COUSAS DE Val Miñor Nº15

Page 1

Revista de Baiona, Gondomar e Nigrรกn Distribuciรณn gratuita Ano V / nยบ15 primavera 2017

RIAS BAIXAS | 4

RUTAS | 18

GALICIA SOLIDARIA | 22

DEPORTES | 28

# VIOLENCIA ZERO

ILLAS ESTELAS E MONTEFERRO

CEMMA

VELA PARA TODOS


“As Xornadas Enxebre” Abril, Mayo y Junio Sábados (almuerzos y cenas) Domingos (almuerzos)

“Os arroces Enxebre” Arroz caldoso de mejillones y gambas Arroz con chocos en su tinta Fideos guisados con pulpo y rape Arroz con Bogavante Precios IVA incluido Reserve su mesa en el 986 355000 o en baiona@parador.es www.parador.es

9,50 € 9,50 € 9,50 € 19,50 €


Foto portada: Ponte Románica da Ramallosa

ÍNDICE

EDITORIAL Costa de Monteferro-Illas Estelas, un das paraxes máis singulares pola súa biodiversidade de toda a costa sur da Ría de Vigo A biodiversidade ou diversidade biolóxica é a variedade da vida. Este recente concepto inclúe varios niveis da organización biolóxica. Abarca á diversidade de especies de plantas, animais, fungos e microorganismos que viven nun espazo determinado, á súa variabilidade xenética, aos ecosistemas dos cales forman parte estas especies e ás paisaxes ou rexións onde se sitúan os ecosistemas. A biodiversidade está estreitamente ligada á saúde e o benestar das persoas e constitúe unha das bases do desenvolvemento social e económico. A súa conservación e o mantemento e a restauración dos ecosistemas son igualmente relevantes na loita contra o cambio climático, un dos principais retos ambientais que afronta a humanidade. Na nosa contorna temos o privilexio de gozar dun patrimonio natural, verdadeiramente excepcional. Neste número da nosa revista que o lector ten nas súas mans, quixemos pararnos no conxunto que conforman a costa de Monteferro e as illas Estelas. Considerados como parque natural, aparecen recollidos dentro do catálogo de protección Rede Natura 2000 e é Lugar de Interese Comunitario (LIC) e Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA). Este espazo tamén tivo un especial simbolismo desde antigo, feito que se confirma coa presenza dunha serie de petróglifos situados no bordo costeiro da península.

A protección e conservación do noso patrimonio é cousa de todos, Non actuemos por tanto con ignorancia e preservémolo para que tamén poidan gozalo as xeracións futuras.

4

RÍAS BAIXAS

6

NOVAS

18 RUTAS 22 GALICIA SOLIDARIA 26 OCIO 28 DEPORTES 32 AXENDA 34 QUEN É QUEN NO RUEIRO

Ano V / Nº 15 primavera 2017 Revista de información local. Tirada 5000 exemplares. Xestión Publicidade: 626 993 480 Edición, redacción e distribución: EDICIONES BASAN, S.L. C/ López de Neira, nº 3, 3º. 36202 Vigo Deseño e maquetación: CREACIÓN ANIMAL Colaboración na redacción: Álvaro Peralta, Rosana Calvo Fotografia: Arquivo Ediciones Basán, CEMMA, MRCYB, Álvaro Peralta, prensa Concellos Baiona, Gondomar e Nigrán, Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia www.cousasde.com cousasde@edicionesbasan.com facebook.com/cousasdevalminor Depósito Legal: C 3539-2010 A empresa resérvase todos os dereitos da publicación, sen que poida reproducirse total ou parcialmente o seu contido, sen o consentimento previo dos editores. cousas de val miñor

3


RÍAS BAIXAS

MULLERES EN ACCIÓN: VIOLENCIA ZERO 2016/2017 UN PROXECTO DE ACCIÓN ARTÍSTICA PARA REIVINDICAR A IGUALDADE DE XÉNERO E CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA As actividades programadas pola Deputación de Pontevedra funcionarán como arma de visibilización e de reflexión, para promover una sociedade igualitaria entre homes e mulleres, sen discriminación nin violencia, cos mesmos dereitos e deberes. Estas accións foron organizadas en colaboración conxunta cos concellos participantes e co apoio de asociacións de loita pola igualdade de xénero.

MULLERES EN ACCIÓN: VIOLENCIA ZERO 2016-2017 é un proxecto de acción artística contemporánea no espazo público para reivindicar a igualdade de xénero e poñer o foco de atención no estado actual da problemática da violencia machista no noso país, en particular, e por extensión, no mundo. É unha proposta multisede de sensibilización, para fomentar na cidadanía unha actitude crítica. Ademáis, trátase de un proxecto que promove a visibilidade das artistas novas galegas, fomenta o achegamento á arte contemporánea a través do diálogo con todos os públicos, da experiencia e da creación colectiva, e incentivando a integración de homes e mulleres na loita contra unha realidade que nos afecta a todos e a todas. Este nova edición de "Violencia Zero" recolle 25 accións de arte contemporánea (graffiti, performance, poesía, música, teatro, danza, pintura…) que se desenvolverán en 25 concellos da provincia e durante todo o ano, ata novembro de 2017, a razón de dúas accións ao mes (agás novembro deste ano, que acollerá unha).

Carmela Silva: “Traballando cos concellos é como mellor podemos concienciar cada día máis á xente contra esta lacra”

4

cousas de val miñor

Dos 25 concellos, os que acolleron esta iniciativa ata marzo, son por orde cronolóxica: Vigo, Pontevedra, Marín, Tomiño, Cambados, Ponteareas, Nigrán, Vila de Cruces, O Porriño e Cuntis. No mes de abril serán Bueu e Salvaterra de Miño. En maio, Soutomaior e Poio. En xuño, O Grove e A Guarda. En xullo, Baiona e Caldas de Reis. En agosto, Vilagarcía e Cangas. En setembro, Vila de Cruces e Silleda. En outubro, Salceda de Caselas e Meaño, e en novembro en Tui.


RÍAS BAIXAS

NIGRÁN Carmela Silva "é fundamental que os nosos nenos e nenas sexan educadas e educados dende o berce" A Presidenta da Deputación de Pontevedra, acompañada polo alcalde de Nigrán, Juan González, e a Deputada provincial Digna Rivas, asistiu a unha das accións que tivo lugar en Nigrán chámase “Nada máis alá”, que contou tamén coa presenza de rapazas e rapaces do CPI Humberto Juanes e o IES Val Miñor. 'Nada máis alá' é unha actuación de danza da man de Perdomus, o nome da formación encabezada pola bailarina e coreógrafa Bárbara Monteagudo. Representa a un home matando un grupo de mulleres tras seducilas e tamén como esas mulleres revivían e lograban reeducar o home para despoxalo do seu machismo.

CUNTIS Carmela Silva subliña no proxecto "Violencia zero" en Cuntis, que sen as mulleres o mundo pararía. O acto de “Violencia Zero” en Cuntis, celebrouse o 8 de marzo e foi un graffiti nunha parede do pavillón do CEIP “Aurelio Marcelino Rey García”, da artista Nana, baixo o título de “Cóntame outro conto”. Silva, escolleu este acto de “Violencia Zero” para conmemorar o Día Internacional da Muller e estivo acompañada polo alcalde de Cuntis, Manuel Campos, a concelleira, Conchi Campos, e a deputada provincial Digna Rivas, así como por un cento de escolares do CEIP “Aurelio Marcelino Rey García”.

PORRIÑO A deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, acompañada polo deputado de Turismo, Santos Héctor Rodríguez, fixo un chamamento para que todas as administracións impulsen un pacto de Estado para erradicar a violencia machista.

cousas de val miñor

5


NOVAS VAL MIÑOR

BAIONA E NIGRÁN TOMARÁN MEDIDAS PARA PROTEXER O SEU PATRIMONIO CULTURAL DAS AGRESIÓNS Os alcaldes de Baiona e Nigrán se comprometen a tomar medidas para protexer o seu patrimonio cultural das agresións e evitar que feitos coma os ataques ao cruceiro de San Telmo, na ponte románica da Ramallosa, se volvan a repetir. Este cruceiro sufriu un acto vandálico o pasado ano e como consecuencia perdeu un brazo da cruz, que foi botado ao fondo do río Miñor, posteriormente recuperado e depositado na casa do Concello de Nigrán. A petición deste concello presentouse un proxecto de restauración que foi aprobado pola DXPC. Antes de acometer os traballos de restauración, en outubro, o cruceiro sufriu outro incidente, probablemente tamén por actos vandálicos, que rematou cos outros dous brazos no río Miñor. Unha vez máis o cruceiro volveu a ser vítima de vandalismo, o pasado 17 de xaneiro, esta vez a modo de pintadas realizadas con spray de cor verde, sendo necesaria a redacción dunha nova proposta de tratamento para a limpeza das mesmas. Os alcaldes de Nigrán e Baiona acordaron asumir os gastos da restauración entre ambos concellos, resolvendo, ademais, reparar puntualmente o pavimento da ponte que presentaba un aspecto de abandono, con falta de lousas e de argamasas entre as mesmas, facendo así unha intervención completa. Os rexedores de Baiona e Nigrán, na súa visita ao inicio das obras na ponte, se mostraron firmes á hora de garantir o bo estado das xoias do patrimonio miñorano. “Despois de ano e medio de tramitacións e esperando polos permisos necesarios, é moi boa noticia que un dos principais referentes patrimoniais e culturais do Val Miñor ao fin se poida restaurar. Dende o Concello tomaremos todas as medidas necesarias para evitar calquer outro dano en toda a ponte en todo o seu conxunto, dende o pavimento ao cruceiro”, sinalou Juan González. Pola súa banda, Ángel Rodal insistiu no símbolo da ponte da Ramallosa como unión dos dous municipios e paso obrigado para os peregrinos. “É un valor vital do patrimonio cultural do Val Miñor, unha ponte de unión co paso de moitísimos peregrinos que valoran moi positivamente a paisaxe e a conservación e posta en valor desta xoia ao seu paso hacia Santiago”, apuntou o rexedor baionés. A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia deu o pasado mes de febreiro luz verde ao proxecto para a restauración do cruceiro, polo que técnicos da empresa BIC Materiales y Conservación S.L. recolleron os brazos do cruceiro depositados nos concellos de Baiona e Nigrán, así como o brazo que permanecía na súa situación orixinal para reconstruír a peza e colocala de novo no seu lugar. A contratación tivo un custe de 3.500 euros que asumiron os concellos de Baiona e Nigrán e incluiu tanto a limpeza do pavimento da ponte románica como das pintadas. 6

cousas de val miñor


NOVAS VAL MIÑOR

UNA XOIA DO ROMÁNICO NO CAMIÑO PORTUGUÉS POLA COSTA

Foto de arquivo.

Trátase dun cruceiro con pousadoiro e unha escena dunhas ánimas queimándose no purgatorio. Encostada á vara aparece a figura de san Telmo, patrón de Tui e dos mariñeiros, sobre un pedestal e vestido cos hábitos monacais dos dominicos, orde a que pertencía, portando un cirio na man dereita (o “lume” de san Telmo) e na esquerda un libro. O cruceiro, situado practicamente no medio da ponte, consta dunha vara de sección octogonal coa parte superior e inferior cadradas, un capitel xeométrico, e unha cruz latina de sección romboidal. Tanto o cruceiro como a ponte están tamén relacionados co culto a fertilidade, xa que alí acudían parellas con dificultades para concibir. A ponte construída durante o século XIII, é moi probable que sustituise a outra ponte de orixe romana xa que se atopa no trazado da vía romana XX (per locca maritima) do Itinerario de Antonino.

cousas de val miñor

7


NOVAS VAL MIÑOR ALUMNOS DO V OBRADOIRO DE EMPREGO “TERRAS DO MIÑOR” ATENDERÁN O COMEDOR SOCIAL DO VAL MIÑOR Os vinte alumnos serán os encargados de elaborar as comidas e dar o servizo de restaurante dúas veces á semana A Mancomunidade do Val Miñor puxo en marcha o comedor social que será atendido ata maio polos alumnos do V Obradoiro de Emprego “Terras do Miñor” posto en marcha cunha achega de 179.134,20 euros (97.150,20 euros para os gastos salariais dos alumnos) da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. A quinta edición do Obradoiro de Emprego “Terras do Miñor” estase a desenvolver desde o 1 de decembro de 2016, na Residencia de Tempo Libre de Panxón. Ao longo dos seis meses de duración, os vinte alumnos traballadores (dez de operacións básicas de cociña e de servizos de restaurante), serán os encargados de elaborar as comidas e servizo de restaurante para o comedor social que comezou a funcionar este martes. Os traballadores do obradoiro son sempre seleccionados a través das listaxes do INEM, mentres que os usuarios do comedor social proceden dos departamentos de servizos sociais dos concellos de Nigrán, Baiona e Gondomar. O director do Obradoiro de Emprego “Terras do Miñor”, Jose López, destacou a profesionalidade dos responsables do obradoiro e a calidade do servizo que prestarán todos os alumnos. “Temos un comedor social de primeira categoría”, sinalou. O Obradoiro de Emprego “Terras do Miñor” foi solicitado dende a Mancomunidade o 24 de febreiro, obtendo a resolución favorable da Xunta en outubro. Esta será a quinta edición e contará cunha duración de 6 meses (960 horas en total), comezando o 1 de decembro na Residencia de Tempo Libre de Patos e rematando o 31 de maio.

O OBRADOIRO DE EMPREGO “VALMIEMPREGA XOVE” FINALIZA O PROGRAMA DE ACTIVIDADES QUE LEVOU A CABO EN CENTROS ESCOLARES DO VAL MIÑOR DURANTE OS ÚLTIMOS DOUS MESES. Valmiemprega Xove, Obradoiro de Emprego promovido polo Concello de Gondomar en colaboración cos municipios de Baiona e Nigrán, e que conta co cofinanciamento de Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo, ven de rematar o seu programa de actividades en centros escolares do Val Miñor. Durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo desenvolveronse actividades de sensibilización e promoción do patrimonio cultural e natural e dos recursos turísticos do Val Miñor a través de charlas didácticas e presentacións dirixidas ao alumnado de Primaria e ESO dos distintos centros da comarca. Durante este período realizaronse un total de 23 accións grupais que beneficiaron a uns 900 escolares dos colexios CEIP Belesar (Baiona), CEIP Cruz-Camos, CEIP Peitieiros, CEIP Souto-Donas, CEIP Fontes-Baíña (Baiona), CEIP Chano Piñeiro (Gondomar), IES Val Miñor (Nigrán) e CEIP Serra-Vincios (Gondomar). 8

cousas de val miñor


SABORES VAL MIÑOR

SABORES VAL MIÑOR

cousas de val miñor

9


NOVAS NIGRÁN

Apego é afección, inclinación ou amor por algo ou alguén. Apego é vínculo, sintonía e empatía. O apego é necesario para o desenvolvemento social e emocional, e tamén é fundamental para a lingua.

SETE CONCELLOS ASINARON EN NIGRÁN A SÚA ADHESIÓN AO PROGRAMA APEGO PARA FOMENTAR O USO DO GALEGO DENDE O BERCE Os concellos de Nigrán, Ponteareas e Vilagarcía, Coruña, Cee e Sada, O Carballiño e a cidade de Lugo adheríronse ao programa 'Apego', cuxo obxectivo é incentivar o uso do galego nas novas xeracións desde os primeiros anos de vida. O programa 'Apego' é un proxecto dirixido a poñer en valor a transmisión da lingua galega aos nenos dende o berce e ata os 6 anos, e a facilitala con apoio, información, recursos, programación de actividades etc. O Concello de Nigrán entregará a partir de maio a cada neno que naza no municipio unha caixa de benvida cunha mantiña-apego, un álbum de primeiras experiencias, un libro informativo sobre transmisión lingüística e crianza, un adhesivo para o coche, un medidor, un disco de música infantil en galego de diferentes grupos e estilos, etc. O Concello estima que a partir de maio entregará un cento de caixas cada ano (o número habitual de nacementos) e esta deberá ser solicitada polos pais no primeiro ano de vida do neno (é requisito indispensable estar empadroado en Nigrán). Avaliación positiva do programa Desde os servizos de normalización lingüística (SNL) faise unha avaliación moi positiva do programa, tanto pola acollida ata o momento, como polo número de familias directamente implicadas –xa están adheridas formalmente arredor de 2.000–, polos recursos creados, pola participación nas actividades e polos resultados que se van percibindo.

UN NIGRÁN PARA TODOS A pranta baixa do Concello de Nigrán reabriu completamente renovada despois de dous meses de obra para eliminar barreiras físicas e sensoriais. A obra enmárcase na iniciativa 'Un Nigrán para todos', lema do proxecto pioneiro en Galicia co que Concello e Centro de Educación Especial Juan María traballan para promover a inclusión e mellorar a accesibilidade física e sensorial en todo municipio. 10

cousas de val miñor


NIGRÁN

VIVE NIGRÁN!

cousas de val miñor

11


NOVAS BAIONA

BAIONA HOMENAXEA AOS SEUS DEPORTISTAS Un ano máis, o auditorio V Centenario de Baiona albergou a celebración da festa grande do deporte baionés e ou Concello, a través do departamento de Deportes, estableceu sete categorías para nomear aos mellores deportistas e clubs do ano 2016. Con tres finalistas en cada categoría, os gañadores foron: Na categoría á Mellor Deportista Feminina no ano 2016, Marta Canella (Baloncesto). Mellor Deportista Masculino, Herminio González (Rallies).Como Mellor Deportista de Base Masculino, Jorge González Silva e Pablo Carneiro Claro (Vela). apartado de Mellor Deportista de Base Feminina, Jimena Gil Pereira (Fútbol). Mellor Xunta Directiva de Baiona, Baíña Fútbol Sala. No ámbito do Mellor Evento Deportivo o xurado decantouse pola Vig-Bay. Por último, como Mellor Patrocinador o elixido foi Frutas Vilar DISTINCIÓS ESPECIAIS Este ano as distincións especiais foron para, Francisco Javier Suárez Gándara, máis coñecido por todos os miñoranos como “Paco”, foi un pioneiro no deporte baionés ao promover o fútbol sala. José Manuel Conde González é un atleta de fondo que hoxe en día continúa en activo e demostrando a súa tenacidade. Con excelentes resultados en probas tan exixentes coma o “Vigo 24 horas”, o Concello de Baiona quere así premiar a súa actividade deportiva e a súa resistencia. Por último, a VI Gala do Deporte tamén concede unha das tres mencións especiais ao Fútbol Sala Baíña pola súa traxectoria ao longo dos últimos anos.

BAIONA, PRIMEIRO MUNICIPIO DA PROVINCIA NA REDE MUNDIAL DA OMS DE CIDADES AMIGAS DAS PERSOAS MAIORES O concello de Baiona foi incluido como novo membro da Red Mundial de Ciudades y Comunidades Amigas de la OMS (Organización Mundial de la Salud), unha organización que en España está coordinada polo Instituto de Mayores y Servicios Sociales (Imserso) e que traballa en todo o mundo para promover “grandes lugares para envellecer”. 12

cousas de val miñor


BAIONA

VIVE BAIONA!

cousas de val miñor

13


NOVAS BAIONA

A ARRIBADA 2018 XA ESTÁ EN MARCHA O CONCELLO DE BAIONA COMEZA A PREPARAR O PRÓXIMO ANIVERSARIO DA CHEGADA Á REAL VILA DA CARABELA "LA PINTA" EN 1493, COA PRIMICIA DO DESCUBRIMENTO DUN NOVO MUNDO BAIONA INVITA AOS REIS DE ESPAÑA A PRESIDIR OS ACTOS DO 525 DESCUBRIMENTO

"A PINTA" PARTIRÁ DE NOVO CARA Á GUARDA Entre as moitas actuacións que se teñen previsto levar a cabo para celebrar este importante evento, está trasladar a carabela "La Pinta" para unha posta a punto e que estea resplandecente na XXIII Festa da Arribada, para o que o goberno municipal destinou unha partida de 30.000 euros no orzamento deste ano. Farase cargo da reparación o estaleiro Joaquín Castro da Guarda. O traslado está previsto en outubro e o regreso, a principios de 2018.

14

cousas de val miñor

O Concello de Baiona cursou unha petición á Casa Real para que as SSMM os Reis de España presidan o acto institucional do 525 aniversario da Arribada da carabela “La Pinta” ao porto de Baiona. Ángel Rodal, alcalde de Baiona, solicitou así de forma oficial a presencia do Rei Felipe VI e a Raíña Letizia na conmemoración que se celebrará o primeiro fin de semana de marzo do ano 2018, coincidindo tamén cos 25 anos da presencia na Real Vila do que entón era Príncipe de Asturias para celebrar en 1993 o V Centenario da Arribada. O rexedor de Baiona, xunto ao de Santa Fe de Granada, Manuel Gil, e o primeiro tenente de alcalde de Palos de la Frontera, Ricardo Bogado, firmaron a carta dirixida ao Palacio de la Zarzuela para invitar aos Reis tanto aos actos a celebrar en Baiona coma en Santa Fe (525 anos das Capitulacións do Reis Católicos) e en Palos (525 aniversario da chegada de “La Niña” e “La Pinta”). “O Concello de Baiona, xunto ao de Santa Fe de la Vega de Granada e Palos de la Frontera, iniciou en 2012 un proxecto conxunto das tres localidades irmandadas e unidas pola historia colombina, para que sexan declaradas pola UNESCO Patrimonio da Humanidade e lugar de encontro da Comunidade Iberoamericana de Nacións”, explican os alcaldes na carta dirixida as SSMM. A invitación aos Reis de España convértese así nun dos primeiros pasos para organizar o 525 aniversario da Arribada.


NOVAS BAIONA A FESTA DA ARRIBADA CONSOLÍDASE TAMÉN POLA SÚA CAPACIDADE ORGANIZATIVA A XXII Festa da Arribada congregou a 160.000 persoas e as lanzadeiras gratuítas moveron a 3.000 pasaxeiros A Festa de Interese Turístico Internacional recibiu un total de 160.000 persoas durante os tres días de celebracións, segundo os datos da Policía Local. As lanzadeiras gratuítas que funcionaron dende Porto do Molle trasladaron o sábado e o domingo a preto de 3.000 persoas. Tanto o dispositivo de seguridade, con máis de 200 efectivos, coma o hospital de campaña e o servizo de limpeza despregáronse na Real Vila para garantir o bo funcionamento da festa. Ademais, os drons da Axencia Galega de Emerxencias contribuíron vixiando o tráfico e a mobilidade dos peóns.

O CONCELLO DE BAIONA DECLARARÁ FESTIVO O PRIMEIRO VENRES DE MARZO PARA CELEBRAR A ARRIBADA Así o informou Ángel Rodal, alcalde de Baiona, desta decisión aos representantes da Asociación de Comerciantes e Empresarios (Aceba) na reunión levada a cabo para facer balance da última edición da Festa de Interese Turístico Internacional. No tocante ao estreo do vaso oficial, os representantes de Aceba valoraron a mellora que supuxo a retirada dos envases de cristal e barro na homoxeneización da imaxe da festa e na limpeza e recollido do lixo xerado durante os tres días de celebracións. Comerciantes, empresarios e goberno local fan un balance positivo da última edición e comezan xa cos preparativos de 2018 para o 525 aniversario.


NOVAS GONDOMAR O CPA GONDOMAR FAI HISTORIA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA COA PRIMEIRA MEDALLA NACIONAL PARA GALICIA EN GRUPOS SHOW Excelentes resultados os conseguidos polos clubs galegos no Campionato de España de Grupos Show Grandes e Pequenos, que celebrouse durante o primeiro fin de semana de marzo no pavillón Barris Nord de Lleida.

GONDOMAR ACOLLEU A III MILLA SOLIDARIA DE ANEMIA FANCONI Celebrouse o día 26 de marzo, na contorna das inmediacións do campo de futbol das Cercas cun total de 1069 metros que un ano máis tamén se fixo en cadeira de rodas e con categorías diferenciadas e adaptadas. A carreira solidaria chegou este ano a Gondomar despois de celebrarse os anos anteriores en Nigrán e Baiona. Para enfermidades como a Anemia Fanconi, resulta fundamental que exista unha concienciación sobre a necesidade de doar médula.

16

cousas de val miñor

Na xornada do sábado as sensacións foran moi positivas cos Grupos Grandes, sobre todo por parte do C.A.R.P.A.-Viqueira con “Darasmo todo” e unha meritoria sétima praza, secundada ademais por un fenomenal oitavo posto do CPA Ribex coa súa coreografía “Envexa” entre os 20 grupos participantes. A representación galega achegaba tres formacións máis nesta categoría, finalizando CP Porriño (‘Love’), CPA Valladares (‘Elemento vital’) e Ánfora PA (‘Ás para voar’) nas posicións 13ª, 15ª e 16ª respectivamente. Pero aínda quedaba o mellor para o domingo, cos Grupos Pequenos en pista, certificando o CPA Gondomar as boas sensacións mostradas recentemente no Campionato Galego con “Alma toureira”, pois aínda sendo sumamente conscientes da dificultade que supón superar aos clubs cataláns, saíron ao parqué do Barris Nord co convencemento de que unha medalla podía ser súa. E así ocorreu, logrando unha meritoria terceira praza final que rompía así a hexemonía de Cataluña, que conseguía colocar a cinco formacións entre as seis mellores. Ao éxito das de Gondomar, cuxa medalla de bronce é a primeira que consegue un conxunto galego na modalidade de Grupos Show, sumábase a undécima posición do C.A.R.P.A.-Viqueira con ‘Náufragos en terra’ e a duodécima do CD Fontiñas con ‘Ruído’ entre os 22 grupos clasificados.


GONDOMAR

VIVE GONDOMAR!

cousas de val miñor

17


RUTAS

MARABILLAS E SEGREDOS DAS ILLAS ESTELAS E MONTEFERRO Por Álvaro Peralta A primeira vez que naveguei polo mar do Val Miñor ensináronme que o espazo de mar que separa á península de Monteferro das Illas Estelas leva por nome “A Porta”. Que lonxe no tempo estiveron unidas por terra como Vigo ás Illas Cíes. Quen teña a sorte de atravesala gozará da fermosura dos acantilados que baixan abruptos dende As Penisas Grandes de Monteferro para mergullarse nas costas de A Laxe, O Baixo de Sudoeste e Rapachaquetas, tres rochas que xuntas forman “A Parede”, tan temida polos navegantes. Alí os móbiles non reciben datos e as gamelas adoitan pasar lentamente, respectuosas dunha zona marcada por ducias de naufraxios e afundimentos. No verán centos de turistas circundan en embarcacións de paseo ou deportivas a zona das Estelas. Paseniño e seguindo as cartas náuticas pódese circundar este arquipélago de 19 hectáreas, dominado polas illas maiores Estela de Terra ou de Dentro (9,6 ha), e Estela de Mar ou de Fóra (7 ha), ademais do grupo rochoso das Serralleiras, a carón de varios penedos. “Soamente se pode acceder a estas illas con moi boas condicións de mar, pois axiña as rompentes arrodean os puntos de acceso facéndoas inabordables” dá conta un dos homes que máis veces a visitou, o investigador das aves mariñas que aniñan nestas illas, Estanislao Fernández de la Cigoña Núnez (Revista IEM, 2004). Están protexidas como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC), complementadas pola liña de costa da península de Monteferro. Xuntos integran o IBA (Important Bird Area) ”Contorno mariño das Rías Baixas” pola súa riqueza en especies de aves mariñas. Forman parte da Rede Natura 2000 como a Foz do Miñor na Ramallosa. Administrativamente, as illas pertencen á parroquia de San Xoán de Panxón (Nigrán). 18

cousas de val miñor


RUTAS

Sinalización en As Serralleiras

Estela de Terra, Estela de Mar e As Serralleiras

Canón Munaiz-Argüelles 150/45, feito de aceiro de 15 cm de apertura e de tiro rápido. Formou parte da antiga batería militar J3 Monteferro. Disposta nos anos 30 como defensa de posibles ataques navais, nunca entrou en acción.

UN XOGO CON MAPAS E NOMES DO MAR E a pesar do seu estado salvaxe, sen posibilidades para o asentamento humano, este arquipélago e a costa circundante é un caladoiro de talasónimos, os nomes que ao longo dos séculos os navegantes deron ao mar para situarse ou traballar nel. Algúns como o das Illas Estelas xa están presentes nas cartas náuticas de 1789, levantadas polo Brigadier da Real Armada, Don Vicente Tomiño de San Miguel. Case un centenar destes nomes foron recuperados polos arqueólogos Xosé Lois Vilar e Roberto Rodríguez Álvarez na Talasonimia da costa sur de Galicia (IEM, 2008). Publicación que permite aos visitantes, xa sexa por terra ou por mar, desenvolver unha visita procurando atopar lugares sinalizados nos mapas con nomes tan rechamantes como o xa mencionado Rapachaquetas, Rapapandullos, Rapatimóns ou os sonoros O Bochinche, Os Platillos das Estelas... A que adiviñades os porqués dos nomes? cousas de val miñor

19


RUTAS NAUFRAXIOS E ALTARES MARIÑEIROS Ao curuto de Monteferro, os mariños chámanlle “O Monumento”, pois alí foi emprazada a obra do arquitecto vigués Manuel Gómez Román, “Monumento á Mariña Universal”. Encargada e construída por subscrición popular en 1913 foi inaugurada en 1924 polo presidente do Directorio Militar, Miguel Primo de Rivera y Orbaneja, baixo reinado de Alfonso XIII. Feito que o visitante pode constatar coa lectura do mármore gravado na cara leste do monumento pola “Marmolería Sousa”, de Vigo. Dedicado aos mariñeiros mortos no mar, asemella unha pirámide de chanzos, truncada e feita con bloques de granito. Mide 25 metros de altura e conta cunha cheminea interior. Diante, enriba da porta, unha inscrición: "SALVE REGINA MARIUM" e unha figura da virxe do Carme, patroa dos mariñeiros, co neno Xesús e sobre eles unha gran cruz de pedra. Preto do cumio enxóiana catro coroas de bronce. O monumento integra unha ruta de altares mariñeiros da zona, que nace co Templo Votivo do Mar, deseñado por Antonio Palacios Ramilo pola mesma época e situado no corazón de Panxón. Continúa no alto do Monte Lourido coa capela do Carme, construída en 1932 por orde do bispado de Tui e con orde xudicial de desmantelar do ano 2014. O percorrido remata cunha cuarta construción popular e relixiosa, tamén baixo protección da virxe do Carme, na contorna da muralla do Monterreal, próxima á Torre da Tenaza. O calado popular de tanta devoción ten raíces na historia desta comarca, marcada por naufraxios e a perda de homes e mulleres por mor dos naufraxios. Volvendo aos estudos de Vilar na comarca, atopamos que tanto “o Highland Pride (setembro 1923) como o Auslaug foron ó fondo na Negra, punta norte da restinga que vai de Monteferro, Estela e As Pedras de Laxes”(ibid, IEM,2008). 20

cousas de val miñor

Vista frontal do “Monumento á Mariña Universal” do arquitecto vigués Gómez Román.

Highland Pride

O propietario do Highland Pride era a Nelson Steam Navigation Co., navieira dedicada ao transporte de pasaxeiros e mercancías entre Europa e América. O buque foi construído en 1910 polos Estaleiros Russell

O Aslaug-Haaland era un buque de carga con bandeira de Noruega que levaba 500 toneladas de bacallau ao almacenista Evaristo de Vicente, da rúa Colón de Vigo. Na noite do 24 de novembro de 1924 o buque decidiu entrar pola Boca Sur, entre San Martiño e As Estelas, batendo contra os baixos dos Carallóns e morrendo 20 tripulantes, segundo dá conta Xosé Lois Vilar (Revista do IEM 10/11, 2013). O 9 de setembro de de 1929, o buque Highland Pride, de bandeira inglesa, bateu na mesma pedra ao NO das Estelas. Perdeu unha carga de peixe salgado, conservas e viño que cargara en Vigo. Tamén, segundo relato de Vilar, o barco levaba bois sementais, becerras, ovellas e aves de curral. “O buque perdeuse, foi despezado nos anos seguintes e deulle nome ó lugar do afundimento: O Mar do Pride” (ibidem, 2013)


RUTAS A Boca Sur, vista das Illas Cíes dende Monteferro

OBSERVATORIO DE AVES MARIÑAS ESTELAS – A FOZ DO MIÑOR

Sexa dende unha embarcación ou dende o alto de Monteferro, o avistamento de aves e o son incansable de centenares de gaivotas dominan a paisaxe deste arquipélago miñorán Tanto no inverno como en verán As Estelas son un bo refuxio para as aves mariñas e de ribeira que procuran nela descanso e comida. Corvos mariños, limícolas, anátidas, gaivotas e garzas son visitantes frecuentes das illas, pero non aniñan nelas, segundo Fernández de la Cigoña Núñez. Só a gaivota patiamarela (Larus cachinnans) ten colonizada con niños as Estelas, segundo o estudo citado. Como curiosidade, o investigador deixou constancia de que cada vez máis as gaivotas incorporan aos seus niños moito plástico, “ben en forma de tiras procedentes de bolsas diversas ou de anacos de cordas sintéticas que deixan cara ó exterior, para que se vexan ben, quizais como marca de identidade e diferenciación”. Nas beiras de terra, no observatorio natural da Foz de San Pedro da Ramallosa e Santa Cristina de Sabarís, téñense contabilizadas máis de 90 especies que de xeito permanente ou como parte dos circuítos de migración, ten esta paraxe natural como zona de pasaxe.

Gaivotas nas augas da Rede Natura 2000 A Ramallosa

cousas de val miñor

21


GALICIA SOLIDARIA

Golfiños comúns nas costas das Rías Baixas

CEMMA: 25 ANOS NA CUSTODIA DA VIDA MARIÑA NOS MARES GALEGOS Por Álvaro Peralta. Fotografías: CEMMA Á maioría de nós pásanos desapercibida a vida que habita baixo o mar. Só cando acontece un feito especial como a aparición, vivo o morto, dun animal mariño, lembramos a existencia destes veciños silenciosos. Dende hai un cuarto de século, un grupo de científicos e voluntarios fan de nexo cotiá entre estas dúas partes do país, a terrestre e a mariña. Agrúpanse na Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), unha ONG galega con base en Nigrán, creada en 1992 e que en maio deste ano celebra o seu 25 aniversario. LOURIDA: UN NOME MOI QUERIDO No remate da década dos ’90 apareceu “Lourida” varada viva nos areais de Lourido en Nigrán. Era unha cría moi pequena de arroaz boto (Grampus griseus). A pequena lactante non sabía comer, “aínda se estaba alimentando de leite da súa nai”, lembra José Martínez Cederia o actual presidente da CEMMA. Foi un dos primeiros exemplares rescatados e levado a recuperación. “Desgraciadamente non sobreviviu, pero co esforzo realizado a CEMMA aprendeu moito, e conseguiu mellorar a asistencia noutros animais”, salienta. O fito marcou o carácter desta ONG que na actualidade está composta por preto de 200 socios/as a nivel individual, e tamén forman parte dela as entidades ambientais galegas: ADEGA, ANABAM, ERVA, Colectivo Ecoloxista do Salnés e Grupo Hábitat. Xuntos día a día traballan polo estudo, divulgación e conservación dos mamíferos mariños e tartarugas mariñas, tendo ao seu cargo o rexistro e asistencia dos varamentos que se producen na costa galega, baixo a tutela da Dirección Xeral de Patrimonio Natural. 22

cousas de val miñor

Entre 1990 e 2016 tiveron lugar 152 varamentos de animais mariños nas costas de Baiona e 100 varamentos nas de Nigrán, segundo estatísticas da CEMMA. Na imaxe, asistencia a varamentos. Rocual común femia de 19,8 m de lonxitude. Ría de Muros. 2013.

Pesaxe de unha tartaruga mariña común en recuperación.


GALICIA SOLIDARIA Non se pode conservar aquilo que non se coñece. Por esta razón, a CEMMA estuda e fai un seguimento das poboacións mariñas que logo comunica a través de obradoiros e mostras de divulgación ambiental, para achegar á sociedade os coñecementos adquiridos, e facela partícipe da conservación mariña. Na imaxe unha mostraxe marítima de cetáceos. Campaña PHOCOEVAL. 25 millas ao oeste de Cabo Silleiro. Setembro 2015.

O QUE TRAE O MAR Segundo a documentación da CEMMA, cada ano rexístranse unha media de 285 varamentos de mamíferos mariños e tartarugas mariñas en Galicia. Salientan que os varamentos se producen principalmente nos meses de xaneiro a abril, relacionado coa incidencia dos temporais e do mal tempo no mar. Afirman que a cifra é a máis alta de todo o sur de Europa. Emporiso, mediante diversos estudos realizados, estímase que tan só chegan a varar o 23% dos animais que morren no mar. “O elevado número de varamentos estaría relacionado con varias cuestións”, matiza José Martínez. En primeiro lugar, lembra que nas augas galegas podemos atopar Asistencia a varamento dun golfiño común en Praia América. 2014 máis de 30 especies de mamíferos e tartarugas mariñas. Que algunhas destas especies, como é o caso do golfiño común, son moi abundantes. E finalmente que Galicia ocupa unha posición xeográfica moi particular, recibindo ventos e correntes procedentes de diferentes zonas, que arrastran a terra unha boa parte dos animais que morreron no mar. A REDE DE VARAMENTOS DE GALICIA Un 10% dos varamentos corresponden a animais vivos. Nestes casos, as Unidades Móbiles da CEMMA poñen en marcha protocolos especiais de asistencia. Naqueles casos que sexa necesario, os animais son trasladados á Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Establecemento Veterinario da CEMMA, situado en Nigrán. No caso dos animais mortos, os biólogos levan a cabo unha necropsia e recollida de mostras, para tratar de determinar as causas da morte e, á vez, poder realiza estudos de alimentación, reprodución, xenética, parasitoloxía, patoloxía entre outros. cousas de val miñor

23


GALICIA SOLIDARIA

Golfiños comúns nas costas das Rías Baixas

VISITAMOS O MUNDO MARIÑO DO VAL MIÑOR COS CIENTÍFICOS DA CEMMA Co fin de coñecer mellor o contorno mariño da bisbarra, os científicos da CEMMA respondéronos as seguintes consultas: -Cales son as especies mariñas máis comúns e cales as máis singulares no Val Miñor? A maior parte dos rexistros de varamento corresponden a mamíferos mariños, principalmente a cetáceos de pequeno tamaño, como o delfín común. No caso dos avistamentos, dende Cabo Silleiro, nos días nos que o mar está en calma, pódense observar diversas especies como: golfiño común, caldeirón, toniñas ou balea común. (ver cadros anexos). -Algunha delas está en perigo de extinción? De todas as especies rexistradas na comarca do Val Miñor, a que presenta un peor estado de conservación é a toniña (Phocoena phocoena). Está catalogada como especie vulnerable, pero as evidencias apuntan a que debería pasar a considerarse como especie en perigo de extinción. A toniña é a especie de cetáceo máis pequena de todas as presentes nas augas do Hemisferio Norte. Os exemplares adultos apenas chegan aos 2 m de lonxitude, e nas augas galegas atópanse os individuos de maior tamaño. Dáse a particularidade de que nesta especie existe dimorfismo sexual, de maneira que as femias son máis grandes que os machos. A nivel da península Ibérica considérase que as toniñas están extinguidas da costa do Mediterráneo, e o NO da península, en concreto as Rías Baixas e o norte de Portugal son o seu único reduto. Aínda podemos velas na nosa comarca, en zonas como As Negras de Silleiro, ou preto das Illas Estelas. 24

cousas de val miñor


GALICIA SOLIDARIA -Cando atopamos un animal mariño varado na praia, que debemos facer? Poñerse en contacto coa CEMMA chamando ao teléfono de Emerxencias SOS Galicia112. A chamada é gratuíta e o servizo permanece activo as 24 horas do día. Tamén con outras entidades como Policía Local, Garda Civil, Protección Civil. Todas estas entidades levan moitos anos colaborando coa Rede de Varamentos de Galicia.

A principal causa de mortalidade detectada en Galicia é a captura accidental en artes de pesca. Galicia conta co 86% da flota pesqueira que faena nas augas do Caladoiro Cantábrico Noroeste. Na imaxe rescate varamento masivo de caldeiróns tropicais. Ría do Barqueiro. 2013

Actividade de formación e educación ambiental. Simulacro de rescate e asistencia a un golfiño varado vivo, empregando unha maqueta. Actividade realizada na Praia de Patos, en colaboración con Prado Surf Escola. 2014.

-As persoas sensibles coa custodia medioambiental, como poden colaborar? Todas as persoas interesadas en colaborar coa CEMMA poden participar nos labores de voluntariado ambiental. Para iso deben poñerse en contacto coa organización escribindo un correo electrónico a: voluntariadocemma@gmail.com


OCIO - CINE

O NOSO CINEMA. PREMIOS MESTRE MATEO 2017 «MARÍA Y LOS DEMÁS», GAÑADORA DOS MESTRE MATEO CON 5 ESTATUÍÑAS ENTRE ELAS A DE MELLOR LONGAMETRAXE A longametraxe María y los Demás (producida por Frida Films, Avalon, TVG, Movistar Plus e TVE) foi a gañadora de XV edición dos premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual. Foi a producción que máis galardóns obtivo (cinco) e acadou ademais o premio á mellor longametraxe. Tamén a súa protagonista, Bárbara Lennie, obtivo o premio á mellor interpretación feminina. Acadou ademais os premios ao mellor guión, son e música orixinal. Esta película narra a historia de María, que desde que morreu a súa nai, cando ela tiña quince anos, coidou do seu pai e dos seus irmáns. Responsable e controladora sempre foi o alicerce da familia e sente orgullosa diso. Por iso, cando o seu pai namórase repentinamente de Cachita e anuncia o seu inminente compromiso, María sente que a súa vida se desmorona.

A segunda no palmarés foi a serie DALIA, A MODISTA, que obtivo catro premios: interpretación feminina de reparto (Covadonga Berdiñas), dirección de arte, vestiario e maquillaxe e perruquería.

Tres premios Mestre Mateo obtivo o documental ESQUECE MONELOS: mellor documental, dirección de fotografía e montaxe)

O premio ao mellor programa de televisión foi para Land Rober Tunai Show. O seu conductor, Roberto Vilar, levou tamén o Mestre Mateo ao mellor comunicador de TV. No apartado de traballos actorais, ademáis do galardón para Bárbara Lennie, Luis Tosar levou o premio ao mellor actor protagonista por Cen Anos de Perdón. O Mestre Mateo para a mellor interpretación masculina de reparto foi para Monti Castiñeiras polo seu traballo en Serramoura e a feminina para Covadonga Berdiñas por Dalia, a Modista. 26

cousas de val miñor


OCIO - LITERATURA EL LIBRO DE GLORIA FUERTES Antología de poemas y vida Editorial Blackie Books Gloria Fortes morreu co pesar de non ser recoñecida pola maioría dos seus compañeiros poetas, porque a súa obra poética para adultos quedou sepultada pola súa popularidade televisiva e a súa dedicación á literatura infantil. Agora un libro encerra toda a súa esencia en case 500 páxinas. Un ambicioso libro que inclúe poemas, fotos nunca vistas, debuxos feitos pola poeta, notas e recortes de prensa, páxinas dos seus cadernos de notas. É a biografía de Gloria máis completa ata a data.

LA ESPAÑA VACIA Viaje por un país que nunca fue Sergio del Molino Editorial Turner Unha viaxe histórica, biográfica e sentimental por un país deshabitado dentro de España. En só vinte anos, entre 1950 e 1970, o campo español baleirouse. As consecuencias deste éxodo marcan o carácter da España de hoxe. Un ensaio emocionante e necesario sobre as raíces dun desequilibrio que fai tanto dano á cidade como ao campo. Unha viaxe aos pobos da España baleira e unha análise da literatura, o cinema e a historia que os relata.

CÁSCARA DE NUEZ Ian McEwan Editorial Anagrama Trudy mantén unha relación adúltera con Claude, irmán do seu marido John. Os amantes conciben un plan: asasinar a John envelenándoo. O motivo: unha mansión xeorxiana valorada nuns oito millóns de libras que, se John morre, herdará Trudy. Pero hai unha testemuña desta maquinación criminal: o feto que Trudy leva nas súas entrañas. McEwan converte ao feto no narrador da novela, desde a primeira páxina ata a última. O que segue é unha mestura xenial de comedia negra e trama detectivesca.

COLLEITA VERMELLA Dashiell Hammett Editorial Hugin e Munin A editorial Hugin e Munin é unha iniciativa pensada para introducir no mercado galego unha serie de títulos de literatura estranxeira de prestixio. A literatura inglesa, francesa e nórdica son en principio os seus campos de batalla, e como mostra incluimos Colleita vermella nesta recomendación. Publicouse por vez primeira nos Estados Unidos de América en 1929. Trátase dunha obra pioneira do xénero negro, hoxe considerada pola crítica como unha das mellores novelas en lingua inglesa do século XX.

MAC Y SU CONTRATIEMPO Enrique Vila-Matas Editorial Seix Barral “A máis cegadora e divertida novela de Enrique Vila-Matas”. Mac acaba de perder o seu traballo e pasea a diario polo Coyote, o barrio barcelonés onde vive. Está obsesionado co seu veciño, un famoso e recoñecido escritor, e séntese molesto cada vez que este ignórao. Un día oeo falar coa libreira sobre a súa ópera prima, Walter e o seu contratempo, un libro de mocidade cheo de pasaxes incongruentes do que se acorda vagamente, e Mac que acaricia a idea de escribir, decide entón modificar e mellorar este primeiro relato que o seu veciño preferiría deixar no esquecemento.

LOS LOBOS DE CURRUMPAW William Grill Editorial Impedimenta No Val de Currumpaw, Novo Mexico unha manada de lobos percorre o territorio, causando estragos entre a gandería liderados por Vello Lobo un magnífico exemplar de lobo gris que soubo manter aos seus con vida nun ambiente cada vez máis hostil para os animais salvaxes. Ata alí chegará Ernest Thompson Seton, un naturalista e experimentado cazador que conseguirá o que ninguén ata ese momento conseguira. Un libro con magníficos debuxos que transmiten toda a intensidade desta emocionante historia.


DEPORTES

5 ANOS DE VELA ADAPTADA NO MONTE REAL BAIXO O LEMA DE “VELA PARA TODOS” O MONTE REAL CLUB DE YATES CONVERTEUSE NO ÚLTIMO LUSTRO NUN DOS CLUBES DE REFERENCIA EN ESPAÑA PARA A PRÁCTICA DESTE DEPORTE ENTRE PERSOAS CON DISCAPACIDADE Por Rosana Calvo. Fotografía MRCY A Marcos gústalle sair navegar, deixarse balancear polas ondas e descubrir cómo o vento é capaz de empurralo e levar os seus medos e inseguridades. Marcos ten Síndrome de Asperger, pero cando sube a un veleiro, o seu trastorno queda en terra, él convirtese nun tripulante máis e a súa discapacidades é, simplemente, unha capacidade diferente. Marcos é un dos centos de alumnos con discapacidades físicas, psicosociais, cognitivas e sensoriais que practican vela adaptaada en Baiona, grazas ó Monte Real Club de Yates, un dos poucos clubes náuticos de Galicia nos que se ofrece esta modalidade deportiva e o único do norte de España cunha escola específica que funciona ó longo de todo o ano. A Escola de Vela Adaptada do Monte Real naceu dun soño que tiña Rafael Olmedo, presidente da entidade durante máis de corenta anos. Olmedo desexaba achegar a vela a todo aquel que quixera practicala, independentemente da súa condición, e foi o primeiro en poñerse mans á obra para conseguilo, comezando por derrubar moitas das barreiras que existían. O club remodelou as súas instalacións, mercáronse barcos adaptadados, mantivéronse xuntanzas con asociacións de discapacitados e adicáronse tempo e recursos para dar a coñecer as posibilidades que a vela podía ofrecer ás persoas con discapacidade. Beneficios como os de aumentar a súa autonomía e autoestima, favorecer a súa rehabilitación, axudar coa súa integración social ou impulsar o seu afán de superación persoal. 28 cousas de val miñor


DEPORTES

Alumnos de vela adaptada tras finalizar el Trofeo Príncipe de Asturias 2015

En 2012, e baixo o lema de 'Vela para todos', nacía a Escola de Vela Adaptada do Monte Real Club de Yates, un proxecto que foi collendo impulso ata converterse no que é hoxe en día, un lugar de referencia en España no que numerosas asociacións de todo o país acoden para practicar vela en igualdade de condicións. Apenas dous anos despois deses primeiros pasos, en 2014, a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) distinguía ó Monte Real polo seu traballo na eliminación de barreiras arquitectónicas e a atención a persoas con discapacidade, un recoñecemento que servíu para darlle pulo a un proxecto que non deixou de medrar dende entón. Tralo falecemento en 2015 do principal artífice da escola, foi o vicepresidente do clube, Alejandro Retolaza, o encargado de recoller a testemuña de Rafael Olmedo coa iniciativa. Da súa man chegaron novas propostas como a celebración dun Vertiatlón Solidario que recadase fondos para seguir impulsando a vela adaptada en Galicia ou o salto á competición dos alumnos da escola. En setembro de 2015, e por vez primeira na historia do Trofeo Príncipe de Asturias, un barco tripulado por alumnos da Escola de Vela Adaptada saíu competir na regata. A fazaña repetiuse un ano despois ante os ollos do monarca emérito Don Juan Carlos de Borbón, encargado de entregarlles persoalmente unha mención de honra ós alumnos por teren participado na proba. De forma paralela, o clube baionés leva anos impulsando outras competicións específicas de vela adaptada, como o Campionato Ibérico da clase 2.4mR. É esta unha das citas claves do panorama velístico peninsular, e neste 2017 o Monte Real encargarase de organizala por quinto ano consecutivo.

cousas de val miñor 29


DEPORTES

Embarcando a discapacitados físicos con la gru ́a especial

VELA ADAPTADA, MÁIS ALÓ DO DEPORTE Resulta difícil describir con palabras ese intre no que unha persoa con parálise nas súas pernas deixa a súa cadeira de rodas no pantalán e sube a un veleiro para navegar polo mar con liberdade absoluta, cando unha persoa con autismo se calma co vaivén da ondas, ou alguén con cegueira é capaz de descubrir o vento e a auga como nunca antes os sentira. Hai momentos nos que o deporte vai máis aló da mera práctica deportiva e xera un impacto persoal tan positivo, intenso e emocionante que só ós que o viven en primeira persoa son capaces de explicalo. Momentos como os que cada semana se producen na Escola de Vela Adaptada do Monte Real, cando grupos de persoas con discapacidade se enfundan nos seus traxes de auga e saen ó mar dispostos a romper con todas esas barreiras que a socieades ainda lles impón. O deporte da vela dalles liberdade e unas sensacións que no seu día a día raramente poden experimentar. Todos chegan con medo, pero axiña aprenden a deixalo en terra. En chan firma quedan tamén simbólicamente as súas discapacidades, que a bordo do barco se convirten en diferentes habilidades. Hai quen monta as velas, quen se encarga das manobras, o que se ocupa dos amarres…a súa discapacidade xa non os define, agora son simplemente tripulantes dun barco que os fai máis libres. Nos seus cinco anos de vida, a Escola de Vela do Monte Real Club de Yates encheu centos de barcos con persoas dispostas a demostrar as súas habilidades máis aló do asperger, o autismo, o síndrome de down, a cegueira, a sordeira ou calqueira outro tipo de discapacidade. Xente para a que a vela é, ademáis dun deporte, o camiño cara a liberdade, a autonomía e a superación persoal. 30

cousas de val miñor

Los alumnos de Vela Adaptada realizando maniobras


DEPORTES

Un grupo de alumos de la Escuela de Vela Adaptada del MRCYB

El Rey Juan Carlos con los chicos de la Escuela de Vela Adaptada del Monte Real que compitieron en el Trofeo PriĚ ncipe de Asturias 2016


AXENDA BAIONA

PROGRAMACIÓN CULTURAL AGENDA CANGAS

EQUIPOS MASCULINOS

EQUIPOS FEMENINOS

C. B. SEIS DO NADAL C. B. SEIS DO NADAL PORRIÑO BALONCESTO BASE PORRIÑO BALONCESTO BASE Mércores, 29 de decembro NOVOBASKET VIGO ESTUDIANTES DE LUGO Venres, 19 de novembro 21:00hs. BRILLANTINA Musical GREASE Tour´ESTUDIANTES DE LUGO C. B. ALLARIZ IN THE LOOP. Proxección cinematográfica en V.O.S.E. Entrada.Butaca: 23€ Anfiteatro: 21€DE LUGO C. B. ALLARIZ C. B. CIDADE Organiza: Cine Club Cangas C. B. MARÍN PEIXEGALEGO C. B. CANTAIRES TORTOSA Xoves, 30 de decembro C. B. CIDADE DE LUGO C. 19:00hs. B. SALESIANOS VIGO Venres, 26 e Sábado, 27 de novembro 21:00hs. TEATRO DO MORCEGO. C. B. ESTUDIANTES PONTEVEDRA COLEGIO LEONÉS TEATRO DO MORCEGO. Presenta: OS VELLOS Presenta: SALTIMBANQUIS C. B. CANTAIRES TORTOSA C. B. MIRALBA NON DEBEN DE NAMORARSE Público infantil e familiar NCR VALONGO C. D. CELTA BOSCO Entrada: 5€ Entradas.adultos: 5€COMPAÑÍA nenas e nenos: C. B. SALESIANOS VIGO DE 3€ MARÍA C. B. BAIONA C. B. AIREXA Domingo, 28 de novembro 19:00hs. C. B. REDONDELA C. B. O MECO FESTIVAL SOLIDARIO A FAVOR ADICAM COLEGIO LEONÉS 'A'CINE C. B. PORTO DO SON COLEGIO LEONÉS 'B' CARMELITAS OURENSE 06 Venres, 3 de decembro 21:00hs. CICLO: NUEVO CINE ITALIANO ORQUESTRA DE SAXOS DO CONSERVATORIO Do 21 de setembro ao 30 de novembro DE REDONDELA NIGRÁN Fundacion Caixa Galicia –Pontevedra Concerto benéfico a favor da Asc. Santiago Apostol e a Fundación San Vicente de Paul I MOSTRA DE CINE DOCUMENTAL Entradas.- adultos: 5€ nenas e nenos: 3€ ALTERNATIVO DOCUTOPÍA Do 2 de novembro ao 4 de decembro Venres, 10 de decembro 21:00hs. Espazo cultural Negra Sombra Blues, no Café Uf (Pracer, TULPAN. Proxección cinematográfica en V.O.S.E. 19) Vigo Organiza: Cine Club Cangas Sábado, 11 de decembro 18:00hs. FESTIVAL BENEFICO A FAVOR DE “CARITAS CANGAS” Venres, 17 de decembro 20:00hs. CONCERTO DE NADAL DO CONSERVATORIO PROFESIONAL E DA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL DE CANGAS Entrada de balde Sábado, 18 de decembro 19:00hs. Musical EL LIBRO DE LA SELVA Público infantil e familiar Entrada: 15€ Domingo, 19 de decembro 20:00hs. CONCERTO DE PANXOLIÑAS DE NADAL Coa participación de agrupacións de música vocal de PROGRAMA DE CONCILIACIÓN SANTA 2017 Cangas e a Banda de Música Bellas SEMANA Artes EN BAIONA Entrada de balde Ábrese o prazo para solicitar a participación no programa de conciliación Semana Santa 2017. Dirixido a Domingo, 26 de decembro nenos e nenas de 3 a 1220:00hs. anos, desenvolverase no CPI CORO YOUSEI (Xapón) Covaterreña os días 10,11,12 e 17 de abril en horario de Formación coralhoras; de vocesse femininas de recoñeci9:00 a 14:00 ben sexaponesas hai familias que o do prestixio internacional, de xira por Europa. necesiten, establecerase horario flexible de entrada de Entrada.Butaca: Anfiteatro: 8:00 a 9:00 horas20€ e de saída de 17€ 14:00 a 15:00 horas. Máis nformación chamar ao CIM 986357554. 32

cousas de val miñor

XXIV FESTIVAL CINEROUPA Ampla programación de máis dde 130 películas: estreas recén saidas dos mellores festivais e de filmes galardoados en 2010 Do 10 de novembro ao 3 de decembro Santiago de Compostela

CONCERTOS

THE ZOMBIES 11 de novembro 22:00 horas Sala Mondo -Vigo

ISMAEL SERRANO 11 de noviembre 20:30 horas. Centro Cultural Caixanova- Vigo

THE WAVE PICTURES 12 de novembro Sala Mondo-Vigo 3ª EDICIÓN DO TORNEO BASKET SEN BARRERAS O torneo celébrase os días 10 e 11 de abril e como THE STRANGE BOYS na edición anterior durante o torneo recadaranse 13 de novembro La Iguana Club – Vigo fondos para a Asociación Contra o Cancro. ano pasado, foron máis de 200 deportistas os ABA OTAANO participaron na segunda 14 de novembro 20:30 horas edición do “Torneo Basket sen Barreiras”, organizado Centro Cultural Caixanova- Vigo polo Concello, o Club de Baloncesto Nigrán e a Asociación Española Contra o Cancro.


