COUSAS DE Val Miñor Nº21

Page 1

Revista de Baiona, Gondomar e Nigrán Distribución gratuita Ano VI / nº21 outono 2018

RÍAS BAIXAS | 4

RUTAS | 20

GALICIA SOLIDARIA | 28

DEPORTES | 30

PATRIMONIO FORTIFICADO

O PAN NOSO DE CADA DÍA...

AVELAÍÑA EN BAIONA

VERTIATLON SOLIDARIO


“As Xornadas Enxebre” Octubre

Diciembre, Enero, y Febrero

Sábados (almuerzos y cenas) Domingos (almuerzos)

Sábados (almuerzos y cenas) Domingos (almuerzos)

“O Mexilón galego”

“O Cocido Enxebre”

Mejillones al vapor Mejillones en escabeche casero Mejillones a la gallega Empanada artesana con mejillones Ensalada con mejillones en tempura Arroz con mejillones y gambas

8,00 € 8,00 € 8,00 € 8,00 € 8,50 € 9,50 €

Sopa de cocido Cocido completo Natillas caseras con tejas Agua, vino, café, y chupito 25,00 € por persona IVA incluido

Reserve su mesa en el 986 355000 o en baiona@parador.es www.parador.es


Foto portada: A Porta Principal da Fortaleza de Montereal, chamada de Felipe IV, foi testemuña de privilexio da IV edición do Vertiatlon Solidario. ÍNDICE

EDITORIAL

4

RÍAS BAIXAS

6

PÁXINA SEIS

8

NOVAS VAL MIÑOR

12 NOVAS NIGRÁN

O CAMIÑO A estampa dos peregrinos percorrendo as vilas por onde pasa O Camiño, os seus lugares emblemáticos e mesmo andando pola estrada, constitúe xa unha imaxe máis do día a día, en moitas vilas de Galicia. A Ruta Xacobea é desde o descubrimento do sepulcro do apóstolo a principios do século IX, unha das principais rutas de peregrinación que acabou formando, desde os máis diversos puntos de Europa, unha densa rede de itinerarios coñecida no seu conxunto como o Camiño de Santiago. A procedente de Portugal é a segunda ruta máis transitada e sen dúbida unha das máis relevantes pola súa singularidade. Na actualidade os peregrinos que veñen do pais veciño teñen dous posibles itinerarios, utilizar o camiño tradicional do centro ou pola costa. En ambos casos, os datos a día de hoxe resultan abafadores. Desde o outro lado do Miño, na veciña Valença, esperan un incremento dun 35% máis de peregrinos durante este ano. Pola súa banda, o Camiño Portugués da Costa multiplica por cinco a súa cifra de peregrinos desde que foi recoñecido oficialmente hai dous anos. Os datos rexistrados na Guarda dan conta deste incremento no primeiro semestre de 2018. Estes datos deberían facernos reflexionar na dirección de aproveitar esta oportunidade que temos, xa que as zonas polas que pasa o Camiño revitalízanse con pequenos proxectos empresariais, como facilitar hospedaxe, etc. Apostar polo Camiño é outra fórmula moi eficaz para dar un impulso ás economías locais. O próximo Ano Santo Compostelán será en 2021 e con él a máis que previsible chegada masiva de peregrinos. Por este motivo debemos prestar todos, non só as institucións, especial atención a detalles como a seguridade do percorrido. Están a darse casos nos que se manipulan os símbolos para obrigar aos peregrinos a pasar por lugares afastados do trazado oficial, moi posiblemente por algún interese hostaleiro. “O Camiño debe ser unha contorna segura”. Aproveitemos esta opotunidade e traballemos xuntos para desenvolver un turismo de calidade e sostible, que poña en valor o noso patrimonio e que nos sírva para alcanzar un futuro mellor, que nos permita crecer persoal e profesionalmente nesta marabillosa terra.

14 NOVAS BAIONA 18 NOVAS GONDOMAR 20 O PAN NOSO DE CADA DÍA... 26 OCIO 28 AVELAÍÑA 30 VERTIATLON SOLIDARIO 32 AXENDA 34 QUEN É QUEN NO RUEIRO: RÚA DE JOSÉ ELDUAYEN

Ano VI / Nº 21 outono 2018 Revista de información local de Baiona, Nigrán e Gondomar. Xestión Publicidade: 626 993 480 Edición, redacción e distribución: EDICIONES BASAN, S.L. C/ López de Neira, nº 3, 3º. 36202 Vigo Deseño e maquetación: CREACIÓN ANIMAL Colaboración na redacción: Anxo Rodríguez Lemos Álvaro Peralta Pablo Fernández Estévez Fotografia: Arquivo Ediciones Basan, prensa Concellos Baiona, e Nigrán, Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia. www.cousasde.com cousasde@edicionesbasan.com facebook.com/cousasdevalminor Depósito Legal: C 3539-2010 A empresa resérvase todos os dereitos da publicación, sen que poida reproducirse total ou parcialmente o seu contido, sen o consentimento previo dos editores.

cousas de val miñor

3


RÍAS BAIXAS

UN FORMIDABLE PATRIMONIO FORTIFICADO, NUNHA PAISAXE MÁXICA Atopaches o boi agochado na muralla da fortaleza de Baiona? Descubriches o segredo da cámara da raíña Urraca no castelo de Salvaterra de Miño? Estes son algúns dos atrativos e misterios que ofrece o patrimonio fortificado da provincia de Pontevedra. Mesturados con harmonía nas fermosas paisaxes do sur atlántico galego e a poucos minutos das nosas casas nos esperan castelos, fortalezas, murallas e torres. Testemuñan un pasado de batallas, invasións, feudos, revoltas e loitas de poder en Galicia, os demais reinos da España no medievo e Portugal. Somos Historias, e moitas delas están escritas con lume na pedra deste legado. A ruta polas Rías Baixas depara apaixonantes relatos esculpidos sobre estes recintos situados en contornas idílicas. Fortalezas para viaxar no tempo Se algunha vez soñaches con vivir unha aventura como a dos relatos de cabalería ou as series televisivas con temática medieval, na provincia de Pontevedra atoparás un escenario ideal para gozar dunha experiencia única que se converterá en parte da túa historia. Testemuñas de numerosos acontecementos que van marcar o devir do país ao longo dos séculos as fortificacións pontevedresas eríxense como estandartes dunha cultura ancestral que aínda nos asombra e intriga hoxe. A fortaleza de Monterreal (Baiona) Cunha extensión de 180.000 metros cadrados de superficie e 3 quilómetros de murallas con ameas, a fortaleza de Monterreal conta ademais con tres coñecidas torres defensivas: a torre da Rolda, a do Reloxo e a do Príncipe, onde, segundo a lenda, un príncipe enmascarado da casa de Austria estivo prisioneiro. Na actualidade a fortificación acolle o Parador do Conde de Gondomar, emblema desta vila real que ofrece na actualidade múltiples opcións para deleite turístico e gastronómico. Castelo de Salvaterra de Miño Nunha situación estratéxica á beira do río Miño convértese nunha privilexiada atalaia onde gozar de incribles vistas. O recinto amurallado de Salvaterra de Miño, data do século XVII, Conta cunha capela central sobre a porta principal da Virxe da Oliveira, vestixio da ocupación portuguesa no século XVII, Salienta o recinto da Casa do Conde, na que se atopan as covas de Dona Urraca e as súas grandes estancias abovedadas, deseño do enxeñeiro francés Carlos de Lessar. Castelo de Santa Cruz (A Guarda) O castelo debe o seu nome a Álvaro de Bazán, marqués de Santa Cruz, capitán xeral da Armada en tempos de Carlos V. Construída en 1663 tras a toma de Goián polos portugueses con fin defensivos, empregouse con diversos usos ao longo da súa historia, desde fábrica de embutidos a casa de cerámica para converterse actualmente nun fantástico enclave público desde onde contemplar o Miño. 4

cousas de val miñor


RÍAS BAIXAS Fortaleza de San Lourenzo (Goián) A fortaleza foi construída por orde de Mariana de Austria en 1671tras o tratado de Paz de Lisboa. Cunha planta rectangular e catro baluartes nas súas esquinas, a fotaleza de San Lourenzo estaba rodeada por un gran foso e contaba con numerosas dependencias, hoxe desaparecidas: a casa dos oficiais, os almacéns e as cortes, unha capela a casa do capelán, unha panadería e unha cantina. Agora ofrece unha impresionante panorámica da fronteira natural do río Miño, unha paisaxe embriagadora que fará as delicias de toda a familia.

Fortaleza do Castro e castelo de San Sebastián (Vigo) Tras diversos proxectos para fortificar Vigo no século XVI a fin de protexer a cidade dos frecuentes ataques ingleses a obra non se afrontou ata un século despois, en 1665, en plena guerra con Portugal. Debido á agreste orografía construíuse unha muralla irregular con tres baluartes rodeando a cidade. Ese plan de fortificación contemplaba a unión das fotalezas do Castro e de San Sebastián, entre as que, segundo a lenda, existían varios túneles subterráneos que ademais comunicaban con outros puntos estratéxicos da cidade. Outras fortalezas preto de Vigo A provincia de Pontevedra conta con máis exemplos do seu cuantioso patrimonio fortificado. Así, no monte Galiñeiro, moi próximo á cidade de Vigo, podemos atopar os restos dunha antiga fortificación con fins de vixilancia, situada no norte da serra e hoxe reconvertida en atalaia. O castelo de Soutomaior, outrora centro de poder de gran relevancia en España e Portugal na época medieval, desde onde aseñorou Pedro Madruga no século XV, impoñente altar ao fondo da ría de Vigo, que rodea un Xardín de Excelencia Internacional. O de Sobroso, no que foi asediada a raíña Dona Urraca, domina o entorno entre Mondariz e Ponteareas. Todas estas fortificacións son unha pegada viva da historia e un marco icomparable para vivir en familia lembranzas para toda unha vida. Unha oportunidade única de reencontrarse co pasado máis novelesco para constuír un futuro máxico repleto de aventuras.


