3 minute read

GALICIA SOLIDARIA

Next Article
ENOTURISMO

ENOTURISMO

AFAGA, Ó CARÓN DAS PERSOAS CON ALZHÉIMER E AS SÚAS FAMILIAS

E Cristina Villanueva C Afaga “Afaga é unha entidade sen ánimo de lucro que loita pola dignidade das persoas con alzhéimer e as súas familias”. Con estas palabras define a misión da asociación o seu presidente, Juan Carlos Rodríguez.

Advertisement

Afaga creouse hai xa 26 anos, no ano 1994, e xurdiu dun grupo de familiares que por mor da desorientación e falta de información que naquel momento existía respecto desta enfermidade, uníronse para buscar apoios. Foi a primeira asociación de familiares de Galicia, e tras 20 anos de actividade, integra xa a máis de 700 socios. Desenvolve a súa acción no sur da provincia de Pontevedra. exceptuando as poboacións do Morrazo. Nesta área estímase unha poboación de 9.957 persoas con alzhéimer e outras demencias, das que o 50% non teñen diagnóstico definitivo. Ademais, calcúlase que pode haber entre 3.000 e 15.000 persoas máis cunha deterioración cognitiva leve que pode derivar nunha demencia. Pero os números non queda aí, xa que por cada paciente deste tipo hai implicadas polo menos dúas persoas da súa contorna, que se encargan do seu coidado e atención. Co cal o número de afectados por esta enfermidade na área sanitaria de Vigo ascende a uns 30.000. Por tanto, a presenza da entidade nesas localidades é imprescindible. A asociación ten nove centros nos que ofrece programas de estimulación cognitiva e funcional, e tamén servizos de atención social, psicolóxica, legal e cursos de formación aos familiares. Estes localízanse en: Vigo, onde se sitúa o Centro de Atención Integral para enfermos de alzhéimer en fase leve ou moderada e onde xestiona o Centro de Día Beiramar; O Porriño, onde xestiona unha Unidade de Atención Terapéutica e en Mos, Nigrán, Tui, Salceda de Caselas, Ponteareas e Redondela onde desenvolve obradoiros de estimulación cognitiva e funcional Ademais, desenvolve programas de prevención á deterioración cognitiva en Gondomar e Baiona, a través do taller ‘Cultiva a Mente’. Cando unha persoa chega á porta de Afaga tras un diagnóstico dun familiar, adoita estar angustiada e con pouca información, por iso, a asociación abre as súas portas a todo o que necesita apoio e orientación. En primeiro lugar unha traballadora social ofrécelle todo tipo de asesoramento, desde información relativa á enfermidade ata as axudas sociais ás que ten dereito e, por suposto, sobre todos os servizos que lle ofrece a asociación, tanto para a persoa enferma como para os familiares e coidadores.

SERVIZOS: •Programa de Acollida •Servizo de Atención Psicolóxica a familiares e a persoas enfermas •Programas de grupos terapéuticos para coidadores •Talleres de Estimulación Cognitiva e Funcional •Programa de Atención a Domicilio •Asesoramento Legal •Asesoramento en produtos de apoio •Recursos especializados •Taller de novas tecnoloxías •Taller de fisioterapia •Programa de prevención do deterioro cognitivo •Formación a familiares e coidadores •Formación especializada a profesionais Doutra banda, Afaga promove e participa en proxectos de investigación con diversas universidades e outras entidades.

¿Qué é a demencia? A demencia é un conxunto de signos e síntomas de orixe orgánica que se manifesta nunha perda progresiva das capacidades cognitivas (aquelas que nos axudan a procesar, interpretar e reaccionar de forma adecuada aos estímulos tanto propios como da contorna) tales como a atención, memoria, linguaxe, funcións executivas… Tales alteracións repercuten negativamente no funcionamento da vida cotiá da persoa afectada. Aínda que a demencia máis típica é o Alzhéimer, hai outros tres tipos: frontotemporal, por corpos de Lewy e demencia vascular.

Estes son algúns sinais de advertencia polas que se debe acudir ao médico: 1.-Dificultade no pensamento abstracto ou capacidade de xuízo; 2.-Perda de obxectos: Adoita deberse a problemas de atención máis que de memoria, polo que a súa aparición debe interpretarse con precaución 3.- Cambio de carácter ou alteracións do comportamento; 4.- Cambio de personalidade: a persoa pode volverse moi suspicaz, confuso, medorento e dependente dun familiar (habitualmente o cónxuxe); 5.- Perda de iniciativa: o paciente perde interese polas súas ocupacións habituais e evita o contacto social. Se unha persoa presenta varios destes síntomas, hai que acudir ao médico de Atención Primaria e este derivaralle ao especialista se fose necesario.

This article is from: