Revista de Baiona, Gondomar e Nigrán Distribución gratuita Ano V / nº16 verán 2017
RÍAS BAIXAS | 4
RUTAS | 18
EDUCACIÓN | 22
DEPORTES | 30
DEPOEMPRENDE
CONDADO DE GONDOMAR 400 ANOS
COLEXIO ÁNGEL DE LA GUARDA
CLUB CICLISTA GONDOMAR
Foto portada: Curro de Morgadáns, cedida por Xilberte Manso de la Torre
ÍNDICE 4
RÍAS BAIXAS
EDITORIAL
6
NOVAS
Galicia quizá por herdanza dos Celtas, os seus proxenitores, é un dos territorios de España que con maior profundidade ama a natureza. Neste sentido, conta con fortes tradicións; o culto á auga, os astros, as virtudes máxicas e protectoras do lume,...que forman parte da súa adoración a natureza desde tempos remotos. Como despedida dá primaveira nos municipios dá nosa comarca, mestúranse todas estas tradicións, enchéndose de vida e adquerendo cores moito máis vivos e intensos. E coma se fose para darlle a benvida ao verán, celébranse festas como o Corpus cos seus coloridas alfombras e os ancestrais curros - rapa dás bestas- unha das tradicións máis antigas e que se viven cada ano con especial intensidade, tanto por parte dos gandeiros, como dos visitantes que acoden cada ano, cada vez en maior número . E co verán chega sen ningunha dúbida una data cheia de máxia. Falamos da 23 de xunio -Noite de San Xoán- na que milleiros de persoas en toda Galicia disfrutan cun dos ritos con maior tradición, o de saltar as fogueiras coa finalidade de protexerse das meigas. Tamén é común a crenza de que a auga alcanza nesta noite propiedades máxicas superiores ás que poida ter no resto do ano. Neste número que o lector ten nas súas mans dedicásmolle especial atención a tres aniversarios moi especiáis, por unha banda o Colexio Ángel de la Guarda celebra os seus cincuenta anos, tamén a Escola de Vela Adaptada creada polo Monte Real Club de Yates de Baiona cumpriu cinco anos e os 400 anos do Condado de Gondomar.
18 RUTAS 22 EDUCACIÓN 24 UNIVERSITAS 26 OCIO 28 SAÚDE 30 DEPORTES 32 AXENDA 34 QUEN É QUEN
Ano V / Nº 16 verán 2017 Revista de información local. Tirada 5000 exemplares. Xestión Publicidade: 626 993 480 Edición, redacción e distribución: EDICIONES BASAN, S.L. C/ López de Neira, nº 3, 3º. 36202 Vigo Deseño e maquetación: CREACIÓN ANIMAL Colaboración na redacción: Álvaro Peralta, Carlos Méixome e Marta González Fotografia: Arquivo Ediciones Basan, prensa Concellos Baiona, Gondomar e Nigrán, Deputación de Pontevedra e Universidade de Vigo www.cousasde.com cousasde@edicionesbasan.com facebook.com/cousasdevalminor Depósito Legal: C 3539-2010 A empresa resérvase todos os dereitos da publicación, sen que poida reproducirse total ou parcialmente o seu contido, sen o consentimento previo dos editores.
cousas de val miñor
3
RÍAS BAIXAS
UN MERCADO DE RÚA XESTIONADO POR MÁIS DE 400 NENOS E NENAS CLAUSUROU A 1ª EDICIÓN DO DEPOEMPRENDE NA ESCOLA NOVE CENTROS EDUCATIVOS DA PROVINCIA PARTICIPARON NESTA EDICIÓN DO PROXECTO EDUCATIVO POSTO EN MARCHA POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA OS RAPACES E RAPAZAS VENDERON OS PRODUTOS ELABORADOS POLAS COOPERATIVAS QUE ELES E ELAS MESMO CREARON E APRENDERON A XESTIONAR
A deputada de Emprego, Montse Magallanes, acompañada polo deputado de Innovación e Promoción Económica, Javier Dios, e a deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, asistiron na explanada de Montero Ríos de Pontevedra, á celebración de MercaEmprende, un mercado de rúa posto en marcha por máis de 400 nenos e nenas procedentes de nove colexios de da provincia, que serviu de clausura á edición 2017 do proxecto educativo DepoEmprende na Escola. Ao longo deste curso o alumnado dos 9 colexios participantes en DepoEmprende na Escola aprenderon a crear e xestionar as súas propias cooperativas nas que, ademais, fabricaron os seus produtos que máis tarde venderon en mercados ou feiras da súa localidade, excepto os dous centros pontevedreses que participaban por primeira vez nun mercado.
Cada colexio contou cos seus propios stands de cartón, que foron decorados e adaptados polos nenos e nenas, nos que promocionaron as súas cooperativas e puxeron á venda todo tipo de artigos artesanais como bixutería, elementos de decoración feitos a man, camisetas, perfumes, libretas ou produtos ecolóxicos. 4
cousas de val miñor
RÍAS BAIXAS
Causas solidarias e contra a violencia de xénero Os cartos que os nenos e nenas obtiveron ao longo do ano coas ventas das súas cooperativas destinaranse a diferentes proxectos e causas, abundando as propostas solidarias e educativas, como doalo protectoras de animais, ONGs, ou incluso investilo na excursión de fin de curso da escola. Especial mención merece a decisión dos alumnos e alumnas do CEIP Laredo de Redondela, que segundo eles e elas mesmas explicaron durante a entrega de diplomas do acto, doarán todo o recadado á reconstrucción da vivenda dun dos seus compañeiros de aulas, fillo da muller asasinada hai uns meses en Chapela a mans do seu home, quen provocou unha explosión na casa familiar coa intención de matala. Nesta edición do DepoEmprende na Escola participaron o CEIP Antonio Magariños Pastoriza de Cambados coa cooperativa “Cooperar, Axudar, Traballar”; o CEIP Barcelos de Pontevedra, o CEE Príncipe Felipe de Pontevedra, o CEP Plurilingüe Riomaior ede Vilaboa, o CEIP Xulia Becerra en Ribadumia, o CEIP Laredo en Redondela, o CEIP A Rúa en Cangas, o CEIP Frián-Teis en Vigo e o CEIP Plurilingüe nº 1 de Tui. O profesorado destes colexios recibiu un curso de formación de 20 horas, certificado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, que os e as dotou das ferramentas necesarias para que os seus alumnados adquirisen a competencia emprendedora que este proxecto persegue.
“DEPOEMPRENDE NA ESCOLA 2017-2018” A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PRESENTA UNHA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA QUE TEN COMO OBXETIVO INTRODUCIR A CULTURA EMPRENDEDORA NA ESCOLA E IMPULSAR COMPETENCIAS ESPECÍFICAS ENTRE O ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA Dentro da liña de apoio ao emprendemento que está a impulsar en diferentes áreas , A Deputación está a promover o desenvolvemento de proxectos que contribúen ao estímulo da cultura emprendedora no sistema educativo e conta con persoal cualificado e recursos materiais para integrar novas actividades na programación dos centros. É por isto que se propón realizar unha convocatoria aos centros públicos de Educación Primaria e de Educación Especial da provincia de Pontevedra para participar no proxecto "DepoEmprende na escola" 2017-2018, un programa co que se pretende promover a adquisición da competencia emprendedora utilizando unha metodoloxía na que o alumnado é o protagonista e centro da súa propia aprendizaxe, mediante un traballo práctico de creación e xestión dunha cooperativa escolar nas aulas, onde fabricarán produtos que venderán nun mercado ou nunha feira da súa localidade.
