COUSAS DE Val Miñor nº22

Page 1

Revista de Baiona, Gondomar e Nigrán Distribución gratuita Ano VI / nº22 inverno 2018

Rías Baixas

GALAICOS, UN POBO ENTRE DOUS MUNDOS Medio ambiente

ALIANZA RESIDUO CERO Racing de Vilariño

55 ANOS PROMOVENDO O DEPORTE Rutas

O CANTO DO ASLAUG: A TRISTE PANXOLIÑA DO NADAL DE 1929



Foto portada: Sendeiro pola ribeira do río Muíños

ÍNDICE

EDITORIAL NON MÁIS PLÁSTICOS NA NOSA COMIDA

4

RÍAS BAIXAS

6

PÁXINA SEIS

8

NOVAS VAL MIÑOR

11 NOVAS GONDOMAR 12 NOVAS NIGRÁN

Segundo datos facilitados por organizacións ecoloxistas como Greenpeace, ata 12 millóns de toneladas de plásticos entran nos océanos cada ano, afogando os ecosistemas, provocando danos á fauna e entrando na cadea alimentaria. A contaminación con materiais plásticos é unha emerxencia mundial. Cada ano, a industria produce 300 millóns de toneladas, a maior parte destinada á manufactura de artigos dun só uso, como bolsas de supermercado, botellas de auga, etc. Eses materiais non se degradan con rapidez, pero si se desintegran e chegan, en forma de partículas, ata as fontes de auga e os alimentos. Segundo os científicos, 663 especies de animais xa mostran afectación pola inxestión de plástico ou se atragantan e lesionan con artefactos feitos dese material. No 2050, din os investigadores, o peso do lixo plástico vertido no mar superará o dos peixes. O lixo plástico afoga e envenena o noso medio ambiente, pero os supermercados seguen engadindo capas e capas de plásticos aos nosos alimentos. Obrigáronnos durante demasiado tempo a consumir envases de plástico nas nosas compras, e durante anos contáronnos que reciclando e mellorando a xestión de residuos podemos solucionar este problema. Pero sábese que máis do 90% do plástico que consumimos non se recicla. Por este motivo, desde aquí queremos sumarnos á petición que desde a organización Greenpeace faise aos supermercados, para que eliminen os envases de plástico nas súas froitas e verduras e que proporcionen alternativas sustentables para comprar os seus produtos de alimentación, fomentando a venda a granel. Neste número, poñemos o foco, unha vez máis, neste asunto tan importante para o noso futuro, por exemplo no artigo dedicado á creación por parte de Grupos ecoloxistas de ámbito estatal e rexional da Alianza Residuo Cero.

16 NOVAS BAIONA 20 O CANTO DO ASLAUG... 26 OCIO 28 MEDIO AMBIENTE 30 DEPORTES 32 AXENDA 34 QUEN É QUEN NO RUEIRO: RÚA DE JOSÉ ELDUAYEN

Ano VI / Nº 22 inverno 2018 Revista de información local de Baiona, Nigrán e Gondomar. Xestión Publicidade: 626 993 480 Edición, redacción e distribución: EDICIONES BASAN, S.L. C/ López de Neira, nº 3, 3º. 36202 Vigo Deseño e maquetación: CREACIÓN ANIMAL Colaboración na redacción: Anxo Rodríguez Lemos Pablo Fernández Estévez Fotografia: Arquivo Ediciones Basan, prensa Concellos Baiona, e Nigrán, Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia. www.cousasde.com cousasde@edicionesbasan.com facebook.com/cousasdevalminor Depósito Legal: C 3539-2010 A empresa resérvase todos os dereitos da publicación, sen que poida reproducirse total ou parcialmente o seu contido, sen o consentimento previo dos editores.

cousas de val miñor

3


RÍAS BAIXAS

GALAICOS, UN POBO ENTRE DOUS MUNDOS MÁIS DE MIL ANOS DE HISTORIA DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA NUNHA AMBICIOSA EXPOSICIÓN QUE MOSTRA AS RELACIÓNS COMERCIAIS DOS ANTIGOS HABITANTES DAS RÍAS BAIXAS CO MEDITERRÁNEO “Galaicos. Un pobo entre dous mundos” é unha exposición que desentraña aspectos crave da sociedade e a cultura dese período a través de valiosas pezas rescatadas nos xacementos. Un relato enmarcado nunha fermosa paisaxe e que coñecerán as miles de persoas que pasen polo Museo Arqueológico Nacional, o Museu de Prehistòria de València e o Museo de Pontevedra no percorrido itinerante desta ambiciosa mostra ata 2020 e que ten por obxectivo, reivindicar unha das culturas máis orixinais e creativas da Idade de Ferro do Occidente de Europa. A Deputación de Pontevedra, impulsora deste proxecto, seleccionou “Galaicos” como nome da exposición por facer referencia á denominación coa que a civilización romana denominaba aos pobos que habitaban no Noroeste peninsular. Xunto a "Galaicos, Un pobo entre dous mundos” reivindica o carácter da provincia de Pontevedra como bisagra entre o mundo Mediterráneo e o Atlántico e que converten a este pobo nunha das arquitecturas da Idade de Ferro máis espectaculares e mellor conservadas da Península Ibérica. Os comisarios da mostra, Rafael Rodríguez e Antoni Nicolau, configuraron unha exposición a modo de viaxe, iniciándose a través dun audiovisual que establece a conexión entre a cultura atlántica y a mediterránea ao longo da prehistoria e historia antiga. Posteriormente, “Galaicos. Un pobo entre dous mundos” artéllase arredor de cinco ámbitos cronolóxicos: Campesiños e guerreiros. Idade do Bronce Final (1.500 -800 a.C.); Poboados fortificados da primeira Idade do Ferro (800-400 a.C.); O Atlántico ábrese ao Mediterráneo (400 -19 a.C.); Na esfera de Roma: Gallaecia (séculos I-III) e a provincia de Gallaecia (finais do século IV-século VI).

Xacementos arqueolóxicos Monte do Castro, Castrolandín, Monte do Facho, Adro Vello.

As pezas reunidas en “Galaicos” En cada un destes ámbitos inclúese un texto introdutorio coas claves do período histórico; obxectos representativos de cada etapa como o casco de Leiro, a estela de guerreiro de Castrelo do Val, o puñal da Lanzada, unha tessera hospitalis do Courel,a diadema de Elviña, a ara do Monte do Facho, un broche de cinto de Moraime ou o brazalete de Meis. Tamén se amosan datos de xacementos arqueolóxicos como A Cabeciña, Penalba, A Lanzada, Santa Trega, Monte do Castro, Castro de Alobre, Castrolandín, Monte do Facho, Toralla, Salinas de Vigo, Adro Vello. Algunhas das pezas do Museo de Pontevedra saen por primeira vez do recinto tras ser recuperadas. É o caso do caldeiro e a fíbula zoomorfa do monte do Castro, o askós de Alobre e unha machada votiva de Lalín. Ao longo do percorrido de “Galaicos. Un pobo entre dous mundos” é posible ver 65 obxectos arqueolóxicos, réplicas, imaxes e fotografías, así como 21 ilustracións, textos e recursos audiovisuais. En concreto, a exposición presenta dous audiovisuais, sete proxeccións asociadas a obxectos do mundo atlántico e mediterráneo que aparecen en xacementos galaicos, así como 24 vitrinas que ocupan 210 metros cadrados de exposición. Ademais, para a súa posta en marcha a Deputación de Pontevedra contou coa participación de 10 museos galegos e de comunidades limítrofes e 12 empresas implicadas. 4

cousas de val miñor


RÍAS BAIXAS “Galaicos. Un pobo entre dous mundos” presenta pezas inéditas das intervencións arqueolóxicas nas que está traballando a Deputación de Pontevedra en colaboración co Ministerio de Fomento. A mostra tamén conseguiu sacar á luz pezas que nunca tiñan saído de museos como o de Pontevedra e outros moitos elementos que levan máis de 15 anos sen abandonar o museo no que están depositados. Asko ́s, castro de Alobre

Tessera Hospitalis Caurel Plato con representacio ́n del sacrificio de Isaac

Estela de guerrero

O ministro de Cultura, Jose ́ Guirao, e a presidenta da Deputacio ́n de Pontevedra, Carmela Silva, durante a inauguracio ́n da exposicio ́n no Museo Arqueolo ́xico de Madrid

Cruz, ru ́a Rosalia de Castro, Vigo

Dez entidades prestaron os 65 obxetos arqueolóxicos que reúne Galaicos, cinco delas radicadas na provincia: o Museo de Pontevedra, o MASAT (Museo Arqueolóxico de Santa Trega), Museo Quiñones de León de Vigo, Museo do Mar de Galicia, e Museo Massó. A estas engádense entidades do resto de Galicia como o Museo Provincial de Lugo, o Museo das Peregrinacións de Santiago, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, o Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón e o Museo Arqueolóxico de Asturias. Máis de 65 pezas compoñen esta mostra itinerante que comezou a súa andaina o 31 de outubro no Museo Arqueolóxico Nacional, pasará por Valencia e pechará o ciclo no Museo de Pontevedra, do 4 de outubro de 2019 ao 2 de febreiro de 2020, xusto a tempo para conmemorar o 125.º aniversario da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, xerme deste.


PÁXINA SEIS

DOUS FOTÓGRAFOS GONDOMARESES Por Carlos Méixome Xa é un tópico, pero como todos, cun aquel de verdade: o século XX é o século da imaxe. Na súa primeira metade, nomeadamente da fotografía. O valor das imaxes fixadas pola cámara é múltiple: testemuño do que foron rúas ou paisaxes; reflexo de aconteceres cotiáns; fiel proba de rostros, peiteados e vestires; eco de citas sociais; documento histórico e ás veces expresión de composición, iluminación, encadre... Unha arte de complexa técnica. O outro día na casa duns amigos fóronseme os mirares cara a unhas copias de fotos de J.M. Castuera. Son de mediados dos corenta do pasado século. Dúas poderiámolas denominar mariñas, tiradas, coido, en Panxón; outra duns lanzais bidueiros, seica tomada entre Donas e Mañufe, unha cuarta do frenesí ferroviario en Monforte. A conversa derivou acerca do fotógrafo. Apañamos, na súa biblioteca, o catálogo dunha exposición que argallaron, no ano 2000, o Ministerio de Cultura e o Reina Sofía. Nel recóllense tres instantáneas do fotógrafo gondomarés nacido en 1921 e finado en 1990. Aínda que marchou novo da vila, regresou en moitas ocasións e nunca se desvinculou nin dela, nin do Miñor, onde, cando menos, realizou a serie “De mi valle” e algunhas fotos doutras como “De mi dorna”, “Mariñeiros nós”, “De la ría”. Traballos da década dos corenta cando se dedica en exclusiva á fotografía, realizando exposicións nas cidades do país. A finais da década publica a serie “Barreiras”. A principios dos cincuenta casa cunha miñorá e traslada a residencia a Montevideo. Regresa, unha ducia de anos despois para instalarse en Madrid, traballando en especial en fotografía deportiva. A finais dos setenta establécese en Compostela traballando para a TVE e despois para a TVG ata a súa xubilación. A fotografía entendida como memoria, practicada como documento, exhibida como testemuño é a que realizaba outro gran fotógrafo gondomarés, José Domínguez Rial, máis coñecido como “Lucas”. Naceu en 1867 en Chaín. Como Castuera e outros moitos miñoráns, estableceuse en Montevideo. Cruzou, en preto de vinte ocasións, o Atlántico para gañar a vida, pois traía e levaba placas fotográficas e abrira taller na súa parroquia. Algunhas das súas imaxes servirían como auténticas actas de defunción ou de vida, de obras rematadas ou comezadas, de mocidades repoludas e velleces desoladas. Faleceu nonaxenario a finais da década dos cincuenta. As súas obras, practicamente descoñecidas. Castuera, recoñecido e valorado nos medios profesionais. O Lucas, incorporado con escaseza nalgunha exposición de época. Ben merecía a pena que as xentes miñoráns e de Gondomar en particular ou as, en xeral, interesadas puidesen gozar dos seus “clics”; ou cando menos saber deles. 6

cousas de val miñor

Jose ́ Manuel Castuera. Iniciacio ́n. 1946

Jose ́ Manuel Castuera. Último tren. 1946

Jose ́ Manuel Castuera. Marineros. 1947

Probablemente de Lucas. San Roque. Morgada ́ns, 1905

Probablemente do Lucas. San Roque, Morgada ́ns, comezos do s. XX



NOVAS VAL MIÑOR

CARLOS NÚÑEZ , JORGE GARBAJOSA, BEGOÑA FERNÁNDEZ E LEDICIA COSTAS COLABORARON CO CLUB BALONCESTO NIGRÁN NA HOMENAXE ÁS VÍTIMAS DA VIOLENCIA MACHISTA O CB Nigrán, con motivo do día contra a Violencia de Xénero, rendeu un ano máis unha sentida homenaxe ás súas vítimas a través da edición dun vídeo no que aparecen representantes de diferentes ámbitos da sociedade como o músico galego Carlos Núñez, a medallista olímpica en balonmán Begoña Fernández, o adestrador de Perfumerías Avenida Lino López, a xogadora de baloncesto da selección española Belén Arrojo, os presidentes da Federación Española e Galega de Baloncesto, a escritora Ledicia Costas, o xogador do Obradoiro Kostas Vasileiadis, así como diversos colectivos tales como o club Amfiv, o Basketmi Ferrol, o centro Juan María ou os claustros de profesores dos colexios Humberto Juanes, Carlos Casares, Cruz Camos, Panxón e Mallón, entre outros.

Todos eles aparecen no vídeo portando unha pelota de baloncesto, un balón por cada muller asasinada así como por cada un dos nenos e nenas asasinados neste 2018. Todos quixeron colaborar nesta iniciativa do Club de Baloncesto Nigrán, unha iniciativa que forma parte do traballo social que realizan desde o club, onde consideran un aspecto fundamental traballar valores a través do deporte. 8

cousas de val miñor

Club Amfiv, a escritora Ledicia Costas, Carlos Núñez, e Begoña Fernández.


NOVAS VAL MIÑOR

Con cada un destes balóns que simbolizan ás vítimas o Club Baloncesto Nigrán debuxou un gran lazo na pista de xogo do pavillón do colexio de Panxón en torno ao cal se colocaron os xogadores, adestradores, directivos e familias do club, constituíndo a imaxe final do vídeo a través do cal o CB Nigrán busca concienciar e sensibilizar sobre "esta secuela social que non cesa no seu goteo de vítimas e que sirva como un pequeno granito de area na loita contra a violencia machista". Jorge Garbajosa, Belén Arrojo, Lino López e Kostas Vasileiadis


NOVAS VAL MIÑOR

VALMIEMPREGA, FORMARÁ A 20 DESEMPREGADOS DO VAL MIÑOR EN ‘DESEÑO GRÁFICO E PROMOCIÓN TURÍSTICA LOCAL’ No Centro Neural de Gondomar inaugurouse o obradoiro de emprego Valmiemprega, que nesta tercera edición formará a 20 desempregados do Val Miñor en ‘deseño gráfico e promoción turística local’. Os 20 alumnos e alumnas que iniciaron o pasado mes de novembro a súa formación no Valmiemprega, recibiron a visita do Delegado da Xunta na provincia de Pontevedra, Ignacio López-Chaves e dos alcaldes dos tres concellos, Francisco Ferreira de Gondomar, Juan González de Nigran e Angel Rodal de Baiona, os cales coincidiron en animar ao alumnado a “aproveitar a oportunidade de formarse e acceder a un traballo”. López-Chaves animoulles a “aproveitar ao máximo a oportunidade Este obradoiro de emprego está promoque se lles brinda e formarse para acceder a un posto de traballo” e fixo especial fincapé no esforzo inversor do Goberno galego a prol do vido pola Consellería de Economía, fomento do emprego, destacando os 135 millóns de investimento en Emprego e Industria en colaboración medidas centradas na orientación e na cualificación para favorecer o cos concellos mancomunados do Val acceso dos galegos e galegas ao mercado laboral. “O obxetivo do Miñor. Goberno autonómico é rebaixar a taxa de desempleo por debaixo do 10% ”destacou López-Chaves. Gondomar, Baiona, Nigrán, benefícianse Respecto ao Valmiemprega, a Administración autonómica destina a destes programas, que contan cun períoeste taller, no que se formarán 20 desempregados en promoción turística local e información ao visitante e deseño gráfico e multime- do de formación de nove meses e un condia, preto de 290.000 euros. Entre as propostas, figuran o deseño grá- trato laboral posterior de alomenos 3 fico para a comunicación da comarca e o desenvolvemento do poten- meses cial turístico do Val Miñor. Novidades dos obradoiros duais Ata o de agora, os obradoiros de emprego ofrecían ás persoas sen traballo cualificación e un contrato de aprendizaxe durante 9 meses. Agora, ademais, a Xunta apoiará a contratación, como mínimo de 3 meses e a xornada completa, nunha empresa, onde os alumnos e alumnas do obradoiro poderán realizar as súas prácticas. A actuación do Goberno galego combina, polo tanto, a formación co desenvolvemento dun traballo efectivo, xa que as persoas beneficiarias disporán dun contrato de traballo e percibirán un salario durante a súa participación nesta actividade. Outra das novidades desta convocatoria de axudas é que puideron concorrer ás mesmas non só os concellos (entre os que se deu prioridade aos concellos emprendedores como Redondela e Mos no caso da área de Vigo), asociacións de entidades locais e mancomunidades, senón tamén entidades sen ánimo de lucro do sector forestal constituídas e rexistradas como asociacións. Así mesmo, a través da participación neste programa, os alumnos e alumnas seguirán recibindo, ao remate da formación, un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado. 10

cousas de val miñor


NOVAS GONDOMAR INSERCIÓN LABORAL - A ASOCIACIÓN DE EMPREARIOS A PASAXE, ESTÁ NO PROCESO FINAL DO PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO CUN OBXETIVO CLARO: ORIENTAR, FORMAR E ASESORAR AOS PARTICIPANTES QUE SE ATOPABAN EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO NO MOMENTO DO INICIO DO PROGRAMA, O PROGRAMA FINANCIADO POLA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA E COFINANCIADO POLA PROPIA AEPA, REMATOU O 30 DE NOVEMBRODE 2018, E LEVA MÁIS DUN 78% DE PARTICIPANTES INSERTADOS NO MERCADO LABORAL; DOS CALES O 80% ESTIVO TRABALLANDO NALGÚN MOMENTO O LOGO DO PERIODO DO PROGRAMA. O programa actual, realizou máis de máis de 20 accións formativas, que alcanzan casi 500 horas, executando formación a medida demandada polo tecido empresarial provincial, incluido un certificado de profesionalidade de técnicas administrativas entre outros. A maiores da formación impartida, todos os usuarios tiveron a posiblidade de facer prácticas en empresas. O Programa Integrado da Asociación de Empresarios A Pasaxe, realizou convenios de colaboración e contratos en prácticas con empresas de primer nivel no sector da automoción e de maioristas no sector ferreteiro; así como prácticas en pequenas empresas da provincia de Pontevedra e Ourense. O cociente de inserción dos usuarios ao finalizar as prácticas foi do 80%, principalmente nos sectores da automoción, robotica e automatismos, tecnolóxico, alimentación, administrativos, hostelería, ocio e turismo.

Vista aerea do polígono A Pasaxe.

Leváronse a cabo 5 altas como autónomos, apoiados con talleres de emprendemento, así coma a inserción en Alemania e Portugal, asesorados pola Red EURES; potenciando a mobilidade xeografica. Actualmente, teñen obtido o Programa para o periodo 2018-2019, no cal se está en trámites de establecer un convenio cunha empresa do sector da automoción para facer o programa a medida para as necesidades industriais de dita empresa; dado a as previsións de crecemento previstas e a necesidade de dispor de empregados formados nas súas particularidades. Este ano serán 100 participantes os que formen parte do novo proxecto, marcando un obxetivo de inserción laboral do 45% mínimo.

VIVE GONDOMAR!

cousas de val miñor

11


NOVAS NIGRÁN

PROXECTO DE ACONDICIONAMENTO DAS MARXES DO RÍO MUÍÑOS O CONCELLO DE NIGRÁN INICIOU OS TRABALLOS DE BIOENXEÑERÍA NO RÍO MUÍÑOS QUE TEÑEN POR OBXECTIVO, RESTAURAR A SÚA CANLE FLUVIAL E DEVOLVER O EQUILIBRIO NATURAL AO RÍO

12

cousas de val miñor

As obras de acondicionamento das marxes do río Muíños que adxudicou o Concello de Nigrán en maio á empresa Audeca por 510.000 atópanse non seu ecuador co inicio dos traballos de bioenxeñería. O obxectivo é que mediante técnicas ecolóxicas e de drenaxe sostible se devolva o equilibrio natural ao río facendo del un espazo fluvial de referencia en Galicia dende o punto de vista paisaxístico, ambiental e tamén técnico, xa que se están a aplicar solucións pioneiras na comunidade. Precisamente, Audeca é unha empresa especialista en restauracións hidrolóxicas con obras señeiras a nivel nacional como a recuperación do río Negro (Zamora), orzamentada en 3 millóns de euros a cargo do Ministerio de Medio Ambiente e que supuxo unha mellora na calidade das súas augas, o acondicionamento da súa canle e, consecuentemente, a recuperación da colonia de náyades (Especie de mexillón protexido). As obras, que estarán rematadas a comezo do ano, comprenden 300.000 metros cadrados nos máis de 2 km de curso medio en Porto do Molle e 3 km no río Nespereira, contemplando dende á revexetación das súas ribeiras con técnicas de bioenxeñaría novidosas como o estaquillado de salgueiros ou trenzados, á creación de espazos de bosque natural (non sempre transitable) ou a instalación de bandas de protección con fibra de coco nas marxes e creación de pendentes naturais. As distintas obras están destinadas a frear a enerxía do río en todo o tramo e, con elo, minimizar o impacto da erosión. Nesta liña, o equipo multidisciplinar liderado polo arquitecto Ángel Santorio e o enxeñeiro forestal Javier Santiago propuxo técnicas de drenaxe sostible baseadas no concepto de lagunaxe, é dicir, mediante a laminación de auga en brañas preexistentes ou creando lagoas artificiais ou húmidais. Así, se priorizan os seus recursos naturais e non se lle engade ningún ornato artificial.


NOVAS NIGRÁN

RUTA DO RÍO MUÍÑOS PATRIMONIO HISTÓRICO Ao longo desta ruta temos a posibilidade de atoparnos varias mostras de muíños de auga que servían para moer o gran e transformalo en fariña. A presenza deste patrimonio etnográfico contrasta co Parque Empresarial Porto do Molle, última parte do percorrido da ruta, mostra do desenvolvemento tecnolóxico de Nigrán. PATRIMONIO NATURAL Desde a desembocadura do río en Praia América– Panxón parte un sendeiro que continua por un bosque de ribeira. Este bosque está limitado a unhas bandas lineais ao longo da canle, xa que a maior parte eliminouse para a súa provechamiento como prado ou cultivo. Esta transformación é máis patente no curso baixo e medio do río, zona que percorre este carreiro, estando o curso alto ben conservado. Aínda así, a vexetación de ribeira típica está ben representada por alisos, salgueiros, fresnos, bidueiros e loureiros no curso baixo; no curso medio xa se aprecia unha pequena transición, pois tamén podemos atopar carballos e avellanos. Neste bosque está presente a hiedra atlántica (Hedera hibernica), especie robusta que se distribúe desde Escocia ata o sur de Portugal por toda a fronte atlántica. Ao chegar á altura do cruzamento deste carreiro coa autovía AG 57- N chaman a atención no río unha serie de filamentos de cor laranxa, que poderían ser confundidos con verteduras contaminantes; con todo trátase dun proceso natural: en augas con alto contido en ferro poden proliferar unhas bacterias filamentosas, coñecidas como “bacterias oxidantes do ferro”. cousas de val miñor

13


NOVAS NIGRÁN

MUÍÑO DO SÉCULO XVIII. Concello de Nigrán e Zona Franca de Vigo chegaron a un acordo para rehabilitar e por en funcionamento o muíño de Porto do Molle, situado en pleno parque empresarial ao carón do río Muíños. A construción tradicional, unha das máis grandes da comarca, permanece en estado ruinoso ao carón do río Muíños dende hai máis de 30 anos. Este muíño de Porto do Molle, un dos máis grandes da comarca con 25×6,5 metros de planta e tellado a tres augas, consta do propio muíño, almacén e vivenda anexa nun único volumen no que o sótano está aberto ao exterior mediante tres arcos de medio punto polos que ía a auga tras moverse o mecanismo de rotación. Está catalogado como Ben de Interés Cultural (BIC) cun grao de protección non integral e non está datado na súa ficha, estimándose a súa orixe no século XVIII. As obras e movementos de terra no parque empresarial implicaron soterrar a súa canalización de abastecemento e evacuación ao río Muíños, polo que actualmente non poderían funcionar os mecanismos, sen embargo, o proxecto contempla activalo creando un circuíto pechado que empregue un estanque anexo á construción. Esta restauración, ademais de implicar un estudio histórico e control arqueolóxico da mesma, implica repoñer e acondicionar a envolvente do edificio, restaurar os paramentos da edificación e infraestruturas hidráulicas e, finalmente, recuperar e repoñer os elementos xa desaparecidos de roturación e trituración. Paralelamente, a contorna será dotada de mobiliario urbano como bancos ou iluminación mediante balizas. 14

cousas de val miñor


NIGRAN

VIVE NIGRÁN!

Síguenos na rede: www.cousasde.com

cousas de val miñor

15


NOVAS BAIONA

NENOS E NENAS DE BAIONA DESCOBREN O IMPACTO DOS MICROPLÁSTICOS

Os nenos recolleron plásticos nas playas de A Barbeira e A Ribeira

O OBXECTIVO DA ACTIVIDADE ERA CONCIENCIAR ÁS FUTURAS XERACIÓNS DA NECESIDADE DE REDUCIR O USO DE PLÁSTICOS PARA EVITAR OS DANOS QUE OCASIONAN CON TAMICES E LUPAS BINOCULARES OS PARTICIPANTES DESCUBRIRON A REALIDADE DOS MICROPLÁSTICOS DA QUE A MAIOR PARTE DELES NON ERAN CONSCIENTES Unha vintena de nenos e nenas de diferentes colexios de Baiona participaron no “I Taller de sensibilización ambiental sobre o impacto do plástico no medio mariño. Tras a pegada do plástico”, unha iniciativa organizada polo Monte Real Club de Yates para concienciar aos máis pequenos das repercusións que os plásticos xeran nos ecosistemas mariños. As cifras déixano ben claro. Segundo datos da ONU, máis de 100.000 especies morren cada ano polo plástico que contamina o mar, e estímase que no prazo de 30 anos haberá máis plástico que peixes no mar. Algúns deses residuos plásticos son visibles ao ollo humano (macroplásticos), pero para ver outros moitos (microplásticos e nanoplásticos) hai que servirse de lupas e microscopios. E iso é precisamente o que fixeron os participantes no taller organizado polo Monte Real en colaboración coa Universidade de Vigo, Concello de Baiona e a implicación de ABANCA e Gadis. Tras recibir unha explicación sobre os tipos de plásticos existentes, a súa produción e a súa repercusión no planeta, os pequenos desprazáronse ás praias da Barbeira e A Ribeira para identificalos e recollelos. 16

cousas de val miñor

O alcalde de Baiona participou na entrega de premios Os nenos participantes descubriron microplásticos na area de Baiona


NOVAS BAIONA Recolleron máis de 8 quilos de plásticos e descubriron microplásticos (dos que a maioría deles non eran conscientes da súa existencia) na area con materiais de laboratorio cedidos pola Universidade de Vigo como tamices e lupas binoculares. Chámanse así as partículas de plástico que teñen menos de 5 milímetros e que son, no seu maior parte, indetectables a primeira ollada. Os que derivan nas praias son aqueles que o propio mar expulsa, despois de haber triturado e degradado de forma natural os plásticos que acaban nel. Apenas son visibles xa que se confunden coa area, pero están aí, e nos últimos anos, os investigadores empezaron a alertar á sociedade das súas terribles consecuencias. Unha das primeiras medidas que se deben aplicar para reducir a presenza de plásticos e microplásticos no medio mariño é reducir a dependencia e o uso que os seres humanos temos dos plásticos. O “I Taller de sensibilización ambiental sobre o impacto do plástico no medio mariño. Tras a pegada do plástico” impartido pola licenciada en Ciencias do Mar e investigadora sobre contaminación mariña, Noelia Estévez, finalizou cunha entrega de premios aos participantes, na que participou o alcalde de Baiona, Ángel Rodal; e unha comida ecolóxica e sustentable, con produtos de proximidade e envases reutilizables.


NOVAS BAIONA

A REDE DE ESPAZOS MUSEISTICOS ATLÁNTICOS INCORPOROU Á CASA DE NAVEGACIÓN DE BAIONA A SÚA REDE A Casa da Navegación de Baiona pasou a formar parte dos centros REMA en todo Galicia. Foi a presidenta de Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA), Maria Xosé Alfonso, quen informou ao Concello de que a partir deste mes de decembro, este museo baionés é un dos 12 Centros admitidos en toda Galicia, máis un internacional, o luso Museu Marítimo de Ílhavo (perto de Aveiro) na REMA. A REMA forma parte do proxecto Morada Atlántica -aprobado pola Consellería do Mar e financiado a través do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e que se encargaron de promover por primeira vez os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Costa Sostible e Costa da Morte, máis tarde recibiría o apoio de todos os GALP. O alcalde, Ángel Rodal, foi o primeiro en mostrar su orgullo e satisfacción da decisión de incluír ao Museo da Navegación de Baiona na REMA e todo o que isto supón, xa que a Rede de Espazos Museísticos Atlánticos, é un salto máis no seu compromiso de abrir Baiona ao mar. "Estou seguro que nesta aventura acompañásennos moitos máis interesados en pertencer na REMA, a cal xa nos transmitiu que en breve ten intención de crear unha exposición itinerante coa que achegar ao público os contidos deste amplo tecido cultural marítimo" Tamén se está traballando xa na rodaxe dunha peza audiovisual para a dinamización das instalacións e na elaboración dunha páxina web en varios idiomas que se espera que estea terminada na próxima Semana Santa.

18

cousas de val miñor


NOVAS BAIONA

VIVE BAIONA!

Síguenos na rede: www.cousasde.com

cousas de val miñor

19


RUTAS

O CANTO DO ASLAUG: A TRISTE PANXOLIÑA DO NADAL DE 1929 Á Señora Carmen (A Rola), por ser custodia de náufragos TRES FORON OS NAUFRAXIOS QUE POR PROXIMIDADE TEMPORAL QUEDARON RECOLLIDOS NUNHA PEZA CONVERTIDA EN PANXOLIÑA QUE ALGUNHAS FAMILIAS DE BAIONA AÍNDA CANTAN TRALA CEA DE NOITEBOA. O AFUNDIMENTO DO ASLAUG FOI, DE TODOS, A MAIOR DESGRACIA DUN BARCO ESTRANXEIRO NAS NOSAS AUGAS.

El suceso ocurrido en Nochebuena Nochebuena jamás la olvidaré naufragó el Aslaug en Farallones cuantas almas fueron a perecer. Allí en la rompiente de las olas entre la espuma la proa clavó se apoderaron del las grandes olas y a Dios su alma entregó. Con pitadas y señales de auxilio todo inútil nadie les socorrió noche fiera y desconsolada cuantas almas destrozó. Es imposible olvidar que todo mi dolor por ellos es orar y por ellos siempre recordaré las tragedias del mar y aquellos infelices la noche de Navidad. Todo el mundo sintió aquella desgracia, aquel recuerdo tan sentimental, cuantas familias estarán hoy de luto al recibir la noticia del Aslaug. Hoy se siente desgraciada nuestra ría a la entrada encalló el Aslaug, hace meses que varó el gran Pride y hace años el Escorland. Imposible olvidar pues todo mi dolor por ellos es orar y por ellos siempre recordaré las tragedias del mar y aquellos infelices la noche de Navidad.

E Anxo Rodríguez Lemos. Historiador e doutorando na Universidade de Santiago de Compostela. # Colección do autor

20

cousas de val miñor

Hai días, no devir das nosas vilas mariñeiras, difíciles de esquecer. Din que ao pasar O Boi, algúns mareantes das traiñeiras baionesas erguían os remos, en reverencia, á imaxe pétrea da Nosa Señora das Angustias que está incrustada na batería de Santiago, na fortaleza de Monte Boi ¿Cantos quedarían no impredicible mar sen saudala por última vez? Moitos foron os naufraxios producidos nese mar noso ao que non se lle garda xenreira nin medo pero ao que se lle ten respecto. Así o sentencia un lobo de mar que segue a cantar, chegado este tempo, un canto feito panxoliña, un canto de recordo. Memoria viva. En agosto de 1998 Esperanza Fernández Vernet daba a coñecer a versión do canto do Aslaug que lembraba Urbano Vasconcellos. A música adaptaba un tango titulado La última copa composto en 1926 por Francisco Canaro e popularizado, dende xuño de 1927, por Carlos Gardel. Descoñecemos a autoría da nosa letra pero sabemos que a peza ía ser interpretada no Entroido baionés de 1930. A tristeza que seguía transmitindo fixo que a comparsa nunca a chegara a estrear. Ao longo do tempo, á orixinal engadíronselle versións distintas de letra como a interpretada a cappella por Urbano Piñeiro (O Simba).


RUTAS 11 de decembro, viña rumbo a Vigo cun cargamento asegurado en tres compañías. Da carga, máis de 10.000 fardos de bacallau, uns 1500 descargaríanse no Berbés para o comerciante vigués Evaristo de Vicente. O resto, ía destinado a Italia. Pero, ás dúas e media da mañá daquela noite de Nadal entre os festexos propios, algúns mozos e carabineiros dende O Balneario sentiron unha pitada, un bucinazo de barco pedindo auxilio que viña de lanzar ao ceo bengalas. Dende A Cuncheira o retrato do naufraxio fíxose imborrable da retina daqueles que imaxinaron a escena pintada por Delacroix na balsa da Medusa pero, desta volta, no Poste do Norte dos Carallóns. Rápidamente se deu parte ao axudante de Mariña don Joaquín Seijo que embarcaría a bordo do pesqueiro Clotilde patroneado por un experimentado Policarpo Vilar ao que se sumaron catro patróns: José Vilar, José Nartallo, Joaquín Pazo e Manuel Gesteira. A prensa da época recolle a versión de como o propio axudante mandara botar ao mar a lancha da Sociedad de Salvamento de Náufragos, a cargo de Belarmino Carneiro e, él mesmo, se puxera ao temón xunto a seis remeiros. Foron incapaces de achegarse ó buque a pesar das tentativas. O mesmo lle acontece á lancha que, pola súa conta, guiaban os irmáns Joaquín e José López (Os Cornetas).

ASLAUG. Imaxe publicada no libro “Våre Gamle Skip” de L.M. Bjørkelund & E.H. Kongshavn.

Calculábase que o sinistro fora a quilómetro e medio ao sur da Negra, o baixo onde naufragara o Islan Pride ou Gran Pride, segundo quen pronuncie o nome inglés. Un barco de correo, de paso, observara impotente a necesidade de auxilio daquel vapor que se apagou aos poucos, de proa a popa. O mar estouraba con forza na Bombardeira mentres, ancorado no máis alto do pau de popa, un rapaz noruego zarandeaba, mentres lle quedaron forzas, unha lanterna eléctrica que se apagaría, por sempre, contra ás seis e media da mañá cando, unha onda tronza o mastro, fai caer a cheminea e afunde a obra morta ás doce do día de Nadal. 80 metros de eslora pousaron no fondo mariño “en la rompiente de las olas”. Ás dez da mañá do día de Nadal saía do porto o pesqueiro Antoñito (propiedade de Rotilio Niel Fernández y Cia de Sabarís) patroneado por Ulpiano Vilar que recollería, preto de Monteferro, o primeiro cadáver, un mozo de 17 anos que aínda levaba o salvavidas e aparecía, ríxidamente, amarrado a un portalón do barco afundido. As letras do frotador, un fardo de cartas e documentación variada, deron conta do nome daquel barco gravado a lume na memoria, Aslaug. AS POSIBLES CAUSAS DO NAUFRAXIO: Cando hai desgrazas inexplicables, non faltan explicacións dispares. O Aslaug, que tiña 347 cabalos de forza nas súas máquinas, díxose que viña con catro días de retraso logo de fondear, ao pairo do cabo de Fisterra, o martes á tarde. Buscábase a bonanza precisa para reanudar a marcha nas primeiras horas da noite e quedar ao socairo das Sías dende onde enfilaría cara Vigo. A prensa culpou á néboa que puido ter confundido as luces de Silleiro co faro da Illa, facendo enfiar o buque cara os Carallóns, o novo “cementerio de los buques”. Para outros, un Aslaug malparado do temporal chegou sen goberno, empuxado contra as pedras por mor dunha avería ou perda da dirección. Liderada por El Pueblo Gallego, iniciaríase unha campaña en pro da dotación da entrada á ría de, polo menos, dúas luces que evitasen máis accidentes marítimos dende A Pedra que Bole e Agoeira dotando á vez aos faros de sireas para os días de néboa.1 Apuntábase a construcción dun farol nos Carallóns.

El Pueblo Gallego: rotativo de la mañana, Año VII, num.1799. 1930, xaneiro,3. p.2

1

cousas de val miñor

21


RUTAS QUEN CAPITANEABA O ASLAUG? O capitán titular do Aslaug era M.R.C.I. Peverson pero, a correspondencia atopada, non ía destinada a el senón a M.R. Salvessen que atracara en Vigo o outubro daquel ano ao Elfi e, por conseguinte, coñecía a ría. Substituto na derradeira viaxe, non rompeu a súa costume de viaxar xunto a súa muller que, parece, ía na travesía. Nunha carta días atrás ao consignatario do buque en Vigo solicitáballe a busca de aloxamento na cidade olívica. Os periodistas madrileños de La Libertad aumentaron a fatalidade ao escribir que uns mariñeiros da vila miraran “sobre la cubierta del Aslaug abrazados, a un hombre y una mujer a los cuales arrebató una ola imponente”.2 Os corpos da tripulación, composta entre 20 e 25 persoas, foron aparecendo “horriblemente destrozados”, como distintas pertenzas do barco, entre Sansón e Os Frades onde Francisco González (O Garexo) e ata tres mulleres se afanaron en recoller os corpos e amortallalos en sábanas. Na Cuncheira, foron recuperadas dúas cadeiras de madeira que hoxe se poden ver na Casa da Navegación de Baiona. Hai casas que gardan louza e cubertería. Á porta do camposanto baionés unha lenda lembra que, “todo el tiempo que vivimos, hacia el morir caminos, rodeando si velamos, atajando si dormimos”. Trala porta antiga (hoxe ventá), na Inauguración da tumba dos náufragos do Aslaug aínda sen cuberta mesma entrada, foron soterrados con gran marmórea. Era alcalde Herminio Ramos González. Foto Sarabia. Vida concurso de xentes e autoridade algúns corpos Gallega, 10 de decembro de 1930. o 28 de decembro de 1929(3) aos que se lle sumarían outros que o mar foi devolvendo ata o 28 de xaneiro de 1930 cando aparecen outras once víctimas. Foron presidindo as comitivas o cónsul de Noruega en Vigo don Estanislao Durán, o xuíz municipal Ulpiano Nogueira, o avogado don Magno González Amor e outros. A tumba, cercada con cadea sostida por remos e bicheiros, aparece cuberta por lousa de mármore branca, cor das bravas ondas daquela noite “imposible de olvidar” arroupando, baixo xurisdicción noruega: RIP/ A LOS NAUFRAGOS/ DEL/ “ASLAUG”/ LOS VECINOS DE BAYONA/ Y SABARÍS/ EL ARMADOR, EL CÓNSUL GENERAL,/ EL VICE-CÓNSUL DE NORUEGA/ Y COMPATRIOTAS/24 DE DICIEMBRE 1929/ Aos pés da tampa realizada pola marmolería viguesa Sousa, o fallido temón. Á cabeceira, cruz e áncora dividida pola lenda ASLAUG e o porto, HAUGESUND. Foi inaugurada o 1 de novembro de 1930, por suscripción popular, nunha vila “solidarizada naturalmente por tradición, por abolengo y por educación con el mar y con los hombres que lo surcan”. En abril de 1930, mariñeiros enrolados nun petroleiro noruego visitaron a tumba. 4

2

La Libertad (Madrid), 1929, decembro, venres, 27. Madrid.

Biblioteca Nacional de España, La Correspondencia Militar: cinco ediciones diarias, num.16411, Año LIII. Madrid. Sábado 28 de decembro de 1929, p.1. 3

4

22

El Pueblo Gallego, Año VII, num.1887. 1930, abril, 16.p.8 cousas de val miñor


RUTAS Ao seu regreso da emigración en 1973, a familia de señora Carmen Carballo (A Rola) sacou dos seus aforros o diñeiro necesario para adornar, todo o ano, a tumba daqueles mortos esquecidos que entendeu como propios. A petición de señor Herminio Vilar Leyenda (O Piti) faríase tamén cargo de honrar ao mozo Ingeberg Bryngolfson, soterrado separado dos seus compañeiros, ao fondo do cemiterio, daquela baixo túmulo de cunchillo. Os humildes, encargáronse dos máis pobres, sen fama, pero con memoria.

Ducias de botes e gamelas se empregaban na recuperación dos restos dun naufraxio. Ao chegar ao muelle, tocaba dar parte á Mariña do "raqueado". Porto de Baiona.

cousas de val miñor

23


RUTAS OS OUTROS DOUS NAUFRAXIOS DO CANTAR: “HASE AÑOS... EL ESCORLÁN”: o T.H. Skogland A Skogland Line posuía servizo de pasaxe dende Coruña e Vigo. O seu buque T.H. Skogland, construído en 1913 con máis de 4000 toneladas, chegaba dende o Havre (Francia) de buscar unha gabarra, Le Rhinoceros, que remolcaría ata Río de Janeiro(5). Fóiselle ao garete na Coruña entre Adurmideiras e Punta Herminia perdendo sete homes a noite do 20 de SKOGLAND febreiro de 1923. Horas despois, a Casa Davila, consignataria do buque en Vigo, recibía a noticia da perda total do Skogland e o seu cargamento de carbón, pianos e papel couché en balas á entrada de Baiona. Deron queixa do incumplimento dos códigos internacionais que, “aquí, al revés de en todas partes, el sector de luces rojas es el limpio y el de blancas el sucio” así como da tardanza, de máis de quince horas, en recibirse en Vigo o despacho de chegada. Aínda en novembro de 1926 a prensa se facía eco da inoperancia, dende a I Guerra Mundial, da estación radiotelegráfica do monte Vixiador(6). A tripulación, conformada por 31 homes e 2 mulleres salvouse. Os náufragos embarcarían en Vigo, o 23 de febreiro, no transatlántico Gotha que ía cara Bremen “para desde allí seguir a Noruega”. O acto heroico recompensouse primeiro polo Rei de España e logo polo de Noruega: O acto heroico dos mareantes baioneses recompensouse nun primeiro acto, o sábado 11 de agosto de 1923, tras unha misa de campaña en presenza do Marqués de Quintanar (en representación de Alfonso XIII) e nun segundo, en nome do Rei de Noruega, en decembro de 1924: Medallas de prata D. José Rufo Pena e D. José del Río Jorge Medalla de prata e 30 pesetas José López Fernández e Joaquín López Fernández Medallas de bronce Vicente González Cadilla, Serafín Selegante e Miguel Nogueira Medalla de bronce e 15 pesetas Urbano Vasconcellos, Avelino Rodríguez Trece, Juan Álvarez Rodríguez, Antonio Marcote, Benito Barra, Ramón Villafines, Camilo Rodal, José Barra Núñez, Manuel López, Fermín Refojos, José Carneiro, Guillermo Freire, Emilio Vasconcellos, José López García, José Vilar Rodríguez, Francisco Mandado, José Ramírez e Salustiano Gómez. Medalla de bronce e 10 pesetas José Gestoso, Luís Vieites, José Rodríguez, Eleuterio Lira, Vicente Mosquera, Manuel Fernández, Manuel Pérez Cadilla, Rotilio Chamorro, Ángel Chamorro, José Fernández, Luís González, Celestino López, José Dopazo, Francisco Marcote Barra, Silverio Carneiro Ratel, Vicente González, Francisco Filgueira López e Francisco Esteiro González.

