val miñor
Revista de información local Distribución gratuita Ano II / nº6 outono-inverno 2014
REPORTAXE
RUTAS
DEPORTES
GALICIA SOLIDARIA
SAÚDE | 12
CHANDEBRITO | 14
CLUB BALONCESTO NIGRÁN | 18
FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE | 20
“As Xornadas Enxebre” Octubre y Noviembre
Diciembre, Enero, y Febrero
Viernes (cenas) Sábados (almuerzos y cenas) Domingos (almuerzos)
Sábados (almuerzos y cenas) Domingos (almuerzos)
“Os pucheros Enxebre”
“O Cocido Enxebre”
Garbanzos guisados con pulpo
9,50 €
Sopa de cocido
Patatas con calamares y gambas
9,50 €
Cocido completo
Fabas de Lourenza con almejas
10,50 €
Natillas caseras con tejas
Fiedos con rape y langostinos
10,50 €
Agua, vino, café, y chupito 25,00 € por persona IVA incluido
Reserve su mesa en el 986 355000 o en baiona@parador.es www.parador.es
COUSAS
DE
val miñor
EDITORIAL Coidemos o noso Patrimonio Como saben os nosos lectores, na propia esencia da nosa revista esta pór en valor, entre outros aspectos, o rico patrimonio natural e cultural que compartimos. Que se pode dicir cando hai persoas que non soamente non comparten esta idea, máis ben ao contrario, parece que loitan contra ela?. Unha vez máis volvemos a asistir nos últimos días á desidia duns e á falta de responsabilidade doutros. No número anterior, a nosa reportaxe RUTAS, dedicámolo á Serra do Galiñeiro e en leste ímoslle dar continuidade con outro dos lugares máis interesantes do Val Miñor: Chandebrito Tanto nun caso como no outro, a falta de atención e sobre todo o vandalismo fixeron que merecese, en máis dunha ocasión...,unha breve noticia nos medios. O último caso é a agresión aos petróglifos de Santa Lucía de Vincios que foi denunciada polo IEM e que nós recollemos neste número. Este feito, por desgraza, non é illado e por iso é preciso incidir na súa protección para manter con vida a herdanza cultural dos nosos antepasados, o que nos permitirá coñecer mellor a historia desta comarca. Por todo iso desde aquí pedimos ás autoridades competentes que sigan traballando na concienciación de veciños e visitantes. para evitar os seus malos tratos e que interveñan de maneira decidido na súa conservación, pois de non preservarse corre o perigo de enmudecer para sempre. OS EDITORES
ÍNDICE 4 6 8 12 14 18 20 22 24 26 28 30
NOVAS BAIONA NOVAS NIGRÁN NOVAS GONDOMAR SAÚDE RUTAS: CHANDEBRITO CLUBE BALONCESTO DE NIGRÁN GALICIA SOLIDARIA FONDO GALEGO OCIO VALEMPREGO AXENDA TELÉFONOS QUEN É QUEN
FOTO PORTADA: PAZO DE GONDOMAR
Ano II / Nº 6 outono-inverno 2014 Revista de información local Xestión Publicidade: 626 993 480 Edición, redacción e distribución: EDICIONES BASAN, S.L. C/ López de Neira, nº 3, 3º. 36202 Vigo www.cousasde.com cousasde@edicionesbasan.com facebook.com/cousasdevalminor Depósito Legal: C 3539-2010 A empresa resérvase todos os dereitos da publicación, sen que poida reproducirse total ou parcialmente o seu contido, sen o consentimento previo dos editores.
cousas de val miñor
3
NOVAS BAIONA
Baiona, homologada como destino de “Europe Senior Tourism 2014” Foi no acto de presentación do programa "Europe Senior Tourism 2014-2015" que tivo lugar el 22 de outubro en Madrid, na sede da Secretaria de Estado de Turismo. Posteriormente comezou a xornada de traballo entre destinos e comercializadoras para negociar os paquetes, concretando os detalles das aportacións incluidas en cada candidatura. Ó acto e á xornada de traballo acudiron, en representación de Baiona, a concelleira de turismo, María Iglesias, e persoal técnico de turismo do Concello. A candidatura de Baiona, foi incluída na proposta dunha das comercializadoras homologadas, en concreto a presentada por Euroseniors, que é a marca europea de Mundosenior, organizadora dos paquetes do Imserso en España. Baiona é un dos 29 destinos nacionais homologados para participar neste proxecto. Os mercados nos que está previsto que se comercialice Baiona son: Alemaña, Reino Unido, Francia e Suecia. “Europe Senior Tourism 20142015”, é unha iniciativa da Secretaría de Estado de Turismo que xestiona SEGITTUR ( Sociedad Estatal para a Xestión da Innovación e as Tecnoloxías Turísticas), que consiste no deseño e organización dun sistema de viaxes destinados a cidadáns europeos de máis de 55 anos que viaxen a España en tempada media e baixa. Este programa, que naceu pola necesidade de frear o problema da estacionalidade, xa atraiu a máis de 140.000 turistas, de 16 nacionalidades diferentes, en anteriores edicións.
4
cousas de val miñor
BAIONA APOSTA POLA RECUPERACIÓN DUNAR O pasado 23 de outubro finalizaron as tarefas de recuperación dunar na praia Ladeira moi próxima ao cámping. Esta actuación é a primeira recuperación dunar a gran escala que se realiza nesta praia, pois até agora os traballos que se realizaron sempre eran de eliminación de especies vexetais invasoras, nesta ocasión recuperaranse uns 600 m2 de espazo dunar onde os primeiros resultados veranse en 6 meses e estímase que a recuperación dunar total desta área será entre o segundo e terceiro ano da actuación. Para poder recuperar todo este espazo desprazouse a zona de aparcadoiro de vehículos aí existente, creando unha nova de maior capacidade a escasos 50 metros. A zona foi totalmente acoutada con postes de madeira e valos para unha perfecta recuperación, ademais colocáronse catro paneis indicativos informando os beneficios naturais que leva esta recuperación na praia, tamén se incluíu unha rampla de accesibilidade duns 20 metros para acceder ao areal, así como á observación desta recuperación dunar. Desde a Concellaría de Medio Ambiente, o seu concelleiro Anxo Rodal sinala ” creimos oportuno asistir á Xornada técnica que se celebrou o pasado martes 21 de outubro no Centro de interpretación parque natural de Corrubedo, Ribeira para aprender a traballar coa nova guía de boas prácticas para seguir creando recuperacións dunares como esta de a Ladeira e mellorar aínda máis na prevención da deterioración das mesmas”. Todo este proxecto desenvolveuse con fondos europeos da Conselleria de Medio Rural e do mar xestionados polo Grupo de Acción Costeira (GAC) e unha achega do Concello de Baiona do 30% , ou o que é o mesmo 2000 euros.
TURISMO
Tu clínica de dental ntal con corazón. Odontología de calidad en Vigo de sde 1994. desde hŶ ĞƋƵŝƉŽ ĚĞ ƚƌĂďĂũŽ ŵƵůƟĚŝƐĐŝƉůŝŶĂƌ ŝŶƚĞŐƌĂĚŽ͘ hŶ ĞƋƵŝƉŽ ĚĞ ƚƌĂďĂũŽ ŵƵůƟĚŝƐĐŝƉůŝŶĂƌ ŝŶƚĞŐƌĂĚŽ͘ 800 m2 con la más avanzada avanzada te tecnología cnología para la salud dental. dental.