AXENDA PONTEVEDRA

PROGRAMACIÓN CULTURAL

DESBUNDIXIE 14 de novembro Aala Aturuxo- Bueu

FITO Y FITIPALDIS 19 de novembro 21:30 horas Multiusos Fontes de Sar- Santiago de Compostela

MIGUEL RÍOS GIRA “BYE BYE RIOS ROCK HASTA EL FINAL” 20 de novembro Coliseum- A Coruña VISITAS ÁS RUÍNAS DE SAN DOMINGOS FUEL FANDANGO Avenida de Montero Ríos. Pontevedra 26 deAs novembro 22:30 Ruínas de Sanhoras Domingos forman parte do Entrada 6 euros edificio máis antigo do conxunto do Museo de Sala AturuxoBueu Pontevedra e volven estar abertas ao público tras máis de tres anos pechadas por obras de consolidación. Consérvase a cabeceira de REAL FILHARMONÍA DE GALICIA cinco ábsides e parte do muro sur da igrexa, 1 de decembro así como a entrada ao capítulo do convento Auditorio Caixanova -Pontevedra fundado arredor de 1282.

EXPOSICIÓNS Información:

grafías. As imágenes captadas falan da vida rural, a emigración, a presencia da morte, a incorporación da electricidade ou a presencia do teléfono na vida diaria. NOSOTROS TAMBIÉN FUIMOS EMIGRANTES

VIGO Ata o 26 de novembro

Sede Náutica Caixa Galicia - Sanxenxo

As imaxes que recolle esta exposición, obtidas da fototeca da Axencia EFE intentan reconstruir os movementos migratorios que se produciron no noso país ao concluir a guerra civil. As emigracións forzadas da fame ou do exilio levarían a un bo número de españois a refuxiarse en países europeos e americanos. EXPOSICIÓN “VIGO, A COR E A PALABRA” Ata o 28 de novembro Centro Cultural Caixanova- Vigo

Artistas vigueses aportarán obras para conmemorar o Bicentenario da Cidade. A oferta expositiva complétsea cunha nova edición da Wildlife Photographer of the Year 2010, e a coprodución, co Museo do Mar, de Fillos do océano, d fotógrafo vigués Javier Teniente.

Os vestixios visitarse ata o 11 de Miradas. Realidades, expresiones, tramas. Arte en OS MUNDOS DE poden GONZALO TORRENTE setembro: Galicia desde 1975 BALLESTER Ata o 16 de xaneiro de 2011 a sábado: de 10:00 h a 14:00 h e de Ata oDe 14martes de novembro Fundación Caixa Galicia - Pontevedra 16:30 h a 19:30 h Museo de Pontevedra - Pontevedra Domingos e festivos: de 11:00 h a 14:00 h O proxecto expositivo e editorial «Miradas», é unha iniciatiA Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais e a va que sitúa as obras da colección baixo a perspectiva partiLuns: Gonzalo pechadas Fundación Torrente Ballester lembran ao autor de “Los gozos y las sombras” no centenario do seu nacemento cular dos comisarios que toman parte nesta serie de catro coa exposición “Os mundos de Gonzalo Torrente Ballester”, mostras. Fernando Castro, Alfonso de la Torre, Fernando que percorre a traxectoria vital e literaria do escritor a través Huici e Iria Candela presentan unha coidada selección dos CIDADE DA CULTURA DE GALICIA - SANTIAGO DE COMPOSTELA de máis de 150 piezas (moitas delas inéditas) entre manuscrifondos da Colección Caixa Galicia, centrándose cada un en tos, libros, artigos de prensa, cartas, fotografías, carteis, dibunúcleos temáticos diversos pero complementarios. xos e diversos documentos e obxectos personais que nos ache- MULLERES SOBRANCEIRAS: MARÍA MOREIRA gan a súa iconografía persoal. A mostra que está comisariada O Arquivo de Galicia pon en valor o labor pioneiro da Visitas para grupos, concertar no teléfono 982da289 096. por Carmen Becerra e Miguel Fernández-Cid, complétase co deseñadora galega María Moreira a través exposición Visitas para público xeral,iniciativa mércores coa ás 19.30 documental GTBxGTB. ‘Mulleres sobranceiras’, queh.a Xunta de Galicia pretende contribuír a darlle visibilidade ao traballo e ao papelde desenvolvido polas mulleres en diversos Horario apertura ao público: PANO DE FONDO ámbitos, ao tempo que se difunde De luns a sábado, 12-14 h e 18-21 h. a importancia dos Ata o 15 de novembro arquivos como institucións garantes de dereitos e da Centro Social Caixanova - Pontevedra Domingos e festivos, 12-14 h. memoria da sociedade. Exposición que aborda o retrato realizado nos estudos gale- A mostra confórmana un total de 55 pezas –entre as que se gos, centrándose dun xeito especial na primeira mitade do inclúen fotografías, contratos, correspondencia e bocexos século XX, periodo de extraordinaria riqueza neste aspecto. das súas creacións–, que ilustran a destacada contribución A base da mostra son os fondos que os fotógrafos colocaban de Moreira ao impulso do sector téxtil galego, ao tempo tras os retratados no afán de idealizar que lle era propio á que se achegan ao seu proceso de creación e á conexión do 8pintura Mar - da 17 Abr 2017. De 8humildes a 20h. colchas a “panos” máis mundo da moda coa sociedade. Todas as pezas proceden época. Desde elaborados econ paisaxes interiores de pazos, a exposición do arquivo profesional de María Moreira, que a deseñadora Biblioteca Arquivo deou Galicia nos permite advertir a importancia deste elemento nas foto- lle doou recentemente ao Arquivo de Galicia. Entrada libre cousas de val miñor

33


QUEN É QUEN NO RUEIRO

Rúas de ... Nigrán

Elvira López de Guereñu Excepcional, única, inigualable, extraordinaria... Son os emotivos cualificativos que outorgaban antigos alumnos do colexio de Quinteiro á súa mestra, dona Elvira, tras coñecer o seu falecemento, fai agora algo máis de 3 anos. A súa figura segue sendo un referente para centos de miñoranos décadas despois de asistir ás súas clases. Os seus innovadores métodos educativos, o seu pensamento "adiantado á súa época" e a súa calidade humana proporcionáronlle o afecto de estudantes e veciños. Cando se xubilou, trás 45 anos dedicados ao ensino, a comarca miñorana rendeu unha sentida homenaxe a Elvira López de Guereñu González. e centos de antigos alumnos, veciños e autoridades locais reuníanse ao redor da súa figura para destapar unha placa co seu nome, a da praza Mestra Elvira, no lugar de Quinteiro, en Panxón, onde impartiu clases durante case tres décadas Dona Elvira, como a coñecían xeracións de miñoranos, faleceu aos 86 anos. A súa personalidade segue sendo un referente no Val Miñor. Apenas tres anos antes do seu falecemento, participaba en citas anuais cun grupo de exalumnos para compartir experiencias e lembrar vellos tempos. Un daqueles estudantes, Manuel Alejos, presidente da comunidade de montes de Monteferro, cualificábaa, coma "unha persoa extraordinaria e unha educadora excepcional". Alejos é un dos "afortunados" que formaba parte dese "equipo" que cada ano atopábase con ela. "Eran veladas entrañables. Rememorábamos anécdotas, traíanos novas poesías... porque tamén era unha gran escritora", explicaba. A faceta literaria de dona Elvira asombraba aos seus exalumnos e amigos. "Encantáballe escribir e facíao francamente ben", lembraba Manuel Doldán, un dos seus pupilos, e que fué concelleiro no Concello de Nigrán. O edil destacaba a "importantísima labor" da mestra na zona, un traballo que "deixa pegada en cada un dos estudantes aos que nos ensinaba". "Non só educábanos, preparábanos para a vida cun pensamento moi avanzado para a época, baseado na humanidade e a solidariedade", subliñaba. A igualdade de oportunidades para todos os alumnos era o seu maior quebradizo de cabeza, segundo destacaba José uno dos catro fillos da profesora. "Comíanlla os demos cando vía que algún mozo non podía continuar estudando por razóns económicas", comentaba emocionado. (*Texto extraído do artigo redactado pola correspondente de Faro de Vigo, Neli Pillado o 25 de outubro de 2013)

34

cousas de val miñor




Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.