Revista de Baiona, Gondomar e Nigrán Distribución gratuita Ano V / nº17 outono 2017
RÍAS BAIXAS | 4
RUTAS | 18
MEDIO AMBIENTE | 24
DEPORTES | 28
PLAN ESTRATÉXICO TURÍSTICO
O BALNEARIO DA CUNCHEIRA
PLÁSTICOS
TRIAL DES NATIONS
Foto portada: Alcatraz atrapado nun arame, cedida por Greenpeace
ÍNDICE
EDITORIAL Un ano máis a asociación ecoloxista Adega no marco do 'Proxecto Móllate polos Ríos' e coa colaboración de voluntarios.retirou unha cantidade importante de lixo do Esteiro de A Foz. Entre todo o atopado, destaca sempre o plástico. O plástico alagou a nosa vida diaria. En tan só unhas décadas pasou a ser omnipresente en todo tipo de obxectos e materiais polas súas características e baixo prezo. Podemos atopalo en envases de produtos, nos propios ingredientes de cosméticos, no téxtil da roupa, en materiais de construción e en multitude de utensilios e obxectos. E, do mesmo xeito que a súa produción, o aumento de residuos de plástico incrementouse de forma dramática. Como consecuencia dunha mala xestión dos residuos ou do seu abandono, millóns de toneladas de plásticos acaban nos ríos, mares e océanos anualmente, formando o 60-80% do lixo mariño, na súa maioría en forma de microplásticos (fragmentos inferiores a 5 mm). Descoñécese a cantidade exacta de plásticos nos mares, pero estímase que hai uns 550 billóns fragmentos de plástico, sen incluír os anacos que hai no fondo mariño ou nas praias. É un problema global que está a aumentar de forma alarmante. Que podemos facer respecto diso? Principalmente, evitar as bolsas de plástico dun só uso. Utiliza bolsas de tea, cestas ou carros e sempre que se poida, comprar botellas e envases reutilizables e/ou retornables. E se temos que desfacernos de embases e bolsas, facelo sempre depositándoas nos colectores de reciclaxe adecuados para iso.
4
RÍAS BAIXAS
6
PÁXINA SEIS
8
NOVAS
18 RUTAS 22 GALICIA SOLIDARIA 24 MEDIO AMBIENTE 26 OCIO 28 DEPORTES 32 AXENDA 34 QUEN É QUEN
Ano V / Nº 17 outono 2017 Revista de información local. Tirada 5000 exemplares. Xestión Publicidade: 626 993 480 Edición, redacción e distribución: EDICIONES BASAN, S.L. C/ López de Neira, nº 3, 3º. 36202 Vigo Deseño e maquetación: CREACIÓN ANIMAL Colaboración na redacción: Anxo Rodríguez Lemos Fotografia: Arquivo Ediciones Basan, prensa Concellos Baiona, Gondomar e Nigrán, Deputación de Pontevedra, Greenpeace España, Trial des Nations www.cousasde.com cousasde@edicionesbasan.com facebook.com/cousasdevalminor Depósito Legal: C 3539-2010 A empresa resérvase todos os dereitos da publicación, sen que poida reproducirse total ou parcialmente o seu contido, sen o consentimento previo dos editores.
cousas de val miñor
3
RÍAS BAIXAS
A PROVINCIA DE PONTEVEDRA AXÉITASE PARA SER UNHA BOA ANFITROA.
A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA VEN DE PRESENTAR AS CONCLUSIÓNS DA FASE DE CONCERTACIÓN DO PLAN
ESTRATÉXICO DE TURISMO PARA A PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA OS ANOS 2017-2020 AS CONCLUSIÓNS SINALAN ENTRE OS GRANDES RETOS A COORDINACIÓN ENTRE AS ADMINISTRACIÓNS, A DESESTACIONALIZACIÓN OU O FINCAPÉ DA PROMOCIÓN DO INTERIOR DA PROVINCIA. 4
cousas de val miñor
A provincia medra como destino turístico nacional e internacional e está a crecer cun ritmo que esixe afrontar un feixe de desafíos importantes para potenciar ese fluxo en beneficio de todas e todos. Por primeira vez na historia a Deputación xunto cos concellos e o sector privado xuntáronse nunha mesa de evaluación e planificación a tal fin. Deste fito, saíron as bases que permitirán a decembro de 2017 ter axustado un documento fundacional que levará por título “Plan Estratéxico de Turismo para a provincia de Pontevedra para os anos 2017-2020”. O reto é grande. A provincia de Pontevedra goza da elección como espazo de ociovacacional de xentes das máis distintas procedencias. Comezando polos galegos e galegas que adoitan percorrer as terras pontevedresas na procura das súas xoias naturais, culturais e patrimoniais agochadas en cada recuncho da súa xeografía. Madrileños, vascos, cataláns e veciños de toda España visitan as nosas vilas e cidades na procura de viver unha experiencia única: boa gastronomía, rutas vitivinícolas, paisaxes de terra, rías e mar entre outras ledicias. E dende a veciña Portugal, pasando por turistas do resto de Europa, Asia e América, os destinos de Pontevedra agroman como unha oferta a descobrir. Pero para abranguer con eficiencia tal demanda, é necesario axeitar as forzas vivas que farán de anfitrioas nesta acollida. A maiores, ten que quedar claro onde, como e cando imos desenvolver esta actividade, baixo cales condicións e tendo a sustentabilidade social e ecolóxica como norte da mesma. A provincia de Pontevedra ten que ser unha casa agradable para quen a visita mais tamén para quen vive nela.
RÍAS BAIXAS Neste senso, a presidenta de Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, sinalou que “o turismo representa o 11% do PIB de Galicia e o 12% da ocupación laboral, polo que nos xogamos, con este plan consensuado e con recursos para poder desenvolver as liñas que se marquen, a actividade económica, o crecemento económico e a creación de emprego da nosa provincia”. Para a presidenta provincial, é agora necesaria unha segunda fase “na cal sentarémonos de novo en grupos para xa establecer a estratexia e aprobar o Plan que queremos que sexa de toda a provincia, non da Deputación de Pontevedra, xa que deste xeito non tería valor”. “Debemos seguir traballando conxuntamente para que todas e todos poidamos tirar da corda no mesmo sentido para que este sector poida seguir sendo unha das bases da nosa economía” coa súa capacidade asociada de “desenvolvemento doutros sectores como o servizos ou o agropecuario, e de novos nichos de actividade”, salientou. A Deputación quere contar a maiores cos apoios da Xunta de Galicia e do Estado español para ter presenza nos eventos promocionais, como feiras nacionais e internacionais. Deste xeito, a fase de concertación concluíu que “o destino debe ser de calidade e non masificado, un modelo turístico sostible, cunha oferta diversificada, un destino auténtico e diferenciado, desestacionalizado, con proxección internacional e coordinado”.
cousas de val miñor
5
PÁXINA SEIS
O MESTRE DE MORGADÁNS por Miguel Anxo Mouriño
Miguel Anxo Mouriño, RAG. A parroquia de Morgadáns, e, xa que logo, o concello de Gondomar, tiveron (e teñen) o privilexio de acoller durante 20 anos (1930-1950) un dos persoeiros máis importantes da cultura galega durante os dous primeiros terzos do pasado século, o mestre Victoriano Taibo, que impartiu a súa docencia galeguista naquela parroquia. Escritor altamente valorado polos seus contemporáneos, poeta das Irmandades da Fala (en cuxa fundación participou activamente e en primeira liña), só publicou en vida dous poemarios e unha colección de contos populares, todos eles con abundantes críticas favorables; non obstante, a súa produción é moito máis importante, pois ademais das obras que deixou inéditas (recentemente viron a luz catro) publicou centos de colaboracións en prosa e en verso en máis de corenta cabeceiras de Galicia e de América, que representan os xornais e as revista literarias máis importantes da época. Non quero esquecerme da repercusión da súa personalidade no mundo literario de boa parte do século pasado, con obra recollida en, polo menos, oito antoloxías e cunha bibliografía xerada sobre el, as súas obras e o seu pensamento por medio cento de autores en máis de cen escritos en diferentes medios ou formando parte de libros. En Morgadáns recibiu o nomeamento como membro do Instituto Histórico do Minho e o de numerario da Real Academia Galega, asinou o poema longo Lembranza da Tecedeira e o discurso de ingreso na RAG titulado Rosalía de Castro, precursora da Fala, participou activamente en actos políticos e culturais da contorna, desenvolveu unha das súas etapas máis comprometidas co galeguismo antes e despois da guerra civil...
Dende moi novo sentiu fonda inclinación cara a cultura e a lingua de noso:
A lingua galega é o peito amantiño que anainóu e recrióu o noso espírito ─sentimento e pensamento─ c’as bágoas do traballo, ─mar e campía─ c’o celme das cantigas do corazón, ─amor, dor, saudade, humorismo─ verxel frorecido no estro dos poetas, terra manantía e murmuxante onde abrolla, latexa e canta a voz da nosa raza. Lingua á que lle hai que demostrar cariño, pois
A nosa fala é o símbolo do noso corazón. Ela falóu sempre pol-o amor e par’ô amor; e precisa do achego das nosas almas e do agarimo dos nosos labios namorados.
6
cousas de val miñor
VAL MIÑOR
Dende moi novo asumiu como misión sagrada a defensa e promoción do galego e a necesidade de dotalo de normas e léxico que permitise o seu uso culto por todos os falantes, de facer unha lingua estándar común; o escritor era o máximo responsable desta misión polo que debía estar persuadido
... do tino aloumiñante, namorado, cheo de aprensiós e respetos, do a modiño que se ha collel-a pruma na man para escribil-a nosa lingua limpamente, sin botala de perda nin derramala... A minsión do literato galego é devolver ô seu país a súa propia fala, todo o arrequentada que se queira, con todol-os neoloxismos e tecnicismos qu'a ela lle conveñan; pero limpa e escorreita, axeitada para as xurdias angueiras do sentimento e do intelecto. Por iso dedicou unha gran parte da súa vida e da súa escrita a recoller, catalogar e difundir, polos lugares todos que pisaba nas súas andainas culturais e profesionais, léxico popular; e a elaborar, a través de multitude de escritos e colaboracións, un verdadeiro tratado de lexicoloxía e morfoloxía coa teima de axudar a establecer as normas ortográficas e morfolóxicas dun idioma que se rexía, en moitas ocasións, pola interpretación que cada escritor facía da lingua popular. Un destes escritos é o prólogo ao seu libro de contos Da agra aberta, prólogo que titulou Par’ôs lectores cursidosos leren, do que proceden as citas deste artigo; pero moitos outros enriqueceron as páxinas de varias cabeceiras tratando de aspectos concretos, case sempre morfolóxicos ou léxicos.
Moito se lamentaba o escritor dos danos inflixidos á súa (e nosa) querida lingua por quen a usaban mal, con xiros e construcións impropios, alleos, mais, sobre todo, polos desleigados que a abandonaban:
Non hai máis que desamor, un desamor que choe en sí o esquezo e o desprecio de nosoutros mesmos, a negación da máis exquisita fror do noso espírito, o estiño da fontaíña de onde deitaron as nosas máis requintadas creaciós artísticas, que son as que falan de nòs e fan lus arredor do noso nome.
Isto dicía o mestre galeguista na altura dos anos cincuenta do século pasado, cando aínda podía escoitar o noventa por cento da poboación do Val falar habitualmente en galego. Que diría hoxe, cando as porcentaxes van na dirección de intercambiaren as cifras? Insistiría máis, seguramente, na súa copla, que fixo popular no seu tempo:
O galego que non fala na lingua da súa terra nin sabe o que ten de seu nin é merecente dela
cousas de val miñor
7
NOVAS NIGRÁN
O COLEXIO ÁNGEL DE LA GUARDA CELEBROU O SEU 50 ANIVERSARIO Antigos alumnos e as súas familias gozaron dunha xornada moi especial na que o colexio encheuse de foodtrucks, postos de comida e tamén se puido gozar dunha pulpeira. Os pequenos (e non tan pequenos) gozaron dos Contos de Pablísimo. Houbo talleres infantís onde podieron facer, entre outras cousas, llaveros tan chulos como este de o 50 aniversario do Colexio.
8
cousas de val miñor
NIGRÁN
'MAR DE SABORES', FINALISTA DA PRIMEIRA EDICIÓN DOS PREMIOS ECONOMÍA AZUL NA CATEGORÍA 'DIVERSIFICACIÓN' A gala de entrega destes galardóns avalados polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro, Xunta e Unión Europea, será na Cidade da Cultura o 27 de outubro. “Nigrán, mar de sabores”, o evento que fusiona gastronomía, ocio e tradición mariñeira é un proxecto da Confradía de Pescadores ‘A Anunciada’ de Baiona, coa financiación do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) e que conta coa colaboración do Concello de Nigrán, resultou finalista dos primeiros premios Economía Azul na categoría de Diversificación. Esta proposta, que recentemente celebrou a súa segunda edición no porto de Panxón, competirá nunha votación popular cun proxecto de turismo industrial na Costa da Morte e con outro para facer da lonxa de O Grove un lugar máis atractivo. A entrega de premios será nunha gala na Cidade da Cultura de Santiago o 27 de outubro. Os obxectivos deste premios ‘Economía Azul’ son recoñecer os mellores proxectos aprobados no ano 2016 no marco da implantación das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo dos GALP, que contribuíron ao Desenvolvemento Sostible das zonas pesqueiras; motivar a potenciáis promotores para que presenten proxectos ao abeiro das EDLP dos GALP e, finalmente; visibilizar e recoñecer o traballo dos GALP nas zonas pesqueiras.
cousas de val miñor
9
NOVAS NIGRÁN
UNHA QUINCENA DE VOLUNTARIOS DO CONCELLO DE NIGRÁN RETIRA MEDIA TONELADA DE LIXO DO ESTEIRO DA FOZ, NA RAMALLOSA
A REAL ACADEMIA GALEGA PREMIA AO CEIP DE VILARIÑO POR UN VÍDEO SOBRE CASARES O CEIP Carlos Casares de Vilariño de Nigrán, é un dos cinco centros educativos gañadores dos premios "Contádenos o voso Día das Letras Galegas. Este colexio de Nigrán, onde o escritor estableceu o seu fogar, tamén compartiu nesta iniciativa, xunto a outros materiais, un vídeo na que inclúe unha entrevista sobre el ao seu fillo Häkan Casares, antigo alumno do centro, unha representación teatral e lecturas dramatizadas. Nesta primeira edición participaron preto de 80 colexios de toda Galicia con proxectos que son boa proba da implicación e do bo facer do profesorado, axente esencial, xunto ás familias, na transmisión ás novas xeracións da lingua e da cultura galegas. Todos eles recibirán un diploma por participaren nesta iniciativa, mentres que os cinco centros gañadores serán tamén agasallados cun lote de libros. A entrega celebrarase o vindeiro 24 de outubro na sede da Real Academia Galega. 10
cousas de val miñor
FUNDAMENTALMENTE SACOUSE MATERIAL DE CONSTRUCIÓN PERO TAMÉN CRISTAIS, NEUMÁTICOS, PLÁSTICOS... EN TOTAL, SUMAN 2'5 TONELADAS RECOLLIDAS DENDE O ANO 2015, CANDO O CONCELLO DE NIGRÁN PROMOVEU ESTA XORNADA NO ESTEIRO Unha quincena de voluntarios retirou este domingo media tonelada de lixo do esteiro de A Foz (A Ramallosa) na 'X Limpeza Simultánea' organizada polo Concello de Nigrán e coordinado pola asociación ecoloxista Adega no marco do 'Proxecto Móllate polos Ríos'.
Aproveitando a marea baixa, os participantes extraeron fundamentalmente material de construción, botellas de vidro, plásticos, neumáticos ou redes. Este é o terceiro ano consecutivo no que o Concello se suma a esta iniciativa promovida polo goberno local, retirándose do esteiro de A Foz dende o ano 2015 un total de 2,5 toneladas de lixo. "Esta xornada busca a concienciación social e a sensibilización medioambiental, queremos incidir en que o esteiro é patrimonio de tódolos miñoranos e entre todos debemos coidalo", resume o edil de Medio Ambiente, Diego García. Esta 'X Limpeza Simultánea' tivo lugar en ríos que atravesan medio cento de municipios de Galicia e sempre se realiza grazas ao labor de grupos de voluntarios, xa que se trata dunha iniciativa que busca a concienciación social. O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.
