9 minute read
REPORTAXE
A VIRXE DA ROCA DE BAIONA: A ESTATUA DA LIBERDADE GALEGA
E C Anxo Rodríguez Lemos, historiador e doctorando na Universidade de Santiago de Compostela
Advertisement
IDEADA POR UN EMPRESARIO NATURAL DE CALDAS DE REIS E ERGUIDA NO MONTE DE SAN ROQUE POLO ARQUITECTO DO PORRIÑO ANTONIO PALACIOS, A VIRXE DA ROCA DE BAIONA FOI UN MONUMENTO EN CONSTRUCCIÓN DURANTE VINTE ANOS. A SÚA ESCULTURA PÉTREA CONVERTEUSE EN FITO NA PAISAXE DO VAL DE MIÑOR E PARTE FUNDAMENTAL DOS SEUS RECURSOS PATRIMONIAIS.
Todo comezou nunha cea... Seiscentas bombillas en 1908 conformaron un Viva Salgado! na fachada do Hotel da Palma con motivo da inauguración da luz eléctrica na Real Vila. O paseo de Elduayen decorouse con “tres potentes arcos voltaicos” para unha velada fronte ao mar da Cuncheira con banquete de “paella de alta tensión, merluza frita a la dinamo, carne asada al transformador, fl anes eléctricos, vino de 300 voltios, coñac con limitador, café de diez bujías y champagne Reostato 20 plot”. Non merecía menos o industrial de Caldas de Reis don Laureano Salgado Rodríguez (1847-1930) como promotor da chegada da electricidade á comarca do Miñor.
A idea: Naquela cea de fraternidade, entre as autoridades e a gran ovación, Salgado expuxo a idea “de levantar un monumento en el monte de San Roque a la Virgen bajo la advocación de la Roca”. O bispo Eijo Garay chamoulle A Virxe da Luz, o organista Ángel Rodulfo tívoa por Faro Celestial, José Santaló describiuna como A Virxe do Mar, María de Echarri por A Virxe dos Mariñeiros e o arquitecto encargardo do seu proxecto, Antonio Palacios, como a Virxe da Beiramar ou Nosa Señora de Baiona.
Salto de auga do Pego Negro (Vilaza), concedido a Salgado en marzo de 1907 polo concello de Gondomar, Vida Gallega, n. 244. Febreiro de 1924
Alén da industria hidroeléctrica, Salgado fora almacenista de tecidos, promotor da casa de baños La Concha de Arosa en Vilagarcía, do complexo hoteleiro da illa de Louxo (A Toxa, O Grove), consignatario da navieira a América Pacific Steam Navigation Company, socio da Azucarera Gallega ou da empresa Cerámica de Dena. Segundo Solá, ao falecer en 1930 aos 83 anos, “guardó tan poco para sí que después de haber movilizado muchísimos millones hubo de pasar verdaderos momentos de amargura”.
Retrato de Laureano Salgado Dos cosas tiene Baiona, que no las tiene Europa, las aguas de Pego Negro y la Virgen de la Roca.
Por contentar ós amigos, dei a luz en Gondomar, e leveina pra Baiona pra estar pretiño d’o mar.
A colocación da primeira pedra: o inicio dun soño. A pesar das achegas de máis de 33.000 pesetas (Palacios percibiu unhas 8.950 pesetas), atrasos e dificultades económicas ralentizaron a execución do monumento iniciado coa colocación da primeira pedra o 18 de setembro de 1910 trala bendición do bispo tudense D. Valeriano Menéndez Conde. A explanada do monte converteuse nunha romaría na que non faltaron, entre outros, políticos como Ángel Urzaiz e Eduardo Gasset, a defensora do proxecto Mercedes Ruíz de la Escalera ou o contratista encargado das obras de cantería, Antonio González Romero. En representación da raíña Victoria Eugenia de Battenberg, como madriña, a Duquesa da Conquista pousou a cal, con paleta de prata, aos pés do futuro “foco de luz que alumbre el paso de los navegantes”. Aquel día de orballo mollou o proxecto en varias das súas partes.