Os centros educativos que desexen participar o vindeiro curso en “Depoemprende na Escola” deberán presentar, antes do día 15 de xullo, a solicitude para poñer en marcha unha cooperativa que será xestionada, a elixir, por alumnado de 5º ou 6º de primaria.
cousas de val miñor
5
NOVAS VAL MIÑOR
CINCO ANOS DE VELA ADAPTADA EN GALICIA A ESCOLA DE VELA ADAPTADA CREADA EN 2012 POLO MONTE REAL CLUB DE YATES DE BAIONA, CUMPRE UN LUSTRO ORGANIZANDO CURSOS E ACTIVIDADES PARA QUE AS PERSOAS CON DISCAPACIDADE POIDAN GOZAR DO MAR EN IGUALDADE DE CONDICIÓNS
O Monte Real Club de Yates celebrou en Baiona o acto de clausura do Curso de Vela Adaptada 2016-2017, unha das actividades coas que o club baionés tenta achegar ao mar a persoas con discapacidade, para que poidan gozar del en igualdade de condicións. No acto tamén estiveron presentes o alcalde de Baiona,Ángel Rodal; a Xerente da área Social de Fundación Repsol, Luisa Roldán; a Secretaria Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Yolanda Lesmes; o concelleiro de Accesibilidade, Policarpo Vilar e a Xefa Territorial da Consellería de Política Social, Marta Iglesias, Clases teóricas, bautismos de mar, rutas ambientais, sesións de navegación e outras actividades relacionadas co mundo náutico son algunhas das propostas nas que participaron este ano máis de 60 alumnos do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Redondela, o Centro Juan María de Nigrán, a Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Vigo (ASPAVI), a Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares (ASEM GALICIA) E a Asociación de Familias con Persoas con Parálise Cerebral (APAMP). Todos eles asistiron a un acto no que recibiron, ademais duns diplomas por completar con éxito a actividade, o parabén do presidente do Monte Real, José Luis Álvarez O vicepresidente do Monte Real, Alejandro Retolaza, para anunciou a celebración, o próximo 16 de setembro, da terceira edición do Vertiatlón, un tríatlon solidario co que o club recada fondos para a súa Escola de Vela Adaptada.
UN PASO MÁIS CARA Á PLENA ACCESIBILIDADE O Monte Real Club de Yates deu un novo paso cara ao obxectivo de lograr a plena accesibilidade das súas instalacións coa inauguración dun paseo adaptado que facilitará o tránsito de persoas con mobilidade reducida. O encargado de inaugurar o paseo foi o concelleiro de Accesibilidade de Baiona, Policarpo Vilar, ao que acompañaron o alcalde baionés Ángel Rodal e a concelleira de Benestar Social, María del Carmen Paredes. 6
cousas de val miñor
VAL MIÑOR
SABORES VAL MIÑOR
cousas de val miñor
7
NOVAS NIGRÁN
O AUDITORIO MUNICIPAL DE NIGRÁN ACOLLEU UN ANO MÁIS A 'GALA DOS PREMIOS NIGRÁN' Nesta sexta edición foron homenaxeados no eido cultural o grupo de teatro 'Entre lusco e Fusco' do CRC O Torreiro de Priegue; no educativo o CEIP A Cruz (Camos); no empresarial a Panadería Valverde; no deportivo o Club Ciclista Rías Baixas e no social o voluntariado do Concello de Nigrán, todos eles designados co consenso absoluto da corporación. Durante a gala, á que asistiron veciños, membros da corporación e representantes de diferentes entidades do municipio, actuou o grupo nigranés San Rockers e se proxectaron diferentes vídeos relativos á historia de cada galardoado. O alcalde de Nigrán, Juan González, entregou o diploma e peza conmemorativa (deseñada ex-profeso o ano pasado polo artista Juan Coruxo) a cada un dos homenaxeados. Xunto ao rexedor estivo a actriz Cristina Maró, encargada un ano máis de conducir a cerimonia e quen narrou brevemente a historia de cada un. Na gala, que comezou e rematou coa actuación de San Rockers, interviron tódolos premiados: Iria Aguilar, directora do CEIP A Cruz (Camos); Alfonso Valverde, propietario da Panadería Valverde; José Luís Chamorro, presidente do Club Ciclista Rías Baixas; Pilar Rodríguez, directora do grupo de teatro 'Lusco e Fusco'; e membros do voluntariado do Concello de Nigrán, subindo ao escenario os seis responsables do almacén de alimentos, cinco do roupeiro municipal e o profesor de informática Antonio Lago (dedica as mañás de xeito desinteresado a impartir clases de informática no Centro da Terceira Idade de A Ramallosa).
8
cousas de val miñor
NIGRÁN
VIVE NIGRÁN!
cousas de val miñor
9
NOVAS NIGRÁN
O CONCELLO DE NIGRÁN ADHÍRESE AO PROXECTO 'CIUDAD CIENCIA' PROMOVIDO ENTRE CSIC E OBRA SOCIAL 'LA CAIXA' Permitirá que o municipio conte cun espazo virtual con obradoiros de participación cidadá, así como actividades de divulgación científica presenciais en múltiples formatos O Concello de Nigrán ven de adherirse a 'Ciudad Ciencia', un proxecto de divulgación científica do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Obra Social “la Caixa” cuxo fin é que os habitantes de localidades de tamaño medio coñezan de primeira man a actualidade científica e tecnolóxica de xeito ameno e sinxelo. Nigrán pasa a formar parte, deste xeito, da corentena de municipios de toda a península que dende marzo de 2012 se foron unindo a este proxecto. 'Ciudad Ciencia' achegará actividades de divulgación científica en múltiples formatos (exposicións, conferencias, visitas a centros de investigación, etc.) que se incorporan á programación cultural i educativa de Nigrán, así como unha gran variedade de obradoiros creados por investigadores do CSIC que poderán ser presenciais ou online. Ademáis, haberá actividades que faciliten a interacción e o diálogo cos científicos e as científicas (charlas, clubs de lectura, talleres, etc.) e sempre que sexa posible, a programación tratará de responder ás demandas que os veciños fagan chegar ao proxecto a través do Concello. 'Ciudad Ciencia' implica realización de accións especificamente dirixidas a estudantes de Primaria, ESO, Bacharelato e Formación Profesional, que se desenvolven tanto en centros de ensino como noutros escenarios (visitas guiadas a centros de investigación, teatro científico, talleres, etc.). Neste ámbito, unha das estratexias é apostar por proxectos que implican ao alumnado ao longo de varios momentos do curso escolar. Algúns dos talleres presenciais que se desenvolven tratan temas como a astrobioloxía ou a violencia de xénero e outros poñen a proba a capacidade degustativa ou olfativa dos participantes por medio da realización de catas. Os talleres online abarcan diversas temáticas e permiten aos cidadáns elaborar un mapa das plantas da súa cidade ou facer un horto onde aprender, a través do método científico, conceptos de agricultura sustentable.