PÁXINA SEIS

A CASA DA NAVEGACIÓN: UN MUSEO NO VAL MIÑOR Por Rosa Villar Quinteiro Hai tres anos que se inaugurou a Casa da Navegación de Baiona. Un pequeno museo local nacido a partir do convencemento de que a enorme historia desta Vila e das súas xentes merece ser investigada, conservada e divulgada. E isto inclúe todo o relacionado coa Vila, seus habitantes, o porto, o mar, a paisaxe... A partires deste rico patrimonio na Casa da Navegación constrúese un relato que transcende o tempo ata a fundación desta Vila, nun espazo reducido que obriga a seleccionar as cousas que queremos contar e que consideramos importantes para o público xeral, pero sobre todo, para os veciños de Baiona e Val Miñor. Como pequeno museo local, a Casa traballa para establecer un diálogo cos seus veciños e provocar a reflexión sobre o pasado e o presente. Eles son os interlocutores directos aos que se dirixe o relato. E por suposto, con todos os públicos que queiran visitarnos. Un museo local ten que traballar por ser o arquivo da memoria histórica da vila e iso inclúe o pasado pero tamén o presente. Construímos o relato a partires de documentos, pezas, fotos, e investigación. A importancia dun museo non se mide polo valor dos seus fondos, senón pola mensaxe que consegue transmitir, ata o punto de que ainda que tivésemos a mesma momia de Martín Alonso Pinzón, se non construímos un relato para que todos os públicos poidan comprendela e apreciala, quedariámonos soamente nunha colección de obxectos soltos se máis valor que o de mercado. O coleccionismo non pode confundirse coa museoloxía. O coleccionismo non constrúe relato, é privado e como tal, non está suxeito a leis nin ordenación algunha, non garante a conservación nin a protección nin a divulgación. Simplemente é patrimonio privado suxeito ás decisións do propietario. Un museo é unha institución pública creada para garantir a investigación, protección, conservación e divulgación do patrimonio. Outros mecanismos para establecer o diálogo cos públicos son a organización de eventos, conferencias e charlas divulgativas sobre temáticas relacionadas coa Vila, exposicións temporais, visitas comentadas, presentación da peza do mes e outras actividades que seguiremos a desenvolver. É preciso ofrecer alternativas de ocio cultural, cada vez o público interesase máis polo patrimonio e o que hai de auténtico nos sitios que visitan. O obxectivo é tentar que o público atope no noso relato algo que lles quede na memoria. A través do libro de visitas dámonos conta que uns agradecen o descubrimento de que o símbolo do dólar americano está no noso escudo nacional e mesmo o nome do dólar corresponde a unha moeda española acuñada para América; outros, que o papel xogado por España na independencia dos Estados Unidos foi decisivo e que desde entón teñen con nós unha débeda histórica; outros decátanse de que en realidade cando Pinzón chegou a Baiona, esta xa tiña un desenvolvemento urbano e económico pleno, xa estaba posicionada como porto comercial daquela; outros reflexionan en col da importancia da pesca no século XX ou nos perigos que para a navegación ten Cabo Silleiro... Todo un universo de pequenos retazos do noso pasado que nos axudan a entendernos e a poñer en valor o noso patrimonio.

6

cousas de val miñor



NOVAS VAL MIÑOR A SOLIDARIEDADE TEN NOME PROPIO:

CHANDEBRITO.

E Pablo F. Estévez O 15 de outubro de 2017 marcou un antes e un despois na retina da maioría de galegos con máis de 200 incendios detectados en toda a comunidade e una superficie calcinada que superou as 40.000 hectáreas. As condicións metereolóxicas, a intencionalidade do ser humano e uns medios de extinción limitados deron como resultado un auténtico inferno e que na parroquia nigranesa de Chandebrito saldouse con dúas vítimas mortais, ademais do 95% dos seus montes queimados. A pesar de que a de Nigrán foi a máis castigada, os incendios detectados no resto de concellos deixaron estampas de solidariedade xa que sen previo aviso e de maneira improvisada centos de veciños formaron auténticas cadeas humanas para sufocar, cos medios que estaban á súa disposición, unha das ondas máis virulentas de todos os tempos. Unha vez controlados, os perxudicados trataron de recobrar a normalidade convivindo cunha paisaxe practicamente morta. A partir de aquí comezaron diversas iniciativas de carácter público e privado para recuperar a biodiversidade e os elementos perdidos fai agora un ano, con especies autóctonas, e diminuír, na medida do posible, as variedades invasoras como o piñeiro e eucalipto que ademais son moi inflamables. Esta revista puido recoller polo menos cinco delas en Chandebrito, aínda que a máis recente tamén en Baiona. 8

cousas de val miñor

Reporteros en Red e o grupo de xardineros do Centro Juan María tamén estiveron presentes para axudar a reforestar

Máis alá de Chandebrito O 14 de setembro tivo lugar unha xornada de reforestación no monte Sansón que dá cobixo á Virxe da Rocha en Baiona, e que ademais contou cunha anfitrioa moi especial. A actriz viguesa María Castro acudiu para participar na iniciativa como paso previo á súa voda, que tivo lugar ese mesmo fin de semana no Parador Conde de Gondomar. Foi acompañada da súa parella e invitados á ceremonia, para participar activamente na actividade que se estendeu ao longo da mañá do venres, ademais de voluntarios e veciños do municipio que plantaron un total de 100 exemplares de Carballo autóctono previamente xerminados e cun tamaño de 60 centímetros. A vinculación que ten a actriz coa vila mariñeira propiciou que o seu marido, Jose Manuel Villalba, tras pedirlle matrimonio nun coñecido programa televisivo, propuxéralle participar na actividade cos veciños do municipio.


NOVAS VAL MIÑOR Moito por facer O presidente da mancomunidade de montes de Chandebrito, Víctor Manuel Vidal, explicou que a cantidade de especies plantadas supera con fartura as 10.000 unidades pero que “aínda queda moito traballo por facer”. Vidal explicou que actualmente teñen outras 3.500 encabanadas á espera de que chegue a época adecuada para plantalos, que será “a partir do mes que vén”. Ás actividades xa realizadas súmanselles outras en cola como as expostas por Adena, ENCE ou o semillado de 40 hectáreas grazas á Sociedade de Caza da Amizade de Nigrán. En total repoboarán 30 hectáreas de árbores. “Manda Carballo” Preto dun centenar de alumnos de primaria, bacharelato e ESO do colexio Salesianos de Vigo plantaron mil douscentos exemplares de carballos no pasado mes de abril, cuxas sementes que comezaron a germinarse a inicios de novembro en tetrabricks e que unha vez que tiveron a suficiente forza distribuíronse na contorna do muíño, xusto en fronte do monte do Castro. Ademais do colexio vigués tamén participaron en actividades similares veciños e alumnos dos centros educativos Estudo e Marcote, entre outros.

DO VAL MIÑOR cousas de val miñor

9


NOVAS VAL MIÑOR Recuperación da pasarela do Castro Un dos elementos recuperados foi o da pasarela que une o Castro co monte e miradoiro e que ao mesmo tempo os fai accesibles. A estrutura orixinal, realizada integramente en madeira desapareceu por completo e o Concello de Nigrán encargouse persoalmente da súa reconstrución. Un paseo de 200 metros de longo finalizado a principios de xuño e para os que foron necesarios 18.500 euros.

Bosque “Volando Voy” Sen dúbida una das actividades relacionadas que espertou máis expectación foi a da visita do presentador televisivo e aventureiro, Jesús Calleja, que xunto ao equipo de “Volando Voy”, estiveron na zona durante unha semana. Aquí aproveitaron para entrevistarse con veciños que sufriron nas súas carnes as consecuencias do 15 de outubro, realizaron simulacros para a detección de incendios con drons de última xeración, e plantaron un milleiro de árbores nun espazo bautizado como o “Bosque Volando Voy”. Como anécdota, Calleja confesou ser coñecedor da zona xa que veraneou en Praia América durante 10 anos seguidos. Instalación dun valo contedor de 100 metros de longo. Debido ás chamas, tanto a vexetación como as raíces que cubrían a superficie do monte do Castro quedaron calcinadas deixando ao descuberto unha gran cantidade de pedras de gran tamaño e tonelaxe. Éstas ao estar orientadas cara á zona de vivendas crearon unha alarma considerable entre os veciños polos riscos potenciais de desprendemento. A pesar de que un estudo elaborado pola escola de enxeñería de minas do CUVI desvelou que non había riscos inminentes, desde as diferentes Administracións optaron por tomar medidas preventivas e encargaron ao devandito organismo o deseño dun sistema de retención, cuxa colocación se rematou a finais de xuño por valor de 64.000 euros. 10

cousas de val miñor


NOVAS VAL MIÑOR

“O Bosque da Memoria” Esta foi unha das últimas iniciativas levadas a cabo e cuxa inauguración celebrouse o pasado 10 de agosto. A iniciativa fíxose en colaboración entre a mancomunidade de montes, a ONG Galicia Ambiental e a empresa privada C&A que destinou 23.000 euros para plantar medio centenar de árbores de seis especies diferentes, a colocación paneis informativos, mobiliario ao aire libre, a formación de “embaixadoras de Chandebrito”, a celebración de xornadas de concienciación e a edición dun libro conmemorativo que se presentará o 15 deste mes (outubro).

cousas de val miñor

11


NOVAS NIGRÁN 'AS INVASORAS', PRIMEIRO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MEDIOMBIENTAL O Concello de Nigrán convocou este concurso coa finalidade de concienciar visitantes e veciños da existencia de plantas invasoras no Ecosistema Dunar de Praia América- Panxón a través de imaxes fotográficas sobre especies de flora invasoras e que están presentes nas zonas próximas ao ecosistema dunar, ao mesmo tempo que se difunde o coñecemento destas especies. O Concello de Nigrán conta cunha importante diversidade de flora e fauna, destacando o Ecosistema Dunar de Praia América- Panxón. Este lugar é un punto turístico importante dentro do municipio, motivo polo cal é interesante axuntar ou coñecemento co lecer. Nigrán tamén forma parte da Rede de Gobernos Locais pola Biodiversidade da FEMP, considerando importante a difusión de información sobre as especies invasoras, neste caso de flora.

