COUSAS DE Val Miñor Nº18

Page 1

Revista de Baiona, Gondomar e Nigrán Distribución gratuita Ano V / nº18 inverno 2017

RÍAS BAIXAS | 4

RUTAS | 18

GALICIA SOLIDARIA | 24

DEPORTES | 30

VIOLENCIA ZERO

A SAÚDE DE PARADA DE MIÑOR

AVELAÍÑA: 20 ANOS

PATOS SURF CLUB



Foto portada: Faro de Cabo Silleiro, punto destacado do Camiño Portugués pola Costa

ÍNDICE

EDITORIAL Son suficientes as campañas de sensibilización para evitar as violencias machistas? A sensibilización ou prevención é un dos alicerces básicos nos que se incide e ponse énfases desde a política e a educación para a abordaxe integral contra as violencias de xénero. Fálase a miúdo de como actuar no momento, tamén de cales son os recursos para a vítimas e as consecuencias para os agresores. Pero hai algo que podamos facer ou dicir antes que os feitos ocorran? Seguro que sí. Para empezar, debemos tomar conciencia de que todas as formas de violencia de xénero aliméntanse do mesmo substrato: os esteorotipos caducos e os mitos enganosos que criamos erradicados e que desgraciadamente a poboación máis nova parece estar reproducindo de maneira preocupante. Na actualidade é alarmante comprobar como en moitas ocasións os máis novos perceben a violencia de xénero como algo afastado e alleo a eles. En ocasións, vemos como algunhas das súas relacións afectivas e sociais teñen comportamentos discriminatorios inadmisibles, verdadeiros sinais incipientes de violencia machista, baseados neses estereotipos e que anticipan outras manifestacións máis graves do maltrato. Ante estos esteorotipos tan nocivos, os cidadáns temos que rebelarnos non deixando a labor educadora dos nosos fillos soamente ás institucións, esixindo ás administracións maior compromiso e sendo máis activos na loita pola igualdade os 365 días do ano. O respecto, a liberdade e a igualdade son tres piares básicos nas relacións. É por iso que entre todos temos de construir unha sociedade que faga fronte á submisión, á desigualdade e a violencia. De nos depende.

4

RÍAS BAIXAS

6

PÁXINA SEIS

8

EN FEMININO

10 NOVAS 18 RUTAS 22 TURISMO 24 GALICIA SOLIDARIA 26 OCIO 28 EMPRESA 30 DEPORTES 32 AXENDA 34 QUEN É QUEN

Ano V / Nº 18 inverno 2017 Revista de información local de Baiona, Nigrán e Gondomar. Xestión Publicidade: 626 993 480 Edición, redacción e distribución: EDICIONES BASAN, S.L. C/ López de Neira, nº 3, 3º. 36202 Vigo Deseño e maquetación: CREACIÓN ANIMAL Colaboración na redacción: Anxo Rodríguez Lemos, Álvaro Peralta Fotografia: Arquivo Ediciones Basan, prensa Concellos Baiona, e Nigrán, Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia. www.cousasde.com cousasde@edicionesbasan.com facebook.com/cousasdevalminor Depósito Legal: C 3539-2010 A empresa resérvase todos os dereitos da publicación, sen que poida reproducirse total ou parcialmente o seu contido, sen o consentimento previo dos editores.

cousas de val miñor

3


RÍAS BAIXAS

VIOLENCIA ZERO: UNHA INICIATIVA ARTÍSTICA DA DEPUTACIÓN CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA CON ACTOS MULTITUDINARIOS A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ARRANCOU A TERCEIRA EDICIÓN DO PROXECTO DE ACCIÓN ARTÍSTICA "MULLERES EN ACCIÓN. VIOLENCIA ZERO" 2017-2018. A INICIATIVA SE ESTÁ A DESENVOLVER NOS ESPAZOS PÚBLICOS PROVINCIAIS CO FIN DE REIVINDICAR A IGUALDADE DE XÉNERO, CONCIENCIAR A POBOACIÓN DO PROBLEMA DA VIOLENCIA MACHISTA E, SOBRE TODO, UNIR FORZAS PARA LOITAR CONTRA ESTA PRAGA PRESENTE NA SOCIEDADE. O 25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS, TIVERON LUGAR AS PRIMEIRAS PERFORMANCES EN HORAS DA MAÑÁ EN PONTEVEDRA E POLA TARDE EN VIGO. A PRESIDENTA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, CARMELA SILVA, PRESIDIU OS ACTOS ACOMPAÑADA DOS RESPECTIVOS ALCALDES, MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ LORES (PONTEVEDRA) E ABEL CABALLERO (VIGO), XUNTO AS DEPUTADAS E DEPUTADOS DO GOBERNO PROVINCIAL, E DE REPRESENTANTES DE CONCELLOS DA PROVINCIA.

Acción en Pontevedra: “Sobre a fraxilidade”. O acto central da xornada, que tivo lugar na Praza da Peregrina de Pontevedra, estivo protagonizado pola artista madrileña Ana Matey e a súa performance “Sobre a fraxilidade”. A acción, na que artista interactuou coas persoas que asistiron á performance na que utilizou materiais como cinta de embalar, follas secas e un globo, fixo fincapé na fraxilidade das persoas ante aqueles actos que as danan e manipulan. Para elo empregou a poesía que, segundo manifesta a artista, nin reflexa, nin representa, nin da solucións a unha problemática tan complexa como son as violencias machistas. Matey sinalou que actos como este “son a semente da igualdade que cae en terra fértil, e somos a sociedade a que ten que regala para conseguir gañar esta loita”.

4

cousas de val miñor


RÍAS BAIXAS

“A última cea” en Vigo. Pola tarde a acción do programa “Violencia Zero” estivo a cargo da artista cordobesa Verónica Ruth Frías e na súa performance “A última cea“, na que participaron ata 12 artistas galegas. A presentación, marcada pola cor vermella da vestimenta de todas as mulleres, tamén a de Carmela Silva e as deputadas, toma prestada a escenografía do famoso fresco da “A última cea” elaborado por Leonardo da Vinci para a Capela de Santa María delle Grazie en Milán. Para a súa acción, Frías substitúe as figuras masculinas por femininas, por “apóstolas” e mulleres que simbolizan as diferentes manifestacións artísticas e culturais da cidade, algunhas delas tamén nais, o que supón outro punto de inflexión na iconografía. “A última cea” comezou cunha escena estática, mulleres inmóbiles, impasibles e expectantes ata o momento no que as súas fillas entraron en escena dando paso ao movemento e desorde, rompendo o silencio e a paz. O obxectivo da artista cordobesa con esta performance era promover a reflexión sobre os roles da muller na sociedade actual, reafirmando a súa posición nun mundo de homes.

Manifesto: “Estamos fartas”. Nas súas intervencións, Carmela Silva deu lectura a un manifesto que, baixo titulo “Estamos fartas”, lembrou os datos arrepiantes de 51 mulleres e 8 nenos e nenas asasinadas no que vai de ano e “as formas terribles que empregaron os seus asasinos para matalas”. A presidenta provincial volveu a reivindicar un compromiso real para que a violencia machista sexa unha cuestión de estado. “Estamos fartas de declaracións, de carteis, de fotografías que non van acompañadas de medidas, de accións, de compromisos orzamentarios. De que cada ano ducias de mulleres sexan asasinadas e que non se considere como un dos grandes problemas da nosa sociedade. ¿Que máis ten que pasar, preguntou Silva, para que este tema sexa tratado como corresponde?. Estamos fartas da tanta dor, de tanta crueldade, de tanto dano que se infrinxe ás mulleres polo feito de ser mulleres”

A acción artística percorre 25 concellos. A terceira edición de “Mulleres en acción: Violencia Zero” comprenderá este ano un total de 25 accións artísticas en 25 concellos da provincia: Pontevedra, Vigo, Mos, Cerdedo-Cotobade, A Lama, Forcarei, As Neves, Lalín, Cambados, Ponteareas, Barro, A Cañiza, Valga, Silleda, Catoira, Gondomar, A Guarda, A Illa de Arousa, Bueu, Moaña, O Porriño, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa, Mondariz e O Rosal. Deste xeito, entre novembro de 2017 e o mesmo mes de 2018, poranse en marcha presentacións que abranguen modalidades como a poesía, o graffiti, a danza contemporánea, a acción escénica ou a performance a cargo de 25 mulleres artistas de grande relevancia no panorama galego e estatal. As actividades programadas pola Deputación de Pontevedra funcionarán como arma de visibilización e reflexión para promover unha sociedade igualitaria entre mulleres e homes, sen discriminación nin violencia, cos mesmos dereitos e deberes. Estas accións están organizadas en colaboración cos concellos participantes e co apoio de asociacións de loita pola igualdade de xénero.

cousas de val miñor

5


PÁXINA SEIS

CONTOS GALEGOS DE TRADICIÓN ORAL O conto popular nace dun saber ancestral ao mesmo tempo que as cantigas, as lendas e os romances, e desenvólvese nunha tradición transmitida por vía oral, cumprindo unha importante función social nas pequenas comunidades rurais, servindo ao mesmo tempo como entretemento e aprendizaxe. Nesta PÁXINA 6 terá lugar un encontro coa tradición narrativa galega. O faremos a partir da publicación de textos extraídos do libro Catálogo tipolóxico do conto galego de tradición oral. Clasificación, antoloxía e bibliografía, baixo autorización da súa autora, a catedrática e veciña de Nigrán, Camiño Noia Campos. Tarefa inspirada no mesmo obxectivo amosado pola autora no limiar do libro “conservar e revalorizar a nosa tradición narrativa”. Ao igual que no texto orixinal e segundo aclaración de Camiño Noia, “A transcrición escrita dos contos recollidos da oralidade respecta a fala coloquial aplicando, no posible, as regras ortográficas vixentes”.