10
cousas de val miñor
NIGRÁN
VIVE RAMALLOSA
cousas de val miñor
11
NOVAS BAIONA BAIONA INCORPORA TRES CAMPUS DE INTEGRACIÓN ADAPTADOS A PERSOAS CON DISCAPACIDADE A SÚA OFERTA DEPORTIVA PARA O VERÁN O Concello de Baiona ofrecerá dende xuño a setembro un total de 16 campus deportivos, tres deles específicas para integración e adicados a nenos e maiores con dificultades motrices ou psíquicas. Co patrocinio de La Caixa e en colaboracións cos clubs, a oferta amplíase este ano con volei praia, bádminton e multideporte adaptado. O salón de plenos do Concello de Baiona presentou a oferta deportiva municipal para o verán. O alcalde, Ángel Rodal, presidiu o acto ao que tamén asistiron a directora de La Caixa en Baiona, Begoña Abraldes; o xefe de zona da entidade, Igor de las Heras, os concelleiros de Deportes e Accesibilidade, María Jesús Martins e Policarpo Vilar, e representantes de todos os clubs deportivos que participan nos campus. As novidades este ano chegan coa inclusión de dous campus (Baloncesto, Tenis) destinado a nenos (a partir de 7 años) e maiores con dificultades motrices e psíquicas para que se poidan ir incorporando e tamén un campus específico (Multideporte) adaptado para eles como proba piloto do interese do Concello por ofrecer deporte para todos. “Un paso máis adiante do Concello” Os campus de Baloncesto e Tenis non terán límite de idade e estarán destinados á integración, mentres que o de Multideporte, a celebrar a primeira semana de setembro vai enfocado de forma específica a persoas con discapacidades. “Trátase dun paso máis adiante para o Concello no esforzo para dar posibilidades de desenvolvemento a todas as persoas e tamén na tarefa de conciliación familiar”, engadiu Policarpo Vilar, concelleiro de Accesibilidade. O club vigués Amfiv será o encargado de poñer en marcha as actividades adaptadas e o seu presidente, José Antonio Beiro, agradeceu “a gran oportunidade” que reciben do Concello de Baiona e de La Caixa para colaborar. A oferta deportiva dos campus está deseñada entre todos os clubs deportivos locais (Erizana CF,Club Baloncesto Baiona, Club de Loita Sabarís, Club de Tenis Baiona, Galicia en Danza, MRC Yates de Baiona, Club Piragüismo Baiona, Westsport Ladeira, Baíña Fútbo Sala, Club de Patín Baiona, Club Atletismo Baiona, Vigo Vóley, Club de Bádminton do Val Miñor, Club Deportivo Amfiv e Club de Ximnasia Rítmica Ronsel) e destaca dentro da oferta deste verán 2017 a incorporación de campus deportivos tan novos como o Campus de Bádminton e o de Vólei Praia. O Concello de Baiona segue apostando tamén polos Campus de Deportes Náuticos, que se amplían con catro quendas (mañá e tarde) para acoller ao maior número de interesados en practicar vela lixeira (MRCYates), Piragüismo (Club Piragüismo Baiona) e Windsurf e Pádel Surf (WetSports Ladeira). Dezaseis campus en once semanas de vacacións Este ano 2017 ofértanse en total 16 campus repartidos entre as 11 semanas de vacacións escolares para conciliar vacacións co traballo familiar con oito disciplinas no mes de xullo (Tenis, Deportes de Combate, ciclismo, Danza, deportes Náuticos, F-sala, Multideporte e Vólei Praia) e outras oito no mes de agosto (Fútbol, Rítmica, Atletismo, Baloncesto, Deportes Náuticos, Actividades de Patín, Bádminton e Multideporte adaptado). Dende a Concellería de Deportes e os distintos clubs locais elaborouse un programa técnico e lúdico orientado cara a un enfoque común para outorgarlle unha uniformidade á oferta deportiva. Todos os campus desenvólvense ao longo dunha semana, en horario de 10.00 h ata as 14.00 h aínda que para facilitarlle aos pais máis marxe horaria establécese xa desde as 9.00 h o horario de recepción dos alumnos, a excepción do campus Náutico en xornada de tarde que terá un horario especial. Axenda Deportiva do Verán Ademais, durante o acto de presentación tamén se presentaron as competicións e actividades deportivas que o Concello de Baiona organiza este verán. 12
cousas de val miñor
BAIONA
VIVE BAIONA!
cousas de val miñor
13
NOVAS BAIONA BAIONA APROBA POR UNANIMIDADE O NOMEAMENTO DE FILLOS ADOPTIVOS E DISTINCIÓNS A Comisión de Honras e Distincións do Concello de Baiona aprobou este venres por unanimidade o nomeamento de fillos adoptivos e galardóns que recaerán nesta ocasión en Lourenzo Pousa Estévez, Pilar Pulgar, Rafael Lorenzo, Remigio Nieto, Roberto Leyenda e Ricardo Gassent.
BAIONA ACOLLEU POR PRIMEIRA VEZ A ENTREGA DAS BANDEIRAS AZUIS ÁS PRAIAS GALEGAS O PRESIDENTE DA XUNTA, ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO, PRESIDIU O ACTO NO MONTE REAL CLUB DE YATES Baiona acolleu por primeira vez na súa historia o acto de entrega das Bandeiras Azuis a todas as praias de Galicia. Alberto Núñez Feijóo, máximo responsable do Goberno galego, presidiu a cerimonia que celebrouse nas instalacións do Monte Real Club de Yates de Baiona. A Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (Adeac) concedeu este ano a súa distinción de bandeira azul ás praias de Barbeira, Os Frades, A Ribeira e A Concheira, ademais de premiar tamén co mesmo galardón ao Monte Real Club de Yates e ao Porto Deportivo de Baiona. Desta forma a Vila logra en 2017 o maior número de areais premiados e por primeira vez na súa historia consegue unha bandeira azul para A Concheira. A Xunta de Galicia quere este ano recoñecer a labor do Concello de Baiona celebrando na Vila un acto ao que acudirán representantes do 38 concellos galegos para recoller os 113 galardóns concedidos este ano por Adeac. Ademais, tamén foron concedidas distincións a 18 portos deportivos e a 15 centros azuis. No caso de Baiona, ademais das catro bandeiras azuis para as praias e as dúas para os portos, tamén renovou o galardón para o seu sendeiro litoral. “Para nós é un orgullo acoller este acto que ven a pór en valor o traballo feito dende a nosa Concellería de Medio Ambiente. Este ano temos por primeira vez a bandeira da praia da Concheira, onde comezou a historia do turismo en Baiona, cando existía na zona un balneario, e agora damos un paso máis adiante no turismo de calidade que queremos ofrecer aos nosos veciños e visitantes”, explica. 113 bandeiras azuis Galicia mantén a súa posición na clasificación nacional de bandeiras azuis recibidas para os areais galegos, con 113; que se eleva a 131 distincións para praias e portos deportivos; polo que a sitúa na segunda posición no número total de areais que contan con bandeira azul, despois de Valencia con 129 distincións. Deste xeito, a comunidade galega acapara case un 25% (24,3) das 579 bandeiras azuis totais outorgadas en España pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) aos areais, e vai seguida no ránking nacional pola Comunidade catalá (95 bandeiras).
14
cousas de val miñor
BAIONA
VIVE SABARÍS!
cousas de val miñor
15
NOVAS GONDOMAR O CRUCEIRO DE SAN VICENTE DE MAÑUFE VOLVE SINALAR O LUGAR DO ACORDO
O CONCELLO DE GONDOMAR E “O ANO DO CONDE” O pasado 12 de xuño cumpríronse catrocentos anos do recoñecemento, por parte de Felipe II, dos servizos prestados por don Diego concedéndolle o titulo de Conde. É por iso que o Concello de Gondomar colocou a principios de ano un gran anuncio á entrada da vila na carreteira que baixa de Tui e Tomiño. Tamén unha balconada na fachada principal da casa consistorial, que de cara á Praza da Paradela, lembra a veciños e visitantes a que ía ser unha celebración moi especial. A corporación municipal, encabezada polo seu alcalde, Francisco Ferreira, quería darlle un marco especial á conmemoración e por iso formaron unha comisión para o seu seguimento e organización. É unha mágoa, pois no momento de cerrar esta edición, ainda no temos informacións de que algunha das actividades programadas se levarán a cabo. 16
cousas de val miñor
O histórico monumento fora abatido por un turismo en novembro de 2015. Dende entón o Concello de Gondomar xestionou un proceso de restauración que permitiu a reinstalación do cruceiro xunto ao seu peto de ánimas, na cabeceira de entrada ao barrio de Moreira, parroquia de Mañufe. Os traballos foron encargados ao restaurador Gonzalo Buceta a través da Concellería de Infraestruturas e Servizos Básicos dirixida por Iria Lamas Salgueiro. Segundo dá conta o Concello, mellorouse a lexibilidade do mesmo mediante un proceso que contou con traballos de adhesión, montaxe e reintegración con “recoñecemento das adicións e fixación das policromías”. O pasado 19 de maio, despois de case dous anos do accidente, a peza foi instalada no seu histórico emprazamento no Lugar do Acordo. Cadro Informativo O cruceiro ten por base un conxunto pétreo de tres chanzos sobre o que se levanta un peto de ánimas que segundo Miguel Anxo Mouriño tiña a inscrición orixinal “HERMANOS QUE VAIS PASANDO/ MIRAD QUE PENANDO ESTAMOS/PARA ALIVIAR NUESTRAS PENAS/ VUESTRA LIMOSNA ESPERAMOS”, e recollido no libro Cruces, cruceiros e petos do Concello de Gondomar, de Estanislao Fernández de la Cigoña. O completa un fuste cilíndrico onde gabea unha serpe. Por riba, un capitel con tres homes de barbas e unha muller . Na parte superior, no anverso ten unha talla de Cristo, de gran tamaño. No reverso unha talla da Dolorosa.
II MEMORIAL ÁNGEL FERNÁNDEZ O pasado 10 de junio, en el campo de As Cercas ( Gondomar) organizado por la policía de esta localidad, policías españoles y portugueses disputaron un partido de fútbol en el que también participaron exfubolistas del Real Madrid, Deportivo y Celta de Vigo. El partido de fútbol rendía homenaje al ex policía de la villa Condal.
GONDOMAR
VIVE GONDOMAR!
cousas de val miñor
17
RUTAS
Retrato do Conde de Gondomar, Museo del Prado
400 ANOS DO CONDADO DE GONDOMAR
ALGO MÁIS QUE EMBAIXADOR. E Carlos Méixome O Día de Santos fará, segundo consta nos papeis, 450 anos da nacenza de Diego Sarmiento de Acuña en Astorga, a vella capital do convento Asturicensis, onde exercía de bispo o seu tío, chamado tamén Diego Sarmiento. O 12 de xuño cúmprense catrocentos anos do recoñecemento, por parte Monarquía Católica, dos servizos prestados por don Diego concedéndolle o titulo de Conde. Don Diego conservou sempre un especial agarimo polas súas terras do Miñor, “porque no ay jardines en Inglaterra, como los robles y castaños de Gondomar”, escribiu en 1622, e tendo que escoller nome para o seu condado elixiu o de Gondomar e uniuse para sempre a estas terras nas que non viviu moito tempo pero ás que dende Toro, Valladolid, Londres, Madrid ou Bruxelas sempre lembraba e das que sempre se gababa, como tamén da súa condición de galego “que sólo el morir como cristiano y como fidalgo gallego deseo”, escribe en 1614 desde Londres. Don Diego gañou sona polo seu labor, en dúas xeiras, como embaixador da Monarquía Católica ante a emerxente e herética Inglaterra, coutada pola dinastía escocesa dos Estuardo. Entre 1613 e 1618 a primeira, de 1620 a 1622 a segunda, mesmo houbo un terceiro nomeamento que non asumiu pola morte do seu amigo o rei Xacobe I que abocaba ao fracaso calquera intento diplomático. Gondomar era daquela un dos personaxes máis odiados tanto pola aristocracia inglesa como polos que sempre lles parece ben o que digan os poderosos ata o punto de que o mesmo ano no que ía asumir o novo mandato diplomático, 1924, estreouse, con grande éxito, a sátira política de Thomas Middleton A Game at Chess (Unha partida de xadrez) na que se ridiculizaba tanto o intento de voda do Príncipe de Gales (futuro Carlos I) coa Princesa María como a Gondomar, o gran argallante da mesma. A paz facíase máis custosa e precipitábase a decadencia do imperio católico. Mais non era don Diego home que gustase de executar os mandados, senón de facelos. Quería ser un estadista, non un diplomático. “Sentíase chamado a dirixir, a dar ordes, non a executalas” escribiu o seu gran estudoso, Lois Tobío Fernández, diplomático de carreira e seguramente tamén con máis atracción pola dirección dos asuntos públicos que polo cumprimento das directrices emanadas. Máis nin don Diego, nin Tobío puideron facelo. No camiño de Gondomar interpúxose Lerma; no de Tobío, Franco. 18
cousas de val miñor
RUTAS
Non podemos saber se sería ou non un gran estadista. Non ten sentido especular ao respecto. Mais non sempre os gustos van parellos coas aptitudes e, de forma especial na política, ás veces o éxito non depende dos valores da persoa senón das circunstancias concretas que estragan intencións, frustran capacidades e dobregan vontades. Don Diego percibiu o seu nomeamento como embaixador como unha xogada de Lerma, que empregou en moitas ocasións, para afastalo da corte e bloquear a carreira de quen consideraba un competidor. Despois do correximento de Valladolid, que lle acurtou temporalmente, tanto na súa duración como pola estancia de dez meses en Gondomar para resolver o asunto dos dous navíos portugueses desviados a Baiona polo mal tempo e cargados de mercadorías de moito valor, Lerma argallou o cese de don Diego para darlle o correximento ao seu fillo. Escribe Tobío nun artigo esclarecedor publicado en Grial (nº24) en 1969 e recollido nun libriño que publicou a Fundación Otero Pedrayo en 1991 con motivo da entrega do Premio Trasalba ao viveirense: “Naquela España devota e corrupta, finchada e miserable, non había practicamente máis forma de ingreso ós postos da administración que o favoritismo, o que chamaban, con verba significativa, “acomodo”, e hoxe máis ben chamaríamos “enchufe”. En degraus diversos, España xa non se vería máis libre deste mal, un dos grandes traumas da súa vida pública que se recrudece comprensiblemente nos tempos da autocracia. Lerma levara o sistema do favoritismo ata os máis extremos lindeiros.”
Así tivo a Gondomar de “pretendente en corte” oito anos, dicindo que lle ían dar isto, aquilo pero nada de substancia política. Foi o enrabexamento de Gondomar ao non concederlle o correximento de Madrid, volvía ser corte, o que empurrou a Lerma a darlle a embaixada en Londres, para afastalo dos centros de poder e poñerlle unha pataca quente nas mans. O primeiro conseguino. No segundo Gondomar puido lucir as súas habilidades. Foi Don Diego un dos persoeiros políticos máis relevantes do seu tempo. O hispanista inglés J.H. Elliott, na súa xa clásica obra sobre o imperio español, así o considera: “As insistentes referencias de Olivares á “falta de cabezas” amosan que se produciu un súbito colapso das clases dirixentes do país ao desaparecer definitivamente a última gran xeración de procónsules españois, a xeración do Conde de Gondomar” . Noutra obra o mesmo autor referíndose ao Conde-Duque, comenta: “O contraste entre o seu estilo retórico e o dun estadista da xeración anterior, como por exemplo o Conde de Gondomar, resulta tan chocante como o que ollamos na arquitectura entre o recargado barroco sevillano e a sobriedade clásica do Escorial”. cousas de val miñor
19
RUTAS UNHA CONVERSA CO CONDE E Álvaro Peralta A cripta de Diego Sarmiento de Acuña, I Conde de Gondomar e Corrixidor Perpetuo de Toro e Valladolid está selada e impedida de recibir visitas. Nin sequera Gonzalo Fernández de Córdoba y Narváez, actual XIII Conde de Gondomar pode levar unha flor á tumba do seu antecesor. “É un tema escabroso”, afirma Gonzalo Fernández. Nin sequera con mediación da alcaldía valisoletana puido conseguir que o Estado español, permita o acceso. O I Conde xace na vella capela de San Benito el Viejo, incrustada na edificación na que viviu, a chamada Casa do Sol ou Palacio do Conde. Ambas as dúas foron adquiridas polo Estado en 1999, a igrexa desacralizada e posta en reformas para o seu novo destino como sede do Museo Nacional de Escultura. Trátase dun feito sensible para unha familia que vén conservando a tradición do condado dende hai 400 anos. Neste senso, Gonzalo Fernández afirma continuar unha reivindicación familiar de dignificación dos restos de Diego Sarmiento. Lembra que no ano 1991 o seu pai comezou unha pescuda persoal porque por razóns descoñecidas, o sepulcro tiña sido trasladado e non se atopaba información do seu sitio. Foi entón que a familia ameazou con trasladar os restos á vila de Gondomar. Engade que a alcaldía de Valladolid involucrouse entón na pescuda do seu Corrixidor e tras atopala, organizou unha cerimonia de traslado dos restos á capela orixinal, na que convidou á familia. Máis alá diso, Gonzalo Fernández segue pensando que nas actuais condicións, nunha igrexa que xa non é o que era “Sería interesante pensar en trasladar os restos a Gondomar”. O XIII Conde de Gondomar vive en Madrid máis ten unha relación co pazo e vila de Gondomar dende neno. Lembra vir en longas estancias co seu pai, que levou o título por máis de 60 anos. Séntese comprometido coa actualidade e futuro do municipio, e espera que esta conmemoración dos 400 anos do condado permita proxectar á vila máis alá de fronteiras, da man da figura do I Conde “mundialmente coñecida”, afirma. El e a súa familia estarán presentes en Gondomar na semana da celebración do condado. Sinala a súa total disposición para acoller no pazo e participar persoalmente en calquera actividade programada oficialmente pola administración local. Consultado sobre o futuro do título, Gonzalo Fernández afirmou que sen dúbida se manterá a través da súa filla, Mercedes Fernández de Córdoba, quen será a XIV condesa de Gondomar. 20
cousas de val miñor
RUTAS OS CONDES DE GONDOMAR Foi o 12 de xuño de 1617 cando Felipe III nomeou a Diego Sarmiento de Acuña, conde de Gondomar, onde había nado 50 anos antes. O fixo pola súa heroica defensa da comarca ante os ataques do corsario británico Francis Drake desde a fortaleza de Baiona e o seu servizo á coroa como embaixador en Londres. Dende esa data esta, o condado tivo os seguintes titulares: I Diego Sarmiento de Acuña 1617-1626 II Lope Sarmiento de Acuña 1626III Diego Sarmiento de Acuña y Sotomayor IV Pedro Álvarez de Toledo Sarmiento de Acuña ? -1721 V Mariana de la Encarnación Álvarez de Toledo Sarmiento y Eraso de Vargas y Carvajal 1721-1748 VI Josefa Joaquina Álvarez de Toledo y Sarmiento ? -1748VII Manuel Antonio Fernández de Córdoba y Pimentel ? -1805 VIII Joaquín Fernández de Córdoba Pacheco y Téllez-Girón 1805-1871 IX Gonzalo Fernández de Córdoba y Álvarez de las Asturias-Bohorques1871-1892 X Gonzalo Fernández de Córdoba y Quesada 1894-1948 XI Gonzalo Fernández de Córdoba y Parrella 1948- ? XII Gonzalo Fernández de Córdoba y Calleja 1961-2010 XIII Gonzalo Fernández de Córdoba y Narváez 2010-actualidade
