Revista de Baiona, Gondomar e Nigrán Distribución gratuita Ano IV / nº11 primavera 2016
RUTAS | 14
MIÑORÁNS | 20
GALICIA SOLIDARIA | 24
DEPORTES | 30
O PAZO DE PÍAS
CAÍNO
SOLIDARIEDADE E DEPORTE
BAITRA BAIONA FÚTBOL SALA
EDITORIAL Anemia de Fanconi A anemia de Fanconi é unha das denominadas 'Enfermidades Raras'.Esta grave enfermidade que foi descuberta no ano 1927 por un pediatra suízo chamado Guido Fanconi, é unha enfermidade que se manifesta principalmente en nenos a través de anemias e episodios infecciosos e hemorrágicos que adoitan ser persistentes e severos. A pesar da súa gravidade, esta enfermidade hereditaria é moi pouco coñecida entre a sociedade, xa que son poucos os casos descritos na poboación. En España sospéitase que existen ao redor de cen familias afectadas. Con frecuencia o drama familiar asociado á enfermidade agudízase polo descoñecemento da mesma. En Galicia diagnosticáronse cinco casos de Anemia de Fanconi, todos relacionados con familias do Val Miñor. Descoñécese se por caprichos do xenética pero o certo é que todos teñen vinculación familiar co municipio de Nigrán. Polo momento, o transplante é a única solución a esta patoloxía que destrúe progresivamente as células sanguíneas. os pacientes enfróntanse a transfusións ata que aparece un doante. Numerosos casos atópano na propia familia, pero hai outros que viven a angustiosa espera durante anos. De momento unicamente a Solidariedade e compatibilidade xogan un papel determinante para eles.
ÍNDICE 4 NOVAS VAL MIÑOR 6 NOVAS GONDOMAR 8 NOVAS BAIONA 12 NOVAS NIGRÁN 14 RUTAS: O PAZO DE PÍAS 20 MIÑORÁNS 22 FORMACIÓN E EMPREGO 24 GALICIA SOLIDARIA 27 FALAREDES 28 OCIO 30 DEPORTES 32 AXENDA 34 QUEN É QUEN NO RUEIRO
Foto portada: Fachada Pazo das Pías Ano IV / Nº 11 primavera 2016 Revista de información local. Tirada 5000 exemplares. Xestión Publicidade: 626 993 480 Edición, redacción e distribución: EDICIONES BASAN, S.L. C/ López de Neira, nº 3, 3º. 36202 Vigo Colaboración na redacción: Pablo Fernández Estévez www.cousasde.com cousasde@edicionesbasan.com facebook.com/cousasdevalminor Depósito Legal: C 3539-2010 A empresa resérvase todos os dereitos da publicación, sen que poida reproducirse total ou parcialmente o seu contido, sen o consentimento previo dos editores. cousas de val miñor
3
NOVAS VAL MIÑOR
NIGRÁN, BAIONA E GONDOMAR ENVÓRCANSE COA ANEMIA DE FANCONI A avenida Julián Valverde de Sabarís foi o escenario elixido para celebrar a segunda edición da Milla Solidaria de Fanconi. A proba, que levouse a cabo o domingo 28 de febrero coincidindo co Día Mundial das Enfermidades Raras, tivo como obxectivo axudar coa recadación obtida á Asociación Española de Anemia de Fanconi. A cita contou coa asistencia de máis de 600 persoas así como os tres alcaldes da comarca miñorana, concelleiras, e o conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Jesús Almuiña. MILLA POLA INTEGRACIÓN Como novidade, a de este ano, incluíu unha carreira adaptada de cadeiras de rodas denominada “milla pola integración”. Esta modalidade, cunha lonxitude de 800 metros, dividiuse á súa vez en tres subgrupos: cadeiras eléctricas, de rúa e de atletismo nos que competiron un total de 32 persoas. O circuíto, que se situou na travesía interior de Sabarís, desenvolveuse con distancias que oscilaron entre os 150 e 1.650 metros en función das categorías e idade dos corredores. Desta maneira a proba acolleu un amplo abanico de deportistas e incluíndo tanto a federados como aos que se achegaron a pasar un bo intre e contribuír á causa. Dado o carácter solidario do evento e do mesmo xeito que na primeira edición, todos aqueles que tiveron a intención de axudar pero sen participar na proba puideron facelo realizando donativos ao dorsal 0. ANEMIA DE FANCONI, UNHA ENFERMIDADE RARA DE BAIXA FRECUENCIA. A anemia de Fanconi foi descuberta por Guido Fanconi en 1927, se trata dunha patoloxía xenética da que tan só hai rexistrados 100 casos en todo o territorio nacional e dos cales 5 están relacionados con familias do Val Miñor . Está calificada como enfermidade rara dada a súa baixa frecuencia, 1 caso por cada 350.000 persoas. A doenza conleva a mutación dos xenes que se encargan de codificar as proteínas que rexeneran o Ácido Desoxirribonucleico ou ADN, o que se traduce nun aumento de posibilidades para desenvolver cancro ou fallos na medula ósea en aqueles que a padecen. Así mesmo leva asociada unha diminución hematológica de glóbulos vermellos, leucocitos, plaquetas e anomalías conxénitas que afectan o esqueleto, sistema nervioso central, órganos internos e cerebro. O tratamento máis coñecido para os pacientes con anemia de Fanconi consiste nun transplante de medula ósea a partir dun doante familiar compatible. As baixas posibilidades de que se cumpran as condicións para que este feito prodúzase motivou a hospitais e a laboratorios de investigación biomédica a traballar xuntos en busca de alternativas tales como transplantes de células do cordón umbilical ou terapias xénicas. (Fontes: Asociación Española de Fanconi e Wikipedia)
4
cousas de val miñor
SABORES VAL MIÑOR
SABORES VAL MIÑOR
cousas de val miñor
5
NOVAS GONDOMAR 20 NENOS DE GONDOMAR APRENDEN SEGURIDADE VIARIA
O CARRIL BICI VIGO-BAIONA ESTENDERASE ATA GONDOMAR NUN PLAZO DE CATRO ANOS A Xunta de Galicia pon en marcha a primeira fase do Plan de Sendas de Galicia no que se prevé a construción dun novo carril bici que unirá A Ramallosa con Gondomar “para dar continuidade ao eixo VigoBaiona”, explicaron fontes oficiais. Trátase dun conxunto de actuacións que contan cun investimento total de 26,3 millóns de euros, destinados á construción de 55 itinerarios distribuídos en 7 comarcas galegas e que se enmarcan dentro do Plan de Seguridade Viaria 20162020. Así pois e unha vez executadas todas as súas partes percorrerán un total de 170 quilómetros. Na primeira actuación cubrirase un total de 75 quilómetros dos cales 12 levarán a cabo na área de Vigo e nos que se inclúe a unión entre a vila condal e o barrio nigranés. Desde o goberno autonómico adiantaron que levarán a cabo catro tipo de configuracións diferentes en función das necesidades dos viais, e que estarán condicionadas en gran medida polo espazo dispoñible a redistribuír. A máis completa contará con zona de tránsito peonil e carril para bicicletas segregado; a mixta, compartirá a de peóns e ciclistas; a mixta con bordo, na que a gabia de seguridade substituirase por bordo e canalización de pluviais; e a senda mínima, onde se manterán como elementos de identidade o pavimento integrado e o bordo con sinalización.