O SACO QUE CANTABA Unha vez era unha madre que tiña unha filla e como era unha sola que tiña, queríaa moito, e un día regaloulle un collar de coral. Despois díxolle... Bueno, díxolle que fora buscar agua á fonte. A rapaza colleu a sella e marchou a buscar agua á fonte. Ó chegar xunta á fonte, sacou o collar de coral, porque tiña medo que... que se lle caese á agua, e púxoo no borde da fonte. Cando acabou de coller a agua marchouse, e olvidou alí, olvidando alí na fonte o collar de coral. Cando chegou a casa acordou se que deixara na fonte o seu collar de coral e quixo volver a por el. Pero cando chegou alí viu un vello que estaba sentado xunta á fonte. Cando a rapaza se achegou á fonte, pra coller o seu collar de coral, o vello colleuna e meteuna nun zurrón. Logo, o vello iba..., iba de casa en casa e decía: –Zurrón, canta, si no te pego con este bastón! Poise, cando a rapaza se puxo a cantar, a madre conoceu a voz de filla e entonces díxolle ó vello: –Señor, por qué non se queda usté esta noite na miña casa. Pronto será noite e vai facer frío. O vello díxolle que si moi contento e a mai da rapaza deulle tanto de..., tanto de comer e de beber, que cando se deitou deseguida adormeceu. A madre sacou do zurrón a súa filla, deulle de comer, e meteuna na cama. E no el zurrón meteu un gato e un can. Despois, cando foi día, o vello seguiu de novo camiño, sin se dar de conta do cambio que lle fixera a madre, pola madre da rapaza, porque non mirara o zurrón, e cando o vello dixo: «Zurrón, canta, si no te doy con el..., con este bastón!» Entonces o gato fixo «miau» e o can ladrou, e o vello, enfadado, abriou o zurrón, pra castigar a rapaza, e entonces o gato saltoulle á cara e rabuñouno, e o can..., e o can saleu tras do gato, e mordeuno. E así se acabou. Montemera-Parga, Lugo. Mª Carmen Rodríguez Lage. AGANO-139, «O zurrón que cantaba».

VERSIÓN LITERARIA Fernán Caballero, Educación pintoresca, III, (1859) e Cuentos (1877).

6

cousas de val miñor



EN FEMININO

BAIONA APOSTA POLA VELA EN FEMININO • O MONTE REAL CLUB DE YATES LANZA UNHA CAMPAÑA PARA POTENCIAR A PRESENZA DE MULLERES NAS COMPETICIÓNS NÁUTICAS DO SEU CALENDARIO DEPORTIVO DE 2018 • O MONTE REAL VOLVERÁ ORGANIZAR ADEMAIS NO 2018, UNHA COMPETICIÓN EXCLUSIVA PARA MULLERES, A LADIES CUP, NO MARCO DO TROFEO PRÍNCIPE DE ASTURIAS O protagonismo que foron adquirindo as mulleres no mundo da vela ao longo dos últimos anos é algo indiscutible. Entre os fitos máis recentes atópanse a participación, o ano pasado, na Volvo Ocean Race, dun equipo integramente feminino, o SCA Team; e o feito de que este ano se disputen a volta ao mundo por etapas, unha das competicións máis duras e esixentes da actualidade, un total de 18 mulleres. A pesar de todo, as cifras seguen evidenciando notables diferenzas entre homes e mulleres. Na Copa do Rey disputada este ano, tan só vimos a un equipo con tripulación formada en exclusiva por mulleres e foron unicamente 5 as que patronearon algún dos 126 barcos participantes. Ante esta realidade resulta evidente que “aínda queda moito por facer para lograr a igualdade entre homes e mulleres no mundo da vela”, tal e como afirma a vicecomodora do Monte Real Club de Yates, Genoveva Pereiro, quen cre “que todos os clubs deberían implicarse máis á hora de impulsar a vela en feminino, tanto nas súas escolas como nas competicións que organizan”. No caso do Monte Real “tamén queda moito traballo por facer”, recoñece Pereiro. As cifras do club baionés son un reflexo extensible a moitas outras entidades náuticas nas que a vela segue sendo un ámbito marcadamente masculino. Na actualidade, só o 15 por cento dos participantes nos diferentes eventos do Monte Real son mulleres, e aínda que na súa Escola de Vela a porcentaxe sobe algo máis, ata o 36 por cento, aínda segue sendo moi notable a separación entre homes e mulleres. Por iso é polo que o histórico club propúxose, para 2018, impulsar a “vela en feminino”, lanzando unha campaña para potenciar a presenza de mulleres nas competicións náuticas incluídas no seu calendario deportivo. “Fomentar a participación de tripulacións femininas, sexan en exclusiva ou non, e que haxa máis barcos patroneados por mulleres, é unha forma máis de apostar polo deporte e a muller, e é o camiño que nos propuxemos seguir”, afirma a vicecomodora do Monte Real. Este club, poñerá en marcha as primeiras accións para tratar de que ese xiro prodúzase a partir de 2018, en todas e cada unha das competicións náuticas que organice. Entre outras medidas, pendentes aínda de concretar, aplicará descontos de ata o 50 por cento nas cotas de inscrición das regatas cando o patrón do barco sexa unha muller. Potenciarase, ademais, a participación de mulleres nos distintos cursos e iniciativas formativas do club, nas que poderán beneficiarse de prezos máis reducidos. Ademais, en 2018 o Monte Real volverá organizar, no marco do Trofeo Príncipe de Asturias, a Ladies Cup, unha competición exclusivamente feminina na que participan, a bordo de 6 barcos do club, 36 regatistas chegadas de diferentes puntos de España e Portugal. 8

cousas de val miñor

A Ladies Cup é unha competicio ́n exclusivamente femenina dentro do Trofeo Príncipe de Asturias Foto © Lalo R Villar


EN FEMININO

O Monte Real impulsa a vela dende a infancia a trave ́s da súa Escola de Vela Foto © Rosana Calvo

O obxectivo do Monte Real é que as mulleres teñan cada vez máis protagonismo Foto © Rosana Calvo

cousas de val miñor

9


NOVAS NIGRÁN BALÓNS EN RECORDO DAS 55 MULLERES E NENOS ASASINADOS POLA VIOLENCIA MACHISTA Un ano máis e con motivo do Día contra a Violencia de Xénero o CB Nigrán rendeu homenaxe ás súas vítimas facendo un vídeo que presenta a representantes de diferentes ámbitos da sociedade como as xogadoras de baloncesto da selección española Amaya Valdemoro, Alba Torrens e Laura Nicholls, a escritora Sonia Mirón, o actor Antonio Durán “Morris”, os futbolistas Jorge Otero e Javier Matei, así como diversos colectivos tales como o club Amfiv, o Basketmi Ferrol ou os claustros de profesores dos colexios Humberto Juanes, Carlos Casares, Cruz Camos, Panxón e Mallón. Tamén Eva Amaral e Juan Aguirre, compoñentes do grupo musical Amaral. E pechando o vídeo, figuras importantes do baloncesto como Arlauckas, Corbalán e Quique Villalobos. Todos eles quixeron colaborar nesta iniciativa do Club de Baloncesto Nigrán, enviando a súa foto portando un balón de baloncesto que simboliza a cada unha das vítimas mortais desta secuela social, iniciativa que forma parte do traballo social que realizan desde o club, onde consideran un aspecto fundamental traballar valores a través do deporte. Con cada un destes 55 balóns, que simbolizan ás vítimas, mulleres, nenos e nenas asasinados este ano pola violencia machista, o Club Baloncesto Nigrán debuxou un gran lazo na pista de xogo do Pavillón do colexio de Panxón en torno ao cal se colocaron os xogadores, adestradores, directivos e familias do club, constituíndo esta foto a imaxe final que se inclúe no vídeo que o CB Nigrán produciu co obxectivo de concienciar e sensibilizar sobre esta secuela social que non cesa no seu goteo de vítimas. No vídeo aparecen todos portando unha pelota de baloncesto, un balón por cada muller ou neno asasinado co obxectivo de concienciar e sensibilizar sobre esta secuela social que non cesa no seu goteo de vítimas. 10

cousas de val miñor


NOVAS VAL MIÑOR A MANCOMUNIDADE DO VAL MIÑOR PUXO EN MARCHA O COMEDOR SOCIAL QUE SERÁ ATENDIDO POLOS ALUMNOS DO VI OBRADOIRO DE EMPREGO ‘TERRAS DO MIÑOR’ ATA QUE FINALICE A SÚA ETAPA FORMATIVA. A sexta edición do Obradoiro de Emprego ‘Terras do Miñor’ está promovido pola Mancomunidade do Val Miñor e estase desenvolvendo desde o mes de outubro, nas dependencias do CEE (Centro de Educación Especial) de Panxón. Ao longo dos seis meses de duración, os 15 alumnos traballadores (sete de operacións básicas de cociña e oito de servizos de restaurante), serán os encargados de elaborar as comidas e servizo de restaurante para o comedor social que comezou a funcionar este martes. Os traballadores do taller son sempre seleccionados a través das listaxes do INEM, nesta ocasión menores de 30 anos, mentres que os usuarios do comedor social proceden dos departamentos de servizos sociais dos tres concellos da Mancomunidade do Val Miñor. O presidente da Mancomunidade e alcalde de Baiona, Ángel Rodal; o alcalde de Nigrán, Juan González, e o alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, acudiron á presentación do taller e á apertura do comedor social que se desenvolve os martes e xoves, segundo a programación do taller, durante todo o proxecto. A directora do Obradoiro de Emprego “Terras do Miñor VI”, Mª do Pilar Pintos, destacou a profesionalidade dos responsables do taller e a calidade do servizo que prestarán todos os alumnos.