O primeiro premio recae en María Gutiérrez Cedrón, o segundo en Fernando de la Peña Moreira e o terceiro en Álvaro Rodríguez Pérez 1º premio

2º premio

3º premio

A fotografía elixida como gañadora pertence a María Gutiérrez Cedrón, nela pódense ver a unha parella de gorrións posada en sendas herbas da pampa. O xurado valorou a calidade técnica e artística da imaxe, a capacidade para comunicar visualmente a existencia desa invasora e a orixinalidade e creatividade da mesma, xa que mestura fauna autóctona con flora foránea. O segundo premio recae en Fernando De La Peña Moreira cunha posta de sol sobre o sistema dunar no que se aprecia herba da pampa, entre outras. Finalmente, o terceiro premio é para Álvaro Rodríguez Pérez tamén por unha paisaxe dunar onde se ven diferentes invasoras. Os gañadores levarán respectivamente un curso de surf semanal para dúas persoas (1º), unha travesía de Paddle Surf tamén para dúas persoas o segundo (en ámbolos casos ofrecido por Prado Surf) e un agasallo conmemorativo (3º). As trece imaxes que cumpliron as bases para participar no concurso están colgadas no Facebook do Concello de Nigrán baixo o hashtag #invasorasnigran.

12

cousas de val miñor


NOVAS NIGRÁN ESPECIES INVASORAS Cortaderia selloana / HIERBA DE LA PAMPA PROCEDENCIA: Especie nativa de América do sur. IMPACTOS: Modifica a paisaxe e compite con especies autóctonas modificando a dispoñibilidade dos recursos hídricos. Os seus grandes macollas desprazan a outras especies autóctonas. Pode facerse localmente dominante nos ecosistemas dunares, xa que unha vez establecida, pode estender as súas raíces laterais ata 2 m ao redor e 3,5 m de profundidade, ocupando un volume de chan de máis de 30 m.

Arctotheca calendula (L.) Lewyns / MARGARITA AFRICANA PROCEDENCIA: Especie nativa do sur de África. IMPACTOS: Despraza ás especies autóctonas de areais costeiros por competencia do espazo e alteración do medio. Esta especie pode facerse localmente dominante en comunidades nitrófilas que invaden praias e dunas polo que, debido á excesiva presión humana e ás verteduras de desperdicios, que limitan ás comunidades dunares, poden alcanzar un papel preponderante

PROCEDENCIA: Especie orixinaria de América, central ou do norte. IMPACTOS: Os maiores problemas da invasión desta especie son os causados como mala herba de cultivos, aínda que máis raramente, tamén pode afectar ambientes naturais, sobre todo costeiros, como dunas ou marxes de lagoas costeiras ou marismas.

Carpobrotus edulis L. / UÑA DE GATO PROCEDENCIA: Rexión do Cabo (Sudáfrica). IMPACTOS: Cando aparece chega a formar unha densa alfombra que cobre o chan case por completo,competindo, coa vexetación e desprazando ás demais especies autóctonas. Ao diminuír a dispoñibilidade de nutrientes, da luz incidente no chan e alterar o pH do substrato pode facer desaparecer á vexetación nativa.

Arundo donax L. / CAÑA PROCEDENCIA: Sur de Asia. IMPACTOS: provocan profundas transformacións dos ecosistemas que invaden en todo o mundo. Por exemplo, o denso sistema radicular de moitas destas plantas pode inhibir a adquisición de auga e nutrientes por parte das especies nativas, mentres que o seu parte aérea pode formar unha densa cuberta que impida a germinación e o crecemento das especies nativas.

Yucca gloriosa (L.) / AGAVACEAE PROCEDENCIA: Especie orixinaria de América. IMPACTOS: Cando aparece en zonas áridas compite ventajosamente coa vexetación nativa, ao crecer formando comunidades densas que dificultan a rexeneración natural, especialmente nas zonas máis alteradas. Compite con especies de flora autóctona dos sistemas dunares e das matogueiras costeiras.

Conyza bonariensis (L.)

VIVE NIGRÁN!

cousas de val miñor

13


NOVAS BAIONA

O CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA MULTIPLICA POR CINCO A SÚA CIFRA DE PEREGRINOS DESDE O SEU RECOÑECEMENTO OFICIAL HAI DOUS ANOS

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio LópezChaves, acompañados polo alcalde de Baiona, Ángel Rodal Almuíña, realizaron unha andaina polo Camiño Portugués da Costa promovida por o concello de Baiona, coa que conmemoraron o segundo aniversario do recoñecemento oficial desde itinerario xacobeo, que se fixo efectivo coa entrada en vigor da Lei do patrimonio cultural de Galicia en agosto do ano 2016. Desde que o Camiño Portugués da Costa acadara esta distinción, o número de peregrinos que o percorreron multiplicouse por cinco, ao pasar de 1.474 persoas en 2015 as preto de 8.000 que o realizaron xa neste 2018. Dáse así a circunstancia de que en só oito meses se teña xa superado o volume de todo o ano 2017, o que amosa, como sinalou a responsable de Turismo do Goberno galego, a vitalidade desta ruta xacobea e o interese que esperta nos camiñantes que peregrinan desde o sur da Comunidade. Na actualidade, é o sexto itinerario máis percorrido e concentra o 3,7% dos camiñantes, fronte ao 0,56% de hai tres anos. Esta evolución está a ser acompañada polo Plan director do Camiño de Santiago, que lidera a Xunta e que en 2018 centra os seus investimentos no Camiño Portugués e no Camiño Portugués da Costa, seguindo o calendario previsto para as diferentes rutas que contan co recoñecemento oficial co obxectivo é que estean nun estado óptimo no Xacobeo 2021. Entre as medidas do Plan director inclúese o proxecto de sinalización e mellora do Camiño Portugués da Costa ou o futuro albergue de Vigo e actividades divulgativas e culturais como a exposición De mar a mar, actualmente na cidade lusa de Coimbra, e o programa de artes escénicas Vive o Camiño. 14

cousas de val miñor


NOVAS BAIONA Cooperación con Portugal Desde a Xunta confirman que se está a traballar na xestión do Camiño de Santiago a través de iniciativas como o proxecto europeo Fazer Caminho, que aspira a consolidalo na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e impulsar o seu aproveitamento sustentable como un recurso cultural e natural transfronteirizo capaz de xerar actividades que contribúan ao seu desenvolvemento. O Camiño de Santiago e Baiona Esta ruta xacobea que pasa pola vila de Baiona conta cunha gran afluencia de peregrinos. Cidadáns de todo o mundo percórrena. Proba diso dan os datos facilitados pola oficina de turismo que testemuñan que o 78% (1.809) dos camiñantes rexistrados en 2017 son estranxeiros. Analizando as procedencias tamén se notou un cambio con respecto a anos anteriores: aínda que o perfil tipo segue sendo dun peregrino estranxeiro, durante este ano notouse o aumento de peregrinos nacionais, un 22% (507). O principal país emisor de peregrinos ao Camiño Portugués pola Costa este ano é Italia, ata agora os principais camiñantes procedían de Portugal que agora ocupan o segundo posto. A Oficina de Turismo igualmente recibiu varios grupos organizados do noso país. A porcentaxe de camiñantes que se aloxa en Baiona aumentou exponencialmente nos últimos meses debido á recente inauguración dos dous albergues de peregrinos na Real Vila. Aínda así, hai que destacar que tamén son moitos os peregrinos que pasan por Baiona que se aloxan tanto en hoteis como pensións e mesmo algúns no parador.

... o camiño dobra o Cabo Silleiro para penetrar nun territorio máis resgardado, á preciosa ría de Vigo. En primeiro lugar chégase a Baiona, vila histórica de encantadoras rúas e prazas, igrexa do século XIII, capela barroca dedicada a Santa Liberata, o Cruceiro da Santísima Trinidade ou a espectacular Fortaleza de Monterreal,...

cousas de val miñor

15


NOVAS BAIONA BAIONA TERÁ O PRIMEIRO TALASO AO AIRE LIBRE E GRATUÍTO DE GALICIA

Instalacio ́n do hidromasaxe da cetaria da Punta da Tenaza

A antiga cetaria de Monte Boi converterase na primeira piscina de talasoterapia ao descuberto e gratuíta de Galicia. Coa instalación de sistemas de hidroterapia, poñerase fin ao proxecto Poseidón, que arrincou coas melloras na contorna para habilitar un espazo público con solarium no antigo viveiro de mariscos que funcionou xunto á Torre da Tenaza ata os anos 70 do pasado século. Agora a balsa, de 300 metros cadrados, encherase de auga de mar e contará con catro chorros de hidromasaxe, dúas deles de lámina e outros dous máis potentes. "Isto non ten nada que ver co verán, é un servizo relacionado coa saúde e espero que a xente do pobo o utilice moito", explica o alcalde de Baiona Ángel Rodal. E é que o talaso natural non só permanecerá en funcionamento durante a época do ano elixida polos turistas para visitar a localidade, senón seis meses ao ano. "Queremos abrir de abril a outubro. A idea é montalo en abril e desmontalo antes de novembro para garantir a conservación do sistema. Non ten sentido mantelo no inverno porque a xente non o usaría e os temporais poderían levalo", argumenta. O proxecto que financiouse con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra de 2016, estará terminado a finais de outubro, confirman desde o Concello. Estado anterior da cetaria xunto á Torre da Tenaza

O goberno municipal traballa na ordenanza que poñerá normas sobre o espazo. Trátase de optimizar o seu funcionamento, evitar aglomeracións e que todos os veciños poidan gozar gratis dunha instalación pioneira. Barállase a colocación de pulsadores para limitar a 5 ou 10 minutos o uso para facilitar a rotación. A estrutura estará dotada ademais de materiais resistentes ao vandalismo na medida do posible.

FOTO: Un grupo de estudantes de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela e os seus profesores catedráticos, de España e Irlanda se interesaron por coñecer os proxectos de recuperación da cetaria de Monte Boi 16

cousas de val miñor


NOVAS BAIONA QUE É UNHA CETARIA? As cetarias son viveiros de mariscos crustáceos que se situaban tradicionalmente en lugares ou enclaves naturais ao abrigo das rocas, en zonas de fluxo constante de augas, onde se conservaban vivos para a súa posterior comercialización.

AS CETARIAS DE BAIONA En Baiona existen dúas cetarias e están no Paseo de Monte Boi. Unha (chamada de Madeira) está situada ao sudeste da península do Monte Real, emprazada despois do dique de abrigo ou doca, entre a Punta da Tenaza e a Punta de San Antonio. A outra cetaria (de Pedra) sitúase ao nordeste, entre a Punta de San Antonio e a Punta do Boi. Esta cetárea tiña a capacidade de albergar preto 4.000 kg de Langostas Ambas as cetarias foron explotadas polos irmáns Puerta Oviedo, ata que José Puerta cede a súa participación na sociedade ao seu irmán Serapio que queda como titular da concesión administrativa ata mediados dos anos setenta. As dúas estiveron destinadas a conservar as lagostas que capturaban os barcos de cásalas armadoras da vila de Baiona.

VIVE BAIONA! cousas de val miñor

17


NOVAS GONDOMAR

LAURA RAMOS CUBA GAÑA O XIº PREMIO DE POESÍA VICTORIANO TAIBO COA OBRA PRESENTADA BAIXO O TÍTULO DE A SITUACIÓN ACTUAL

O xurado do certame poético Victoriano Taibo que convoca o Concello de Gondomar en colaboración co Instituto de Estudos Miñoráns, integrado polos escritores e escritoras Iria Misa, Gonzalo Navaza, Miguel Anxo Mouriño, Marta Dacosta en nome do IEM e Rafa Vilar, gañador da Xª edición, resolveu que o libro gañador desta XIª edición era o presentado co título de A situación actual que, unha vez aberta a plica, resultou ser da autoría de Laura Ramos Cuba. O xurado valorou que se trata dunha obra absolutamente contemporánea en que atopamos unha voz intimista moi forte. Unha voz dunha grande radicalidade, capaz de reflectir unha situación límite, unha crise emocional. Destaca a capacidade de poetizar o cotián con sinxeleza e fondura a un tempo. O xurado tamén salientou a unidade do libro, que mantén ao longo da lectura o pulso e o ritmo. Laura Ramos Cuba, é unha moza burelá graduada en xornalismo e comunicación audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela. Este é o seu primeiro premio e, será, o seu primeiro libro publicado, co que o certame Victoriano Taibo ten a satisfacción de permitir que saia á luz esta voz actualísima que nos fala desde as súas propias coordenadas inseridas neste século XXI.

18

cousas de val miñor

Victoriano Taibo, poeta das Irmandades da Fala, foi unha figura sobranceira nos dous primeiros terzos do século XX. Mestre de profesión, tivo unha importante actividade cultural e foi membro do Seminario de Estudos Galegos, da Real Academia Galega e do Instituto de Estudos Históricos do Minho. Publicou en vida os poemarios Abrente (1922) e Da vella roseira (1925) e a obra narrativa Da agra aberta, contos e lêndas (1956); deixou inéditos dous volumes de poesía, Abicedo e Cabrinfollas, que foron publicados en 2008 pola editorial Follas Novas, edición dirixida por Armando Requeixo; ademais conta con abundante obra espallada en diversas publicacións tanto galegas como da emigración americana. No ano 2008 recibiu unha homenaxe en Morgadáns, lugar onde exerceu a súa docencia durante 20 anos, organizada polo IEM, que con tal motivo reeditou Da agra aberta e publicou unha Revista monográfica sobre o personaxe que recolle interesantes aspectos da súa vida e obra, coa participación dun nutrido grupo de persoas do mundo da cultura.


NOVAS GONDOMAR

Presidente AEPA Javier Díaz Gonda, Jose Manuel Rodríguez GERENTE AEPA, Calixto Escariz AEPA_David Regades e Francisco Ferreira, alcalde de Gondomar

O POLÍGONO DA PASAXE TERÁ UN POTENCIAL DE XERACIÓN DE EMPREGO PARA PRETO DE 7.000 PERSOAS O Concello de Gondomar, Empresarios e Zona Franca sintan as bases para alcanzar os 600.000 metros cadrados de chan industrial, dando así un impulso á reordenación e ampliación do Polígono da Pasaxe. O Alcalde de Gondomar e a asociación de empresarios do polígono da Pasaxe acordaron hoxe co delegado, David Regades, impulsar a transformación do mencionado polígono dividindo en dúas fases a súa execución ata chegar a conseguir unha área industrial de 600.000 metros cadrados perfectamente urbanizados e equipados para o asentamento de empresas. O investimento estimado pola propia asociación de empresarios para acometer todas estas obras alcanzará a suma de 21 millóns de euros. Por parte do alcalde Francisco Ferreira asumiuse que, unha vez xa aprobados o proxecto sectorial e o de urbanización, leve ao pleno municipal de leste mesmo mes de outubro tanto o reparcelamento deste primeiro ámbito como a aprobación do prego das obras de urbanización dos 200.00 metros cadrados que conforman a Fase 1. Unha vez realizados estes trámites que asumen os empresarios e o goberno municipal de Gondomar, a Zona Franca comprométese –segundo o acordado hoxe por Regades- a impulsar conxuntamente cos empresarios instalados e co Concello, a Fase 2 onde se xerarán máis de 400.000 metros cadrados de chan industrial. A importancia desta actuación veñen dada polo feito de que neste polígono, incluído no Plan Sectorial de Áreas Empresariais de Galicia, xa traballan na actualidade 3.500 persoas e coa reordenación e nova superficie de 400.000 m2, A Pasaxe terá un potencial de xeración de emprego para preto de 7.000 persoas. Estes cálculos realízanse porque, debido á súa localización, o polígono da Pasaxe xa foi clasificado nun documento elaborado polo equipo do profesor González Gurriarán como un polígono estratéxico para provedores da planta PSA de Balaídos.

VIVE

GONDOMAR! cousas de val miñor

19


RUTAS

O PAN NOSO DE CADA DÍA... Aos panadeiros e panadeiras do Miñor

Rosa de Malde no Muíño do Medio, río de Táboas. Camos (Nigrán)

E Anxo Rodríguez Lemos. Historiador e doutorando

GRAN CONVERTIDO EN FARIÑA, PENEIRADO, MESTURADO, AMASADO, LEVEDADO, ENFORNADO, VENDIDO E COMIDO. O PAN NOSO DE CADA DÍA, A DIETA BÁSICA COMPOSTA DO BINOMIO PAN E VIÑO ATA NON HAI TANTOS ANOS. OS ESTUDOSOS DIXERON QUE O PAN MAIORITARIO NAS MESAS DA GALICIA DO MEDIEVO ERA DE CENTEO, DE MESTURA CON OUTROS CEREAIS, RARAMENTE SÓ DE TRIGO. O PAN BRANCO ERA UN LUXO, O TRIGO, RESERVÁBASE Á FEITURA DO PAN EUCARÍSTICO. CENTEO E TRIGO, NON OBSTANTE, ALMACENÁBANSE NAS ALFÓNDEGAS E NAS PANEIRAS DE MOSTEIROS COMO O DE SANTA MARÍA DE OIA ONDE, FREI LUÍS DE VILLACIÁN, AVISABA QUE ‘AL TIEMPO DE METER LOS GRANOS EN LA PANERA NO VAYAN CALIENTES Y SI LO ESTUVIESEN DESPUÉS DE LIMPIOS ESTENDERLOS POR [PARA QUE] LA NOCHE LOS REFRIE Y METERLOS ANTES QUE LES DE EL SOL’.

na Universidade de Santiago de Compostela.

Muíño de Agrelo, único en funcionamento no río de Baíña (Baiona)

20

cousas de val miñor

Trala recollida dese cereal, a moenda realizábase en muíños de estudada tecnoloxía, ben integrados á beira da corrente de auga (da que se abastecían) e onde nos últimos tempos se moían grandes cantidades de millo a xeito de: - óleo: fariña máis fina que era utilizada para facer as papas dos máis cativos - picón ou relón: o millo non era tan relado como no caso do óleo e era utilizado para o alimento dos animais - fariña: dun grosor intermedio, era utilizada para facer o pan ou tamén para alimento do gado. Xunto aos muíños de auga, a fortaleza de Monteboi aprovisionouse non só dun muíño de vento próximo á Torre do Príncipe senón tamén de muíños de man. Os primeiros muíños que utilizara o ser humano funcionaban, certamente, a base de fregar unha pedra contra outra. Aínda que nun primeiro momento móbiles, como as poboacións nómades sen poboado fixo, coa chegada da neolitización os grupos humanos pasarían a asentarse en zonas estratexicamente escollidas.


RUTAS O PROCESO DA MOENDA: A moenda comezaba por botar na moega o cereal do que había ter conta non caese precipitadamente polo quelle. Mentres, algúns milleiros se botaban no ollo da mó para que non moese en van accionando a pexadoura ou o pau das cruces, segundo o caso, para accionar o xiro da mó. Comeza entón a moverse, por fricción, un pauciño chamado taramelo que, dende a moega, apoia sobre a mó facendo caer o gran depositado nela. Se a fariña obtida non se adaptaba a calidade requerida, debíase erguer ou baixar o pau das cruces como encargado de regular o seu grosor achegando máis ou menos a mó ao pé. A contorna do muíño: (1) Pontillón, (2) Presa, (3) Peirao ou Atol, (4) Levada, (5) Cubo, (6) Muíño

Despece das partes dun muíño coa nomenclatura compartida, nalgúns casos, entre distintas parroquias do Val de Miñor.

Para volver parar o muíño bastaba con baixar a pexadoura que impedía que a auga batese contra as penas do reducio, ou ben baixar o pau das cruces ata facer que a mó se pousase sobre o pé. Unha vez parado, coa axuda do rodo e dunha vasoira feita de xesta ou xilbardeira, procedíase a xuntar a fariña que caera dentro do tremiñado, botándoa coa axuda dunha pa de madeira dentro dun saco. Unha vez rematada a nosa moenda, debíase deixar o muíño nas mesmas condicións ao seguinte. Xa na casa, a fariña botábase na artesa para que non fervese dentro do saco ata que se amasaba o pan. O Pan do Forno dos Clérigos: Unha bola de pan, xunto a 840 maravedís anuais, era o pago que o mercader Vasco Afonso pagaba cada ano á colexiata da vila de Baiona en renda polo couto de Panxón. Cocido no medieval Forno dos Clérigos ou no forno da Rúa de Suaigrexa, o pan que Tupana Obrador (antiga O Bastón) presentou na XXIII Festa da Arribada foi amasado seguindo o procedemento tradicional nas terras do Miñor. A base de cereais ecolóxicos moídos en pedra, o pan leva fariña de trigo duro (kamut), centeo, cebada, castaña e masa nai de centeo, auga e sal. Non leva millo pois, a revolución experimentada na agricultura viría da man dun millo americano que non sería sementado nas Rías Baixas ata o século XVII cando comeza a decaer gradualmente a sementeira do paínzo ou millo miúdo, a cada pouco desprazado como a castaña o sería coa pataca. A castaña, pola súa banda, era alimentación coresmal en mosteiros como o de San Pedro de Rocas, consumida crúa, cocida, asada ou transformada en fariña como é o caso. O Pan dos Clérigos irrrumpiu este ano no panorama gastronómico da comarca para formar parte, xunto a tarta de Sarmiento rechea de mazás (a encargar tamén en Tupana Obrador) e os Ñoclos de Pinzón, dos Cristaleiro de Gondomar, nos productos estrela e identificadores da sobremesa da Arribada.


RUTAS Previo ao cocido, sobre a soleira de pedra, algún panadeiro marcaba a sinal da cruz sobre a bola de pan de millo enfornada sobre folla de verza. Outros, ao facer algún postre, pedían fartura recitando aquilo de:

Pan de bica, pan de Dios de una miga, se hacen dos. Os fornos foron construccións para cocer o pan, adxectivas ou emprazadas nos baixos das casas, sometidas a gran control no espazo urbano. O mosteiro de Oia, por exemplo, tiña arrendado en Baiona “a meatade do forno que dizen dos clérigos” polo que percibían un alugueiro mentres, o correxemento, controlaba os prezos do pan, especialmente en tempos de carestía de cereal, así como o bo suministro da alfóndega, a lonxa pública destinada ao depósito do trigo onde se abastecían as panadeiras a pregón. Era tal así o control que, no Gondomar do pasado século, aínda se atopaban vendedoras de pan, como Peregrina González, que eran multadas por andar a vender bolas con falta de 65 gramos en cada peza de quilo Recende aínda nas rúas ao forno de leña que mantivo en funcionamento en 1663 a panadeira baionesa ‘A Palanca’ ou Dominga Soutiña, que perviviu en 1753 no forno do soldado inválido Domingo de Arias ou do que afumaba toda a rúa de Ventura Misa, en 1898, construído por Engracia Valdivia e que fora denunciado. Na estrada da Ramallosa a Gondomar parecen descansar, caéndolle os ollos polos que podían ir ao baile, os xornaleiros de La Miñorana, fundada por Arturo Almeida e Palmira Martínez. É memoria.

Interior dun forno dende a súa boca. Detalle do abovedamento circular coñecido como capilla. Foto do autor.

Pouco pan reza na memoria de todos aqueles que viviron a guerra e a posguerra onde, o pan, como outros productos, padeceu o Racionamento e diminuíu de calidade ata o punto de terse que facer con algarroba como reflicte a copla popular: Señora Columba, diga usted señora se acabó el pan de trigo Cociña Económica de Baiona, ahora viene el de algarroba. Abril de 1937. Arquivo do autor.

Anuncio do desaparecido Forno de Columba divulgado tamén co slogan de “boleardo, toda clase de postres, pastas para té y chocolate, pan inglés, etc”


RUTAS Papas de arroz, boleardo, marruchos ou sopas de burro canso para noites de invernía competían na vila condal coa repostería maior das rosquillas azucaradas, as pequenas “de mel” e cos bolos toupeiros que faltan nas nosas nunca romarías. Catro xeracións dos Cristaleiro de Gondomar mesturan coidadosamente a margarina, azucre, auga e fariña ata chegar aos 8 minutos de coción no forno a 300 graos. Para unhas, baño de almíbar previo ao azucarado miúdo. Para outras, azucre quente espallado manualmente con culler e revolto aínda con pá de madeira. A característica cor branca da máis grande das rosquillas feitas ao pé das escaleiras do San Benito de Gondomar é insignia deste obradoiro guiado por Rosa Álvarez, primeira mestra artesán da rosquilla galega dende decembro de 1993. Herdeira da receita, constitúe a memoria viva deste forno asentado primeiro en Couso e con despacho transladado nos anos 40 á Paradela de Gondomar.

Sabías que...?

Nenas de Baíña con rosquillas. Colección do autor.

Baile ao pé da praia de Panxón, terra de nacemento da panadería Valverde, fundada nos anos 20 do século pasado por Manuel Valverde Alonso. Colección do autor.

A comezos de xuño de 1917 unha protesta pública en Baiona paralizou máis dunha vintena de carros cheos de fariña de contrabando que, dende A Guarda, se embarcaban a Portugal. Fendéronse sacos en sinal de protesta mentres os carreteiros tentaban ensinarlle aos carabineiros da vila a documentación pertinente da mercancía. A primeira guerra mundial encarecera o producto ata tal punto que xa en setembro de 1914 o concello de Baiona acordara que as pezas de pan de 400 gramos por libra levasen marcado o seu peso nunha etiqueta mentres, o concelleiro González Cadilla, pedía maior calidade nas fariñas aos panadeiros José González Reguera, Francisco Maceira, Emilio Guillén, Elvira González por Manuel López, Peregrina Rivero, Dolores Alonso, Dolores González e Rosa Álvarez correspondentes á vila de Baiona. Por Santa Cristina Enrique Fernández, Socorro Troncoso, José Martínez e Emiliar González Pino. No compromiso de outubro daquel ano figuraban pezas de 460 gramos de pan cocido a 0,25 pesetas, de 160 gramos a 0,10 pts. e de 950 gramos a 0,50 pts.

cousas de val miñor

23


RUTAS

MEDIOS CUARTOS DE VIDA:

Pedida de man de Josefa Copena, Correo de Galicia, 12 de xuño de 1927

A gondomareña Josefa Copena Araujo casa en 1927 con Alfonso Valverde Alonso, natural de Santa María de Oia. O seu primeiro forno, instalado nun cuberto pequeno do lugar da Tarela (Nigrán), sería o cerne deste establecemento familiar rexido na actualidade pola súa terceira xeración. Viúva de guerra con tres bocas que manter na casa, enfróntase aos tempos de carestía sen descanso, amasando un futuro onde, o boleardo, en orixe un anaco de masa con azucre e un ovo cocido de guinda, estaba chamado a ser o producto estrela da casa, a maior herdanza recibida polos netos que continúan fronte a antiga tenda que súa avoa alugara na casa de Bernardo Vázquez de Camos. De grandes proporcións era o Forno do tío Silva, no lugar do Monteiro, na parroquia gondomareña de Borreiros. De porta férrea, industrial para aquel entón, Manuel Álvarez, casado con Luísa González Adán, abastecía ás festas da contorna de rosquillas e as mesas de pobres e señoritos de pan diario, caballitos (unha especie de bolo de leite) e, de cando en vez, algunha rosca que a súa muller amasaba esfarelando entre os dedos, como unha fiandeira collía o fuso, o azucre. Do reparto dos seus productos encargábase o bo de Marcelino e a súa burra, personaxe ben lembrada na memoria da comarca. Interior de un muíño. Gravado de Pradilla. Colección do autor.

Manuel Álvarez (tío Manuel O Silva) retratado polo estudo fotográfico vigués Pacheco y Vda. de Prósperi.


RUTAS

Carrexóns de peixe e panadeiros ataban as súas mulas á beira da Praza do Pescado, na entrada á fortaleza de Monte Boi

O TRANSPORTE DO PAN: Unha cesta de pan carrexaban As Adrianas de Baiona á tenda do barrio da Anunciada (Corea) e outra á Porta da Vila mentres unha besta da panadería Copena, nos seus seiróns, levaba bolas de 350 e 800 gramos ata Chandebrito. Houbo que esperar ata os anos 60 para que unha furgoneta desta última panadería chegase co pan a Vincios. Mentres, outros tantos quilómetros viña facendo a bicicleta de La Miñorana ata o estanco de Priegue, Mañufe, Donas ou Borreiros logo de repartir de Praia América a San Pedro e Vilariño.

Carromato da Panificadora de Vigo, competidora dos pequenos fornos locais, na rúa Elduayen de Baiona. Colección do autor. BIBLIOGRAFÍA PARA SABER MÁIS: LORENZO X. (1995) A Casa e A Terra. Biblioteca da Cultura Galega. GARCÍA ORO, J. & PORTELA SILVA, M.J. (1995) Bayona y el espacio urbano tudense en el siglo XVI. Estudio histórico y colección diplomática. Santiago de Compostela. BARROS JUSTO, R. (2005) Muíños de río nas terras de Pontevedra. Deputación de Pontevedra. AHMB, LEG.663-EXP.14. Diligencias de notificción a los fabricantes de pan y expendedores a fin de que las piezas con destino a la venta pública se sugeten a las condiciones acordadas por el Ayuntamiento. AHMB, LEG.697-EXP.10. Expediente de la denuncia promovida por Dª Leocadia Alonso Acuña contra Dª Engracia Valdivia sobre la construcción de un horno en su casa de la calle Ventura Misa. 1898.

Galiciana: Biblioteca Dixital de Galicia. En: http://biblioteca.galiciana.gal/gl/inicio/inicio.do cousas de val miñor

25


OCIO - CINE O NOSO CINEMA LA SOMBRA DE LA LEY Dirección: Dani de la Torre Guión: Patxi Amezcua Con Luis Tosar, Michelle Jenner, Vicente Romero, Ernesto Alterio, Paco Tous Ano 1921. España vive un momento axitado e caótico: son os anos do chumbo, froito dos violentos enfrontamentos na rúa entre matóns e anarquistas. O gansterismo e os negocios ilegais están instalados na sociedade. Nesta situación de disturbios, Aníbal Uriarte é un policía enviado a Barcelona para colaborar na detención dos culpábeis do roubo a un tren militar. Aníbal e as súas formas non encontran moito apoio entre os seus compañeiros e axiña comezan os enfrontamentos e desconfianzas co inspector Rediú, un superior corrupto. Aníbal entrará en contacto non só cos baixos fondos da sociedade barcelonesa, senón tamén co mundo anarquista máis radical, disposto a todo para conseguir os seus obxectivos. Alí coñecerá a Sara, unha moza loitadora e temperamental, cuxo encontro terá consecuencias inesperadas para ambos. CARMEN Y LOLA Dirección e guión: Arantxa Echevarria Con Moreno Borja, Carolina Yuste, Rosy Rodriguez, Zaira Morales, Rafaela León Carmen e Lola son dúas adolescentes xitanas do extrarradio de Madrid que tratan de levar cara a diante o seu romance, a pesar dos inconvenientes e discriminacións sociais ás que teñen que verse sometidas pola súa familia. Nunha cultura onde a homosexualidade é un tabú e as mozas parecen estar destinadas a casar e ter moitos fillos, este filme adéntranos nos retos aos que deben enfrontarse as protagonistas desta complicada relación.

TÓDALAS MULLERES QUE COÑEZO Dirección e Guión: Xiana do Teixeiro Do persoal ao político, as vivencias de mulleres diversas evidencian o masculinizada e violenta que segue a ser a rúa hoxe en día. En tres conversas reveladoras con amigas, colaboradoras e estudantes de secundaria, a directora busca artellar un discurso sobre o medo que non fomente o medo. TODOS LO SABEN Dirección e Guión: Asghar Farhadi Con Penélope Cruz, Javier Bardem, Ricardo Darín, Eduard Fernández, Inma Cuesta, Bárbara Lennie Laura viaxa coa súa familia desde Bos Aires ao seu pobo natal en España para unha celebración. O que ía ser unha breve visita familiar verase trastocada por uns feitos imprevistos, que mudarán por completo as vidas dos implicados. AS DISTANCIAS Dirección: Elena Trapé Guión: Elena Trapé, Miguel Ibáñez Monroy, Josan Hatero Con Alexandra Jiménez, Miki Esparbé, Isak Férriz, Bruno Sevilla, María Ribera Catro amigos viaxan a Berlín para visitar por sorpresa o seu amigo Comas que cumpre 35 anos. Este non os recibe como eles agardaban e durante a fin de semana as súas contradicións agroman e a amizade ponse a proba. Xuntos descubrirán que o tempo e a distancia poden cambialo todo.


OCIO - LITERATURA BERLÍN.CIUDAD DE LUZ. LIBRO 3 Jason Lutes. Edit. Astiberri O libro 3 pon punto final a unha obra monumental elaborada ao longo de vinte e dous anos que mostra, a través dos ollos da xente corrente, a transformación da cidade alemá dunha metrópoles liberal a un baluarte do fascismo. A triloxía de Berlín está considerada como o traballo de ficción histórica máis ambicioso realizado no campo da novela gráfica. LAS ESPECIAS. HISTORIA DE UNA TENTACIÓN Jack Turner Edit. Acantilado Jack Turner descóbrenos interesantes detalles que permiten entender por que as especias foron tan importantes durante séculos e ata que punto a era dos descubrimentos dependeu delas. Neste ensaio sensual, fascinante e documentado, o autor convídanos a percorrer o globo e visitar a mitoloxía e a literatura dende a antigüedade ata a conquista de América. LA MUJER SINGULAR Y LA CIUDAD Vivian Gornick Edit. Sexto Nesta obra Vivian Gornick segue mostrándose como unha muller lúcida, sensible e insobornable que, sendo a realidade como é, non acepta o seu lugar no mundo. É un mapa fascinante e emotivo dos ritmos, os encontros fortuítos e as amizades sempre cambiantes que conforman a vida na cidade, neste caso Nova York. Continuación natural de Apegos feroces (elexido Libro do Ano polo Gremio de Libreiros de Madrid 2017).

O ANO DA LEBRE Arto Paasilinna Edit. Rinoceronte Nesta novela Arto Paasilinna presenta o ideario que subxace á meirande parte da súa obra: o individuo libre fronte á sociedade abafante, a relación do ser humano coa natureza, e a procura do eu a través dunha viaxe iniciática ás marxes do mundo, todo isto debullado cunha linguaxe rápida, un carrusel de personaxes caricaturescos e moi altas doses de humor. NO OBRADOIRO DO FABULADOR. ARTIGOS EN LINGUA GALEGA. FARO DE VIGO, 1963-1971 Álvaro Cunqueiro Edit. Galaxia Reúnense neste libro os artigos publicados en galego por Álvaro Cunqueiro no Faro de Vigo entre 1963 (ano no que aparecen as primeiras colaboracións en galego) e 1971. Textos que preludian a obra do autor de Merlín e familia, non en van, a redacción dese xornal foi, durante un longo período da vida de Cunqueiro o obradoiro do fabulador. ÁRBOLES Piotr Socha Edit. Maeva Ademais das preciosas ilustracións que dan forma a esta nova obra mestra de Piotr Socha, este álbum esconde moitos datos interesantes sobre as árbores. Fálanos dos seus usos e dos seus beneficios, das lendas que viran ao redor deles e do papel que xogan nas relixións, de cales son os máis altos e os máis antigos, de cómo son as súas follas…


GALICIA SOLIDARIA

CINCO ANOS DE AVELAÍÑA EN BAIONA

E Pablo F. Estévez # Avelaíña A Asociación Avelaíña é unha vella coñecida no Val Miñor, traballa co Sergas e a diferenza das demais esta céntrase exclusivamente en reinsertar na sociedade a aqueles que sofren patoloxías mentais, que son de carácter crónico, mediante técnicas de rehabilitación psicosociais. Fundouse en 1997 na Guarda, onde está a central, aínda que dez anos despois estendeu o servizo ao Val Miñor e en 2007 abriron un novo centro na condal. Alí estiveron a dar cobertura na comarca ata que en setembro de 2014 trasladáronse a un local de 380 metros cadrados situado na Casa do Mar de Baiona. Cinco anos despois de estar instalados na vila mariñeira, atenden activamente a 25 usuarios dos tres municipios e da cidade veciña de Vigo. Actualmente estenderon os seus servizos a Ponteareas. Non hai unha causa directa para desenvolver unha enfermidade mental A pesar de que habitualmente se tende a pensar que ditas enfermidades están provocadas polo consumo de drogas. María Cebral Vaqueiro, psicóloga da asociación, asegurou que tamén se manifestan en persoas que non son capaces de canalizar ou asimilar experiencias traumáticas, pero incidiu en que non hai unha causa directa. Con todo o que asegurou é que o factor xenético é determinante para posuír unha tendencia ao seu desenvolvemento. “Moitas veces prodúcense por unha amálgama de circunstancias hereditarias e ambientais que veñen dadas por ser incapaces de asimilar certas situacións que poden ir desde un simple despedimento ata a perda dun ser querido, e é aquí onde emerxen”, explicou. As patoloxías mentais nas que se centra a asociación con sede en Baiona van desde o trastorno delirante, de personalidade, bipolar, ata esquizofrenias, psicoses e derivados. En canto ao de personalidade Vaqueiro engadiu que é o máis difícil de tratar xa que se trata de persoas que habitualmente se adaptan peor á convivencia e non adoita resultar. “Son casos máis complicados”, apuntou. 28

cousas de val miñor

Non hai unha cura pero si actividades que a fagan máis levadía A pesar de que se trata de enfermidades que son crónicas, ademais de medidas paliativas como a medicación existen certas iniciativas que resultan moi positivas para eles e que se imparten no centro baionés como actividades cognitivas de estimulación de memoria e de atención, rutas a pé ou actividades con animais, así como deportivas. Quizais aquí é onde hai máis reticencias por parte dos usuarios. Como novidade este ano introduciron actividades de cociña, que están a ter moi boa acollida. Desenvólvense no centro sociocomunitario do municipio e comprenden o proceso completo, que vai desde ir á compra, preparar a receita, ata cociñar e lavar a louza. “Hai xente que ensinarlles isto é mostrarlles un mundo novo”, engadiu.


GALICIA SOLIDARIA

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL, 10 DE OUTUBRO Con motivo do día Mundial da Saúde Mental do 10 de outubro, este ano promocionarán os hábitos saudables e a prevención de toxicomanías enfocándoo á franxa de idade máis sensible, contemplada entre a infancia e adolescencia. A psicóloga da agrupación incidiu en que nesta época os cerebros non están desenvolvidos ao 100% e un mal hábito podería aumentar as probabilidades de padecela.

O primeiro paso é explicarlles que é o que padecen. Un dos puntos principais para que leven a enfermidade o mellor posible é explicándolles que é o que padecen, hábitos saudables para non ter crises ou o porqué da medicación, ademais de traballar moito coas familias. “Os efectos secundarios das mediciñas son moi fortes e son o principal motivo de abandono, pero son necesarias”, mantivo. O pico de idade no centro baionés sitúase nos 40 anos A franxa de idade atendida na totalidade dos centros vai desde os 18 ata os 60, aínda que a dos usuarios está comprendida na franxa dos 30 ata os 55, pero o pico no de Baiona é ao redor dos 40 anos. A explicación achegada pola psicóloga reside en que hai moitas persoas que o van arrastrando durante anos debido aos estigmas sociais que rodean a este tipo de patoloxías. “Para chegar a asumir que unha persoa padece unha enfermidade deste tipo ten que dar moitos pasos previos, nun primeiro momento empeza a afectar á súa vida social e aos poucos vanse pechando en se mesmos ata que finalmente deixan de saír de casa”, explicou. Ademais hai moitísimos casos en que as historias clínicas elaboradas polas unidades de enfermidades mentais corroboran que a patoloxía leva aí anos. “Vas traballando, vas facendo a túa vida pero chega un punto que isto rompe e explota”, engadiu. A pesar de todo en moitos casos as propias familias tratan de tapar o que sucede. “Cando chegan a este tipo de centros é cando o teñen asimilado e danse conta de que non teñen escape”, matizou.

Para iso instalarán mesas informativas nos catro institutos da comarca para realizar unha campaña de sensibilización información e prevención de costumes que, aínda que non son determinantes, en moitos casos, e sobre todo cando existe unha predisposición, poderían a chegar a ser desencadantes. Repartirán dípticos e advertirán sobre os coqueteos con substancias psicoactivas mediante un xogo para poder interactuar con eles. “Trataremos de concienciar o que pode chegar a supoñer fumarse un porro ou meterse unha raia”, engadiu. En 2017 estiveron unha semana instalados na área de consultas externas do Álvaro Cunqueiro, onde pasaron máis de 2.000 persoas.


DEPORTES

O VERTIATLON SOLIDARIO RECADA 5.500 EUROS PARA A ESCOLA DE VELA ADAPTADA DE BAIONA EPablo F. Estévez # MRCY Por cuarto ano consecutivo, as rúas e praias do centro urbano baionés ademais da parroquia de Baredo convertéronse nun complexo polideportivo ao aire libre para albergar ao Vertiatlon Solidario de Baiona, que tivo lugar o sábado 15 de setembro.Unha cita obrigada para os amantes dunha disciplina deportiva que aúna natación ciclismo e atletismo e á que acudiron máis de 200 atletas para competir por unha nobre causa, recadar fondos que permitan impulsar a vela adaptada en persoas que sofren diversidade funcional. A cita, que comezou como un evento puntual, foi gañado en público e participantes ano tras ano ata consolidarse como unha proba obrigatoria no calendario deportivo baionés. Pistoletazo de saída A proba organizada polo Monte Real Club de Yates, Concello, a Federación Galega de Tríatlon e patrocinada por Verti, consistiu nun percorrido que superou os 25 quilómetros de lonxitude. Deu comezo ás 16 horas cun trazado a nado de 750 metros entre os areais de Barbeira e Ribeira nunha tarde caracterizada pola néboa, e xa os máis rápidos unha vez fóra dos neoprenos recolleron as bicicletas no box situado no Parque da Palma e percorreron 20 quilómetros entre as rotondas de Baredo e Santa Marta. Para finalizar, unha proba sprint de 5 quilómetros ao redor da península de Monte Boi. Ás 18.30 tivo lugar a entrega de premios no MRCYB nun acto no que ademais se fixo entrega dos 5.500 recadados ao club marítimo e que se destinarán integramente á Escola de Vela Adaptada. Foto de familia IV Vertiatlon Solidario de Baiona 30 cousas de val miñor


DEPORTES

María Lois ganadora femenina absoluta tras cruzar la meta

Os que proban, repiten Á proba celebrada na vila acudiron algúns dos gañadores de edicións pasadas como María Lois, do club Arcade Inforhouse Santiago, que volveu a gañar este ano na categoría feminina, o Marta Rial e Marcos González, do Club Tríatlon Mar de Vigo. Tamén repetiron David Giráldez e Sandra Santodomingo, que en 2017 levaron o premio aos mellores clasificados do municipio e este ano tamén recibiron unha mención especial.

Incuti cruzando la linea de llegada del Vertiatlon

Seis anos de “Vela para todos” e catro de tríatlon A cita, que ten como obxectivo achegar o seu granito de area para que todos poidan practicar vela, cumpriu as súas expectativas e o espírito co que foi creada, que non é outro que a solidariedade a través da práctica de diferentes modalidades deportivas. Desta maneira o evento colabora cunha entidade que foi creada en 2012 baixo o lema “Vela para todos” e que leva recibido recoñecementos tanto nacionais como internacionais.

Clasificacións Na categoría absoluta o gran vencedor da xornada foi o deportista o Club de Natación Riveira, Denis Incutti, que conseguiu unha marca de 59 minutos e 7 segundos. A segunda e Xoel terceira posición foron para para Rodríguez, do Club Tríatlon Mar de Vigo, e Pedro Pablo Bernardez, do Tríatlon Vilagarcía Atenas Running, respectivamente que cruzaron a liña de chegada separados por apenas 5 segundos e a menos de medio minuto do gañador.

Na categoría feminina, María Lois, do Arcade Inforhouse, situouse no máis alto do podio por segundo ano consecutivo logrando a finalización do percorrido nunha hora, 12 minutos e 9 segundos seguida de Antía Pazos, do Club Tríatlon Mar de Vigo; e María Casaleiro, con licenza dun día. En veteranos, Pablo Bernárdez, do Tríatlon Vilagarcía Atenas Running (unha hora e 35 segundos); Xacob Agra, con licenza dun día; e Juan Agrasar, do Motorbike Galaico de Pontevedra quedaron primeiro, segundo e terceiro, respectivamente. 4 LL: un barco que facilita a navegación a persoas con dificultades de mobilidade Con motivo da celebración do Vertiatlon Solidario, o MRCYB aproveitou para levar a cabo a presentación da súa última embarcación adaptada, denominada 4 LL. Trátase dun barco deseñado polo ferrolán Javier Cela e construído nos estaleiros nigraneses Rompeolas Boats, que con 7 metros de eslora e case dúas e medio de manga, permite o acceso ao mesmo en cadeira de rodas para posteriormente pasar ás de navegación.