6
cousas de val miñor
Máis dunha vintena de nenos de Gondomar participaron no curso de educación viaria que a Policía Local do municipio e a agrupación de tráfico da Garda Civil de Pontevedra impartiron na escola infantil San José de Borreiros. Trátase dunha iniciativa nada para inculcar hábitos de circulación seguros aos máis pequenos tanto desde o punto de vista do condutor como desde o do peón ou do ciclista. Para iso servíronse dun circuíto simulado no que os alumnos adoptaron diversos roles en varios contextos diferentes para ensinarlles a toma de actitudes correctas en función da situación.
O CLUB DE PATINAXE ARTÍSTICA DE GONDOMAR, NA ÉLITE NACIONAL O quinto posto obtido polo Club de Patinaxe artística de Gondomar no Campionato de España de Grupos de Show serviulles á agrupación gondomareña para situarse no top five nacional da súa categoría. A proba celebrouse o pasado mes de febreiro na localidade Catalá de Vilanova i a Geltrú e contou ca participación de máis de 20 equipos de primer nivel. Un logro excepcional por parte do equipo adestrado por David Figueora nos seus dous anos escasos de vida.
GONDOMAR
VIVE GONDOMAR!
cousas de val miñor
7
NOVAS BAIONA
A V EDICIÓN DA GALA DO DEPORTE DE BAIONA CONSOLÍDASE COMO REFERENTE AUTONÓMICO Baiona celebrou o pasado sábado 20 de febreiro no auditorio V Centenario a súa quinta edición da Gala do Deporte, celebración que naceu co fin de premiar a traxectoria de deportistas e entidades locais que participan no desenvolvemento e promoción do deporte Baionés. PREMIADOS Nesta ocasión o recoñecemento polos méritos logrados durante a tempada 2015 foron para Omar Rodríguez Martínez e Josefa Freire Mosquera como mellores deportistas masculino e femenino, Deportes Gol como mellor patrocinador, Diego Otero Míguez e Silvia Marcote Carneiro como mellores deportistas base masculino e feminino; o Erizana Club de Fútbol como mellor entidade e o galardón para o evento deportivo foi para o Trail Serra da Groba. A CITA CONTOU CON PADRIÑOS DE EXCEPCIÓN O remeiro olímpico, Franco Cobas, e o director da Fundación Celta de Vigo, Germán Arteta, acudiron á cita como padriños de excepción, ademais de contar co director de deportes de Onda Cero, Rubén Rei, que asistiu en calidade de presentador. 8
cousas de val miñor
MENCIÓNS ESPECIAIS Como vén sendo habitual a cita reservou un espazo para os recoñecementos especiais, un galardón que busca agasallar tanto a persoas como a entidades que no pasado traballasen activamente para dar un empuxe á práctica deportiva local en calquera das súas vertentes. Nesta ocasión os homenaxeados foron Francisco Galbón, fundador da directiva do Rapido de Sabarís, e Francisco Varela, Vicente Domínguez e José Manuel Iglesias, como impulsores de diferentes iniciativas nadas co fin de manter vivo o recordo do Rápido. Así mesmo outro dos premiados foi o Rápido de Sabarís, un dos equipos máis emblemáticos da vila durante a década dos anos 60 e 70. POSTA EN ESCENA AO MÁIS PURO ESTILO TELEVISIVO Preto das sete da tarde, veciños e diferentes personalidades da comarca foron chegando en goteo constante ás instalacións do Auditorio V Centenario, alí un photocall colocado na porta de acceso da sala funcionou como reclamo para aqueles que querían deixar constancia da súa presenza ou simplemente como recordo da gala. Rubén Rei foi o encargado de dar o pistoletazo de saída dunha cerimonia enfocada ao máis puro estilo televisivo, con baile incluído, e que ademais contou coa colaboración de oito novos espectadores provenientes dun dos colexios da localidade. As mozas de Galicia en Danza e da Escola de Danza Vila de Baiona foron as encargadas de dinamizar a velada cos seus potentes espectáculos.
BAIONA
VIVE BAIONA!
cousas de val miñor
9
NOVAS BAIONA A ARRIBADA 2016 VENCE Á CHOIVA E O VENTO EN BAIONA CUN TOTAL DE 200.000 VISITANTES As adversidades meteorolóxicas vividas no primeiro fin de semana do pasado mes de marzo non foron quenes de mitigar unha Festa da Arribada que por primeira vez celebrou a súa condición de evento de interese turístico y con tres días de celebración. A pesar de que a choiva e o vento obrigaron á organización a suspender o espectáculo musical previsto para o venres 4 de marzo no Paseo de Ribeira ademais do servizo de transporte marítimo do sábado 5, fontes oficiais cifraron en 200.000 os visitantes que se achegaron á vila mariñeira para vivir en primeira persoa unha viaxe no tempo no que como de costume non faltaron detalles. ESTREA DO “HIMNO A BAIONA” Así pois a de 2016 deu o seu pistoletazo de saída condicionada polas adversidades e de maneira pouco usual. Os discursos habituais no monumento de Martín Alonso Pinzón da primeira xornada cambiaron en día e hora pasando a celebrarse no recinto do auditorio V Centenario en venres tarde, ademais das tradicionais salvas que nesta edición substituíronse por fogos de artificio. Unhas variacións que non supuxeron unha diminución na calidade da inauguración e á que acudiron numerosas personalidades políticas e civís. Precisamente a gran sorpresa reservada para a velada foi a estrea do “Himno a Baiona”, compuesto polo director da Escola de Música de Baiona, Gabriel Rodríguez, e interpretado pola soprano Andrea Pousa ademais dos integrantes da agrupación, que se encargaron da parte instrumental. 10.000 PRAZAS DE APARCADOIRO EN PORTO DO MOLLE Ademais dos servizos de transporte marítimo, que rexistraron máis de 3.200 usuarios, á edición de 2016 sumóuselle unha inciativa ideada desde o Concello co fin de aliviar o tráfico na real vila. Así pois habilitouse un recinto no parque empresarial de Porto do Molle, no municipio veciño de Nigrán, con capacidade para 10.000 prazas de aparcadoiro e un servizo de lanzadeiras que se encargaron de achegar aos visitantes á zona de celebracións, estimados en 4.000. Por outra banda, axentes da Garda Civil de Tráfico blindaron os accesos por estrada a Baiona durante o tres días que durou a festa co fin de controlar o binomio condución, alcol ou outro tipo de sustancias non permitidas.
10
cousas de val miñor
NOVAS BAIONA AUMENTO DE MEDIDAS DE SEGURIDADE Cabe destacar un aumento nas medidas de seguridade e emerxencia, ademais da coordinación dos efectivos mediante a consolidación dun posto de mando avanzado e a utilización dun dron de vixilancia. Dita medida facilitou a toma de decisións in situ e traduciuse nunha diminución das denuncias, alteracións, así como en comportamentos incívicos e danos ao patrimonio. O devandito despregamento permitiu ás forzas de seguridade a detención de cinco presuntos carteiristas, e aos que se estivo investigando pola onda de furtos xurdida na terceira xornada. REPRESENTACIÓNS E ACTIVIDADES A pesar da suspensión do espectáculo previsto para as 21.00 horas do venres, o tres xornadas nas que se dividiu a festividade non viron alterado o seu programa de espectáculos, representacións e actividades. Un total de 39 horas nas que calquera recuncho do centro histórico da vila foi o lugar perfecto para levar da man aos asistentes ao ano 1493, momento no que Martín Alonso Pinzón, a bordo da carabela “Pinta”, trouxo a noticia do Descubrimento do Novo Mundo. Ás 23 horas do domingo día 6 de marzo deuse por finalizada a festividade e os operarios municipais puxéronse mas á obra para devolver a normalidade ao municipio.