NIGRÁN
VIVE NIGRÁN!
cousas de val miñor
11
NOVAS BAIONA A CAMPAÑA INFORMATIVA DO PLAN COMPOST REVITALIZA DA DEPUTACIÓN CHEGA A BAIONA Baiona acolleu a campaña Plan Compost Revitaliza da Deputación de Pontevedra coa instalación dunha carpa nos barrios do Burgo e Os Tendais, onde persoal especializado ofreceu información sobre os beneficios da compostaxe e repartiu mostras para que os veciños poideran comprobar coas súas propias o aproveitamento da materia orgánica. O Concello de Baiona xa instalou hai meses puntos de composteiros comunitarios no barrio dos Tendais, no Camiño do Carme, na parroquia de Sabarís, e no Burgo, onde os veciños poden depositar os residuos para que sexan sometidos aos procesos de compostaxe. O proxecto pretende o aproveitamento da materia orgánica, posto que constitúe practicamente o 50% de todos os residuos urbanos, polo que o Concello e a Deputación animan aos baioneses a utilizar os composteiros xa instalados. Segundo os datos da Concellería de Medio Ambiente, a produción dun cidadán en Baiona é de aproximadamente 400 gramos de materia orgánica diaria e considérase que o sistema empeza a ser rendible se se recolle arredor de 250 gramos. Desta forma podería aforrarse un 20 euros por habitante e ano en tratamento deses residuos, xa que de cada 100 quilos de lixo orgánico obtéñense 15 quilos de compost. “A Unión Europea pretende que no ano 2020 recíclese un 70% dos residuos urbanos que se xeran, e Baiona dentro do plan Revitaliza da Compostaxe aspira a este obxectivo, xa que supón vantaxes económicas e ambientais”, apunta María Iglesias, concelleira de Medio Ambiente. O Concello destaca que coa compostaxe afórrase en fertilizantes e mellórase a calidade das terras e plantas, sen elementos químicos, fortalécense o chan do céspede, dos arbustos, das árbores e da horta, cunha calidade de asimilación incomparablemente superior á de sustancias químicas ou substratos de orixe descoñecida que compramos. Dende Medio Ambiente apuntan tamén que o compost vigoriza a terra e favorece a actividade da vida microbiana, evita a erosión e o lixiviado dos nutrientes e, en xeral, potencia e favorece toda a actividade biolóxica dos chans, que é a mellor garantía para previr pragas e enfermidades nos vexetais. “Contribuímos a reducir a contaminación ao non utilizar axentes químicos e evitar a incineración, facemos do lixo un recurso e pechamos o ciclo da materia orgánica, o que sae da terra volve á terra, reducindo tamén o consumo de combustibles para o transporte”, engade a concelleira. 12
cousas de val miñor
BAIONA
VIVE BAIONA!
cousas de val miñor
13
NOVAS BAIONA
A RÉPLICA DA "A PINTA" PARTIU CARA Á GUARDA PARA UNHA REPARACIÓN INTEGRAL A fronte marítima baionesa quedará, entre tres e catro semanas, sen un dos seus símbolos. A réplica da carabela "A Pinta" partiu do seu pantalán e remolcada dirixiuse cara aos estaleiros Joaquín Castro de Camposancos, na Guarda, onde o seu casco será sometido a unha reparación integral para a próxima Festa dá Arribada, unha edición que o Concello pretende celebrar ao grande, dado que conmemorará o 525º aniversario da chegada da carabela capitaneada por Martín Alonso Pinzón á vila coa primicia do Descubrimento de América.
BAIONA ENTREGA O TÍTULO DE FILLO ADOPTIVO AO DOUTOR LORENZO POUSA Nun acto celebrado no salón de plenos do Concello e ao cal asistiron o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, ademais de membros da corporación municipal e numerosos veciños. o Doutor Lorenzo Pousa Estévez recibiu de mans do alcalde de Baiona, Ángelo Rodal, a medalla de Fillo adoptivo da localidade nun acto oficial que tivo lugar no salón de plenos do Concello. Rodal, puxo en valor o traballo feito polo Doutor Pousa durante os 31 anos ao servizo da medicina en Baiona e o Val Miñor nun salón de plenos repleto de veciños. 'Pola súa calidade humana, permanente boa disposición, cordial trato e prestixio científico, é considerado como un referente humano en todos os ámbitos da sociedade baionesa e moi querido e respectado por todos nós', sinalou o rexedor. A Comisión de Honras e Distincións do Concello de Baiona aprobou o pasado 23 de xuño por unanimidade nomear fillo adoptivo da vila ao doutor. Lorenzo Pousa Estévez nacido en Beade (Ourense) en 1956, é licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Especializado en Medicina Interna e Xeral, exerceu como profesor universitario durante moitos anos na Escola Universitaria de Enfermería, primeiro en Santiago e finalmente en Vigo. 14
cousas de val miñor
NOVAS BAIONA O CIP COVATERREÑA CELEBRA O SEU 45 ANIVERSARIO COS ALUMNOS DA PRIMEIRA PROMOCIÓN Exalumnos e o director da primeira promoción do Centro Público Integrado Covaterreña de Baiona regresaron ao colexio para celebrar o 45 aniversario da posta en funcionamento do centro escolar. O CIP Covaterreña celebrou a apertura do curso escolar 2017/2018 cunha data moi especial, o seu 45 aniversario. Exalumnos, como o actual conselleiro Jesús Vázquez Almuiña, ou o primeiro director, Joaquín Maestu, asistiron a un acto no que tamén participaron o alcalde de Baiona, Ángel Rodal; o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves; a concelleira de Educación, Beatriz González, e a actual directora, Isabel Martínez, así como escolares e profesores.
MÁIS DE VINTE MULLERES DO SECTOR MARÍTIMO PESQUEIRO DA RÍA DE VIGO-A GUARDA POÑEN EN COMÚN RETOS E REFLEXIONAN SOBRE O SEU FUTURO O encontro reuniu no Parador de Baiona a mulleres do sector do mar, entre outras, á xerente do GALP Ría de Vigo-A Guarda, María Elena Herbello, e ás intervintes Teresa Ramos, de Babadiva Ambiental; Rita Míguez, presidenta de ANMUPESCA (Asociación Nacional de Mujeres de la Pesca) e patroa maior de Arcade; e a María José Cacabelos, presidenta das mariscadoras e vicepatroa da Confraría de Cambados, por parte de Guimatur.
cousas de val miñor
15
NOVAS GONDOMAR
GONDOMAR TRABALLA NUN PROXECTO DE RECOMPILACIÓN DE FOTOGRAFÍAS ANTIGAS COA COLABORACIÓN DA ASOCIACIÓN “O FAIADO DA MEMORIA” CON ANTONIO CAEIRO Á FRONTE, E A CONCELLERÍA DE CULTURA DE GONDOMAR QUE DIRIXE NURIA LAMEIRO, POÑEN EN MARCHA UN PROGRAMA DE RECUPERACIÓN DE FOTOGRAFÍAS ANTIGAS DE GONDOMAR. Si ben conxuntamente o Concello e asociación levan alga máis dun ano neste proxecto, a citada asociación cumpre xa dez anos de traballo exhaustivo na recompilación de fotografías, películas, etc., de Gondomar; por iso é polo que, a concellería de Cultura aproveitase de todo este esforzo de anos que Antonio Caeiro levo a cabo, e xuntos puxesen en marcha este magnífico proxecto, que entre outras cousas consiste en varias exposicións fotográficas unidas dun ciclo de conferencias onde interveñan os propios retratados, a elaboración dun álbum dixital e en papel da recompilación de todo o material solicitado para goce de todos os que estean interesados. Para Franciso Ferreira, alcalde de Gondomar:"Todos os concellos teñen a obrigación de lembrar e salvagardar a súa historia, recoñecer as súas xentes, a súa toponimia, lugares, etc., pero debemos dar un paso máis e antes de que sexa demasiado tarde, é dicir, falar coas persoas maiores e lembrar a historia xuntos, de aí esta iniciativa que verá a luz o próximo ano”.
16
cousas de val miñor
GONDOMAR ELABORA UN PLAN MUNICIPAL DE ACCESIBILIDAD Y SUPRESIÓN DE BARRERAS ARQUITECTÓNICAS El alcalde de Gondomar elabora un Plan Municipal de Accesibilidad de todos los edificios y espacios públicos del concello y busca líneas de financiación en otras administraciones. Dicho Plan incluirá: colegios de enseñanza (CRAS), cementerios municipales, biblioteca, auditorio, centros de formación o el propio concello, que iniciará sus obras a finales de año por valor de 47.101,16 ¤, subvencionadas por la Diputación y consistentes en la reforma y ampliación de las escaleras exteriores de piedra y la colocación de una pasarela acristalada, seguido de la colocación de un ascensor interior concello y otro en la biblioteca municipal, la accesibilidad al cementerio municipal de Gondomar, la adaptación de baños públicos en edificios municipales y la eliminación integral de todas las barreras arquitectónicas en espacios públicos del municipio (rebajes en la aceras y/o eliminación debarreras como se acaba de hacer con la reforma integral del nuevo parquede A Coelleira).
NOVAS GONDOMAR
RAFA VILLAR GAÑA O X PREMIO VICTORIANO TAIBO CO POEMARIO "EROSIÓNS" O XURADO DA X EDICIÓN DO CERTAME POÉTICO VICTORIANOTAIBO QUE CONVOCA O CONCELLO DE GONDOMAR, EN COLABORACIÓN CO INSTITUTO DE ESTUDOS MIÑORÁNS ELIXIU A OBRA GAÑADORA DENTRE ESTAS CATRO FINALISTAS: AS CINZAS DE PASOLINI, LAXA NEGRA, SAINT PIÈRRE ET MICHELON E ERODIÓN QUE FINALMENTE FOI A GAÑADORA. O XURADO DO CERTAME ESTIVO COMPOSTO POR IRIA MISA, GONZALO NAVAZA, XULIÁN MAURE, MARTA DACOSTA E XOSÉ IGLESIAS, GAÑADOR DA PASADA EDICIÓN. O escritor Rafa Villar é o gañador da décima edición do Certame Poético Victoriano Taibo polo poemario "Erosións". O xurado destacou a obra pola combinación "da paixón e da intimidade cunha exquisita sinxeleza e intensidade lírica, froito dun coidadoso traballo de construcción poética na que desaparecen as concrecións de xénero para converter os poemas na expresión total do amor". O autor, nacido en Cee en 1968, é un destacado poeta da chamada promoción dos 90, que recibiu prestixiosos premios ao longo da súa traxectoria como o Fermín Bouza Brey para autores novos no ano 92, o Curuxa de humor literario, o Cómaros Verdes do Concello de Vilagarcía ou o Cidade de Ourense de poesía. É licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, foi voceiro da plataforma Nunca Máis, parte da directiva da Asociación de Escritores en Lingua Galega e un dos fundadores da editora Letras de Cal. A entrega do premio será o día 18 de novembro nun acto que decorrerá no Auditorio Lois Tobío.
VIVE GONDOMAR!
cousas de val miñor
17
RUTAS
O BALNEARIO DA CUNCHEIRA Baiona. Monte de San Roque. Ed. Amalio Couto Pacheco. Coleccio ́n Anxo R. Lemos.
E # Anxo Rodríguez Lemos. Historiador e doutorando na Universidade de Santiago de Compostela. Fronte ao mar embravecido, a iodada praia da Cuncheira onde “entre algas y flores, brotan los más puros y castos amores” converteuse a finais do século XIX no lugar idóneo no que erguer un balneario. O verdadeiro visionario de negocio naquel extremo da vila, xa en xuño de 1892, foi o baionés Manuel González Durán, primeiro en solicitar permiso ante o Concello para a instalación dun quiosco octogonal de catorce metros de circunferencia co fin de vender refrescos e outras bebidas na “plazueleta que denominan Combés”. A Cuncheira comezaba a encherse de vida baixo lonas. Baiona (Galicia) Playa de la Concheira. Ed.Carrasco Coleccio ́n Anxo R.Lemos
18
cousas de val miñor
RUTAS
Cestas da Cuncheira. Irma ́ns Barreiro (Jose ́ María, Moncho e Carlos) Arquivo Barreiro. Baiona. La Concheira. Recogiendo algas. Ed. Amalio Couto Pacheco. Coleccio ́n Anxo R.Lemos
En agosto daquel ano, novamente ante a corporación, comparece o cirurxián Ignacio Cordero Alonso solicitando autorización para a instalación no areal dun “sistema adecuado de casetas y más para el buen servicio e higiene de los bañistas”. Na mesma sesión deuse conta doutra solicitude de Don Ángel Montes Gándara, veciño de Santa Cristina da Ramallosa, recollendo a súa petición dun terreo na Cuncheira no cal construír un balneario. Víase vir o éxito! En setembro, a corporación abstense e deixa en mans do alcalde Don José Pérez Velasco e do Axudante de Mariña, o seu parecer ao respecto. Concedeuse finalmente licenza en outubro de 1892 para unhas 20 casetas portátiles “una grande para seis departamentos independientes destinada a baños calientes y duchas de agua salada y una galería para recreo de los bañistas”.
Adiós Cuncheira queridiña, algas, augas e canto tes, cheguei xunto a ti tullidiña e vou sana polos meus pés.
A autorización real, outorgada a 8 de setembro de 1893, sería publicada na Gaceta de Madrid o día 13. En ela, a Raíña Rexente outorga permiso a Ignacio Cordero para instalar un balneario que sería de madeira, con carácter permanente, na praia da Cuncheira. Chegara tarde, El Lucense informaba xa en xuño de 1893 do remate “de una magnífica casa de baños con sala de hidroterapia, casetas y un amplio pabellón de sombra para descanso y recreo”1. Grazas a anuncios litografiados promocionábase o novo establecemento de “pilas de mármol para baños fríos y calientes con algas crudas, frescas o hervidas”2. Sen prazo limitado pero respectando as servidumes para salvamento e vixilancia da costa, para a obra, fora necesario depositar en concepto de fianza 300 pesetas, devoltas logo do visto e prace do Inspector Xefe da provincia. Cordero asociaríase con Agapito Ordóñez Ochoa, entrando ambos de cheo nos postulados hixienistas da mediciña e do redescubrimento do mundo natural do século XIX (Novo Malvárez,2011). O proceso da preparación dos baños en algas era complicado. Recollíanse na beira, a man ou coa axuda dun clamoeiro, para logo fervelas nunha caldeira de cobre onde desprendía o iodo a mesturar con auga salgada que tamén se fervía e se botaba por enriba dos bañistas a temperatura adecuada. Habíaos que querían a auga limpa e coada, outros preferíana coas algas por crela deste xeito mellor para a pel, reuma ou nervios. El Lucense, 9 de xuño de 1893., num.2589. 2 Gaceta de Galicia, 4 de xuño de 1893, num.121.
1
cousas de val miñor
19
RUTAS
Ábrese la casa de baños de cinco a seis de la mañana y allí pueden concurrir los madrugadores, que ya desde esas horas encontrarán completo servicio. La hora del mundo elegante y chic suele empezar de diez a una. El pago de baños puede hacerse por temporada o abono y al día, según la mayor comodidad del forastero DE SANTIAGO, J. &NOGUEIRA ULPIANO (1902) Bayona: antigua y moderna, p.335.
20
cousas de val miñor
Baiona. Praia da Cuncheira. Ed. Hauser y Menet. Coleccio ́n Anxo R.Lemos
Escoitouse falar das augas da Cuncheira por toda a xeografía española e o antigo arrabalde da vila creceu a base de chalets e hoteis como La Palma, Madrid, Suízo ou Roma. Dende os primeiros días de xullo e ata outubro non faltaban bañistas das familias García Villar, Rodríguez Bonín, Orio Tamames, García Campos, Cedeira Prego, Martínez Borso, Méndez Brandón, Bedriñana Álvarez, Santaló ou Charro. Fronte aos baños quentes, viña tamén moita xente en setembro a tomar os baños fríos e incluso a aproveitarse dos gratuítos que, sendo administrador Don Sebastián Pena, se ofrecían “a las clases poco pudientes”. Eran as coñecidas popularmente como poubanas en referencia a aquelas mulleres da aldea que viñan tomar os baños e que noutros lugares atendían ao calificativo de mantidas, catalinas ou canónigas.
RUTAS A Cuncheira garda tamén recantos tristes, de recordo dos náufragos do Aslaug ou doutros feitos. En 1893, ao pouco de terse inaugurado o balneario, foi testemuña da liorta con apuñalamento do mozo de Borreiros Manuel Álvarez. En setembro de 1911 perece ao entrar na auga por conmoción cerebral, Manuel Fernández Rúa, veciño de San Vicente de Mañufe e, en outubro de 1938, morrería afogado, en estrañas circunstancias, o popular Don Julián Salgado Gandós. Un vello balneario, malparado polo tempo, deixaría de funcionar na década de 1970 deixando atrás un gran novenario de baños para chegarse a converter en taller de reparación de bicicletas. Un 15 de outubro de 1983 é derrubado polo Concello sendo alcalde da vila D. Benigno Rodríguez Quintas.
Temporal o 8 de febreiro de 1979 na Cuncheira
Cuando voy a la Concheira a pasear que tranquila y mar serena es el rumor al sentir del Rompeolas el zumbar yo latir con fuerza siento el corazón. (Tradicional)
PARA SABER MÁIS: AHMB, Libros de Actas. Sesións de 21/06/1892 f.26v, 28/08/1892 39r-v e 06/09/1892 40r-v. FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, B. (2014) El reflejo del tiempo: el conjunto histórico de Baiona. Andavira Editora, Santiago de Compostela. NOVO MÁLVAREZ, M. (2001) A orixe do turismo de sol e praia en Galicia: o caso de Baiona, en Revista de Estudos Miñoranos, nº 1, pp.75-85 SANTIAGO, J.de & NOGUEIRA, U. (1902) Bayona antigua y moderna. Imprenta del Asilo de Huérfanos del Sagrado Corazón de Jesús, Calle Juan Bravo, nº 5.Madrid. VILAR MONTERO, ANTONIO J. (2011) Historia de Bayona: desde tiempo inmemorial hasta nuestros días. Herederos de Antonio de Mauricio, Baiona. cousas de val miñor
21
GALICIA SOLIDARIA
PLENA INCLUSIÓN ORGANIZA O PRIMEIRO CONGRESO ESTATAL DE ACCESIBILIDADE COGNITIVA
#COMPRENDERELMUNDO E # Centro Juan María PARA OS REPRESENTANTES DO CENTRO JUAN MARÍA, QUE PARTICIPOU NA PEGADA NACIONAL DE CARTEIS, A CELEBRACIÓN DUN CONGRESO ESTATAL DE ACCESIBILIDADE COGNITIVA É UNHA CITA HISTÓRICA BAIXO O LEMA 'QUEREMOS COMPRENDER O MUNDO', CELÉBRASE ESTE MES DE OUTUBRO EN ESPAÑA O CONGRESO ESTATAL DE ACCESIBILIDADE COGNITIVA. O OBXECTIVO É GARANTIR A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES PARA TODAS AS PERSOAS.
Representantes do grupo de persoas con discapacidade intelectual do Centro Juan María participaron días pasados na pegada nacional de carteis do Congreso Estatal de Accesibilidade Cognitiva e na lectura dun documento reivindicativo. Con esta acción, desenvolvida no Concello de Nigrán, o movemento asociativo de Plena inclusión quere facer visible á sociedade a importancia da accesibilidade cognitiva. Segundo a Organización Mundial da Saúde, o 30% da poboación mundial ten dificultades para comprender algúns tipos de información. Este colectivo non só inclúe a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento; tamén abarca a persoas maiores, estranxeiras con escaso dominio do idioma, con baixo nivel cultural ou nenos. Por esa razón, Plena inclusión España e Plena inclusión Extremadura organizan este congreso, patrocinado pola Fundación ONCE, o Ministerio de Sanidade, Asuntos Sociais e Igualdade; o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a Consellería de Sanidade e Políticas Sociais da Junta de Extremadura, a Deputación de Cáceres, a Deputación de Badaxoz, a Fundación CB e o Concello de Cáceres, que reunirá a autoridades nacionais e internacionais nesta materia. Entre os relatores cabe destacar Karoline Körner, coordinadora do proxecto Capito na organización Atempo.; Lisa Seeman, facilitadora do Grupo de Traballo de Accesibilidade Consorcio da Web (W3C); e José Antonio León, catedrático de Psicoloxía da Universidade Autónoma de Madrid. O programa inclúe a presentación de 12 experiencias admirables de Accesibilidade Cognitiva, -seleccionadas entre un total de 108 presentadas- nas que terán cabida proxectos innovadores e pioneiros creados para facer a vida máis fácil ás persoas con dificultades cognitivas. 22
cousas de val miñor
GALICIA SOLIDARIA
DOCUMENTO REIVINDICATIVO Os representantes do Centro Juan María reivindicaron ademais a accesibilidade cognitiva coa lectura dun documento no que se pide ás administracións públicas maior compromiso con esta materia. O texto expón ás administracións públicas maior implicación na adaptación de documentos, espazos e servizos. En concreto pídese que a documental oficial poida obterse en lectura fácil, que os espazos públicos teñan a accesibilidade cognitiva asegurada e que os servizos municipais tamén se presten tendo en conta as necesidades deste colectivo. Os representantes de Autogestores do Centro Juan María consideran que a celebración dun Congreso Estatal de Accesibilidade Cognitiva é unha cita histórica; pero ademais están convencidos de que en cada pobo e cidade do noso país débese traballar todos os días para transformar a sociedade e 'lograr comprender o mundo'.
cousas de val miñor
23
MEDIO AMBIENTE DOS CASE 100.000 MILLÓNS DE BOLSAS DE PLÁSTICOS QUE SE UTILIZAN CADA ANO EN EUROPA SÓ É RECICLADO O 7% EN EUROPA CADA PERSOA UTILIZA UNHA MEDIA DE 175 BOLSAS DE PLÁSTICO POR ANO, EN ESPAÑA 144, UNHA CADA TRES DÍAS ESTÍMASE QUE MÁIS DE 1.300 ESPECIES EN TODO OU MUNDO VÍRONSE AFECTADAS POLOS GRAVES IMPACTOS AMBIENTAIS DESTA CONTAMINACIÓN
E # Greenpeace España
A presenza de plásticos nos ríos, mares e océanos é unha das grandes ameazas que afectan á saúde destes ecosistemas. Oito millóns de toneladas de lixos entran nestes ecosistemas cada ano, na súa gran maioría son plásticos (botellas, bolsas, envoltorios, tapóns, etc.). O plástico tarda centos de anos en biodegradarse. O 70% do lixo que chega aos ríos,mares e océanos ten a súa orixe en terra. É necesario por tanto, para loitar contra a contaminación mariña, visibilizar o impacto en contornas costeiras e mariños e pedir que se tomen medidas en terra.
Segundo datos da asociación ecoloxista Greenpeace, case 100.000 millóns de bolsas de plásticos dun só uso utilízanse cada ano en Europa, segundo datos da Comisión Europea, das cales só se reciclan o 7% e 8.000 millóns terminan no medio natural. Por persoa úsase unha media anual de 175 bolsas de plástico, aínda que as cifras varían significativamente dun país a outro. A utilización media dunha bolsa é de 15 minutos, pero poden tardar centos de anos (ao redor de 400) en degradarse, creando graves impactos ambientais.
24
cousas de val miñor
GALICIA SOLIDARIA Só o 7% das bolsas son recicladas, e moitas delas nin sequera entran no sistema de xestión de residuos. É dicir, que non van a vertedoiros, pérdense na contorna, contaminando o medio ambiente e os océanos. Estímase que a nivel mundial 1.341 especies víronse afectadas polo impacto das bolsas de plásticos a través da colonización de hábitats, inxestión, enmarañamiento, asfixia ou outros, danando gravemente ou mesmo matando á vida mariña. O 92% dos impactos estudados e contabilizados entre lixo mariño e organismos mariños foron con plástico. En 2015, a UE adoptou a Directiva de bolsa de plástico, que require aos Estados Membros que reduzan o consumo de bolsas de plástico lixeiras (inferiores a 50 micras). E hai países, como Francia ou Italia, que prohibiron o seu uso.
