COUSAS DE Val Miñor Nº12

Page 1

Revista de Baiona, Gondomar e Nigrán Distribución gratuita Ano IV / nº12 verán 2016

NOVAS | 6

RUTAS | 18

GALICIA SOLIDARIA | 24

DEPORTES | 28

VELA ADAPTADA

O CASTRO DOS MOUROS

AXUDA AO MUNDO NECESITADO

CLUB DE PIRAGÜISMO VAL MIÑOR



EDITORIAL 12 números como doce primaveras, verans... Estimado lector, hai algo máis de tres anos escribíamos con gran entusiasmo e moita expectativa o primeiro editorial da nosa revista COUSAS DE Val Miñor, cunha declaración de intencións clara, poñer en valor a través das nosas reportaxes, todo aquelo que temos próximo a nos, tanto no plano social como cultural e achegando tamén a actualidade máis destacada da comarca en base a estos mismos principios. Un bo exemplo disto son as reportaxes que incluimos neste número, O Castro dos mouros, a ONG Axuda ao Mundo Necesitado e o Club de Piragüismo Val Miñor. COUSAS DE Val Miñor vai cumplindo ampliamente cos seus compromisos e dende aquí agradecemos e recoñecemos sinceramente o traballo dos distintos profesionais que participaron e participan en facer posible a edición de cada número da nosa revista . A nosa aposta é firme e decidida e COUSAS DE Val Miñor continuará o seu camiño xunto a unha nova cabeceira: COUSAS DE Baixo Miño, que comeza a súa andadura no verán. Agradecemos o ánimo inmutable dos nosos lectores e o apoio incondicional dos anunciantes neste fermoso pero dificil camiño que desexo sigamos percorrendo xuntos.

ÍNDICE 4 NOVAS VAL MIÑOR 8 NOVAS NIGRÁN 12 NOVAS GONDOMAR 14 NOVAS BAIONA 18 RUTAS: O CASTRO DOS MOUROS 24 GALICIA SOLIDARIA 26 OCIO 28 DEPORTES 31 AXENDA 34 QUEN É QUEN NO RUEIRO

Foto portada: Castro dos mouros

Ano IV / Nº 12 verán 2016 Revista de información local. Tirada 5000 exemplares. Xestión Publicidade: 626 993 480 Edición, redacción e distribución: EDICIONES BASAN, S.L. C/ López de Neira, nº 3, 3º. 36202 Vigo Colaboración na redacción: Pablo Fernández Estévez Álvaro Peralta www.cousasde.com cousasde@edicionesbasan.com facebook.com/cousasdevalminor Depósito Legal: C 3539-2010 A empresa resérvase todos os dereitos da publicación, sen que poida reproducirse total ou parcialmente o seu contido, sen o consentimento previo dos editores.

cousas de val miñor

3


NOVAS VAL MIÑOR

MÁIS DE 150 PROFESIONAIS REUNÍRONSE EN PORTO DO MOLLE PARA ESTUDAR O FUTURO DA ECONOMÍA DO MAR Máis de 150 profesionais do ámbito nacional reuníronse no Centro de Negocios de Porto do Molle para estudar as posibilidades de desenvolvemento en proxectos de negocio nos sectores mariño e marítimos, enmarcados dentro do Plan de Acción do Atlántico e poder acceder así as axudas de finanzamento europeo. A “Workshop Somos Atlánticos” concluíu que é preciso a colaboración entre rexións identificando as fortalezas de cada unha delas ademáis de aumentar as sinerxias entre os sectores públicos e privados. Asimesmo nos diferentes relatorios tratouse o achegamento entre os sectores da pesca e acuícolas cos científicos para optimizar a producción, incentivar a mocidade nestes ámbitos e as divisións renovables mariñas e a biotecnoloxía como sectores emerxentes.

O VAL MIÑOR BENEFICIARASE DAS AXUDAS BÁSICAS DE EMERXENCIA SOCIAL DA DEPUTACIÓN Nigrán, Baiona e Gondomar beneficiaranse das axudas básicas de emerxencia social aprobadas pola Deputación provincial, para os concellos de menos de 20.000 habitantes e dirixidas a cidadáns ou familias que se atopen en risco de exclusión social. Con atención especial aquelas persoas que, dentro desta situación, teñan menores de idade ao seu cargo. A entidade supramunicipal destinou a cantidade de 465.000 euros para 53 concellos da provincia dos que 365.000 euros serán investidos en axudas ao gasto corrente e, os 100.000 euros restantes, para investimento. De esta manera búscase dar un pulo a maiores de idade que non dispoñan duns ingresos suficientes como para facer fronte a gastos, entre os que se contemplan a alimentación, uso de vivenda, pago de recibos ou pago de produtos de hixiene e de limpeza, entre outros. 4

cousas de val miñor


SABORES VAL MIÑOR

SABORES VAL MIÑOR

cousas de val miñor

5


NOVAS VAL MIÑOR

A ESCOLA DE VELA DO MONTE REAL CLAUSUROU O SEU TERCEIRO CURSO DE VELA ADAPTADA DESTINADO A PERSOAS CON TODO TIPO DE DISCAPACIDADES

UN TOTAL DE 65 PERSOAS CON DISCAPACIDADES FÍSICAS, PSÍQUICAS, SENSORIAIS OU INTELECTUAIS DO CENTRO JUAN MARÍA DE NIGRÁN, DA ASOCIACIÓN VONTADE DE TOMIÑO E DO CENTRO DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADE DE REDONDELA PARTICIPARON NESTA NOVA EDICIÓN DA ACTIVIDADE

6

cousas de val miñor

O Monte Real Club de Yates celebrou en Baiona o acto de clausura do Curso de Vela Adaptada 2015 - 2016, no que ao longo do último ano participaron uns 65 alumnos de distintas asociacións de discapacitados de Galicia. É o terceiro curso destas características que o club baionés imparte desde a creación, en 2012, da súa Escola de Vela Adaptada, a través da cal pretende achegar o mar a persoas con diversidade funcional para que poidan navegar en igualdade de condicións. Durante os últimos meses, alumnos e alumnas con discapacidades físicas, psicosociais, cognitivas e sensoriais do Centro Juan María de Nigrán, a Asociación Vontade de Tomiño e o Centro de atención a persoas con discapacidade de Redondela, asistiron a clases teóricas con monitores especializados, saíron a navegar pola baía e participaron en diferentes actividades relacionadas coa náutica. O broche final do curso púxoo a entrega de diplomas celebrada nas instalacións do MRCYB, un acto que estivo presidido polo conselleiro da Xunta de Galicia, José Manuel Rey Varela. En representación do club baionés, o seu presidente, José Luis Álvarez e o vicepresidente Alejandro Retolaza, o cal aproveitou para lembrar a celebración o próximo 10 de setembro, da segunda edición do Vertiatlón Solidario, un tríatlon organizado en colaboración co concello de Baiona co que recadarán fondos para a Escola de Vela Adaptada do Monte Real.


