ANO I / NÚM. 3 / OUTONO 2019
Porta principal da Colexiata de Baiona.
SUMARIO NÚM. 3
Fotografía: Anxo Rodríguez Lemos
OPINIÓN 6
Páxina Seis: Atlántica: 40 anos. Por Luis Carlos de la Peña
MÁIS COUSAS 4 8 12 24 38 40 42 44 50 52 54
EDITORIAL
Rías Baixas: Emerxencia climática Deporte inclusivo Gastronomía 40 anos da Agrupación musical de Vincios Enoturismo Bombeiros voluntarios de Valença Deportes Galicia Solidaria OCIO Axenda Quen é quen
EN PORTADA 14
SUEIRO EANES. O SEÑOR DO CASTELO DE PARADA Por Carlos Méixome
20
ENTRE A PEDRA E A MADEIRA: NOVOS TEMPOS PARA A COLEXIATA DE BAIONA Por Anxo Rodríguez Lemos
26
O TAMUXE, SÍMBOLO HERÁLDICO DO ROSAL, TESTEMUÑA DE MINAS DE OURO DOS ROMANOS, LENDAS E GUERRAS CON PORTUGAL Por Juan Ramón Martínez Barbosa
34
A ESCOLA DE FUNDACIÓN DE ENTENZA 1650-1890 Por Xosé Ramón Paz Antón
Edita: EDICIONES BASAN, S.L. C/ López de Neira, nº 3, 3º. 36202 Vigo. cousasde@edicionesbasan.com, redacción@cousasde.com
Departamento Comercial: revistacousasde@cousasde.com Teléfono: 626 993 480
Director: Jesús G. Bastida
Web e redes sociais:
Deseño e maquetación: CREACIÓN ANIMAL
www.cousasde.com
Colaboradores: Anxo Rodríguez Lemos, Pablo Fernández Estévez, Carlos Méixome, Suso Vila, Manu Sobrino, Álvaro Peralta, Juan Ramón Tamuxe, Rosana Calvo
O cambio climático, a maior ameaza ambiental á que se enfronta a humanidade. O cambio climático é o mal do noso tempo e as súas consecuencias poden ser devastadoras se non reducimos drasticamente a dependencia dos combustibles fósiles e as emisións de gases de efecto invernadoiro. De feito, os impactos do cambio climático xa son perceptibles e quedan postos en evidencia por datos como: O aumento da temperatura global, a subida do nivel do mar, o progresivo desxeo das masas glaciares, como o Ártico. Hoxe tamén estamos a vivir moi de preto os danos que producen fenómenos meteorolóxicos extremos, como tormentas, furacáns e danos nas colleitas, os riscos na saúde e o que é máis terrible, a perda de vidas humanas. Con todo este fenómeno está a deixar algo positivo e é que conseguiu mobilizar á mocidade de todo o mundo convertendo a emerxencia climática na primeira preocupación dos máis novos, que corren o risco de vivir o futuro nun planeta quente e cun aire irrespirable. Debido a que tal perspectiva deixou de ser unha hipótese e é xa unha certeza se non se actúa con prontitude, representantes da xeración menor de 30 anos están a exhibir en moi pouco tempo unha capacidade de mobilización enorme, imprevisible hai moi poucos anos. O cambio climático é unha realidade que vai ter implicacións inevitables, pero aínda podemos minimizar as súas consecuencias máis severas. A solución está nas nosas mans.
Periodicidade trimestral. Distribución gratuita. Depósito Legal: VG 229-2019 A empresa resérvase todos os dereitos da publicación, sen que poida reproducirse total ou parcialmente o seu contido, sen o consentimento previo dos editores.
Distribuída en: A Guarda, Baiona, Redondela, Gondomar, Nigrán, Oia, O Rosal, Salceda de Caselas, Tomiño, Tui, Mos e O Porriño
cousas de 3
RIAS BAIXAS
A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ORGANIZA UNHA MARATÓN DE ACTIVIDADES CON MOTIVO DA SEMANA GLOBAL DE ACCIÓN POLO CLIMA Porque o quecemento global xa é un feito e as súas consecuencias atópanse ao límite do punto de non retorno, desde a Deputación programaron unha serie de iniciativas con motivo da Semana Global de Acción polo Clima que se desenvolveron entre o 20 e o 27 de setembro. Baixo a máxima “A provincia que queres é sostible”, a presidenta, Carmela Silva e a deputada de Transición Ecolóxica, Iria Lamas, presentaron un programa cargado de actuacións enfocadas á concienciación para poñer freo a unha tendencia que en poucos anos podería chegar a modificar o ecosistema mundial. Iniciativas variadas de corte reivindicativo e concienciador “Coidemos o Noso”; “As persoas Protagonistas”; intervencións no Cumio sobre a Acción Climática na ONU; instalación de luminarias LED en 43 municipios; consumo e turismo sustentable, “quilómetro cero” ou conferencias e hábitos saudables para o medio ambiente, son algunhas das citas que celebraron ao longo da semana en municipios como Meaño, Poio, Porriño, Pontevedra ou A Estrada, entre outros, e que abarcaron desde a promoción de produtos ecolóxicos, o consumo enerxético, o uso de transportes alternativos, o coidado da contorna natural ou medidas anticontaminación de aquí a 2030, que mesmo traspasaron as nosas fronteiras. “Quilómetro cero” Na carpa instalada o pasado 25 de setembro na céntrica rúa pontevedresa de Montero Ríos promoveuse a campaña “Experiencias Sostibles” que tivo como obxectivo a concienciación no uso de plásticos, os prexuízos que están a causar no medio, insectos e plantas invasoras como a avespa asiática ou a proliferación das acacias, a promoción do cultivo de froitos autóctonos como as castañas ou as noces, así como as virtudes dos froitos vermellos no contexto natural de Galicia. Unha cita que ademais se estendeu á súa sede en Vigo, onde repartiron produtos ecolóxicos . “Queremos que a xente conciencíese así que está na súa man o cambio no modelo de consumo, que non podemos seguir a consumir así”, asegurou Carmela Silva.
4
cousas de
Roteiro da sidra Outra das paradas realizadas por representantes da Administración provincial, foi nos núcleos de Callobre e Ribela pertencentes á Estrada con dobre finalidade. Por unha banda promover o consumo de sidra ecolóxica como elemento sustentable pero ademais incentivar a realización do “Roteiro da Sidra” practicamente idéntica ao “Roteiro dás maceiras en flor” desenvolta en abril, pero enmarcada noutro contexto como elemento dinamizador do turismo respectuoso coa contorna.
“Emerxencia climática” Como colofón a sete días de actividades ininterrompidas e de corte reivindicativo o 27 O Pazo Provincial foi o escenario do parón de 4 minutos e 15 segundos como protesta ao record de contaminación alcanzado no pasado mes de abril na atmosfera terrestre cuns niveis de CO2 ata o momento nunca rexistrados. Silva encabezou a iniciativa acompañada de varios deputados no Pazo Provincial, onde apagaron as luces. Acto seguido celebraron a sesión plenaria onde aprobaron por unanimidade unha proposta na que se comprometeron a reducir os niveis de contaminación de aquí aos próximos anos ata o punto de conseguir o balance cero ao igual que no resto de Europa. Iria Lamas pola súa banda fixo varias intervencións nas que destacou que “non só é un problema da ONU senón que é o de todos nós e as consecuencias do quencemento global chegarán tamén aquí”.
cousas de
5
PÁXINA SEIS
ATLÁNTICA: 40 ANOS Por Luis Carlos de la Peña No verán de 1980 a Casa da Cultura de Baiona ubicada no vello hospital de caridade, na beira do Camiño a Santiago, transformábase daquela nun espacio diáfano forrado de paneis brancos e aberto a un amplo xardín interior. Baiona, naquela altura, trocaba os vellos oficios do mar polo turismo. O impulso modernizador do alcalde de entón, Benigno Rodríguez Quintas, operaba de xeito indiscriminado sobre todo aquelo que dera a Baiona novos pulos, alomenos nos veráns, entón tan fabulosamente longos e lentos. A aparición do milagre Atlántica foi unha máis das cousas sorprendentes que ocurrían de cotío no país, tamén en Baiona, e non só na esfera política. As cousas cambiaban dun xeito acelerado nos costumes, no ocio, na liberdade como fío conductor e no xurdimento da xuventude como feito sociolóxico diferencial e impulsor da modernización. Atlántica era a expresión da xuventude galega no eido artístico: a incipiente nova plástica galega. Pero non convén adiantar acontecementos. Si Baiona e Atlántica atópanse no camiño nas alturas de 1980 é porque –sempre as personalidades decisivas- unha persoa, Román Pereiro, pasa as vacacións na sua casa de Toutizal, no Loureiral baionés. Román, Mancho, Pereiro, é a persona providencial que xunta o ser e o tempo: Baiona, o vello hospital como espacio físico propiciatorio, a forza plural e imparable dos novos creadores galegos e “os momentos do cambio”, citados xa por Mancho no catálogo de aquela primeira exposición. Perto de trinta artistas desplegaron as súas pinturas, esculturas e instalacions no interior e no exterior do edificio. De Goyanes a Menchu Lamas, de Leiro a Lamazares, de Mantecón aos Patiño, Reimundo e Antón, e tantos outros nomes (Guerra, Baixeras, Quintana, Correa, Lodeiro, Moldes, Permuy, Silverio Rivas …), algúnss deles despois amigos e veciños estivais en Baiona. Non estaban sós: alí falaron Laxeiro e Torrente Ballester, e boa parte do mundo da cultura do país certificou o nacemento dunha nova expresión nas artes plásticas en Galicia e o inicio de diversas carreiras artísticas cheas de singulares lingoaxes expresivas e merecentes de xustos recoñecementos. Coarenta anos despois de aquel fenómeno apenas previsto, coarenta anos de experimentación e logros, son, doutra volta, unha boa oportunidade para as “recapitulacións”, como ben diría Román Pereiro. Os que tivemos a sorte de vivir aquel acontecemento primixenio ou ollaron as suas pegadas posteriores, celebramos este redondo aniversario. Como entón, como sempre, entre a lembranza e a nova esperanza.