986 296 247 608 555 324
Ctra. Camposanc Ctra. Camposancos os 152 C ORUJO · 36213 · VIGO CORUJO Parking P arking gr gratuito atuito eexclusivo xclusivo para para clien clientes tes
www.clinicadentalromeo.com w ww.clinicadentalromeo.com
Ahora ttambién Ahora ambién en P Porriño orriño Cen tro médic o El Castro Castro Centro médico Porriño · 36400 O Pinar 1 · O Porriño
986 06 42 71 cousas de val miñor
5
NOVAS NIGRÁN COMEZARON AS OBRAS DE CONSTRUCIÓN DO CENTRO DE SAÚDE DE PANXÓN O orzamento da adxudicación é de 1.841.633 euros para unha superficie construída de 1.375 metros cadrados. O centro está cofinanciado con fondos FEDER e enmárcase na Estratexia Sergas 2014 para modernizar as infraestruturas da rede de Atención Primaria e mellorar a asistencia prestada á cidadanía e a contorna de traballo dos profesionais.
O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, acompañado polo xerente do SERGAS, Antonio Fernández-Campa, visitaron os terreos onde se edificará o novo centro de saúde, nun acto que contou tamén coa presenza do xerente da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada, Mario González; o director de Procesos Sen Ingreso da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Vigo, Javier Caramés; e a subdirectora xeral de Investimentos do Sergas, Cristina Enjamio. A OBRA, CONTA CUN PERIODO DE EXECUCIÓN DE 12 MESES, E CUN ORZAMENTO DUNS 2 MILLONS DE EUROS
A obra, que está previsto que leve a cabo nun prazo de 12 meses, ten previsto no seu programa funcional 6 consultas de medicamento xeral, 1 sala de toma de mostras, 1 sala de técnicas, unha polivalente, 1 consulta de pediatría, 1 de enfermaría pediátrica, sala de xuntas, aseos, oficios vestiarios e todos os servizos necesarios para o correcto funcionamento do centro. O alcalde avanzou que o goberno municipal xa se puxo en contacto coa Tesouraría da Seguridade Social, propietaria dos terreos onde se sitúa o actual centro de saúde, para xestionar a cesión da devandita infraestrutura ao concello, co fin de destinala a un uso social para goce dos veciños.
NIGRÁN INICIA UNHA CAMPAÑA DE CONTROL DO DEPÓSITO DE RESIDUOS EN PUNTOS NON HABILITADOS Desde o pasado mes de xullo, Nigrán conta cun punto limpo na contorna da Camesella, xunto á estación depuradora de augas residuais. A pesar da posta en marcha desta infraestrutura, así como do mantenemento do servizo de recollida de aveños do fogar por parte da empresa concesionaria de recollida de lixo, a taxa de depósito de residuos en puntos non habilitados segue sendo elevada. Por iso, o goberno municipal pon en marcha unha campaña de control do depósito de residuos que se reforzará coa incorporación de policías de paisano ao dispositivo, “unha medida que adoptamos co fin de evitar que tanto veciños como empresas depositen residuos e outros elementos, como mobiliario, restos de obras ou de podas, en espazos non autorizados”, explica o alcalde, Alberto Valverde. A día de hoxe, o concello ten abertos oito expedientes sancionadores por depositar residuos e verteduras de forma irregular, "unha situación que non só dana á imaxe do noso municipio, senón que prexudica tamén a nosa contorna ambiental, e que pretendemos eliminar con esta iniciativa", puntualiza o rexedor. O Alcalde de Nigrán fai un chamamento a veciños e empresas, especialmente de xardinaría e de construción, a facer uso do punto limpo. A infraestrutura, dotada de 28 colectores e un almacén, acepta o depósito de todo tipo de materiais, desde madeiras, metais e restos de obra e do fogar até residuos especiais e perigosos, así como aparellos eléctricos e electrónicos. Neste sentido, Valverde lembra que o punto limpo de Nigrán ten un dos horarios máis amplos de Galicia, ao abrirse seis días á semana, de luns a venres, de 16.00 a 19.00 horas, e os venres e sábados, de 10.00 a 14.00 horas, “un horario extenso e flexible para que tanto particulares como empresas poidan facer uso desta nova infraestrutura”. Ademais desta infraestrutura municipal, CESPA mantén operativo o servizo de recollida de aveños do fogar nos colectores, que se realiza a mediados e finais de cada mes, previa chamada telefónica ao 900 700 111. 6
cousas de val miñor
VIVE NIGRÁN¡
peluquería
cousas de val miñor
7
NOVAS GONDOMAR GONDOMAR RECUPERA O LAVADOIRO DE ABROLLIDO
O IEM DENUNCIA AGRESIÓN AOS PETRÓGLIFOS DE SANTA LUCÍA EN VINCIOS, GONDOMAR
O Concello de Gondomar recuperou o tradicional lavadoiro de Abrollido, na parroquia de Doas, que se atopaba en estado de deterioración debida á acumulación de sedimentos derivados das choivas e riadas e ao amontoamento de vexetación.
A estación de arte rupestre coñecida como Santa Lucía en Vincios, Gondomar, atópase gravemente afectada por unha serie de intervencións nos terreos do perímetro de protección do xacemento así como o depósito de grandes bloques de granito enriba de varias das laxes gravadas. O estado da estación non permite visualizar se os petróglifos aínda existen, se foron deturpados ou atópanse agochados debaixo dos bloques.
O CONCELLO DE GONDOMAR ACONDICIONA ZONAS DE RECOLLIDA DE RESIDUOS A concellaría de Medio Ambiente de Gondomar acondicionou zonas de recollida de residuos nas parroquias de Doas, Borreiros e Villaza mediante limpeza, valado e sinalización. O concelleiro de Medio Ambiente, Juan Carlos González Camesella, lembra que nas zonas intervidas producíanse constantemente verteduras incontroladas de todo tipo mesmo naquelas recentemente acondicionadas polo Concello, que sufriron actos de vandalismo, polo que o Concello abrirá expediente sancionador contra aquelas persoas que actúen en prexuízo e deterioración das instalacións.
8
cousas de val miñor
Ante esta agresión o Instituto de Estudos Miñoranos presentou este venres denuncia administrativa ante o Concello de Gondomar e a Xunta de Galicia, e presentou un escrito e probas documentais ante a Garda Civil para que o traslade ao ámbito xudicial. O Instituto de Estudos Miñoranos desenvolveu neste ano varias visitas didácticas con escolares da bisbarra á Serra do Galiñeiro. Nelas, unha das primeiras paradas ten lugar na estación de arte rupestre coñecida como Santa Lucía, en Vincios (Gondomar) duns catro mil anos de antigüidade. Xacemento con varias laxes gravadas con petróglifos catalogados por Patrimonio e recollidos en diversas publicacións. O pasado mes de abril, expertos do IEM desenvolveron unha visita con escolares, pais e nais na que explicouse o petróglifo de Santa Lucía e amosouse. Este sábado 11 de outubro desenvolveuse outra visita didáctica ao lugar mais o petróglifo xa non puido ser atopado. A lei de patrimonio de Galicia indica as áreas de cautela dos bens culturais, entre os que se atopan os petróglifos, e non permite accións que os pidan danar no seu redor. Os petróglifos de Santa Lucía son un ben cultural coñecido, catalogado e publicado, e que xa sufriron outras agresións, denunciadas no seu momento, entre as que se salienta a desaparición dunha das laxes gravadas do grupo de esta estación, pola construción dunha instalación particular de garda e cría de cabalos (picadeiro). Agora, poderíase estar ante a desaparición ou destrución doutra rocha gravada. Polo cal e antes as autoridades antes mencionadas, o IEM solicita se investiguen os feitos e se comprobe si se destruíu recentemente unha das laxes dos petróglifos de Santa Lucía. Así como esixir se cumpra coa lei de protección do Patrimonio de Galicia no senso de respectar as áreas de protección dos petróglifos, e non se almacenen nin se movan terras e pedras que poidan danar os ben culturais.
VIVE GONDOMAR¡
cousas de val miñor
9
NOVAS GONDOMAR
GONDOMAR PREMIA AOS SEUS HOSTALEIROS Na tarde do pasado 20 de outubro, tivo lugar a entrega de premios do concurso Tapas do Conde celebrado en Gondomar o pasado mes de agosto no que máis de 20 establecementos participaron nas categorías salgado e doce. O acto de entrega tivo lugar no Pazo do Conde de Gondomar e estivo presidido polo alcalde Fernando Guitián, a concelleira de Turismo e Comercio Paula Bouzos, o Conde de Gondomar, Gonzalo Fernández de Córdoba e a presidenta da asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor, Ovalmi, Deborah Mouriño. Na categoría de tapa salgada o primeiro premio recibiuno a cervecería Ágora, o segundo a cervecería Yantar e o terceiro o restaurante a Vitrola. Na categoría de tapa doce a cervecería Ágora foi novamente a elixida para levar o primeiro premio, seguida do restaurante a Vitrola e a tapería Seixos, premios outorgados de acordo ás votacións particulares dos clientes. O Conde de Gondomar, Gonzalo Fernández de Córdoba, agradeceu a presenza dos asistentes no seu fogar convidándoos a sentirse como na súa propia casa, “este pazo é parte do pobo”, comentaba. Deborah Mouriño, presidenta de Ovalmi, resaltou a importancia de que os comerciantes traballen unidos para conseguir a promoción de Gondomar, “hai que conseguir que se achegue ao noso municipio xente doutras zonas e iso lógrase con unión e esforzo colectivo”. Pola súa banda o alcalde de Gondomar , Fernando Guitián, fixo fincapé na necesidade de traballo conxunto non só entre os hostaleiros, senón tamén entre estes e o Concello, “é necesario un interlocutor que esixa ao Concello aquilo que cre que pode ser bo para o pobo e desenvolver unha relación de cooperación para resolver, na medida que sexa posible, estas necesidades con beneficio colectivo”. Así mesmo, Fernando Guitián recoñeceu o Pazo do Conde de Gondomar como “un das contornas máis bonitas do Val Miñor”, e agradeceu a axuda e disposición do Conde para a celebración deste acto. “Sen a vosa colaboración e ilusión esta iniciativa non sairía adiante”, destacaba Paula Bouzos, concelleira de Turismo e Comercio, na sua intervención e antes da entrega de premios. Esta segunda edición do concurso Tapas do Conde aglutinou un maior número de asistentes que a edición anterior, polo que as autoridades e organizadores implicados aseguraron traballar arduamente de face ao próximo ano e converter a festa nunha tradición de referencia do verán gondomareño, 10
cousas de val miñor
NOVAS GONDOMAR
Na fotografía, os premiados e todos os participantes, acompañados por Fernando Guitian, Paula Bouzós, Gonzalo Fernández de Córdoba e Deborah Mouriño
cousas de val miñor
11
SAÚDE
INFLÚE O QUE COMEMOS EN COMO SOMOS, PENSAMOS E SENTIMOS?
Que sabemos acerca de como afecta a alimentación ao noso cerebro? , á nosa mente?,ao que pensamos e sentimos? Pois hoxe en día bastante, grazas a numerosas investigacións que verifican o gran impacto que a nosa alimentación ten sobre practicamente todas as facetas mentais do ser humano, afectando o noso estado de ánimo, intelixencia, memoria, capacidade de aprendizaxe e toma de decisións. É ben sabido por todos que unha mala alimentación excesos de graxa, azucre, sal e o comido lixo están relacionados con diversas enfermidades como cardiopatías e accidentes cerebrovasculares, pero o noso cerebro, do mesmo xeito que o corazón, é un órgano que funciona a partir do que nós lle proporcionamos. A glicosa por exemplo, é o único "carburante", inxerido a partir de hidratos de carbono, que utiliza o noso cerebro (aproximadamente 100g ao día). Pero non todo tipo 12
cousas de val miñor
Por Sainza García
de azucre é válido. O cerebro necesita un achegue constante de glicosa en sangue e tolera moi mal as subidas rápidas de azucre que lle chegan ao inxerir por exemplo pasteis e bollería (hidratos de carbono simples). Estas subidas, e o seu rápido descenso , producirían falta de concentración, perda de memoria e irritabilidad. O consumo de hidratos de carbono complexos, que vaian liberando azucres de forma progresiva é o que necesitaría para lograr ese nivel adecuado en sangue. E cales son os alimentos que os conteñen? Todos os produtos integrais en xeral , os vexetais e determinadas froitas como os kiwis, laranxas, mazás. Por outra banda, o cerebro tamén necesita graxa, ese nutriente que hoxe en día tentamos reducir ou eliminar nas dietas. O motivo? O cerebro está a formar por un 60% de ácidos grasos, por tanto, estes non teñen que ser tan malos, o importante, como no caso do carburante, é o tipo de graxa que inxiramos.
SAÚDE
A carencia de determinados acedos grasos esenciais (aqueles que temos que tomar coa dieta), pode estar relacionado de maneira directa con como pensamos e como sentimos (déficit de atención, depresión, fatiga, problemas de memoria, dificulta de aprendizaxe, etc. Se o consumo de graxas é inadecuado, afectará o funcionamento do cerebro e á rapidez das conexións neuronais. E cales son, por tanto, estes acedos grasos esenciais tan beneficiosos? O coñecidos omega 3 e omega 6. O omega 3 atopámolo en arenques, caballas, atún, salmón do atlántico, ovos de galiñas (que fosen alimentado con gran) e noces. O Omega 6 obterémolo do millo, girasol, sésamo, cabaza, leite e carne. Onde si que hai que pór especial coidado é no consumo de graxas trans ou hidrogenadas, que son as verdadeiras "malas da película". Utilízanse para incrementar o tempo de vida útil dos alimentos e proporcionarlles estabilidade e consistencia sendo a bollería industrial e a chamada ?comida rápida? , os alimentos que encabezan esta lista. En resumo, somos, pensamos e sentimos como comemos. Cada nutriente que inxerimos acabará conformándonos, elixamos ben. Só temos un corpo que ten que durar moitos anos e nas mellores condicións posibles, facilitémosllo.
COR R ECCI Ó N
V ISUA L
POR
L Á SER
SIN GAFAS NI LENTILLAS TODO SE VE MEJOR APROVECHA LAS NUEVAS TARIFAS
895€/ojo
*
SOLICITA YA TU 1ª CONSULTA PREOPERATORIA
* Pruebas preoperatorias incluidas en la intervención. Promoción válida hasta 30/11/2014. No acumulable a otras ofertas.
Avda. de García Barbón, 28 s Vigo
986 44 31 64 clinicabaviera.com
RUTAS
CHANDEBRITO, PEDRAS QUE MURMURAN HISTORIAS
A parroquia de Chandebrito está ateigada de vestixios que é preciso protexer da acción humana
14
cousas de val miñor
O seu castro, un dos máximos referentes arqueolóxicos de Nigrán, merece situarse no “sobranceiro” lugar que lle corresponde
RUTAS Silvia Camesella. Falar de pedras no Val Miñor é falar de historia e de vidas. Das historias que nos deixaron vidas pasadas que habitaban estas terras cando aínda non se albiscaban nin o asfalto nin o ladrillo na comarca. Estas pedras murmuran o que un día foron ou dan conta do que aconteceu no seu entorno, ben en forma de castros, petróglifos, mámoas ou muíños, como os que ateigan Chandebrito. Non obstante, de non preservarse, corren o risco de enmudecer debido ao maltrato e abandono que sofren. Restos históricos como os mencionados sitúan a esta parroquia de Nigrán como un dos enclaves máis importantes da comarca a nivel arqueolóxico. Foi a súa localización estratéxica, entre os montes Castelo, Alba e Maúxo -estribacións da Serra do Galiñeiro-, a que determinou a súa escolla por parte dos castrexos para asentar o seu poboado.
CURUTO DE EXCEPCIÓN No centro xeográfico de Chandebrito, a 332 metros sobre o nivel do mar, atópase o Monte do Castro, un balcón natural dende o que se obteñen vistas excepcionais ás rías de Vigo e Pontevedra. Neste curuto, cuberto hoxe por unha tupida maleza, foi onde se asentou o citado poboamento castrexo. Segundo algúns autores, a ocupación do monte podería situarse no intre correspondente á consolidación desta cultura, na Idade do Ferro (s. VIIIVII a. C.), antes de que se vira influenciada polos romanos ata o s. III-IV d. C. Algúns investigadores estiman que foi abandonado contra a metade do s. II a. C. con posteriores visitas periódicas, segundo indican distintos elementos atopados no lugar. Varios indicios apoian esta teoría, como os relevos e depresións que se distinguen neste enclave e que revelan a existencia de construcións soterradas que antano conformarían vivendas de distintas tipoloxías, principalmente circulares, distribuídas en tres recintos situados en socalcos da ladeira. Estas características, así como os aterrazamentos e murallas que presenta, eran propias de poboados fortificados da Segunda Idade do Ferro. Unha das murallas quedou ao descuberto en 1979 cando se abriu a pista de acceso ao monte, e os seus cachotes foron extraídos e recolocados posteriormente, co detrimento que isto supuxo. cousas de val miñor
15
RUTAS DÚAS ESCAVACIÓNS O castro foi escavado cientificamente en dúas ocasións. No ano 2001 un pequeno sector da muralla exterior foi obxecto dunha investigación arqueolóxica, cuxos resultados nunca foron publicados. Sete anos despois, un grupo de arqueólogos dirixidos por Lois Ladra realizou unha pequena intervención nas dúas terrazas nas que se estrutura o castro, baixo o encargo da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Chandebrito, propietaria dos terreos. As conclusións extraídas deste estudo arroxaron datos que desbotaron algunhas das reflexións teóricas previas que se publicaran sobre o poboamento, como a afirmación dun acceso ao castro mediante unha rampla en espiral (D. Luís Monteagudo, 1943). Aínda que os autores aseguran: “(...) apenas podemos suxerir unhas modestas hipóteses interpretativas que deberán ser contrastadas en futuras escavacións”. Neste estudo recuperáronse, ademais, 5.000 pezas “nunha superficie de apenas vinte metros cadrados”.
Chandebrito dende o Curuto do Monte Castro
Curuto do Castro de Chandebrito VESTIXIOS ESPOLIADOS As principais referencias do castro proveñen dos vestixios achados, na súa maioría, fragmentos de recipientes cerámicos decorados pertencentes ao castrexo tardío e ánforas romanas que na actualidade se atopan no Museo de Pontevedra. Ao pé do outeiro, no interior de catro vitrinas, pódense observar algunhas destas pezas, unha delas, a que contiña dous muíños de man, permanece baleira por mor dun saqueo. Este feito, por desgraza, non é illado. Nalgunhas referencias bibliográficas, como o libro Historia de Chandebrito, do Clube Espeleolóxico Maúxo, afírmase que non foron poucos os que “teñen sacado cousas do castro”, en referencia ao espolio que sufriu, en gran medida, durante a construción da pista de acceso ao monte do Castro, cando afloraron multitude de restos do asentamento. É por isto que é preciso incidir na súa protección para manter con vida a herdanza cultural dos nosos devanceiros e poder achegarnos con maior precisión á Protohistoria da comarca.
16
cousas de val miñor
ENERXÍAS RENOVABLES CALEFACCIÓN ECOLÓGICA Y ECONÓMICA El INEGA destinará 98 millones de euros en subvenciones a la biomasa.
PolyperCALEFACCIÓN en 1995 y comienza su actividad en el sector ECOLÓGICA Y ECONÓMICA Anace BIOMASA. CALEFACCIÓN de las energías renovables en 2.002. Ubicada en el corazón INEGA 98ECONÓMICA millones de euros del valEl Miñor, en destinará NIGRAN. E Su área de actuación es a nivel ECOLÓXICA eny subvenciones a lasebiomasa. nacional su mayor actividad centra en Galicia. Este año fue galardonada con el “PREMIO NIGRAN A A Biomasa é 1995 un combustible Polyper nace en y comienza sucompletamente actividad en el sector INNOVACION 2014” renovable e cun balance de emisións deelCO2 de las energías renovables en 2.002. Ubicada en corazón
Neutro. del val Miñor, en NIGRAN. Su área de actuación es a nivel nacional y su mayoráltamente actividad secualificado centra en Galicia. Gracias a su personal en un medio Este año fue galardonada el “PREMIO NIGRAN A súa utilización reducirá a las dependencia dos A cada vez más puntero como es elcon de Energías renovables INNOVACION 2014” combustibles derivados do petróleo, favorecerá
ofrece la mejor solución energética a sus clientes, Energía unha industria "made in Galicia" Solar, Biomasa, Aerotermia, Geotermia, etc.e reducirá a
Polyper P olyper Geneve, ol Geneve, ss.l.u. .l.u. tu Energía... Energía...!!
Servicio Integral de PLANIFICACIÓN, Polyper Geneve, s.l.u. PRO YECTO, EJECUCIÓN, PROYECTO, tu Energía...! MANTENIMIENT O y GARANTÍAS MANTENIMIENTO
Servicio Integral de PLANIFICACIÓN, PROYECTO, EJECUCIÓN, MANTENIMIENTO y GARANTÍAS
INSTALADORES TÉCNICOS de
Gracias personal áltamente cualificado en un de medio emisióna ásuatmosfera de 246.000 Toneladas cada vez más puntero como es el de las Energías renovables CO2. LA BIOMASA ofrece GALLEGA la mejor solución energética a sus clientes, Energía El objetivo de Xunta de Galicia en el plan es Solar, Biomasa, Aerotermia, Geotermia, etc.2.014 2.020 Tamén ala mellora na xestión e o rendemento dos
potenciar una nueva industria con selloasí Gallego que genere montes galegos contribuíndo á prevención LA BIOMASA GALLEGA empleo aprovechando la riqueza de nuestros bosques. Con dos incendios forestais. El objetivo de la Xunta de Galicia en el plan 2.014 2.020 es una inversión de 450 M€ hasta 2.020 de los cuales 98 M€ se potenciar una nueva industria con sello Gallego que genere destinaran A BIOa Mayudas ASA Gdirectas ALEGA para la implantación de empleo aprovechando la riqueza de nuestros bosques. Con calderas de Biomasa. O obxectivo da Xunta de Galicia no plan 2014 / una inversión de 450 M€ hasta 2.020 de los cuales 98 M€ se 2020 é potenciar novapara industria con selo de destinaran a ayudasunha directas la implantación Galego que xere emprego aproveitando a riquezay La Biomasa es un combustible completamente renovable calderas de Biomasa.
nososdebosques. con undos balance emisiones de CO2 Neutro. Su utilización reducirá la dependencia de los combustibles derivados del La Biomasa es un combustible completamente renovable y Cun investimento de 450 M¤ até 2020 dos cales con un balance de emisiones de CO2 Neutro. Su utilización petróleo y favorecerá una industria “made in Galicia”, reduci98 M¤ aladestinásense a axudas directas para a del reducirá combustibles derivados rá la emisión ladependencia atmosfera de de los 246.000 Toneladas de CO2. implantación de caldeiras de“made Biomasa. petróleo y favorecerá una industria in Galicia”, reduciLa mejora en la gestión y el rendimiento de los montes gallerá la emisión a la atmosfera de 246.000 Toneladas de CO2. gos contribuye a la prevención de los incendios forestales. O INEGA destinará millóns dede euros en subLa mejora en la gestión y98 el rendimiento los montes gallevencións á BIOMASA. gos contribuye a la prevención de los incendios forestales.
INSTALADORES TÉCNICOS de SOLUCIONES ENERGÉTICAS
SOLUCIONES ENERGÉTICAS
ENERGÍA SOLAR FOTOVOLTAICA / ENERGÍA SOLAR TÉRMICA ENERGÍA SOLAR FOTOVOLTAICA / ENERGÍA SOLAR TÉRMICA
FRÍO
CALOR CALOR
FRÍO
Gasóleo Propano Gasóleo Propano Gas Natural Gas Natural NaturaBT l Electricidad Electricidad BT
Electricidad Bomba Bomba Bomba de Electricidad Calor de Calor
Biomasa / Pellets
Biomasa / Pellets
VENTAJAS DE LA VENTAJAS DE BIOMASA: LA BIOMASA:
VENTAXAS Combustible Gallego, Barato y Limpio. Combustible Gallego, Barato y Limpio.
• Combustible Barato egasóleo Limpo. Ahorro de hasta elGalego, 65% respecto del45% 45% Ahorro de hasta el 65% con con respecto al al gasóleo yydel con respecto al Natural. Gas Natural.con respecto ao gasóleo Aforro deGas até o 65% con•respecto al e do 45%respetuosa con con respecto ao Gas Natural. Energía con el medio ambiente. Contribuye aa Energía respetuosa el medio ambiente. Contribuye la reducción de las emisiones de CO2 y reduce la • Enerxía medio ambiente. la reducción de respectuosa las emisiones decoCO2 y reduce la dependencia energética. dependencia energética. • Contribúe á limpieza redución das emisións Contribuye a la de los montes gallegos de CO2 Contribuye a laalimpieza los de montes gallegos e reduce dependencia enerxética. disminuyendo así el de riesgo incendios. disminuyendo así el riesgo de incendios. • Contribúe á limpeza dos montes galegos diminuíndo así o risco de incendios.
BIOMASA
CLIMATIZACIÓN
BIOMASA
CLIMATIZACIÓN
Facilidades F acilidades
VENTILACIÓN
VENTILACIÓN
CONVENIO CON ENTIDADES FINANCIERAS
Facilidades CONAR ENTIDADES PARA LLEVAR PROYECTOS P ARA LLEV A CABO FINANCIERAS SUS PRO YECTOS de FINANCIA CIÓNCONVENIO FINANCIACIÓN de FINANCIACIÓN PARA LLEVAR A CABO SUS PROYECTOS
T ramitación Tramitación
SOLICITUD Y SEGUIMIENT SEGUIMIENTO O Tramitación Y SEGUIMIENTO de SUB VENCIONESSOLICITUD SUBVENCIONES DE SUBVENCIONES SUBVENCIONES de SUBVENCIONES DE SUBVENCIONES
Ahoralolohacemos hacemos posible..! Ahora posible..! SERVICIO TÉCNICO ESPECIALIZADO PARA OBTENER LA ETIQUETA ENERGÉTICA
SERVICIO SE RVICIO TÉ TÉCNICO CNICO ESPECIALIZADO ESPECIALIZADO P PARA ARA OB OBTENER TENER LLA A ETIQUETA ETIQUETA EN ENERGÉTICA ERGÉTICA
CERTIFICADO DE ENERGÉTICA CERTIFICADO C ERTIFICAD O EFICIENCIA DE DE EFICIENCIA EFICIEN CIA ENERGÉTICA ENERGÉTICA obligatorio para vender y alquilar obligatorio para vender y alquilar cualquier inmueble
cualquier inmueble C. Rev. J. M. Pérez Alonso 9 - 36350 NIGRÁN
C. Rev. J. M. Pérez Alonso 9 - 36350 NIGRÁN
www.polyper.es
Telf.:
986 365 109
www.polyper.es Telf.:
986 365 109 cousas de val miñor
17
DEPORTES
O CLUB DE
BALONCESTO NIGRÁN REGRESA PARA PROMOVER A PRÁCTICA DEPORTIVA DENDE A BASE
18
cousas de val miñor
Medio centenar de rapaces compoñen a súa canteira e conta con tres equipos federados Na presentación estivo arroupado pola directiva da etapa precedente, 1988- 2003
DEPORTES
Silvia Camesella O Club de Baloncesto Nigrán regresa ás canchas. Despois de máis dunha década dende a cesión da súa actividade baixo as rendas de Manuel Simón (1988-2003), o club presentou o pasado sábado 20 de setembro unha nova canteira cun obxectivo claro: promover a práctica deportiva dende a base. “Queremos primar a formación sobre a competición. Abrir a participación de nenas e nenos dende os 4 anos, en lugar de 8, como se vén facendo actualmente”, aclara Nuria Gómez, unha das adestradoras do club. De aí que só teñan tres equipos federados, júnior masculino, cadete feminino e infantil feminino. Para acadar a súa pretensión contan con medio centenar de deportistas, distribuídos en categorías que van dende babybasket ata júnior (18 anos), así como co apoio de máis de 60 familias e 400 socios colaboradores. “Temos, ademais, dous centros educativos asociados, o CEIP Escultor Acuña e o Ángel de la Guarda” sinala Pablo Vilas, presidente do CB Nigrán. Catro meses A iniciativa de retomar a actividade do club partiu precisamente das nais e pais dos rapaces, que non contaban cunha entidade que impartise baloncesto. “Empezamos o proxecto hai catro meses e fixémolo coa idea de que sexa a longo prazo, de que se consolide”, comenta Vilas. Na actualidade están pendentes da cesión das instalacións por parte do Concello de Nigrán. “De momento, adestramos no pavillón de Panxón e gustaríanos poder utilizar este espazo durante toda a tempada”, sinalan dende a directiva.
cousas de val miñor
19
GALICIA SOLIDARIA
FONDO GALEGO: 17 ANOS DE COOPERACIÓN INTERNACIONAL DENDE OS MUNICIPIOS Silvia Camesella
A ENTIDADE, CON SEDE EN BAIONA, ESTÁ INTEGRADA POR 86 CONCELLOS E DÚAS DEPUTACIÓNS DENDE A SÚA FUNDACIÓN, REALIZOU 150 PROXECTOS EN MÁIS DE VINTE PAÍSES 20 cousas de val miñor
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade cumprirá o vindeiro mes de novembro 17 anos dende a súa fundación, promovida polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi). Durante este tempo, a entidade municipalista, con sede en Baiona, converteuse nun referente da axuda internacional ao desenvolvemento en Galicia e consolidouse como un dos principais organismos a nivel nacional da cooperación descentralizada. Tanto é así, que en países como Portugal e Alemaña están a incorporar o seu método de traballo dende o ano 2011.
COOPERACIÓN DESCENTRALIZADA O Fondo Galego está integrado por 86 concellos e dúas deputacións, A Coruña e Lugo. Formar parte desta entidade permítelles participar no desenvolvemento de políticas de cooperación para paliar a pobreza e as desigualdades existentes entre o Norte e o Sur que, doutro xeito, lles resultaría practicamente inviable. Isto é o que se coñece como cooperación descentralizada.
GALICIA SOLIDARIA
TENDENDO LAZOS
ESPÍRITO DO 0,7%
Nos seus anos de vida, o Fondo Galego tendeu lazos de cooperación e solidariedade en máis de 25 países, nos que levou a cabo ao redor de 150 proxectos, primando aqueles con nexos lingüísticos comúns, como Cabo Verde. “Un dos traballos máis notables que se fixo nas cámaras das illas foi a implementación dun plan de igualdade e equidade de xénero para favorecer o empoderamento da muller”, apunta Daniel González Palau, secretario técnico da entidade.
“O Fondo Galego naceu a carón do espírito do 0,7%* e nos últimos anos viu como o orzamento á cooperación se reducía de forma brusca, sobre todo, no Estado español, mentres que noutros países, como o Reino Unido, se viu incrementado”, asegura González Palau.
Outros países nos que a entidade realizou proxectos de cooperación directa de amplo calado con ONGD locais foi en Nicaragua, onde levan máis dunha década aplicando un modelo de desenvolvemento local a través da construción de vivendas e mellora do saneamento, e en Cuba, cun Plan Maestro para a revitalización de Santiago de Cuba mediante a rehabilitación de edificios e patrimonio histórico.
O responsable considera que o sistema de cooperación actual debe camiñar cara unha coherencia de políticas que implique a todos os actores que interveñen nas relacións internacionais cos países de destino das axudas, nos que subxacen intereses socioeconómicos, xeopolíticos, etc. “Non ten sentido investir en mellorar o rendemento produtivo de agricultores no Sur se despois permitimos que empresas españolas acaparen ou contaminen as súas terras”, sinala.
Ademais destes plans, a entidade abre anualmente unha convocatoria de proxectos de cooperación indirecta en países do Sur á que poden concorrer ONGD galegas ou con delegación en Galicia, á que este ano destinarán un mínimo de 100.000 euros.
INICIATIVAS PARA A REFLEXIÓN Paralelamente, o Fondo Galego organiza múltiples actividades para a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Con este obxectivo, realizan exposicións e ciclos de cine de diversas temáticas, xiras de teatro ou as recentes incorporacións do concurso fotográfico “Imaxes con Fondo”, que conclúe en novembro, master class e obradoiros de fotografía social ou encontros dixitais en torno aos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio.
* O 0,7% do Produto Nacional Bruto (PNB) é o que acordou destinar en 1972 Nacións Unidas para axuda oficial ao desenvolvemento (AOD). Lonxe de cumprirse, 42 anos despois da súa aprobación e tras ratificarse en distintos cumios, a media da Unión Europea á AOD é do 0,41%. A porcentaxe de axuda española está moi por debaixo, situándose no 0,16% en 2013.
Fondo Galego nas Redes: www.fondogalego.org www.facebook.com/FondoGalego @FondoGalego www.youtube.com/fondogalego
cousas de val miñor 21
OCIO - CINE
OCIO - LITERATURA
28 DÍAS David Safier. Ed. Seix Barral
ASÍ EMPIEZA LO MALO Javier Marías. Ed. Alfaguara
EL VIAJE DE SHACKLETON William Grill. Ed. Impedimenta
NOBLES Y REBELDES Jessica Mitford. Ed. Libros del Asteroide
David Safier sorpréndenos cunha emocionante novela sobre o levantamento do gueto de Varsovia protagonizada por unha carismática adolescente.
Unha novela sobre o desexo, o rancor e a arbitrariedade do perdón. Con Marías acontece que o lector asiste ao que non coñeceu, pero que unha vez o le, cre recoñecelo, porque está no fondo mesmo do que sente, imaxina ou soña. O lector autodescóbrese na literatura deste novelista verdadeiramente único.
Fermosamente ilustrado por William Grill, narra a verdadeira historia de como Shackleton e os seus homes lograron sobrevivir a esta épica aventura, nun canto ao seu gran valor e resistencia.
Un retrato de familia, un libro de aventuras, un ensaio de antropoloxía social, unha historia de amor; Nobres e rebeldes é todo iso, ademais dunha deliciosa autobiografía.
SOMNAMBULOS Suso de Toro. Ed. Xerais “Somnámbulos” reúne tres relatos de textura semellante, a das voces que falan e que escoitamos falar. Todos tratan do que trata a literatura, da memoria, é dicir do pasado. A escrita literaria adoita ser como guindar un balde ao pozo que un leva dentro. Non se acostuma contar mais o traballo de escribir ficción é ir cavando nun pozo dentro de un, conforme se descende a auga vai saíndo máis fría”.
LA INCREÍBLE HISTORIA DE... UN AMIGO EXCEPCIONAL David Walliams. Ed. Montena Humor e aventuras da man do autor número 1. “Lelo é un pracer,unha historia orixinal, divertida. e que dá que pensar...” Por que decidiu Chloe axudar ao señor Fétido? Pois porque é a única persoa no mundo que foi amable con ela.
FORMACIÓN E EMPREGO
VALEMPREGO PRÓXIMOS CURSOS Nome da actividade: SEGURIDADE SOCIAL E CONTRATACIÓN. Breve descrición: novidades lexislativas sobre a contratación e Seguridade Social por conta allea. Localización: Baiona. Data: novembro.