NOVAS VAL MIÑOR A clausura do Curso de Vela Adaptada 2015-2016 tamén asistiron a Directora Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, Coro Piñeiro; a concelleira de Benestar Social de Baiona, Mª Carmen Paredes; o concelleiro de Accesibilidade de Baiona; Policarpo Vilar; e Inés González Megido, en representación de Fundación Repsol. Tras a entrega dos diplomas aos alumnos, o evento finalizou cunha foto de familia de todos os participantes e autoridades presentes. O próximo curso de vela adaptada do Monte Real Club de Yates comezará en setembro.

DISTINCIÓNS O Monte Real Club de Yates de Baiona foi fundado en 1964 e a súa Escola de Vela Adaptada nace no ano 2012 co obxectivo de acercar o mundo de vela a persoas con algún tipo de discapacidade. A través da mesma, esta entidade deportiva organiza saídas ao mar para persoas con distintos tipos de discapacidade. No 2014 o club foi merecedor dunha distinción da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) pola eliminación de barreiras arquitectónicas e o seu traballo con persoas discapacitadas; e máis recentemente, o pasado mes de marzo deste ano, a súa actividade tamén obtivo o recoñecemento de Boas Prácticas na Feira Internacional de Turismo de Berlín.


NOVAS NIGRÁN

USUARIOS DO CENTRO JUAN MARÍA RECIBEN OS DIPLOMAS DE ASISTENCIA AOS SEMINARIOS DE EDUCACIÓN VIARIA

NIGRÁN INCLUE TRES MIRADORIOS NO CATÁLOGO DE PAISAXES DE GALICIA Os miradoiros de Monte dos Outeiros, Monte do Castro e o de Mouros acaban de ser introducidos no Catálogo de Paisaxes de Galicia despois de que a Xunta aceptase o escrito froito dunha moción aprobada no pleno local do tres de marzo. O documento, levado a votación pola agrupación Nigrán Decide, tamén reclamaba o recoñecemento de Monteferro no mesmo ámbito ademáis do Camiño Portugués pola costa como valor cultural e patrimonial. Neste senso o ente autonómico respondeu que ditos emprazamentos xa gozaban deses recoñecementos con anterioridade.

Usuarios do Centro de Educación Especial Juan María recibiron os diplomas acreditativos tras completar os seminarios de Educación Viaria 2015/2016 impartidos pola Policía Local coa colaboración dá DXT. Unha iniciativa celebrada no pabillón de Panxón a finales de maio e pola que os asistentes recibiron clases prácticas e teóricas co apoio dá Asociación DisCamino, que prestou vos seus triciclos adaptados, e o GES, que amosoulles un camión de bombeiros. Asimesmo os participantes tamén tiveron a oportunidade de subirse os karts eléctricos cedidos polo organismo encargado de velar pola seguridade do tráfico en todo o territorio nacional


RAMALLOSA

VIVE RAMALLOSA

cousas de val miñor

9


NOVAS NIGRÁN NIGRÁN CELEBRA UNHA XORNADA EDUCATIVA E DE LIMPEZA DE ESPECIES INVASORAS NAS DUNAS DE PRAIA AMÉRICA

NIGRÁN REPARA A PONTE E PASARELAS DO MUIÑOS QUE DISCORREN POLO CAMINO DE SANTIAGO Nigrán levou a cabo a sustitución das pasarelas do Muiños ademáis da reparación da ponte, nunhas actuacións enmarcadas dentro do plan local levado a cabo para adecuar o treito de 10 quilómetros do camiño de Santiago que discurre polo municipio. As intervencións consistiron na adecuación de catro pasarelas co fin de mellora la sua accesibilidade ademáis de correxir a inclinación da ponte, todo elo coa madeira procedente da retirada do acceso peonil de Praia América, que xa non resulta útil tralos cambios realizados no sistema dunar. Os traballos súmanse ós realizados recentemente nos que se procedeu o marcado coa sinalización oficial para guiar os peregrinos no percorrido á capital galega.

Nigrán celebra unha xornada educativa e de limpeza de especies invasoras nas dunas de Praia América Nigrán celebrou, con motivo da Semana Mundial do Medio Ambiente, una xornada de limpeza de especies invasoras das Dunas de Praia América que foi guiada polo doutor en Bioloxía Juan Hermida. Unha iniciativa que serviu para concienciar os asistentes da delicadeza que estes ecosistemas posúen pese a ser un espazo de biodiversidade relativamente extremo. Hermida destacou que o de Nigrán caracterízase por posuir ducias de especies autóctonas, un hábitat do tipo dunas marítimas das costas atlánticas e do mar do Norte e do Báltico, dunas móbiles embrionarias, dunas brancas e dunas costeiras fixadas con vexetación herbácea, coñecidas como dunas grises. Tamén están presentes diversos taxones de fauna, así como hábitats de interese comunitario entre os que destacan especies vulnerables como a píllara das dunas ou a salamandra, entre outras. Por outra banda resaltou a existencia de especies invasoras tales como conyza canadensis coñecida como herba carniceira, cortadeira selloana ou herba da Pampa e arctotheca caléndula ou margarita africana “que se espallan rápidamente impedindo que crezan as especies propias”, matizou o especialista.


NIGRÁN

VIVE

NIGRÁN!

cousas de val miñor

11


NOVAS GONDOMAR

GONDOMAR CONVÉRTESE NA CAPITAL GALEGA DA ORNITOLOXÍA POLICÍAS DE GONDOMAR PARTICIPAN NUNHAS XORNADAS DEPORTIVAS E DE CONVIVENCIA EN PORTUGAL Policías locais de Gondomar participaron no pasado mes de xuño nunhas xornadas deportivas e de convivencia no concello homónimo portugués, xunto ás concelleiras de Deportes e Infraestruturas, Nuria Lameiro e Iria Lamas, no I Trail das Fardas. Trátase dunha iniciativa organizada conxuntamente polo goberno local luso e a Asociación S4L en colaboración coa Policía Municipal de Gondomar. Foi dirixida principalmente a forzas e servizos de seguridade, Protección Civil e Socorro e ao que os axentes da localidade miñorana foron convidados. A xornada consistiu nun trail de 10 km ou andaina de 5 km máis un xantar de convivencia polas serras lusas. Tivo como obxectivo promover as boas relacións e confraternidade entre as diversas entidades participantes. A iniciativa pechouse ca visita dos policías portugueses o municipio do Val Miñor.

Un centenar de criadores e afeccionados a ornitoloxía déronse cita no pasado mes de xuño no auditorio Lois Tobío de Gondomar con motivo da II Xornada Ornitolóxica, organizada pola Federación Ornitolóxica Rexional Galega, o Concello de Gondomar, a Asociación de Criadores de Aves Exóticas de Galicia e AVIORNIS Ibérica. A xornada estivo presidida por Manuel Villar González (Presidente da Federación Ornitolóxica Rexional Galega), que guiou un encontro composto de faladoiros sobre os “Núcleos Zoolóxicos e Centros de Cría” da man de Francisco Javier Rodríguez Penedo (ACAE-Galicia), a inscricións das aves no SOIVRE exposta polo criador de Psitácidos Javier Pérez Docampo; e Ricardo Sobrino Vicente (Secretario de AVIORNIS Ibérica), encargado do módulo de xestión e control aviario. Como convidado especial asistiu Carlos Fernando Ramôa, presidente da Confederación Ornitolóxica Mundial, que informou sobre as novas perspectivas da ornitoloxía mundial e os plans de desenvolvemento.