6
cousas de
DEPORTE INCLUSIVO Foto de familia do V Vertiatlón Solidario de Baiona - Foto Laurenao Freire
A PARTICIPACIÓN DE MÁIS DE 200 TRIATLETAS NO VERTIATLÓN SOLIDARIO PERMITIU RECADAR MÁIS DE 6.300 EUROS PARA QUE PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL POIDAN PRACTICAR DEPORTE EN IGUALDADE DE CONDICIÓNS Novo éxito do Vertiatlón Solidario de Baiona que este sábado celebrou a súa quinta edición coa recadación de 6.300 euros para a Escola de Vela Adaptada do Monte Real Club de Yates, que desde hai anos traballa pola inclusión de persoas con diversidade funcional no mundo náutico, para que poidan gozar do mar en igualdade de condicións. Poder ofrecer máis cursos, actividades e mellores servizos a persoas afectadas con discapacidades físicas, psíquicas, sensoriais ou intelectuais, é o principal obxectivo da unión de forzas do Monte Real e o concello de Baiona á hora de impulsar este tríatlon solidario, no que tamén colaboraron, un ano máis, a Federación Galega de Tríatlon a nivel organizativo, e Verti Seguros como principal patrocinador do evento. Un evento que xerou este sábado unha gran expectación nas praias e rúas de Baiona, onde centos de persoas, nun espectacular día estival, apiñáronse para animar aos máis de 200 atletas participantes, que completaron un tríatlon sprint tendo o mar sempre á vista, xa que é precisamente esta peculiaridade, a de celebrarse nun escenario 100% marítimo, un dos maiores atractivos do Vertiatlón de Baiona. Tras completar a nado os 750 metros que separan a praia da Barbeira do areal da Ribeira, os atletas pedalearon case 20 quilómetros polas rúas de Baiona máis pegadas ao mar e finalizaron o tríatlon correndo 5 quilómetros pola península de Monte Boi, rodeando o histórico Parador de Baiona. Por baixo da hora completou o trazado do Vertiatlón, o mozo de 17 anos Xosé Pérez Blanco, do Lamargha Beariz Tríatlon, rompendo a cinta de chegada en 59 minutos e 51 segundos. Foi o máis rápido de todos e alzouse co gran premio do tríatlon sprint, gañando a categoría absoluta masculina. Anais Rivas Torres venceu na categoría feminina absoluta, cunha gran actuación e un resultado dunha hora e oito minutos á chegada a meta. Na categoría de veteranos masculinos, Pedro Pablo Bernárdez subiuse todo o máis alto da caixoneira do podio; e Silvia Deira Barcala, do Club Olímpico de Vedra fixo o propio na categoría de veteranas femininas. Na categoría cadete, o triunfo foi para Xosé Pérez Blanco do Lamargha Beariz Tríatlon, que venceu nesta categoría ademais de en a xeral; e para Antía Pazos García, do Club Tríatlon Mar de Vigo, que revalidou o triunfo logrado na edición anterior. A categoría junior feminina quedou deserta e a vitoria da masculina foi para Yago Carballo, do Club Tríatlon Mar de Vigo. Gañadoras feminina absoluta - Makolvi 8
cousas de
CLASIFICACIÓN FINAL V VERTIATLÓN SOLIDARIO DE BAIONA ABSOLUTA MASCULINA 1. XOSÉ PÉREZ · LAMARGHA BEARIZ TRIATLON 2. GABRIEL ALARCÓN · TRIATLÓN ARTEIXO 3. MARCOS PAULO ADE · NATACIÓN PABELLÓN OURENSE ABSOLUTA FEMININA 1. ANAIS RIVAS · CLUB TRIATLÓN RÍAS BAIXAS 2. VANESA VILLAR · CLUB TRIATLÓN VAO 3. NURIA ÁLVAREZ VETERANO MASCULINO 1. PEDRO PABLO BERNÁRDEZ 2. JOSÉ LUIS LAMOSO· CLUB TRIATLÓN RÍAS BAIXAS 3. AGUSTÍN RÍOS · CLUB TRIATLÓN RÍAS BAIXAS VETERANA FEMININA 1. SILVIA DEIRA · CLUB OLÍMPICO DE VEDRA 2. LORENA GARCÍA · CLUB TRIATLÓN MAR DE VIGO 3. MARÍA JOSÉ VELÁZQUEZ · CLUB TRIATLÓN VAO
O Vicepresidente do Monte Real recibe o cheque solidario de 6300 euros Foto Laureano Freire
Entregáronse, ademais, dous premios aos mellores clasificados censados en Baiona, que foron para Sandra Santodomingo e David Giraldez, dous dos deportistas máis destacados da vila mariñeira, que levan anos impoñéndose nas probas locais. A entrega de premios do Vertiatlón acabou, como vén sendo tradición, coa entrega do cheque co diñeiro recadado para a Escola de Vela Adaptada do Monte Real Club de Yates. Un cheque valorado en 6.300 euros que o conselleiro do grupo MAPFRE, Luís Hernando de Larramendi, entregou ao vicepresidente do club baionés, Alejandro Retolaza. Retolaza tivo palabras de recoñecemento e admiración cara aos atletas que puxeron todo o seu esforzo por completar a proba axudando ao mesmo tempo á Escola de Vela Adaptada do club. Quixo agradecer ademais, en nome de todo o Monte Real, o apoio do gran grupo de firmas e empresas que, dunha forma desinteresada, axudaron a facer realidade esta nova edición do Vertiatlón. Tamén dedicou palabras de agradecemento para os veciños de Baiona que cada ano -dixo- envórcanse co evento solidario, facendo un gran esforzo ao permitir que se peche o pobo durante varias horas. Unha foto de familia de autoridades e premiados, á que se sumaron moitos participantes, puxo o punto e final a un Vertiatlón que xa anunciou a celebración da súa sexta edición para setembro de 2020. Gañadores masculino absoluto - Foto Makolvi
JUNIOR MASCULINO 1. YAGO CARBALLO · CLUB TRIATLÓN MAR DE VIGO 2. MARCOS GONZÁLEZ · CLUB TRIATLÓN MAR DE VIGO 3. ANTÓN DÍAZ · CLUB TRIATLÓN MAR DE VIGO CADETE MASCULINO 1. XOSÉ PEREZ · LAMARGHA BEARIZ TRIATLÓN 2. JAVIER FERNÁNDEZ · TRIATLÓN MOTOBIKE GALAICO PONTEVEDRA 3. MARTÍN PRADO · AGRUPACIÓN DEPORTIVA FOGAR CADETE FEMININA 1. ANTÍA PAZOS · CLUB TRIATLÓN MAR DE VIGO 2. PAULA CARBALLO · CLUB TRIATLÓN MAR DE VIGO 3.SABELA MARÍA VÁZQUEZ · CLUB ATLETISMO PORRIÑO MELLORES RESULTADOS CENSADOS EN BAIONA MASCULINO: DAVID GIRALDEZ FEMININA: SANDRA SANTODOMINGO
BAIONA
SEMANA EUROPEA DA MOBILIDAD E E VOLTA A GALICIA DURANTE UNHA SEMANA A PROTAGONISTA EN BAIONA FOI A MOBILIDADE. CON MOTIVO DO COMEZO DA SEMANA EUROPEA DE MOBILIDADE O CONCELLO ORGANIZOU VARIOS ACTOS. O primeiro foi a colocación dunha bandeirola anunciando o comezo da devandita semana e a adhesión ao plan deste concello, feito que se fai por primeira vez desde que no 2000 comezouse a celebrar. Posteriormente a concelleira de Accesibilidade e Movilidad Concepción Vara e o concelleiro de Urbanismo Víctor Muñoz, percorreron as rúas do centro recollendo as imaxes necesarias dos sitios adaptados e os que presentan dificultade para a mobilidade, así como diversas opinións de veciños para a mellora dos accesos. O segundo acto que se celebrou foi a presentación da Volta a Galicia que tivo lugar no paseo da Ribeira onde o alcalde de Baiona, Carlos Gómez e a concelleira de Deportes, Mirian Costas, estiveron acompañados polos alcaldes de Nigrán e Gondomar respectivamente; Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo; Guillermo Sande, director da Volta a Galicia; Carlos Alonso, presidente do Club Ciclista Vigués e José Luís Chamorro, presidente do Club Ciclista Vigo-Rías Baixas. A Concellería de Deportes en apoio á Concellería de Accesibilidade e Mobilidade, organizou varias actividades paralelas á Volta a Galicia para promover a bicicleta como medio de transporte alternativo. Por exemplo realizouse unha saída non competitiva de índole familiar para maiores de 7 anos facendo o mesmo percorrido que a etapa que se celebra ese mesmo día. Y o venres 20, coa colaboración do Club Ciclista Vigués, foi unha gimkana ciclista no parque da Palma onde participaron nenos e maiores desde 5 anos.
A VOLTA A GALICIA A XVIII edición da Volta a Galicia desenvolveu as súas dúas primeiras etapas en Baiona, os días 19 e 20 de setembro. O xoves 19 realizarouse a primeira etapa da Volta cunha proba de contrarreloxo por equipos polo litoral da vila. Foi Roger Adriá, corredor catalán do Lizarte, o primeiro que vestiuse co maillot amarelo de líder da Volta a Galicia. A entrega de premios que coroou ao equipo gañador e na que se entregaron as primeiras camisolas da Volta contou coa presenza de Gorka Gómez, deputado provincial de Deporte da Deputación de Pontevedra; Carlos Gómez, alcalde de Baiona; Miriam Costas, concelleira de Deportes e Cultura; Cristina Dosil, Concelleira Turismo; Fino Alonso, Concelleiro de Actividades Mariñas; e Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo. O venres 20 realizarase a 2ª etapa da volta con saída e chegada a Baiona, onde percorrerán os tres concellos do Val Miñor e os concellos do Baixo Miño. No perfil dos 137 quilómetros de percorrido sobresaía o Alto da Groba, de 1ª categoría, co se cumio situado a 35 km da chegada. 10
cousas de
VIVE BAIONA!
VIVE GONDOMAR!
cousas de
11
GASTRONOMÍA
XOIAS DA GASTRONOMÍA DE GALICIA QUE ENGAIOLARÁN OS TEUS SENTIDOS OS FROITOS DA GASTRONOMÍA GALEGA GAÑAN EN CALIDADE ANO TRAS ANO. A SÚA DEMANDA CRECE CO MAIOR COÑECEMENTO QUE DENTRO OU FÓRA DA COMUNIDADE SE TEN DELES. GALICIA CONTA CON ATA 35 PRODUTOS ALIMENTARIOS AMPARADOS CON ETIQUETAS QUE CERTIFICAN A CORRESPONDENTE DENOMINACIÓN DE ORIXE OU INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA. A DESPENSA GALEGA ABRANGUE NO CASO DO AGRO DESDE OS PRODUTOS LÁCTEOS E AS CARNES ATA SOBREMESAS TAN EMBLEMÁTICAS COMO A TARTA DE SANTIAGO, PASANDO POR VIÑOS, AUGUARDENTES, MELES, PANS, CASTAÑAS OU PRODUTOS DA HORTA, ENTRE ELES, DE XEITO DESTACADO, VARIAS CLASES DE PEMENTOS.
Viños e auguardentes Galicia conta con cinco denominacións de orixe de viño: Ribeiro, Valdeorras, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Monterrei. Cada unha cunha personalidade ben definida, pero todas cun denominador común: a calidade e a vinculación moi directa co territorio. Destacan os viños con indicación xeográfica (tamén coñecidos como Viños da Terra), dos que contamos con catro: Barbanza e Iria, Betanzos, Val do Miño-Ourense e -o de máis recente incorporación- Ribeiras do Morrazo. Engádense pola riqueza e variedade as bebidas espirituosas. As indicacións xeográficas dos augardentes e dos licores tradicionais de Galicia protexen tanto a augardente branca, de herbas, ou licor de herbas e o licor café, bebidas todas elas que forman parte inseparable do imaxinario colectivo desta terra. Carnes As carnes de Galicia sempre gozaron de prestixio e recoñecemento. No caso do vacún, existe un selo de calidade: Tenreira Galega, a indicación xeográfica máis importante no sector cárnico español. A protección destas producións viuse potenciada nos últimos tempos coa creación da Indicación Xeográfica Protexida Vaca galega e Boi galego. Esta IXP naceu en 2017 para protexer e amparar o sector e ofrecer un produto tan relevante como a carne de vacún maior, garantindo a súa orixe e calidade, igual que se vén facendo desde hai 30 anos con Tenreira Galega. Tamén o sector cárnico de porcino galego de calidade ten o seu recoñecemento coa IXP Lacón Galego e, no ámbito avícola, convén recordar a incorporación aos selos de calidade do tan coñecido Capón de Vilalba. 12
cousas de
Lácteos Un dos puntos fortes de Galicia é o relacionado coa produción láctea. Neste sentido, hai que destacar, en primeiro lugar, a existencia dun indicativo que certifica o leite galego de calidade diferenciada. Trátase de “Galega 100%”, un selo que garante a excelencia do produto e a súa orixe en explotacións localizadas na comunidade autónoma. Polo demais, Galicia destaca tamén pola calidade dos seus queixos, con catro diferentes denominacións de orixe protexidas (Arzúa-Ulloa, Cebreiro, Tetilla e San Simón da Costa). Cada un ten a súa propia personalidade, pero todos coinciden en ofrecer ao consumidor un produto feito co máximo esmero e a partir dunha materia prima “o leite galego” de gran calidade. A maiores... Tamén merece especial recoñecemento a calidade contrastada dos pementos que se producen en Galicia, os de Herbón, O Couto, Oímbra, Arnoia e Mougán. Amparados baixo selo dunha denominación de orixe, no caso do primeiro, e de indicacións xeográficas protexidas nas restantes. Os Grelos de Galicia son outro dos produtos da horta galega con calidade amparada por un indicativo específico, coa vista posta nunha maior proxección fóra da comunidade autónoma. Pódense atopar no mercado en varios formatos (fresco, conxelado ou en conserva), o que supón un importante número de consumidores potenciais. As castañas, as patacas ou o mel producidos en Galicia tamén contan con recoñecemento especial pola súa calidade. A IXP Pataca de Galicia ampara outra referencia da despensa galega e ten a súa zona de produción repartida nas subzonas de Bergantiños (na Coruña), Terra Chá, A Mariña e Lemos (na provincia de Lugo) e A Limia (en Ourense). Pola súa banda, a Faba de Lourenzá ou o Pan de Cea, entre outros, asocian o nome da súa zona de produción ao do produto. A Agricultura Ecolóxica -unha denominación que, a diferenza das demais, non ten carácter xeográfico- é outro indicativo de calidade que rexistrou un gran desenvolvemento nos últimos anos en Galicia. Trátase dun sistema de produción de alimentos baseado nun escrupuloso respecto ao medio ambiente, o benestar animal e o mantemento e mellora da fertilidade do chan. En definitiva, Galicia ofrece un amplo abano de produtos alimentarios de extraordinaria calidade e polo tanto o seu poderío gastronómico está fóra de toda dúbida, sobre todo cando esta magnífica despensa -cualificada por Álvaro Cunqueiro como a de maior amplitude de Occidente- se pon en valor grazas ao magnífico traballo dos grandes cociñeiros e cociñeiras desta terra. cousas de