5 6

24

El Ideal Gallego: diario católico, regionalista e independiente, num.1713. 1923, febreiro, 21. La Voz, num.1886, Año VII.Madrid. 4 de novembro de 1926, p.4 cousas de val miñor


RUTAS En un segundo acto, en decembro de 1924, o Rei de Noruega nomearía tamén cabaleiros da 2ª Orde de San Olaf a don José del Río Jorge, armador dos vapores Alfonso e Victoria e ao axudante de Mariña don José Rufo Pena(7). Neste acto entregaríase, ademáis de diñeiro e diploma aos citados 38 mariñeiros, unha copa de prata repuxada e con dedicatoria persoal a Vicente González Cadilla, Serafín Selegante, Belarmino Carneiro e Miguel Nogueira. O Skogland procedía, como o Aslaug, do porto de Haugesund e, coincidencias (ou non) ambos atoparon o seu fin no mar de Baiona.

Reparto dos agradecementos consulares, en forma de diploma e copa de prata, ́ as personas que interviron nos traballos de salvamento. Foto Pacheco. Vida Gallega, 10 de xaneiro de 1932

“HASE AÑOS... EL GRAN PRIDE”, o HIGLAND PRIDE En 1923, segundo a revista Madrid-Sport, chegaba ao porto olívico a bordo do Higland Pride o novo entrenador para o Celta8. O 9 de setembro de 1929, saíndo de Vigo cara Las Palmas, diante da Negra, ó norte dos Carallóns (Vilar,2005: 30) o trasatlántico da Nelson Lines abriu vía de auga na proa. Construído en 1910 en estaleiros de Glasgow e con 19 anos de experiencia nestas augas, o feito facíase inexplicable. 98 tripulantes dividíronse entre botes do buque, pesqueiros dos Fandiño de Cangas “Lolita” e “Avante” e motoras de Moaña. Ducias de gamelas, ao amencer, recuperaron o cargamento de conservas, pescado, xabón da Toxa, touros sementais, ovellas, carneiros de Brestfort, galos e galiñas. Uns salváronse, outros non. Ao lugar do afundimento quedoulle, de por vida, O Mar do Pride.

Distintos momentos do naufraxio do Higland Pride. Setembro de 1929. Foto Pacheco (2)

7

El Pueblo Gallego: rotativo de la mañana, año I, num. 271. 1924, decembro, 9.

8

Biblioteca Nacional de España, Madrid-Sport, num.371. Año VIII. Xoves 8 de novembro de 1923. p.9 cousas de val miñor

25


OCIO - MÚSICA

A ORQUESTRA VIGO 430 CELEBRA O SEU 10 ANIVERSARIO En máis dunha ocasión escoitamos á Orquestra Vigo 430 pero poucos saben que se esconde detrás dela. Orquestra Vigo 430 é a punta dun iceberg dun proxecto fundado polo violista Javier Escobar e actual Director Artístico, que naceu completamente independente e que botou a rodar en 2005 cun obxectivo claro: a creación dun grupo musical de calidade que albergue á extraordinaria xeración de músicos novos que eclosionou nos últimos tempos nos conservatorios de Galicia. Actualmente, a Orquestra Vigo 430 sostense co apoio económico do Concello de Vigo e é o eixo principal de todo un proxecto que se divide en 4 seccións: Orquestra Sinfónica, Orquestra Barroca, Orquestra Xove e Ensembles de Música de Cámara. Un espazo onde os músicos dan renda solta a súa paixón e coñecemento: a música. E que nos trae este 2019? Destacar as actuacións de dúas das artistas españolas, Maria Florea (violín) e Sara Ferrández (viola) para marzo, así como outra nova estrela rusa, a violonchelista Anastasia Kobekina en abril. A Orquestra Barroca Vigo 430 traeranos da man dunha das intérpretes máis reputadas da música antiga, Lina Tur Bonet, a soada “Gloria” de Vivaldi, xunto coa soprano Eugenia Boix, o contratenor Gabriel Díaz e o coro de cámara “Rías Baixas” nada máis comezar o ano; ademais, dun concerto a cargo da Orquestra Xove Vigo 430 destinado a achegar aos máis pequenos a experiencia de vivir un concerto en directo.

Pero por que 430? A creación de estándares de afinación foi unha das principais razóns que permitiron a evolución da música orquestral, que músicos de diferentes países e cidades puidesen tocar xuntos en calquera parte unha mesma partitura e dunha mesma maneira. E sen dúbida foi a afinación a 430 hz a primeira baseada en estudos científicos e é coñecida como a afinación filosófica ou científica, por basearse na conveniencia matemática da mesma. 430 é a base desde a que partir, un punto de unión e de partida desde o que encarar a música, tanto a clásica como a música máis contemporánea. Este 2018 foi o ano de consolidación para a Orquestra Vigo 430, un ano no que se continuou a liña de calidade e de produción propia que a cidade merece baixo a Xerencia de Ana Novoa e a incorporación da pianista e xestora musical Andrea González como Directora Técnica. Unha programación coa que non só buscouse fidelizar ao público que, recital tras recital, eloxia o bo facer dos músicos senón que ademais buscou romper barreiras e chegar a un sector do público que se atopaba afastado da música clásica. Para iso, e para celebrar o seu 10º Aniversario, a Orquestra Vigo 430 organizou un evento único e nunca visto en España: o “Symphonic Aysedeniz: a Rock Journey for Piano and Orchestra”, un concerto no que a música clásica e o pop-rock abrazábanse sen precedentes. Así, unindo o clásico e o contemporáneo pechaba o seu aniversario o pasado mes de decembro unha orquestra capaz de unir dous mundos aparentemente tan afastados. Unha tempada na que puidemos gozar ata agora de composicións de Mozart, Schmitt e Roussell da man do Ensemble Vigo 430, e acompañar á Orquestra Barroca Vigo 430 nun percorrido musical con textos recitados pola escritora Iolanda Zúñiga que mostraron o carácter integrador das artes que leva a cabo a Orquestra Vigo 430. Como é habitual, a orquestra colaborou con “Amigos da Ópera de Vigo” poñendo música á ópera “Macbeth” de Verdi que encheu o Teatro Afundación de Vigo, sede habitual da Orquestra, xunto ao Auditorio Municipal e Auditorio Martín Códax da cidade olívica. 26

cousas de val miñor


OCIO - LITERATURA Comedia Dante Alighieri. Trad. José María Micó Ed. Acantilado Dramática e tenebrosa no Inferno, pictórica e melancólica no Purgatorio e luminosa e musical no Paraíso, a Comedia é á Idade Moderna o que a Odisea á Antigüedad. Esta nova tradución de José María Micó, melódica e inspirada, convida o lector de fala hispana a penetrar no singular universo dantesco e acompañar ao poeta na súa viaxe polos tres reinos ultramundanos. La cocina de Picasso

VV AA. Ed. La Fabrica Esta obra penetra por primeira vez na relación de Picasso coa cociña, en como esta se fixo oco nas súas pezas e como foi un punto de influencia para él. Ademais La cocina de Picasso tamén fala dos restaurantes que marcaron a súa vida, así como da importancia destes locais como punto de encontro das vangardas. Este libro é a versión editorial da exposición La cocina de Picasso, que baixo o mesmo nome presentouse no Museo Picasso de Barcelona desde maio ata finais de setembro do 2018. Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863)

Premio Nacional de Ensaio 2018 María Xesús Lama Editorial Galaxia O primeiro volume da biografía de Rosalía de Castro narra as súas orixes familiares e os seus anos de mocidade. María Xesús Lama, pescuda con rigor e admiración, con obxectividade non exenta de paixón, na vida da poeta en Galicia e Madrid nun tempo de ideais e de aprendizaxe para a mocidade que na segunda metade do século XIX decide intentar vivir da pluma. A autora aproveita as últimas descubertas da investigación filolóxica e histórica para afondar nas viraxes inesperadas que obrigan a poeta a regresar a Compostela coa carga dunha responsabilidades familiares que lle fan reconsiderar a orientación da súa vida.

Cartas 1900-1914 Franz Kafka Ed. Galaxia Gutemberg Por primeira vez empréndese a publicación en castelán da totalidade das cartas de Kafka que se conservaron. Preto dun centenar e medio das reunidas neste volume nunca foran traducidas. A lectura en secuencia de todas ás cartas permite captar a «polifonía» das voces de Kafka, os moi variados rexistros da súa personalidade. E permite ademais decatarse de como todos os seus mecanismos psicolóxicos obedecen a unha fundamental obsesión: atopar o momento no que poñerse a escribir. Mapas del mundo imaginados por ilustradores y narradores

VV.AA. Ed. Libros del Zorro Rojo A edición desta obra fai que os mapas perdan o seu carácter efémero e revelen unha mensaxe duradeira en cuxo núcleo se atopa a propia natureza humana. Máis sinxelos ou elaborados, pero nunca aburridos, estes mapas representan un estimulante conxunto de narracións pensadas para a interacción e o descubrimento. Un singular atlas universal que é á vez un catálogo de tendencias da ilustración e o deseño contemporáneo. Galíndez

Vázquez Montalbán, Manuel Ed. Anagrama Este libro é unha mestura de novela política e thriller histórico en cuxa trama conflúen o universo do exilio español tras a Guerra Civil, as ditaduras caribeñas e o submundo dos servizos de intelixencia. Vázquez Montalbán narra alternando dous tempos históricos (a época de Galíndez e o presente desde o que unha estudante norteamericana investiga os feitos). E entre os seus méritos destaca a construción dun personaxe complexo, enigmático e contraditorio.