O CLUB DE BOLOS BELESAR URGAL FAISE CO PRIMER POSTO NA LIGA GALEGA DE BOLOS CELTA O Club de Bolos Belesar Urgal formado por Serxio Silva, Javier Parada, Brais Garcia, Adrián Rodríguez. Alberto Martínez e Esteban González, faise co campionato da Liga Galega de Bolos Celta tras finalizar igualado a 39 puntos co equipo Bolos Medialdea, tamén da mesma parroquia. O campionato, que finalizou despois de 18 apaixonantes xornadas, serviu como preámbulo ós interconentais e o do mundo que recentemente celebráronse no Val Miñor. 12

cousas de val miñor


GONDOMAR

VIVE GONDOMAR!

cousas de val miñor

13


NOVAS BAIONA

O “TRAMPANTOJO DOCE” DO RESTAURANTE LA CREP, LEVA O PRIMER PREMIO NO BAI DE TAPAS O Restaurante La crep álzase por segundo ano consecutivo co primeiro premio do concurso gastronómico Bai de tapas ca sua creación “Trampantojo doce”, que ademáis tamén obtivo una mención especial como o establecemento mellor valorado polo xurado profesional. Trátase dun postre que emula un ovo frito sobre unha crep. A clara está elaborada con escuma de iogur mentres que para a xema elixiron mango, o que lle otorga un sabor doce e exótico. O segundo premio recaeu no “Dulce Canario” do Restaurante Balneario e o terceiro posto foi para a o Mesón Xamonería O Fidalgo cun “Pato Confeitado”.

A BAIONESA SILVIA MARCOTE CONSIGUE PODIO NO CAMPIONATO GALEGO DE 3D Os Baioneses Silvia e J.María Marcote veñen de facerse co terceiro e oitavo posto no campeonato galego de 3D nas categorías sub 14 sen visor e senior, respectivamente, celebrado o pasado mes en Redondela. Na proba participaron un total de 86 arqueiros que completaron un total de dous percorridos que se foron complicando debido os cambios meteorolóxicos.

14

cousas de val miñor

A DANZA DAS ESPADAS BAIONESA REGRESA Ó CORPUS TRAS UN SÉCULO SEN CELEBRARSE Baiona recupera a orixe da sua tradicional Danza das Espadas e representaa por primeira vez nun século no domingo do Corpus. Esta novidade débese o fruto do traballo de investigación realizado polo historiador baionés Anxo Lemos, no que confirmou que este baile levavase a cabo nesta celebración xa a finais do século XVI e cuxa interpretación incorporouse este ano o tradicional calendario de actos litúrxicos compostos pola misa, procesión e as alfombras florais.


SABARÍS

VIVE SABARÍS!

cousas de val miñor

15


NOVAS BAIONA

“AMAROMAR” ACHEGA O MAR E A NAVEGACIÓN A 80 PERSOAS MAIORES EN BAIONA O Monterreal Club de Yates de Baiona acolleu a iniciativa“Amaromar”, una proposta dirixida a usuarios de residencias de titularidade pública do interior de Galicia, e que busca a mellora do benestar social dos mesmos mediante a achega do mundo náutico da man dos monitores das instalacións deportivas. Nesta primerira edición participaron un total de 80 persoas dos centros públicos de maiores de Monforte de Lemos, Castro Caldelas e O Carballiño; por outra banda tamén acudiron usuarios do centro ocupacional para persoas con discapacidade psíquica de Ou Saiar, situado en Caldas de Reis. Trátase dunha forma lúdica e recreativa de entrar en contacto directo co mar impulsada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia no marco do programa Lecer Activo 2016.

O CONGRESO DE NEURORREHABILITACIÓN AVANZADA MOSTRA OS AVANCES DOS EXOESQUELETOS EN BAIONA A Escola de Verán e o Congreso de Neurorrehabilitación Avanzada celebrado no Parador de Baiona no pasado mes de xuño presentou os últimos avances tecnolóxicos en exoesqueletos. Trátase duns robots que moven as pernas dos usuarios sen a necesidade dunha cadeira de rodas, mecanismos que son accionados mediante un botón, o teléfono móvil ou incluso mediante una sinal bioélectrica. Os beneficios de este tipo de axudas, según explicaron os expertos, son varias xa que ademáis de potenciar a autonomía dos ca levan, tamén “melloran a súa saude mental e física ao estar máis tempo de pé”.

PROGRAMA DEPORTIVO E CAMPUS DE VERÁN BAIONA 2016 Baiona ven de presentar o seu programa de actividades de cara o verán. Trátase dun total de 14 campus distribuidos en sete disciplinas para o mes de xullo (tenis, ciclismo, deportes de combate, deportes náuticos, f-sala, tríatlon e multideporte) e outras sete para o de agosto (futbol, baloncesto, ximnasia rítmica, deportes náuticos, actividades de patín, atletismo e danza). O distintos campus desenvolveranse ao longo dunha semana, en horario de 10.00 h a 14.00 h coa posibilidade de entrar as 9.00h con fin de favorecer a conciliación familiar. Máis infomación na concellería de Deportes municipal. 16

cousas de val miñor


BAIONA

VIVE BAIONA!

cousas de val miñor

17


RUTAS

O CASTRO DOS MOUROS, UN ANTIGO UNIVERSO A DESCUBRIR NO VAL MIÑOR

Castro coa Serra da Groba no horizonte

18

cousas de val miñor


RUTAS

Álvaro Peralta Techera

HABITABAN NUNHAS CASAS PÉTREAS E OVALES PROTEXIDAS POR MURALLAS CICLÓPEAS. POR ALGUNHA RAZÓN DECIDIRAN VIVIR PENDURADOS A 190 METROS SOBRE O NIVEL DO MAR. ERAN LABREGOS QUE COÑECÍAN AS ARTES DA MOENDA, DA CRÍA DO GANDO E OS SEGREDOS DA OLARÍA .GRAVARON AS ROCHAS CIRCUNDANTES CON COVIÑAS E OUTROS DESEÑOS ABSTRACTOS CUXA MENSAXE PERDEUSE CO PASO DOS MILENIOS. DOMINABAN OS METAIS E GUSTABAN DE FACER COLARES CON SEMENTES E DOAS. NON ESTABAN SOS, COHABITABAN CON OUTROS GRUPOS ASENTADOS NOS MONTES E VALES PRÓXIMOS. NINGUÉN HOXE COÑECE OS SEUS NOMES, NIN A SÚA FALA. UN DÍA MARCHARON, SEN MÁIS.

Máis de dous milenios despois... A mediados dos anos oitenta do século pasado unha máquina golpea contra un substrato rochoso ao intentar abrir unha pista forestal no monte A Pinceira, no limiar das parroquias de San Martiño de Borreiros e Santa Eulalia de Donas (Gondomar). Os membros da comunidade de montes de Borreiros ordenan deter de inmediato os traballos. Saben que a veciñanza máis lonxeva nomea o lugar como “O Castro dos Mouros”. Un equipo de arqueólogos confirmará días despois a deturpación parcial dunhas construcións de tipo castrexo por mor da devandita pista. Un museo castrexo a ceo aberto. A pegada dos mouros labregos saía á luz. Entre 1985 e 2007 terán lugar tres campañas arqueolóxicas neste castro que será incluído no Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia co nome de Castro da Pedra Moura. O informe da arqueóloga Carmen Torres Bravo (2008) o situará na Idade do Ferro, moi probablemente habitado dende antes da chegada dos romanos no século I a.C. Hoxe é un museo a ceo aberto de case 3 hectáreas. A comunidade de montes de Borreiros ordenou o deseño dun sendeiro tras recuperar parte da antiga aldea soterrada na Pinceira. Paneis con información arqueolóxica axudan aos visitantes a interpretar a vida cotiá daqueles devanceiros. As bases dalgunhas casas, o foxo e muralla defensiva así como os míticos gravados da Pedra Moura son as súas xoias máis salientables.

cousas de val miñor

19


RUTAS

MIRADOIRO NATURAL ÁS RÍAS BAIXAS. O monte de A Pinceira é un miradoiro natural onde contemplar e fotografar unha paisaxe abraiante. Ao norte a Ría de Vigo emerxe a plenitude e obsequia as siluetas do Morrazo e as Illas Ons. Indo cara ou leste os montes do Maúxo, o Monte Alba, a Serra do Galiñeiro e os primeiros cumios do parque Aloia. Cara o sur a inmensidade da Serra da Groba que pecha a visita circular cunhas vistas privilexiadas da baía de Baiona, as Illas Estelas, o Parque Nacional das Illas Cíes e máis próximo a unión do Río Miñor co Océano Atlántico na Foz. Rodeado das modernas plantacións de piñeiros e eucaliptos, A Pinceira inda libera nas tardiñas os cheiros fachendosos de centos de especies vexetais que conforman coa pequena fauna local un escenario de biodiversidade que dá outro toque de encanto ao paseo. Quen percorra o Castro da Pedra Moura cun móbil con conexión a internet poderá aumentar a súa experiencia da visita consultando os topónimos e lendas recollidas na zona entre 2013 e 2015 por Anxo Rodríguez Lemos do Instituto de Estudos Miñoranos.

Vista do litoral do Val Miñor, as illas Estellas e Cíes así como a Ría de Vigo dende O Castro da Pedra Moura. 20

cousas de val miñor


RUTAS AS LENDAS DA PEDRA MOURA Conta a lenda que unha moura que peiteaba os seus cabelos e abraiaba aos mozos do lugar sentaba na rocha que hoxe dá nome ao petróglifo coa pegada dos seus pés: A Pedra Moura. Tamén a existencia dunha cavidade na parte inferior da rocha que levaría a dous túneles. O primeiro, tan longo que permitiría chegar até o Monte Boi en Baiona e onde se atoparía un tesouro deixado polos mouros. Mais tamén habería outro onde quen teña a mala fortuna de entrar nel... morrería

Pegada milenaria dos pés da “fermosa muller” que ía peitear na mítica Pedra Moura. cousas de val miñor

21


RUTA

Cómo chegar: Non existen carteis informativos nas carreteiras circundantes. No mapa sinálanse as rutas máis accesibles.

Realidade aumentada : Descargando estes códigos QR no móbil poden consultarse todos os topónimos dos enclaves naturais e humanizados das parroquias de Borreiros e Gondomar. (Códigos QR Web Donas e Borreiros)

RECOMENDACIÓNS: A ruta non presenta ningún tipo de dificultade física. Levar calzado adecuado e algo para beber. Non deixar lixo nin levar obxecto algún do xacemento.

22

cousas de val miñor



GALICIA SOLIDARIA

A ONG AXUDA AO MUNDO NECESITADO COMO REFERENTE EN BAIONA

CADA VEZ SON MENOS OS VECIÑOS QUE CANDO SE LLES PREGUNTA QUÉ É AXUDA AO MUNDO NECESITADO NON RESPONDAN DICINDO QUE SE TRATA DUNHA ONG LOCAL. UNHA ORGANIZACIÓN QUE COMEZOU A SÚA ANDAINA FAI 23 ANOS CON JUANI ALONSO Á FRONTE E CON SEDE NA PRAZA DE ABASTOS DA VILA MARIÑEIRA.

Na imaxe: Hemana Cristal, Teresa, Antonio, Moises y Juani, ausentes Mila, Juana y Maria.

Pablo Fernández Estévez PRETO DE 80 FAMILIAS DO MUNICIPIO RECIBEN A AXUDA DA ONG Hoxe en día esta veciña de baiona segue presidindo a agrupación que non para de crecer, chegando a cubrir as necesidades básicas de ao redor de 80 familias do municipio. Todos os mércores oito voluntarios acoden ao local en donde se efectúá o reparto de alimentos e ao que esta revista tivo a oportunidade de asistir. Así mesmo a cifra de colaboradores chega en ocasións ata os 11 cando as necesidades o requíren, xa sexa para entregar os alimentos a domicilio a persoas con graves problemas de mobilidade ou outros mesteres. ORGANIZACIÓN Nun espazo ben acondicionado da primeira planta das instalacións municipais decenas de caixas organízanse en baldas metálicas. Todas elas teñen dono e alí esperan a que os seus solicitantes se acheguen a recollelas, que son entregadas por orde de entrada deixando constancia diso nunha folla de control. A súa beira un conxelador nútrese de diferentes tipos de carne para completar os lotes. Os produtos son variados tales por exemplo legumes, produtos lácteos ou cárnicos e derivados, que se distribúen unha ou dúas veces ao mes segundo as necesidades.

24 cousas de val miñor


GALICIA SOLIDARIA

UNHA REALIDADE POSIBLE GRAZAS Á COLABORACIÓN COLECTIVA Axuda ao Mundo Necesitado finánciase principalmente a través da Comunidade Europea e dos Fondos Españois de Garantía Agraria (FEGA), pero ademais tanto a Administración Local, como entidades bancarias, comerciais, deportivas e mesmo particulares xogan un papel crucial coas súas doazóns tanto en efectivo como en produtos de primeira necesidade. “Nós non aceptamos diñeiro en si pero é inevitable recibir algunha achega anónima en metálico, algo que valoramos de corazón pero que non se axusta á nosa política”, explicou. Cabe destacar o aumento de iniciativas solidarias nadas de xeito espontáneo anos atrás.

COMO SE ACCEDE ÁS AXUDAS? Juani Alonso matizou que para acceder a estas axudas hai que pasar unha serie de filtros. “Todo o proceso está supervisado pola asistenta social, de maneira que as persoas que necesiten facer uso dos nosos servizos teñen que entregarlle os papeis da contribución, certificados de contas bancarias para comprobar o seu estado económico, documentos da Seguridade social e así como as entradas e saídas do INEM”, explicou a presidenta. Unha vez que a funcionaria contrasta os datos cos baremos establecidos envía un expediente á organización dando a súa aprobación. “Trátase dun certificado que posibilita aos beneficiarios recibir a nosa axuda pero que teñen que renovar cada certos meses. Un trámite necesario para acollernos ás esixencias do FEGA e da CEE”, engadiu Alonso.