cousas de val miñor
11
NOVAS NIGRÁN NIGRÁN TRABALLA PARA BUSCAR UNHA SOLUCIÓN AO PROBLEMA DO ECOSISTEMA DUNAR DE PRAIA AMÉRICA O estado de deterioro que sofre o ecosistema dunar de Praia América en Nigrán é un feito, e independentemente de si deriva da acción do home ou de causas meteorolóxicas extremas, o alcalde Juan González aproveitou a presenza do delegado da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio Lopez Chávez, para porlle en contexto da situación que sofre a contorna natural. Chávez pola súa banda tivo a oportunidade de comprobar os estragos achacados ao cambio do curso do río Muíños no areal, e comprometeuse a polo en coñecemento do ente supramunicipal. O espazo natural atópase ante un conflito de competencias entre o triángulo Concello, Xefatura Provincial de Costas e Xunta de Galicia. O que levou á Administración local a iniciar os trámites para a elaboración dun informe de impacto ambiental paralelo con expertos na materia. A crecida do Muiños producida polos temporais de principios de ano arrincaron literalmente parte das dunas de Praia América o que levou ao Concello a polo en coñecemento do órgano nacional. Estes pola súa banda derivaron o problema á Xunta pero o departamento competente se desentende alegando que devandita contorna foi declarada provisionalmente como Espazo Natural de Interese Local (ENIL) en 2014, co que a súa xestión correspondería á Administración local. González pola súa banda aclarou que é coñecedor da súa competencia e que tan só solicitaron asesoramento para buscar unha solución ao problema, algo ao que Chávez tamén se comprometeu. Con todo, o goberno local non cesa no seu empeño e fixo entrega dun escrito ao vicepresidente do goberno autonómico, Alfonso Rueda, que aínda non obtivo resposta.
NIGRÁN ELIMINA BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS DO SALÓN DE ACTOS MUNICIPAL Nigrán levou a cabo a inauguración dunha nova rampla de acceso ao escenario do salón de actos municipal nun acto protagonizado polo campión paraolímpico Sebastián “Chano” Rodríguez. O deportista ofreceu unha charla a 150 alumnos do CEIP Humberto Juanes de hora e media de duración sobre a súa traxectoria profesional, e ilustrada con varios vídeos acerca dos seus logros. Así mesmo Rodríguez incidiu nos bos hábitos alimenticios e deportivos, beneficiosos para todos en xeral. Durante a velada os estudantes saciaron a súa curiosidade formulando multitude de preguntas ao deportista. Pola súa banda o rexedor local, Juan González, mostrouse orgulloso de contar coa presenza do campión paraolímpico. “Para nós é un orgullo que sexa Chano Rodríguez o que empregue por primeira vez esta rampla . Como Concello, temos que dar exemplo e eliminar as barreiras arquitectónicas presentes nos espazos municipais”, declarou. Para finalizar, González convidou a Rodríguez a asinar no libro de honra ademais de entregarlle un agasallo como mostra de agradecemento. 12
cousas de val miñor
NIGRÁN
VIVE
NIGRÁN!
cousas de val miñor
13
RUTAS
O PAZO DE PÍAS: Pablo Fernández Estévez No barrio nigranés da Cabreira en A Ramallosa atopámonos cun enclave arquitectónico cargado de historia e liñaxe. Trátase do Pazo de Pías, que actualmente funciona como albergue, hospedaría, lugar de recollemento e no que até fai escasos tres anos amparaba a orde das Damas Apostólicas. Na actualidade continua pertencendo ao Instituto Relixioso Apostólicas do Corazón de Xesús que o adquiriu por doazón de Dona Ramona Diéguez Cervela cara a 1950. A edificación orixinal data do século XVII e foi erixida por Don Félix Correa Alemparte, escribano de Baiona e membro do Santo Oficio. O conxunto foi obxecto de numerosas remodelacións que o desvirtuaron do seu espírito orixinal, a primeira despois da invasión portuguesa no Val Miñor que se saldou co saqueo e incendio do mesmo en 1665, testemuña diso é a fachada orixinal que se conserva no patio interior, seguido da entrada principal. Posteriormente e despois de que fose cedido á orde eclesiástica anteriormente mencionada, ésta levantou varios edificios anexos. O primeiro, de 1960, que foi destinado á casa de exercicios e o segundo, dez anos despois, utilizado como escola fogar e que encóntrase orientado cara ao norleste do complexo. A nave orixinal está atravesada por un túnel, algúns contan que se utilizaba como pasadizo de huída aínda que si que é certo que funcionaba como canle de regadío, na actualidade está intransitable.
14
cousas de val miñor
13.000 METROS CADRADOS DE PAZ NO CORAZÓN DA RAMALLOSA
RUTAS TERREO E EXTENSIÓN O terreo do que goza o pazo posúe 13000 metros cadrados de extensión aínda que o seu tamaño orixinal era moitísimo maior, contan as historias populares que chegaba ata a actual ponte da Ramallosa. Así mesmo conta cunha superficie construída de 3500 metros cadrados. O conxunto posúe un lavadoiro, varios xardíns e un hórreo de dous pisos construído en pedra así como varios pozos, todo iso contemporáneo á primeira construción.
HERÁLDICA Este enclave foi testemuña dunha intensa vida nobiliaria polo que pasaron e residiron membros muy influintes na sociedade e política do momento. Mostra diso son os dous escudos heráldicos situados na fachada principal da construción. Ambos datan da primeira metade do século XVIII. O primeiro, que se atopa erosionado polo paso dos anos, componse de catro escudos que simbolizan a unión entre os Romero e os Bacelar Alemparte. O segundo fai alusión á liñaxe dos Correa. (Fonte: Nigrán: Casas, pazos, heráldica y linajes).
cousas de val miñor
15
RUTAS HÓRREO EN PEDRA E DE DOUS ANDARES. Parte dos terreos do complexo funcionaban como grandes extensións agrícolas, de aí a existencia dun hórreo construído en pedra de gran tamaño e con dous andares. Trátase dun elemento pouco común en Galicia e nel almacenábanse as colleitas de millo e pataca. Ademais a zona caracterizábase por unha gran produción vinícola.
CAPELA ORIXINAL Nada máis entrar na nave principal atópase unha capela de pequenas dimensións que conta cunha pila en pedra de orixe precolombino. A estancia mantívose tapiada durante moitos anos e as historias contan que durante un tempo serviu como sala de torturas.
16
cousas de val miñor
RUTAS
HOSPEDARÍA PEREGRINOS.
E
ALBERGUE
DE
Desde agosto de 2015 as instalacións ofrecen o servizo de hospedaría, ademais do xa existente albergue para peregrinos que percorren o camiño francés pola costa. O seu xerente, Felipe Rodicio, explicou que o que se busca é manter o espírito de tranquilidade a todos os visitantes. “O vantaxoso deste complexo é que se trata dunha edificación na que se respira paz, pero sen afastarse da zona urbana e das praias”, explicou a esta revista. Por outra banda Rodicio incidiu no aumento de viaxantes no seu periplo até a capital galega pasando de 800 en 2014 a algo mais de 1100 no pasado ano. FIEL Á TRADICIÓN A pesar de que o emblemático Pazo de Pías diversifica a súa oferta de servizos, continúa sendo fiel á tradicionalidade ademáis de seguir moi vinculado á liturxia xa que nel celébranse cursos matrimoniais, xornadas de convivencia, serve como zona de descanso para sacerdotes e funciona como referencia pastoral do Val Miñor.
cousas de val miñor
17
RUTA
O PAZO DE PÍAS COMO PIONEIRO NA PLANTACIÓN DA PATATA É indudable o peso histórico que o complexo arquitectónico ten as suas espaldas. Isto supón que se xeren múltiples historias en torno a él como por ejemplo a contada polo xerente da hospedería, e é que él asegurou que a patata, logo de entrar por Baiona, comezou a cultivarse nos terreos do pazo, convertíndose no pioneiro da plantación de este tubérculo.