MEDIO AMBIENTE

GRUPOS ECOLOXISTAS DE ÁMBITO ESTATAL E REXIONAL FORMAN A ALIANZA RESIDUO CERO # Greenpeace O obxectivo desta plataforma é traballar xunto con municipios e rexións para que aposten pola economía circular e avancen cara á mínima xeración de residuos e as máximas taxas de preparación para a reutilización e reciclaxe As entidades participantes na alianza, cunha longa traxectoria no ámbito dos residuos, coinciden na necesidade dun cambio no modelo de produción e distribución de produtos, para reducir así a cantidade de residuos xerados, en combinación con modelos de recollida e xestión de residuos máis eficientes, que prioricen a preparación para a reutilización e a reciclaxe. A cantidade de residuos vertidos debe minimizarse, e a incineración (aínda con valorización enerxética) non é unha opción asumible baixo ningún concepto.

28

cousas de val miñor


MEDIO AMBIENTE

A aprobación do Paquete de Economía Circular na Unión Europea, coas modificacións das directivas, así como o desenvolvemento da nova directiva de plástico dun só uso, dan sinais claros aos municipios e rexións do noso país para apostar por un modelo eficaz baseado no residuo cero. De feito, o Estado español debe tomar medidas de forma inmediata; lonxe de cumprir coas taxas de reciclaxe marcadas por Europa, un 50 % en 2020, tan só chega a un 30 %. Coa posta en marcha de medidas que se demostraron eficaces, como a recollida selectiva da fracción orgánica para a súa compostaxe, a recollida de residuos porta a porta ou o pago por xeración, poderíanse mellorar de maneira significativa as cifras anteriores. A Alianza Residuo Cero está a desenvolver unha serie de propostas para os partidos políticos rexionais e municipais, así como a nivel europeo, que se farán públicas nas próximas semanas. Se os responsables políticos teñen entre os seus obxectivos o cumprimento das lexislacións europeas, a aposta pola economía circular e un compromiso coa sustentabilidade, deberán incluír estas medidas na próxima lexislatura. A Alianza Residuo Cero forma parte de Zero Waste Europe, plataforma formada por 30 organizacións de 24 países europeos. Segundo esta plataforma, enténdese por “Residuo Cero” o modelo de xestión de residuos que trata de emular os ciclos da natureza nos que todos os materiais descartados para un proceso son necesarios para outro uso, de maneira pragmática e a longo prazo. Residuo Cero significa deseñar e xestionar os produtos e os procesos de maneira que se reduza o volume e a toxicidade dos residuos xerados, consérvese e recupérense todos os recursos e non se queimen nin enterren. A implementación de modelos Residuo Cero eliminaría todas as emisións ao aire, auga e chan que ameazan na actualidade á saúde humana, animal, vexetal e planetaria.

CON MOTIVO DA SEMANA EUROPEA DE REDUCCIÓN DE RESIDUOS, GREENPEACE, ECOLOGISTAS EN ACCIÓN, SURFRIDER ESPAÑA, REZERO, RETORNA E AMIGOS DA TERRA, LANZAN A ALIANZA RESIDUO CERO

cousas de val miñor

29


DEPORTES

55 ANOS PROMOVENDO O DEPORTE:

RACING DE VILARIÑO

EPablo F. Estévez # Racing de Vilariño

O Club de Fútbol Racing de Vilariño é sen dúbida unha das entidades deportivas con máis soleira de toda a comarca miñorana con 55 anos ás súas costas. A súa fundación remóntase a febreiro de 1962, momento no que un grupo de apaixonados do deporte propuxéronse xogar ao fútbol, así que sen dubidalo reuníronse, adquiriron a súa propia equipaxe e formaron unha directiva con Jorge Souto Fernández á cabeza. Do 62 ao 65, os seus integrantes tiraron de enxeño para poder xogar sen contar cun campo propio, para iso valéronse do da parroquia gondomareña de Chaín, lugar no que debutaron, a partir de ai e para poder disputar os encontros con outros pobos utilizaron o situado no centro educativo Proval.

Arriba, Ano 63, abaixo, Tempada 64-65.

O primeiro campo propio: “San Antonio” Por fin en 1965 reuniron os recursos suficientes para poder ter uns terreos e construír desta maneira o seu primeiro campo bautizado co nome de “San Antonio”. Seis anos despois de competir a nivel federativo, a entidade levou o seu primeiro trompazo despois de que unha irregularidade coas medidas do terreo de xogo acabáseos apartando da competición oficial. A partir deste punto o tempo foi pasando e continuaron coa súa actividade cun marcado acento social máis que competitivo, levando a cabo varias mudanzas ata chegar ás actuais instalacións chamadas Campo de Poutón, na parroquia que leva o nome do club, e que na actualidade albergan as instalacións de CF Racing Vilariño. A asociación “Llaves del Valle Miñor”, o salto ao deporte base En 1979 a Asociación de Veciños “Llaves del Valle Miñor” fixo a súa aparición no panorama deportivo, cun equipo de recente creación con xogadores de idades comprendidas entre os 12 e 15 anos. Tiñan a clara intención de competir e desde a Federación aconselláronlles que se fusionasen co RC Vilaríño xa que lles facilitaría as cousas. Tras celebrar unha reunión para designar a unha xunta directiva, Jorge Souto tomou as rendas dos dous equipos e proseguiron coa súa actividade ata chegar á actualidade. Hai 30 anos as cousas eran moi diferentes ás de hoxe en día, e a agrupación conta en 2018 con máis dunha decena de equipos repartidos nas categorías de prebenxamins, benxamins, alevíns, infantil, cadetes, xuvenís, feminino e senior. Unha directiva con denominación de orixe miñorana Desde a súa fundación o club pasou por diferentes etapas e a súa estrutura interna tivo que ir adaptándose ao paso do tempo, actualmente conta cunha directiva formada por oito veciños da comarca, Casto, Antonio, María, Francisco, Jose María, Ana María, Santiago e María do Cármen. “O organigrama chegou a contar con máis dunha vintena de membros, aínda que hai uns anos tan só estabamos catro”, segundo explicou a esta revista o secretario da entidade, Antonio Bacelos. 30 cousas de val miñor


DEPORTES Máis de 80.000 euros anuais para manter o club á boia. Para poder manter a actividade deportiva, a entidade esgota todos os seus cartuchos en canto a financiamento refírese, que van desde subvencións de diferentes Administracións, as cotas dos xogadores e socios, que ascenden a un total de 600; publicidade estática a pé de campo, o recadado na cantina, ata torneos en diferentes categorías e eventos lúdicos. Todo iso contribúe directamente nas arcas dunha agrupación deportiva que necesita 85.000 euros anuais para poder subsistir.

Arriba, os peques, abaixo, equipo feminino.

Unha entidade de marcado acento social. O Racing Vilariño é unha agrupación que ten como obxectivo final inculcar a deportividade como un dos alicerces centrais na formación de deportistas, sempre co respecto entre compañeiros como máximo expoñente. “Aquí non nos dedicamos a formar competidores de máximo nivel, máis ben a nosa orientación é social xa que preferimos que os rapaces estean a aprender uns principios básicos como o valor da familia, a educación en xeral, o respecto tanto a adversarios como ao árbitro; insultos fora, o teu compañeiro é coma se fose o teu irmán. Para nós isto é o máis importante”, explicou o secretario”.

Torneos. A entidade celebra todo tipo de torneos, practicamente en todas as categorías aínda que os que máis xente moven son os benxamíns e alevíns. Con todo un dos máis emblemáticos é o chamado “Torneo Poli” dedicado a Policarpo Vilar Misa, actual concelleiro de Mobilidade no Concello de Baiona. Os xogadores que participan pertencen á clase infantil, leva a cabo en Semana Santa cun total de oito equipos e dispútase nun só día. Xa para finalizar, desde o club están a traballar para dar un cambio significativo en como facer as cousas priorizando a atención ás suxestións dos asociados e a atención aos máis pequenos. Un feito moi positivo para mellorar a imaxe dunha das entidades máis antigas da comarca do Val Miñor.