EDUCACIÓN
O COLEXIO ÁNGEL DE LA GUARDA, UN REFERENTE EDUCATIVO DESDE HAI MEDIO SÉCULO E Marta González # Colexio Angel de la Guarda En Priegue, na confluencia de Nigrán e Vigo e nun entorno natural privilexiado, arrodeado de árbores e mirando cara ás Cíes naceu o colexio Ángel de la Guarda no ano 1967. A súa fundadora, Mª Luisa Valverde tiña un soño: ofrecer aos nenos da comarca unha educación innovadora e diferente. No ano 1981 formouse a Cooperativa A Medoña, integrada polos 9 profesores que por aquel entón impartían as clases e iniciouse unha nova etapa na que se apostou por un modelo metodolóxico baseado nunha pedagoxía activa. Os nenos eran os protagonistas e a relación entre alumno e profesor era moi próxima. Un colexio cun trato familiar onde os nenos aprendían e desenvolvían a súa personalidade e as súas capacidades. «Comezamos a nosa andaina con 54 alumnos e hoxe temos preto de 300. É certo que desde aqueles primeiros anos houbo moitos cambios: a forma de dar a clase, os propios alumnos, os pais, e mesmo a sociedade pero o Noso Cole sempre mantivo os seus sinais de identidade: trato familiar, traballo en grupo, educación en valores, paixón por ensinar...explica a ex presidenta da Cooperativa. Ao longo destes 50 anos o Colexio foi adaptándose aos novos tempos e asumindo novos retos para preparar aos alumnos para un mundo cambiante onde o uso das novas tecnoloxías é imprescindible: As aulas están equipadas con PDI, úsanse as tabletas, hai dúas aulas de Informática, trabállase con EVA Abalar e contamos coa Aula Dixital para 5º e 6º de Primaria. O colexio foise renovando e progresando e sempre intentou ofertar unha educación de calidade. "O labor do equipo de Educación Infantil é moi importante. Nesta etapa establécese a base do futuro éxito escolar dos alumnos." Asemade o Centro incorpora de maneira progresiva o inglés, o castelán e o galego en Infantil e Primaria e o francés en Secundaria », sinala a actual presidenta da cooperativa e profesora. "O noso colexio está inmerso na natureza o que permite que os nenos xoguen e aprendan nun ambiente saudable, seguro e familiar e a distribución das aulas por etapas diferenciadas favorece a convivencia tanto entre os alumnos entre sí como cos profesores. O noso equipo psicopedagóxico segue paso a paso a evolución de todos e cada un dos nenos e os titores están pendentes dos seus progresos e dificultades tanto no eido da aprendizaxe como nos aspectos emocionais. Traballamos en equipo para resolver os problemas dos alumnos de maneira eficaz. Estamos moi orgullosos do noso capital humano. Esforzo, dedicación e paixón a partes iguais son os ingredientes do noso traballo diario" Apunta a directora. A aprendizaxe significativa, o traballo en grupo e a educación medioambiental son obxectivos educativos irrenunciables deste centro de Nigrán. Os estudantes poñen en práctica na horta ecolóxica –onde tamén temos animais- o que aprenden nas aulas, adquiren hábitos alimenticios saudables, fan compost reciclando os restos do comedor, sementan e cultivan hortalizas e verduras. Un proxecto educativo no que se aúnan os esforzos de tódolos nenos desde 3 anos ata 4º de ESO. 22
cousas de val miñor
EDUCACIÓN O noso horario pretende contribuír á conciliación familiar. É un horario continuado de 09:00 a 16:00 que inclúe un servizo de comedor. Neste punto temos que sinalar que a comida é elaborada no propio centro polo persoal de cociña. De 16:00 a 17:00 temos unha oferta moi variada de actividades extraescolares e un servizo de gardería/estudo para todos aqueles país que o necesiten. Tamén contamos cun servizo de madrugadores de 08:00 a 09:00 da mañá. Dentro das actividades extraescolares destaca o Clube deportivo Ángel de la Guarda que ten uns prezos moi asequibles, unha oferta deportiva atractiva e variada e un horario que se pode conciliar fácilmente co resto das actividades extraescolares.
Neste Colexio edúcase en valores: solidariedade, tolerancia respecto...A ONG Save the Children recoñeceu o traballo de alumnos e profesores na recollida de fondos para varios dos seus proxectos concedéndolle o galardón de Centro embaixador dos dereitos dos nenos, sendo un dos primeiros centros da provincia en recibilo. Este compromiso cos máis desfavorecidos tamén se reflicte na cooperación co banco de alimentos e outras asociacións. Na clave do éxito destes 50 anos, coinciden, está:" querer a Nosa profesión e crer no noso traballo. Ter unha vocación sen límites e gozar co traballo. Somos un gran grupo de xente con moitísima paixón, que nos superamos día a día, que tentamos mellorar e dar o mellor de nós mesmos. A motivación do docente é clave no éxito escolar», sentencian. Este grupo de profesores recibe a súa mellor recompensa cando os ex alumnos regresan de visita ao centro. «Todos eles coinciden nunha cousa: No felices que foron no seu paso polo colexio», destacan as docentes. O próximo curso o Ángel de la Guarda celebrará ao grande as súas vodas de ouro, a ocasión meréceo. cousas de val miñor
23
UNIVERSITAS O VAL MIÑOR, ESCENARIO NATURAL PARA A RODAXE DUNHA 'ROAD MOVIE' DO ALUMNADO DE COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL Duvi | Vigo As estradas, os areais, os montes e as paisaxes naturais dos concellos de Tomiño, Oia, Nigrán e Baiona foron por unha semana o escenario para a rodaxe dunha curtametraxe dun grupo de estudantes de Comunicación Audiovisual do campus de Pontevedra. Doce alumnos e alumnas xunto con catro actores e estudantes da ESAD (Escola Superior de Arte Dramática) percorreron as praias de Baiona, a serra da Groba ou San Xiao para rodar as imaxes dunha curtametraxe de 18 minutos titulada Van. Esta produción enmárcase no Taller Audiovisual do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova, que forma parte da oferta de Extensión Universitaria do campus de Ourense para o verán organizado en colaboración coa Fundación Carlos Casares. A curtametraxe está dirixida polas alumnas Claudia Alonso e Cristina Burgos, e producida por Cecilia Gil e Laura Pena, e conta coa produción executiva de Paulino Pérez, profesor de Comunicación Audiovisual, que explica que “estes estudantes levan dende o mes de marzo desenvolvendo o guión e a pre-produción”. Durante unha semana percorreron estes concellos nunha furgoneta “que foi o elemento de cohesión da vida dos dous protagonistas” tratando ao mesmo tempo de aproveitar o “valor paisaxístico” desta zona. Van, o Val Miñor percorrido nunha furgoneta Van conta a historia de Unai e Gabi, dous amigos que emprenden unha viaxe inesperada na súa inseparable furgoneta, percorrido durante o cal se atoparán con outros viaxeiros “que cambiarán as súas perspectivas e os axudarán a superar os seus conflitos”, como explica o profesor Paulino Pérez. A curta rodouse en 4K, un formato de ultra alta definición, que este equipo emprega por primeira vez mentres "se despraza por diferentes zonas” da xeografía do sur de Galicia. O formato de 'road movie' é tamén unha novidade nesta edición do obradoiro, xa que como explica o docente "adoitamos variar, dende a mediometraxe con Vento Ferido, a webseries e algunhas curtas”. Pero esta non é a única novidade desta edición do obradoiro, xa que como explica Paulino Pérez, plantexaron “unha produción máis complexa e máis próxima a unha contorna profesional con seis días de rodaxe e con persoas de diferentes cursos, potenciando así o traballo en equipo e a asunción de responsabilidades”. Ademais, despois de sete anos rodando en Celanova, onde se celebra o curso, nesta edición e aproveitando que o xénero escollido é unha ‘road movie’ que conta a historia dunha viaxe do interior á costa, decidiuse buscar novas localizacións. O proxecto, ademais da implicación da Universidade e da Fundación Carlos Casares, contou co apoio de Agadic e a colaboración de GMProvideo e o Concello de Nigrán.