INVASIÓN PORTUGUESA DE 1665: As batallas libradas co exército portugués no século XVII no sur de Galicia foron numerosísimas. Por exemplo na Guarda (Castelo de Santa Cruz), e dende o Val do Rosal entraron hacia Loureza e Burgueira arrasando San Ciprián, Borreiros e Donas en dirección ao Val Miñor, cebándose tamén con Gondomar e Panxón pasando por Baiona, Porriño, ou a vila de Bouzas, entre outras . A súa dinámica era chegar, ocupar as edificacións, saquealas e logo prenderlles lume. Fuente: D. Juan Domínguez Fontela Nuestra Guerra con Portugal en el Siglo XVII.
18
cousas de val miñor
MIÑORÁNS
CAÍNO, MÁIS DE 40 ANOS EXPRESANDO OS SEUS SENTIMENTOS A TRAVÉS DA ARTE. Pablo Fernández Estévez Claudio Vasconcellos “Caíno”, natural de Baiona, é un dos referentes artísticos da comarca miñorana. O artista naceu en 1948 nunha pequena casa do barrio da Santísima Trinidade. Nos anos 50 Caíno e a súa familia se trasladaron ao barrio da Anunciada, en concreto a as recentemente construídas vivendas sociais aínda que o pintor aferrouse á súa barriada natal e ao Loureiral, onde a súa avoa Lola tiña a súa casa. Co paso dos anos dita vivenda acabouse converténdo na súa residencia definitiva, lugar de retiro, descanso e reflexión á vez que a súa fábrica de ideas. Aquí Caíno pasa as horas creando xunto á súa cadela e facendo o que mellor se lle da: pintar. A pesar de que o artista se inclina pola pintura, tamén tocou a escultura ou escritura inclinado por unha das súas máximas. E é que para el “a arte ten que emocionar”. En 2011 publicou un libro de poesía titulado “As portas ausentes” e na actualidade atópase traballando no seu proxecto “Os ollos no tempo” e no que leva inmerso durante varios anos. Trátase dunha serie de fotografías que levan acompañados textos reflexivos escritos polo artista e que conta coa colaboración de Alberto Rey Lama. O LOUREIRAL: DE AVÓS A NETOS. A súa casa é a súa retiro e dá fiel testemuño de todas as súas inquietudes ao mesmo tempo que rezuma historia. Non hai unha soa parede ou recuncho que non conte algunha anécdota ou fase das súas diferentes etapas como artista. A medida que imos subindo pisos ímonos achegando ao xerme, ao seu estudo. Como xa é habitual o pintor aproveita as horas de luz diurna para traballar, di que así todo é máis fiel ao que quere transmitir, “ademáis agora o tempo xa non é un problema para min”. O SEU PRIMEIRO XOGO DE ACUARELAS Cando lle preguntan que de onde vén a súa devoción polas artes pictóricas non sabe responder, pero lembra con anhelo a súa primeira caixa con acuarelas. “Conseguina aos 10 anos de idade grazas a un programa radiofónico e aínda é hoxe o día que o seu cheiro me lembra a esta época da miña vida”. 20
cousas de val miñor
MIÑORÁNS LONDRES: O INICIO DA SÚA TRAXECTORIA A pesar de que Caíno é de familia de mariñeiros, a súa vida estivo relacionada co mundo farmacéutico traballando na farmacia “Barreiro” como mancebo de botica. En a década dos 70 ao seu regreso do servizo militar o artista embarcouse no “Monserrat” camiño de Londres e onde residía a súa irmá. Alí traballou como cociñeiro ao mesmo tempo que comezou a introducirse no panorama cultural do lugar. Meses despois expón por primeira vez nos enreixados do Hyde Park, “a galería de arte ao aire libre máis grande que existe”. O artista resalta que esta época foi transcendental para a súa evolución artística a posteriori. ARTISTA QUE EXPERIMENTA COA TRADICIONALIDADE DAS COUSAS Poderíase dicir que o artista tocou a maior parte dos estilos, tales como o impresionismo, expresionismo, cubismo ou surrealismo, todo iso cun estilo propio moi marcado e caracterizado polo uso de cores moi vivas. Así mesmo esa inquietude por probar levoulle a experimentar coa mestura de diferentes técnicas na súa obra, así pois o Baionés atrévese indistintamente con acuarela, ilustración, debuxos ou a mestura de materiais tradicionais con novos como o óleo con pastel e ceras, po de mármore, acrílicos ou xeso, entre outros. “Utilízoos para conseguir texturas, para que a miña obra exprese o que sinto”. Con todo, a infancia, a tradicionalidade e o pasado vivido son os grandes alicerces da temática do autor no que destacan romarías, espazos naturais, a pesca, o mar, homes, mulleres e nenos. Caino sente na obrigación de non deixar caer no esquecemento algo que lle proporcionou moita felicidade. CENTOS DE EXPOSICIÓNS ÁS SÚAS COSTAS Con máis de corenta anos de experiencia Claudio Vasconcellos relacionouse con referentes da arte a nivel mundial chegando a expor na galería Jadite de Nova York en 1994 e no M. A. Art Gallery da mesma cidade. A súa experiencia marcou un antes e un despois xa que como o afirmou “iso é outro mundo, alí valoran moitísimo mais as obras de arte do mesmo xeito que en Londres. O problema é que en España se valora máis un coche que un cadro”. Así mesmo tamén levou a cabo mostras en cidades como Santiago de Compostela, Madrid, Ourense ou Viana do Castelo (Portugal), entre outras. Na actualidade atópase preparando varias exposicións. A primeira inaugurarase cara ao mes de novembro do presente ano na galería Sojo de Vigo, na que exporá ao redor dunha vintena de obras. A segunda será cara a 2017 na sala de exposicións do Palacete dos Mendozas en Pontevedra e será de mayores dimensións.
cousas de val miñor
21
FORMACIÓN E EMPREGO
OS CONCELLOS DO VAL MIÑOR ÚNENSE PARA POÑER EN MARCHA VALMIEMPREGA, UN NOVO PROXECTO PARA FAVORECER A INSERCIÓN LABORAL DOS MÁIS NOVOS
NIGRÁN, GONDOMAR E BAIONA FIRMAN UN CONVENIO PARA O DESENVOLVEMENTO DE TRES CURSOS QUE FORMARÁN A 45 MOZOS DESEMPREGADOS DA COMARCA OS OBRADOIROS CONTAN CUN ORZAMENTO DE MÁIS DE 370.000 EUROS E ESTARÁN RELACIONADOS CO SECTOR TURÍSTICO E AS NOVAS TECNOLOXÍAS 22
cousas de val miñor
A agrupación de concellos do Val Miñor, integrada polos municipios de Nigrán, Gondomar e Baiona, vén de firmar un convenio de colaboración para a posta en marcha de Valmiemprega-Xove, un novo proxecto de inserción profesional, enmarcado no programa europeo de Garantía Xuvenil, para promover e desenvolver políticas activas de emprego que permitan a incorporación ao mundo laboral de 45 mozas e mozos desempregados da comarca. Así o anunciou esta mañá o presidente da Mancomunidade de Concellos do Val Miñor (MCVM) e alcalde de Nigrán, Juan González, na clausura do obradoiro de emprego Terras do Miñor IV, no que participaron 23 alumnos-traballadores que se formaron nas especialidades de Operación Básica de Cociña e de Servizo de Restaurante. Ao acto, celebrado no Auditorio Municipal de Nigrán, asistiron os rexedores de Gondomar e Baiona, Paco Ferreira e Ángel Rodal, así como do delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e o xefe territorial da Consellería de emprego en Pontevedra, Ignacio Rial.