DE CUBA A BAIONA A ONG comezou a súa actividade da man de Juani Alonso e Don Jesús, un párroco de Baredo xa falecido. O sacerdote estaba moi concienciado coa problemática existente en Bosnia na década dos 90 e nese momento a actual presidenta propúxolle formar o que hoxe se coñece como Axuda ao Mundo Necesitado, de maneira que acudiron ao Concello para solicitar a súa colaboración. A partir de aquí a súa aventura ampliouse dando cobertura a Perú, Africa e Cuba, coa que mantiveron unha estreita colaboración, ata que caeron na conta de que as dificultades dentro da súa propia contorna eran cada vez maiores e centraron o seu radio de acción en Baiona . “Así comezou todo”, explicou.

O labor social realizada por Juani desde a ONG local serviulle para lograr o recoñecemento do Concello de Baiona que en 2013 premiouna co Lazo de Honra, entregado da man de Jesús Almuiña nas dependencias municipais.

cousas de val miñor 25


OCIO - CINE CURTAMETRAXES DE IMAXE REAL FINALISTAS NOS XIV PREMIOS MESTRE MATEO DISNEY, de Jorge Saavedra JORGE (30) ensaya ante un espejo un discurso, el que va a usar para dejar a su novia Sonia tras más de 4 años juntos. El discurso, abundante en tópicos, suena bastante convincente en boca de un Jorge que pese a cierta sobreactuación parece dominarlo con soltura. Tras avisar a su actual amante de sus intenciones con Sonia se dispone a darle la noticia en su casa. Una vez en la casa de su novia, las fuertes intenciones de Jorge parece que empiezan a disiparse tras percibir que quizás Sonia esté en una situación parecida respecto a él.

LADRONES DE TIEMPO, de Fran X Rodríguez Carlos Nieto es un empresario obsesionado por el tiempo. Todo cambia cuando un día alguien decide “robárselo”.

ECO, de Xacio R. Baño (*GAÑADORA)

RESTART, de Olga Osorio

A Eco quitáronlle a voz, e condenárona a repetir o que dicían os demais. Anulada, decide refuxiarse nunha cova e afastarse do trato humano.

Andrea está atrapada en un bucle temporal. ¿Logrará romperlo?

CURTAMETRAXES DE ANIMACIÓN NOS XIV PREMIOS MESTRE MATEO O TERCEIRO PORCO, de David Saboridos (*GAÑADORA) Adaptación do conto infantil "Os tres porquiños", ambientada nos anos 20 e ubicada en Hell´s Kitchen (Manhattan).

ASCENDER DE BECARIO, de Adrián Pérez Ferro Ascender de Becario é unha curta de animación 3D que conta as experiencias dun becario e cómo, a duras penas, pretende conseguir o traballo da sua vida despois de rematar a carreira.

FRUIT ISLAND, de Francisco Pérez, Antonio Ayuso, Pedro Gil, Víctor Panadeiros e Aritz Amatria Curta de animación realizado por os alumnos de Animación 3D, Videoxogos e entornos interactivos da Escola de Imaxe e Son de Vigo.


OCIO - LITERATURA LOS AUTONAUTAS DE LA COSMOPISTA O UN VIAJE ATEMPORAL PARÍS-MARSELLA Julio Cortázar & Carol Dunlop Editorial Alfaguara Un libro de viaxes no que Cortázar desprega toda a súa alegría de vivir, e a súa paixón polas palabras e polo xogo como recurso literario. Os autores planean a viaxe coma se dunha investigación científica tratásese. Navegantes do seu tempo, establecen un férreo reglamento que non deberán romper: non abandonar nunca a autopista e parar en dúas áreas de descanso cada día. Toda a aventura quedará reflectida nun detallado caderno de bitácora. BAILANDO EN LA OSCURIDAD (MI LUCHA, VOL.4) Knausgard, Karl Ove Ed. Anagrama Corre o tempo, cambian as idades, os escenarios, e cando se abre 'Bailando na escuridade', o cuarto volume da saga, Karl Ove Knausgård ten dezaoito anos e acaba de chegar a un minúsculo pobo do norte de Noruega onde lle espera un posto como mestre, e a promesa dunha paz que lle permita entregarse á súa recentemente descuberta vocación: a de escribir. Karl Ove Knausgård escribe con luminosidade e enerxía, dun tempo cargado de posibilidades e incertezas, de ambicións e de tropezos. DE CAMIÑOS, VIAXEIROS E CAMIÑANTES Santiago Lamas & Alfonso Mato Ed. Galaxia PREMIO RAMÓN PIÑEIRO DE ENSAIO 2015 E xullo de 1927, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e Ben-Cho-Shey camiñaron dende Ourense a Santo André de Teixido, no cabo do mundo. Santiago Lamas e Alfonso Mato desenvolven unha reflexión suxerente sobre o significado cultural das viaxes, sobre a relación entre camiño e literatura, movemento e lectura. Sobre os peregrinos, paseantes, guías de viaxe, turistas e vagabundos literarios, ademais das actuais e, nalgúns casos, perversas formas de camiñar.

PRESAS FÁCILES Miguelanxo Prado El Patito Editorial Trátase dunha das obras máis agardadas deste ano tanto pola súa temática como polo tempo trasncorrido desde o último cómic publicado polo autor coruñés, que nesta creación deixa de lado a fantasía para introducir un relato de xénero negro moi apegado á actualidade. Escrita e ilustrada por Miguelanxo Prado, xira arredor de dous temas que aparecen a cotío na prensa: os desfiuzamentos e a corrupción. MARCELÍN Sempé Ed. Blackie Books Un dos libro máis bonito xamais escrito sobre a amizade. "Sempé sempre dixo que debuxaba as súas propias debilidades e boa proba diso é o retrato de Marcelín, un neno que se ruborizaba cando menos viña a conto. Por iso, o día en que Renato Piqueras apareceu no colexio cos seus estornudos encadeados, o noso heroe soubo que atopara un amigo inseparable". Moitos lectores poderán poñerse na pel do protagonista e comprenderán o incómodo que é sentirse diferente ao grupo. Outros se darán conta de que todos somos diferentes por algo. A MIÑA FAMILIA E OUTROS ANIMAIS Gerald Durrell Sushi Books Editora As aventuras dun rapaz amante da natureza e da súa familia en Corfú. Este é libro máis coñecido deste autor británico, no que o lector atopará un rapaz ávido por descubrir a vida, que lle contaxiará o seu entusiasmo. Todas as anécdotas sobre a illa e os seus habitantes son absolutamente verídicas.