cousas de val miñor

11


NOVAS NIGRÁN

O Concello de Nigrán sumouse ao Centro Juan María para festexar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade O Concello de Nigrán colaborou un ano máis co Centro Juan María de Parada (Nigrán) para festexar o ‘Día Internacional das Persoas con Discapacidade’, que tivo lugar o domingo 3 de decembro. ‘Baixo o mesmo paraugas’ foi o lema escollido para este ano nunha semana chea de actividades que culmina o domingo no Náutico de Vigo. Responsables e usuarios do centro entregaron ao alcalde de Nigrán carteis e paraugas verdes alusivos á campaña (que quedaron colgados no balcón da Casa Consistorial). Desde 1992, cada 3 de decembro celébrase mundialmente o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Este ano céntrase en promover os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable necesarios para acadar o futuro que queremos e en destacar o papel que desempeñan estes obxectivos recentemente establecidos na construción dun mundo máis inclusivo e igualitario.

12

cousas de val miñor

O CONCELLO DE NIGRÁN ADIANTARÁ A SEGUNDA EDICIÓN DO 'VIVE NIGRÁN' AO 20 E 21 DE XULLO O 'PÍCNIC-POP FESTIVAL' INCLUÍDO NO 'RÍAS BAIXAS FEST' E PATROCINADO POR MAHOU DEBUTOU O PASADO 26 E 27 DE AGOSTO NO ANTIGO CAMPO DE FÚTBOL DE LOURIDO, EN PRAIA AMÉRICA, CON MÁIS DE 4.000 ASISTENTES O Concello de Nigrán anuncia o adianto da segunda edición do festival 'Vive Nigrán' ao 20 e 21 de xullo de 2018 despois de que debutase este verán no antigo campo de fútbol de Lourido, en Praia América, o 26 e 27 de agosto con máis de 4.000 asistentes. O 'Pícnic-pop festival' incluído no 'Rías Baixas Fest' da Deputación de Pontevedra e patrocinado por Mahou ofrecerá, un ano máis e na mesma localización, algunhas das mellores bandas da escea independente coincidindo nesta ocasión en venres e sábado. "Apostamos forte por 'Vive Nigrán', por iso queremos adiantalo á semana do ano que Nigrán recibe máis visitantes e cando a probabilidade de bo tempo é moito maior; xa estamos traballando nel porque queremos que sexa un referente galego para os afeccionados á música en directo", sinala o alcalde, Juan González. Organizado entre Concello de Nigrán e 'La décima planta', 'Vive Nigrán' ofreceu na súa primeira edición algunha das propostas máis emerxentes do panorama nacional independente (Las Bistecs, Joe Crepúsculo, Viva Suecia, Basanta...). Como na súa primeira edición, mantense unha proposta transversal que vai máis alá dos concertos en directo a pé de praia: volverá a haber obradoiros infantís, zona gastronómica, charlas culturais... Unha serie de actividades que debuxan un 'Pícnic pop festival' de cultura creativa nun espazo máxico: fronte ao Atlántico, co perfil das illas Cíes ao fondo, nun extremo de Praia América-Lourido e a pé da marabillosa península de Monte Lourido.


NIGRÁN

VIVE NIGRÁN!

cousas de val miñor

13


NOVAS GONDOMAR O FURACÁN “ANA” AGRAVA OS PROBLEMAS ECOLÓXICOS SOBRE O RÍO MIÑOR A concentración de lixo e restos vexetais levan obstruídos dende o pasado mes de novembro dous dos catro arcos da histórica Ponte de Mañufe. A situación preocupa aos veciños da zona de ribeira do barrio de Moreira, os que corren máis perigo de ser vítimas das enchentes do Miñor. Os materiais acumulados nos piares da ponte fan unha barreira natural á corrente fluvial que pode agravar os efectos de crecidas como ocorreu na madrugada da chegada do furacán Ana, onde unha vez máis o río asolagou parte das fincas e terreos da zona. O elevado nivel de sedimentación tamén está a complicar o natural percorrido das augas nese punto do río. Problema que tamén foi comunicado ás autoridades municipais e que estas elevaron a Augas de Galicia, ente autonómico que administra a canle. Gondomar solicitou permisos para unha intervención urxente na área afectada. Unha intervención “mínima” segundo o concello, pero que permitiría limpar as beiras, quitar os materias sobre a ponte ademais dunhas pequenas actividades para por en valor a ponte románica e un antigo lavadoiro soterrado nas inmediacións. Mais de momento Augas de Galicia só permitirá os traballos de retiro de lixo, limpeza e mellora da contorna, sen autorizar o retiro de sedimentos, segundo informou o concelleiro de urbanismo local, Antonio Araújo. O edil sinalou que o ente de augas reclama un estudo máis profundo do tema así como un proxecto para autorizar traballos que afecten a base do río.

Unha nova planta invasora ameaza o ecosistema do río A situación medioambiental do río Miñor vense agravando co correr dos anos a pesar dos esforzos de autoridades e os grupos ecoloxistas. A incapacidade da depuradora de limpar o río ten contaminada a foz do Miñor. Os vertidos das zonas habitadas suman axentes nocivos que afectan o ecosistema da arteria líquida máis importante do val. A eses antigos males agora súmase a presenza dunha planta acuática exótica que compite no consumo de recursos coa vexetación local. Elodea Canadensis é o nome desta especie foránea, moi coñecida popularmente pola súa utilización na decoración de acuarios domésticos. A súa presenza foi constatada por botánicos e expertos do Proxecto Ríos nas últimas semanas. Pablo Casal Núñez, coordinador deste voluntariado ecoloxista en Gondomar, salientou que a invasora atópase nun claro proceso de expansión e suxeriu tomar medidas inmediatas antes que a súa presenza masiva o faga practicamente imposible. 14

cousas de val miñor


NOVAS GONDOMAR BAI SENPULGAS: ANXOS “INVISIBLES” DAS MASCOTAS DO VAL MIÑOR Chega o inverno e con el a triste imaxe das mascotas abandonadas nas rúas, parques e prazas das nosas vilas. Non é que noutras estacións do ano isto non se vexa, sucede que agora é máis cruel. No Val Miñor un grupo de anxos fai o imposible por acollelos, alimentalos e darlles un fogar. Son os voluntarios de Bai Senpulgas. Unha asociación “invisible” para as administracións municipais da comarca inda que só no 2017 recolleron, atenderon e refuxiaron a máis de 150 cans e felinos da bisbarra. Este ano os voluntarios pagaron con fondos propios máis de 47.000¤ en gastos veterinarios. “A xente chama e reclama que vaiamos buscar cans e gatos abandonados nas ficas e vilas. Pensan que os concellos ten convenios con nós”, relata Silvia Almeida, da protectora. Iso non é así. Os concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán non destinan nin un só euro para colaborar coa protectora, denuncia. Nunha finca de Peitieiros (que eles deben manter e pagar), no 2017 recolleron e aloxaron a 116 cans chegados dos tres concellos. Moitos deles con necesidades urxentes de tratamentos médicos: vacinas, castracións e operacións vitais para sobrevivir . Tamén deben pagar a colocación dun chip para que as mascotas teñan a posibilidade de ser adoptadas logo por algunha familia. Existe a canceira da deputación de Pontevedra (CAAN), máis esta non sempre chega a cubrir as necesidades locais, ademais de ter unha orientación diferente no mantemento dos animais cas protectoras. A maiores, a canceira pública non ten recollida de gatos. Medio centenar destas mascotas foron auxiliadas e están aloxadas nalgúns locais do Val Miñor por Bai Senpulgas. Tres máis con doenzas varias no refuxio de Peitieiros. Só as achegas dos socios colaboradores fan posible pagar as facturas. O único concello que ten asinado un convenio con fondos é o de Oia, pero está destinado a labores no seu municipio. Entrementres, as alcaldías miñorás miran para outro lado e deixan en mans da sociedade esta carga, sen albiscarse máis que promesas dun futuro incerto, sinalan dende a protectora.