24
cousas de val miñor
OCIO - CINE A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL E AS CATRO DEPUTACIÓNS PREMIAN O LABOR DE CINCO NOVOS INVESTIGADORES GALEGOS
Os premios María Luz Morales pretenden avivar o interese polos estudos sobre o audiovisual, ofrecendo ás persoas estudosas e investigadoras a posibilidade de facer os seus traballos tanto en formato audiovisual como escrito. Nesta primeira edición recibiron 21 propostas coas temáticas e estilos máis diversos. A Primeira muller en dirixir un xornal no Estado español María Luz Morales (A Coruña, 1889 – Barcelona 1980). Escritora e xornalista, especializada na crítica de cine e de teatro, dirixiu o xornal La Vanguardia durante a Guerra Civil, sendo a primeira muller na historia de España en ser directora dun diario estatal. Foi activista feminista, republicana e galeguista represaliada polo franquismo, e autora dunha extensa obra literaria. Considerada unha referencia da incorporación da muller a actividade xornalística e intelectual na España do século XX. Mantivo a actividade xornalística ata os 91 anos de idade.
26
cousas de val miñor
A Academia Galega do Audiovisual entregou na Deputación da Coruña os primeiros premios María Luz Morales, que promoven a investigación científica no ámbito audiovisual, destacando cun galardón e 1.200 euros dous videoensaios e dous ensaios escritos asinados por cinco novísimos investigadores galegos, nunha iniciativa pioneira que conta coa participación das catro deputacións. O ferrolán Brais Romero gañou o Premio ao mellor Vídeo Ensaio Galego con Films From Galicia (?), que ofrece unha visión crítica e combativa na marxinación do idioma galego na produción audiovisual galega e do que o xurado destacou a calidade na realización do videoensaio, cun tratamento sonoro moi expresivo. A vilalbesa Denisse Lozano gañou o Premio ao mellor Vídeo Ensaio Internacional con A cámara perseguidora. Orixe e intención dos planos de seguimento, que analiza un elemento estilístico e a súa relación co cine de intención social. Cibrán Tenreiro (Oleiros) gañou o Premio ao mellor Ensaio Escrito Galego con Equilibrios precarios. Unha aproximación aos vídeos dunha escena underground galega (documento), polo enfoque novidoso dun tema pouco coñecido e polo rigor no tratamento. Noelia Álvarez (Lugo) e Nazaré Estévez (Cortegada) recolleron o Premio ao mellor Ensaio Escrito Internacional con Análise da representación da muller no cinema español da última década (documento), que ven cubrir a necesidade dun discurso de xénero na análise do tratamento da muller no cinema español. O acto de entrega contou coa participación de Margarita Ledo, en representación do xurado, do que tamén forman parte o xornalista Ángel Suanzes e mais o guionista Daniel Domínguez; Carlos Ares, María Yáñez e Manolo González, en representación da Academia Galega do Audiovisual; Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña; Pilar García Porto, deputada de Cultura da Deputación de Lugo; Manuel Doval, deputado de Cultura da Deputación de Ourense; Xosé Leal, deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra; e José Manuel Sande, concelleiro de Culturas do Concello da Coruña.
OCIO - LITERATURA DAVID BOWIE IS INSIDE Geoffrey Marsh &Victoria Broackes Editorial Malpaso Concibido e publicado a modo de catálogo para acompañar a gran exposición inaugurada no Vitoria and Albert Museum de Londres, David Bowie Is Inside é a única obra sobre Bowie realizada a partir dos seus arquivos persoais. Atopamos unha extensa panorámica do deseño dos seus espectáculos, e os artefactos que os compuxeron e das diversas creacións do camaleónico David Bowie.
OS FILLOS DE LUME Pedro Feijoo. Editorial Xerais Regresan os personaxes de Os fillos do mar . Poucas cousas cambian a vida dunha persoa como presenciar un asasinato. A Porta do Sol é unha festa. Risos, barullo. Na praza ateigada de xente só uns poucos saben o que está a piques de acontecer. Un disparo camuflado no rebumbio, o alcalde botando a man ao peito antes de caer. Aí está o comezo dunha investigación que nos levará dous séculos atrás.
ELIZABETH Y SU JARDÍN ALEMÁN Elizabeth Von Arnim Editorial Lumen Este texto causou gran escándalo cando Elizabeth von Arnim o escribiu a finais do século XIX e volve ás lectoras do XXI nesta preciosa edición. Para Elizabeth a felicidade está na liberdade de poder elixir libremente os praceres que a fan feliz: pasear entre as flores e plantas do seu xardín, ver pasar as estacións, ler e xogar coas súas fillas, allea á rutina doméstica, aos problemas da servidume e á incomprensión do seu marido.
LA LEVEDAD Meurisse, Catherine Editorial Impedimenta Un dos mellores cómics deste ano. Un profundo e conmovedor testemuño de como renacer logo de «Charlie Hebdo» e de como a arte pode sanar a dor." O día 7 de xaneiro de 2015, a alarma do espertador da debuxante Catherine Meurisse non soou, facendo que chegase tarde á reunión do equipo de diseñadores da revista Charlie Hebdo. Este descoido salvoulle a vida. Decidida a atopar un novo punto de partida, a autora, que perdeu case todos os seus apoios, emprende, no medio do caos e a aridez estética que seguiu a aqueles días, unha viaxe en busca da beleza.
WALDEN Henry David Thoreau Editorial Errata Naturae Edicion especial 200 aniversario do nacemento de Thoreau En 1845 Thoreau abandona a casa familiar de Concord e instálase na cabana que construíu na lagoa de Walden. Pero non se marcha aos bosques para «xogar á vida», senón para «vivila intensamente de principio a fin». Walden é tanto un experimento literario sen precedentes como un manual para a boa vida: un libro escrito contra toda servidume e a favor da felicidade como única riqueza do ser humano.
LOS BANDIDEZ Siri Kolu. Editorial Nórdica Premio Junior de Finlandia en 2010 A nosa protagonista vai de vacacións á casa da súa avóa cos seus pais e irmá. De súpeto, unha furgoneta córtalles o paso e é secuestrada. Os seus raptores son Os Bandídez, unha familia de estrafalarios ladróns de chuches e chocolates. Xunto a eles, pasará o verán máis emocionante da súa vida a bordo da bandidofurgona, durmindo ao aire libre e gozando de grandes enchentes de doces.
SAÚDE
CATARATAS O 90% DA POBOACIÓN PADECERAAS, PERO SABEMOS QUE SON E CANDO AS TEMOS? As cataratas prodúcense cando o cristalino, a lente natural do ollo que permite enfocar os obxectos e o paso da luz, vai perdendo transparencia progresivamente. A súa aparición forma parte do proceso natural de envellecemento do ser humano, aínda que tamén existen outros factores que as propician, como a diabetes, as infeccións ou traumatismos oculares e a herdanza xenética.