13
REPORTAXE
SUEIRO EANES. O SEÑOR DO CASTELO DE PARADA Por Carlos Méixome
# fotos do autor e arquivo E. Basan
Personaxe central na gran crise dinástica da segunda metade do século XIV, tanto durante os anos de guerra (1366-1369) entre don Pedro I (1334-1369), alcumado “Cruel” polos vencedores e “Xusto” polos seus partidarios, e o seu medio irmán Henrique II de Trastámara (1334-1379). Enfrontamento armado que en Galicia se prolongou durante dúas decisivas décadas para o país (1366-1387). Señor do castelo de Parada, das fortalezas de Romai, da vila da Guarda, da Vilavella de Redondela, de Entenza, de Bouzas, Beade, Coruxo, Bembrive, fortaleza de Milmanda en Celanova e outras xurisdicións. Era pois o máis poderoso cabaleiro da Terra de Turonio, xurisdición de reguengo que lle entregou don Pedro. Parece ser que naceu, en data descoñecida, en Parada. Casou con Maior Pérez de Tordoia, filla dos señores de Soutomaior e irmá de Álvaro Pérez de Soutomaior. Faleceu en Portugal en 1380 e considérase que está soterrado na igrexa pontevedresa de San Francisco. Sueiro Eanes (transcrito como Sueyro, Suer, Suero e Yanes, Ianez ou Yañez) de Parada tivo ademais unha especial influencia no ámbito político e militar. Don Pedro I nomeárao Adiantado Maior de Galicia (1352). Estivo presente no consello de guerra de Monterrei; acompañaba a don Pedro tanto cando asasinaron o arcebispo de Compostela Suer Gómez de Toledo (posíbel partidario de Henrique) como cando se entrevistou en Bayona -a vascofrancesa-, co “Príncipe Negro”, isto é, Eduardo, duque de Cornualles, príncipe de Gales e duque de Aquitania. Estivo á súa beira na vitoria en Nájera (1367), cando pretendeu reunir forzas en Sevilla, e parece que mesmo na hora da morte, pois foi quen trouxo a Galicia a nova do seu asasinato en Montiel (23 de marzo de 1369) tras o engano do mercenario bretón e condestable (xefe dos exércitos) do rei francés, Bertrand du Guesclain, quen, ademais de coutar a man de Pedro, virouno de costas para que Henrique lle espetase o coitelo. O bretón brillou na historiografía castelanista co celebre “Non quito nin poño rei, pero axudo o meu señor”. 14
cousas de
A Guerra dos Cen Anos
Feranndo I de Portugal
Lancaster
Outeiro dos Mouros
A disputa dinástica pola coroa de Castela desenvólvese no marco xeral da crise das relacións feudais agudizada pola constante guerra entre Francia e Inglaterra que coñecemos como “Guerra dos Cen Anos”, pero tamén, no noso caso, no contexto da permanente confrontación entre a nobreza laica e a eclesiástica que xiraba arredor da alianza con Castela ou con Portugal. Tras a morte de Pedro, o máis relevante da nobreza galega non recoñeceu a Henrique e proclamou rei de Galicia a Fernando I de Portugal. Pero o primeiro dos Trastámara logrou controlar Galicia atacando as terras do sur do Miño e obrigando o rei portugués a regresar. Derrotada a causa da nobreza galega, comandada polo Fernán de Ruiz de Castro, na batalla de Porto dos Bois (Palas de Rei, Lugo), o señor de Parada, xunto cos persoeiros máis destacados da nobreza, como o citado Conde de Lemos, os Pérez de Deza ou Xoán Fernández Andeiro e moitos outros, refuxiouse en Portugal. Os seus bens foron confiscados e entregados ao bispo de Tui que recibe, polos servizos prestados a Henrique II, as “villas e cotos e bienes sobre dichos que fueron del dicho Suer Yanes”. En 1372, Constanza, filla de Pedro I, casa co Duque de Lancaster, segundo fillo do rei de Inglaterra, e pretenden facer valer os seus dereitos á coroa asumindo unha Galicia unida a Portugal. Morto Henrique, ascende ao trono Xoán I de Castela, pero as tensións entre Castela, Portugal e Inglaterra non diminúen e nelas mantén a cuestión galega un papel sobranceiro, mais a complexidade europea adiará a intervención inglesa, inspirada por Andeiro, ata 1386 cando Xoán de Gante, duque de Lancaster, e Constanza desembarcan na Coruña e son proclamados reis de Galicia. As tropas inglesas, con axuda de parte da nobreza galega e de Portugal, controlan, en parte, Galicia, mais o partido galego, desaparecidos Castro, Andeiro, Sueiro Eanes de Parada, e tras unha década de espera, está xa moi debilitado. As tropas inglesas rematan retirándose a Portugal (1387). cousas de
15
A CASA DE SUEIRO EANES DE PARADA s. XIV-XVIII O lugar aparece relacionado coa figura do Adiantado Maior do Reino aínda que do período medieval xa non teñamos rastro. A titularidade do pazo e do lugar chegaría moito máis tarde á familia Araúxo, ata que no s. XVIII Ana Mª de Araúxo casou con Fernando Correa de Araúxo, pais de Lorenzo Correa de Araúxo, fundador da Casa dos Correa, actual casa do concello de Baiona. Na actualidade atópase moi alterado conservando só en bo estado o portal brasonado que forma co cruceiro un aquelado, e descoidado, conxunto. O portalón, de clara inspiración barroca, componse dun amplo muro, coroado por seis remates piramidais no que se abre a porta de acceso en arco de medio punto sobre o que se conserva o escudo de armas dos Piñeiro. Nun engadido ao portalón áchase un magnifico brasón dos Araúxo. O conxunto complétase cun cruceiro que, segundo a inscrición do pedestal, dataría do ano 1583. Reconstruíuse en 1778, segundo figura na base do fuste: “Benito Araujo. Teniente Coronel. Provincia de Tuy”. A plataforma de catro chanzos octogonais sobre o que se asenta un pedestal de base cadrada e cantos biselados serían os elementos que ficarían do cruceiro primitivo do s. XVI. Como chegar: Dende o cruce da Areíña na estrada Vincios-Nigrán, pola esquerda, unha vez superada a igrexa de Santiago de Parada, na mesma man está o Pazo.
Escudo dos Piñeiro
16
cousas de
Casa de Sueiro Eanes
Escudo Araúxo
OUTEIRO DOS MOUROS OU CASTELO ROCHEDO Mouros enfeitizadores e belicosos guerreiros mestúranse na mole rochosa que coñecemos como Monte Castelo ou, se vostedes queren, lendas populares e historia. O de mouros infórmanos de que foron xentes antigas os seus autores. O de castelo que alí houbo tal construción. Entre os moitos miradoiros dos que podemos gozar no Val de Miñor, o Couto ou Outeiro dos Mouros é un dos mellores. No curuto rochoso houbo un importante castelo medieval. Dende a cima desta atalaia, en día claro, contémplase o castro de Chandebrito, as terras altas de Priegue e Camos, Monteferro, as Cíes, as Estelas, a Boca da Groba ou a Chan do Cereixo, a entrada da ría de Vigo... Unha vista para non perder. Fican escasos restos da antiga fortaleza. Na parte superior do lombo pétreo pódense percibir rebaixes, buratos de poste, chanzos e marcas dos distintos espazos do castelo rochedo que, segundo testemuños orais, aínda era visíbel ata ben entrado o pasado século.
A documentación histórica infórmanos de que se coñecía como castelo de Santa Helena transcrito de diferentes xeitos (Senlle, Santel, Santiella, Santella, Sanctenia, Santena, Sancta Helenam e Sancte Elaie) e viña sendo un dos principais da Terra de Miñor, na vella Terra de Turonio, como ten sinalado o infelizmente hai pouco finado arquitecto Xaime Garrido que o estudou con intensidade, como os outros da provincia de Tui. Entre a moita documentación recollemos esta de 1217 cando Afonso IX asigna a dote ás súas fillas Sancha e Dulce e relaciona os catro castelos da Terra de Toronio, os de “Entenza, Soveroso, Sanctenia et Tevura”, isto é Entenza, Sobroso, Santa Helena e Tebra.
Marcas no Outeiro dos Mouros
O primeiro documento no que se menciona data de 1106. Trátase da doazón de posesións de Vilaza por parte de Raimundo de Borgoña e dona Urraca a Pelagio Godareiz e a súa muller. Mais o seu momento de fulgor será durante o s. XIV, unido á figura de Sueiro Eanes de Parada. A finais do s. XV ou ben foi derruído polos Irmandiños, ou ben como consecuencia da Orden de demolición dos castelos rochedos, 1482, dos Reis Católicos. Como chegar: O máis doado é, dende a estrada NigránVincios, á altura do cruce da Areíña, seguir as indicacións de “Mirador Monte Castelo”. Ao superar o viaduto sobre a autoestrada continuar sen desviarnos pola pista forestal, uns 900 m. ata a área de lecer. Estamos ao pé do Outeiro dos Mouros, só resta subir os chanzos de pedra para gozar da espectacular vista. cousas de
17
NIGRÁN
VOLUNTARIOS DO CONCELLO DE NIGRÁN RETIRAN 800 KG DE LIXO DO ESTEIRO DA FOZ NA 'XII LIMPEZA SIMULTÁNEA' Un total de 40 persoas (record de participación dende que o Concello de Nigrán se sumou hai cinco anos a esta campaña de concienciación ambiental) retiraron todo tipo de material, fundamentalmente vidro, plásticos, aparellos de pesca... O Concello de Nigrán sumouse por quinto ano consecutivo este domingo ao “Proxecto Móllate polos Ríos”, coordinado pola asociación ecoloxista Adega e que nesta ocasión se centrou no Esteiro de A Foz, desembocadura do río Miñor, onde se retiraron preto de 800 kg de lixo na 'XII Limpeza Simultánea' en toda Galicia. Nesta ocasión participaron 40 persoas, o grupos de voluntarios máis numeroso ata a data, e entre todos reuniron vinte sacos con trozos de vidro (botellas fundamentalmente), plásticos, materias de pesca, neumáticos... O Concello de Nigrán participa nesta xornada de concienciación ambiental dende o ano 2015 baixo a iniciativa do goberno local. Dende entón, grazas ao labor de voluntarios, téñense retirado do esteiro de A Foz algo máis de dúas tonelada de lixo, principalmente botellas de vidro e material de construción e pesca, pero tamén tixolas, paraugas, cadeiras, xoguetes... 18
cousas de
O GOBERNO MUNICIPAL DE NIGRÁN ESCOITA AS PROPOSTAS DOS ALUMNOS DO CEIP HUMBERTO JUANES NO DÍA DE FOLGA MUNDIAL POLO CLIMA Estudantes de 4º de Primaria inspirados por Greta Thundberg transmitiron no salón de plenos as posibles acción locais para preservar a natureza Os 48 estudantes tamén enviaron cadansúa carta certificada á Moncloa para pedirlle accións ao respecto
O goberno de Nigrán, co seu alcalde Juan González ao fronte e catro dos seus ediles, recibiu no salón de plenos do Concello a alumnos do CEIP Humberto Juanes que se sumaron á Folga Mundial polo Clima. Inspirados polo exemplo de Greta Thunberg, os estudantes de 4º de Primaria, acompañados polo seu profesorado, transmitíronlle ao rexedor e concelleiros as posibles accións locais para frear o cambio climático, entre elas: reducción de consumo de auga e papel, campañas de concienciación ambiental, prevención de incendios... Divididos en pequenos grupos, cada un deles presentou unha medida Paralelamente, os 48 alumnos de 4º de primaria enviaron cadansúa carta certificada á Moncloa para que directamente o presidente en funcións Pedro Sánchez as lea, as misivas conteñen peticións de compromisos medioambientais que atañen directamente aos vindeiros políticos ao fronte do goberno de España.
cousas de
19
REPORTAXE
ENTRE A PEDRA E A MADEIRA: NOVOS TEMPOS PARA A COLEXIATA DE BAIONA Por Anxo Rodríguez Lemos. Historiador e doutorando na Universidade de Santiago de Compostela.
20
cousas de
O PASADO MES DE MAIO OS ANDAMIOS OCUPABAN XA BOA PARTE DA COLEXIATA DA VILA DE BAIONA DE CARA A SÚA RESTAURACIÓN OCULTANDO, AOS POUCOS, O SEU INTERIOR E EXTERIOR. CINCUENTA ANOS MEDIAN ENTRE NÓS E OS ÚLTIMOS TRABALLOS EMPRENDIDOS, POR D. MOISÉS VILAS HERMIDA, NA CUBERTA DE CARBALLO FRANCÉS, O PAVIMENTADO EN PEDRA OU A LIMPEZA DE MUROS. NAQUELA OBRA, BAIXO DESEÑO DO COÉNGO COMPOSTELÁN DON ALEJANDRO BARRAL, TRABALLARAN ARREO OS CANTEIROS E PEÓNS DA CUADRILLA DO BUXA BAIONÉS ÁNGEL FERNÁNDEZ GONZÁLEZ (ANGELITO VERNET, 1910-1993). AGORA, SEN ELES, A CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO DA XUNTA DE GALICIA ADXUDICOU NOVAS TAREFAS DE REPARACIÓN DAS SÚAS CUBERTAS DE MADEIRA, A SUBSTITUCIÓN DA TELLA, A LIMPEZA DOS SEUS PARAMENTOS OU A DEVOLUCIÓN DO SEU ESPLENDOR ÁS VIDREIRAS DA FACHADA NORTE E Ó ROSETÓN DA CAPELA MAIOR. SE CADRA, PODEMOS FACER UNHA VIAXE PARA ENTENDER COMO CHEGAMOS AQUÍ, ¿ACOMPÁÑASME?