VIVE GONDOMAR!

cousas de val miñor

15


NOVAS BAIONA ‘Á VIOLENCIA DE XÉNERO…DILLE NON! O CPI Cova Terreña de Baiona foi o elixido para a presentación da exposición “Á violencia de xénero… Dille NON!”, promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e que ten como obxectivo impulsar a sensibilización e prevención da violencia de xénero entre a mocidade A Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, achegouse ata o CPI Cova Terreña para inaugurar a exposición. Ao acto tamén asistiron o alcalde de Baiona, Ángel Rodal, e a concelleira de Igualdade, Mª Carmen Paredes, quen destacou a importancia destas iniciativas dirixidas aos adolescentes, xa que constitúen un colectivo especialmente vulnerable e que se expón con maior frecuencia a esa nova forma de malos tratos a través das redes sociais e as novas tecnoloxías. Todos eles interviñeron ante a atenta mirada do alumnado de 1º e 2º da ESO, participante nos talleres de sensibilización e Prevención en Violencia de Xénero que a Concellería a Concellería de Igualdade, a través do CIM (Centro de Información á Muller) e a de Educación veñen desenvolvendo conxuntamente nos centros educativos co fin de concienciar e informar nas aulas ás xeracións máis novas sobre a importancia da igualdade e a loita contra a violencia de xénero. A EXPOSICIÓN Once paneis, de 70 x 100 centímetros, mostran a través dunha selección de imaxes unha realidade social que só pode ser freada a través dun rexeitamento colectivo. “Todas as formas de violencia de xénero aliméntanse do mesmo substrato: dos estereotipos caducos e dos mitos enganosos que a xente maior cre erradicados e que, desgraciadamente, a poboación máis nova parece estar reproducindo de maneira preocupante”, resume a introdución desta exposición Nos carteis reflíctense formas de exercer a violencia que case sempre lle pasan desapercibidos a quen a sofre e, nalgunhas ocasións, tamén a quen a exerce por tratarse dun modelo normalizado pola cultura e a sociedade que cala con forza na adolescencia.

BAIONA RECIBE O GALARDÓN QUE O ACREDITA COMO UN DOS 100 DESTINOS TURÍSTICOS MÁIS SUSTENTABLES DO MUNDO A noticia coñeceuse o pasado mes de setembro cando a plataforma ambiental “Green Destinations” incluíu a Baiona entre os 100 destinos máis sustentables do mundo.Tras recoller este certificado durante a convención anual de Green Destinations que se celebrou en setembro na cidade portuguesa de Cascais, a Directora Xeral de Turismo, Nava Castro oficializou a entrega deste distintivo ao Concello de Baiona, nun acto que contou coa presenza do alcalde de Baiona, Ángel Rodal, do Delegado Territorial da Xunta, Ignacio López-Chaves.

16

cousas de val miñor


BAIONA

VIVE BAIONA!

cousas de val miñor

17


RUTAS

A SAÚDE DE PARADA DE MIÑOR: O ÚLTIMO SANTUARIO MARIANO DA IDADE MODERNA MIÑORANA O CULTO MARIANO EN GALICIA IGUALOU ESPAZOS URBANOS E RURAIS, UNIFICOUNOS NA DEVOCIÓN Á NAI DE XESÚS BAIXO AS SÚAS DISTINTAS ADVOCACIÓNS EN SANTUARIOS OU TEMPLOS PARROQUIAIS EN FORMA DE CONFRARÍA OU SIMPLE RETABLO NA HONRA DA NOSA SEÑORA DO ROSARIO.

E # Anxo Rodríguez Lemos. Historiador e doutorando na Universidade de Santiago de Compostela.

Aos veciños/as da parroquia e ao seu abade X.M. Lence García pola súa axuda.

Nosa Virxe da Saúde, ten un caravel no rostro, que llo deron os romeiros o día cinco de agosto. Ú ̈ nica porta romá ́nica conservada na igrexa 18

cousas de val miñor


RUTAS

A Virxe da Saúde baixo dosel. Ed. Fama. Colección de Anxo Rodríguez Lemos

Gravado da Virxe da Saúde venerada en Sevilla, 1815. Por José María Martín (1789-1853), sig. INVENT,30371. Biblioteca Nacional de España

Un exemplo. Baredo recoñece como patroa a Santa María, baixo o título da Cela, en recordo do lugar onde se venerou por vez primeira aquela imaxe aparecida nas pedras da Arquiña, ao pé da Cela Vella. Se en tempos do Cisma de Inglaterra unha imaxe co neno apareceu en terra, traída polo mar, con capela xa documentada en 15631 e confraría nos ano 90 dese mesmo século2, outra imaxe mariana chegaría polo bravío océano a Baiona en 1802 con destino a Nigrán. Sabémolo porque, unha advertencia ao inicio do Libro de Qventas de la Virgen de la Salvd3 de Santiago de Parada, indica como a Virxe “fue remitida desde la ciudad de Sevilla por devoción de Don Domingo Román, natural de esta feligresía de Santiago de Parada, cuya imagen ofreció remitir el año que subcedió la pestilencia en aquella ciudad y la de Cádiz, y fue conducida por mar hasta el puerto de la villa de Bayona”. Domingo Román reflexou deste xeito a súa devoción e mostra de agradecemento pola intercesión, pero tamén o desexo de perpetuar a súa memoria entre os paisanos de Parada. Unha mostra de gratitude, ao fin e ao cabo, cara o lugar onde nacera, como moitos outros americanos facían nos tempos modernos.

Virxe da Saúde venerada en Plasencia, por Casiano López Durango, 1700. Sig. INVENT-29976. Biblioteca Nacional de España

A Virxe embarcouse dende o peirao baionés, para seguir a súa travesía, polo río Miñor ata o punto da Ramallosa onde, descargada, foi acompañada por dous músicos e gran xentío ata o seu novo templo onde se instala o 19 de setembro de 1802, sendo cura vicario, Francisco Andrés de Barros, natural de San Salvador de Padróns (Ponteareas). A súa chegada levou á feitura dun anda, do camarín, encargado ao escultor de Parada Gregorio Estévez por 1000 reais ou a pintura de “tres quadros” e “dos tarxetas de tabla con la inscripción de los enfermos que sanaron” que axudaba na difusión do santuario chamado a ser, o último gran santuario mariano xurdido tardiamente na Idade Moderna miñorana. Pero a Virxe establecíase nunha igrexa de pouso románico, de nave única rectangular, cuberta de madeira a dobre vertente e ábsida semicircular baixo bóveda de cascarón e canón apuntado (Bango,2012:885). O aumento da devoción naquel antigo templo é patente na chegada de esmolas en millo, trigo, viño, touciño, mazás, liño, roupas, hábitos, xoias, animais ou cera “en forma de miembros”. En 1804 o primeiro abade D. Francisco Cristóbal Costas disporía suspender as colectas entre a parroquia “no sólo por no desfalcar sus vecinos, sino porque no mengue la con que deben contribuír para sostener dichas cofradías en que tienen mucho interés”. Tal esplendor lograra o novo culto que xa en 1807 aportara 300 reais entre os mozos da parroquia que foran combater ós franceses. García Oro, J & Portela Silva, M.J. (2003) Baiona de Miñor en sus documentos: actas municipales correspondientes al siglo XVI. Pontevedra: Deputación Provicinal de Pontevedra. Existiron obras en 1563 para as que se mandaron “veinte e dos moyos de teja quebrada e sana” procedentes da Casa de Çamudio situada no alto de Monte Real. 1

2

Arquivo Histórico Municipal de Baiona (AHMB), LEG.35-EXP.11. 159[?], xuño, 21. Baiona.

3

Arquivo parroquial de Santiago de Parada de Miñor. cousas de val miñor

19


RUTAS

Detalle dos capiteis

Detalle do capitel dereito e decoración con rosácea hexapétala de botón central

Canzorros de decoración zoomorfa

Nota de prensa de La Actualidad. Diario de Pontevedra, num.XVI, 7 de agosto de 1895.

4 Arquivo Histórico Diocesano de Tui (AHDT), Santiago de Parada, 1. Libro de fábrica (1831-1978), 10r-10v.

Arquivo Histórico Diocesano de Tui, Fondo: Santiago de Parada, Carp. Santuario de la Virgen de la Salud. Hasta 1900. 5

20

cousas de val miñor

De que en Parada había riquezas que demandar déronse conta tamén os amigos do alleo que non tardarían en saquear a igrexa en 1822 levándose máis de 1100 reais. En 1838, ante o medo polos furtos que houbo en Baiona e Mañufe, repartiríanse algunhas xoias entre particulares “de orde”: o comandante Francisco Fernández levou o pedestal e cruz parroquial, Benito Quirós o cáliz maior, Juan Manuel Figueiró a copa do viril e Benito Alborés “el cáliz que está imperfecto”4. Mentres tanto, cada primeiro domingo de agosto, os romeiros seguían enchendo o santuario e adro da Saúde como o facían o terceiro domingo na celebración das Angustias ou en setembro polo San Cosme de Baiona. Estas outras romarías permitiron ao longo de todo o século XIX, que os ingresos por esmolas se mantiveran estables pois, aínda que pareza difícil pola distancia que separa aos santuarios, na véspera e día das Angustias igual que en San Cosme, algúns romeiros no seu camiño desprazábanse ata Parada visitar á Nosa Señora da Saúde. E viñan igualmente abades de Tomiño, Tebra, Forcadela, Estás, Barrantes, Pazos de Reis, A Guía, val da Louriña ou Fragoso dos que se queixaba, ante o bispo en 1850, o clérigo Orosa de Camos porque, por camiños e carreiros, pedían aos romeiros “que ban de rodillas a complir sus ofertas” dicir misas5.