Nome da actividade: A FORMACIÓN. Breve descrición: formación dual, FP a distancia, etc. Localización: Nigrán. Data: novembro.
Nome da actividade: A EVOLUCIÓN DO MERCADO LABORAL. Breve descrición: o novo perfil do traballador, nova tipoloxía E, etc. Localización: Gondomar. Data: novembro.
Nome da actividade: RECURSOS MUNICIPAIS PARA O EMPREGO. Breve descrición: recursos do emprego nos municipios. Localización: a determinar. Data: decembro.
Aquelas persoas interesadas en anotarse en calquera destas sesións informativas, que teñen carácter gratuíto, poden realizalo a través da conta de correo electrónico valemprego@gmail.com ou ben chamando aos seguintes teléfonos 986 384 020 / 986 365 000/ 986 385 048. 24
cousas de val miñor
CENRO COMERCIAL LA ROMANA AVENIDA MANUEL LEMOS 34 LOCAL-28 36370 A RAMALLOSA (PONTEVEDRA YOIGORAMALLOSA@GMAIL.COM TELF: 986 35 45 61
TU CENTRO ESPECIALIZADO EN TELEFONIA Y ACCESORIOS EN RAMALLOSA
AXENDA CULTURAL NIGRĂ N PROGRAMACIĂ“N CULTURAL NOVIEMBRE
sĂĄbado 15 de noviembre Magosto infantil, SalĂłn de Actos Municipal, a partir de AGENDA CANGAS las 17.00 horas. domingo 23 de noviembre Venres, 19 de novembro 21:00hs. Pilates Metting con Michael King, PabellĂłn Municipal de ProxecciĂłn cinematogrĂĄfica en V.O.S.E. IN THE LOOP. Deportes de PanxĂłn, de 11.30 a 13.30 horas. Organiza: Cine Club Cangas sĂĄbado 29 de noviembre Teatro mĂĄxico", Agarimo21:00hs. Teatro. SalĂłn de Venres, "O 26 anel e SĂĄbado, 27 dede novembro Actos Municipal, 19.30 horas. TEATRO DO MORCEGO. Presenta: OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE Entrada: 5â‚Ź DECEMBRO sĂĄbado 1328 dedediciembre Domingo, novembro 19:00hs. Teatro "La del paĂąal", SalĂłnADICAM de Actos Municipal, FESTIVALcatarsis SOLIDARIO A FAVOR 18.30 horas.
sĂĄbado diciembre Venres, 320 dede decembro 21:00hs. III Festival de Corais solidario de NigrĂĄn, SalĂłn ORQUESTRA DE SAXOS DOConcello CONSERVATORIO de Municipal, 19.30 horas. DEActos REDONDELA Concerto benĂŠfico a favor da Asc. Santiago Apostol e a domingo 21 de diciembre FundaciĂłn SanSolidario Vicente deConcello Paul IV PapĂĄ Noel de NigrĂĄn, PabellĂłn Entradas.- adultos: 5â‚Ź nenas e nenos: 3â‚Ź Municipal de Deportes de PanxĂłn, 17.00 horas.
dĂas 22, 23, 26, 29 y 30 diciembre y 2, 3 y 7 de enero Venres, 10 de de Nadal decembro 21:00hs.libre y gratuito, SalĂłn de Ludoteca de acceso TULPAN. ProxecciĂłn cinematogrĂĄfica en V.O.S.E. Actos Municipal, de 10.00 a 14.00 horas. Organiza: Cine Club Cangas del 26 al 30 de diciembre IV NigrĂĄn Xogolandia, PabellĂłn Municipal de Deportes de SĂĄbado, 11 de decembro 18:00hs. PanxĂłn, de 16.00 a 21.00 horas. FESTIVAL BENEFICO A FAVOR DE “CARITAS do 16 ao 23 de decembro. CANGASâ€? ExposiciĂłn e obradoiro de Belenes. SalĂłn Municipal, de 18.00 a 20.00 horas, Venres,de 17Plenos de decembro 20:00hs. CONCERTO DE NADAL DO CONSERVATORIO lunes 5 de enero PROFESIONAL E DA ESCOLA DE17.00 MĂšSICA Cabalgata de Reyes, a partir de las horas. MUNICIPAL DE CANGAS Entrada de balde SĂĄbado, 18 de decembro 19:00hs. Musical EL LIBRO DE LA SELVA PĂşblico infantil e familiar Entrada: 15â‚Ź Domingo, 19 de decembro 20:00hs. CONCERTO DE PANXOLIĂ‘AS DE NADAL Coa participaciĂłn de agrupaciĂłns de mĂşsica vocal de Cangas e a Banda de MĂşsica Bellas Artes Entrada de balde Domingo, 26 de decembro 20:00hs. CORO YOUSEI (XapĂłn) FormaciĂłn coral de voces femininas xaponesas de recoĂąecido prestixio internacional, de xira por Europa. Entrada.- Butaca: 20â‚Ź Anfiteatro: 17â‚Ź
26
cousas de val miĂąor
MÊrcores, 29 de decembro Musical GREASE Tour´- BRILLANTINA Entrada.- Butaca: 23₏ Anfiteatro: 21₏ Xoves, 30 de decembro 19:00hs. TEATRO DO MORCEGO. Presenta: SALTIMBANQUIS Público infantil e familiar Entradas.- adultos: 5₏ nenas e nenos: 3₏
CINE CICLO: NUEVO CINE ITALIANO Do 21 de setembro ao 30 de novembro Fundacion Caixa Galicia –Pontevedra I MOSTRA DE CINE DOCUMENTAL ALTERNATIVO DOCUTOPĂ?A Do 2 de novembro ao 4 de decembro Espazo cultural Negra Sombra Blues, no CafĂŠ Uf (Pracer, 19) Vigo XXIV FESTIVAL CINEROUPA Ampla programaciĂłn de mĂĄis dde 130 pelĂculas: estreas recĂŠn saidas dos mellores festivais e de filmes galardoados en 2010 Do 10 de novembro ao 3 de decembro Santiago de Compostela
CONCERTOS
THE ZOMBIES 11 de novembro 22:00 horas Sala Mondo -Vigo
ISMAEL SERRANO 11 de noviembre 20:30 horas. Centro Cultural Caixanova- Vigo
THE WAVE PICTURES 12 de novembro Sala Mondo-Vigo
THE STRANGE BOYS + 13 de novembro La Iguana Club – Vigo '( '(&(0%52
6$/“1 '( $&726 081,&,3$/
&21&(//2 '( 1,*5Â 1
ABA TAANO 14 de novembro 20:30 horas )81&,“1 7($75$/ 3$5$ 72'26 26 3š%/,&26 Centro Cultural CaixanovaVigo 35(=2 '$ (175$'$ � (1 7$48,//$
9(17$ $17,&,3$'$ � 12 7(/‰)212
AXENDA CULTURAL
GONDOMAR
PROGRAMACIÓN CULTURAL
DECEMBRO AUDITORIO MUNICIPAL LOIS TOBIO grafías. As imágenes captadas falan da vida rural, a emigraDESBUNDIXIE 12novembro AULA TEATRO DO CONCELLO DE GONDOMAR “MARUXAS ELEVEN”da22H DIA ción, a presencia morte, a incorporación da electricidade 14 de ou a presencia do teléfono na vida diaria. Aala AturuxoBueu DIA 13 REDRUM PRODUCIONES “AMOR FLEXIBLE” 22H