En España consómense unha media de 144 bolsas por habitante anualmente que supoñen uns 6.800 millóns de bolsas en circulación de todo tipo de grosor cada ano. O Goberno presentou a principios de 2017 o borrador de Real Decreto para a implementación da Directiva de bolsas lixeiras que debería estar xa na nosa lexislación desde novembro de 2016. Este borrador segue pendente de aprobación e para Greenpeace carece ademais da necesaria ambición xa que opta polas opcións menos restritivas como o cobro das bolsas en lugar da súa prohibición e quedan fóra da regulación as bolsas que se empregan para a compra a granel.
cousas de val miñor
25
OCIO - CINE O FILME GREGO ‘FOX’ GAÑA A ÁNFORA DE OURO NO 10º FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES DE BUEU A CINTA SUÍZA ‘RUAH’ ACADOU A ÁNFORA DE PRATA E ‘TIMECODE’ O PREMIO DO PÚBLICO NUNHA EDICIÓN RÉCORD POLA QUE PASARON 6.500 PERSOAS O FESTIVAL ENTREGOU O SEU PRIMEIRO PREMIO HONORÍFICO Á ACTRIZ MADRILEÑA NIEVE DE MEDINA E DE CINE GALEGO, AO VIGUÉS "MORRIS". CARMELA SILVA Y ANXO LORENZO ENTREGARON GALARDONES
A gala estivo conducida un ano máis polo actor César Aldea, coa música de Severiano Casalderrey ao piano, e contou no seu arranque cun fragmento da película ‘Satatango’, ao que seguiron a proxección da curta realizada no obradoiro de curtametraxe e o vídeo resumo da semana. O filme grego ‘Fox’ proclamouse gañador do 10º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (Pontevedra) ao facerse coa Ánfora de Ouro, dotada con 2.500 euros. A Ánfora de Prata, dotada con 1.000 euros, foi para a cinta suíza ‘Ruah’, dirixida por Flurin Giger, que enviou un vídeo de agradecemento. Correspondeulle anunciar este galardón á presidenta da Deputación Pontevedra, Carmela Silva, quen felicitou á organización “por estes dez anos de éxito absoluto” e sostivo que “o mundo o seguen a mover as ideas e a cultura”. Con anterioridade, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, desvelou que o premio do público era para a curta española ‘Timecode’, de Juanjo Giménez. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, anunciou o premio á mellor curtametraxe española para ‘La disco resplandece’, de Chema García Ibarra. Pola súa banda, o deputado provincial de Cultura e concelleiro de Innovación Tecnolóxica, Xosé Leal, foi o encargado de entregar o premio á mellor curta galega, que recolleu Nieve de Medina como integrante do reparto de ‘Néboa’, filme dirixido por Claudia Costafreda.. A actriz tamén recolleu un dos premios honoríficos da noite, para o que a organización buscaba unha intérprete “que apostase polas curtametraxes, que fose unha gran actriz que nos admirásemos e cuxo recoñecemento público non estivese á altura do seu talento”, segundo expuxo o director do FICBUEU, Manuel Pena. Outro dos recoñecementos foi para Antonio Durán ‘Morris’, premio cine galego, que recibiu de mans de Cristina Sanmartín, da asociación FICBUEU. O actor considerou que “este é un festival detallista, moi ben rematado, que coida moito o trato coas persoas convidadas; xa o primeiro día me fun impresionado” e desexou “moitos anos máis para o FICBUEU, para as curtas, para as longas e para a cultura en xeral”. En canto aos once galardóns técnicos e artísticos, estiveron moi repartidos. Unhas 6.500 persoas pasaron entre o 9 e o 16 de setembro polo 10º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, no que se proxectaron máis dun cento de curtas de corenta países e que contou tamén con múltiples actividades paralelas, como coloquios, obradoiros, radio en directo, maxia, contos, concertos, gastronomía, etc.
26
cousas de val miñor
OCIO - LITERATURA EL DIOS DINERO Karl Marx. Ilustrado por Maguma Editorial Libros del Zorro Rojo El Dios Dinero básase en extractos do coñecido capítulo do autor alemán sobre o poder do diñeiro da obra Manuscritos económicos e filosóficos do 1884. Nesa época, Marx era un xoven desafiante e crítico para con un mundo emerxente de cobiza descontrolada e consumo. As orixinais imaxes do ilustrador español Maguma serven como ferramenta crítica e comunicativa para cuestionar o desenfreno consumista promovido polas economías de mercado.
eSPedición Juanra Madariaga. Ed. Hugin e Munin A presente obra entronca coa chamada literatura de montaña, difuso subxénero que linda e comparte elementos coa literatura de viaxes e tamén coa de exploración. Para a conformación de eSPedición, Juanra Madariaga, prestixioso autor vasco no ámbito da poesía, optou por conxugar crónica e lirismo. A narración persoal parte dunha travesía cara ao cumio do Shisha Pangma, o SP, a montaña de 8.027 metros de altura no cordal Himalaia.
EL MINISTERIO DE LA FELICIDAD SUPREMA Arundhati Roy. Editorial Anagrama El ministerio de la felicidad suprema é a deslumbrante nova novela da mundialmente famosa autora de El dios de las pequeñas cosas. Embárcanos nunha viaxe íntima de moitos anos polo subcontinente indio, dos barrios masificados da vella Delhi e as estradas da cidade nova a os montes e vales de Cachemira e máis aló, onde a guerra é a paz e a paz é a guerra.
COMO SER MULLER Caitlin Moran Editorial Rinoceronte Vivimos no mellor momento da Historia para ser muller: temos dereito ao voto e á pílula, e dende 1727 xa non nos mandan á fogueira por bruxas. Porén, aínda quedan moitas preguntas por responder: para que depilar as inguas? Deberiamos usar bótox? Ódiannos os homes en segredo? E por que todo o mundo pregunta cando vas ter un fillo? Moran aborda con intelixencia, sen tabús e cun gran sentido do humor cuestións do día a día na vida das mulleres, dende o seu punto de vista como feminista e filla dunha familia numerosa e proletaria.
BERTA ISLA Javier Marías. Editorial Alfaguara Berta Isla é a envolvente e apaixonante historia dunha espera e dunha evolución, a da súa protagonista. Tamén da fraxilidade e da tenacidade dunha relación amorosa condenada a o segredo e á ocultación, a o finxir e á conxetura, e en última instancia a o resentimento misturado coa lealdade. Ou, como di a cita de Dickens, é a mostra de que «cada corazón palpitante é un segredo para o corazón máis próximo, o que dormita e latexa ao seu lado». E é tamén a historia de quen quere parar desgrazas e intervir no universo, para acabar atopándose desterrados del.
LAS CIEN NOCHES DE HERO Isabel Greenberg. Editorial Impedimenta Comprobade nas vosas propias carnes como O Amor prevalece sempre fronte ás peores adversidades. Traizóns, lealdades inquebrantables, raparigas fermosas que se volven tolas, libros prohibidos, maridos malos, pais horrorosos, amantes infieis, cousas que colgan das árbores, Ligas de Narradoras Secretas, pedras máxicas, bruxas sabias, lúas que baixan do ceo polas noites, instrumentos musicais encantados, salchichas envelenadas, amigas ,arpas, paxaros e sobre todo, cheas, cheas de irmás.
DEPORTES
O TERCEIRO VERTIATLÓN SOLIDARIO ACHEGA MÁIS DE 5.400 EUROS PARA ACHEGAR O MAR ÁS PERSOAS CON DISCAPACIDADE E # M.R.C.Y. BAIONA VIVIU CON GRAN EXPECTACIÓN A CELEBRACIÓN DA TERCEIRA EDICIÓN DO VERTIATLÓN SOLIDARIO, UNHA COMPETICIÓN ORGANIZADA CON FINS BENÉFICOS E O PRINCIPAL OBXECTIVO DE RECADAR FONDOS PARA A ESCOLA DE VELA ADAPTADA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE DO MONTE REAL CLUB DE YATES. Vertiatlo ́n Solidario 2017
28
cousas de val miñor
Varias praias e rúas da vila mariñeira acolleron as tres probas do tríatlon sprint que, desde as catro da tarde e ata pasadas as seis, disputáronse os máis de 200 atletas chegados desde diferentes puntos do país. Os atletas Jacobo Crego e Aida García impuxéronse nas categorías absolutas desta competición solidaria logrando revalidar a vitoria que lograron o ano anterior Os máis rápidos en completar os 750 metros a nado, os 20 quilómetros en bicicleta e os 5 quilómetros a pé foron os deportistas do Olímpico de Vedra, Jacobo Crego e Aida García, logrando ambos tempos espectaculares. Empregaron unha hora e unha hora e trece minutos respectivamente en completar o percorrido completo e lograron subirse todo o máis alto do podio de gañadores da categoría xeral. Aida García logrou tamén a vitoria na categoría de veterana feminina, na que Andrés López, do Tríatlon Vilagarcía Atenas Running levou o máximo premio masculino. Na categoría junior os gañadores foron María Lois, do Arcade Inforhouse Santiago; e Jorge González, alumno de vela do Monte Real Club de Yates. E en cadete impuxéronse Marta Rial e Marcos González, ambos os dous do Tríatlon Mar de Vigo. Tamén, entregáronse premios aos mellores clasificados censados en Baiona, que foron Sandra Santodomingo e David Giraldez, do Atletismo Baiona. As inscricións dos 217 participantes permitiron recadar máis de 5.410 euros para a Escola de Vela Adaptada para persoas con discapacidade do Monte Real Unha vez finalizado a repartición de premios aos gañadores, no que participaron, entre outros, o alcalde de Baiona, Ángel Rodal; o xefe provincial de deportes en Pontevedra, Daniel Benavides; e o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez; produciuse un dos momentos máis esperados da xornada, a entrega do cheque de 5.410 euros que permitirá darlle un novo impulso á vela adaptada en Galicia.