RUTAS

O santuario entre o viñedo dos Campos da Igrexa

Ao longo do século XX, os ingresos do santuario foron parar ao seu mantemento, reparación do adro ou casa de obra e funcións relixiosas. O esplendor destas últimas, a onde se destinaban boa parte dos ingresos, ía da man dunha maior atracción de fieis. Alumeado, globos, fogos chegados de Rebordáns (1928), do fogueteiro de Nigrán José Piñeiro (1926) ou dos porriñeses Francisco Sequeiros e Manuel Rodríguez. Baixo o repique das campás, tocaron os gaiteiros de Mañufe, Lavadores e incluso o de Camos, ao que se pagaría 130 pesetas “incluso el ruído” en 1909. O acompañamento das músicas de Baiona, Coruxo, Priegue ou Porriño non faltaron tampouco na parte da festa profana, só paralizada entre 1936 e 1938 debido a Guerra Civil española. A comida e durmida da Garda Civil, como encargada de velar pola paz e sosego das romarías, correu tamén a costa do santuario neste tempo. O libro de contas finalizado en setembro de 1960, sendo abade D. Jesús Montero Barrera, é a mostra palpable do devir do tempo nun santuario cheo de vitalidade e activo aínda nos nosos días.

Portada do século XIX PARA SABER MÁIS:

La Virgen de la Salud: 200 años en el Miñor. Santiago de Parada. Bango Torviso, I.G. & Valle Pérez, J.C. (coord.) (2012) Enciclopedia del románico en Galicia. Pontevedra. Vol. II. Fundación Santa María La Real, Centro de Estudios del Románico. Aguilar de Campoo. pp.885-891. cousas de val miñor

21


TURISMO

CAMIÑO PORTUGUÉS POLA COSTA O CAMIÑO PORTUGUÉS POLA COSTA É UN DOS MÁIS FERMOSOS GRAZAS ÁS PAISAXES DO TRAMO LITORAL QUE ATRAVESA. UNHA VEZ CRUZADA A DESEMBOCADURA DO RÍO MIÑO, PROCEDENTE DA LOCALIDADE PORTUGUESA DE CAMINHA, A RUTA XACOBEA TRANSCORRE EN PARALELO Á COSTA ATLÁNTICA POLA GUARDA, O ROSAL, OIA, BAIONA, NIGRÁN, VIGO E REDONDELA, ONDE ENLAZA CO CAMIÑO PORTUGUÉS POLO INTERIOR EN DIRECCIÓN A PONTEVEDRA E CALDAS DE REIS ATA CHEGAR A SANTIAGO.

O descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago, a principios do século IX, xerou o inicio das peregrinacións cara ao seu emprazamento en Compostela. Este feito foi decisivo para que desde diversos puntos de Europa creásese unha rede de itinerarios coñecida como o Camiño de Santiago ou Ruta Xacobea. A pesar de que a ruta máis concorrida é o Camiño francés, entre os camiños de peregrinación teñen especial importancia os camiños portugueses. Desde as terras máis occidentais, incluídos os peregrinos chegados aos portos portugueses desde ultramar, seguían a ruta cara a Compostela seguindo este camiño costeiro. Da súa importancia destacan os antigos hospitais e hospederías de Barcelos, Viana do Castelo ou Caminha, localidade desde a que cruzaban en Miño en barca ata a beira galega, na Guarda. O Camiño discorre ao longo do litoral, chegando ao pé dos cantís, polas inmediacións do faro de Cabo Silleiro, extremo sur da ría de Vigo e punto de entrada para os barcos. Uns quilómetros despois a ruta penétranos na Real Vila de Baiona, primeiro porto europeo en recibir a noticia do descubrimento de América tras a chegada da carabela A Pinta. Esta vila conserva o esplendor do seu pasado xa que o seu casco antigo foi declarado de interese histórico-artístico.

Entre os moitos elementos arquitectónicos de interese cos que o peregrino se atopará, ao seu paso por Baiona, destacamos o edificio que hoxe en día alberga a biblioteca municipal, construído no século XVII como hospital de caridade para atender a pobres e peregrinos, e o cruceiro da Santísima Trindade, singular exemplar con baldaquino, único en Galicia. A súa andaina por Baiona termina tras cruzar a ponte románico da Ramallosa, en Nigrán, construído na desembocadura do río Miñor no século XIII. No seu percorrido cara a Santiago, os peregrinos observarán a fouce do río, unha marisma de gran riqueza ecolóxica, así como mostras de arquitectura popular, pazos e cruceiros. 22

cousas de val miñor


TURISMO

UN PARQUE NACIONAL ÚNICO NO MUNDO NO ARQUIPÉLAGO DAS ILLAS CÍES, ONS, SÁLVORA E CORTEGADA SITÚASE UN DOS DOUS ÚNICOS DESTINOS STARLIGHT DE GALICIA, COMO EXCELENTE PUNTO DE OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA E AS SÚAS ILLAS TAMÉN DESTACAN COMO DESTINO PARA O AVISTAMENTO ORNITOLÓXICO

Falar do Parque Nacional das Illas Atlánticas é falar de natureza en estado puro. A súa riqueza, tanto no que se refire á súa fauna como á súa vexetación, xunto coa espectacularidade da súa paisaxe o converten nunha das xoias do patrimonio natural de Galicia. A candidatura Illas Cíes-Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia, impulsada polo Goberno galego, incluíuse xa na lista indicativa española dentro dos procedementos que forman parte do proceso de Declaración como Patrimonio Mundial. Un gran paso que pon en valor a singularidade deste arquipélago que é, ademais, un dos dous únicos destinos turísticos Starlight da Comunidade galega, polo seu gran interese como punto de observación astronómica. Xunto con Pena Trevinca, en Ourense, o Parque Nacional das Illas Atlánticas conta con este recoñecemento outorgado pola Fundación Starlight, entidade de ámbito internacional que creou este sistema de certificación apoiado pola UNESCO, a Organización Mundial do Turismo e a Unión Astronómica Internacional, mediante o que se acreditan aqueles espazos que posúen unha excelente calidade do ceo e representan un exemplo de protección e conservación. E o Parque Nacional das Illas Atlánticas é unha delas. Cortegada e Sálvora, na Ría de Arousa; Ons, fronte a ría de Pontevedra e Cíes, pechando a ría de Vigo son quen de incorporar a observación do firmamento como parte do seu patrimonio natural, paisaxístico, cultural ou científico e fomentan, á vez, o turismo de observación das estrelas, porque contan con espectaculares noites que permiten unha contemplación inmellorable do ceo estrelado galego. Por iso, como destino Starlight, o Parque acolle actividades nos seus Centros de Interpretación relacionadas coa observación e protección do ceo nocturno, con dúas estacións que miden o seu brillo, ademais de accións sobre o terreo nas illas.

Dúas das súas illas destacan especialmente pola súa riqueza para o turismo ornitolóxico, como é o caso das Illas Cíes e a de Ons, que contan con observatorios de aves e tamén existen roteiros específicos para divisar diferentes tipos de aves marítimas. Alí hai numerosas colonias, principalmente de gaivota de pata amarela e cormorán moñudo. E, no mar, tamén hai posibilidade de avistamento de cetáceos como o roncual común, durante o verán e, todo o ano, son importantes as comunidades de algas pardas. O resto de illas do arquipélago atesoura un importante patrimonio cultural. Sálvora, no extremo occidental da ría de Arousa, mantén vixente o seu pasado coa existencia de faros, fortalezas e edificacións de uso relixioso ou industrial. De feito, a fábrica de salazón converteuse en pazo con dúas torres e alí tamén atopamos unha fermosa aldea con hórreos e capela. E Cortegada destaca polo seu gran tesouro vexetal que representa o bosque de loureiros con exemplares de ata doce metros de altura. cousas de val miñor

23


GALICIA SOLIDARIA

Día Internacional da Saúde Mental 2017

AVELAÍÑA: 20 ANOS COIDANDO A NOSA SAÚDE MENTAL. EÁlvaro Peralta # Avelaiña A saúde mental é algo que todos desexamos ter. Non é doado atopar unha definición de consenso do que é o significa tal cousa. Por iso as persoas do común soen falar dos “normais” e colocar etiquetas para os outros e outras que segundo parámetros de dubidosa ciencia, non o serían. Unha lectura detida de Dark Butterfly (Rexina Vega, Xerais 2012) podería axudarnos a comprendernos máis neste punto. É fóra do universo literario e sobre todo para os miñoráns unha charla, inda que sexa unha vez na vida cos profesionais de Avelaíña, o primeiro paso para salvarnos de erros vitais. Moitos veciños da bisbarra e arredores teñen atopado nesta asociación sen ánimo de lucro un bálsamo para as súas vidas e a dos seres queridos. As veces aproveitando os seus servizos especializados para artellar unha vida saudable cando temos algún trastorno. Outras para simplemente preguntar, ou asesorarnos ante realidades propias ou próximas que non chegamos a comprender. Alí sempre hai unha voz amiga. Nesa casa que primeiro tivo sede en Gondomar e agora habita no edificio da Casa do Mar de Baiona, a porta sempre está aberta para conversar. Unha vista con historia Con motivo dos 20 anos de servizo no Val Miñor, o Baixo Miño e dende hai uns meses en Ponteareas e A Cañiza, visitamos Avelaíña e mantivemos unha longa conversa coa psicóloga María Cebral. Coa baía de Baiona de fondo e a luz que irradian ducias de fotografías de usuarios gozando das múltiples actividades desta asociación, intentamos pescudar o que fixeron e fan por nós nestes tempos. Das aulas especializadas, obradoiros e actividades dirixidas aos seus usuarios xa tíñamos dado conta en números anteriores da revista. Mesmo son ben coñecidos pola difusión que a súa labor ten noutros medios de comunicación. A sorpresa, boa e grata foi atoparnos con que Avelaíña tamén é unha casa aberta para toda a veciñanza. 24