DEPORTES

O CLUBE DE PIRAGÜISMO VAL MIÑOR:

PASADO, PRESENTE E FUTURO

Pablo Fernández Estévez A comarca do Val Miñor sitúase nun enclave privilexiado caracterizado pola súa xeografía e a súa costa que, ademais de servir como reclamo turístico, é un lugar idóneo para a práctica deportiva tanto por terra como por mar. Case todo o seu litoral, en condicións normais, serve como un espazo para a práctica de deportes náuticos orientados tanto á competición como ao recreo. Neste entorno nace o que hoxe se coñece como Club de Piragüismo Val Miñor (en diante CPVM), unha entidade cuxo xerme xestouse no náutico de Panxón cara a 1999 como apoio ás actividades que alí se impartían e que por aquel entón chamábase Kayaks Panxón. Enrique Prendes Fernández, actual director técnico e presidente do CPVM explicou que un cambio de directiva nas instalacións náuticas obrigoulles a abandoar o complexo e reconfigurarse como club autónomo. Asipois en maio de 2003 a agrupación trasladouse a súa actual localización no Complexo Deportivo Dunas de Gaifar e foi rebautizada como Club de Piragüismo Val Miñor. “Kayaks Panxón creouse coa idea de ofrecer algo máis que a práctica da vela cunha clara orientación recreativa aínda que tamén competitiva. Desde 1999 ata 2002 organizamos a travesía Nigrán Baiona en Kayak de Mar e que por aquel entón contaba cun gran número de participantes”, explicou o directivo. 28

cousas de val miñor


DEPORTES

UNHA ENTIDADE QUE CONTOU CON MÁIS 7000 NENOS E MOZOS DESDE A SÚA FUNDACIÓN A rebautizada agrupación seguiu cara a adiante mantendo a súa formulación inicial: o de achegar esta modalidade deportiva tanto a mozas como adultos partindo do deporte base como alicerce. Así pois na actualidade pasaron máis de 7000 persoas desde a súa fundación ademais de participar activamente en máis de 200 probas deportivas autonómicas, nacionais e internacionais. “A verdade é que en canto ao número de licenzas sempre nos movemos en cifras discretas, ao redor de 60, mentres que en socios un máximo de 200”, engadiu Prendes. MÁIS DE 50 CHARLAS COLOQUIO IMPARTIDAS EN TODOS OS CENTROS EDUCATIVOS DA COMARCA Con todo as actividades impartidas non se limitaron á práctica deportiva como tal, e Prendes inició unha serie de faladoiros gratuítos por diferentes centros educativos, que superaron o medio centenar, coa finalidade de achegar dita práctica a todos os nenos da comarca. Unha iniciativa con invitación incluída para que os asistentes puidesen experimentar o que supón navegar cun kayak de mar. “Podería dicir que a día de hoxe o Club de Piragüismo Val Miñor estivo en todolos centros educativos da comarca tanto públicos como privados”, engadiu.

Como anécdota, Prendes explicou que durante eses anos algúns nenos da zona non ían á praia ao entender esta contorna como un espazo de traballo e non de recreo. “Había rapaces que non contemplaban o mar como un lugar onde divertirse ao vir de familias de mariñeiros. Quero resaltar que estes casos eran puntuais pero realmente existían”, matizou o directivo.


DEPORTES O PARÓN DE 2013 Así pois durante os 10 primeiros anos de vida a actividade deportiva era moi intensa ademais da didáctica. Para iso servíronse de escolas de verán, campus e competicións forxando una canteira da que saíron grandes deportistas como por exemplo a olímpica na modalidade de Slalom, Antía Loira, Uxía González, Mario Fontán ou Marco González, entre outros. Con todo no ano 2013 a falta de respaldo institucional obrigou ao CPVM a retirarse da competición para centrarse na docencia e a organización de rutas guiadas pola costa tanto de Baiona como de Nigrán. Pese ao parón sufrido, a entidade mantense e os campus de verán, que para 2016 están datados na última semana de xullo, son uns dos que máis éxito de afluencia posúen de todolos organizados desde o departamento de deportes do Concello. OBXECTIVOS PARA 2017: RETOMAR O PROXECTO DO SLALOM EN PORTO DO MOLLE E O INTERNATIONAL CANOE SLALOM BEACH PANXÓN. A pesar de que na actualidade o CPVM atópase retirado da competición, desde a directiva da entidade marcáronse varios obxectivos para o próximo ano, un deles é retomar o proxecto para crear un canal de slalom permanente polo río Muíños á altura do parque empresarial de Porto do Molle. Unha iniciativa que tamén viuse truncada en 2013 e que no seu día contou co apoio institucional. Para finalizar Prendes engadiu que, “por outra parte temos o compromiso de celebrar os actos programados con motivo do noso 10º aniversario, que no mesmo ano non puideron levarse a cabo por problemas de financiamento, entre os que destacamos a Exposición Fotográfica e o International Canoe Slalom Beach Panxón, unha cita que contará coa asistencia da medallista olímpica Maialen Chourraut”.

30

cousas de val miñor


AXENDA

PROGRAMACIÓN CULTURAL DESBUNDIXIE 14 de novembro Aala Aturuxo- Bueu

FITO Y FITIPALDIS 19 de novembro 21:30 horas Multiusos Fontes de Sar- Santiago de Compostela

MIGUEL RÍOS GIRA “BYE BYE RIOS ROCK HASTA EL FINAL” 20 de novembro Coliseum- A Coruña FUEL FANDANGO 26 de novembro 22:30 horas Entrada 6 euros Sala Aturuxo- Bueu

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 1 de decembro Auditorio Caixanova -Pontevedra

EXPOSICIÓNS OS MUNDOS DE GONZALO TORRENTE BALLESTER Ata o 14 de novembro Museo de Pontevedra - Pontevedra

grafías. As imágenes captadas falan da vida rural, a emigración, a presencia da morte, a incorporación da electricidade ou a presencia do teléfono na vida diaria. NOSOTROS TAMBIÉN FUIMOS EMIGRANTES Ata o 26 de novembro Sede Náutica Caixa Galicia - Sanxenxo

As imaxes que recolle esta exposición, obtidas da fototeca da Axencia EFE intentan reconstruir os movementos migratorios que se produciron no noso país ao concluir a guerra civil. As emigracións forzadas da fame ou do exilio levarían a un bo número de españois a refuxiarse en países europeos e americanos.

EXPOSICIÓN “VIGO, A COR E A PALABRA” Ata o 28 de novembro Centro Cultural Caixanova- Vigo

Artistas vigueses aportarán obras para conmemorar o Bicentenario da Cidade. A oferta expositiva complétsea cunha nova edición da Wildlife Photographer of the Year 2010, e a coprodución, co Museo do Mar, de Fillos do océano, d fotógrafo vigués Javier Teniente.

Miradas. Realidades, expresiones, tramas. Arte en Galicia desde 1975 Ata o 16 de xaneiro de 2011 Fundación Caixa Galicia - Pontevedra

O proxecto expositivo e editorial «Miradas», é unha iniciativa que sitúa as obras da colección baixo a perspectiva particular dos comisarios que toman parte nesta serie de catro mostras. Fernando Castro, Alfonso de la Torre, Fernando Huici e Iria Candela presentan unha coidada selección dos fondos da Colección Caixa Galicia, centrándose cada un en núcleos temáticos diversos pero complementarios.

A Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais e a Fundación Gonzalo Torrente Ballester lembran ao autor de “Los gozos y las sombras” no centenario do seu nacemento coa exposición “Os mundos de Gonzalo Torrente Ballester”, que percorre a traxectoria vital e literaria do escritor a través de máis de 150 piezas (moitas delas inéditas) entre manuscritos, libros, artigos de prensa, cartas, fotografías, carteis, dibuxos e diversos documentos e obxectos personais que nos achegan a súa iconografía persoal. A mostra que está comisariada por Carmen Becerra e Miguel Fernández-Cid, complétase co documental GTBxGTB.

