2 minute read

OPINIÓN

Next Article
DISTRIBUCIÓN

DISTRIBUCIÓN

A HISTORIA DUN MUÍÑO: O MAÑOCO por Suso Vila, Dr. en Historia da Arte

Plano Tui 1770, muiño Mañoco

Advertisement

Unha parte do noso patrimonio ten un carácter humilde, non procura a monumentalidade centrándose na súa función e esquecendo a estética. O patrimonio etnográfico atesoura moitos dos elementos materiais propios do pobo, prioritariamente reflectindo as súas actividades económicas. Os muíños forman parte dese patrimonio ligado ás explotacións agrícolas. En Tui sobre as augas do río Tripes concentraríanse desde o século XI un contínuo de muiños, sinxelas construccións que acollían os mecanismos da moenda. Os primeiros muíños do Tripes atopábanse na práctica no que era a foz do río, xunto da histórica Ponte Mañoco. Estes muíños pertencentes ao cabido de Tui se lles chamaban Muíños de Mañoco. Aínda podemos ver hoxe un destes muiños cos seus restos maltreitos a carón da ponte metálica do Tripes, obra de 1895. Entre os restos aínda se observan os muros do que eran as hortas do xeneral Caula. No ano 1369 os muíños do Mañoco xunto cos arrabaldes da cidade serían destruidos polo ataque das galeras de Pedro I ou máis en concreto dos seus partidarios xa que o rei tiña morto nesa altura. Os muíños tamén sufriran o efecto destructivo das cheas do río Miño en 1425, testemuña das mudanzas climatolóxicas. Os muíños do Mañoco forman parte da cidade histórica como parte industrial do seu entramado urbano que continua no arrabalde de Riomuíños. Hoxe en día grazas á Asociación dos muiñeiros do Tripes e a colaboración do párroco D. Santiago Freire, o proxecto de restauración do muíño e a súa contorna está máis próximo. Pero, e si vamos máis aló e comezamos a ollar este patrimonio con outros ollos? Por qué non un centro de interpretación dos muíños do Tripes? Espazos públicos hai para unha iniciativa así, por exemplo o antigo matadoiro municipal, do século XVIII, no arrabalde de Riomuiños. Un centro que pode servir para comprender o extraordinario valor dos muíños e ao mesmo tempo xerar no histórico barrio maior protagonismo. Non sería casual tal elección tendo en conta que forma parte da súa paisaxe cultural e permitir por algún dos camiños históricos conservados como o da Videira ou o do Carballo Gordo recoñecer os diferentes muíños até o parque natural do Monte Aloia, fundíndose así nun percorrido cultural e natural.

Foto: pontillón-Tripes (Seixal)

This article is from: