COUSAS DE Val Miñor Nº20

Page 1

Revista de Baiona, Gondomar e Nigrán Distribución gratuita Ano VI / nº20 verán 2018

RÍAS BAIXAS | 4

RUTAS | 22

GALICIA SOLIDARIA | 28

DEPORTES | 30

PARAÍSO LITERARIO

PERSOEIROS NO PAZO DA ESCOLA

BAISENPULGAS

C. BALONCESTO BAIONA



Foto portada: Porto de Panxón. Nigrán, patrimonio marítimo, medio ambiental e cultural

ÍNDICE

EDITORIAL

4

RÍAS BAIXAS

6

PÁXINA SEIS

8

NOVAS

22 PERSOEIROS NO

O pasado 11 de xaneiro entrou en vigor a lei encargada da protección e benestar dos animais de compañía en Galicia, unha normativa que entre as súas principais novidades poñerá fin á exhibición de animais en escaparates, a venda ambulante destes e todo tipo de malos tratos coa aplicación de importantes sancións económicas En España a historia dos malos tratos repítese con diferentes nomes e razas, pero felizmente, con factores en común: cans rescatados, que actualmente teñen unha vida feliz cunha familia , pero que no seu momento sufriron un calvario. Algúns deles aínda se asustan ou se ouriñan ante a visión de paus ou cintos, o que deixa claro que non esquecen o pesadelo vivido. Quero ter un can. Mellor adoptar que comprar Desde moi pequenos –a través dos escaparates, rejillas e mesmo currais– fomos cativados por enormes ollos cristalinos, cheos de amor, pero máis que todo con desexos de ser amados. É natural para o ser humano sentir empatía por outro ser vivo. O adoptar un can no canto de compralo, non pasaba pola nosa mente, xa que posiblemente nese momento non estamos a pensar máis que en satisfacer un capricho noso, puntual, cal se fose un xoguete que cando me canse del, pódoo tirar ou arrinconar sen máis problema Adoptar salva vidas e un lugar onde podes facelo é en asociacións-refuxio como BaiSenPulgas as cales fan un labor inestimable e imprescindible ofrecendo calidez, benestar e afecto a cans abandonados. Adoptar contribúe a salvagardar moitas desas vidas que se perden, non só nas rúas do mundo, senón tamén por culpa dos malos tratos a estes animais. Os albergues/refuxio velan pola súa saúde e bríndanlles un sitio seguro e adecuado para as súas necesidades, que tentarán manter mesmo tras a adopción. E unha boa noticia, se se elevan as taxas de adopción, progresivamente a demanda dos criadeiros diminuirá, o que obrigará a pechar as portas daqueles que tratan animais como mercadoría. Amor e coidados é todo o que piden estes amigos a cambio do seu agarimo incondicional, por iso é polo que adoptalos sen un maior interese que darlles afecto é unha boa forma de demostrar o teu agarimo por eles.

PAZO DA ESCOLA 26 OCIO 28 BAISENPULGAS 30 CLUB BALONCESTO BAIONA 32 AXENDA 34 QUEN É QUEN NO RUEIRO: RÚA DE TOMAS MIRAMBELL

Ano VI / Nº 20 verán 2018 Revista de información local de Baiona, Nigrán e Gondomar. Edición especial: Tirada 6000 exemplares Xestión Publicidade: 626 993 480 Edición, redacción e distribución: EDICIONES BASAN, S.L. C/ López de Neira, nº 3, 3º. 36202 Vigo Deseño e maquetación: CREACIÓN ANIMAL Colaboración na redacción: Anxo Rodríguez Lemos Álvaro Peralta Pablo Fernández Estévez Fotografia: Arquivo Ediciones Basan, prensa Concellos Baiona, e Nigrán, Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia. www.cousasde.com cousasde@edicionesbasan.com facebook.com/cousasdevalminor Depósito Legal: C 3539-2010 A empresa resérvase todos os dereitos da publicación, sen que poida reproducirse total ou parcialmente o seu contido, sen o consentimento previo dos editores. cousas de val miñor

3


RÍAS BAIXAS

AS RÍAS BAIXAS, PARAÍSO LITERARIO AS RÍAS BAIXAS ACHEGARON AO LONGO DA HISTORIA GRANDES FIGURAS Á LITERATURA, E SERVEN COMO FONTE DE INSPIRACIÓN PARA ESCRITORAS E ESCRITORES NADOS NOUTROS LUGARES PERO VINCULADOS DALGÚN MODO Á PROVINCIA DE PONTEVEDRA. NON PODEDES IMAXINAR NADA MÁIS ADMIRABLE QUE ESTA BAÍA DE VIGO, LAGO INMENSO RODEADO DE MONTAÑAS, REFLECTIU NUNHA CARTA A UN AMIGO JULES VERNES EN 1878, DURANTE A PRIMEIRA DAS SÚAS DÚAS VISITAS Á CIDADE OLÍVICA, OITO ANOS DESPOIS DE QUE O CAPITÁN NEMO ENTRASE NA RÍA CO NAUTILUS PARA LLE MOSTRAR AO PROFESOR ARONNAX OS TESOUROS DE RANDE NA OBRA 20.000 LEGUAS DE VIAJE SUBMARINO

Jules Verne, gran creador de mundos fantásticos, non podía imaxinar "nada máis admirable que esta baía de Vigo, lago inmenso rodeado de montañas" Verne imbuíuse da maxia das Rías Baixas. Lía a prensa no Café Suízo de Vigo, asistiu á procesión do Cristo da Vitoria e navegou ata o escenario da batalla de Rande. E non foi o único literato universal a quen namoraron estas terras. Monumento de Julio Verne en Vigo Praia America

Julio Cortázar visitou Galicia tamén en dúas ocasións Cortázar, que se daba "baños coma Poseidón" e reflectiu en papel fermosas palabras sobre a súa en Nigrán, soñaba con instalarse coa súa espopaisaxe, a súa cultura e o seu modo de sa, pescar e dar paseos nas Rías Baixas vida. Prometinme, se algunha vez teño unha Deux chevaux, levar a Aurora a Galicia, instalar cuarteis de primavera en Redondela, e dedicarme aos paseos, á pesca e a herborizar coma Rousseau", evocaba o autor de Rayuela nunha misiva escrita ao seu amigo e pintor Eduardo Jonquiéres. Por certo, unha década despois desa visita a planta de PSA-Vigo empezaría a fabricar o Citroën Deux chevaux, co que Cortázar evocaba levar a súa esposa Aurora Bernárdez. Cortázar eloxiou os "viñedos infinitos" das Rías Baixas, "coas cepas apontoadas por sosténs de granitos, coma pequenos dolmens que brillan no verde". Ao seu regreso en tren cara a León quedou impresionado co río Miño. Pegado aos portelos non podía crer que iso fose verdade. Comprendín de golpe toda a poesía galaico portuguesa, recolle unha das súas cartas. Nunha segunda estancia aloxouse en Nigrán, e deuse "baños coma Poseidón" en Praia América, ademais de divertirse observando hórreos, piñeirais e cruceiros. Emilia Pardo Bazán tamén estableceu un gran vínculo coas Rías Baixas, especialmente co balneario de Mondariz. Alí escribiu obras, participou en publicacións do recinto termal e deixou recollido no seu Álbum de Honra: Quen é capaz de saber cantas bágoas petrificadas, cantos pensamentos enquistados, cantas noites de insomnio e cantas horas de lectura disolve a acción destas augas nas vísceras da xente activa e loitadora que acode a bebelas?". Dona Emilia viviría entre as paredes do balneario algúns episodios do seu romance por outro grande escritor da literatura española, Benito Pérez Galdós. E o seu ligazón coas Rías Baixas esténdese a outros lugares. Na Casa de Quiroga (lugar de Quintela, Catasós, comarca de Deza) escribiu a Condesa de Pardo Bazán capítulos da súa soada obra Os Pazos de Ulloa, e hai nas súas creacións literarias abundantes referencias ao Deza, como ocorre en Propatria (1913), na que fala sobre o pazo de Liñares. 4

cousas de val miñor


RÍAS BAIXAS Outra gran literata, a ferrolá Concepción Arenal, mantivo un vínculo especial coa provincia. Residiu un ano na capital, onde mesmo se organizou un faladoiro ao redor da súa figura, e pasou os seus últimos anos en Vigo, cidade na que permanecen os seus restos mortais, concretamente no cemiterio de Pereiró. Outro ilustre ferrolán, Gonzalo Torrente Ballester, está ligado así mesmo a esta provincia, particularmente á cidade olívica e a Pontevedra. Nesta última urbe rodaríase ademais Los gozos y las sombras, baseada na súa triloxía e emitida con grande éxito en TVE. Pontevedresa de nacemento é María Vinyals. A escritora, cun forte compromiso en defensa da muller ao longo da súa vida, era unha namorada da provincia, á que dedicou belas palabras nas súas obras, coma este fragmento: […] despois de vivir noutros climas e admirar outras paisaxes comprendemos que nada existe no mundo comparable á provincia de Pontevedra, xardín de España, verxel de Galicia. Estremeña de nacemento, pontevedresa por elección A escritora María Vitoria Moreno, a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas, é estremeña de nacemento e pontevedresa de adopción. Na capital de provincia exerceu a docencia nos institutos ValleInclán e Torrente Ballester, legando a este último a súa biblioteca con 4.500 obras. A autora da Festa no Faiado foi unha muller apaixonada por Galicia, pola súa cultura e polo seu idioma.