DEPORTES Foto de familia del III Vertiatlo ́n Solidario
Na entrega de premios celebrada no Monte Real Club de Yates o club anunciou que o ano que vén celebrarán a cuarta edición do Vertiatlón Solidario O conselleiro de MAPFRE, Luís Larramendi, foi o encargado de entregarllo, cunha gran ovación do público asistente, ao vicepresidente do Monte Real Club de Yates, Alejandro Retolaza, un dos principais impulsores da iniciativa solidaria, organizada polo propio club coa colaboración do concello de Baiona e o patrocinio de Verti Seguros. Foi o propio Retolaza o que anunciou que no Monte Real vanse poñer xa a preparar a cuarta edición do Vertiatlón, que se celebrará en 2018 co mesmo obxectivo, o de recadar fondos para a Escola de Vela Adaptada do club. Creada no ano 2012 baixo o lema de “Vela para todos”, a escola ten como principal obxectivo achegar ao mar a persoas con diversidade funcional, para que poidan navegar en igualdade de condicións, en instalacións sen barreiras e a bordo de barcos adaptados. O traballo realizado desde entón fixérona merecedora, entre outras distincións, de varios recoñecementos tanto a nivel nacional como internacional.
DEPORTES
ESPAÑA LOGRA O SEU VIXÉSIMO CUARTO TÍTULO NO TRIAL DES NATIÓNS 2017 EN BAIONA ‘MOTEROS VAL MIÑOR’ E CONCELLO DE BAIONA ORGANIZARON A FIM TRIAL DES NATIONS 2017, O MAIOR EVENTO MUNDIAL DO TRIAL
Durante os días 23 e 24 de setembro, a vila de Baiona converteuse no epicentro mundial do motor, coa participación pilotos de 30 nacionalidades diferentes. Tomando como referencia o atractivo paisagístico do Monte Boi e o Parador Nacional de Turismo, o seu contorno converteuse no escenario das 18 Zonas habilitadas para a competición, todas elas baixo a fórmula aínda non practicada ata a data en Baiona do “NON STOP”, é dicir, os pilotos tiveron que afrontar o percorrido de cada unha das Zonas sen parar, un reto no que poden ser penalizados se non se cumpre este requisito imprescindible na norma da competición. Presentación do equipo español 30 cousas de val miñor
DEPORTES
Bou, Raga e Busto
Sandra Go ́mez, Berta Abella ́n e María Viro
España, representada por Toni Bou (Montesa), Adam Raga (TRS) e Jaime Busto (Montesa), logrou en Baiona a súa vixésima cuarta vitoria -décimo cuarta consecutiva- no Trial des Natións, a proba de peche do Campionato do Mundo desta especialidade motociclista. Bou, que este ano selou o seu undécimo título individual ao aire libre, liderou o esmagador triunfo español en Baiona Bou, Raga e Busto, os tres primeiros no Mundial 2017, acabaron primeiros con só 6 puntos de penalización. Avantaxaron en nada menos que 32 ao segundo clasificado, Gran Bretaña, con James Dabill (Gas Gas), Jack Price (Gas Gas) e Iwan Roberts (Beta). En categoría feminina, Sandra Gómez, Berta Abellán e María Viro levaron a sétima coroa para España co que desempatan con Inglaterra como o equipo máis laureado de sempre.
A proba contou coa presenza de autoridades autono ́micas, provinciais e municipais.
cousas de val miñor 31
AXENDA BAIONA
GONDOMAR
PROGRAMACIÓN CULTURAL AGENDA CANGAS Venres, 19 de novembro 21:00hs. IN THE LOOP. Proxección cinematográfica en V.O.S.E. Organiza: Cine Club Cangas Venres, 26 e Sábado, 27 de novembro 21:00hs. TEATRO DO MORCEGO. Presenta: OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE Entrada: 5€ Domingo, 28 de novembro 19:00hs. FESTIVAL SOLIDARIO A FAVOR ADICAM Venres, 3 de decembro 21:00hs. ORQUESTRA DE SAXOS DO CONSERVATORIO DE REDONDELA Concerto benéfico a favor da Asc. Santiago Apostol e a Fundación San Vicente de Paul Entradas.- adultos: 5€ nenas e nenos: 3€ Venres, 10 de decembro 21:00hs. TULPAN. Proxección cinematográfica en V.O.S.E. Organiza: Cine Club Cangas Sábado, 11 de decembro 18:00hs. FESTIVAL BENEFICO A FAVOR DE “CARITAS CANGAS”
OBRADOIRO INTERXENERACIONAL "FOTOGRAFÍAS Venres, 17 de decembro PARA 20:00hs.O RECORDO"
CONCERTO DE NADAL DO CONSERVATORIO PROFESIONAL ESCOLAxunto DE MÚSICA O concello E deDABaiona, coa Excma. MUNICIPAL DE CANGAS Deputación de Pontevedra, organiza un obradoiro Entrada de balde interxeneracional denominado Fotografías para o recordo, dentro do programa Tecendo Lazos. Sábado, 18 de decembro 19:00hs. Tecendo Lazos é un programa de ocio e tempo Musical EL LIBRO DE LA SELVA libre ca finalidade de reforzar os lazos afectivos Público infantil e familiar entre distintas xeracións. Poderán participar neste Entrada: 15€ obradoiro membros da mesma familia; pais e fillos, avós e netos, tios e sobriños, ect. entre os 10 Domingo, 19 de decembro 20:00hs. e os 99 anos. CONCERTO DE PANXOLIÑAS DE NADAL coa de túaagrupacións familia, trae a túa vocal cámara CoaApúntate participación de música de de fotos e pasa un momento divertido cos que máis Cangas e a Banda de Música Bellas Artes queres. Faremos saídas guiadas para coñecer o Entrada de balde patrimonio cultural de Baiona a través da fotografía. Domingo, 26 de decembro 20:00hs. CORO YOUSEIterá (Xapón) A actividade lugar do 28 de outubro ao 9 de Formación coral de voces femininas xaponesas recoñecidecembro, os sábados en horario de 10 ade12:30 h., do no prestixio internacional, de xira por Europa. Centro Multiusos Ángel Bedriñana de Baiona. Entrada.- Butaca: 20€ Anfiteatro: 17€
32
cousas de val miñor
EXPOSICIÓN ESCENARIOS DA PREHISTORIA FOTOGRAFÍAS DE FEDERICO DE LA PEÑA
Do 11/10 ao 12/11 do 2017. Auditorio municipal Lois Tobío. Gondomar Mércores, 29 de decembro
Musical GREASE Tour´- BRILLANTINA Entrada.- Butaca: 23€ Anfiteatro: 21€ Xoves, 30 de decembro 19:00hs. TEATRO DO MORCEGO. Presenta: SALTIMBANQUIS Público infantil e familiar Entradas.- adultos: 5€ nenas e nenos: 3€
CINE
Unha mostra das mámoas, castros e petroglifos máis singulares da CICLO: NUEVO CINE ITALIANO provincia a través das fotoDo 21 de setembro ao 30 de novembro grafías de Federico de la Fundacion Caixa Galicia –Pontevedra Peña, que están acompañadas de textos explicatiI MOSTRA DE CINE DOCUMENTAL vos así como de paneis e ALTERNATIVO DOCUTOPÍA ilustracións. A exposición Do 2 de novembro ao 4 de decembro reflicte a preocupación Espazo cultural Negra Sombra Blues, no Café Uf (Pracer, que Castelao sempre 19) Vigo amosou polo patrimonio arqueolóxico e artístico e XXIV FESTIVAL CINEROUPA que130deixou Ampla programación de máis dde películas:patente estreas en obras como ‘As cruces recén saidas dos mellores festivais e de filmes galar-de pedra na Galiza’. doados en 2010 Do 10 de novembro ao 3 de decembro Santiago de Compostela
ÓPERA CARMEN. CONCERTO ESCENIFICADO CONCERTOS
16 DIC 2017. 19:00 h. Auditorio Lois Tobío
THE ZOMBIES 11 de novembro 22:00 horas Sala Mondo -Vigo
ISMAEL SERRANO 11 de noviembre 20:30 horas. Centro Cultural Caixanova- Vigo
THE WAVE PICTURES 12 de novembro Sala Mondo-Vigo
Camerata Lirica para este 2017 acomete la espectacular y dramatica Opera Carmen, en formato adaptación escenificada.