14 Y GRUPO DE GAITAS E TREBOADA “AIRIÑOS NOVOS DE PINZÁS” 19H DIA FITO FITIPALDIS NOSOTROS TAMBIÉN FUIMOS EMIGRANTES 19 de novembro 21:30 horas PRESENTACIÓN DISCO “O BURACO DOS MOUROS” Ata o 26 de novembro Multiusos Fontes de Sar- Santiago de Compostela DIA 20 ABRAPALABRA CREACIÓNS ESCÉNICAS “AS DO PEIXE” 22H Sede Náutica Caixa Galicia - Sanxenxo DIA 21 A XESTA MIGUEL RÍOS VERMELLA “DOUTOR DE CABECEIRA” 20HAs imaxes que recolle esta exposición, obtidas da fototeca GIRA BYE RIOS ROCK HASTA EL FINAL” DIA 22 “BYE MAGIN BLANCO “A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO” 18H da Axencia EFE intentan reconstruir os movementos migra20 de novembro torios que se produciron no noso país ao concluir a guerra DIA 26 ANIMAR-T ColiseumA Coruña“OS NOVOS MÚSICOS DE BREMEN” civil. As emigracións forzadas da fame ou do exilio levarían DIA 27 ACONTRABUTACA PRODUCCIÓNS a un bo número de españois a refuxiarse en países europeos FUEL FANDANGO e americanos. “DOUS SON PARELLA….E O DEMAIS SON CALUMNIAS” 22H 26 de novembro 22:30 horas Entrada 6 euros VISUAL “AS FABULOSAS VIAXES DE WILSON E FABRICE” 18H DIA 28 ADARME EXPOSICIÓN “VIGO, A COR E A PALABRA” Sala Aturuxo- Bueu Ata o 28 de novembro REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 1 de decembro Auditorio Caixanova -Pontevedra
EXPOSICIÓNS OS MUNDOS DE GONZALO TORRENTE BALLESTER Ata o 14 de novembro Museo de Pontevedra - Pontevedra
Centro Cultural Caixanova- Vigo
Artistas vigueses aportarán obras para conmemorar o Bicentenario da Cidade. A oferta expositiva complétsea cunha nova edición da Wildlife Photographer of the Year 2010, e a coprodución, co Museo do Mar, de Fillos do océano, d fotógrafo vigués Javier Teniente. Miradas. Realidades, expresiones, tramas. Arte en Galicia desde 1975 Ata o 16 de xaneiro de 2011 Fundación Caixa Galicia - Pontevedra
O proxecto expositivo e editorial «Miradas», é unha iniciatiA Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais e a va que sitúa as obras da colección baixo a perspectiva partiFundación Gonzalo Torrente Ballester lembran ao autor de “Los gozos y las sombras” no centenario do seu nacemento cular dos comisarios que toman parte nesta serie de catro coa exposición “Os mundos de Gonzalo Torrente Ballester”, mostras. Fernando Castro, Alfonso de la Torre, Fernando que percorre a traxectoria vital e literaria do escritor a través Huici e Iria Candela presentan unha coidada selección dos de máis de 150 piezas (moitas delas inéditas) entre manuscrida Colección Caixa Galicia, centrándose cada un en PROGRAMACIÓN DE RUA fondos DECEMBRO-XANEIRO tos, libros, artigos de prensa, cartas, fotografías, carteis, dibunúcleos temáticos diversos pero complementarios. DIA 21 VIIque RUTA MOTERA DE PAPANOELES “PLAZA SAN BENITO” 16H xos e diversos documentos e obxectos personais nos achegan a súa iconografía persoal. A mostra que está comisariada DIA 25 AO DIA 5 DE XANEIRO NACEMENTO VIVINTE EN GONDOMAR 17:00 Visitas para grupos, concertar no teléfono 982 289 096. por Carmen Becerra e Miguel Fernández-Cid, complétase co DIA 05 CABALGATA DE REIS A PARTIR DAS 18H NAS RUAS ás DO19.30 CASCO Visitas para público xeral, mércores h. URBAN documental GTBxGTB. DIA 06 XXXIII CERTAME DE RONDALLAS DE REIS CONCELLO DE GONDOMAR 10H A 14H Horario de apertura ao público:
PANO DE FONDO Ata o 15 de novembro Centro Social Caixanova - Pontevedra
Exposición que aborda o retrato realizado nos estudos galegos, centrándose dun xeito especial na primeira mitade do século XX, periodo de extraordinaria riqueza neste aspecto. A base da mostra son os fondos que os fotógrafos colocaban tras os retratados no afán de idealizar que lle era propio á pintura da época. Desde humildes colchas a “panos” máis elaborados con paisaxes ou interiores de pazos, a exposición nos permite advertir a importancia deste elemento nas foto-
De luns a sábado, 12-14 h e 18-21 h. Domingos e festivos, 12-14 h.
cousas de val miñor
27
28
cousas de val miĂąor
cousas de val miĂąor
29
QUEN É QUEN NO RUEIRO
Rúas de... Nigrán
José María Pérez Alonso Abade-Párroco de San Fiz de Nigrán e do Santuario-Igrexa das Angustias de Nigrán. Naceu no ano 1917. Recompilador e editor do libro Nigrán “Perla de la Costa Mágica” (1978), xunto con outros tres autores, que recoñecen a don José María como o principal promotor. É un amplo volume con descricións do Nigrán da época, con variadísima colaboración na redacción dos artigos e foi editado polo Centro de Iniciativas y Turismo de Playa AméricaNigrán. Nesta obra aparecen fotografías e artigos de dito sacerdote. Un libro, por certo, moi consultado na biblioteca, e do que están tirados todos os datos deste escrito. Tivo sona este párroco de “infatigable”. Residía, como é habitual, na casona-reitoral de San Fiz de Nigrán. Alí tiña un libro de visitas, chamado “Libro de Oro” e que chegou a contar con 3 tomos, no que firmaban “las personalidades, personajes y personajillos que han pasado por su casa y por Nigrán.” No ano 1978 José María Pérez Alonso cumpría as súas “vodas de prata” coa parroquia, polo tanto, exercía de párroco de Nigrán desde o ano 1953. Antes foi cura de Morgadáns (Gondomar), 6 anos, e de Santa Cristina da Ramallosa (Baiona) 3 anos. A xente chamábao “cariñosamente, D. José María.” Colaborou intensamente cos mestres de Nigrán, obsequiando incluso con suculentos almorzos no seu pazo-reitoral a todos os infantes despois de cumprir co precepto pascual. Promoveu a construción dun gran centro parroquial de apostolado, e con esa idea fixo unha consulta na parroquia para saber a vontade de colaborar dos nigraneses, pero non tivo boa acollida. Foi “corresponsal de todos los periódicos de la provincia.” Publicou na prensa local, co seu nome completo e máis tarde con seudónimos: Atalaya, Pazo, Observador e Servus, moitísimas noticias do Val Miñor.
Información facilitada por la Biblioteca Pública Municipal de Nigrán.
30
cousas de val miñor