cousas de val miñor


GALICIA SOLIDARIA

Saída didáctica polas Illas Cíes

Consultas orientativas para a veciñanza Coa súa experiencia nestas dúas décadas ten artellado un necesario e ben axeitado Servizo de Orientación Psicolóxico que pode solicitar calquera persoa. Unha especie de primeira asistencia ante a que podemos concorrer sen máis requisito que chamar por teléfono e concertar cita. Nela, persoal cualificado escoitará os nosos problemas, conflitos ou dúbidas e poderá asesorarnos ao respecto. A orientación non substitúe ás consultas médicas nin clínicas pero pode axudarnos a dirixir con acerto os pasos necesarios para a solución, tratamento ou simplemente as dúbidas que podamos ter sobre saúde mental. O servizo do orientación de Avelaíña non debería pasar inadvertido para nós. A vida emocional e afectiva sen dúbida afecta a totalidade das nosas vidas. Non é por tanto estraño que un baixón anímico ou na nosa autoestíma reflicten negativamente nas relacións persoais ou laborais que desenvolvemos decote. A maiores temos intres onde podemos darnos conta ou poden facernos ver que hai algo “distinto” nas nosas condutas e non somos quen pola nosa conta de atopar explicacións. A vontade de apoio psicolóxico e de asesoramento está dispoñible sempre en Avelaíña, sinala María Cebral. Insiste na importancia de ver nesta asociación non só un servizo para usuarios con algún trastorno diagnosticado, senón tamén como unha primeira consulta para calquera tipo de problemas psicolóxicos persoais. Saída recreativa por Baiona

Achegas solidarias A actividade solidaria de Avelaíña tamén pode ser apoiada por todas as persoas que desexen aportar unha achega anual de 12 euros. Pois a pesar da súa invalorable achega á bisbarra e miúda a atención que recibe das administracións locais e nula por parte da Mancomunidade. Será que todos somos “normais”?

cousas de val miñor

25


OCIO - CINE O NOSO CINEMA ESQUECE MONELOS Documental / 76 minutos / 2016 Directora: Ángeles Huerta Hai máis neuronas no cerebro humano ca partículas no universo. Pero se as puxésemos unha trala outra, se intentásemos ordenalas dende o noso nacemento ata o día de hoxe, o único que veriamos sería un pequeno río insignificante e ao mesmo tempo infinito. Baixo as rúas da Coruña hai un río que moitos non recordan, pero que de cando en vez se desborda reclamando o que unha vez foi a súa conca. TORRE DE BREOGHÁN Animación, musical / 75 min/ 2016 Director: Jorge Coira Inspirada na historia épica relatada no libro Leabhar Ghabhala Eireann, un documento recollido da tradición oral irlandesa no século XI e no que se relata que Ith, fillo do caudillo Breoghán e líder milesio, partiu cara á illa de Irlanda tras divisala desde o alto da torre que levaba o nome do seu pai, a Thor Breoghán, situada na cidade de Brigantia, actual A Coruña, a banda folk Luar na Lubre conseguiu seducir a Orquesta Sinfónica de Galicia para montar un innovador espectáculo audiovisual no que a música, como linguaxe universal, relate esta historia. Estudosos do tema afirmaban que a torre era a Torre de Hércules. Xenetistas de Oxford confirmaron que o ADN maioritario dos ingleses procede de tribos navegantes do NO da Península Ibérica, o que ofrece verosimilitude científica ao mito de Breoghán.

PELERINAXES Ficción-doc / 74 minutos / 2016 Director: Simone Saibene Luzía, unha investigadora licenciada en audiovisual, percorre as oito etapas do Camiño entre Ourense e Santo Andrés de Teixido para acabar un proxecto audiovisual iniciado na universidade sobre o libro de Otero Pedrayo xunto cun compañeiro, morto nun accidente. A obra de Otero Pedrayo narra o camiño que realizou xunto a Vicente Risco e Ben-Cho-Shey, desde Ourense a Santo Andrés de Teixido, en 1927. 26

cousas de val miñor

OS DÍAS AFOGADOS Documental / 86 minutos / 2015 Directores: César Souto, Luis Avilés Despois de 20 anos sepultada baixo as augas do encoro de Lindoso (Portugal), a aldea de Aceredo (Lobios, Ourense) quedaba ao descuberto a finais de 2012 debido a baixada inesperada do nivel da presa. Do fondo do encoro emerxían as ruínas do que foi, en tempos, un dos lugares con máis vida de toda a Baixa Limia, unha ocasión que aproveitaron os antigos veciños de Aceredo para reencontrarse coa aldea da que foron expulsados. MANUEL VILARIÑO. SER LUZ Documental / 70 minutos / 2016 Director: José Manuel Mouriño Aproximación en imaxe á obra do fotógrafo galego Manuel Vilariño (Premio Nacional de fotografía en 2008). Tectónica, a exposición de Manuel Vilariño que o CGAC acolleu en 2015, indagaba no “universo creativo e poético” do artista, os materiais e as súas fontes de inspiración. Esa exposición é agora o punto de partida de Ser luz, un documental ensaístico que, en certo xeito, a prolonga, propóndonos sutís relacións entre o traballo do fotógrafo e os dun ferreiro, un fareiro, un astrónomo ou un proxeccionista cinematográfico. O final do camiño non podía ser outro que José Ángel Valente, o poeta que, canda María Zambrano, máis pegada deixou na obra de Vilariño. Milagrosamente, ese traballo coa luz ou coas palabras adquire vida propia nas mans de José Manuel Mouriño; e tamén unha singular beleza. PSICONAUTAS, OS NENOS ESQUECIDOS Animación / 76 minutos / 2015 Directores: Alberto Vázquez, Pedro Rivero Adaptación cinematográfica animada da novela gráfica homónima de Alberto Vázquez. Birdboy e Dinki son dous amigos que decidiron fuxir dunha illa asolada por unha catástrofe ecolóxica. Birdboy illándose do mundo; Dinki, emprendendo unha arriscada viaxe coa esperanza de que Birdboy a acompañe.


OCIO - LITERATURA DIEZ DIAS QUE SACUDIERON EL MUNDO John Reed Editorial Nórdica & Editorial Capitán Swing John Reed foi testemuña da Revolución de Outubro, vivíu os acontecementos que cambiaron a historia do século XX. Esta é a crónica diaria e exhaustiva do proceso revolucionario que supón un excepcional relato do fervedoiro político que se vivíu en Rusia en 1917. Reed, que anos atrás acompañou a Pancho Villa durante a Revolución mexicana como correspondente e viaxou ao longo de toda a fronte oriental durante a Primeira Guerra Mundial, ofrece aquí un apaixonado relato dos acontecementos vividos en Petrogrado mentres Lenin e os bolxeviques facíanse co poder.

ATLAS DE LAS CONSTELACIONES LAS HISTORIAS QUE NOS CUENTAN LAS ESTRELLAS Hannah Waldron & Susanna Hislop Editorial Errata Naturae É de noite e sobre a túa cabeza hai un lenzo escuro, repleto de diminutos puntos brancos. Se miras ben, podes unilos na túa mente, e se o fas correctamente, conseguirás que se poña en movemento un fantástico entroido de criaturas familiares ou salvaxes, míticas e divinas. As súas historias, reverberan aínda nas nosas vidas e nos nosos soños, ata aquelas que pensas que non coñeces ou que nunca escoitaches. A escritora Susanna Hislop e a ilustradora Hannah Waldron guíannos polos séculos e as culturas para contarnos todas esas historias.

CHAGALL SUEÑA LA BIBLIA Sylvie Forestier, Nathalie Hazan-Brunet y Evgenia Kuzmina Editorial El Zorro Rojo Marc Chagall foi un dos pintores fundamentais do século XX. Foi tamén un xudeu errante. Sorteando a fame, o frío, as guerras, os pogromos, en 1923, no medio dun clima que anticipaba o horror da Segunda Guerra Mundial, logrou trasladarse desde a súa Rusia natal a París. Alí, iniciou en 1931 o monumental traballo de ilustrar as pasaxes do Antigo Testamento da Biblia. Este traballo -inédito en castelán ata a data- conta con vintedous bocetos previos, preparatorios, e os gouaches definitivos desta grandiosa obra, que é unha maxistral mostra artística do dominio da cor e, así mesmo, a forma en que Chagall se reconectou, desde o exilio, coas marcas históricas, artísticas e culturais da súa terra. O HIBISCO PÚRPURA Adichie, Chimamanda Ngozi Editorial Rinoceronte A moza Kambili, de quince anos, e o seu irmán maior, Jaja, levan unha vida privilexiada na cidade nixeriana de Enugu. Viven nunha fermosa casa e asisten a un elitista colexio relixioso, pero a súa vida familiar non é harmoniosa. O seu pai, un poderoso e respectado home de negocios, é un fanático católico que alenta expectativas de agarimo imposibles de cumprir. Cando os rapaces visitan durante uns días a cariñosa e atrevida tía Ifeoma no seu humilde piso, descobren un mundo totalmente novo: as continuas risas dos seus curmáns, as flores exuberantes, o respecto polas ideas, a liberdade, o amor e a ausencia de castigos.