FORMACIÓN E EMPREGO O alcalde de Nigrán salientou o éxito da cuarta edición de Terras do Miñor, xa que "algunhas das persoas que concluíron o obradoiro xa están a traballar no sector hostaleiro" e aproveitou para comunicar a solicitude dun novo proxecto laboral, Valmiemprega-Xove, que conta cun orzamento de máis de 370.000 euros (370.839,39 euros) dos que as tres localidades aportan 10.578 euros en total. "Os concellos do Val Miñor volvemos a colaborar xuntos nunha proposta formativa co obxectivo de facilitar o acceso da xente máis nova da comarca ao mercado de traballo", comentou González, quen subraiou a importancia da temática dos obradoiros para a súa posterior inserción laboral. Nesta nova iniciativa, dirixida a rapaces desempregados de entre 16 e 30 anos, vólvese a apostar pola impartición de cursos relacionados cunha das principais actividades da zona, como é o turismo, e coas novas tecnoloxías aplicadas á potenciación deste sector. Deste xeito, ofertaranse as especialidades de "Promoción turística local e información ao visitante", "Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web" e "Deseño de produtos gráficos". En cada curso haberá 15 alumnos-traballadores que, durante seis meses, terán que realizar 1.680 horas teóricas e 1.200 horas prácticas para recibir o seu diploma. Nova edición de "Terras do Miñor" O alcalde de Nigrán sinalou, ademais, que xa está en marcha a petición á Xunta de Galicia da quinta convocatoria de Terras do Miñor, da que se poderán beneficiar outras 45 persoas desempregadas da comarca e á que nesta convocatoria se suma o obradoiro de “Limpeza de superficies e mobiliarios en edificios e locais”.
GALICIA SOLIDARIA
A SOLIDARIEDADE E A INCLUSIÓN REINARON EN NIGRÁN DURANTE 7
Máis de 200 deportistas repartidos en 23 equipos déronse cita no pavillón municipal de Nigrán para participar na segunda edición do “Torneo Basket sen Barreiras”, organizado polo Concello, o Club de Baloncesto Nigrán e a Asociación Española Contra o Cancro (en diante AECC). Á cita contou coa participación dos alumnos dos centros escolares Carlos Casares, Cruz Camos, Humberto Juanes, Panxón e Gondomar. Asimesmo contou con dous invitados de excepción, o club de baloncesto AMFIV (Asociación de Minusválidos Físicos de Vigo) e o Centro Juan María. A iniciativa, que tivo lugar os días 21 e 22 de marzo, desenvolveuse cunha marcada tinguidura solidaria xa que a súa finalidade foi a de recadar fondos para axudar a la investigación do cancro. Á finalización do torneo, os organizadores fixeron entrega do recadado á AECC, un total de 355 euros. 24 cousas de val miñor
GALICIA SOLIDARIA
N SOCIAL E DEPORTIVA 72 HORAS
O TORNEO INAUGUROUSE COA “MARCHA CONTRA OU CANCRO” Previo ao evento deportivo celebrouse unha marcha de relevos en apoio a devandita doenza coma se da inauguración duns xogos olímpicos se tratase, e que foi bautizada como “Marcha contra o cancro”. Así pois ás 12 do mediodía do domingo 20 de marzo, un centenar de persoas, entre eles membros do centro Juan María de Nigrán, do goberno local e da AECC, reuníronse no consistorio para completar o percorrido existente a pé ata as instalacións deportivas nigranesas pasándose un balon de baloncesto a modo de facho. O esférico presidiu a celebración do torneo nunha cancha específica colocada para a ocasión.
GALICIA SOLIDARIA
XORNADAS DEPORTIVAS CON INVITADOS DE EXCEPCIÓN. O torneo deu comezo na mañá do luns coa visita dos xogadores do Centro Juan María que pasaron un momento distendido tras compartir as actividades programadas co CB Nigrán. Xa pola tarde foi a quenda das categorías baby e benxamín que disputaron varios encontros nas tres pistas habilitadas no polideportivo municipal para tal fin. A segunda xornada comezou con varios partidos de baloncesto integrado da mano do club AMFIV, ao mesmo tempo que os máis pequenos comprobaron de primeira man as dificultades que entraña a práctica de devandito deporte en cadeira de rodas. Para finalizar o torneo, os equipos Miraba, Redondela, Gondomar, Condado Ponteareas, Colexio Mariano disputaron os últimos encontros no pavillón. Posteriormente procedeuse á entrega de trofeos, á que asistiron o alcalde de Nigrán, Juan González, o alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira e o concelleiro de Deportes, Jose Luís Sanromán. Xa como colofón a directiva do CB Nigrán levou a cabo a entrega dos 355 euros recadados aos voluntarios da AECC. O CLUB DE BALONCESTO NIGRÁN COA INCLUSIÓN SOCIAL E DEPORTIVA A agrupación deportiva puxo de manifesto a dobre vertente solidaria do evento. Por unha banda o presidente do equipo, Enrique Villar, reiterou que o que buscan con este tipo de iniciativas é levantar as barreiras da limitación, “que moitas veces está nas nosas cabezas”. Pero por outra banda tamén foi a de buscar a fusión de intereses, neste caso coa AECC, para recadar fondos e achegalos para favorecer ao estudo das doenzas relacionadas co cancro.
26
cousas de val miñor
FALAREDES
‘FALAREDES 2016’ ARRANCOU AS ACTIVIDADES DA REDE DE DINAMIZACIÓN HOMENAXEANDO A MANUEL MARÍA, DA MAN DE UXÍA E DE MAGÍN BLANCO O PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA ‘FALAREDES’, PROMOVIDO POLA CONSELLERÍA DE CULTURA E EDUCACIÓN –POR MEDIO DA SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA- EN CONCELLOS DA REDE DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA (RDL) DA XUNTA DE GALICIA, ARRANCOU A SÚA QUINTA EDICIÓN. ‘Todo me fala de ti’ ‘FalaRedes’ ábrese cunha actividade de dinamización lingüística que é tamén unha homenaxe a Manuel María, o autor a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. Os recoñecidos músicos Uxía, Magín Blanco e Santi Cribeiro -que teñen mostrado a súa mestría para engaiolar o público infantil en traballos como María Fumaça, Rosalía pequeniña, A nena e o grilo ou Gatuxo- cantan os textos do poeta da Terra Cha nun concerto pensado para nenos e nenas de máis de 5 anos e para as súas familias. Deste xeito, ao tempo que difunden a obra de Manuel María entre a xente miúda, amplían o repertorio de música infantil en galego coas cancións do seu disco Canta o cuco. ‘Todo me fala de ti’ ofrécenos, pois, temas bonitos e doados de aprender que se desfrutarán durante o concerto e que, con seguridade, se seguirán cantando na casa para que o galego estea presente no espazo familiar unha vez rematada a actividade.
Asistiron aos actos de celebración desta efeméride o conselleiro Román Rodríguez, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad.