2009-2012: Memorial Pablo Borreguero Tras dous anos celebrándose por mediación do Nigrán Club de Fútbol, o Memorial Pablo Borreguero proseguiu de mans do Vilariño en 2009 e continuou ata 2012. Cinco anos para lembrar a un xogador moi querido na canteira miñorana e que contou coa participación de equipos de primeiro nivel.

cousas de val miñor 31


AXENDA BAIONA

PROGRAMACIÓN CULTURAL AGENDA CANGAS Venres, 19 de novembro 21:00hs. IN THE LOOP. Proxección cinematográfica en V.O.S.E. Organiza: Cine Club Cangas Venres, 26 e Sábado, 27 de novembro 21:00hs. TEATRO DO MORCEGO. Presenta: OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE Entrada: 5€ Domingo, 28 de novembro 19:00hs. FESTIVAL SOLIDARIO A FAVOR ADICAM Venres, 3 de decembro 21:00hs. ORQUESTRA DE SAXOS DO CONSERVATORIO DE REDONDELA Concerto benéfico a favor da Asc. Santiago Apostol e a Fundación San Vicente de Paul Entradas.- adultos: 5€ nenas e nenos: 3€ Venres, 10 de decembro 21:00hs. TULPAN. Proxección cinematográfica en V.O.S.E. Organiza: Cine Club Cangas Sábado, 11 de decembro 18:00hs. FESTIVAL BENEFICO A FAVOR DE “CARITAS CANGAS” Venres, 17 de decembro 20:00hs. CONCERTO DE NADAL DO CONSERVATORIO PROFESIONAL E DA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL DE CANGAS Entrada de balde Sábado, 18 de decembro 19:00hs. Musical EL LIBRO DE LA SELVA Público infantil e familiar Entrada: 15€ Domingo, 19 de decembro 20:00hs. CONCERTO DE PANXOLIÑAS DE NADAL Coa participación de agrupacións de música vocal de Cangas e a Banda de Música Bellas Artes Entrada de balde Domingo, 26 de decembro 20:00hs. CORO YOUSEI (Xapón) Formación coral de voces femininas xaponesas de recoñecido prestixio internacional, de xira por Europa. Entrada.- Butaca: 20€ Anfiteatro: 17€

32

cousas de val miñor

Mércores, 29 de decembro Musical GREASE Tour´- BRILLANTINA Entrada.- Butaca: 23€ Anfiteatro: 21€ Xoves, 30 de decembro 19:00hs. TEATRO DO MORCEGO. Presenta: SALTIMBANQUIS Público infantil e familiar Entradas.- adultos: 5€ nenas e nenos: 3€

CINE CICLO: NUEVO CINE ITALIANO Do 21 de setembro ao 30 de novembro Fundacion Caixa Galicia –Pontevedra I MOSTRA DE CINE DOCUMENTAL ALTERNATIVO DOCUTOPÍA Do 2 de novembro ao 4 de decembro Espazo cultural Negra Sombra Blues, no Café Uf (Pracer, 19) Vigo XXIV FESTIVAL CINEROUPA Ampla programación de máis dde 130 películas: estreas recén saidas dos mellores festivais e de filmes galardoados en 2010 Do 10 de novembro ao 3 de decembro Santiago de Compostela

CONCERTOS

THE ZOMBIES 11 de novembro 22:00 horas Sala Mondo -Vigo

ISMAEL SERRANO 11 de noviembre 20:30 horas. Centro Cultural Caixanova- Vigo

THE WAVE PICTURES 12 de novembro Sala Mondo-Vigo

THE STRANGE BOYS 13 de novembro La Iguana Club – Vigo

ABA TAANO 14 de novembro 20:30 horas Centro Cultural Caixanova- Vigo


AXENDA NIGRÁN

PROGRAMACIÓN CULTURAL

DESBUNDIXIE 14 de novembro Aala Aturuxo- Bueu

FITO Y FITIPALDIS 19 de novembro 21:30 horas Multiusos Fontes de Sar- Santiago de Compostela

MIGUEL RÍOS GIRA “BYE BYE RIOS ROCK HASTA EL FINAL” 20 de novembro Coliseum- A Coruña FUEL FANDANGO 26 de novembro 22:30 horas Entrada 6 euros Sala Aturuxo- Bueu

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 1 de decembro Auditorio Caixanova -Pontevedra

EXPOSICIÓNS OS MUNDOS DE GONZALO TORRENTE BALLESTER Ata o 14 de novembro Museo de Pontevedra - Pontevedra

grafías. As imágenes captadas falan da vida rural, a emigración, a presencia da morte, a incorporación da electricidade ou a presencia do teléfono na vida diaria. NOSOTROS TAMBIÉN FUIMOS EMIGRANTES Ata o 26 de novembro Sede Náutica Caixa Galicia - Sanxenxo

As imaxes que recolle esta exposición, obtidas da fototeca da Axencia EFE intentan reconstruir os movementos migratorios que se produciron no noso país ao concluir a guerra civil. As emigracións forzadas da fame ou do exilio levarían a un bo número de españois a refuxiarse en países europeos e americanos. EXPOSICIÓN “VIGO, A COR E A PALABRA” Ata o 28 de novembro Centro Cultural Caixanova- Vigo

Artistas vigueses aportarán obras para conmemorar o Bicentenario da Cidade. A oferta expositiva complétsea cunha nova edición da Wildlife Photographer of the Year 2010, e a coprodución, co Museo do Mar, de Fillos do océano, d fotógrafo vigués Javier Teniente.

Miradas. Realidades, expresiones, tramas. Arte en Galicia desde 1975 Ata o 16 de xaneiro de 2011 Fundación Caixa Galicia - Pontevedra

O proxecto expositivo e editorial «Miradas», é unha iniciativa que sitúa as obras da colección baixo a perspectiva particular dos comisarios que toman parte nesta serie de catro mostras. Fernando Castro, Alfonso de la Torre, Fernando Huici e Iria Candela presentan unha coidada selección dos fondos da Colección Caixa Galicia, centrándose cada un en núcleos temáticos diversos pero complementarios.

A Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais e a Fundación Gonzalo Torrente Ballester lembran ao autor de “Los gozos y las sombras” no centenario do seu nacemento coa exposición “Os mundos de Gonzalo Torrente Ballester”, que percorre a traxectoria vital e literaria do escritor a través de máis de 150 piezas (moitas delas inéditas) entre manuscritos, libros, artigos de prensa, cartas, fotografías, carteis, dibuxos e diversos documentos e obxectos personais que nos achegan a súa iconografía persoal. A mostra que está comisariada por Carmen Becerra e Miguel Fernández-Cid, complétase co documental GTBxGTB.

Visitas para grupos, concertar no teléfono 982 289 096. Visitas para público xeral, mércores ás 19.30 h.

PANO DE FONDO Ata o 15 de novembro Centro Social Caixanova - Pontevedra

Horario de apertura ao público: De luns a sábado, 12-14 h e 18-21 h. Domingos e festivos, 12-14 h.

Exposición que aborda o retrato realizado nos estudos galegos, centrándose dun xeito especial na primeira mitade do século XX, periodo de extraordinaria riqueza neste aspecto. A base da mostra son os fondos que os fotógrafos colocaban tras os retratados no afán de idealizar que lle era propio á pintura da época. Desde humildes colchas a “panos” máis elaborados con paisaxes ou interiores de pazos, a exposición nos permite advertir a importancia deste elemento nas foto-

cousas de val miñor

33


QUEN É QUEN NO RUEIRO

Rúas de... Nigrán

Paseo Torrente Ballester Gonzalo Torrente Ballester. (Ferrol, A Coruña, 13 de xuño de 1910 Salamanca, 27 de xaneiro de 1999). Escritor español. Cursa Dereito e Letras e enseña sucesivamente na Universidade de Santiago, en institutos de Santiago e Madrid e en varias universidades norteamericanas. Durante a Guerra Civil é militante falanxista e comeza os seus inicios literarios interesándose polo teatro, cun texto teórico aparecido na revísta Xerarquía (Razón de ser da dramática futura, 1937) e varios dramas simbólicos: O casamento enganoso (1938), Lope de Aguirre (1941) e República Barataria (1942). Certos aspectos da súa primeira novela, Javier Mariño (1943), mostran aínda a súa vinculación ao falangismo, a pesar de verse esta modificada por motivos de censura. Posteriormente escribe O golpe de estado de Guadalupe Limón (1946), Ifigenia (1950), a triloxía Os gozos e as sombras, Don Juan (1963) e Off- side (1969). A publicación en 1972 da saga/foxe de J. B., que recibe os premios Cidade de Barcelona e da Crítica, é acollida con gran entusiasmo pola crítica e o público. Convertido nun escritor de éxito, publica posteriormente A illa dos jacintos cortados (1982), Filomeno, ao meu pesar (1988, Premio Planeta) e Crónica do rei pasmado (1989). Do seu labor como ensaísta destacan Panorama da literatura española contemporánea (1956), Teatro español contemporáneo (1957), Sete ensaios (1972) e O Quixote como xogo (1975). En 1975 é elixido membro da Real Academia Española. Recibe o Premio Nacional de Literatura en 1981, o Premio Príncipe de Asturias en 1982 e o Cervantes en 1985. Entre as súas últimas obras atópanse A voda de Chon Recalde (1994) e Os anos indecisos (1996), así como o que é o seu primeiro libro infantil, Doménica (1999).




Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.