La Opera cuenta con una formacion de 6 voces THE STRANGE BOYS 13 de novembro La Iguana Club – Vigosolistas y acompañamiento de ABA TAANO piano. Trajes de 14 de novembro 20:30 horas epoca, mobiliario Centro Cultural Caixanova- Vigo y proyecciones.
AXENDA NIGRÁN
PROGRAMACIÓN CULTURAL
DESBUNDIXIE 14 de novembro Aala Aturuxo- Bueu
FITO Y FITIPALDIS 19 de novembro 21:30 horas Multiusos Fontes de Sar- Santiago de Compostela
MIGUEL RÍOS GIRA “BYE BYE RIOS ROCK HASTA EL FINAL” 20 de novembro Coliseum- A Coruña FUEL FANDANGO 26 de novembro 22:30 horas Entrada 6 euros Sala Aturuxo- Bueu
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 1 de decembro Auditorio Caixanova -Pontevedra
EXPOSICIÓNS OS MUNDOS DE GONZALO TORRENTE BALLESTER Ata o 14 de novembro Museo de Pontevedra - Pontevedra
grafías. As imágenes captadas falan da vida rural, a emigración, a presencia da morte, a incorporación da electricidade ou a presencia do teléfono na vida diaria. NOSOTROS TAMBIÉN FUIMOS EMIGRANTES Ata o 26 de novembro Sede Náutica Caixa Galicia - Sanxenxo
As imaxes que recolle esta exposición, obtidas da fototeca da Axencia EFE intentan reconstruir os movementos migratorios EXPOSICIÓN que se produciron“REXAS. no noso país ao concluir a BAIXO guerra MULLERES civil. As emigracións forzadas da fame ou do exilio levarían O TERROR FRANQUISTA” a un bo número de españois a refuxiarse en países europeos Desde 13 out 2017 ata 07 nov 2017 e americanos. Auditorio municipal. Nigrán. 20:00 h EXPOSICIÓN “VIGO, CORde EA Esta exposición, aA través 78PALABRA” fotografías, conta Ata o as 28 historias de novembro de 172 mulleres (30 delas da comarca CentrodeCultural Caixanova-algunhas Vigo Deza-Tabeirós), delas feitas públicas por primeira vez. A mostra está dividida en tres Artistas vigueses aportarán obras para conmemorar o bloques: o primeiro é o da contextualización Bicentenario da Cidade. A oferta expositiva complétsea histórica, que amosa como o golpe de Estado cunha nova edición da Wildlife Photographer of the Year 2010, e supuxo unha quebra dos dereitos da República; o a coprodución, co Museo do Mar, de Fillos do océano, d fotósegundo, o máis longo, analiza as diferentes grafo vigués Javier Teniente. tipoloxías de represión desde a perspectiva das mulleres que a expresiones, sufriron; o tramas. terceiroArte busca Miradas. Realidades, en recoñecer o labor solidario e resistente das Galicia desde 1975 e o seu apoio imprescindible á guerrilla. Ata o mulleres 16 de xaneiro de 2011 Información Fundación Caixa Galicia - Pontevedra Inauguración: venres 13 de outubro, ás 20.00 h O proxecto expositivo e editorial «Miradas», é unha iniciatide visita: de lunsbaixo a venres, de 10.00 va queHorario sitúa as obras da colección a perspectiva parti-a 14.00 h cular dos comisarios que toman parte nesta serie de catro mostras. Fernando Castro, Alfonso de la Torre, Fernando Huici e Iria Candela presentan unha coidada selección dos fondos da Colección Caixa Galicia, centrándose cada un en núcleos temáticos diversos pero complementarios.
A Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais e a Fundación Gonzalo Torrente Ballester lembran ao autor de “Los gozos y las sombras” no centenario do seu nacemento coa exposición “Os mundos de Gonzalo Torrente Ballester”, que percorre a traxectoria vital e literaria do escritor a través de máis de 150 piezas (moitas delas inéditas) entre manuscriVIGO tos, libros, artigos de prensa, cartas, fotografías, carteis, dibuOS DE CARLOS CASARES xos eMUNDOS diversos documentos e obxectos personais que nos achegan oa 5súa A mostra Ata deiconografía novembro.persoal. casa das Artes que está comisariada para grupos, concertar no teléfono 982 289 096. Carmen Becerra e Miguel Fernández-Cid, Aporexposición ten como obxectivo celebrarcomplétase a vida e acoobra Visitas do escritor Visitas para documental GTBxGTB. ourensán (1941-2002) na clave dun percurso vital, unha viaxe polo tempopúblico xeral, mércores ás 19.30 h. e polo espazo. Seguindo as palabras do propio escritor para construír un mapa ao, debuxar un territorio, contar unha historia.Horario de apertura ao público: PANOemocion DE FONDO luns a sábado, 12-14 h e 18-21 h. Ata o alá 15 dedanovembro Máis intención retrospectiva, a exposición presentaDe diferentes Centro Social - Pontevedra marcos contraCaixanova os que poder desenvolver as relacións de Carlos Casares Domingos e festivos, 12-14 h. co mundo, nunha sucesión de territorios simbólicos: “Paisaxes”, Exposición que aborda“Conviña...” o retrato realizado nos estudosque gale“Luzadas”, “A viaxe”, e “O redondel”, van explicando as gos, centrándose dun xeito especial na primeira mitade cuestións fundamentais da súa vida, da súa producióndoliteraria e do seu século XX, periodo riqueza neste aspecto. compromiso co paísdeeextraordinaria as súas xentes. A base da mostra son os fondos que os fotógrafos colocaban Con esta exposición, a Fundación Carlos e o áConcello de Vigo tras os retratados no afán de idealizar que lleCasares era propio contribúen na difusión da figura do escritor ourensán pintura da época. Desde humildes colchas a “panos” máisao que neste ano 2017 se lle o Día das de Letras xunto coas dúas elaborados condedicou paisaxes ou interiores pazos, Galegas, a exposición exposicións anteriores que se desenvolveron na Casa Galega da Cultura. nos permite advertir a importancia deste elemento nas foto-
cousas de val miñor
33
QUEN É QUEN NO RUEIRO
Rúas de... Nigrán
Avenida de Castelao Esta é unha das rúas máis importantes de Nigrán e une de maneira directa o centro coa costa. Político, escritor e pintor español, Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao (Rianxo, 1886 - Buenos Aires, 1950) foi considerado o máximo representante do nacionalismo galego de signo progresista. Estudou e licenciouse en Medicina en Santiago; colaborou na creación do semanario O Barbeiro Municipal entre 1909-1914. Uniuse ao movemento Acción Galega en 1912, cuxo obxectivo era espertar a conciencia de clase do campesinado galego. Dedicouse á pintura e conseguiu en 1916 a segunda medalla na Exposición Nacional de Madrid co óleo Os cegos. Un momento básico para a evolución do seu ideario foi a incorporación ás Irmandades dá Fala, en 1916. A partir desa data, vai madurando o pensamento de Castelao ata desembocar de forma aberta no nacionalismo. En 1926 publicou “Cousas”, o seu primeiro libro, composto de relatos breves. Desde 1926 foi membro da Academia Galega. Nas Cortes Constituíntes da República foi nomeado deputado e participou na elaboración do proxecto do estatuto galego. En 1926 publicou “Cousas”, o seu primeiro libro, composto de relatos breves; e logo, “Os dous de sempre” e “Retrincos”, ambas en 1934. O ensaio “Sempre en Galiza” (1944) reflicte claramente o seu ideario político-social. A obra literaria de Rodríguez Castelao, escrita case íntegra en lingua galega (excepto discursos e artigos, como a colaboración no liberal de Madrid), está en función da realidade sociocultural galega e dunha función pedagóxica de denuncia, para ese fin utiliza o humorismo sarcástico ou esperpéntico. Expresou fielmente a súa vontade de denuncia das inxustizas. Como dramaturgo merece a pena citar a obra “Os vellos non deben namorarse” (1941). Na vida de Castelao, tan polifacética, non podía faltar a emigración e o exilio. De feito, a súa infancia viuse marcada pola emigración e os últimos anos transcorreron no exilio bonaerense, esa sorte de Galicia ideal. Foi homenaxeado co segundo Día das Letras Galegas, en 1964. En decembro de 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra como Ben de Interese Cultural inmaterial. A Real Academia Galega de Belas Artes dedicoulle o Día das Artes Galegas 2016 polos "extraordinarios méritos artísticos" da súa obra.
34
cousas de val miñor