Dende o século XVIII, un muro no adro da igrexa de Santa María de Baiona separa o espazo sacro do mundano arrabal mariñeiro. Configuradora da contorna, a igrexa, de influenzas cistercienses na súa feitura, ábrese aos nosos ollos ao atravesar o seu portal Colexiata dende 1482, baixo o actual edificio, se cadra, hai unha igrexa anterior, menor en tamaño e dependente da “uillam Erizanam” que Alfonso VII e Berenguela doan en 1137 ao eremitorio de San Cosme de Baíña1.
Vista xeral de Baiona dende o alto da torre do campanario, 2017. Foto do autor.
Agochada na actualidade polos edificios circundantes, a colexiata dominaba espacial e visualmente o antigo arrabal ou Vila Vella de Baiona sobre o que gobernaban dous abades, dous coros (cada un de 7 racioneiros) e o seu sancristán, con poderes de Monterreal ao anexo de Baíña e beneficio de Belesar. A metade dos seus bens foron unidos en tempos de Sixto IV á mesa episcopal de Tui. Ten planta basilical organizada en tres naves (a central de maior amplitude e altitude), divididas en seis tramos por arcos faixóns. A súa cabeceira é tripartita, constituída pola capela maior con bóveda de canón e dúas capelas menores aos lados, de planta cuadrangular, dedicadas ao Santo Sepulcro e á Virxe das Dores (lado da Epístola) e a San Xosé (lado do Evanxeo). Camiñemos cara dentro… ¿Sabemos quen a construíu? A pesar de ser, segundo Begoña Fernández (1998) un bo exemplo no desenvolvemente da arte gótica galega, descoñecemos os seus artífices e talleres constructivos. Deles restan as marcas dos punteiros, ciceis e macetas en forma de cruces, letras e outros símbolos que percorren as pedras dando unhas conta dun traballo a cobrar e outras do traballo pagado, segundo a tradición, polos gremios da vila partícipes obra con distintas aportacións económicas. Trala limpeza dos paramentos interiores, algúns con serias manchas de humidade, ergueremos a vista e, entre os arcos, distinguiremos mellor as dúas embarcacións (unha coca e unha barca) recordo dos mareantes e mercaderes, as machadas e compases dos carpinteiros, os martelos e tenaces do ferreiro, a chave e torre dos cerralleiros, a sola e a tesoira dos zapateiros, os patróns dos xastres ou as varas de medir do tecedor.
*Detalle do gravado coa coca, embarcación de vela con casco trincado de uso extendido no norte europeo en época medieval.
Na restauración de comezos do século XX a igrexa eliminou da súa fachada un espazo porticado e un edificio anexo. Conservou limpas as súas tres rúas divididas por contrafortes, flanqueadas por dúas torres que daquela se pretenderon rematar ou, polo menos, igualar. Colegiata de Bayona, La Ilustracion gallega y asturiana,n.24. 1880. Colección do autor. 1
Archivo Histórico Nacional, CLERO-SECULAR_REGULAR, carp.1794, n.3. 1137, julio, 27. Tui. cousas de
21
Outro interior difícil de recuperar: Ávila y La Cueva describiu no século XIX a apariencia interior do templo destacando a presenza de doce “muy decentes altares”, un coro enreixado na nave central ocupando dous arcos e un gran órgano documentado xa a comezos do século XVII. Sobre os remates chamoulle a atención a capela maior, “toda de bóveda de piedra” e tamén o corpo principal da igrexa “fayada de madera”2. Detalle da desaparecida teitume e retablos da nave do EvanxeoFoto de Otto Wunderlich (18861975), ca.1929
¿Sabías como era o teito da colexiata? Volve erguer a vista e imaxina… A colexiata perdeu nas restauracións do século pasado a súa teitume, hoxe madeirada coas dúas augas á vista, pero noutrora cuberta de seis bóvedas de crucería de madeira. Considéranse froito de obras posteriores ao momento de erixirse o templo en colexiata, atendendo ao deterioro do edificio a finais do século XV e ao tardío e inusual do seu emprego, cun tipo de cuberta difundida na arquitectura gótica galega grazas ás realizacións mendicantes. Consérvanse as ménsulas de sostén dos seus nervios,decoradas con elementos vexetais, antropomorfos, zoomorfos e atributos como a copa de Higía, en recordo de San Xoán Bautista, ou San Lourenzo e atributos do seu martirio. *Entre os piares, o segundo do lateral do Evanxeo, sostén un fermoso púlpito, de delicada decoración a base de tracería. Perdeu a escaleira e a cuberta a base de tornavoz, encargado de mellorar o son.
¿Sabías dun roubo en pleno século XIX nunca descuberto? Pasou na colexiata de Baiona... O 2 de xaneiro de 1836 desapareceu o viril da igrexa, regalo dun fillo de Baiona no Perú. Levaba pedras preciosas. Xunto a el faltaron seis cálices coas patenas e culleriñas de prata, incensario, naveta de prata, dúas chaves de prata, dous xogos de vinajeras con pratiños de prata, dúas coroas do Neno Xesús, da Concepción e San Xosé, dous copóns de prata, ampollas dos Santos Óleos e relicario da Verónica con tiras de prata. Desapareceron por sempre a pesar do empeño das autoridades locais e as forzas da orde. Mofáronse do alcalde don José Manuel Cadaval poñéndolle, á porta da casa, un papeliño coa nota: Abre os ollos Cadaval, que o viril témolo nós! Sen resolver, foron presos os pobres de solemnidade Vicente Rivero (sancristán) e María Magdalena Pérez, ao pouco tempo libertados polas enfermidades padecidas e agravadas na prisión.
Ávila y La Cueva, F. (1852) Historia civil y eclesiástica de la ciudad de Tuy y su Obispado..., T.II, pp.124-125
2
22
cousas de
Observa ao fondo! Dende 1727 un retablo barroco, feito en Redondela polo artista Antonio del Villar, oculta a antiga cabeceira da igrexa. Foi trasladado á vila en barcos nomeados polo concello. O seu custe, 8000 reais, foron repartidos en tres partes, dúas a pagar polo correxemento e unha polo gremio dos mareantes. Luce no seu centro un medallón coa Anunciación do arcanxo á Virxe María.
Detalle dos ventanais dividos ao exterior por un mainel hoxe desaparecido. Colección do autor
Pouca luz? Fronte á pouca luz e sobriedade decorativa da nave sur, onde se abre a capela da Nosa Señora da Anunciada (s.XVI) baixo bóveda de crucería; a nave norte ou do Evanxeo aparece dividida en cinco tramos contrastando cos seus grandes ventanais de formas góticas e decorados por vidrieiras. O 16 de maio de 1783 o deán compostelán Policarpo de Mendoza sufragounas particularmente. No século XVIII anéxase a esta nave unha capela, de planta cuadrangular, na honra da Virxe de Guadalupe por disposición do matrimonio formado por dona Josefa Omaña Sotomayor e don Lorenzo Antonio Correa Troncoso.
Custodios do edificio: Sen ser as gárgolas de Notre-Dame, coroando o frontón sobre o gran rosetón, un cordeiro pascual vixía o paso dos anos e o seu devir sobre o edificio. Dende as alturas, tamén os canzorros románicos, sostén do beiril do tellado, percorren a arquitectura cos seus motivos vexetais, alegóricos ou historiados con figuras humanas representando os vicios e os pecados mundanos.
Destacando sobre o templo, como anexo, entre a sancristía e a sala capitular, érguese a torre do campanario, rematada por corpo ameado que outorga ao templo un carácter militar, un locus sacratum fortificado.
A importancia e valor da colexiata da Real Vila, non só como edificio material senón como institución relixiosa, con rendas cobradas dende as terras do Morrazo ao Condado, convírtena nun espazo a conservar. Resumo da cultura material e espiritual dun pobo que atopaba na súa colexiata o referente relixioso, é espazo sacro configurado nun devir históricoartístico cambiante merecente do noso respecto. É ben sabido que o coñecemento do noso pasado é punto de partida para construír posibles futuros.
cousas de
23
GONDOMAR
A AGRUPACIÓN MUSICAL DE VINCIOS CUMPRE CATRO DÉCADAS DE HISTORIA Pablo F. Estévez
# Agrupación Musical de Vincios
A Agrupación Musical de Vincios marca un antes e un despois na cultura musical da parroquia que leva o seu nome. A súa creación remóntase a 1979 e os seus artífices foron Julio Costas Davila e Guillermo Costas Valverde que previamente formaran parte da banda de música de Valadares. Nin os constantes tropezos nin os contratempos puideron con dúas persoas que sen dúbida xogaron un papel fundamental na súa formación aínda que o concepto inicial da agrupación pouco ten que ver co de hoxe en día. Por aquel entón limitábase aos veciños da zona, as clases impartíanse de noite e os propios integrantes, moitos deles desde idades moi temperás, tíñanllas que inxeniarse para acudir ás clases desde os diferentes puntos dun núcleo que hai 40 anos estaba inmerso no rural. A medida que foron crecendo tiveron que mudarse en repetidas ocasións aínda que outra persoa tamén foi determinante para a súa consolidación, trátase do por aquel entón presidente da asociación de veciños e primeiro presidente da asociación creada no 81, Néstor González, que sen dudalo ofreceulles o local da AAVV. O espazo atopábase nunha vivenda particular propiedade de Domingo Fernández e a partir de aquí a agrupación comezou un longo camiño ata chegar aos nosos días, un treito que tardaron nin máis nin menos que corenta anos en percorrer.
Guillermo e Julio 26-12-99 (10 aniversario da agrupación)
24
cousas de
Na escola de Hervillás péchase o círculo. A medida que foron crecendo os espazos íanse quedando pequenos co que foron necesarios varios traslados. O primeiro deles levárono a cabo ó pouco tempo de fundarse e foi á escola unitaria de Hervillás, clausurada en 2007, un sitio crave xa que tras varias idas e vidas é onde hoxe en día a escola ten a súa sede. En 1981 mudáronse ao colexio Serra de Vincios e creouse a asociación da agrupación. É aquí cando se podería dicir que nace oficialmente a escola que integraba a banda de música, aínda que a súa posta de longo foi co seu primeiro concerto ofrecido en San Pedro en 1983. Posteriormente e tras a desafección das vivendas dos mestres de Hervillás volveron instalar aquí a súa sede, e en 2011 tiveron o último empuxón da Deputación e Concello que investiron máis de 300.000 euros en adaptar o inmoble.
Alumnos desde os 4 ata os 80 anos de idade O obxectivo da escola é o de formar músicos que á súa vez participen na banda. Imparten clases a nenos desde os 4 anos de música e movemento, con 7 anos iniciación á música e a partir de aquí linguaxe musical 1, 2 e é onde o alumnado elixe un instrumento entre frauta, clarinete, oboe, trompeta, saxo, trombón, trompa, tuba, fagot, contrabaixo ou violoncelo, entre outros, e impártense as dúas materias simultáneamente.
Banda Actual 2019
Escola, banda, coro e actividades A escola está composta por un total de 115 persoas. A banda infantil confórmana 24, a xuvenil 29 e a amateur sobre 55. En 2014 fundaron o coro e hoxe conta con 35 integrantes que interpretan habaneras, actos relixiosos, concertos sacros, música popular, ou zarzuelas, entre outros xéneros. Pero ademais da música como tal tamén organizan actividades por exemplo campamentos de verán para os máis pequenos dentro e fóra do centro. Os concertos máis importantes son en nadal, ao clausurar o curso, o día da música e o seu festival de bandas, que vai pola 24º edición, ademais dun encontro de escolas. Campamento Muscial de Verán para nenos de entre 4 e 8 anos (2019).
70.000 euros de gastos fixos ao ano. O maior hándicap co que se poden atopar este tipo de agrupacións é o de custearse os gastos para manterse á boia. No caso da de Vincios sérvense das cotas dos alumnos, a que á súa vez son socios, aínda que hai casos nos que só pagan as tarifas anuais sen recibir as clases. Esta modalidade esténdese tamén a pequenos negocios locais e empresas da zona chegando aos 350 afiliados en total. O Concello de Gondomar ten asinado un convenio con eles polo que lle achegan unha cantidade determinada a cambio de actuacións ao longo do ano. Outra entidade que achega é a Comunidade de Montes, axudas doutras administracións e algunhas actuacións puntuais. Como non podía ser doutro xeito a xestión é a columna vertebral da agrupación levada a cabo desde a directiva formada por Rosa, Rosina, Marta, Luís, Eva, Elisa, Laura, Lidia e María del Carmen.