E J.M. García # C. Baviera
As cataratas é un dos problemas oftalmológicos máis comúns en España e, debido ao envellecemento da poboación prevese que siga aumentando. O Dr. Enrique Bouzas, oftalmólogo de Clínica Baviera Vigo, explícanos que son as cataratas e o que é máis importante, como tratalas. Ata que punto as cataratas están asociadas á idade?, unha persoa nova pode padecelas? As cataratas xorden cando o cristalino, a lente natural do ollo que permite o paso da luz e o enfoque dos obxectos próximos, vai perdendo transparencia. A aparición das cataratas forma parte do proceso normal de envellecemento do ser humano, polo que as cataratas relacionadas coa idade son as máis frecuentes. Con todo, tamén existen outros factores que propician a súa aparición, como a diabetes, as infeccións, os traumatismos oculares, ou mesmo a xenética (existen cataratas congénitas, presentes xa desde o nacemento), pero na maioría dos casos están ocasionadas pola idade avanzada das persoas. É un problema hereditario? As cataratas aparecen coa idade no 100% das persoas, do mesmo xeito que o fan as canas ou as engurras. Aínda así, determinadas enfermidades ou características do ollo, como unha alta miopía, teñen un compoñente hereditario que facilita a aparición temperá de cataratas. Afecta aos dous ollos? O máis común é que afecte a ambos os ollos, aínda que pode aparecer de forma asimétrica, é dicir, que estea máis avanzada nun ollo que no outro. Nos pacientes que presentan cataratas en idades máis novas é máis frecuente que afecte só a un ollo. Como se pode corrixir este problema? A única alternativa de tratamento para as cataratas é a cirurxía. A técnica cirúrxica que se utiliza é a facoemulsificación, que consiste na utilización de ultrasonidos para disolver e extraer o cristalino e substituílo por unha lente intraocular artificial que fai unha función similar sen perda de transparencia e que dura toda a vida. É un procedemento seguro? A cirurxía de cataratas é a intervención máis frecuente no ámbito da oftalmoloxía. Calcúlase que cada ano realízanse en España unha media de 400.000 operacións deste tipo polo que é unha cirurxía moi probada e segura. Que melloras supón esta intervención na calidade de vida das persoas que as padecen? A operación de cataratas é o procedemento con maior impacto global na calidade de vida da poboación. Esta intervención supón un cambio na vida destas persoas, xa que grazas a ela recuperan a vista que perderan. 28
cousas de val miñor
SAÚDE
SÍNTOMAS DAS CATARATAS Entre os síntomas das cataratas destaca a perda da agudeza visual. A persoa afectada ve nubrado, borroso por un ou ambos os ollos; ve peor pola noite ou en condicións de pouca luz; faise máis sensible aos resplandores e percibe as cores con menos nitidez e cada vez máis desvanecidos e amarelados. En definitiva, as cataratas provocan importantes dificultades visuais e, con iso, unha deterioración da calidade de vida. É importante incidir en que non todos os cambios na visión das persoas de idade avanzada poden estar provocados polas cataratas. Por esta razón, ante calquera síntoma ou variación da percepción é fundamental acudir ao oftalmólogo.
cousas de val miñor
29
DEPORTES
A campioa galega de fondo, Chus Barros, e membros do equipo do C.C. Gondomar na XVII Marcha Cicloturista de Gondomar (2016)/ C.C. Gondomar.
CLUB CICLISTA GONDOMAR: UNHA PAIXÓN A GOLPE DE PEDAL Club Ciclista Gondomar
30 cousas de val miñor
E Álvaro Peralta # Club Ciclista Gondomar
Vento na cara, subir e baixar, esmorga de adrenalina a pedal, tubo e piñón. A fileira azul amarela remonta polas vellas veigas do conde e vira para desafiar O Viso. Toca levantar o cu. Chuspidas, parrafeos e gargalladas antes de disparar ás abas do Argallo. Cinguidos polas luvas e os maillots berran ao paso polo Montouro. A Vila Real saúda ao pelotón. É domingo de bicicletas, amigos e suor. Nas costas pode lerse Club Ciclista Gondomar. Roberto Valverde Fernández, actual presidente do club, lembra as primeiras saídas en ruta que facía o seu pai, José Luis do “Soleiro” de Mañufe con amigos. Desas quedadas entre amigos do cicloturismo tomaría forma en 1995 a fundación do club. Presididos por Modesto Pérez Fernández, botaron andar os primeiros tempos con convites a outros amantes da bicicleta. Medraron e nese camiño tamén ocuparon a presidencia o seu pais José Luis Valverde Fernández, Paulino Pereira Cambra, José Ángel González Rocha e dende hai un par de anos el, o fillo do “Soleiro”.
DEPORTES
Participantes do I Campus Deportivo de Ciclismo Gondomar (2015) / C.C. Gondomar
Marcha Ciclo Culturista de Gondomar. Valverde salienta a creación desta proba, organizada por primeira vez en 1999 e que o vindeiro 10 de setembro cumprirá as XVIII edicións consecutivas. Sinala que este evento colocou á vila condal no mapa deste deporte en Galicia e acadou, entre outros, os apoios de grandes nomes do ciclismo como a campioa galega Chus Barros, o do Tour de Francia, Óscar Pereiro, a estrela rusa Vladímir Isaichev, o gran competidor de Teo, Ezequiel Mosquera Míguez e o olímpico galego Gonzalo Aguiar Martínez. As carreiras “Master”. Son outra xoia do club. Unha competencia na que reciben aos seniors federados de todo o país. Inda está fresca a derradeira VI edición do pasado maio na que máis de 80 ciclistas libraron unha dura batalla divididos nas categorías Master 30, 40, 50 e 60 anos. Rubén Fernández do Norinver Cycling Team foi o gran dominador da proba por segundo ano consecutivo. Mentres que Bernardo Gallego, deixou o C.C. Gondomar no cumio da Master 60. Festa da bicicleta. Cada ano e de xeito rotativo, os concellos do Val Miñor organizan este evento lúdico - deportivo vencellado ás actividades do Día das Letras Galegas. Cando a quenda sinala a Gondomar, alí está o club apoiando á alcaldía na organización. A convocatoria 2017 superou o milleiro de participantes, que deberon ser atendidos e coordinados por monitores e voluntarios do C.C. Gondomar. As rutas dos domingos. Máis de 40 rutas anuais transitan as socias e socios do club (46 na actualidade), cada fin de semana. Están deseñada para fornecer o espírito de grupo e coñecer o patrimonio natural da bisbarra e contorna.Todas sempre sempre abertas a toda persoa que desexe integrarse ao club. Finalmente, e dende o 2015, fíxose realidade o desenvolvemento dun campamento municipal para fomentar este deporte entre os máis cativos. Neste proxecto traballou arreo a actual directiva que preside Roberto Valverde e integran Ramón López Núñez (Vicepresidente), Roberto Martínez Díaz (Secretario) e Gonzalo Iglesias Núñez (Tesoureiro).