‘FalaRedes’ O programa de dinamización lingüística ‘FalaRedes’ chega á súa quinta edición con novas propostas para gozar do tempo libre en galego que se desenvolverán desde este mes e ao longo de todo o ano nos concellos da Rede de Dinamización Lingüística. Os obxectivos de ‘FalaRedes’ son ampliar a oferta de ocio na nosa lingua, promover o seu uso e valoración positiva, fornecer o ámbito municipal de actividades de lecer en galego e apoiar os artistas que desenvolvan o seu traballo no idioma propio de Galicia. Ao longo das catro edicións anteriores, ‘FalaRedes’ chegou a todos os concellos que integran a RDL (que conta arestora con máis de 170 entidades adheridas), con preto de 700 actividades para público de diferentes idades. Toda a información en lingua.gal.
cousas de val miñor
27
OCIO - CINE
OCIO - LITERATURA INSTRUMENTAL James Rhodes Ed. Blackie Books «AGORA SEI QUE A MÚSICA CURA.» James Rhodes é un dos máis eminentes concertistas de piano da actualidade e un gran renovador da música clásica. Protagonizou documentais para a BBC e Channel 4, escribe en The Guardian e ofrece recitais en todo o mundo. «Instrumental» son as súas memorias, todo un tributo apaixonado ao poder terapéutico da música e que aborda cuestións fascinantes sobre como funciona a música clásica e sobre como e por que pode cambiar as nosas vidas.
HIT EMOCIONAL Juanjo Sáez Ed. Sextopiso Ao longo de trescentas páxinas memorables, esta novela gráfica, onde atoparemos o inconfundible estilo do autor, lembraranos por que amamos tanto a música, e tamén a aqueles con quen a descubro e compartímola. Juanjo Sáez retrata as súas paixóns musicais e a súa educación sentimental neste libro inconmensurable, destinado a perdurar. Como el mesmo confesa nestas páxinas: «Eu, fai vinte anos, xa era un nostálxico cando aínda non perdera case nada».
LA LEY DEL MENOR Ian Mcewan Ed. Anagrama O autor expón na súa nova novela un dilema moral. Ian McEwan desprega a súa destreza narrativa nunha trama vibrante, protagonizada por unha xuíza do Tribunal Superior fronte a unha encrucillada: salvar a vida dun rapaz de dezasete anos que necesita unha transfusión de sangue ou respectar a súa decisión e deixar que morra. Cun estilo sosegado e armonioso, nestas páxinas imos atopar o punto no que a fe e a xustiza atópanse e repélense.
O ÚLTIMO DÍA DE TERRANOVA Manuel Rivas Ed. Xerais Manuel Rivas regresa á narrativa con esta novela na que o principal protagonista pasa a ser unha libraría bastante peculiar, Terranova, un lugar para a memoria e para a emoción, un refuxio de almas e de historias que o autor sitúa na Coruña dos últimos 70 anos. A través de lembranzas e de personaxes senlleiros vinculados á libraría, Rivas pasea pola nosa historia máis recente entrecruzando vidas que van dando forma ao relato.
LA FORMA DE LAS RUINAS Juan Gabriel Vásquez Ed. Alfaguara La forma de las ruinas é ao mesmo tempo unha intriga de investigadores e investigados, unha novela profundamente autobiográfica e unha intensa exploración histórica. O libro, céntrase en dous magnicidios fundacionais da Colombia moderna: en 1914, morre asasinado o senador liberal Rafael Uribe Uribe; en 1948, o líder liberal heterodoxo Jorge Eliécer Gaitán recibe catro disparos nunha rúa da capital, dando arranque ao chamado “bogotazo”, un capítulo de violencia cidadá que marcará ao país.
LA CASA DE LOS RATONES Karina Schaapman Ed. Blackie Books La Casa de los Ratones é un lugar máxico e cheo de sorpresas. Atréveste a entrar? A artista Karina Schaapman dedicou anos a construír e decorar La casa de los ratones, escenario deste álbum infantil tan especial. A preciosa casiña está fabricada con caixas e cartón pedra, con teas antigas e toda clase de materiais reciclados (mistos, botóns, tapóns de botella...). Ten máis de cen habitacións, corredores e espazos exteriores para explorar. Os ratiños que a habitan tamén foron deseñados e creados por Karina.
DEPORTES
DEPORTE E INICIATIVAS SOCIAIS:
BAITRA BAIONA FÚTBOL SALA Pablo Fernández Estévez O BAITRA BAIONA FÚTBOL SALA É UN EXEMPLO DE ARMONÍA ENTRE DEPORTE E INICIATIVAS SOCIAIS. TRÁTASE DUN CLUBE QUE NACEU FAI MÁIS DE DEZ ANOS AÍNDA QUE POR AQUEL ENTÓN A SÚA FILOSOFÍA CENTRÁBASE NA MERA COMPETICIÓN. HOXE EN DÍA ESTA FORMULACIÓN CAMBIOU TRAS NOMEAR A DAVID LEYENDA PRESIDENTE HONORÍFICO DA ENTIDADE, UN RAPAZ MOI COÑECIDO NA VILA. HISTORIA E TRAXECTORIA: DO BAITRA ORIXINAL AO BAITRA ACTUAL. Julio Villarino Espino e Javier Silva Carneiro, secretario e tesoureiro da agrupación respectivamente e ambos veciños de Baiona, explicaron a esta revista que o equipo orixinal acabou disolvéndose por problemas de organización. Neste punto os mozos baioneses loitaron para conseguir que a entidade non desaparecera por completo, e deste xeito rescataron o proxecto coa idea de mantelo a nivel local aínda que ó final inscribíronse no provincial para sacarlle máis mollo á experiencia dos seus xogadores. . Aquí nace o Estelas Baiona Fútbol Sala, con este nome o clube funcionou durante dous anos ata que foi rebautizado co nome orixinal como Baitra Baiona Fútbol Sala debido a un cambio de patrocinio. Trátase dunha iniciativa altruista na que a súa directiva atópase en fase de reorganización cuxa presidenta, Mara Maciel Montenegro, é a única muller que ostenta un cargo destas características na Federación Galega. EQUIPOS A entidade conta cun equipo principal, que eles denominan como A , e un filial chamado equipo B, ambos na categoría senior. Así mesmo conta con varios equipos flotantes nas categorías veterano, senior, cadetes, alevíns e infantís que se reúnen para xogar en torneos puntuais. “Suelen ser tres ou catro por ano”, explicaron. Os equipos permanentes adestran dúas horas semanais cada un nas instalacións do colexio de Sabarís cedidas polo Concello. Poderíase dicir que a entidade mantense gracias a colaboración de varias empresas e gran parte do pequeño 30
cousas de val miñor
DEPORTES
comercio baionés, ademáis dunha pequena axuda da Administración local, xa que tanto Deputación como a Xunta de Galicia denegáronlles as subvencións solicitadas. “Para chegar aos 6000 euros necesarios por tempada tamén vendemos rifas, lotaría e montamos un posto na Festa da Arribada todos os anos”, explicou Villarino. INICIATIVAS SOCIAIS DO CLUBE O memorial Gabriel García Comeselle, o Torneo Solidario de Nadal, a cabalgata solidaria e o irmandamento en en homenaxe a David. O club vertebra as súas iniciativas sociais en catro actividades que se celebran anualmente. A primeira é o memorial Gabriel García Comeselle, que leva a cabo en recoñecemento ao novo veciño de Vigo que faleceu nun accidente de circulación. O Torneo Solidario de Nadal logrou reunir en 2015 a 650 deportistas que entre todos achegaron tonelada e media de alimentos que foron cedidos á ONG local Axuda ao Mundo Necesitado. A cabalgata solidaria lévase a cabo tamén en colaboración coa ONG local. Así pois dende o clube búscanse padriños para atender as cartas dos rapaces escritas aos Reis Magos, e deste xeito entregarlles os agasallos o mesmo 6 de xaneiro nas dependencias municipais. “O ano pasado logramos chegar a una ducia deles”, explicaron. Así mesmo o clube leva a cabo un irmandamento entre equipos que se celebra para rememorar o nomeamento de David como presidente honorífico. Como novidade o Baitra Baiona Fútbol Sala iniciou o pasado ano una copa galega con equipos de Vigo e Ourense.