Banda e escola 2018.
Concerto Santiago de Compostela
A entidade fundada en 1979 celebra este especial aniversario ca meta de organizar corenta eventos ao longo do presente ano. Levan desenvoltas máis dunha trintena. O 9 de novembro realizarán un acto polo día da música e o de colofón será o de nadal. Pero todo cun toque máis especial para celebrar a súa traxectoria durante estas catro décadas de historia.
cousas de
25
REPORTAXE
As Aceñas
O TAMUXE, SÍMBOLO HERÁLDICO DO ROSAL, TESTEMUÑA DE MINAS DE OURO DOS ROMANOS, LENDAS E GUERRAS CON PORTUGAL Por Juan Ramón Martínez Barbosa
# do autor
1 Mª del Carmen Pallares Méndez e Ermelindo Portela Silva. El Bajo Valle del Miño en los siglos XII y XIII. Economía Agraria y Estructura Social. Universidad de Santiago de Compostela, 1971.
J.M.del Tamuje, La Vía romana “per loca marítima” por el Bajo Miño y Costa Atlántica. La Guardia, 1975 / Elisa Ferreira Priegue, Los caminos medievales de Galicia. Boletín AURIENSE, Anexo 9. Museo Arqueolóxico Provincial. Ourense, 1988. 2
26
cousas de
O último afluente do Pai Miño -pola marxe dereita- nace no lugar da "Tamuxa", nos montes de Torroña, parroquia de San Pedro de Burgueira, no concello de Oia e rega todo o val do Rosal. Navegable ata a zona recreativa do Muíño das Aceñas, a primeira mención que se fai do río Tamuxe é no ano 1163, en documentación do Mosteiro Cisterciense de Santa María a Real de Oia1. A orixe etimolóxica de Tamuxe, como asegura o polígrafo Fernando Cabeza Quiles, provén do preindoeuropeo "Tam", co significado de "correr, fluír (auga)". A emblemática ponte do río Tamuxe atópase no barrio do mesmo nome, na parroquia de San Miguel de Tabagón (O Rosal). Segundo a nosa investigación, xunto coa de diferentes autores, presúmese que a antigüidade da ponte (a primitiva construción) se remonta á época romana e que formaba parte da vía militar, número XX, máis coñecida por “Per loca marítima”2. Sen dúbida, estratéxico emprazamento fluvial o do Tamuxe (tamén chamado popularmente río Carballas), entre o lugar de Pampillón ao norte da ponte e o Porto Vello ao sur. Aténdonos á tradición e á arqueoloxía, ambos lugares gardan relación coa baixada e embarque dos minerais que os romanos, no século IV, explotaron nas minas de ouro das Bornas (montes de San Miguel e San Xoán de Tabagón). O historiador tudense Francisco Ávila y La Cueva afirma que en documentación do Mosteiro de Oia se fai mención a esta ponte no século XIII. No seu libro Historia Civil y Eclesiástica de la Ciudad de Tuy y su obispado escribe: "Hállase aquí (en San Miguel) el Puente del Tamuge, llamado ya así en el año de 1293”.
Tamén no século XV, en documentación do Mosteiro de Oia, se alude a esta ponte, segundo recolle Elisa Ferreira Priegue. A historiadora realiza dúas afirmacións. Unha, ao falar do chamado “camiño das Bornas”, por Tabagón, “que es el que corresponde a la calzada romana”. A seguir, fai referencia ao lugar de Pías “donde se cruza el río Tamuje por un puente. El actual es moderno, pero hubo otro anterior, documentado en el año 1451”. Xa en 1628 se fala de que a ponte do Tamuxe se atopa en ruínas. Lémbrase que aquel mal estado era consecuencia das Guerras que España tivo nese século XVII con Portugal por estar inmediata ao río Miño. Por ela, en ocasións, pasaban Mapa parcial da autoría dos irmáns Rolán de Santa Cruz, século XVIII carruaxes, carretóns con pezas de artillería… Nesta mesma zona do Tamuxe, lugar do Pampillón, en 1644, o exército galego organizou un pequeno astaleiro. E, cando os galegos tiñan xa construídos 35 barcos, foron sorprendidos polos soldados portugueses, quenes incendiaron a flota e os seus almacéns de madeira3. Frai Martín Sarmiento, no seu Viaje a Galicia de 1745, indo dende Baiona a Tui, ao aludir á Ponte do Tamuxe, entre outras cousas escribe: “… y a lo último del puente está un castillo muy antiguo que creeré haber sido de romanos”. 3
Juan Domínguez Fontela. Nuestra Guerra con Portugal en el siglo XVII. A Guarda, 1997.
A actual construción da Ponte do Tamuxe data de 1845 e foi obra do contratista José Fernández, de Goián (Tomiño). A bendición e inauguración do renovado monumento de tres arcos foi o 14 de decembro dese ano. Precisamente, para conmemorar esta efeméride, no medio da ponte, nunha cartela, presidida cunha cruciña, pódese ler a seguinte inscrición: “REINANDO DOÑA ISABEL II / SE CONSTRUYO ESTA OBRA / EN BENEFICIO DE LOS PUEBLOS / AÑO DE 1845". Por ser a obra civil máis importante do municipio e xa en vésperas da constitución do concello rosaleiro (1847), os nosos antepasados tomaron a Ponte do Tamuxe como símbolo heráldico, formando parte dende entón do escudo oficial da vila, significando "unidade, colaboración, fortaleza e amizade". Durante o traballo de investigación deste artigo-reportaxe para COUSAS DE, descubrimos peculiares notas de prensa, como por exemplo a que firma a corresponsal F. Andrés no Faro de Vigo en maio de 1975. O seu título: "El Puente del Tamuje, lugar de graves accidentes, amenazado de muerte. Un anónimo dice que será volado con dinamita si no es desviado".
cousas de
27
A inauguración da moderna ponte o 14 de agosto de 1992, xusto enfronte da tradicional, ben seguro calmaría por fin os ánimos e desconxestionou o abundante tráfico existente. Logo das tarefas de restauración e acondicionamento do lugar por parte do Obradoiro de Emprego "Ponte do Tamuxe" hai unha década, a contorna está presidida por unha esbelta cheminea, testemuña dun complexo industrial de principios do século XX, en concreto de 1914, coñecido polo Aserradeiro da Fábrica do Tamuxe. Navegando polas inmediacións da Ponte do Tamuxe
Vista do aserradoiro, río e ponte do Tamuxe
En O Rosal, na actualidade, xunto coa coñecida ruta dos Muíños do Folón e do Picón (PR-G 94), o Sendeiro de Pescadores Río Miño-Tamuxe (PR-G112) está homologado pola Federación Galega de Montañismo. Trátase dunha fermosa ruta natural de 7'2 km, de dificultade doada, que percorre a ribeira, comezando e finalizando ben no muíño das Aceñas, ben na praia fluvial de Eiras. A propia alameda de Pías por un lado e por outro unha área de descanso e de baño, con zonas infantís, pistas deportivas e parque biosaudable nas inmediacións da Ponte do Tamuxe fan desta zona de lecer unha das máis atractivas do Baixo Miño.
28
cousas de
Andaina polo Sendeiro de Pescadores Río Miño-Tamuxe
Enrriba escudo de O Rosal ata 2011, á dereita o escudo actual.
Recollemos aquí as verbas do historiador tudense Gerardo Álvarez Limeses, comentando as diferentes curiosidades e tradicións ao redor da ponte do Tamuxe. Escribe: “En la desembocadura del río Tamuxe y junto a una cepa del puente sobre este río emergen unas aguas termales que han sido denunciadas, pero que no están en explotación”4. Así mesmo, falando das parroquias do Rosal, recolle algunhas tradicións, que agora transcribimos literalmente e que, en verdade, nos lembran a certos textos recollidos anteriormente polo propio Manuel Murguía, escritor e marido de Rosalía de Castro: “El aspecto misterioso del paisaje da al Rosal una tradición poética, y aparecen allí vestigios de los cultos paganos del fuego y del agua. Así, las mujeres ribereñas del Miño tienen aquí la costumbre supersticiosa de acudir al agua cuando sus hijos padecen algún mal extraño. Cogen entonces las ropas del niño y metiéndolas en una cestilla con una luz encendida la sumergen en sus ondas, y si la corriente la arrastra sin que la luz se apague, mientras la vista puede seguirla, es que el niño se salvará. En El Rosal mismo, la noche de San Juan se enciende en el puente sobre el Tamuxe un gran montón de piñas y cuando, a las doce de la noche, los enfermos se sumergen en el río a tomar las nueve ondas, desde arriba les arrojan las piñas encendidas para que el agua les purifique”.
Gerardo A. Limeses. “Provincia de Pontevedra”. Geografía General del Reino de Galicia, dirixida por F. Carreras y Caudi. Barcelona, 1936, páx. 851. 4
cousas de
29
TUI
PRESÉNTASE EN TUI A PRIMEIRA CREDENCIAL DE PEREGRINO ADAPTADA AOS MÁIS PEQUENOS. Trátase dunha credencial para todos os nenos e nenas que queiran ter a súa primeira experiencia como peregrinos en Tui. Deberán facer un pequeno trazado seguindo as frechas amarelas desde a Ponte Internacional ata a igrexa de San Bartolomé. Un trazado do Camiño Portugués que guarda unha enorme carga histórica, pois desde hai séculos é realizado por miles de peregrinos que deixaron rastro na peregrinación do Camiño de Santiago. Do mesmo xeito que os peregrinos, os pequegrinos deberán recoller un mínimo de 3 selos deste mini camiño nunha credencial deseñada e pensada para os máis pequenos. Tras finalizar o percorrido na credencial se recollen unha serie de enigmas, e cada neno deberá acertar un mínimo de 3 como mostra da realización do persorrido e da aprendizaxe dos valores da peregrinación para que así poidan recibir un certificado como “pequegrinos”. Ao acto asistíu Cecilia Pereira Marimón, Comisaria do Xacobeo 2021 e conselleira Delegada de SA de Xestión do Plan Xacobeo quen destacou o gran éxito de convocatorias de proxectos presentados ao programa “O Teu Xacobeo” “tivemos moito éxito porque valoramos 650 solicitudes das cales se aprovaron máis de 300. “ Pequegrinos” é un dos proxectos presentados que gustounos desde o principio porque encaixa cos valores que se perseguen de promoción do camiño na nosa poboación máis próxima partindo desde os máis pequenos”. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, aproveitou para felicitar a iniciativa e a necesidade de facer apostas de posta en valor, como a presentada por Ideas Peregrinas, vinculadas ao Camiño Portugués, un camiño secular que require de impulsos polo seu valor histórico. Ao acto tamén acudiron os principais protagonistas desta acción, nenos acompañados polos seus pais que mostraron o seu entusiasmo cando recibiron a súa credencial e o seu primeiro selo. “Sen dúbida, eles serán os mellores prescritores do Camiño de Santiago, estamos seguras que despois de lograr a súa primeira experiencia e contacto co camiño animarán aos seus pais para continuar facendo etapas ata Santiago”, afirman as promotoras da idea Mónica e Silvana Crisóstomo.
30
cousas de
VIVE TUI!
cousas de
31
TUI
A PROTECTORA ALOIA DE TUI ORGANIZA PASEOS MULTITUDINARIOS PARA OS CANS DO REFUXIO. Por Judit Bernárdez Vilar Os douscentos cans abandonados que coida a Protectora Aloia de Tui viven cada domingo, desde hai uns meses, unha xornada de respiro e liberdade. A Asociación puxo en marcha unha iniciativa chamada "paseos perrunos", na que varios voluntarios sacan a pasear aos cans. Empezaron sendo catro e agora xa son máis de oitenta persoas as que cada domingo únense a esta actividade solidaria. A idea naceu por mor das saídas que os padriños de varios dos cans empezaron a facer para pasar máis tempo cos seus “afillados peludos”. A partir de aí, a protectora pensou que era unha boa vía de escape para os inquilinos do refuxio e empezou a publicitar a actividade a través de cartelería e polas redes sociais. O boca a boca e o amor polos animais fixo o resto, poñendo en marcha o “efecto Aloia”. Ao longo destes meses pasearon aos cans de Aloia decenas de persoas, mesmo chegadas de fóra de Tui. Esta saída semanal é a forma perfecta para coñecer aos animais e, grazas a iso, durante este tempo tamén houbo algún que outro flechazo en forma de adopcións e apadriñamentos; aínda que menos dos desexados, pois as cifras de abandonos seguen crecendo, sobre todo no verán. Neste sentido, cabe destacar que non estean en posición de adoptar polas súas circunstancias persoais, pero queiran colaborar, a protectora Aloia ofrécelles a posibilidade de apadriñar. Esta modalidade consiste en pagar unha cota mensual de, polo menos, 5 euros, para axudar cos gastos dun determinado can. 32
cousas de
Cunha foto dun dos seus cans na que se pode ler "Se que non terás tempo para min, e que terás mil plans os domingos. Eu só teño un, esperarche. A miña liberdade só depende de ti", a Protectora Aloia fai un chamamento a través das redes sociais para participar no único momento da semana que teñen os cans para pasear e demostrar o seu agarimo.