Galicia seduciu a María Vitoria Moreno, intimamente ligada a Pontevedra e a quen lle se dedica este ano o Día das Letras Galegas

María Vinyals

O creador do esperpento, Ramón María del Valle-Inclán, naceu en Vilanova de Arousa, onde hoxe podemos visitar a súa CasaMuseo. Este entorno inspirou a súa obra La lámpara maravillosa, e o escritor está ligado tamén a outras localidades da provincia, coma Pontevedra ou Cambados, municipio este último ao que se trasladaría en busca de descanso. Durante a súa estancia na cidade do Lérez, onde participaba en faladoiros intelectuais, publica o seu primeiro libro (Femeninas). Monumento a Valle-Inclán en Vilanova de Arousa

As Rías Baixas, en concreto Vigo, viron alumar a primeira obra do Vigo viu alumar a obra que marcaría o Rexurdimento tras os Séculos Escuros que sufriu a lingua galega. A Rexurdimento da lingua: Rosalía de imprenta de Juan Compañel, en Vigo, imprimiu varias obras de Rosalía de Castro publicou nesta cidade a súa Castro, entre elas Cantares Gallegos en 1863, que marcaría o renacemen- obra Cantares Gallegos to da lingua. A lista de escritores nados ou vinculados á provincia é enorme: Gonzalo Torrente Ballester, Ramón Cabanillas, Bernardino Graña, Eduardo Blanco Amor, Francisco e Julio Camba, Álvaro Cunqueiro, Fina Casalderrey, José Filgueira Valverde, Francisco Fernández del Riego, Luis Amado Carballo, Celso Emilio Ferreiro, Fermín Bouza Brey ou Fina Casalderrey son algúns dos nomes ilustres estreitamente ligados ás Rías Baixas.


SEGURIDADE VIAL

UN METRO E MEDIO PODE SALVAR MOITAS VIDAS “Metro e medio é o que necesita un ciclista na estrada para seguir vivo” advirte Álvaro Pino. El, xunto a outras lendas do pedal galego, danlle cara á campaña de sensibilización da Xunta de Galicia que procura maior seguridade e mellor convivencia nas estradas. Promovida pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda a iniciativa céntrase nunha acción a prol da visibilidade dos ciclistas e o respecto entre quen fan uso das estradas: peóns, ciclistas e condutores. “Metro e medio” é a distancia lateral mínima que un condutor debe gardar ao adiantar un cliclista, tamén é o lema do anuncio que comezou a emitirse nos medios de comunicación. Está protagonizado por ciclistas galegos de recoñecido prestixio como Ezequiel Mosquera, Irene Trabazo, Óscar Pereiro, Eva Castro e Álvaro Pino, co obxectivo de fomentar a convivencia e o respecto entre os distintos usuarios da estrada, salvagardando a seguridade dos ciclistas. A Xunta reparte cortaventos entre o colectivo ciclista Para fortalecer a medida, a Xunta repartiu máis de 1.600 cortaventos reflectantes entre os ciclistas co propósito de previr atropelos, posto que é a peza que o propio colectivo considera máis adecuada porque lles facilita a práctica do deporte. A estas pezas súmanse este ano o reparto doutros 3.000 cortaventos feito en coordinación coa Federación Galega de Ciclismo. A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, está a desenvolver o Plan de Seguridade Viaria 2016-2020, co obxectivo de reducir ao máximo o número de accidentes de tráfico nas estradas galegas e minimizar as súas consecuencias. A tal fin, a consellería sinala que veu redobrando os seus esforzos destinados á seguridade viaria con actuacións concretas e co incremento de ata un 48% das partidas destinadas a este eido en 2018. Melloras viarias e novas rutas peonís e ciclistas O departamento que dirixe Ethel Vázquez é o responsable de manter en boas condicións os 5.500 km da rede de vías autonómicas. Para iso conta cun Plan de Reforzo de Firmes e desenvolve unha estratexia de eliminación dos tramos de concentración de accidentes, que prevé nesta lexislatura, a supresión dun total de 52 tramos identificados como puntos negros. Neste sentido, a nivel infraestruturas, a consellería está desenvolvendo un ambicioso plan de construción de 170 km de rutas peonís e ciclistas, para facilitar os desprazamentos cotiáns a pé e en bicicleta. Proxecto que cofinancia co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Fondo FEDER).

6

cousas de val miñor



NOVAS VAL MIÑOR OS COLEXIOS MALLÓN (NIGRÁN), SERRA DE VINCIOS E SOUTO DONAS (GONDOMAR), ENTRE OS 6 GAÑADORES DO CONCURSO ESCOLAR CREANDO RURAL CEIP Souto Donas

Éxito de participación na primeira edición do concurso escolar Creando Rural, posto en marcha pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural co obxectivo de achegar coñecementos sobre o desenvolvemento rural ás cativas e cativos e, a través deles, informar sobre a Medida Leader á poboación residente nos 13 concellos que pertencen ao Grupo de Desenvolvemento Rural 14 (GDR 14) (Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui). En total, 28 aulas de 12 centros escolares de 7 municipios do territorio presentaron os seus proxectos a concurso CEIP Mallon Nigran para participar nalgunha das dúas categorías aberta, educación infantil e primaria. Colexios participantes: Gondomar: CEIP Serra de Vincios e CEIP Souto Donas; A Guarda: CEIP As Solanas; Nigrán: CEIP Mallón; Pazos de Borbén: CEP Curros Enríquez; O Porriño: Centro de Educación Especial Santísimo Cristo del Amor; Redondela: CEIP Laredo, EEI de Ventosela e CPR Plurilingüe Vigo; Tomiño: CRA Mestre Manuel Garcés. Participou coas escolas da Aurora, de Amorín, de Barro, de Carregal, de Estás, de Figueiró, de Forcadela, do Seixo 2, de Vilachán e de Vilameán e EIP Pintor Antonio Fernández Proxectos gañadores Ao éxito de participación hai que sumarlle o éxito de resposta do público na votación popular, xa que se recibiron un total de 4.707 votos. De estes, 2.852 foron para a categoría de educación infantil e outros 1.855 para a categoría de primaria. Así, as aulas gañadoras por votación popular foron: 6º EI CEIP As Solanas (A Guarda) – categoría educación infantil 2º EP CEIP Souto Donas (Gondomar) – categoría educación primaria Por outra banda, debido á calidade dos proxectos presenCEIP Serra de Vincios tados a concurso, o tribunal decidiu por unanimidade outorgar catro premios ex aequo para recoñecer o gran traballo levado a cabo polo alumnado e profesorado participante. As clases gañadoras da votación do xurado son: -5ºEI CEIP Laredo (Redondela) – categoría educación infantil -5ºEI CEIP Mallón (Nigrán) – categoría educación infantil -5ºEP CEIP Pintor Antonio Fernández (Tomiño) – categoría educación primaria -3ºEP CEIP Serra de Vincios (Gondomar) – categoría educación primaria Como premio os gañadores da categoría infantil, que concursaron cun mural creativo, realizarán unha excursión dun día de duración á Granxa Escola O Kiriko (Fornelos de Montes) os vindeiros días 4 e 6 de xuño. Pola súa parte, os vencedores na categoría de educación primaria, que tiveron que preparar un vídeo para o concurso, visitarán o vindeiro 8 de xuño o centro de actividades na natureza FervenzAventura, en Silleda. 8

cousas de val miñor


VAL MIÑOR

DO VAL MIÑOR

cousas de val miñor

9


NOVAS NIGRÁN A SOLIDARIDADE GALEGA TAMÉN CHEGA AO RESTO DO MUNDO O FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN SUPERVISA SOBRE O TERREO OS PROXECTOS FINANCIADOS EN MOZAMBIQUE O presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, e tamén alcalde de Nigrán, Juan González, viaxou a Mozambique acompañado de persoal técnico para supervisar os proxectos que a entidade está apoiando na zona e establecer futuras liñas de colaboración. A delegación mantivo diversos encontros institucionais na capital antes de desprazarse ao distrito de Boane para coñecer de primeira man o traballo da Fundação Encontro, un dos principais parceiros da asociación de concellos e deputación no país lusófono que atende á poboación vulnerable. Allí trabajan con la Fundaçao Encontro, que se encargan de dinamizar los proyectos de la iniciativa que cofinancia el Fondo, prevenir dolencias y adicciones en los jóvenes a travñes del deporte. "Reducir os factores de risco que poden levar á xente nova a contraer adiccións, doenzas ou embarazos precoces é o obxectivo deste proxecto, así coma ofrecer alternativas de lecer a través do atletismo ou fútbol", explica González, que con él se llevo 40 mochilas, 40 equipajes deportivos y 40 balones de fútbol y que asegura que ya se han creado 14 equipos de fútbol femeninos. Un dos países máis empobrecidos Mozambique ten experimentado un crecemento considerable desde o Acordo de Paz asinado en 1992, mais o seu Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) segue a ser un dos máis baixos do planeta, ao ocupar o posto 179 entre os 188 contemplados. A pobreza atinxe ao 55% da poboación, especialmente as mulleres, mentres que a esperanza de vida se sitúa nos 57 anos. No entanto, trátase dun país cun gran potencial e existen iniciativas locais desde as que se loita cada día por reverter esa situación, algunhas delas con colaboración internacional. *No número 6 da nosa revista adicamos un amplo reportaxe para falar do Fondo Galego e da importancia do que fan no mundo

O CONCELLO DE NIGRÁN ENGADE AO ESPAZO DUNAR PROTEXIDO DE PRAIA AMÉRICA OS MIL METROS CADRADOS QUE OCUPABA A ESCOLA DE VELA A zona xa está acotada para impedir o tránsito e será rexenerada de manera inmediata. Deste xeito, o espazo dunar de Nigrán suma xa 36.000 metros cadrados. Paralelamente, o Concello de Nigrán instalará novos paneis educativos no sistema dunar que conteñen información ornitolóxica e sobre as plantas invasoras que o ameazan co obxectivo de concienciar á poboación da importancia de preservar estes lugares naturais. 10

cousas de val miñor


NIGRÁN

VIVE NIGRÁN!

cousas de val miñor

11


NOVAS NIGRÁN PRIMEIRO PROGRAMA DE EMPREGO INCLUSIVO EN NIGRÁN O Programa Emprego Inclusivo no que participan 18 mulleres e 2 homes de Nigrán cunha situación de desemprego complicada, está impulsado pola Fundación Érguete-Integración e promovida pola Deputación de Pontevedra coa colaboración do Concello de Nigrán e o Consorcio Zona Franca de Vigo. Trátase do primeiro programa de emprego inclusivo da Fundación Érguete no municipio e formará a 20 persoas de Nigrán na atención en supermercados e grandes superficies. Dirixido a desempregados (con prioridade para os empadroados en Nigrán) as persoas que se inscribiron recibirán gratuitamente unha formación de 210 horas que inclúe 80 horas de prácticas en empresas da zona (a formación teórica terá lugar no Centro de Negocios de Porto do Molle). Así, o obxectivo primordial deste curso será o de mellorar a empregabilidade de persoas en risco de exclusión social facilitando a súa incorporación ao mercado laboral. Durante a formación acadarán competencias básicas de comercio como prestar atención ao cliente, realizar actividades auxiliares de reposición e acondicionamento no punto de venda, operativa de Caixa e terminais TPV, técnicas de merchandising...

Fundación Érguete-Integración A Fundación Érguete-Integración traballa para que as persoas sen emprego consigan a súa mellora social, laboral e de vida, a partir do achegamento ao emprego, ofrecendo servizos de información, sensibilización, orientación, formación e intermediación cos distintos axentes sociais da nosa comunidade, e coa participación dun equipo multidisciplinar de profesionais implicados plenamente no devandito obxectivo. 12

cousas de val miñor

O CONCELLO DE O CONCELLO DE NIGRÁN ESTREA DENDE ESTE LUNS UN PUNTO LIMPO MÓBIL QUE PERCORRERÁ TÓDALAS PARROQUIAS A iniciativa, pioneira en toda a comarca, arranca a vindeira semana no aparcamento da praia de Patos para a continuación ir a San Pedro, Parada, Priegue, Camos, Chandebrito, Nigrán e Panxón O Concello de Nigrán, a través da concesionaria Cespa Ferrovial, estrea este luns 18 de xuño un punto limpo móbil que percorrerá tódalas parroquias do municipio co obxectivo de facilitar á veciñanza a reciclaxe de pequenos residuos especialmente contaminantes sen necesidade de desprazarse ao punto limpo fixo situado na rúa Gándara. Este punto móbil, pioneiro en toda a comarca, consiste nun remolque habilitado ex-profeso para poder depositar en compartimentos diferenciados pequenos electrodomésticos, pilas, aceite, halóxenos, baterías, radiografías ou aerosois, residuos que se xeneran en tódolos fogares en pequena cantidade pero que raramente os cidadáns achegan ata o punto limpo fixo pese a súa alta toxicidade. Así, dende o Concello de Nigrán xa se pechou un calendario de aquí a final de ano con ubicacións en 9 puntos de todo o municipio. Arranca este luns (do 18 ao 24 de xuño) no aparcamento da praia de Patos, do 25 ao 1 na antiga escola de San Pedro, do 2 ao 8 de xullo á beira do cemiterio de Parada, do 9 ao 15 no aparcamento da Praza do Peregrino en Priegue, do 16 ao 21 no Centro Cultural A Camoesa de Camos, do 23 ao 29 na marquesina de Chandebrito, do 30 de xullo ao 5 de agosto nas Angustias (Nigrán), do 6 ao 8 de agosto na AAVV Monteferro (Panxón) e do 13 ao 19 de agosto no torreiro de Vilariño (a continuación repítese semanalmente na mesma orde). “Trátase dunha iniciativa sinxela, que non supuxo ningún custe para o Concello, e que facilita enormemente aos veciños a correcta reciclaxe de residuos. Ao mesmo tempo, conciencia, fomenta e mesmo educa na importancia da reciclaxe”, reflexiona o alcalde, Juan González, quen incide en que, ao mesmo tempo, “servirá para incrementar a correcta xestión dos pequenos aparatos ou residuos (como baterías de móbil ou pinturas) e reforzar o uso do punto limpo fixo para os aparatos máis voluminosos”.


NIGRÁN OS COLEXIOS PARTICIPANTES NA 'XIX CARREIRA SOLIDARIA' ENTREGAN AO CONCELLO 1.325 EUROS EN VALES DE SUPERMERCADO PARA AS FAMILIAS NECESITADAS DO MUNICIPIO Educación Especial de Panxón, CPI de Panxón, Escola de Educación Infantil As Dunas (Panxón) e colexio A Cruz (Camos) entregaron nos Servizos Sociais do Concello de Nigrán 1.325 euros en vales de supermercado recaudados na XIX Carreira Solidaria. O xa tradicional evento deportivo, organizada polo colexio público de Panxón con motivo da Semana da Paz, contou un ano máis con cadanseu patrocinador adulto por corredor (este 'padriño' paga un prezo previamente acordado entre eles por cada volta ao circuíto completada). O diñeiro recadado, como é habitual, destinouse íntegramente a vales de supermercado que o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán distribuirá entre as familias que o precisan, sendo especialmente indicados para a compra de produtos frescos.

VIVE RAMALLOSA

cousas de val miñor

13


NOVAS BAIONA

O MONTE REAL CLUB DE YATES CELEBRA O ACTO DE CLAUSURA DO SEXTO CURSO DA SÚA ESCOLA DE VELA ADAPTADA PARA PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL A Escola de Vela Adaptada foi creada no 2012 polo Monte Real Club de Yates, o seu obxectivo desde o comezo foi achegar o mundo da vela a persoas con diversidade funcional, promovendo así a súa integración na sociedade, cumpriu seis anos e o celebrou unha vez máis coa entrega de diplomas aos participantes dos cursos nun emotivo acto de clausura. Durante o últimos seis anos, máis de 300 alumnos con discapacidades físicas, psicosociais, cognitivas e sensoriais navegaron nos barcos adaptados do club grazas aos cursos de vela inclusivos que o Monte Real ha organizado co apoio de Fundación Repsol e a Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social e Deporte Galego. Mellorar o nivel físico e emocional das persoas con discapacidade, aumentar a súa autoestima, incentivar as relacións entre compañeiros, xerarlles motivación e que gocen en contacto directo coa natureza, achegándoos ao mar, son os principais beneficios que se conseguen con este tipo de actividades, impulsadas desde a única escola do noroeste peninsular que funciona ao longo de todo o ano. Os últimos alumnos que pasaron polo Monte Real para participar no seu programa de “Vela para todos” son usuarios de asociacións como o Centro Juan María de Nigrán, o Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Redondela ou a Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares (ASEM Galicia). Asistiron a cursos de vela lixeira e cruceiro, fixeron travesías pola baía de Baiona e chegaron a participar en competicións de alto nivel como o Trofeo Príncipe de Asturias. Como broche de ouro ás súas actividades, asistiron ao acto de clausura da escola e recibiron uns diplomas que acreditan a súa participación nos cursos. A Escola de Vela Adaptada do club baionés conta, na actualidade, con tres barcos GOS16, un tipo de embarcación estable e segura que facilita a navegación destas persoas. Tamén dispón dun guindastre específico para que os alumnos poidan acceder aos barcos con maior facilidade, un camiño adaptado para que transiten polo club con seguridade e varios monitores formados especificamente para ensinarlles a navegar.

14

cousas de val miñor


SABARÍS

VIVE SABARÍS!

cousas de val miñor

15


NOVAS BAIONA O salón de actos do CPI Cova Terreña acolleu un acto soliO ALUMNADO DO CPI COVA TERREÑA DE BAIONA, UN GRAN EXEMPLO dario e emotivo. O alumnado de 6ºA de primaria do centro integrante da cooperativa de artesanía “Artesáns& Kids” fixo entrega das súas doazóns, mediante senllos cheques, á protectora de animais “BAI SENPULGAS e á ONG “AXUDA Ao MUNDO NECESITADO”.As doazóns dos estudantes proceden dos beneficios obtidos da venda dos seus produtos de artesanía realizados por eles mesmos. Ao acto de entrega acudiron representantes da protectora de animais e tamén da ONG a súa presidenta, Juana Alonso, e a Concelleira de Servizos Sociais e Benestar, Mª Carmen Paredes. Os encargados de facer a entrega foron a presidenta da empresa Artesáns& Kids Antía Goce, a secretaria Alba Vidal e o tesoureiro Álex Moure, en representación dos seus compañeiros. O acto estivo arroupado polos profesores que levaron a cabo durante todo o curso co alumnado o proxecto da cooperativa”, Mercedes Coto Martínez, Manuel Vázquez Taín e Santiago Otero Barreiro. Tamén estivo no acto a directora do centro educativo, Isabel Martínez Cabaleiro. Todo iso desenvolveuse baixa a atenta mirada orgullosa e emocionada dos pais e nais do alumnado implicado neste bonito proxecto.

INICIATIVA SOLIDARIA.

BAIONA CONVERTERASE NA CAPITAL DO DEPORTE NAÚTICO TRADICIONAL COA CELEBRACIÓN DA PRIMEIRA PROBA DA LIGA DE TRAIÑEIRAS Os visitantes e veciños de Baiona, tiveron a posiblidade de gozar nun ambiente totalmente veraniego dun dos eventos deportivos máis importantes que desde o Concello programaron con motivo do 525 aniversario da Arribada da Pinta. A primeira xornada da Liga Galega de Traiñeiras 2018, resultó espectacular, non soamente pola vistosidade deste deporte, tamén pola transcendencia da competición, xa que era a presentación da tempada 2018 desta competición. Bandeira 525 Aniversario da Arribada da Pinta de Traiñeiras correspondente á primeira xornada puntuable da Liga LGT. Para todos aqueles que se achegan por primeira vez a este deporte, trátase da tempada máis grande da historia desta liga, coa participación de 26 embarcacións entre Liga A, Liga e LigaFeminina e que hai 30 anos que non se celebraba en Baiona unha proba destas características.

16

cousas de val miñor


BAIONA

VIVE BAIONA!

cousas de val miñor

17


NOVAS BAIONA

PROXECTO DE REHABILITACIÓN DO EDIFICIO SANCTI SPIRITUS, A NOVA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE BAIONA Baiona materializa un dos proxectos máis ambiciosos dos últimos anos no municipio, a rehabilitación do edificio Sancti Spiritus que acolle a Biblioteca Municipal. As novas dependencias albergan o maior arquivo histórico da comarca e un dos máis importantes de Galicia na súa renovada edificación. A rehabilitación levouse a cabo cun investimento superior aos 1,1 millóns achegados polo Ministerio de Fomento, grazas ao plan denominado 1,5% Cultural. A empresa UTE Orega Coviastec foi a encargada das obras de rehabilitación, deseñadas polo estudo de arquitectura Murado e Elvira, gañador do concurso de ideas convocado polo goberno local para a reforma. O inmoble, que combina vanguardismo e funcionalidade, foi rehabilitado totalmente cun deseño innovador. O proxecto gañador foi o denominado «Concéntrico» e o resultado do mesmo para o edificio é unha harmonización de elementos e materiais. A unión dos distintos espazos e engadidos construídos ao longo de séculos, así como dotar ao edificio da máxima funcionalidade, eliminando barreiras arquitectónicas e dando protagonismo tanto ás escaleiras como ao patio interior do edificio. Un dos principais obxectivos foi recuperar as relacións entre os distintos volumes que compoñen actualmente este conxunto arquitectónico, froito de ir agregando estruturas ao longo da historia. Para restablecer a harmonía liberáronse os interiores reorganizándoos de maneira que non se perda espazo. Tamén foi necesaria a renovación da estrutura arquitectónica existente co fin de recuperar novos espazos adaptados ás necesidades dunha biblioteca dos nosos días. Dado o valor histórico do edificio perseguiuse durante a rehabilitación, manter un espírito de continuidade co pasado, no que conviven con naturalidade arquitectura tradicional e contemporánea. Para iso leváronse a cabo obras de conservación e restauración sobre as que se melloran as estruturas con mobiliario moi sinxelo e lixeiro que contrasten coa estrutura pétrea e solemne do edificio. 18

cousas de val miñor


NOVAS BAIONA

A Biblioteca dispón de diferentes espazos ou salas destinadas a usos e servizos específicos. O propósito é proporcionar lugares idóneos para as diferentes necesidades dos usuarios da BCC, baixo as condicións e normas establecidas para cada un deles. Mostrador de Información e préstamo, Sala Infantil, e dúas salas polivalentes sitúanse na planta baixa do edificio. Nesta zona tamén se atopa o arquivo municipal, o lugar onde se sitúa a gran colección histórica que posúe o Concello. Na sala de consultores será onde terán ademais acceso á consulta da colección do Fondo Local da Biblioteca que conta cun fondo total de 32.500 rexistros bibliográficos. Na planta alta, atopamos unha sala xeral, na que converxen diversos espazos, como a sala de estudo, a sala de computadores, unha zona destinado ao estudo individual con varios cubos independentes, a colección xeral e outras seccións como xuvenil, comiteca e audiovisuais e os bancos de lectura… Desde un principio, no proxecto apostou por materiais reciclables e de escaso impacto para o medio ambiente e para a estética de edificio en xeral. Tamén se buscou unha distinción, sen causar impacto visual entre as novas actuacións e as anteriores. A recuperación e potenciación do xardín como zona de esparexemento para dedicala a sala de lectura no verán, celebración de actos culturais ou concertos, tamén forma parte da proposta e moi pronto verá a luz. O Concello de Baiona encargou a unha paisajista un anteproxecto de axardinamento cuxo obxectivo é a creación dun xardín contemporáneo inspirado na orixe da parcela como horta. cousas de val miñor

19


NOVAS GONDOMAR GONDOMAR DOCUMENTA MÁIS DE 1000 REXISTROS DE TOPONIMIA NAS PARROQUIAS DE CHAÍN E VILAZA. O Concello de Gondomar avanza cara o seu obxectivo de recoller a toponimia de todo o municipio con dous novas parroquias completadas. O traballo rematou coa xeolocalización de 438 topónimos, entre muíños, veigas, vivendas, cotos ou montes. Ademais, esta recollida inclúe tamén tradicións, lendas e historias aportadas polos veciños que forman parte, xunto coa toponimia, do patrimonio cultural inmaterial da parroquia. Coa subvención da Deputación de Pontevedra ao traveso do seu Programa de Normalización Lingüística, e realizado baixo a dirección do Instituto de Estudios Miñoráns, o traballo recolle e localiza lugares que eran utilizados polos veciños e que agora caeron no esquecemento, como a localización do que eran as antigas escolas para nenas e nenos (situadas en casas naquela época, hoxe na súa maioría reformadas e convertidas en vivendas); os lugares dos xogos de bolos; antigos pozos, presas e fontes; camiños... Unha consideración a ter en conta é que os barrios actuais son máis extensos que os antigos, é dicir, cada un dos barrios agora recolle o que antigamente eran varios. Había máis barrios, o que significaba necesariamente máis topónimos. As toponimia, e outras nomenclaturas locais, moi curiosas algunhas, son unha das variables da riqueza patrimonial que os pobos van acumulando ao longo dos séculos.

“MULLERES EN ACCIÓN. VIOLENCIA ZERO” CHEGA A GONDOMAR A praza do Concello de Gondomar acolleu a décimo cuarta intervención artística do programa "Mulleres en Acción. Violencia Zero", iniciativa da Deputación Pontevedra que ten por obxectivo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas así como dar a coñecer o traballo de novas artistas contemporáneas que están a traballar a prol da igualdade. A intervención artística foi protagonizada por Inherente Teatro, grupo creado en 2016 por Noelia Blanco, Celina Fernández e Pia Nicoletti, tres actrices tituladas pola ESAD de Galicia que sustentan o seu traballo na creación colectiva e nas novas linguaxes teatrais. As tres artistas combinan o seu traballo como intérpretes con obradoiros formativos de creación escénica e colaboracións con outras compañías en obras de creación. A deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, participou nesta edición acompañada de variois membros da Corporación Municipal e de case un centenar de escolares da vila. “Mulleres en Acción. Violencia Zero” reúne o traballo de 25 artistas especializadas en diferentes modalidades como son a pintura, a música, a danza, o teatro, a poesía, o graffiti ou a performance, vinculadas todas elas pola vontade de ofrecer na súa obra un firme discurso en favor da igualdade de xénero. 20

cousas de val miñor


GONDOMAR

VIVE GONDOMAR!

cousas de val miñor

21


RUTAS

DOUS IMPORTANTES PERSOEIROS PARA UNHA GRAN CASA: O PAZO DA ESCOLA

E Anxo Rodríguez Lemos. Historiador e doutorando na Universidade de Santiago de Compostela.

Braso ́n de Policarpo de Mendoza no pazo de Man ̃ufe co lema AVE MARÍA SIN PECADO CONCEBIDA

22

cousas de val miñor

Naceron na mesma parroquia, San Vicente de Mañufe, cada un no seu século pero con vocación compartida de nacemento. Forman parte da historia relixiosa da comarca aínda que ambas figuras pasaron desapercibidas en moitos casos pola nosa historiografía. Coñeces a casa de orixe? Seguramente a casa que tiña en Mañufe Dona María del Espíritu Santo Rodrigo, nai de Policarpo de Mendoza, non se semellaba en nada á que seu fillo mandou erguer no barrio da Moreira. Bautizado o 15 de xuño de 1706 en Baiona, Policarpo de Mendoza manda construír na segunda metade do século XVIII unha gran casa brasonada con planta en U que se adapta arquitectónicamente ao camiño que pasa a súa beira, por debaixo do adro da igrexa parroquial, e ao que abre dúas portas de acceso. A súa fachada principal, ao norte, presenta as armas dos Mendoza co lema AVE MARÍA SIN PECADO CONCEBIDA entre dúas ventás recercadas. Fronte ao escudo conservado na súa casa urbá de Baiona, timbrado con coroa voada, presenta o de Mañufe helmo con cimeira. Contrasta o lenzo norte coa fachada sur, de fermosa solaina sobre a eira de mallar formando conxunto co antigo cuberto e próximo canizo (hórreo), recordo dos traballos de noutrora reflexados tamén no lavadoiro ou pozo. Se a estes elementos lle sumamos os dous pisos sobre soportal na fronteira que forman o patio, xunto á fermosa lareira que conforma ao exterior unha cheminea coroada por catro pináculos, a casa xa ten o porte suficiente para afastarse de calquera das súas edficacións próximas.


RUTAS Diríamos que, na aldea imaxinada por Cervantes na que vivía Alonso Quijano, aquel fidalgo cabaleiro protagonista do seu Don Quijote de la Mancha, o abade chamábase Don Pero Pérez. Para imaxinar aquel personaxe na vida real, un párroco envolto en ‘mil cruzadas’ como o literario, temos no Miñor á figura de Don Vicente María Fernández Míguez (1851-1936). A súa historia é un mundo, un relato cheo de historia dende a súa propia casa de nacemento pois, Don Vicente María, nace no pazo rural construído un século antes por Don Policarpo de Mendoza (17061794), deán da catedral de Santiago e cabaleiro da Orde de Carlos III.

Vicente María Fernández en agosto de 1931. Gil Fotografía (Vigo). Fondo familiar da Casa da Escola (Mañufe)

Foto Familiar. Fondo Pazo da Escola

O abade Vicente María con capa pluvial ́ a beira do Bispo de Tui Don Manuel Lago Gonza ́lez presiden a procesio ́n da Anunciada en 1918. Praza da Len ̃a, Baiona. 1

Natural de San Vicente de Mañufe, Vicente María é bautizado un 20 de agosto de 1851 como fillo lexítimo de Juan e Rosa do lugar da Moreira. Estudante destacado do seminario tudense, é ordenado subdiácono en Tui en marzo e diácono en maio de 1874. Un ano despois é xa presbítero en Santiago de Compostela e, dende novembro de 1877, é cura rexente en Santa María de Baredo. Iniciaba deste xeito o seu cursus honorum de camiño entre parroquias miñoráns e baixomiñotas pois, aínda sendo en 1878 ascendido a cura ecónomo de Baredo, en novembro de 1880 é trasladado como ecónomo a Santa María de Oia, abadía que logra en outubro de 1881. As súas misas naquela igrexa monacal perduran ata un 30 de agosto de 1887 en que se convirte no abade de Baiona, o “siñor abá vello” entre aqueles mariñeiros da vila que, ao parecer, tanto o estimaban gardándolle o mellor da pesca, un privilexio que este compensaba cando facía a matanza, na rúa do Conde, do porco que traía de Mañufe. Adaptado na Real Vila logo de queixas continuas por parte dos oienses, Vicente María inicia en Baiona a súa etapa dourada e final á fronte da administración espiritual da vella colexiata, capelas e convento de Madres Dominicas da Nosa Señora da Anunciada1.

Arquivo Histórico Diocesano de Tui-Vigo, Expedientes de Sagradas Órdenes, n.202 cousas de val miñor

23


RUTAS Por que foi importante? As reformas emprendidas por Vicente María na igrexa colexiata de Baiona converteron á parroquial en “la primera del Obispado” en palabras do Semanario Independiente El Miñor2. Iniciadas en agosto de 1888 contando coa aportación inicial de cinco mil pesetas remitidas por Don Manuel Misa, Conde de Baiona, ás obras sumáronselle dádivas desde a emigración. Grazas a elas fundíronse campás, houbo renovación da bóveda de madeira das naves, retelle da igrexa e capelas, picado do encalado interior e exterior así como o embaldosado en mármore do chan. Documéntase o arranxo do órgano (tristemente desaparecido), a feitura de confesionarios, bancos e obxectos litúrxicos, a restauración da capela da Guadalupe, sancristía e sala capitular ou o traslado de distintos altares.

Da imprenta de El Miñor saíronlle ao abade boa parte dos seus problemas na vila. En 1916, un escrito na súa contra que firmaba, ao parecer, José María Barreiro con tintes agraristas contra os caciques, custoulle ao periodista o desterro a América a pesar da tentativa veciñal de evitalo. O abade comezaba así a súa decadencia solicitando cada certo tempo o seu retiro da vila. En 1921 tentou a permuta de parroquia co abade de Morgadáns pois, a súa saúde, tamén comezaba a debilitarse a raíz daqueles conflitos. Pero en 1913, La Voz del Tecla xa informaba de ter pasado uns días na vila da Guarda “el virtuoso e ilustrado abad párroco de Bayona” 3. Gustaba do nordés da Atalaia. “Por su estado reumático”, ía tomar tamén baños a Cuntis pero o cansazo ía a máis e, en 1933, desexa só ter ao seu cargo a capelanía fundada por Dona Primitiva Portela. O 11 de xaneiro de 1936, logo de máis de corenta anos como abade de Baiona, Vicente María Fernández é arroupado baixo o manto da Nosa Señora da Anunciada, que gardaba na súa casa O Caringa, nun inverno dos máis chuviosos da época e, nun ano, inesquecible polos séculos dos séculos.

Sermón dende o púlpito. En primeiro termo, o comungatorio do presbiterio en mármore branco froito das reformas de Don Vicente María. Colección de Anxo Rodríguez Lemos

Sabías que? Xunto ao achanzado do adro e a construción das escaleiras, Vicente María decidiu a comezos do século pasado o derrubamento dunha casa anexa á fachada principal así como a eliminación do antigo pórtico de acceso que protexía a entrada principal da colexiata cumprindo, a bo seguro, a función dos nártex das basílicas paleocristiás. En proxecto tiña a substitución do altar maior, co fin de abrir as ventás que agocha a capela maior, así como o remate das torres que flanquean a fachada principal.

Postal de Eugenio Krapf (Vigo) con vista do adro, casa anexa á fachada principal e pórtico de entrada. Colección de Anxo Rodríguez Lemos

Biblioteca Pública Municipal de Baiona, Fondo Local, Colección D. Héctor Barreiro Troncoso, El Miñor: semanario independiente, num.59, Año II. 1905, decembro, 30. 2

Arquivo CSIC (Santiago de Compostela), P.6 Periódicos, La Voz del Tecla, num. 90. 1913, xaneiro, 11.num.59, Año II. 1905, decembro, 30.

3

24

cousas de val miñor


RUTAS Emparentados? Os da Escola. Así se coñece aínda aos familiares dos persoeiros que nos ocupan. Por que? Resulta que Policarpo de Mendoza, propietario do pazo urbán erguido na Praza da Froita de Baiona e desta casa da Moreira onde naceu Vicente María, fundara unha escola en San Miguel de Valga en 1790 e outra en Mañufe de onde quizais lles provén o alcume, documentado con anterioridade ao século XX cando, na casa, se volveu asentar unha nova escola. Miguel Fraga Núñez, canteiro das terras de Cotobade que casa en Mañufe con Soledad da Escola, foi o autor dalgúns cambios no edificio. Das súas mans saíron remates para os panteóns do camposanto da parroquia así como o Agnus Dei que coroa a igrexa de Peitieiros que, polos seus cornos, tan pouco gustara aos veciños.

Interior. Fototeca del patrimonio histo ́rico, Fondo Wunderlich,WUN-08245

Fachada norte conservando nos seus ventanais de formas go ́ticas, as vidrieiras antigas dividas ao exterior por mainel desaparecido

BIBLIOGRAFÍA PARA SABER MÁIS: ESPINOSA RODRÍGUEZ, J. (1938) Casas y cosas del Valle Miñor. Santiago: Tipografía de El Eco Franciscano. p.34. En 2ª Edición de 1951: p.51 & 120. MOSQUERA VELEIRO, J.L. & SOLIÑO TRONCOSO, A. (et alii) (1995) Gondomar: historia, arte e territorio. Ed. Ir Indo. pp.311-319 PEREIRA MOLARES, A.M. (2006) Arquitecturas y arquitectos en la diócesis de Tui: siglos XVII y XVIII. Fundación Pedro Barrié de la Maza, pp.266267. RAMOS GONZÁLEZ, H. (1925) Crónicas históricas de la villa de Bayona. Recuerdos de Antaño. Madrid.p.259 cousas de val miñor

25


OCIO - CINE O NOSO CINEMA

O PAPEL DA MULLER NO CINEMA E NA TELEVISIÓN PROTAGONIZA OS II PREMIOS MARÍA LUZ MORALES DE ENSAIO AUDIOVISUAL A Academia Galega do Audiovisual entregou este ano na Deputación da Lugo os premios María Luz Morales, que promoven a investigación científica no ámbito audiovisual, destacando cun galardón e 1.200 euros dous videoensaios e dous ensaios escritos asinados por dúas novísimas investigadoras e máis dous investigadores galegos, nunha iniciativa pioneira que conta coa participación das catro deputacións e na que este ano se destacaron, tamén, outros tres traballos con cadanseu accésit. Tres dos traballos elixidos polo xurado dos II Premios María Luz Morales -que levan o nome dunha xornalista galega de referencia entre a intelectualidade española do século XX- cuestionan o papel da muller no cinema e na televisión, dende distintas perspectivas. Lucía Estévez, Marcos Nine, Fernando Redondo e Denisse Lozano (que xa gañara na primeira edición) recolleron en Lugo os Premios María Luz Morales de investigación audiovisual, nun acto no que tamén se recoñeceu o traballo de Éire García Cid, Brais Romero e Sabela Rei, con cadanseu accésit. O acto de entrega contou coa participación da editora e xornalista María Yáñez, en representación do xurado -do que tamén formaron parte José Luís Castro de Paz (profesor da USC) e Marta Pérez Pereiro (profesora da USC)- e máis de Goretti Sanmartín Rei, vicepresidenta e deputada de Normalización Lingüística e de Cultura da Deputación de A Coruña; Darío Campos, presidente da Deputación de Lugo; Manuel Doval, deputado de Cultura da Deputación de Ourense; Xosé Leal, deputado de Cultura e Normalización Lingüística da Deputación de Pontevedra; e Carlos Ares, presidente da Academia Galega do Audiovisual. María Luz Morales (A Coruña, 1889 – Barcelona 1980). Escritora e xornalista, especializada na crítica de cine e de teatro, dirixiu o xornal La Vanguardia durante a Guerra Civil, sendo a primeira muller na historia de España en ser directora dun diario estatal. Foi activista feminista, republicana e galeguista represaliada polo franquismo, e autora dunha extensa obra literaria. Considerada unha referencia da incorporación da muller a actividade xornalística e intelectual na España do século XX. Mantivo a actividade xornalística ata os 91 anos de idade.


OCIO - LITERATURA CUANDO SALE LA RECLUSA Fred Vargas Ed. Siruela A obra máis ambiciosa de Fred Vargas, a raíña indiscutible da novela negra europea. Nela entrecrúzanse con maestría todos os temas que converteron a publicación de cada unha das súas novelas nun auténtico acontecemento literario, tanto para a crítica como para os lectores: o medievo, a arqueoloxía, os mitos, o mundo dos animais e, por suposto, a descrición detallada e poderosa dos escuros labirintos do alma humana. EL ORDEN DEL DÍA Éric Vuillard. Editorial Tusquets Premio Goncourt 2017 A vila de Ribadaínsua é narradora e protagonista dos acontecementos dramáticos dos últimos meses de 1947. Un relato inquietante acerca das reviravoltas do inicio da Segunda Guerra Mundial e da implicación dos empresarios no ascenso de Hitler ao poder. Esta novela desvela os mercadeos e vulgares intereses comúns, as falsidades e posverdades, que fixeron posible o ascenso do nazismo e o seu dominio en Europa ata a Segunda Guerra Mundial. El orden del dia narra dun modo trepidante e moi novo, as bambolinas do ascenso de Hitler ao poder, nunha lección de literatura, historia e moral política. ORYX E CRAKE Margaret Atwood Editorial Rinoceronte A célebre autora da desacougante distopía «O conto da criada». Volve tripar estes camiños, conxugándoos cunha enxeñosa e efectiva visión satírica e crítica, coa hiper-tecnificación e a creación de animais transxénicos como pano de fondo. Atwood bota man do seu estilo agudo e humor negro para transportarnos a un futuro próximo e ao mesmo tempo afastado da nosa imaxinación.

ORDESA Manuel Vilas Ed. Alfaguara Ordesa é a última proposta de Manuel Vilas e nela ofrécenos unha visión intimista da súa familia e del mesmo. Non é unha novela costumbrista nin un relato cheo de longas descricións, máis ben un intento revolucionario de explicación propia que dinamita os convencionalismos e obríganos a poñer a mirada na dureza da morte, a separación, o deterioro e as perdas. LEONARDO DA VINCI. LA BIOGRAFÍA Walter Isaacson Editorial Debate A habilidade de Leonardo dá Vinci para combinar arte e ciencia, esplendorosamente representada no Home de Vitruvio, continúa sendo a regra de ouro da innovación. A apaixonante vida deste gran home debe lembrarnos a importancia de inculcar o coñecemento, pero sobre todo a vontade contaxiosa de cuestionalo: ser imaxinativos e pensar de maneira diferente. O aclamado autor dos best sellers Steve Jobs e Einstein vólvenos engaiolar coa vida do xenio máis creativo da historia nesta fascinante biografia. ELISA E MARCELA. ALÉN DOS HOMES Narciso de Gabriel Editorial Nigratrea Elisa Sánchez Loriga -convertida en Mario- e Marcela Gracia Ibeas casaron na igrexa de San Xurxo da Coruña o 8 de xuño de 1901. Na primeira parte d0 libro descríbense as súas peripecias na Coruña, Porto e Bos Aires, analízanse as medidas adoptadas polas distintas autoridades sobre o matrimonio sen home. Na segunda parte faise unha lectura desta historia desde o hermafroditismo, o lesbianismo, o travestismo e o feminismo. Elisa e Marcela son as protagonistas da nova película de Isabel Coixet que se estreará ao longo do 2019.


GALICIA SOLIDARIA De arriba a abajo de izquierda a derecha Marite ́, Ca ́rol, Míriam y Laura

BAISENPULGAS, POR MOITAS RAZÓNS

EPablo F. Estévez # Pablo F.Estévez/Baisenpulgas

En multitude de ocasións empresas ou agrupacións que se converten en símbolo dunha causa, poden xurdir de cousas tan banais como unha conversa de chat, este é o exemplo da asociación Baisenpulgas. A idea comezou a xestarse en 2014, momento no que un grupo de amigas comunicábase por internet sen ser conscientes do que acabaría pasando. Tatiana Álvarez e Laura pensaron na posibilidade de axudar a animais domésticos e o proxecto comezou a converterse en realidade como algo humilde e con poucas posibilidades económicas pero reforzado pola xente, que se comezou a unir. Primeiro instaláronse nunha pequena leira de Baíña (Baiona), posteriormente cambiaron de municipio e abriron en Vilaza (Gondomar) para pasar finalmente á actual situada na parroquia de Chaín. Hoxe en día colaboran activamente un total de 20 persoas, que se encargan do mantemento das instalacións, dos animais e de xestionar visitas así como adopcións, aínda que en total conta con máis de medio centenar de colaboradores desinteresados de idades comprendidas entre os 18 e 60 anos. Cada 15 días reciben a visita dos usuarios da asociación de educación especial Aceesca de Porriño. Antigas caballerizas reconvertidas. As instalacións actuais difiren moito das anteriores, trátase dunhas antigas caballerizas cuxa extensión total que rolda os 2.500 metros cadrados. Os cortellos foron reconvertidos en espazos delimitados de dous metros cadrados cada un, tamén chamados caniles, dos que obtiveron un total de 15. Actualmente estanse ocupando de 21 cans aínda que en momentos de desbordamento poden utilizar calquera zona para dar cabida aos que máis o necesitan, tamén teñen un sitio dedicado aos felinos. Con todo e aínda que de entrada poida parecer unha estancia ampla, a gran parte da súa actividade realízase desde casas de acollida. É aquí onde o voluntariado coida de cachorros de gato e can, danlles o mantemento necesario á espera dunha adopción definitiva ou para pasar ás instalacións de Chaín. O groso da organización: as casas de acollida Todos os gatos atópanse repartidos entre os voluntarios que desde os seus domicilios colaboran activamente con eles do mesmo xeito que os cánidos, para facerse unha idea da importancia que teñen para Baisenpulgas, de 63 cans atendidos, 42 atópanse en casas de acollida. Co fin de potenciar a sensibilidade e o aumento das adopcións a organización celebra eventos de concienciación, como os levados a cabo recentemente en Baiona, Tomiño ou Sabarís. Subsisten das cotas dos socios, padriños e de pequenos convenios O certo é que esta asociación non recibe axudas dos concellos da comarca, tan só de Oia pero segundo aseguraron ese diñeiro sufraga a actividade que levan a cabo nese municipio. Actualmente subsisten a base das cotas de preto de 90 socios e de persoas que apadriñan animais achegando unha pequena cantidade mensual, que van dun mínimo de cinco euros ata o que se desexe. “A lei modificouse e na actualidade hai un convenio que esixe a colaboración dos concellos en materia de felinos. Acabamos de asinar con Baiona, e en breve farémolo con Nigrán e Gondomar”, explicaron. Por todo o explicado anteriormente desde a agrupación explican que calquera axuda é ben recibida. 28

cousas de val miñor


GALICIA SOLIDARIA

Sarni Todo animal que chega á protectora Baisenpulgas esconde unha historia detrás e moitos dos seus nomes fan alusión a ela por exemplo Sarni, que tal e como se pode dedudir chegou enfermo. Pero como moitas historias con final feliz, mentres se estaba levando a cabo o peche desta edición Sarni foi adoptado e xa está no seu novo fogar.