cousas de val miñor 31
AXENDA BAIONA
PROGRAMACIÓN CULTURAL AGENDA CANGAS Venres, 19 de novembro 21:00hs. IN THE LOOP. Proxección cinematográfica en V.O.S.E. Organiza: Cine Club Cangas Venres, 26 e Sábado, 27 de novembro 21:00hs. TEATRO DO MORCEGO. Presenta: OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE Entrada: 5€ Domingo, 28 de novembro 19:00hs. FESTIVAL SOLIDARIO A FAVOR ADICAM Venres, 3 de decembro 21:00hs. ORQUESTRA DE SAXOS DO CONSERVATORIO DE REDONDELA Concerto benéfico a favor da Asc. Santiago Apostol e a Fundación San Vicente de Paul Entradas.- adultos: 5€ nenas e nenos: 3€ Venres, 10 de decembro 21:00hs. TULPAN. Proxección cinematográfica en V.O.S.E. Organiza: Cine Club Cangas Sábado, 11 de decembro 18:00hs. FESTIVAL BENEFICO A FAVOR DE “CARITAS CANGAS” Venres, 17 de decembro 20:00hs. CONCERTO DE NADAL DO CONSERVATORIO PROFESIONAL E DA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL DE CANGAS Entrada de balde Sábado, 18 de decembro 19:00hs. Musical EL LIBRO DE LA SELVA Público infantil e familiar Entrada: 15€ Domingo, 19 de decembro 20:00hs. CONCERTO DE PANXOLIÑAS DE NADAL Coa participación de agrupacións de música vocal de Cangas e a Banda de Música Bellas Artes Entrada de balde Domingo, 26 de decembro 20:00hs. CORO YOUSEI (Xapón) Formación coral de voces femininas xaponesas de recoñecido prestixio internacional, de xira por Europa. Entrada.- Butaca: 20€ Anfiteatro: 17€
32
cousas de val miñor
Mércores, 29 de decembro Musical GREASE Tour´- BRILLANTINA Entrada.- Butaca: 23€ Anfiteatro: 21€ Xoves, 30 de decembro 19:00hs. TEATRO DO MORCEGO. Presenta: SALTIMBANQUIS Público infantil e familiar Entradas.- adultos: 5€ nenas e nenos: 3€
CINE CICLO: NUEVO CINE ITALIANO Do 21 de setembro ao 30 de novembro Fundacion Caixa Galicia –Pontevedra I MOSTRA DE CINE DOCUMENTAL ALTERNATIVO DOCUTOPÍA Do 2 de novembro ao 4 de decembro Espazo cultural Negra Sombra Blues, no Café Uf (Pracer, 19) Vigo XXIV FESTIVAL CINEROUPA Ampla programación de máis dde 130 películas: estreas recén saidas dos mellores festivais e de filmes galardoados en 2010 Do 10 de novembro ao 3 de decembro Santiago de Compostela
CONCERTOS
THE ZOMBIES 11 de novembro 22:00 horas Sala Mondo -Vigo
ISMAEL SERRANO 11 de noviembre 20:30 horas. Centro Cultural Caixanova- Vigo
THE WAVE PICTURES 12 de novembro Sala Mondo-Vigo
THE STRANGE BOYS 13 de novembro La Iguana Club – Vigo
ABA TAANO 14 de novembro 20:30 horas Centro Cultural Caixanova- Vigo
AXENDA
PROGRAMACIÓN CULTURAL DESBUNDIXIE 14 de novembro Aala Aturuxo- Bueu
FITO Y FITIPALDIS 19 de novembro 21:30 horas Multiusos Fontes de Sar- Santiago de Compostela
MIGUEL RÍOS GIRA “BYE BYE RIOS ROCK HASTA EL FINAL” 20 de novembro Coliseum- A Coruña FUEL FANDANGO 26 de novembro 22:30 horas Entrada 6 euros Sala Aturuxo- Bueu
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 1 de decembro Auditorio Caixanova -Pontevedra
EXPOSICIÓNS
grafías. As imágenes captadas falan da vida rural, a emigración, a presencia da morte, a incorporación da electricidade ou a presencia do teléfono na vida diaria. NOSOTROS TAMBIÉN FUIMOS EMIGRANTES Ata o 26 de novembro Sede Náutica Caixa Galicia - Sanxenxo
As imaxes que recolle esta exposición, obtidas da fototeca da Axencia EFE intentan reconstruir os movementos migratorios que se produciron no noso país ao concluir a guerra civil. As emigracións forzadas da fame ou do exilio levarían a un bo número de españois a refuxiarse en países europeos e americanos. EXPOSICIÓN “VIGO, A COR E A PALABRA” Ata o 28 de novembro Centro Cultural Caixanova- Vigo
Artistas vigueses aportarán obras para conmemorar o Bicentenario da Cidade. A oferta expositiva complétsea cunha nova edición da Wildlife Photographer of the Year 2010, e a coprodución, co Museo do Mar, de Fillos do océano, d fotógrafo vigués Javier Teniente.
A Federación Galega de Tríatlon abriu o prazo de inscrición para participar na terceiraexpresiones, edición do Vertiatlón Miradas. Realidades, tramas.Solidario, Arte en OS MUNDOS DEdeportiva GONZALO TORRENTE unha competición organizada polo Monte Real Club de Yates e o concello de Baiona, cuxo principal obxectivo Galicia desde 1975 éBALLESTER recadar fondos para a Escola de Vela Adaptada para persoas discapacidade club baionés. Atacon o 16 de xaneiro de do 2011 Ata o 14 de novembro A proba, un ano máis patrocinada por Verti Seguros, disputarase o próximo 16Galicia de setembro por diferentes puntos de Fundación Caixa - Pontevedra Museo de Pontevedra - Pontevedra Baiona. Os participantes deberán completar 750 metros a nado en augas da baía, pedalear case 20 quilómetros polas O proxecto expositivo e editorial «Miradas», é unha iniciatiA Sociedade Estatal de 5Conmemoracións e de a Monte rúas de Baiona e correr quilómetros polaCulturais península Boi, rodeando o histórico Parador Nacional. va que sitúa as obras da colección baixo a perspectiva partiFundación Gonzalo Torrente Ballester lembran ao autor de Participar nesta proba solidaria terá un custo de 25 euros para deportistas federados e 30 para os non federados. Os “Los gozos yda lasclase sombras” no centenario do seu nacemento cular dos comisarios que toman parte nestaoserie de catro deportistas cadete, poderán participar gratis se están federados e pagando 6 euros se non están. coa exposición “Os mundos de Gonzalo Torrente Ballester”, mostras. Fernando Castro, Alfonso de la Torre, Fernando O importe que se recadevital coase literaria inscricións destinarase á Escola de Vela Adaptada do Monte Real, que que percorre a traxectoria do escritor a travésintegramente Huici e Iria Candela presentan unha selección dos ten como principal obxectivo achegar ao mar a persoas con calquera tipo de discapacidade, paracoidada que poidan navegar de máis de 150 piezas (moitas delas inéditas) entre manuscrifondos da Colección Caixa Galicia, centrándose cada un en en de condicións, en instalacións sen barreiras tos,igualdade libros, artigos de prensa, cartas, fotografías, carteis, dibu- e a bordo de barcos adaptados. núcleos temáticos diversos pero complementarios. xos e diversos documentos e obxectos personais que nos achegan a súa iconografía persoal. A mostra que está comisariada Visitas para grupos, concertar no teléfono 982 289 096. por Carmen Becerra e Miguel Fernández-Cid, complétase co Visitas para público xeral, mércores ás 19.30 h. documental GTBxGTB. PANO DE FONDO Ata o 15 de novembro Centro Social Caixanova - Pontevedra
Exposición que aborda o retrato realizado nos estudos galegos, centrándose dun xeito especial na primeira mitade do século XX, periodo de extraordinaria riqueza neste aspecto. A base da mostra son os fondos que os fotógrafos colocaban tras os retratados no afán de idealizar que lle era propio á pintura da época. Desde humildes colchas a “panos” máis elaborados con paisaxes ou interiores de pazos, a exposición nos permite advertir a importancia deste elemento nas foto-
Horario de apertura ao público: De luns a sábado, 12-14 h e 18-21 h. Domingos e festivos, 12-14 h.
cousas de val miñor
33
QUEN É QUEN NO RUEIRO
Rúas de ... Baiona
Julián Valverde Pérez Julián Valverde Pérez (1853 – 1931), foi un benfeitor e emprendedor nacido na parroquia de Santa Cristina da Ramallosa. Casado con Victoria Rodríguez Cadaval, levaron adiante unha inxente actividade social no Val Miñor. Entre os legados máis salientables atópanse a Igrexa de Santa Cristina da Ramallosa (1917), a que costearon co seu patrimonio. A mesma doazóns fixeran para a construción do edificio do Casino de Sabarís . A restauración da Ponte da Ramallosa no ano 1926 e a chegada do tranvía á bisbarra, nese mesmo ano coa contribución do 75% do capital. Julián Valverde Pérez retornou de América co obxectivo, como outros tantos indianos, de fornecer a súa terra daqueles “progresos” atopados alén do Atlántico. O fixo en base a unha fortuna persoal que trouxo daquela experiencia segundo dá conta o investigador José Ramón Iglesias Veiga, no seu libro Arquitecturas e indianos na cidade de Vigo e bisbarra. A súa pegada tamén quedou nas melloras do cemiterio parroquial e o outorgamento de becas aos veciños da zona para os seus estudos no Seminario Conciliar de Tui. A súa afección polo fútbol o levou a doar os terreos para a construción do campo de fútbol do Lourido e na formación da sociedade encargada da construción do Estadio de Balaídos. En recoñecemento á súa labor filantrópica, foi nomeado Fillo Predilecto de Baiona, polo alcalde Herminio Ramos en 1924. Hoxe o seus veciños o lembran coa colocación do seu nome na rúa principal da vila de Sabarís.
34
cousas de val miñor