Os paseos teñen lugar todos os domingos con saída desde a Protectora Aloia, localizada en Guillarei, ás 10 horas. Os interesados en participar poden chamar aos teléfonos 620.961.605 ou 606.156.680, aínda que tamén poden informarse na páxina de Facebook que a protectora creou co nome de “Aloia Paseos Perrunos”. Entra, infórmate e únete ao “efecto Aloia”
cousas de
33
REPORTAXE
A ESCOLA DE FUNDACIÓN DE ENTENZA 1650-1890 Por Xosé Ramón Paz Antón
# do autor
Entrada da escola de Entenza construída en 1928 (Arquivo Municipal da Imaxe de Salceda de Caselas)
A institución dunha capelanía en Entenza por parte de Sebastián Parcero de Lira y Gil destinada a manter unha escola de primeiras letras, en 1650, resulta un feito moi destacable non só dende a óptica dunha historia local da educación, senón tamén dende a visión panorámica da educación en Galicia. Nun grupo coñecido de doce escolas de fundación e obra pía fundadas no século XVII coas remesas de indianos ou colonizadores, a de Entenza é a segunda en orde cronolóxica. E considerando o total das escolas de fundación, foran indianas ou non, podemos afirmar que a de Entenza foi unha das primeiras escolas de Galicia, sabendo que as fundacións destinadas a escolas de primeiras letras instituíronse no país a partir do último cuarto do século XVII e tiveron o seu maior esplendor no XVIII.
Sebastián Parcero de Lira y Gil, crego nacido en Entenza, fundaba unha capelanía colativa quedando obrigado o seu posuidor a poñer escola de primeiras letras para ensinar a nenos pobres ou, de ser o caso, pagar 6 ducados anuais a un mestre que cumprira con este labor. Deste xeito introducíase o sistema escolar nestas terras e empregaba o fundador a figura da capelanía colativa que era unha das fórmulas do sistema beneficial adoptado pola Igrexa católica dende a Idade Media. A través dela o benfeitor garantía o funcionamento da escola polo rendemento duns bens que seguían sendo do seu titular. Ese rendemento destinábase á manutención dun clérigo que recibía a capelanía comprometéndose a realizar a obra indicada polo fundador. Nos inicios do século XVIII, estaba ao fronte da escola de Entenza o Mestre Ocampo que obtiña ese beneficio en 1713. Procedía da Universidade de Santiago onde desenvolvera un cargo educativo de certa relevancia. En 1752, o mestre de primeiras letras do couto de Entenza aparece como contribuínte por esta actividade pagando 110 reais de vellón. Arredor do ano 1845 a escola de Entenza funcionaba con 45 nenos. Logo estivo atendendo a escola durante os anos 1856 e 1857 o mestre Manuel Estévez Romero. E a partir de aí semella que desaparece a actividade escolar provocando a preocupación da Junta local de Primera Enseñanza que a partir de 1860 eleva ás autoridades superiores. Esta situación de inactividade durou ata 1877. Cando chega o inspector ao lugar de Barreiro anota nos seus papeis que hai un mestre, José Francisco Corral, pero non dispón de local para exercer a actividade. Xuntos propoñen un lugar para a construción dun local escolar anexo á súa vivenda e por parte do inspector proponse como solución do problema que o Concello de Salceda aporte as cantidades necesarias para material, para local e para completar o salario do mestre que a fundación non é quen de garantir na súa totalidade. E efectivamente, ese mesmo ano a denominada Escola de fundación elemental incompleta con carácter de pública de Entenza, reinicia a súa actividade co mestre Corral. En 1881, o número de matriculas ascendía a sesenta e repartíanse en 40 nenos e 20 nenas e asistían regularmente uns 40 aínda que o día de visita do inspector había só 15. No relativo á escola de fundación de Entenza pechábase en 1890 a historia daquela institución de longa travesía que mantivo a instrución das primeiras letras durante 240 anos. Seguramente era, naquel momento, a escola de fundación en activo máis veterana das existentes en Galicia. O mestre, José Francisco Corral tiña 70 anos de idade e a fundación xa non posibilitaba o funcionamento da escola que dependía cada vez máis do orzamento municipal. Nese momento se decide o paso total da escola á rede pública. A primeira mestra foi Esperanza Miguélez Gil a quen sucedeu en 1892 Amalia Albán Suárez. 34
cousas de
A escola de Entenza non tivo un local propio. Prego Español ten insinuado que o adro da Ermida da Ascensión, baixo cuberto e co chan feito de lousas “era usado como escola nos séculos XVII e XVIII”. Imaxe da Ilustración Gallega y Asturiana.
2. SEBASTÍAN PARCERO DE LIRA Y GIL
Gravado antigo da catedral de Michoacán onde chegaba en 1672 Sebastián Parcero
Sebastián Parcero naceu arredor de 1620. O apelido de orixe galego Parcero tiña primitiva casa solarenga en Entenza. Os seus primeiros pasos documentados atopámolos xa en América onde debeu chegar de mozo. En 1640 foi ordenado sacerdote, en 1644 graduouse de bacharel na facultade de Canones pola Universidade de Lima, en 1650 creaba a fundación da escola de Entenza, en 1653 era nomeado capelán da armada do “mar del sur” e ese mesmo ano volve a España. Na súa estadía de tres anos en Galicia foi, en 1655, vicario interino da vila de Bouzas e abade de Entenza. En 1658 foi nomeado canónico e volve a América con destino á Illa Española. Unha información de 1668 parece indicar que naquel momento a súa relación coa superioridade eclesiástica non era boa certificándose o “pleito criminal entre el Procurador Fiscal Eclesiástico y el Canónico Sebastián Parcero de Lira, a causa del encuentro que tuvo éste con el Arzobispo”. Motivado, quizais, por este suceso, en 1670 regresa a España con licencia de tres anos e consegue novos nomeamentos: en 1671 de tesoureiro da súa igrexa catedral e en 1672 de Racionero da catedral de Michoacán. Ese mesmo ano parte cara Nova España para tomar posesión do seu cargo, acompañado dun mulato: “un criado que lleva llamado Baltasar de color pardo de edad de doce años con una señal de herida de bajo de la ceja del ojo izquierdo holgado de dientes el cual es libre como parece del traslado autorizado de la Carta de libertad que el dicho don Sebastián Parcero su amo le dio en la ciudad de Santo Domingo en veinte y quatro de abril del año pasado de mil seiscientos y sesenta y siete ante escribano público… Baltasar mulato es el mismo que vino de la Ysla de Santo domingo y trajo el dicho D. Sebastián della”. Sebastián Parcero, debeu falecer na década dos oitenta cunha idade aproximada de sesenta anos. O seu testamento dado en Michoacán foi datado en 1682. No momento do testamento, volvía a lembrarse a carta de liberdade de Baltasar “cuya escritura se hallará en mis papeles. Mando se le entregue porque es libre, que así lo declaro”. Lembrábase do neno que nacera escravo en 1660 e a quen deu a liberdade cando contaba con sete anos. cousas de
35
A primeira foto coñecida da escola de Entenza, 1928 (AMIS).
3. A PERSISTENCIA DA ESCOLA E AXUDA DA EMIGRACIÓN Absorbida a escola de fundación de Entenza polo sistema público, a escola continuaba na súa andaina ao longo dos séculos. Producíase en 1910 a substitución de María Albán Estévez por Basilisa López Iglesias e, en 1925, o Concello solicitaba a creación dunha segunda escola (neste caso de nenos) na mesma parroquia. O sistema escolar melloraba, evidentemente, nas décadas dos anos vinte e trinta. Neses tempos volvían as axudas e a preocupación pola formación que, outra vez, viñan de América. A Sociedad de Fomento y Educación Hijos de Entenza de Bos Aires foi perseverante na idea de construír unha nova escola en Entenza á que destinaron uns abondosos recursos económicos. Para obter eses recursos realizaban periodicamente festivais cuxo beneficio ía engrosando a conta da “escola parroquial”. No verán de 1929 iniciouse a construción do edificio contratado ao canteiro Manuel Núñez Rodríguez. Foi inaugurado en 1932 e tivo un custo de 38 000 pesetas. A Sociedad Hijos de Entenza non desenvolveu un proxecto educativo propio no seu edificio. O compromiso da II República coa mellora da educación era indiscutible e ofrecía garantías para os promotores da escola de Entenza. Optaron, pois, por ofrecer as modernas instalacións ao Concello para situar as dúas escolas públicas existentes na parroquia a cambio da contra-prestación económica que recibían en concepto de aluguer. Aquela vella escola de fundación de Entenza caracterízase por unha vontade de permanencia. Cambiaron os locais, os sistemas e a función pero a “escola de primeiras letras” segue aí. Cabe destacar que estamos diante dunha das primeiras escolas aparecidas en Galicia, que ao mesmo tempo é unha das que inician o modelo de escolas de indianos, e que permanece no tempo como fundación durante case dous séculos e medio. Ou visto dende outro punto, estamos diante dunha escola que leva 369 anos en funcionamento, na actualidade formando parte do CRAC Raíña Aragonta. 36
cousas de
O edificio construido polos emigrantes que albergou durante décadas as dúas escolas (nenas e nenos) de Entenza (AMIS).
Alumnado de Entenza en 1934. Fotografía utilizada como portada do libro Historia da Educación en Salceda de Caselas, do mesmo autor deste artigo, publicado en 2019.
zález na escola Alumnos de Clemente Gon ublicana (AMIS). rep pa eta a e nocturna durant
1929 das obras en Inauguración
Entenza Centro Cultural
Entenza
cousas de
37
ENOTURISMO
TERRAS GAUDA PON EN VALOR A RIQUEZA VINÍCOLA DO VAL DO ROSAL NO SEU PROGRAMA DE ENOTURISMO O programa de Enoturismo de Adegas Terras Gauda busca atraer a mirada cara a este recuncho de Galicia que destaca polo seu potencial vinícola, gastronómico e paisaxístico. Recollendo a testemuña dos antepasados, deses primeiros viticultores do Baixo Miño que contribuíron ao desenvolvemento socioeconómico da zona, a adega contaxia ao visitante a paixón dun modo de facer viños nos que se coidan os detalles, desde a viña ata a copa. Aprender a diferenciar no viñedo as tres variedades autóctonas, o Albariño, o Caíño Blanco e o Loureiro, e saber que achega cada unha destas cepas nobres aos viños de Terras Gauda é o fío condutor dos tres programas que se adaptan e fanse á medida dos diferentes perfís. O plan familiar inclúe talleres didácticos para que os máis pequenos dean renda solta á súa imaxinación ao redor da cultura do viño e os adultos completen o circuíto pola adega, a viña e participen na cata dos viños. Para o que busca intimidade, percorrer o viñedo en parella deleitándose cun brinde só para dous e quere rematar as súas vivencias cunha estancia hostaleira con encanto ou unha experiencia gastronómica, a adega recomenda o plan romántico. Compartir momentos en Terras Gauda con amigos ou compañeiros de traballo é outra opción, á que se pode engadir o extra dun roteiro en 4x4 polo viñedo. A adega tamén brinda a posibilidade de realizar visitas estándar que, desde o 1 de outubro, prográmanse de luns a sábado, ás 17:30 horas e os domingos e festivos, ás 12.30 horas.