OBXECTIVOS Desde a entidade adiantaron que os seus obxectivos son estruturar as demais categorías como fixas como os cadetes ou xuvenís e tamén “que o equipo “A” suba ás autonómicas e o filial a división de honra”.
AXENDA
PROGRAMACIÓN CULTURAL TRIPLE CORONA ILLAS ATLÁNTICAS
Destacados ultrafondistas nacionais e internacionais tentarán completar este reto. Ao finalizar as tres travesías da ‘Triple Corona’, que se están disputando nas Rías Baixas entre 2015 e AGENDA CANGAS 2017, percorrerían un total de 57 quilómetros a nado Baiona acollerá o próximo 17 de setembro a chegada da segunde decembro da probaMércores, da ‘Triple29Corona Illas Atlánticas’, un reto de carácter Venres, 19 de novembro 21:00hs. GREASE Tour´BRILLANTINA Musical competitivo que consiste en tres probas de natación cun percoIN THE LOOP. Proxección cinematográfica en V.O.S.E. Entrada.Butaca: 23€ Anfiteatro: 21€ entre 2015 e 2017 rrido total de 57 quilómetros que se disputan Organiza: Cine Club Cangas en augas das Rías Baixas. Este evento deportivo, organizado pola 30 deExtrem decembro 19:00hs. empresaXoves, Atlantic Sports en colaboración co club Venres, 26 e Sábado, 27 de novembro 21:00hs. TEATRO DO MORCEGO. Tumetapersonal, está a consolidarse como unha das citas máis TEATRO DO MORCEGO. Presenta: OS VELLOS Presenta: SALTIMBANQUIS importantes a nivel nacional e estranxeiro dentro do calendario NON DEBEN DE NAMORARSE Público infantilabertas e familiar de natación de augas e que traerá a Galicia aos mellores Entrada: 5€ Entradas.adultos:do5€momento. nenas e nenos: 3€ nadadores de ultrafondo A ‘Triple Corona Illas Atlánticas’. 57km a nado (www.triplecoroDomingo, 28 de novembro 19:00hs. naillasatlanticas.com) consta de tres probas de natación de 13, FESTIVAL SOLIDARIO A FAVOR ADICAM CINE 16 e 28 km de distancia -esta última unha das máis duras do continente europeoque se disputarán nas rías de Pontevedra, Venres, 3 de decembro 21:00hs. Vigo e Arousa, entre 2015 eCINE 2017.ITALIANO Cada unha das tres travesías CICLO: NUEVO ORQUESTRA DE SAXOS DO CONSERVATORIO sairá dunha illa do Parque Nacional: Ons, Cíes e Sálvora, respecDo 21 de setembro ao 30 de novembro DE REDONDELA tivamente. Fundacion Caixa Galicia –Pontevedra Concerto benéfico a favor da Asc. Santiago Apostol e a A primeira das tres probas, de 13 km, tivo lugar o pasado 5 de Fundación San Vicente de Paul setembroI entre a Illa DE de Ons e Sanxenxo cun total 135 participanMOSTRA CINE DOCUMENTAL Entradas.- adultos: 5€ nenas e nenos: 3€ tes de toda España e Portugal. A segunda, en 2016, terá como ALTERNATIVO DOCUTOPÍA punto deDo partida a praia deaoRodas, nas Illas Cíes, e de chegada, 2 de novembro 4 de decembro Venres, 10 de decembro 21:00hs. a praia de Ribeira, en Baiona, con 16 km de no percorrido. A última, Espazo cultural Negra Sombra Blues, Café Uf (Pracer, TULPAN. Proxección cinematográfica en V.O.S.E. a máis longa con 28 km, arrincará da Illa de Sálvora e terminará 19) Vigo Organiza: Cine Club Cangas en Vilagarcía de Arousa, pasando pola Illa de Cortegada en 2017. A duración media desta última proba estará por encima das oito XXIV FESTIVAL CINEROUPA Sábado, 11 de decembro 18:00hs. horas, o que pon de relevo a enorme esixencia desta travesía. Ampla programación de máis dde 130 películas: estreas FESTIVAL BENEFICO A FAVOR DE “CARITAS recén saidas dos mellores festivais e de filmes galarCANGAS” doados en 2010 A travesía, entre a praia de Rodas nas Cíes e a praia Do 10en de Baiona, novembro de ao 316 de km, decembro Venres, 17 de decembro 20:00hs. de Ribeira, celebrarase o 17 de Santiago de Compostela CONCERTO DE NADAL DO CONSERVATORIO setembro de 2016 PROFESIONAL E DA ESCOLA DE MÚSICA CONCERTOS MUNICIPAL DE CANGAS Os obxectivos deste reto son poñer en valor a riqueza naturalde Entrada de balde as Illas Atlánticas, promocionar as Rías Baixas e converter este desafío deportivo nunha das probas de natación de referencia en THE ZOMBIES España e11 Europa. de novembro 22:00 horas No caso Sala da edición 2016, a organización fará unha homenaxe Mondode -Vigo á Arribada da carabela Pinta á praia baionesa de Ribeira, á que chegou Martín Alonso Pinzón e os seus tripulantes coa noticia do ISMAEL SERRANO descubrimento de América en horas. 1493. 11 de noviembre 20:30 Domingo, 19 de decembro 20:00hs. Preto deCentro 150 nadadores de distintos Cultural CaixanovaVigo puntos de España e o CONCERTO DE PANXOLIÑAS DE NADAL estranxeiro participarán na segunda proba da Tripla Coroa Illas Coa participación de agrupacións de música vocal de Atlánticas THE WAVE entre Cíes ePICTURES Baiona. O perfil medio do participante é o Cangas e a Banda de Música Bellas Artes 12 de novembro dun experimentado deportista que está afeito nadar travesías de Entrada de balde Sala Mondo-Vigo longa distancia (máis de 10 km), e que conta cun excelente estado físico e forza mental para afrontar un reto destas caracterísTHE BOYS ondada, baixas temperaturas ticas. Vento enSTRANGE contra, correntes, Máis información: Domingo, 26 de decembro 20:00hs. 13 de novembro La Iguana Clubserán – Vigo na auga e a dureza do océano aberto algúns dos elemenAtlanticExtremSports CORO YOUSEI (Xapón) tos adversos aos que terán que enfrontarse os participantes en Comunicación: Beatriz Alvariño Díaz del Río ABA TAANO Formación coral de voces femininas xaponesas de recoñecicada travesía. (649 67 34 45) 14 galega de novembro 20:30 horasSports e o club Tumepersonal do prestixio internacional, de xira por Europa. A empresa Atlantic Extrem info@triplecoronaillasatlanticas.com Centro Cultural CaixanovaVigo Entrada.Butaca: 20€ Anfiteatro: 17€ www.triplecoronaillasatlanticas.com son os organizadores da coñecida Travesía a nado Costa Serena, https://www.facebook.com/triplecoronaillasatlanticas en Nigrán, que este ano reuniu en Praia América a preto de 500 nadadores.