Gash O caso de Gash é diferente, apareceu coas patas esnaquizadas, parece que por un cepo. Cuore Cuore quizais é o caso máis alarmante de todos, recibiron o aviso de que unha protectora de Verín atopouno cun lazo metálico ao pescozo e coas orellas cortadas.

Procedemento para adoptar Desde a agrupación explicaron que o procedemento está normalizado para a maioría de animais excepto para as razas potencialmente perigosas nas que é necesario un permiso especial. No momento que alguén se interesa por unha adopción o que fan é redactar un contrato cuxas cláusulas están orientadas ao coidado e comprometimiento cos animais en cuestión. Todos os que saen de Baisenpulgas van esterilizados, con chip, vacinados e desparasitados, excepto para cachorros de menos de 6 meses xa que é a idade mínima recomendada para facerlles a intervención, aínda así o documento leva aparellada unha cláusula en que os adoptantes comprométense a levar a cabo a operación e correr con todos os gastos. Para poder sustentar parte da súa actividade, a agrupación pide 50 euros como donativo por cada can ou gato que dá en adopción. Neste punto é quizais onde se atopan con máis reticencias, con todo tan só a alimentación, vacúas e chip superan con fartura o donativo solicitado chegando mesmo aos 200 euros.

Levi Levi foi interceptado pola zona de Nigrán cun lazo ao pescozo e leva tamén case dous anos con eles. Grazas a estas mozas os animais menos favorecidos teñen unha segunda oportunidade pero a mensaxe en conclusión é clara, calquera axuda é boa aínda que a que teñen actualmente non é suficiente tanto por parte da sociedade como de Administracións. Aínda queda un longo camiño por percorrer porque aínda que un devandito moi antigo di que o can é o mellor amigo do home, desgraciadamente non todas as persoas creno así. Voluntarias-foto de grupo primer día cousas de val miñor

29


DEPORTES

O CB BAIONA, UN DOS EQUIPOS CON MÁIS # SOLEIRA DA COMARCA E Pablo F. Estévez

Club Baloncesto baiona

O CB Baiona é unha das agrupacións deportivas máis antigas da vila mariñeira, por non dicir a maior, unha idea que xurdiu duns cantos namorados pola práctica deportiva como Manuel Bouzas e Javi López actual técnico de deportes do Concello, entre outros. En 1.999 as cousas era distintas ás de hoxe en día, pouca oferta deportiva, poucas escolas pero moitas ganas. Estes dous amigos e veciños do municipio decidiron facer realidade algo que comezou anecdóticamente oito anos atrás que non era outra que a de fundar un equipo sénior. Aínda que nesta ocasión primeiro foron as escolas para promover a base. “O club chegou un ano despois tras ver os resultados”, explicou Bouzas que actualmente reside en Holanda. “Empezamos con 25 nenos e en dous anos eramos 100”, engadiu. Actualmente o CB Baiona mantén vivo o espírito inicial pero adaptado aos novos tempos e que non é outra que promover o deporte basee inculcando os valores de superación, disciplina e compañeirismo entre os máis pequenos. Adestran no pavillón municipal, no do CEP Cova Terreña, Colexio de Sabarís, ademais das escolas de Fontes, Belesar, Cova terreña, Sabarís e unha para os máis pequenos no colexio de Borreiros. Principios do 2000: A oferta deportiva aumentou Daquela e ao haber pouca variedade o club foise consolidando ata que a competencia deuse conta do oco existente na vila e comezaron a aparecer novas agrupacións que arrancaron con forza e retardaron o desenvolvemento do CB Baiona, fai dous anos apareceu David Castiñeiras, vello coñecido do club e pertencente á súa canteira aínda que residía en Gondomar. Castiñeiras xogou por aquel entón dúas tempadas na categoría junior e foi cando empezou a adestrar a clases inferiores compaxinando as dúas actividades. Posteriormente foise a estudar a Coruña ciencias do deporte e de alí á capital para facer un master e quedou cinco anos como adestrador do Fuenlabrada. Castiñeiras, actual director técnico da agrupación chegou con ganas de darlle unha volta de torca a todo e comezou polo deporte base, é dicir as clases máis inferiores como babybasket, benxamíns ou alevíns, para despois ir subindo. 2018: Máis de 100 xogadores en 12 categorías federadas Na actualidade o CB Baiona conta cunha ducia de categorías federadas máis a escola babybasket e 142 xogadores en activo, o que supón un abanico de idades que van desde os 4 anos ata maiores de 18. Para subsistir sérvense das cotas que cobran aos xogadores, que non chega a sufragar o 50% do orzamento anual necesario, e o resto cóbrese coas actividades que levan a cabo como venda de lotería, o posto da festa da arribada, iniciativas anuais, subvencións do pequeno e mediano comercio local, Torvigo, axudas da Xunta, Deputación e Concello. 30 cousas de val miñor


DEPORTES Manuel en Atlanta co seu equipo

O gran evento: Torneo Minibasket Internacional de Baiona O buque insignia da agrupación é a celebración do “Torneo Minibasket Internacional de Baiona” que leva desenvolvéndose ininterrompidamente desde hai 12 anos. Para facilitar a participación de equipos de fóra da comunidade, fixan as datas o fin de semana anterior a semana santa e o concello bríndalles a loxística como aparcadoiros, instalacións ou servizos extras de limpeza, así como as medallas e actos de entrega de premios, entre outros. Compiten un total de 32 equipos masculinos e femininos na categoría alevín (sub 12). Acoden os mellores de Galicia pero tamén doutras comunidades como León, Valladolid ou Portugal. Trátase do evento deportivo e social que máis xente move. A primeira xornada dedícana a celebrar as fases de grupos e as segunda eliminatorias en catro pistas á vez de 9 da mañá ata as 22 horas, cun total de 74 partidos disputados. A maiores levan a cabo concursos de tiros libres aínda que estes realízanse na tarde do venres. Para facilitar a asistencia de xogadores foráneos, a estes soamente cóbranlles a estancia e dietas mentres que aos demais a cota ascende a 25 euros por grupo para cubrir o seguro federativo e arbitraxe.

Un pouco de historia da man de Manuel Bouzas, cofundador. A historia deste club remóntase a 1.999 pero Manuel Bouzas, un dos fundadores, relatou a esta revista que todo isto procede dunha gran espinita que levaban dentro desde fai oito anos. En 1991, Bouzas presentouse no Concello coas cousas moi claras, entre outros lle acompañaban Rafa Sierra e Santiago Vaz, e non era outra que montar o primeiro equipo de baloncesto do municipio para poder competir e facer o que lles gustaba, encestar. “Tiñamos ata os equipamentos, aínda conservo o meu”, confesou. Finalmente todo quedou en saco roto pero tempo despois naceu o CB Baiona. “Alégrame ver que mozos como David ou Xose Lenda sigan á fronte do que creamos, vímolos crecer como persoas e evolucionar como xogadores. A situación actual faime moi feliz”, explicou. Bouzas segue todos os progresos da agrupación deportiva, antes desde EEUU onde traballaba como adestrador e agora desde Holanda, o seu lugar de residencia. “Quizais algún día regrese para formar parte dos que sempre foi a miña casa, os meus amigos dicíanme con sorna, xa tes novo colchón no pavillón”, engadiu entre risas.


AXENDA NIGRÁN

PROGRAMACIÓN CULTURAL XULLO

SOLPOR MONTEFERRO - Música ao atardecer AGENDA CANGAS 6-7 XULLO. MIRADOIRO DE MONTEFERRO. 20:00-00:00 H. Venres, 19 de novembro 21:00hs. IN THE LOOP. Proxección cinematográfica en V.O.S.E. Organiza: Cine Club Cangas Venres, 26 e Sábado, 27 de novembro 21:00hs. TEATRO DO MORCEGO. Presenta: OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE Entrada: 5€ Domingo, 28 de novembro 19:00hs. FESTIVAL SOLIDARIO A FAVOR ADICAM Venres, 3 de decembro 21:00hs. ORQUESTRA DE SAXOS DO CONSERVATORIO DE REDONDELA Concerto benéfico a favor da Asc. Santiago Apostol e a Fundación San Vicente de Paul Entradas.- adultos: 5€ nenas e nenos: 3€ Venres, 10 de decembro 21:00hs. TULPAN. Proxección cinematográfica en V.O.S.E. MIDNIGHTCine PAINT Organiza: ClubPARTY Cangas Música electrónica, baile e pintura 14 DE XULLO. PRAIA AMÉRICA. Sábado, 11 de decembro 18:00hs. DE 15:00 A 23:00 H. FESTIVAL BENEFICO A FAVOR DE “CARITAS CANGAS” VIVE NIGRÁN-Picnic-pop festival 20-21 DE CAMPO DE FUTBOL DE LOURIDO. Venres, 17 XULLO. de decembro 20:00hs.