38
cousas de
A ADEGA DESCOBRE AO VISITANTE O RICO LEGADO DUNHA ACTIVIDADE ANCESTRAL NO BAIXO MIÑO
Visitas en aumento Desde a posta en marcha do programa, Terras Gauda incrementou de forma progresiva o número de visitantes, que este verán superou os 5.000. Moitos deles recalan na adega procedentes dos cruceiros internacionais que atracan no próximo porto de Vigo e a través de viaxes organizadas por operadores turísticos. Do “Mar á viña”, cun roteiro en barco polo Río Miño e a visita á adega con cata de viños como colofón, é unha das experiencias organizadas nas últimas semanas en diferentes xornadas que tivo unha gran aceptación. A web https:// terrasgauda. com/enoturismo/ recolle toda a información sobre o programa de Enoturismo en Terras Gauda e as propostas para penetrarse no Bierzo con experiencias enoturísticas en Pittacum. Unha visita para coñecer esta adega do Grupo cuxo selo é a autenticidade, cuns viños intimamente ligados ao terruño e impregnados polo carácter da variedade Mencía. Finalmente, Quinta Sardonia, a adega de Sardón de Douro, que segue os ritmos da biodinámica para a elaboración dos seus viños é outra das opcións que ofrece Terras Gauda para mergullarse nun mundo que cada vez ten máis adeptos. Dentro e fóra das nosas fronteiras.
cousas de
39
VALENÇA DO MINHO
BOMBEIROS VOLUNTÁRIOS DE VALENÇA
100 ANOS DE HISTÓRIA O 12 de Outubro de 1910, só uns días tras a implantación da República, un grupo de raparigas e rapaces da mellor sociedade de Valença, decidiron realizar no Teatro Valenciano, un concurso musical a favor da creación dos Bombeiros en Valença. Tal espectáculo foi un éxito. Actos desta natureza proseguiron até 1916, ano en que foron feitas entre a poboación, varias colectas.O ano de 1917 un violento incendio produciuse nun predio da antiga Rúa Dereita. Tal fatalidade orixinou un importante movemento na poboación de Valença, onde aínda non existía un Corpo de Bombeiros, e soamente había unha bomba da antiga Compañía da Bomba, propiedade do Concello. Con todo, non existía persoal debidamente preparado. Só en 1919, e despois de otro gran incendio, se reactivou a movilización dos Valencianos no sentido da creación dos seus Bombeiros. Entón, no mes de xuño, celebrouse unha reunión dos habitantes de Valença e dela resultou o nomeamento dunha comisión organizadora para a fundación dos Bombeiros e a elaboración dos seus estatutos, os cales, foron aprobados por Asemblea Xeral de 27 de xullo de 1919. Desde entón, non descansaron un só momento, e os Bombeiros de Valença comezaron a ter forma. Con moito sacrificio e dedicación e o entusiasmo de todos os Valencianos, iniciándose a escolla e compra de material contra incendios. Era necesario entón un Cuartel-sede. Nese sentido dirixíeronse ao Gobernador Militar da Praza Major, Inácio Severino de Melo Bandeira, a quen Valença moito debe, o cal conseguiu a cesión do predio militar denominado «Antigo Almacén de Material».
40
cousas de
Museu Bombeiro
Segunda sede dos Bombeiros
Avanzaron os traballos e o 19 de setembro de 1920 o soño, transformábase en grata realidade, inaugurándose a Asociación Humanitaria dos Bombeiros Voluntarios de Valença e o respetivo Corpo Activo, equipado con tres bombas mecánicas e un coche para o transporte de seis homes e que servía para tirar as bombas, con cabalos ou mulos..Unha vez creados os Bombeiros e instalados no seu Cuartel do Eirado, a Dirección e Comando, continuaron a traballar con afán para facer máis e mellor, visto que se tornaba necesario un Cuartel-Sede novo e digno. Desta maneira conseguiuse adquirir por compra ao Ministerio da Guerra, o antigo predio «Hospedaría Militar da Casa da Garda», sito na Praza do Sol, e en 1926 pasaron para alí todas as instalacións. Durante moitos anos foi considerado o mellor cuartel do distrito e dos que estaban mellor equipados. Mais a vida continuou a evolucionar e con ela, tamén os Bombeiros foron acompañando tal crecemento. Desde 1970 víñase falando na construción dun novo cuartel, pois o actual xa non era operacional. Conseguiuse para o efecto adquirir, o terreo ao Ministerio das Finanzas no sitio dos Eucaliptos. O Valencianos teñen a satisfacción e até o orgullo de ver construído aquel Cuartel que serve para os seus briosos Soldados da Paz, que tan ben teñen servido non só Valença e concellos limítrofes, tamén as poboacións da veciña Galicia. Sen sombra de dúbida podemos denominar aos Bombeiros de Valença como Internacionais, e nese sentido son xa moitas as condecoracións e distincións concedidas polas Autoridades Españolas. Por todo canto xa deron a Valença, en 1995, recibiron a Medalla do Mérito Municipal e este ano o Municipio de Valença decidiu otorgar a Chave da Cidade, o galardón máximo de Valença. Un recoñecemento xusto e merecido por 100 anos de dedicación á causa pública de Valença mais, tamén, por todas as esperanzas e desafíos que esta comunidade deposita nesta institución xa secular.
O Concello de Tui nomeou 'Fillos Adoptivos' aos Bombeiros Voluntarios Os Bombeiros Voluntarios de Valença ostentan este recoñecemento desde o 15 de decembro de 1990 en que o Concello de Tui resolveu outorgarlles esta distinción, polo servizo que prestan, non só a esta cidade, tamén en todo o territorio raiano. Este é o caso do último gran accidente, coa explosión dun almacén de material pirotécnico en Paramos, foron os primeiros a chegar e a prestar socorro. Camilo José Cela é Bombeiro Honorario de Valença. O 12 de novembro de 1993, o Premio Nobel de Literatura, Camilo José Cela, recibiu na súa residencia en Padrón unha delegación dos Bombeiros Voluntarios de Valença. Una foto na sede da asociación retrata o momento. Durante o seu falecemento ao 17 de xaneiro de 2002, unha garda de honra estivo presente nas exéquias.
cousas de
41
DEPORTES
DEPORTISTAS OLÍMPICOS AXUDARÁN A CONCIENCIAR NA LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO A iniciativa enmárcase no convenio de colaboración incluído no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero en materia de deportes dotado con 1,5 millóns de euros
No eido no que se está a traballar dentro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, destaca a implicación do deporte galego e dos seus protagonistas. Para executar as accións nesta área, a Vicepresidencia da Xunta asinou este ano un convenio coa Secretaría Xeral para o Deporte para levar a cabo distintas campañas de sensibilización no ámbito deportivo, de especial importancia pola relevancia e influencia que ten na sociedade, especialmente entre as xeracións máis novas. Estas accións contan cun investimento para este ano de 1,5 millóns de euros. A iniciativa inclúe medidas como campañas en espazos deportivos e difusión das mesmas a través dos clubs galegos de alta competición, a dotación de equipamento da campaña NON contra a violencia de xénero para o colectivo arbitral; así como orzamento para os deportistas olímpicos que participen en Tokio 2020 para axudar a concienciar contra esta lacra. De feito, acábanse de presentar os novos contratos de patrocinio publicitario cos deportistas galegas clasificados ou en fase de clasificación para os Xogos de Tokio 2020 co obxectivo de que participen no desenvolvemento de campañas de prevención e sensibilización fronte á violencia de xénero. Un acto que dá continuidade a outro fito recente: o nomeamento como embaixadores da loita contra a violencia de xénero do triatleta Javier Gómez Noya, o piragüista Cristian Toro, a nadadora María Vilas, a judoka María Bernabeu e os regatistas Tamara Echegoyen e Nicolás Rodríguez. Cos novos contratos de patrocinio, súmanse ao compromiso tamén os seguintes deportistas: os piragüistas Teresa Portela, Carlos Arévalo e Rodrigo Germade; o remeiro Rodrigo Conde; o arqueiro Miguel Alvariño; o xogador de tenis de mesa, Alberto Seoane; Juan Antonio Saavedra, que compite en tiro adaptado; e Agustín Alejos, xogador de baloncesto en cadeira de rodas. Estes deportistas galegos son algúns dos 25 clasificados ou en fase de clasificación para os Xogos de Tokio 2020, así como participantes nas edicións anteriores dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos, que asinarán contratos de patrocinio nesta primeira fase da iniciativa.
42
cousas de
Os participantes deberán difundir nas súas redes sociais mensaxes relacionadas coa igualdade entre homes e mulleres e contra a violencia de xénero
En virtude deste acordo, os deportistas deberán incorporar nos seus equipamentos oficiais de competición e de adestramento os logotipos da campaña NON contra a violencia de xénero. Ademais, terán que difundir a través das súas redes sociais polo menos unha publicación mensual relacionada coa loita pola tolerancia e contra a violencia de xénero. Todos estes deportistas son referentes e ídolos de moitos mozos aos que transmiten valores moi importantes para a sociedade como o traballo, o esforzo, a participación en equipo, o respecto aos demais ou a dedicación. Por iso, esta colaboración é fundamental co obxectivo de educar na igualdade e na loita contra a violencia machista. Estes contratos de patrocinio intégranse no convenio de colaboración no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero en materia de deportes dotado con 1,5 millóns de euros A Xunta de Galicia vén apostando nos últimos anos por impulsar a igualdade no ámbito deportivo. O Goberno conta xa con varias liñas de actuación nesta area como charlas en centros educativos coa Fundación Vero Boquete, ou a colaboración coa Federación de Fútbol para impulsar a igualdade no fútbol profesional e afeccionado. Ademais, tamén se chegaron a acordos coas federacións de balonmán e baloncesto.
cousas de
43
GALICIA SOLIDARIA
‘XACOBEO AUTISMO. UN CAMIÑO DE TODOS’ FUNDACIÓN MENELA
Que as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) percorran O Camiño de Santiago, como un exemplo de diversidade ambiental e humana, Deste desexo naceu ‘Xacobeo Autismo. Un camiño de todos’, iniciativa promovida pola Fundación Menela e enmarcada no programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia, proxecto que contou coa colaborou do Concello de Nigrán.
# Fundación Menela
Por Cipriano Luís Jiménez Casas e Antía Fernández Castro
Este proxecto tiña como obxetivo impulsar a accesibilidade cognitiva dos espazos transitados do Camiño Portugués da Costa. Así os Concellos da Guarda, Oia e O Rosal, o Albergue Municipal de Peregrinos da Guarda, e os albergues Aloxamento en Oia e Estela do Mar en Baiona sinalizáronse con pictogramas (sistemas alternativos da comunicación), mellorando a accesibilidade cognitiva e facilitando contornas predicibles e comprensibles para as persoas con TEA, así como a calidade dun turismo accesible. Foron 20 persoas con TEA do Centro de adultos Castro Navás - Fundación Menela, as que participaron poñendo en práctica a súa inclusión, para vivir e compartir a experiencia dun tramo do Camiño Portugués da Costa e ao mesmo tempo, gozar da súa beleza paisaxística e coñecer a nosa cultura, arte, patrimonio e gastronomía. A idea de esta iniciativa, facer visible e achegar o Autismo a sociedade, así como dar información dos servizos e programas da Fundación Menela para as persoas con TEA e as súas familias. 44
cousas de
DIARIO DO CAMIÑO O día 16 de setembro deixámonos abraiar pola cultura castrexa-romana do Monte Santa Trega e a panorámica do estuario do rio Miño, iniciamos o itinerario deste Camiño na fermosa vila mariñeira da Guarda. O día 17, despois da recepción pola corporación municipal guardesa, comezamos a andaina como peregrinos. Acompañados pola néboa e a brisa mariña, camiñamos a Portecelo (O Rosal), para continuar o día 18 a 2ª etapa, Santa María de Oia. A carón dun océano con panorámicas de intensa beleza e forza, chegamos ao mosteiro cisterciense de Santa María de Oia do s.XII, para adentrarnos no interior dos seus muros. Na 3ª etapa Santa María de Oia a Mougas, o camiño continua o pé dos cantís, para na 4ª etapa Mougas a Silleiro, pasar a carón do Faro do Cabo Silleiro, extremo sur da ría de Vigo e punto principal de orientación dos navíos por estas augas.
Ascendemos ata Baredo pola vella verea de cara a fortaleza de Monterreal, hoxe Parador Nacional de Turismo, engaiolado polo carreiro circundante. Baiona mantén ben conservada a zona medieval. Achegámonos o monumento da Virxe da Rocha de Antonio Palacios e, no porto, a réplica da carabela La Pinta. De Baiona camiñamos a Sabarís pasando ante a histórica fonte do Pombal s. XVI. Cruzamos o río Groba pola ponte romana, mais adiante a casa señorial de Cadaval e outra fermosa ponte románica, a de A Ramallosa do s. XIII. Estamos no esteiro do rio Miñor, marisma de gran riqueza ecolóxica. Xa no Concello de Nigrán, o camiño móstranos a súa arquitectura popular, con históricos pazos e cruceiros. En Panxón, contemplamos o templo Votivo do Mar de Antonio Palacios e o Arco Visigótico s.VII. Os pazos de Urzaiz e Cea preceden a subida o monte de San Román que nos leva a parroquia de Priegue, lugar do Centro Castro Navás. En Nigrán rematou o percorrido cunha recepción no Concello, para dar conta dunha experiencia vivida no Camiño. Dende a Fundación Menela queremos trasladar o noso agradecemento por participar e compartir esta experiencia conxuntamente, ao Centro San Xerome Emiliani, a Asociación Avelaiña de Saúde Mental, o Centro Juan María, o Colexio Menela, o CEIP Mestre Manuel García de Oia e o IES Primeiro de Marzo de Baiona.
cousas de
45
A GUARDA
EDICIÓN HISTÓRICA DA 15 K DO ATLÁNTICO BANCO MEDIOLANUM CAMIÑO PORTUGUÉS DÁ COSTA A VII edición desta gran proba deportiva viviu unha gran festa xa que ao redor da mesma organizáronse diversos actos. Por exemplo, unha conferencia do historiador Fernando Javier Costas, unha obra de teatro, actuacións musicais, cata de viños en Bodegas Terras Gauda, o sorteo de obsequios e tamén a entrega de distintos agasallos aos participantes. Entre todas as actividades, os organizadores calculan que se reuniron máis de oitocentas persoas, unha cifra que tamén se pode considerar histórica. Ademais destas actividades, unha andaina, o roteiro de patíns e outra dacabalo formaron parte do programa desenvolto con intensidade ao longo da fin de semana. Todo iso completouse cun percorrido espectacular e os organizadores mirando xa na próxima edición da proba.
