía persoal. A mostra que está comisariada por Carmen Becerra e Miguel Fernández-Cid, complétase co documental GTBxGTB.
PANO DE FONDO Ata o 15 de novembro Centro Social Caixanova - Pontevedra
Exposición que aborda o retrato realizado nos estudos galegos, centrándose dun xeito especial na primeira mitade do século XX, periodo de extraordinaria riqueza neste aspecto. A base da mostra son os fondos que os fotógrafos colocaban tras os retratados no afán de idealizar que lle era propio á pintura da época. Desde humildes colchas a “panos” máis elaborados con paisaxes ou interiores de pazos, a exposición nos permite advertir a importancia deste elemento nas foto-
Domingo, 27 de decembro Auditorio V Centenario 20:00h Festival de Nadal, Coro de Homes “Voces Baionesas"
Lúns, 28 de decembro grafías. As imágenes captadas falan da vida rural, a emigraCentro Multiusos Ángel Bedriñana 11:00-13:00h ción, da electricidade Obrada oirpresencia o infantil: da “Admorte, ornos daeincorporación Nadal”
ou a presencia do teléfono na vida diaria.
Alameda Carabela Pinta 18:00h Espectáculo “Laboratorio Máxico” de mundo mandarina. NOSOTROS FUIMOS EMIGRANTES M artes, 29 de deTAMBIÉN cembro 11:00-13:00h Centro Multiusos Ángel Bedriñana Ata o 26 de novembro O b r a d o i r o i n f a n t i l : “ A d o r n o s d e N a d al ” Sede Náutica Caixa Galicia - Sanxenxo Alameda Carabela Pinta 1As 8:0imaxes 0h Espeque ctácrecolle ulo famesta iliarexposición, : Volta a Maobtidas xia de Dda ani fototeca García
da Axencia EFE intentan reconstruir os movementos migra-
Mércores, 30 de decembro torios que se produciron no noso país 11:0ao 0-1concluir 3:00h a guerra Centro Multiusos Ángel Bedriñana civil. As emigracións forzadas da fame ou do exilio levarían Obradoiro infantil: “Adornos de Nadal”
a un bo número españois a refuxiarse en países europeos Alameda CarabeladePinta e americanos. 18:00h Espectáculo familiar: “A historia de Branca Flor” Auditorio V Centenario EXPOSICIÓN “VIGO, A COR E A PALABRA” 20:00h Concerto de Fin de Ano, Banda de Música de Baiona Ata o 28 de novembro Sábado, 2 de xaneiro Centro Cultural Caixanova- Vigo Praza Victoria Cadaval de Sabarís 15:30-19:30h Inchables e obradoiros infantís Artistas vigueses aportarán obras para conmemorar o 17:30-19:30h Carteiro Real
Bicentenario da Cidade. A oferta expositiva complétsea
Alameda Carabela Pinta cunha nova edición da Wildlife Photographer of the Year 2010, e 18:00h Show Navideño do Payaso “Popín”: Humor e Maxia a coprodución, co Museo do Mar, de Fillos do océano, d fotóDomingo, 3 de xaneiro grafo vigués Javier Teniente. Auditorio V Centenario 16:30h Festival Navideño “Los Cates y los Peques” Miradas. Realidades, expresiones, tramas. Arte en Catequese da Parroquia Santa María de Baiona Galicia desde 1975 Lúns, 4 de xaneiro Ata o 16 de xaneiro de 2011 Alameda Carabela Pinta Fundación Caixa Galicia - Pontevedra 15:30-19:30h Inchables e obradoiros infantís 1O 7:3proxecto 0-19:30hexpositivo Carteiro Reeaeditorial l «Miradas», é unha iniciatiM tes, sitúa 5 de xasanobras eiro da colección baixo a perspectiva partivaarque Gran Cabalgata dos Reis Magos cular dos comisarios que toman parte nesta serie de catro Ás 17:00h. partirán da Ramallosa Ámostras. s 18:00hFernando . sairán deCastro, nde SanAlfonso ta Martade la Torre, Fernando
Huici e Iria Candela presentan unha coidada selección dos fondos da Colección Caixa Galicia, centrándose cada un en núcleos temáticos diversos pero complementarios. Visitas para grupos, concertar no teléfono 982 289 096. Visitas para público xeral, mércores ás 19.30 h.
Horario de apertura ao público: De luns a sábado, 12-14 h e 18-21 h. Domingos e festivos, 12-14 h.
cousas de val miñor
33
Valmin?or 10.qxp:Maquetación 1
4/12/15
11:41
Página 34
QUEN É QUEN NO RUEIRO
Rúas de ... Gondomar
Manuel Curros Enríquez 1851-1908 Escritor, xornalista, masón e de inclinacións progresistas, Curros Enríquez é uns dos grandes referentes do Rexurdimento, xunto con Rosalía e Pondal. Naceu no número 14 da rúa San Roque de Celanova (Ourense) en 1851. De novo viaxou a Madrid onde se instalou en casa do seu irmán, Ricardo. Alí estudou Bacharelato e comezou a carreira de dereito. Máis tarde ingresou como escribano do concello madrileño, o que lle facilitou a relación cos círculos literarios da zona e onde comezou a facer carreira. As súas inclinacións ideolóxicas promoveron a súa unión coa loxia Auria de Ourense onde cultivou unha a ideoloxía republicana progresista e que mostrou en reiteradas veces nos seus poemas e artigos xornalísticos. En 1868 participou na revolución acuñada como “A gloriosa” e cinco anos despois casou coa zamorana Modesta Luisa Polinia Vázquez, á vez que se instauraba a república. A partir deste punto a súa actividade literaria e xornalística é moi intensa publicando entre finais de 1875 e inicios do 76 as “Cartas do Norte” durante guerra carlista e que posteriormente publicou no diario “O imparcial”, aínda que as súas letras tamén encheron as páxinas de xornais como “O País” ou “A gaceta de Madrid”, entre outros. Catalogado como poeta civil, Enríquez gaña en 1877 un certame de poesía en Ourense cos poemas “A virxe do cristal”, “O gueiteiro” e “Unha voda en Einibó”. Un ano máis tarde Curros regresa a Ourense e traballa na Intervención da Administración Económica. A publicación de “Aires Da Miña Terra” en 1880 valeulle para ser condenado pola igrexa a algo máis de dous anos de carcel baixo o cargo de "herexías e ataque á relixión". Finalmente o escritor foi absolto na Coruña e tras varios devenires decide emigrar a Cuba en 1894. Xa en América dirixe “A Terra Galega” e participa en“O Diario das Familias” e no “Diario da Mariña”. Trala súa morte, o 7 de marzo de 1908, os seus restos foron devoltos a Galicia. Actualmente está enterrado no cemiterio de San Amaro, na Coruña.
34
cousas de val miñor
Valmin?or 10.qxp:Maquetaciรณn 1
4/12/15
11:42
Pรกgina 35
Valmin?or 10.qxp:Maquetación 1
4/12/15
11:42
Página 36
SERVICIOS * Formación * Ofertas y bolsas de empleo * Oportunidades de negocio * Convenios * Asesoramiento * Legislación
Polígono Industrial de A Pasaxe. Outeiro do Ferro, 61 36316 Vincios (Gondomar) | Telf.: 986 468 196 Fax: 986 469 035 www.apasaxe.org