CONCERTO DE NADAL DO CONSERVATORIO PROFESIONAL E DA ESCOLA DE MÚSICA GLI APASSIONATI-Concerto MUNICIPAL DE CANGAS 25 DE XULLO. ALAMEDA DE A RAMALLOSA. 22:00 horas Entrada de balde RILLA NA -Food trucks e animación Sábado, 18 RÚA de decembro 19:00hs. Musical DE ALAMEDA LA SELVA DE A RAMALLOSA DO 26 AOEL 29 LIBRO DE XULLO. Público infantil e familiar Entrada: 15€ Domingo, 19 de decembro 20:00hs. CONCERTO DE PANXOLIÑAS DE NADAL Coa participación de agrupacións de música vocal de Cangas e a Banda de Música Bellas Artes Entrada de balde Domingo, 26 de decembro 20:00hs. CORO YOUSEI (Xapón) Formación coral de voces femininas xaponesas de recoñecido prestixio internacional, de xira por Europa. Entrada.- Butaca: 20€ Anfiteatro: 17€

32

cousas de val miñor

Mércores, 29 de decembro Musical GREASE Tour´- BRILLANTINA Entrada.- Butaca: 23€ Anfiteatro: 21€ Xoves, 30 de decembro 19:00hs. TEATRO DO MORCEGO. Presenta: SALTIMBANQUIS Público infantil e familiar Entradas.- adultos: 5€ nenas e nenos: 3€

CINE CICLO: NUEVO CINE ITALIANO Do 21 de setembro ao 30 de novembro Fundacion Caixa Galicia –Pontevedra XII NIGRANJAZZI MOSTRA DE CINE DOCUMENTAL Festival de JazzDOCUTOPÍA ALTERNATIVO DE XULLO. DA FOZ. Do27-28 2 de novembro aoESTEIRO 4 de decembro Espazo cultural Negra Sombra Blues, no Café Uf (Pracer, 19) Vigo XXIV FESTIVAL CINEROUPA Ampla programación de máis dde 130 películas: estreas recén saidas dos mellores festivais e de filmes galardoados en 2010 Do 10 de novembro ao 3 de decembro Santiago de Compostela

CONCERTOS

THE ZOMBIES 11 de novembro 22:00 horas Sala Mondo -Vigo

ISMAEL SERRANO 11 de noviembre 20:30 horas. Centro Cultural Caixanova- Vigo

THE WAVE PICTURES 12 de novembro Sala Mondo-Vigo

THE STRANGE BOYS 13 de novembro La Iguana Club – Vigo

ABA TAANO 14 de novembro 20:30 horas Centro Cultural Caixanova- Vigo


AXENDA BAIONA

PROGRAMACIÓN CULTURAL

DESBUNDIXIE 14 de novembro Aala Aturuxo- Bueu

FITO Y FITIPALDIS 19 de novembro 21:30 horas Multiusos Fontes de Sar- Santiago de Compostela

MIGUEL RÍOS GIRA “BYE BYE RIOS ROCK HASTA EL FINAL” 20 de novembro Coliseum- A Coruña FUEL FANDANGO 26 de novembro 22:30 horas Entrada 6 euros Sala Aturuxo- Bueu

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 1 de decembro Auditorio Caixanova -Pontevedra

EXPOSICIÓNS OS MUNDOS DE GONZALO TORRENTE BALLESTER EXPOSICIÓNS: Ata o 14 de novembro Capitanía. Horario 19,00h - 22,00h Museo de Pontevedra - Pontevedra Do 16 xullo-9 agosto. Ángeles Jorreto (Técnica mixta) A Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais e a Do 10 agosto-2 setembro. Antón Pulido (Técnica mixta) Fundación Gonzalo Torrente Ballester lembran ao autor de “Los gozos y las sombras” no centenario do seu nacemento coa exposición “Os mundos de Gonzalo Torrente Ballester”, FESTAS DA ANUNCIADA que percorre a traxectoria vital e literaria do escritor a través Parque da Palma de máis de 150 piezas (moitas delas inéditas) entre manuscri3 de agosto. 23,00h Rock de Sherpa (Ex Baron Rojo) tos, libros, artigos de prensa, cartas, fotografías, carteis, dibu4xos dee agosto. Grane Tirada depersonais Fuegos que nos achediversos 24,00h documentos obxectos gan a súa iconografía persoal. Costas A mostra que está comisariada 00,30h Miguel (versiones años 80) por Carmen Becerra eNacha MiguelPop Fernández-Cid, complétase co documental GTBxGTB. 5 de agosto. 22,00h Amistades Peligrosas, Blas Cantó, PANO DE FONDOOrquesta Mondragón Ata o 15 de novembro Centro Social Caixanova - Pontevedra

grafías. As imágenes captadas falan da vida rural, a emigración, a presencia da morte, a incorporación da electricidade ou a presencia do teléfono na vida diaria. NOSOTROS TAMBIÉN FUIMOS EMIGRANTES Ata o 26 de novembro Sede Náutica Caixa Galicia - Sanxenxo

As imaxes que recolle esta exposición, obtidas da fototeca da Axencia EFE intentan reconstruir os movementos migratorios que se produciron no noso país ao concluir a guerra civil. As emigracións forzadas da fame ou do exilio levarían a un bo número de españois a refuxiarse en países europeos e americanos. EXPOSICIÓN “VIGO, A COR E A PALABRA” Ata o 28 de novembro Centro Cultural Caixanova- Vigo

Artistas vigueses aportarán obras para conmemorar o Bicentenario da Cidade. A oferta expositiva complétsea cunha nova edición da Wildlife Photographer of the Year 2010, e a coprodución, co Museo do Mar, de Fillos do océano, d fotógrafo vigués Javier Teniente.

Miradas. Realidades, expresiones, tramas. Arte en Galicia desde 1975 Ata o 16 de xaneiro de 2011 Fundación Caixa Galicia - Pontevedra

O proxecto expositivo e editorial «Miradas», é unha iniciativa que sitúa as obras da colección baixo a perspectiva particular dos comisarios que toman parte nesta serie de catro mostras. Fernando Castro, Alfonso de la Torre, Fernando Huici e Iria Candela presentan unha coidada selección dos fondos da Colección Caixa Galicia, centrándose cada un en núcleos temáticos diversos pero complementarios. Visitas para grupos, concertar no teléfono 982 289 096. Visitas para público xeral, mércores ás 19.30 h. Horario de apertura ao público: De luns a sábado, 12-14 h e 18-21 h. Domingos e festivos, 12-14 h.

Exposición que aborda o retrato realizado nos estudos galegos, centrándose dun xeito especial na primeira mitade do século XX, periodo de extraordinaria riqueza neste aspecto. 10 de agosto. A base da mostra son os fondos que os fotógrafos colocaban 23,00h da Palma tras os retratados no afán de idealizar que lle era propioParque á pintura da época. Desde humildes colchas a “panos” máis de Milladoiro Concierto elaborados con paisaxes ou interiores de pazos, a exposición nos permite advertir a importancia deste elemento nas foto-

cousas de val miñor

33


QUEN É QUEN NO RUEIRO

Rúas de... Nigrán e Baiona

Rúa Tomás Mirambell A Rúa Tomás Mirambell lembra a este mariño e empresario catalán vencellado á historia recente do Val Miñor e a cidade de Vigo. Nacido en Masnou (Barcelona) en 1862, chegou a Vigo con preto de vinte anos e estableceuse na cidade para dedicarse á industria de efectos navales, coa casa comercial Bertrán e Mirambell. Fundou a Cordelería Ibérica de Toralla, fábrica de redes que empregaba a unhas setenta persoas nos seus primeiros tempos. Foi nomeado fillo adoptivo de Vigo xa que os seus esforzos polo desenvolvemento económico e comercial da cidade foron moi destacados. Desde a súa presidencia na Cámara de Comercio, de 1924 a 1930, convocou ás forzas da cidade a unha asemblea en 1927 para constituír a Unión de Entidades Viguesas, precedente da Fundación Provigo. Tamén participou nas iniciativas de creación do Banco de Vigo, ou a Sociedad de Abastecimiento de Aguas. Foi o fundador e presidente efémero do novo Círculo Mercantil. Xunto con Martín Echegaray e Ceferino Maestú formou a primeira comisión encargada de iniciar o proxecto do tranvía, ata chegar á vicepresidencia da sociedade tranviaria. Unha das súas prioridades era que Vigo constituísese no porto máis importante do Atlántico. O seu interese pola industria do mar queda patente cos reiterados intentos para promover unha Exposición Internacional da Pesca. O seu fervor polo mundo do mar tamén se reflicte no monumento de Monteferro dedicado aos mariMonteferro ños de varios países. Aínda que a iniciativa xurdiu do cónsul de Gran Bretaña en Vigo, Mr. Nightingale, tras finalizar a Primeira Guerra Mundial, o monumento levantouse grazas ao apoio incondicional do sétimo presidente da Cámara. Mirambell era un empresario preparado. Fundou a Asociación Xeral de Cultura, que loitou desde 1912 por diferentes causas viguesas. Escribía en cabeceras como Faro de Vigo, El Pueblo Gallego ou La Lucha. Na prensa expresaba as súas ideas galeguistas e á vez federalistas. Non só o porto ou a pesca, senón tamén a rede de comunicacións por terra con Madrid e a defensa de Vigo foron outras das súas preocupacións. Con todo, malia a súa conciencia política, rexeitou en varias ocasións a responsabilidade de converterse en alcalde da cidade. En 1931, logo dunha presidencia fructífera da Cámara, Mirambell foi nomeado presidente de honor, a única persoa que tras desempeñar o cargo efectivo, recibiría esa distinción. Fonte: Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcia de Arousa




Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.