Na división junior, de novo Denis Incutti e María Lois foron vencedores. Para finalizar, Xoel Domínguez, do Club Tríatlon Mar de Vigo; Xosé Pérez, do Beariz Tríatlon e Yago Carballo, tamén do Mar de Vigo ocuparon as tres primeiras prazas en carreira da clase cadete. cousas de val miñor 31


AXENDA GONDOMAR

PROGRAMACIÓN CULTURAL OUTUBRO

AGENDA CANGAS Venres, 19 de novembro 21:00hs. IN THE LOOP. Proxección cinematográfica en V.O.S.E. Organiza: Cine Club Cangas Venres, 26 e Sábado, 27 de novembro 21:00hs. TEATRO DO MORCEGO. Presenta: OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE Entrada: 5€ Domingo, 28 de novembro 19:00hs. FESTIVAL SOLIDARIO A FAVOR ADICAM Venres, 3 de decembro 21:00hs. ORQUESTRA DE SAXOS DO CONSERVATORIO DE REDONDELA Concerto benéfico a favor da Asc. Santiago Apostol e a Fundación San Vicente de Paul Entradas.- adultos: 5€ nenas e nenos: 3€ Venres, 10 de decembro 21:00hs. TULPAN. Proxección cinematográfica en V.O.S.E. Organiza: Cine Club Cangas Sábado, 11 de decembro 18:00hs. Exposición GalizAmérica. Edición e lingua na emigración FESTIVAL BENEFICO A FAVOR Inauguración: sábado 5 de outubro,DE ás“CARITAS 19.00 h, coa conCANGAS” ferencia de Pilar Cagiao “O galeguismo no Uruguay” Horario de visita: de luns a venres, de 18.00 a 21.00 h Venres, 17 de decembro 20:00hs. Proxección de A cicatriz branca, de Margarita Ledo CONCERTO DE NADAL DO CONSERVATORIO Andión. Domingo 14 de outubro, ás 19:00 he agosto. PROFESIONAL E DA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL DE CANGAS Entrada de balde

Mércores, 29 de decembro Musical GREASE Tour´- BRILLANTINA Entrada.- Butaca: 23€ Anfiteatro: 21€ Xoves, 30 de decembro 19:00hs. TEATRO DO MORCEGO. Presenta: SALTIMBANQUIS Elisa e infantil Marcela Público e familiar Coprodución d'A Panadaría Centro Entradas.adultos: 5€ nenas e co nenos: 3€ Dramático Galego sábado, 13 outubro, 2018 - 20:00 Auditorio CINE Lois Tobío, Gondomar CICLO: NUEVO CINE ITALIANO Do 21 de setembro ao 30 de novembro Fundacion Caixa Galicia –Pontevedra I MOSTRA DE CINE DOCUMENTAL ALTERNATIVO DOCUTOPÍA Do 2 de novembro ao 4 de decembro Espazo cultural Negra Sombra Blues, no Café Uf (Pracer, 19) Vigo XXIV FESTIVAL CINEROUPA Ampla programación de máis dde 130 películas: estreas recén dos mellores festivais e de filmes galarLoló esaidas mamá doados en 2010 Espectáculo de Deste xeito Producións Do 10 de novembro ao 3 de decembro sábado, 27 outubro, 2018 - 20:00 Santiago de Compostela Auditorio Lois Tobío, Gondomar

CONCERTOS

VAL MIÑOR

THE ZOMBIES Sábado, 18 de decembro 19:00hs. 11 de novembro 22:00 horas "IV Discapaci-quad Val Miñor" Musical EL LIBRO DE LA SELVA Sala Mondo -Vigo Público Un anoinfantil máis, ee familiar xa é o cuarto, o 20 de Outubro en Chan da Lagoa, en Entrada: 15€ Baiona celébrase este gran evento. Preto dun centenar deISMAEL mozos con SERRANO diferentes discapacidades, pasarán un día inesquecible realizando unha 11 de noviembre 20:30 horas. Domingo, 19 de 20:00hs. ruta en quad e decembro divertíndose facendo xogos montados en quad. EsteCultural ano Centro Caixanova- Vigo CONCERTO DE PANXOLIÑAS DE NADAL ademais con sorpresas engadidas. Coa participación de agrupacións de música vocal de THE WAVE PICTURES Cangas e a Banda de Música Bellas Artes 12 de novembro Entrada de balde Sala Mondo-Vigo Domingo, 26 de decembro 20:00hs. CORO YOUSEI (Xapón) Formación coral de voces femininas xaponesas de recoñecido prestixio internacional, de xira por Europa. Entrada.- Butaca: 20€ Anfiteatro: 17€

32

cousas de val miñor

THE STRANGE BOYS 13 de novembro La Iguana Club – Vigo

ABA TAANO 14 de novembro 20:30 horas Centro Cultural Caixanova- Vigo


AXENDA BAIONA

PROGRAMACIÓN CULTURAL

DESBUNDIXIE 14 de novembro Aala Aturuxo- Bueu

FITO Y FITIPALDIS 19 de novembro 21:30 horas Multiusos Fontes de Sar- Santiago de Compostela

MIGUEL RÍOS GIRA “BYE BYE RIOS ROCK HASTA EL FINAL” 20 de novembro Coliseum- A Coruña FUEL FANDANGO 26 de novembro 22:30 horas Entrada 6 euros Sala Aturuxo- Bueu

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 1 de decembro Auditorio Caixanova -Pontevedra

EXPOSICIÓNS OS MUNDOS DE GONZALO TORRENTE BALLESTER Ata o 14 de novembro Museo de Pontevedra - Pontevedra

grafías. As imágenes captadas falan da vida rural, a emigración, a presencia da morte, a incorporación da electricidade ou a presencia do teléfono na vida diaria. NOSOTROS TAMBIÉN FUIMOS EMIGRANTES Ata o 26 de novembro Sede Náutica Caixa Galicia - Sanxenxo

As imaxes que recolle esta exposición, obtidas da fototeca da Axencia EFE intentan reconstruir os movementos migratorios que se produciron no noso país ao concluir a guerra civil. As emigracións forzadas da fame ou do exilio levarían a un bo número de españois a refuxiarse en países europeos e americanos. EXPOSICIÓN “VIGO, A COR E A PALABRA” Ata o 28 de novembro Centro Cultural Caixanova- Vigo

Artistas vigueses aportarán obras para conmemorar o Bicentenario da Cidade. A oferta expositiva complétsea cunha nova edición da Wildlife Photographer of the Year 2010, e a coprodución, co Museo do Mar, de Fillos do océano, d fotógrafo vigués Javier Teniente.

Miradas. Realidades, expresiones, tramas. Arte en Galicia desde 1975 Ata o 16 de xaneiro de 2011 Fundación Caixa Galicia - Pontevedra

O proxecto expositivo e editorial «Miradas», é unha iniciativa que sitúa as obras da colección baixo a perspectiva particular dos comisarios que toman parte nesta serie de catro mostras. Fernando Castro, Alfonso de la Torre, Fernando Huici e Iria Candela presentan unha coidada selección dos fondos da Colección Caixa Galicia, centrándose cada un en núcleos temáticos diversos pero complementarios.

A Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais e a Fundación Gonzalo Torrente Ballester lembran ao autor de “Los gozos y las sombras” no centenario do seu nacemento coa exposición “Os mundos de Gonzalo Torrente Ballester”, que percorre a traxectoria vital e literaria do escritor a través de máis de 150 piezas (moitas delas inéditas) entre manuscritos, libros, artigos de prensa, cartas, fotografías, carteis, dibuxos e diversos documentos e obxectos personais que nos achegan a súa iconografía persoal. A mostra que está comisariada por Carmen Becerra e Miguel Fernández-Cid, complétase co documental GTBxGTB.

Visitas para grupos, concertar no teléfono 982 289 096. Visitas para público xeral, mércores ás 19.30 h.

PANO DE FONDO Ata o 15 de novembro Centro Social Caixanova - Pontevedra

Horario de apertura ao público: De luns a sábado, 12-14 h e 18-21 h. Domingos e festivos, 12-14 h.

Exposición que aborda o retrato realizado nos estudos galegos, centrándose dun xeito especial na primeira mitade do século XX, periodo de extraordinaria riqueza neste aspecto. A base da mostra son os fondos que os fotógrafos colocaban tras os retratados no afán de idealizar que lle era propio á pintura da época. Desde humildes colchas a “panos” máis elaborados con paisaxes ou interiores de pazos, a exposición nos permite advertir a importancia deste elemento nas foto-

cousas de val miñor

33


QUEN É QUEN NO RUEIRO

Rúas de... Baiona e Gondomar

Rúa de José Elduayen Gorriti José Elduayen Gorriti, dá nome a dous das principais arterias da Real Vila de Baiona e da Condal Gondomar. Naceu en Madrid o 22 de xuño de 1823, foi un enxeñeiro madrileño e deputado por Vigo durante máis de corenta anos. Próximo a Cánovas do Castelo, ocupou varias carteiras ministeriais, chegou a ser gobernador do Banco de España e presidente do Senado e converteuse co paso do tempo nun da políticos clave da España de entón. Foi destinado a Galicia en 1856 para exercer a súa profesión de Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos e desde 1857 e ata 1891exerceu como deputado por Vigo. Grazas á súa xestión, na cidade de Vigo e a súa área metropolitana viviuse a chegada do ferrocarril; inauguración de peiraos; o recheo do Malecón, actual Alameda; a demolición das muralla, a apertura do ensanche, con rúas como as actuais Policarpo Sanz, Colón e García Barbón; a nova estrada a Ourense. Por todo isto, en 1896 levantouse por subscrición popular en Vigo un monumento que se situou na zona de As Avenidas. Propietario do castelo de Monterreal, en Baiona, fíxose merecedor de que o este Concello dedicáselle unha das súas rúas principais, xa que da súa man chegou unha das obras máis requiridas naquel tempo, a estrada que uniría esta vila con Vigo. Elduayen faleceu en Madrid o 24 de xuño de 1898 e os seus restos mortais foron trasladados en tren ata Vigo, recibindo sepultura en "o novo Cemiterio dos Baldíos de Pereiró", na capela construída ás súas expensas e de cuxas obras se ocupou ata pouco antes de falecer. O paso do cortexo, integrado por máis de cincuenta coches tras a carroza fúnebre, pola cidade foi impresionante.

Baiona na imaxe superior, Gondomar na inferior e Vigo á dereita

34

cousas de val miñor



GRATUITA


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.