Visitas para grupos, concertar no teléfono 982 289 096. Visitas para público xeral, mércores ás 19.30 h.

PANO DE FONDO Ata o 15 de novembro Centro Social Caixanova - Pontevedra

Horario de apertura ao público: De luns a sábado, 12-14 h e 18-21 h. Domingos e festivos, 12-14 h.

Exposición que aborda o retrato realizado nos estudos galegos, centrándose dun xeito especial na primeira mitade do século XX, periodo de extraordinaria riqueza neste aspecto. A base da mostra son os fondos que os fotógrafos colocaban tras os retratados no afán de idealizar que lle era propio á pintura da época. Desde humildes colchas a “panos” máis elaborados con paisaxes ou interiores de pazos, a exposición nos permite advertir a importancia deste elemento nas foto-

cousas de val miñor

31


AXENDA CONCERTOS PROGRAMACIÓN CULTURAL PRAZA DO CONCELLO 23:00 H.

AGENDA CANGAS

XULLO DÍA 21.- Concerto de Micaela Chauque. MÚSICA ANDINA ARXENTINA

Mércores, 29 de decembro Venres, 19 de novembro 21:00hs. DÍA 22.- Concerto. CORAL POLIFÓNIA BAIONA A REAL GREASE Tour´BRILLANTINA Musical IN THE LOOP. Proxección cinematográfica en V.O.S.E. Entrada.- Butaca: 23€ Anfiteatro: 21€ Organiza: Cine Club Cangas DÍA 25.- Concerto de Música Folk. ROSA CEDRÓN Xoves, 30 de decembro 19:00hs. DÍA 26 6 AGOSTO Venres, e Sábado, 27 de novembro 21:00hs. TEATRO MORCEGO. DÍA 26.- Concerto RumbaDO flamenca "PATINAMÁ" TEATRO DOde MORCEGO. Presenta: OS VELLOS Concerto "SINIESTRO TOTAL" Presenta: SALTIMBANQUIS NON DEBENDA DEPALMA NAMORARSE PARQUE 00:30 H. Público infantil e familiar DÍA 28.- Concerto "SON D'CUATRO" Entrada: 5€ Entradas.- adultos: 5€ nenas e nenos: 3€ "Cultura no Camiño" Xunta de Galicia

Domingo, 28 de novembro 19:00hs. DÍA 22. XULLO FESTIVAL SOLIDARIO A FAVOR ADICAM

DÍA 29.- Concerto da Banda de Música. "UNIÓN MUSICAL DE BELESAR"

DÍA 31.- Concerto Coral Polifónica " A CELA" de Baredo e Coral Polifónica CINE CORAL Municipal "ILLA DE AROUSA" Venres, 3 de decembro 21:00hs. POLIFÓNIA ORQUESTRA DE SAXOS DO CONSERVATORIO AGOSTO CICLO: NUEVO CINE ITALIANO BAIONA A REAL Do 21 de setembro ao 30 de novembro

DE REDONDELA DÍA.-2 Espectáculo Musical "A GRAN FESTA DA ARRIBADA" de Queimán e Fundacion Caixa Galicia –Pontevedra Concerto benéfico a favor da Asc. Santiago Apostol ePousa a CONCELLO 23:00 H PRAZA DO Fundación San Vicente de Paul I MOSTRA DE CINE DÍA 4 Espectáculo instrumental e baile DOCUMENTAL "MESTEÑO" DE DIEGO PACHECO Entradas.- adultos: 5€ nenas e nenos: 3€ ALTERNATIVO DOCUTOPÍA DÍA 11 Concerto Fado "CLAUDIA Dode 2 de novembro aoDUARTE" 4 de decembro Venres, decembro 21:00hs. DÍA 10 21de AGOSTO Espazo cultural Negra Sombra Blues, no Café Uf (Pracer, TULPAN. Proxección cinematográfica en V.O.S.E. DÍA 12 Concerto "CORAL POLIFÓNICA Concerto da BAIONA A REAL" 19) Vigo Organiza: Cine Club Cangas

CORAL DE SAN DÍA 18 Concerto Lírico de Zarzuela "SOPRANO BEGOÑA SALGUEIRO" XXIV FESTIVAL CINEROUPA LORENZO Sábado, 11 de decembro 18:00hs. Ampla programación de máis BAIONESAS" dde 130 películas: estreas BELESAR FESTIVAL BENEFICO A FAVOR DE “CARITAS DÍA 20 Concerto do coro de Homes "VOCES CANGAS”

Venres, 17 de decembro 20:00hs. CONCERTO DE NADAL DO CONSERVATORIO PROFESIONAL E DA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL DE CANGAS Entrada de balde

PRAZA DO CONCELLO 23:00 H

Sábado, 18 de decembro 19:00hs. Musical EL LIBRO DE LA SELVA Público infantil e familiar Entrada: 15€ Domingo, 19 de decembro 20:00hs. CONCERTO DE PANXOLIÑAS DE NADAL Coa participación de agrupacións de música vocal de Cangas e a Banda de Música Bellas Artes Entrada de balde Domingo, 26 de decembro 20:00hs. CORO YOUSEI (Xapón) Formación coral de voces femininas xaponesas de recoñecido prestixio internacional, de xira por Europa. Entrada.- Butaca: 20€ Anfiteatro: 17€

32

cousas de val miñor

recén saidas dos mellores festivais e de filmes galar-

doados en 2010 DÍA 21 Concerto da CORAL DE SAN LORENZO BELESAR Do 10 de novembro ao 3 de decembro Santiago de Compostela

CONCERTOS

THE ZOMBIES DÍA.-2 AGOSTO 11 de novembro 22:00 horas Espectáculo Musical Sala Mondo -Vigo

"A GRAN FESTA

ISMAEL SERRANO DA ARRIBADA" 11 de noviembre 20:30 horas. de Queimán e Pousa Centro Cultural Caixanova- Vigo

THE WAVE PICTURES 12 de novembro Sala Mondo-Vigo

THE STRANGE BOYS 13 de novembro La Iguana Club – Vigo

ABA TAANO 14 de novembro 20:30 horas Centro Cultural Caixanova- Vigo


AXENDA VI CICLO DE CONFERENCIAS "BAIONA CULTURAL" PROGRAMACIÓN CULTURAL CAPITANÍA MARITIMA - 20:30 H

DESBUNDIXIE 14 de novembro Aala Aturuxo- Bueu

XULLO

grafías. As imágenes captadas falan da vida rural, a emigra-

DÍA 7."O ENIGMA DOS CRUCEIROS GALEGOS, ción, a presencia da ORIXE morte,EaEVOLUCIÓN". incorporación da electricidade Salvador Fernández de la ou Cigoña. a presencia do teléfono na vida diaria.