Detalle da Virxe coa estructura de madeira e roda empregada para o alzado das súas pedras. Momento da coroación no ano 1913. O seu estado perdurou deste xeito ata a década dos anos vinte. Sempre se dixo que a Virxe da Roca leva o peito onde debía levar a cintura polos problemas económicos da obra. Detalle do recorte na súa vestimenta.
SABÍAS QUE...? Calcolouse a necesidade inicial duns 192 metros cúbicos de mampostería, un metro cúbico de mármore branco e vintecinco metros liñais de franxa de mosaico de relevo feito con canto rodado, de tamaño pequeno, en varias cores ou matices para, con cuarzo branco, cubrir o manto e o dengue da Virxe. Un trencadís ou mosaico cerámico, de influencia gaudiana, na coroa foi a única ornamentación que finalmente levou.
Unha obra con marca persoal do arquitecto Palacios. Revisor das obras en 1911 ou 1925, entre outras inspeccións, o arquitecto do Porriño Antonio Palacios Ramilo (1874-1945) esperaba que o seu monumento fose “uno de los mayores atractivos para el turismo y nuevo elemento de belleza a la risueña villa”. En outubro de 1909 evidenciou nos seus escritos o desexo de ver concluída unha das súas obras de maior liberdade creativa lonxe das urbes nas que traballaba.
Os ocos onde pousou a madeira dos andamios é visible aínda nos nosos días. A coroación da Virxe en 1913 foi un dos maiores recordos na crónica da obra. Proxecto de Palacios, firmado en Madrid coas medidas sobre o nivel do mar da nova Estatua da Liberdade galega con 12 metros de altura iniciais. Foto Gil (Vigo). Colección do autor.
A cara e as mans da Virxe superaron as oito toneladas e foron feitas sobre mármore branco de Carrara polo madrileño Ángel García Díaz. O seu puído contrastou coas formas sinuosas e brandas logradas nos pregues do manto xurdido da mesma rocha. O granito labrado resumiu o modernismo de Palacios xunto ao ferro forxado que, ao comezo, ía ser empregado no farol da súa man, na carabela de velas izadas ou na coroa da Virxe decorada con cuarzo cristalizado en recordo da empregada pola raíña Isabel A Católica.
Nosa Señora da Roca, nun altiño se foi por, dálle o vento dálle a chuvia dánlle os raíños do Sol.
Portada da revista Vida Gallega do 29 de xuño de 1911. Ao pé da gran cabeza e pequena maqueta pousa Mercedes Ruíz de la Escalera, muller encargada de reanimar as obras na década de 1920.
O “escalatorres” José Puertollano sobre a coroa da Virxe. Entre o xentío, Antonio Palacios. Vida Gallega, num. 94. 15 de outubro de 1917.
A inclusión dun nimbo crucífero de cerámica foi un engadido de 1910 ao proxecto orixinal. Vida Gallega, num. 427. Outubro de 1929.
Toda visita a Baiona debía subir ao Monte de San Roque. (Esquerda) Estado da Virxe en 1924. Revista Blanco y Negro, Foto Pacheco. (Centro) Visita de don Leonardo Rodríguez, ex ministro de Abastecementos. Entre as personalidades figuran José Palacios, Alfredo García Ramos (director de El Ideal Gallego), Tomás Mirambell, Antonio Palacios, Agustín Tenreiro, Ceferino Maestú, Marcial Campos ou Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Fot. Solá, Vida Gallega, 30 de outubro de 1919. Excursión viguesa aos pés do monumento. Vida Gallega, num. 208. 10 de outubro de 1922. (Dereita). Excursión viguesa aos pés do monumento. Vida Gallega, num. 208. 10 de outubro de 1922.
Si sales a la mar matarilela, si sales a la mar matarilela Virgen de la Roca oriéntame en la mar que los marineros pueden naufragar.
El Castillo dá, luz al marinero, todos los barquitos parecen luceros.