Sábado, 18 de decembro 19:00hs. Musical EL LIBRO DE LA SELVA Público infantil e familiar Entrada: 15€
32
cousas de val miñor
AXENDA
PROGRAMACIÓN CULTURAL VI CAMPIONATO ESCOLAR DE NATACIÓN DO VAL MIÑOR 2016
DESBUNDIXIE 14 de novembro Aala Aturuxo- Bueu
FITO Y FITIPALDIS 19 de novembro 21:30 horas Multiusos Fontes de Sar- Santiago de Compostela
MIGUEL RÍOS GIRA “BYE BYE RIOS ROCK HASTA EL FINAL” 20 de novembro Coliseum- A Coruña FUEL FANDANGO 26 de novembro 22:30 horas Entrada 6 euros Sala Aturuxo- Bueu
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 1 de decembro Auditorio Caixanova -Pontevedra
EXPOSICIÓNS OS MUNDOS DE GONZALO TORRENTE BALLESTER Ata o 14 de novembro Museo de Pontevedra - Pontevedra
A Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais e a Fundación Gonzalo Torrente Ballester lembran ao autor de “Los gozos y las sombras” no centenario do seu nacemento coa exposición “Os mundos de Gonzalo Torrente Ballester”, que percorre a traxectoria vital e literaria do escritor a través de máis de 150 piezas (moitas delas inéditas) entre manuscritos, libros, artigos de prensa, cartas, fotografías, carteis, dibuxos e diversos documentos e obxectos personais que nos achegan a súa iconografía persoal. A mostra que está comisariada por Carmen Becerra e Miguel Fernández-Cid, complétase co documental GTBxGTB. PANO DE FONDO Ata o 15 de novembro Centro Social Caixanova - Pontevedra
Exposición que aborda o retrato realizado nos estudos galegos, centrándose dun xeito especial na primeira mitade do século XX, periodo de extraordinaria riqueza neste aspecto. A base da mostra son os fondos que os fotógrafos colocaban tras os retratados no afán de idealizar que lle era propio á pintura da época. Desde humildes colchas a “panos” máis elaborados con paisaxes ou interiores de pazos, a exposición nos permite advertir a importancia deste elemento nas foto-
O vindeiro Domingo día 24 de Abril a partir das 10.00 h. ata as 13.15 h. na Piscina Mancomunada do Val Miñor, a
de deportes do Concello en colaboraConcellalía captadas falan de da Baiona, vida rural, a emigragrafías. As imágenes ción Xeral paraao incorporación deporte da Xunta ción,cáa Secretaría presencia da morte, da de electricidade Galicia, organizan VI CAMPEONATO ESCOLAR DE NATACIÓN ou a presencia dooteléfono na vida diaria. DO VAL MIÑOR 2016 para todos los nen@s que
NOSOTROS TAMBIÉN FUIMOS EMIGRANTES Ata o 26 de novembro As PROBAS son; Sede Náutica Caixa Galicia - Sanxenxo queran participar.
Asmetros imaxes Croll que recolle esta exposición, obtidas da fototeca 25 e 25 metros espalda para Benxamins.
25 metros Croll e 25 metros espalda para Prebenxamins.
da Axencia EFE intentan reconstruir os movementos migratorios que se produciron no noso país ao concluir a guerra 50 metros Croll e 50 metros espalda para Infantis. civil. As emigracións forzadas da fame ou do exilio levarían a un bo número de españois a refuxiarse en países europeos NOTA: Os rapaces so poderán participar na sua correspone americanos.
50 metros Croll e 50 metros espalda para Alevins.
dente categoría.
EXPOSICIÓN “VIGO, A COR E A PALABRA” Ata o 28 de novembro HORARIO Centro Cultural Caixanova- Vigo CLASIFICATORIAS
Artistas vigueses aportarán obras para conmemorar o
10.00 H 50 ESPALDA INFANTIL
10.15 H 50 ESPALDA ALEVIN Bicentenario da Cidade. A oferta expositiva complétsea 10.30 50 CROLL INFANTIL cunhaHnova edición da Wildlife Photographer of the Year 2010, e a coprodución, co ALEVIN Museo do Mar, de Fillos do océano, d fotó10.45 H 50 CROLL grafo vigués Javier 11.00 H 25 ESPALDATeniente. BENXAMIN 11.30 H 25 ESPALDA PREBENXAMIN Miradas. Realidades, expresiones, tramas. Arte en 11.45 H 25 CROLL BENXAMIN
Galicia desde 1975
12.00 PREBENXAMIN Ata oH1625deCROLL xaneiro de 2011
FINAIS Fundación Caixa Galicia - Pontevedra 12.15 H 50 ESPALDA INFANTIL O proxecto expositivo e editorial «Miradas», é unha iniciati12.20 H 50 ESPALDA ALEVIN
va que sitúa as obras da colección baixo a perspectiva particular dos comisarios que toman parte nesta serie de catro 12.30 H 50 CROLL ALEVIN mostras. Fernando Castro, Alfonso de la Torre, Fernando 12.35 H 25 ESPALDA BENXAMIN Huici e Iria Candela presentan unha coidada selección dos 12.40 H 25 ESPALDA PREBENXAMIN fondos da Colección Caixa Galicia, centrándose cada un en 12.45 H 25 CROLL BENXAMIN núcleos temáticos diversos pero complementarios. 12.25 H 50 CROLL INFANTIL
12.50 H 25 CROLL PREBENXAMIN
Visitas para grupos, concertar no teléfono 982 289 096. Visitas para público xeral, mércores ás 19.30 h. Horario de apertura ao público: De luns a sábado, 12-14 h e 18-21 h. Domingos e festivos, 12-14 h.
QUEN É QUEN NO RUEIRO
Rúas de ...Gondomar e Nigrán
Ramón Otero Pedraio 1888-1976 Ramón Otero Pedraio, (Ourense, 5 de marzo de 1888-10 de abril de 1976) é un dos buques insignia da literatura galega cuxo recordo atópase inmortalizado nos municipios de Nigrán e Gondomar con senllas placas que locen o seu nome. Novelista, narrador, poeta, ensaeista, investigador dá historia, xeógrafo ou orador, trátase dun dos referentes da xeración NOS xunto a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Vicente Risco, Antón Losada Diéguez ou Florentino López Cuevillas, entre outros. Pero o seu momento de maior esplendor prodúcese no marco da Segunda República (1931-1936), momento no que loitou, xunto cos da súa xeración, pola defensa e recoñecemento da cultura, a lingua e a identidade galega tanto dentro como fóra das fronteiras da comunidade, algo que denominaron como “a célula da universalidade". Así mesmo pertenceu a un grupo de intelectuais que construíron no primeiro terzo do século XX o que se coñece como "a cultura gallega da modernidade". Un núcleo da elite cultural do momento que estaba formado por filósofos, ensaístas, narradores ou investigadores da cultura popular e da alta cultura que foron os responsables do Estatuto de Autonomía para Galicia, plebiscitado polo pobo galego ou 28 de xuño de 1936. Desta maneira non se pode comprender parte da cultura galega sen o seu nombre, o polifacético intelectual galego está considerado como un dos patriarcas das Letras Galegas, foi o primeiro presidente da Editorial Galaxia e ademais actuou como activista contrariou ao réxime de Franco e símbolo da resistencia.
Arriba, a rúa Otero Pedraio en Gondomar, abaixo en Nigrán
Fonte: Fundación Otero Pedraio.
34
cousas de val miñor