ANTOLOXÍA DA POESÍA GALEGA PRÓXIMA (EDICIÓN BILINGÜE) María Xesús Nogueira Ed. Chan da Pólvora & Editorial Papelesminimos Son 13 poetas que rondan a trintena e que publicaron o seu primeiro libro despois do 2005, ano no que as eleccións autonómicas abriron en Galicia un período histórico de novas circunstancias políticas e sociais. Os 13 poetas seleccionados por María Xesús Nogueira permítenlle ás lectoras e aos lectores descubrir unha paisaxe até agora nunca abordada: a que emerxeu dunha longa transición democrática e das tensións estéticas provocadas pola crise económica. Un proxecto de colaboración editorial que traslada a dous idiomas un fenómeno poético en plena ebulición creativa con propostas sorprendentes pola súa calidade e audacia.


EMPRESA

A XUNTA INICIARÁ O VINDEIRO ANO AS OBRAS DE MELLORA DE SEGURIDADE VIARIA NA ESTRADA PO-331, NA CONTORNA DO POLÍGONO DA PASAXE, EN GONDOMAR, CUN INVESTIMENTO DE CASE 500.000 EUROS

Francisco Menéndez explica que se reordenarán varias interseccións nesta estrada para mellorar a fluidez do tráfico e reforzar a seguridade nesta área na que se atopan os accesos ao parque empresarial e á autoestrada AG-57

28

cousas de val miñor

O director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, presentoulles aos representantes da asociación de empresarios da Pasaxe o proxecto de mellora de seguridade viaria na estrada PO-331, na zona do polígono de Vincios, en Gondomar, cuxas obras se iniciarán en 2018, cun investimento de case 500.000 euros. Menéndez explicou que este proxecto está enmarcado no Plan de eliminación de tramos de concentración de accidentes nas estradas autonómicas da área de Vigo, que contempla un orzamento de 5,5 millóns de euros para suprimir 18 puntos negros en 6 vías nesta lexislatura. No que se refire á intervención na estrada PO-331, en Gondomar, no acceso ao polígono da Pasaxe, reordenaranse varias interseccións para mellorar a fluidez do tráfico e reforzar a seguridade nesta área na que tamén se atopa o acceso á autoestrada AG-57. O director da AXI indicou que a Xunta someterá este proxecto ao proceso de información pública a finais deste mes ou principios do próximo co fin de licitar as actuacións no vindeiro ano e poder comezar os traballos. Francisco Menéndez explicoulles hoxe aos empresarios as características da proposta para este treito co obxectivo de que cando se inicie a información pública poidan formular as alegacións correspondentes que o Goberno galego estudará para introducir posteriormente as melloras necesarias. O responsable da Axencia Galega de Infraestruturas avanzou que o Executivo autonómico continuará presentando nas próximas semanas os proxectos restantes para suprimir os tramos de concentración de accidentes nesta área de Vigo e noutras da comunidade. O Goberno galego continúa traballando no seu firme compromiso coa seguridade viaria e avanzando un novo paso na consecución dos obxectivos marcados no Plan de seguridade viaria 2016-2020: a redución nun 50% das vítimas mortais nas estradas galegas con respecto ás do ano 2011. Así, cumpriríase coa resolución aprobada unanimemente polo Parlamento galego o 4 de outubro de 2017, no marco do debate do Estado de Autonomía.



DEPORTES

UNHA ESCOLA ANIÑA NAS ONDAS DE PATOS DE PATOS A CANAS AS ONDAS E AS MAREAS CONFORMAN UN ESCENARIO EXCELENTE PARA A PRÁCTICA DO SURF. ESA É A RAZÓN POLA CAL UN GRUPO DE MOZAS E MOZOS DECIDIRON A FINAIS DOS OITENTA ORGANIZAR DALGÚN XEITO ÁS DUCIAS DE DEPORTISTAS NÁUTICOS QUE ÍAN A ESES AREAIS MIÑORÁNS. O PRIMEIRO OBXECTIVO FOI CONSEGUIR UN FOCO DE LUZ PARA PODER SURFEAR POLA NOITE. LOGO PULARON POR ORGANIZAR UN CIRCUÍTO GALEGO E A MAIORES UNHA FEDERACIÓN. DESAS INQUEDANZAS NACEU PATOS SURF CLUB, UNHA ASOCIACIÓN QUE AGORA REÚNE A MÁIS DE 200 SOCIOS E SOSTÉN UNHA DAS MAIORES ESCOLAS GALEGAS NESTE DEPORTE.

EÁlvaro Peralta # Patos Surf Ondas perfectas para se iniciar. Diego Armada é o actual director desta escola na que cen persoas de todas as idades fan os primeiros esvareos. Escorregan todo o ano porque o abrigo das Illas Cíes dá estabilidade e protección evitando a violencia do mar doutros areais atlánticos. Explica que neste lugar de Nigrán as ondas sempre se moven nun nivel medio: da altura dos xeonllos até uns tres metros. Quen queira iniciarse nesta habilidade deportiva o primeiro que terá que aprender é a flotar con seguridade e un feixe de técnicas. Logo virá paseniño unha vida de contacto co mar. Unha iniciación que os surfeiros nunca dan por rematada. Vivir o mar, sentilo, coñecelo. Tarefa non exenta de filosofía, pois no Patos Surf Club, non entenden esa relación de convivencia sen o respecto polo medioambiente e a ecoloxía. Nadal surfeiro No Nadal, decenas de Papás Noeles poderán ser vistos nunha marea vermella en Patos. É un evento anual pioneiro en España. Son socios e amigos do club miñorán que fan esta especial quedada surfeira que remata cunha festa logo da sesión, con chocolate quente e doces típicos destas datas. E cando sexan tempos de Entroido, virá o Carnaval Surferio. O peculiar desta sesión é que os participantes teñen que ir ao auga disfrazados e intentar surfear cos disfraces durante o maior tempo posible. Todas estas actividades son de balde co único requisito de estar federado para participar nelas. 30 cousas de val miñor


DEPORTES Mais sen dúbida uns dos espectáculos estrela do club é a exhibición de surf nocturno que ten lugar cada verán en Patos. Con enxeño e orixinalidade as táboas e traxes de neopreno se enchen de luces LEDS que iluminan as vagas do mar. A actividade congrega a milleiros de veciños e turistas que gozan dunha velada diferente na tempada estival. O evento comeza a partir das 22:00 e finaliza ao redor da 1:00 da mañá. O evento ten lugar na praia diante da escola. Ao mesmo tempo no areal ten luar actividades lúdicas e un grupo de Djs poñen música á noite.

É tarde de inverno. A maioría das urbanizacións de Patos pechadas a cal e canto. O Paseo da Areosa está en silencio, tamén a Praza Mario Puentes e o Camiño do Rego do Forno. Só as ondas levan música ao areal. Vagas cristalinas e de branca espuma. Nelas, esvarando polas paredes os traxes de neopreno debuxan infinitas reviravoltas. Son mulleres e homes do mar cunha táboa nos pés e o seu corpo danzando. Competencias As competicións nos torneos federados galegos, estatais e internacionais tamén forman parte da vida do club, sinala Diego Armada. No mes de outubro Patos acolle o campionato local que congrega a deportistas de toda a provincia de Pontevedra. Nun fin de semana os surfieiros da zona e alumnos doutras escolas de surf demostran a súa evolución e melloran as súas habilidades. No verán, ten lugar o Campionato Promesas do Surf, interescolas. Tamén as ondas de Patos acollen o circuíto galego que clasifica para o Open de Surf autonómico. Actividades solidarias cos máis desfavorecidos así como iniciativas ecolóxicas complementan os programas do Patos Surf Club. Eventos que ademais de cumprir unha función necesaria para a sociedade, forman parte da cultura surf, segundo dá conta Diego Armada.

cousas de val miñor 31


AXENDA BAIONA

PROGRAMACIÓN CULTURAL AGENDA CANGAS Venres, 19 de novembro 21:00hs. IN THE LOOP. Proxección cinematográfica en V.O.S.E. Organiza: Cine Club Cangas Venres, 26 e Sábado, 27 de novembro 21:00hs. TEATRO DO MORCEGO. Presenta: OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE Entrada: 5€ Domingo, 28 de novembro 19:00hs. FESTIVAL SOLIDARIO A FAVOR ADICAM

PONTEVEDRA Venres, 3 de decembro 21:00hs.