DÍA 14."APROPÓSITO DO CENTENARIO DE CERVANTES: O ENSINO DA LITERATURA NA FITO Y FITIPALDIS FUIMOS UNIVERSIDADE DE VIGO NOSOTROS A TRAVÉS DE TAMBIÉN INTERNET: OS MOOC EEMIGRANTES A REVOLUCIÓN DA 19 de novembro 21:30 horas DOCENCIA". Jesús G.Maestro. Ata o 26 de novembro Multiusos Fontes de Sar- Santiago de Compostela Sede Náutica Caixa Galicia - Sanxenxo DÍA 21. "JULIO CÉSAR E GALICIA". Julio Vilariño Espino MIGUEL RÍOS As imaxes que recolle esta exposición, obtidas da fototeca GIRA “BYE BYE RIOS ROCK HASTA FINAL” DÍAEL 28."PAIS E FILLOS ¿IMPOSIBLE Javier Osarte Garayoa da AxenciaENTENDERSE?. EFE intentan reconstruir os movementos migra20 de novembro torios que se produciron no noso país ao concluir a guerra Coliseum- A Coruña civil. As emigracións forzadas da fame ou do exilio levarían

FUEL FANDANGO 26 de novembro 22:30 horas Entrada 6 euros Sala Aturuxo- Bueu

AGOSTO.-

a un bo número de españois a refuxiarse en países europeos e americanos.

DÍA 4. "O SECULO XIX ESPAÑOL, CURIOSIDADES, ANÉCDOTAS E PERSONAXES". José María Peláez Valle EXPOSICIÓN “VIGO, A COR E A PALABRA”

Ata o 28 de novembro

Centro Cultural "CIDADÁN Caixanova-OU Vigo DÍA 10. CONFERENCIA EXTRAORDINARIA PACIENTE". Jesús Vázquez Almuiña, concelleiro de Sanidade da Xunta de Galicia REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

1 de decembro Auditorio Caixanova -Pontevedra

EXPOSICIÓNS

Artistas vigueses aportarán obras para conmemorar o Bicentenario da Cidade. oferta expositiva complétsea DÍA 11. "BEETHOVEN ENAMORADO". Manuel LópezABenito cunha nova edición da Wildlife Photographer of the Year 2010, e DÍA 18. "UNHA INTERPRETACIÓN RADICALMENTE DEFillos PABLO DE TARSO". a coprodución, co Museo doNOVA Mar, de do océano, d fotóAntonio Piñeiro grafo vigués Javier Teniente.

DÍA 25. "EN TORNO AO CENTENARIO DO NACEMENTO DE CAMILO tramas. JOSÉ CELA: Miradas. Realidades, expresiones, Arte en OS MUNDOS DE GONZALO TORRENTE O LECTOR ANTE MAZURCA ENTRE DOS MUERTOS". Dolores Troncoso Durán Galicia desde 1975 BALLESTER Ata o 16 de xaneiro de 2011 Ata o 14 de novembro Fundación Caixa Galicia - Pontevedra Museo de Pontevedra - Pontevedra O proxecto expositivo e editorial «Miradas», é unha iniciatiA Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais e a va que sitúa as obras da colección baixo a perspectiva partiFundación Gonzalo Torrente Ballester lembran ao autor de “Los gozos y las sombras” no centenario do seu nacemento cular dos comisarios que toman parte nesta serie de catro coa exposición “Os mundos de Gonzalo Torrente Ballester”, mostras. Fernando Castro, Alfonso de la Torre, Fernando que percorre a traxectoria vital e literaria do escritor a través Huici e Iria Candela presentan unha coidada selección dos de máis de 150 piezas (moitas delas inéditas) entre manuscrifondos da Colección Caixa Galicia, centrándose cada un en tos, libros, artigos de prensa, cartas, fotografías, carteis, dibunúcleos temáticos diversos pero complementarios. xos e diversos documentos e obxectos personais que nos achegan a súa iconografía persoal. A mostra que está comisariada Visitas para grupos, concertar no teléfono 982 289 096. por Carmen Becerra e Miguel Fernández-Cid, complétase co Visitas para público xeral, mércores ás 19.30 h. documental GTBxGTB.

PANO DE FONDO Ata o 15 de novembro Centro Social Caixanova - Pontevedra

Exposición que aborda o retrato realizado nos estudos galegos, centrándose dun xeito especial na primeira mitade do século XX, periodo de extraordinaria riqueza neste aspecto. A base da mostra son os fondos que os fotógrafos colocaban tras os retratados no afán de idealizar que lle era propio á pintura da época. Desde humildes colchas a “panos” máis elaborados con paisaxes ou interiores de pazos, a exposición nos permite advertir a importancia deste elemento nas foto-

Horario de apertura ao público: De luns a sábado, 12-14 h e 18-21 h. Domingos e festivos, 12-14 h.


QUEN É QUEN NO RUEIRO

Rúas de ... Baiona

Julián Valverde (1853-1931) A historia da comarca do Val Miñor contou con numerosos benefactores que polo seu altruísmo permitiron o seu desenvolvemento como núcleo e á súa vez permitiron contar con avances que facilitaron a vida aos seus cidadáns, xa sexa coa construción da primeira central hidroeléctrica ou coa instalación da iluminación pública, entre outras, así como numerosas edificacións. Neste sentido a parroquia de Santa Cristina da Ramallosa tamén gozou dun deles: trátase da figura de Julian Valverde Pérez. Natural de Ramallosa, Pérez (1853-1931) participou directamente na incorporación de innovacións tecnolóxicas, pero tamén na construción de instalacións deportivas, litúrxicas, de lecer e culturais. A súa esposa e nobre sabariseña, María Vitoria Cadaval, compartía as suas inclinacións filantrópicas pola comarca e arredores, o que levou a que en 1924 o Concello de Baiona bautizase á principal arteria da parroquia co nome de Avenida de Julián Valverde. Primeira pedra da nova igrexa En 1917 produciuse un dos acontecementos con máis transcendencia da zona, a colocación da primeira pedra da igrexa de Santa Cristina e que contou coa asistencia do ovispo de Tui, Leopoldo Eijo Garay. A edificación finalizouse tres anos despois, en 1920, e foi financiada integramente polo matrimonio que residía a escasos metros da mesma. Tecnoloxía: o tranvía En 1920 o tranvía chegou ao Val Miñor grazas a Valverde, que asumiu un 75% do total do seu custo, e en 1926 inaugurouse a primeira liña Vigo- Ramallosa e pouco despois os tramos Sabarís-Bayona e Gondomar con dous apeadeiros en Sabarís, un na praza de Vitoria Cadaval e o outro no barrio de Área, cun prezo por billete de 20 céntimos. Deporte: o campo de Lourido Tres anos despois do falecemento de Vitoria, en 1925, Julian Valverde e Joaquín Fontán Ozores toman a iniciativa para dotar a Sabarís e Ramallosa dun campo de futbol e para iso doan os terreos situados entre o final de Praia América, o cruce con Monte Lourido e que na actualidade segue funcionando como tal (Campo de Lourido). Lecer e cultura A orixe da fortuna do matrimonio é incerto, pero segundo os estudos de José Ramón Iglesias Veiga, apuntan a que podería proceder da emigración a América. O mesmo estudioso constatou que a parella realizou achegas para a mellora do cemiterio parroquial (1901), a construcción do Casino de Sabarís así como a restauración da ponte da Ramallosa en 1926. O 2 de xuño de 1931, Valverde faleceu aos 78 anos de idade. Na actualidade os seus restos descansan no camposanto da parroquia baionesa. FONTES Arquitectura e indianos na cidade de Vigo e bisbarra (José Ramón Igrexas Veiga), Wikipedia 34

cousas de val miñor




Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.