Saída de patíns 46
cousas de
Saída da Andaina
Nuno Costa e Paula Mayobre confirman a súa condición de favoritos e impóñense na meta da Guarda O portugués e a aresá foron os gañadores da 15 K do Atlántico Banco Mediolanum Multisport Camiño Portugués dá Costa que se disputou entre Oia e A Guarda cun paso polo Rosal. Eles figuraban dentro do grupo de favoritos a impoñerse nunha proba consolidada dentro desta especialidade atlética e que reuniu a case 500 participantes. Martín Fiz, o veterano campión do mundo de maratón que acudía por primeira vez á cita e exercía como padriño, ocupou a cuarta posición. Foto de familia cos gañadores da proba As tres primeiras
4 primeiros da carreira masculina, co gañador Nuno Costa
O atleta portugués afincado en Galicia demostrou que era un dos grandes favoritos desde o inicio. Xa desde os primeiros quilómetros, dos 15 que constaba a proba, transmitiu boa sensacións. Durante un longo traxecto estivo acompañado por Iván Docampo, que se perfilou como o seu gran adversario na proba. Ambos lograron distancias de todos os rivais e o vencedor decidiuse no tramo final. Nuno Costa marcou un tempo de 49:32 na liña de chegada. O terceiro foi Manuel Lorenzo, da Ximnástica de Pontevedra, e o cuarto Martín Fiz, que tivo unha destacada actuación aínda que era a primeira vez que se enfrontaba ao percorrido. Na categoría feminina, o duelo estivo entre Paula Mayobre e Sandra Mosquera. Todas as miradas centráronse en dúas das mellores especialistas neste tipo de probas. O terceiro lugar no podio ocupouno Beatriz Fernández, do Corredoiras Bueu. Entre a carreira de atletismo, a andaina, o roteiro cabalar, a cata de viños e o percorrido que se realizou en patíns, foron máis de 800 persoas as que participaron en todas as actividades que se desenvolveron durante toda a fin de semana, co apoio dos tres concellos, a Xunta de Galicia a través do programa Xacobeo 2021 Multisport Camiño Portugués dá Costa e Coca Cola.
cousas de
47
A GUARDA «A GUARDA, MAR DE SAL. POSTA EN VALOR DAS SALINAS ROMANAS DO SEIXAL E CAMPOSANCOS» PROXECTO FINALISTA DOS II PREMIOS ECONOMÍA AZUL O pasado 27 de setembro de 2019 foron presentados a segunda edición dos Premios da Economía Azul promovidos dende a Consellería do Mar, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro co obxectivo de motivar a potenciais promotores para que presenten proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP). O proxecto «A Guarda, Mar de sal. Posta en valor das salinas romanas do Seixal e Camposancos» resultou finalista dos II Premios Economía Azul na categoría de Diversificación, recoñecendo os mellores proxectos de desenvolvemento sostible nas zonas pesqueiras galegas, aprobados no marco da implantación das EDLP dos GALP. Dende o martes 1 de outubro se abren as votacións dos proxectos a través da web galp.xunta.gal, cada persoa poderá votar a un proxecto en cada unha das 5 categorías ata o 20 de outubro. O proxecto que reciba máis votos en cada categoría será o que resulte premiado o día 25 de outubro na gala que se celebrará no Salón de Convencións do Edificio CINC da Cidade da Cultura. Os galardóns non teñen dotación económica, pero supoñen un recoñecemento público para os proxectos destacados.
A XUNTA ENTREGA UNA MOTO ACUÁTICA PARA ATENDER EMERXENCIAS EN ZONAS DE COSTA DA GUARDA Esta moto acuática con remolque permitirá aos servizos de emerxencias reforzar o seu equipamento de rescate.Trátase de embarcacións de gran efectividade para rescates en zonas de pouco calado, con ondas ou fortes correntes e áreas con fondos rochosos, ten una eslora de 3.75 metros, capacidade para tres persoas, un motor de 1800cc e 180cv e ademáis ven equipada con dous traxes de neopreno, gadiola de rescate, cascos e remolque. O tenente-alcalde da Guarda, Anxo Baz, asistíu a Riveira onde se fixo a entrega da debandita moto acuática que será empregada dende hoxe polo GES da Guarda. Segundo Anxo Baz, este novo equipamento de rescate ven a mellorar a calidade e resposta da seguridade na zona transfronteiriza do Río Miño e do mar na Guarda, cun tempo de resposta moito menor, que repercutirá positivamente en situacións de risco ou emerxencias.
48
cousas de
BAIXO MIÑO
TOMIÑO RECOÑECE A CONTRIBUCIÓN DE JOSÉ MARÍA GUDE COMA MESTRE E POLA SÚA LABOR NA RECUPERACIÓN DA CULTURA E TRADICIÓNS Autoridades locais e doutros concellos, familiares, amigos, ex-alumnos e integrantes do grupo Airiños de Tebra, arrouparon ao homenaxeado Afincado en Tebra, o ex mestre de Tomiño no CEP Pedro Caselles, José Mª “Pepe” Gude, foi homenaxeado polo Concello de Tomiño, nun acto cívico, celebrado na Praza do Seixo, no marco das festas patronais do Alivio 2019. Decenas de persoas, entre os que estaban membros da corporación local do Concello, homenaxeados en anos anteriores; representantes da Garda Civil, Policía Local e Protección Civil; alcaldes e concelleiros da comarca; familiares, amigos, veciños e ex-alumnos, arrouparon ao homenaxeado nun acto sinxelo e emotivo , no que tamén participaron a Agrupación Musical de Goián e o Grupo Airiños de Tebra (cuxa creación liderou Gude hai medio século). Pepe Gude, coma o coñecen na vila, foi o primeiro en falar, dando ás grazas ao Concello por pensar nel coma alguén digno de tal homenaxe. Porén non quixo aceptar a distinción coma persoal, senón compartida “con tantas persoas, compañeiros, ex-alumnos, que estiveron ao meu lado, axudándome a conseguir cousas, que se implicaron activamente en recoller e reflectir valores e tradicións do noso pobo”. Asemade comparteu o galardón cos integrantes do Grupo Airiños de Tebra, presentes na homenaxe, polo seu esforzo e dedicación en manter viva a música e as tradicións,repasando a súa traxectoria, que os levou por distintos puntos de Galicia, España, Portugal, Arxentina e Uruguai.
VIVE TOMIÑO!
cousas de
49
OCIO PERSOEIROS DO MUSEO DE PONTEVEDRA
ALFONSO DANIEL RODRÍGUEZ
Caricaturista, debuxante, pintor, gravador, ilustrador, escenógrafo, novelista, etnógrafo, autor teatral, ensaísta, político... todas e cada unha das facetas deste home, imprescindible na historia de Galicia, están representadas no Museo de Pontevedra. A colección Castelao foi iniciada polo propio artista en 1931 co depósito de once das súas obras que posteriormente seríanlle adquiridas en 1964 á súa xa viúva Virgina Pereira, quen, á súa morte, legou pola súa banda un gran numero de orixinais da súa propiedade. Ao longo de anos, novas doazóns, depósitos e compras ampliaron a colección. Unha das últimas incorporacións importantes a esta foron seis máscaras utilizadas na primeira representación de Os vellos non deben de namorarse. Na actualidade dúas salas completas da segunda planta do Sexto Edificio do Museo, están destinadas a expoñer dunha maneira totalmente renovada óleos, acuarelas, debuxos e textos, xunto a obxectos que lle pertenceron. E desde 2018 mostra as "xoias" do artista de Rianxo, 50 estampas orixinais do Álbum de Nós, desaparecidas durante oitenta anos e achadas en 2016
50
cousas de
OCIO/LIBROS La chica Edna O'Brien Editorial Lumen A gran autora irlandesa viaxou ata Nixeria, coñeceu a algunhas das mozas que lograron escapar de Boko Haram e converteu este episodio nunha novela increiblemente máis delicada que a brutalidad da súa historia. O'Brien logra inxectar suaves doses de humanidade cunha calidade literaria a proba de terrorismo. Otra vida por vivir Theodor Kallifatides Editorial Galaxia Gutenberg Neste fermoso texto, Kallifatides explora a relación entre unha vida con sentido e un traballo con sentido, e como reconciliarse co feito de facerse vello. Pero tamén se ocupa das tendencias preocupantes na Europa contemporánea, desde a intolerancia relixiosa e os prexuicios contra os inmigrantes ata a crise da vivenda e a súa tristeza polo maltratado estado da súa amada Grecia. La belleza del marido
Ventiladores Clyde Seth Editorial Salamandra Graphic Este cómic conta a historia de dous irmáns que loitan por manter a obsoleta empresa familiar, incapaz de competir cos novos modelos de negocio e os constantes avances tecnolóxicos. Con este telón de fondo, Seth desgrana unha emocionante historia familiar chea de sinsabores e desencontros que redunda nunha atmosfera narrativa desoladora e melancólica. No obradoiro do fabulador. Artigos en lingua galega. Faro de Vigo, 1972-1981. Álvaro Cunqueiro Editorial Galaxia Reúnense practicamente todos os artigos publicados en galego por Álvaro Cunqueiro no Faro de Vigo entre 1972 e 1981.Artigos sobre poetas contemporáneos, sobre narradores; recensións, notas eruditas e opinións literarias que confirman a idea dunha obra xornalística que é parte significativa da concepción literaria cunqueiriana. Non en van, a redacción dese xornal foi, durante un longo período da vida de Cunqueiro, o obradoiro do fabulador.
un ensayo narrativo en 29 tangos Anne Carson Editorial Lumen Una de las más originales y turbadoras manifestaciones de la poesía de nuestros días. Ao longo destes 29 tangos -un tango, como o matrimonio, é algo que un ten que bailar ata o final-, Anne Carson introdúcenos a través da súa poesía na historia íntima dun matrimonio que se desmorona. Iluminador, a miúdo brutal, conmovedor e oscuramente divertido, este libro céganos con escenas, diálogos e reflexións que afondan na máis vella das preocupacións poéticas -o amor- coma se fose a primeira vez que se expresa.
Playlist. Rebeldes y revolucionarios de la música La playlist de James Rhodes James Rhodes Editorial Destino. Unha espectacular obra ilustrada sobre os mestres da música clásica: Bach, Mozart, Beethoven … Nesta introdución á música clásica, descubrirás aos rebeldes e revolucionarios que hai detrás das obras mestras e sabrás por qué eles son os verdadeiros responsables de todas as cancións que escoitas.
AXENDA
52
cousas de
NIGRÁN MES DO TEATRO 12 de outubro Grupo Rosalía de Castro de A Salgueria coa obra "La zapatera prodigiosa", de García Lorca. 19 de octubre Grupo Porta aberta de Vigo con "Estraños hábitos", de Hugo Daniel Marcos. 26 de octubre Teatro Castro Barreiro de Salceda de Caselas con "Os tres grandes sinvergoñas". 9 de novembro por confirmar.. 16 de novembro Grupo Expresión Teatro de Mourente con "Convivir".
cousas de
53
QUEN É QUEN NO RUEIRO
Rúas de ...Redondela Avenida de Ernestina Otero O nome desta avenida rinde homenaxe á figura de Ernestina Elena Otero Sestelo, unha muller pioneira no exercicio profesional na España de comezos do século XX. Ernestina Otero naceu en Vilavella (Redondela) en 1890. Estudou Maxisterio en Pontevedra especializándose posteriormente en Ciencias e Pedagoxía na Escola Superior de Maxisterio de Madrid, ata iniciar a súa carreira profesional en 1915 na Escola de Maxisterio de Pontevedra na cátedra de Pedagoxía. Pero ese curriculum, que hoxe sería visto con total normalidade, hai case un século era completamente excepcional, nun contexto histórico no que era practicamente unha rareza que unha muller tivese un papel profesional tan relevante. A brillante carreira de Ernestina levouna a ser a directora da Escola de Maxisterio de Pontevedra. Amais da súa brillantez académica, destacou polo seu compromiso social, estando entre os seus méritos, a posta en práctica de numerosas innovacións educativas como promover o roupeiro e o comedor escolar, a educación de adultos ou o fomento do estudio e investigación das características históricas, xeográficas e culturais de Galicia. Despois, por motivos políticos, derivados do seu apoio ao Estatuto de Galicia, foi suspendida de emprego e soldo e posteriormente trasladada á Escola Normal de Ourense. En 1951 recuperou a súa cátedra en Pontevedra, exercendo o ensino ata o seu falecemento en 1956. Para rendir homenaxe a súa figura, o Concello de Redondela adicoulle o nome dunha avenida en 1991.
54
cousas de