Mércores, 29 de decembro Musical GREASE Tour´- BRILLANTINA Entrada.- Butaca: 23€ Anfiteatro: 21€ Xoves, 30 de decembro 19:00hs. TEATRO DO MORCEGO. Presenta: SALTIMBANQUIS Público infantil e familiar Entradas.- adultos: 5€ nenas e nenos: 3€

CINE

CICLO: NUEVO CINE ITALIANO ORQUESTRA DE SAXOS DO CONSERVATORIO EXPOSICIÓN CASTILLO. A VISIÓN DUNHA OBRA Do 21 de setembro ao 30 de novembro DE REDONDELA Fundacion Caixa Galicia –Pontevedra Concerto benéfico a favor da Asc. Santiago Apostol e a MUSEO DE PONTEVEDRA Fundación San Vicente de Paul DEexposicións CINE DOCUMENTAL Ata o 28 de xaneiroI MOSTRA as salas de temporais do Sexto Edificio Entradas.- adultos: 5€ nenas e nenos: 3€ ALTERNATIVO DOCUTOPÍA acollen a mostra Castillo. A visión dunha obra, que recolle obra do artista Do 2 de novembro ao 4 de decembro pontevedrés Jorge Castillo. Venres, 10 de decembro 21:00hs. Espazo cultural Negra Sombra Blues,Castillo, no Café Uf (Pracer, TULPAN. Proxección cinematográfica en V.O.S.E. Esta mostra que nos remite ao universo de Jorge ofrece unha 19) Vigo Organiza: Cine Club Cangas panorámica da súa produción pictórica e dibuxística e supón unha chamada de atención sobre a súa intensa vida creativa. XXIV FESTIVAL CINEROUPA Sábado, 11 de decembro 18:00hs. A través deste percorrido expositivo pódese ver unha coidada selección de Ampla programación de máis dde 130 películas: estreas FESTIVAL BENEFICO A FAVOR DE “CARITAS 87 obras, na súa maioría pinturas, aínda que tamén hai debuxos, referidas recén saidas dos mellores festivais e de filmes galarCANGAS” ás diferentes etapas de Castillo, desde 1952 ata 2017. Hai que resaltar a doados en 2010 inmensa produción do artista en canto a número de obras, variada nas Do 10 de novembro ao 3 de decembro Venres, 17 de decembro 20:00hs. diversas técnicas empregadas (pintura, debuxo, gravado, ilustración, Santiago de Compostela CONCERTO DE NADAL DO CONSERVATORIO escenografía e cine) e toda difícil de abordar, feito que dará lugar a PROFESIONAL E DA ESCOLA DE MÚSICA reflexións renovadas. CONCERTOS MUNICIPAL DE CANGAS Entrada de balde A exposición no Museo é de acceso libre no horario habitual THE ZOMBIES Sábado, 18 de decembro 19:00hs. 11 de novembro 22:00 horas Musical EL LIBRO DE LA SELVA Sala Mondo -Vigo Público infantil e familiar Entrada: 15€ ISMAEL SERRANO 11 de noviembre 20:30 horas. Domingo, 19 de decembro 20:00hs. Centro Cultural Caixanova- Vigo CONCERTO DE PANXOLIÑAS DE NADAL Coa participación de agrupacións de música vocal de THE WAVE PICTURES Cangas e a Banda de Música Bellas Artes 12 de novembro Entrada de balde Sala Mondo-Vigo Domingo, 26 de decembro 20:00hs. CORO YOUSEI (Xapón) Formación coral de voces femininas xaponesas de recoñecido prestixio internacional, de xira por Europa. Entrada.- Butaca: 20€ Anfiteatro: 17€

32

cousas de val miñor

THE STRANGE BOYS 13 de novembro La Iguana Club – Vigo

ABA TAANO 14 de novembro 20:30 horas Centro Cultural Caixanova- Vigo


AXENDA NIGRÁN

VIGO PROGRAMACIÓN CULTURAL

DESBUNDIXIE 14 de novembro Aala Aturuxo- Bueu

FITO Y FITIPALDIS 19 de novembro 21:30 horas Multiusos Fontes de Sar- Santiago de Compostela

MIGUEL RÍOS GIRA “BYE BYE RIOS ROCK HASTA EL FINAL” 20 de novembro Coliseum- A Coruña FUEL FANDANGO 26 de novembro 22:30 horas Entrada 6 euros Sala Aturuxo- Bueu

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 1 de decembro Auditorio Caixanova -Pontevedra

EXPOSICIÓNS OS MUNDOS DE GONZALO TORRENTE BALLESTER Ata o 14 de novembro Museo de Pontevedra - Pontevedra

grafías. As imágenes captadas falan da vida rural, a emigración, a presencia da morte, a incorporación da electricidade ou a presencia do teléfono na vida diaria. NOSOTROS TAMBIÉN FUIMOS EMIGRANTES Ata o 26 de novembro Sede Náutica Caixa Galicia - Sanxenxo

As imaxes que recolle esta exposición, obtidas da fototeca da Axencia EFE intentan reconstruir os movementos migratorios que se produciron no noso país ao concluir a guerra civil. As emigracións forzadas da fame ou do exilio levarían a un bo número de españois a refuxiarse en países europeos e americanos. EXPOSICIÓN “VIGO, A COR E A PALABRA” Ata o 28 de novembro Centro Cultural Caixanova- Vigo

Artistas vigueses aportarán obras para conmemorar o Bicentenario da Cidade. A oferta expositiva complétsea cunha nova edición da Wildlife Photographer of the Year 2010, e a coprodución, co Museo do Mar, de Fillos do océano, d fotógrafo vigués Javier Teniente.

Cultura programa tres ciclos de cine Miradas. Realidades, expresiones, tramas. Arte en arredor do medievo para lle achegar ao Galicia desde 1975 Ata o 16 de xaneiro de 2011de Martín Códax público o tempo Fundación Caixa Galicia - Pontevedra

O proxecto expositivo e editorial «Miradas», é unha iniciatiVindeCine. O tempo de Martín Códax a través do é colección o títulobaixo da anova actividade va queaudiovisual’ sitúa as obras da perspectiva partiorganizada polatoman Consellería cular dos comisarios que parte nestade serieCultura de catro e Educación co gallo da exposición do Pergamiño mostras. Fernando Castro, Alfonso de la Torre, Fernando Vindel no Museo do Mar de Galicia Huici e Iria Candela presentan unha coidada selección dos proxectarán un total de 21 filmes fondosOs da ciclos Colección Caixa Galicia, centrándose cada desde un en o vindeiro mes de decembro ata marzo de 2018 núcleos temáticos diversos pero complementarios.

A Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais e a Fundación Gonzalo Torrente Ballester lembran ao autor de “Los gozos y las sombras” no centenario do seu nacemento coa exposición “Os mundos de Gonzalo Torrente Ballester”, que percorre a traxectoria vital e literaria do escritor a través de máis de 150 piezas (moitas delas inéditas) entre manuscritos, libros, artigos de prensa, cartas, fotografías, carteis, dibuxos e diversos documentos e obxectos personais que nos achegan a súa iconografía persoal. A mostra que está comisariada por Carmen Becerra e Miguel Fernández-Cid, complétase co documental GTBxGTB.

Visitas para grupos, concertar no teléfono 982 289 096. Visitas para público xeral, mércores ás 19.30 h.

PANO DE FONDO Ata o 15 de novembro Centro Social Caixanova - Pontevedra

Horario de apertura ao público: De luns a sábado, 12-14 h e 18-21 h. Domingos e festivos, 12-14 h.

Exposición que aborda o retrato realizado nos estudos galegos, centrándose dun xeito especial na primeira mitade do século XX, periodo de extraordinaria riqueza neste aspecto. A base da mostra son os fondos que os fotógrafos colocaban tras os retratados no afán de idealizar que lle era propio á pintura da época. Desde humildes colchas a “panos” máis elaborados con paisaxes ou interiores de pazos, a exposición nos permite advertir a importancia deste elemento nas foto-

cousas de val miñor

33


QUEN É QUEN NO RUEIRO

Rúas de... Gondomar

Rogelio de la Granja A Avenida Rogelio de la Granja nace no histórico Cruceiro de Mañufe en dirección á ponte románica que daba o antigo nome a esta rúa do barrio de Moreira ( “Ponte”). Trátase dunha homenaxe póstuma a quen fora mestre da parroquia, concelleiro de Gondomar e corresponsal do xornal vigués El Pueblo Gallego, fundado por Manuel Portela Valladares en 1924. Don Rogelio de la Granja foi nomeado mestre da entón escola elemental mixta de fundación da parroquia de Mañufe no ano 1905, segundo publicaba La Correspondencia Gallega, diario de Pontevedra o día 6 de outubro do mesmo año. Cargo que exercería a carón da súa dona Eva Macelar en carácter de “en propiedad de dicha escuela pública”. Función para a que contaba cuña dotación de 625 pesetas anuais “y demás emolumentos”, segundo a mesma fonte. Pola súa actividade docente recibiu o galardón de Mestres Premiados do Partido Xudicial de Vigo, no ano 1908 a proposta do concello de Gondomar. No seu carácter de concelleiro de Gondomar por Mañufe, Rogelio de la Granja pulou polo melloramento do abastecemento de alimentos na praza local. “En esta sesión, verdaderamente histórica, fue presentada una moción por el concejal don Rogelio de la Granja solicitando de sus compañeros de Consejo el apoyo necesario para acometer de una vez, la construcción de una Plaza de Abastos para Gondomar. Todos los ediles se solidarizaron en el hermoso proyecto del concejal Sr. Granja.” (El Correo Gallego, 18/12/1912). No ano 1929, o mestre renunciaba a súa actividade política como edil no concello de Gondomar. En febreiro de 1938 Rogelio de la Granja foi suspendido de emprego e soldo por dous meses pola “Comisión de Cultura y Enseñanza” da “Junta Técnica del Estado” que comunicou á “Comisión Depuradora del Magisterio” de Pontevedra. Posteriormente trasladado a San Miguel de Tabagón en marzo. Mais ao mes seguinte fora restituído a Mañufe a petición do Concello de Gondomar. Dous episodios lutuosos tiveron ao mestre como protagonista na vida desta parroquia. O primeiro a comezos de 1927, cando de la Granja descubre o cadáver do labrego Sebastián Vázquez Alonso, asasinado e degolado nunha finca situada fronte ao campo de festas de San Vicente de Mañufe. A segunda en outubro de 1936. Na súa calidade de presidente do cemiterio da parroquia debeu soterrar a seis persoas executadas na parroquia de Vincios. Os mesmos foran trasladados nun carro de bois por Manuel Alonso Prado, tras orden da Garda Civil até dito camposanto, segundo crónica do historiador Carlos Méixome. 34

cousas de val miñor




Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.