SABÍAS QUE? A súa altura sobre o nivel do mar converteu á imaxe nun fito na paisaxe miñorá. Os mariñeiros, se a néboa ou o fumaso cubría á Virxe, entendían que era mal día para ir ao mar. Así o lembraba o refrán: Cando A Roca pon capelo, ten coidado mariñeiro. Moitos deles cantaban ao saír á ardora o canto dun teatro guiado polo médico D. Pedro García del Villar.
Detrás da obra: a promoción e a suscrición popular. Á difusión e popularidade do monumento contribuíron festivais coa escenificación do apropósito lírico-dramático “en un acto y tres cuadros” con letra de José María Barreiro e música do crego Ángel Rodulfo. Estreado nun teatrillo provisional nos baixos do Concello e, á tardiña, no Teatro Zorrilla de Baiona en función de pago, a obra percorreu Santiago, Caldas, Pontevedra, Vilagarcía ou Vigo chegando, en febreiro de 1911, ao Teatro Real de Madrid ante a ollada de Alfonso XIII e Victoria Eugenia. Promocionaron tamén as obras elementos como medallas, tarxetas postais, figuriñas ou recuerdos de gran acollida entre os visitantes.
PARA SABER MÁIS: Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal de Baiona. Fondo Local. FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, Begoña (2014), El reflejo del tiempo. El conjunto histórico de Baiona. Santiago: Andavira Editora, S.L. IGLESIAS VEIGA, Xosé Ramón (2002), “A Virxe da Rocha: un singular proxecto de Antonio Palacios”, en Revista de Estudios Miñoranos, n. 2, pp.35-45. JURADO Javier & REINERO, María (2015), La Virgen de la Roca. Apropósito lírico-dramático en un acto y tres cuadros. Edición crítica. Madrid: Ideamúsica Editores. VILAR MONTERO, Antonio J. (2011), Historia de Bayona: desde tiempo inmemorial hasta nuestros días. Pontevedra: Deputación de Pontevedra, pp.317-336.
A Virxe de Baiona de Palacios non foi inaugurada ata setembro de 1930, meses despois de ter falecido don Laureano Salgado. Resonou a Marcha de Infantes entre o “gran entusiasmo y vivas”. Durante as alcaldías de Aurelio Rey Alar (1949-1951) e José Pereira Troncoso (1951-1965) a contorna adquiriu maior protagonismo grazas á creación de novos espazos. Melloráronse os accesos, a área de lecer noméase como Parque Mercedes Ruíz de la Escalera, eríxese un vía Crucis labrado polo mestre Pereira rematado en calvario de Ángel Fernández (Angelito Vernet) e, aos pés do monumento, a vila ergue un busto en memoria de Salgado. J
Señor Evaristo O Barbas e os seus sobriños ante a escultura autoría de Señor Angelito roubada en 1981. Colección de Esperanza Fernández Vernet.
SABÍAS QUÉ... A construcción da Virxe da Roca levou consigo un programa editorial, en paralelo, de primeiro nivel. Dende o 31 de outubro de 1909, primeiro aniversario da inauguración do alumeado público en Baiona, sae á luz El Mirlo Blanco: periódico católico social editado entre Pontevedra e Caldas de Reis con contidos íntegramente vinculados á erección do monumento de Baiona. Xunto ao apoio recibido polo estamento eclesiástico, dende Burgos a Palencia, o bispo de Tui enxalzou ao “industrial infatigable” coa carta Ave, Maris Stella. As listas de nomes e apelidos dos partícipes na subscrición popular recorren as páxinas destas publicacións dende as 1000 pesetas aportadas pola Marquesa do Pazo da Merced (viúva de Elduayen) ata a máis pequena peseta de “un devoto de Silleda”. Fray Prudencio (1897-1907), El Combate (1910) ou o boletín Chave d’os rayos (1922) foron outras creacións de Salgado. O seu humorístico contido, alén do crítico e combativo no político, quedaba reflexado no seu título, aceno ao interruptor da luz saída das súas empresas Electra Popular para Vigo e Redondela (1902), Hulla Blanca (1909) ou Eléctrica Cuntiense.
Cabeceira característica de El Mirlo Blanco onde o paxaro leva no peteiro un sol a xeito de lámpara distribuída pola empresa La Hulla Blanca, propiedade de Salgado.