COUSAS DE - Revista Nº7

Page 32

REPORTAXE

A VIRXE DA ROCA DE BAIONA: A ESTATUA DA LIBERDADE GALEGA E C Anxo Rodríguez Lemos, historiador e doctorando na Universidade de Santiago de Compostela IDEADA POR UN EMPRESARIO NATURAL DE CALDAS DE REIS E ERGUIDA NO MONTE DE SAN ROQUE POLO ARQUITECTO DO PORRIÑO ANTONIO PALACIOS, A VIRXE DA ROCA DE BAIONA FOI UN MONUMENTO EN CONSTRUCCIÓN DURANTE VINTE ANOS. A SÚA ESCULTURA PÉTREA CONVERTEUSE EN FITO NA PAISAXE DO VAL DE MIÑOR E PARTE FUNDAMENTAL DOS SEUS RECURSOS PATRIMONIAIS.

Todo comezou nunha cea... Seiscentas bombillas en 1908 conformaron un Viva Salgado! na fachada do Hotel da Palma con motivo da inauguración da luz eléctrica na Real Vila. O paseo de Elduayen decorouse con “tres potentes arcos voltaicos” para unha velada fronte ao mar da Cuncheira con banquete de “paella de alta tensión, merluza frita a la dinamo, carne asada al transformador, flanes eléctricos, vino de 300 voltios, coñac con limitador, café de diez bujías y champagne Reostato 20 plot”. Non merecía menos o industrial de Caldas de Reis don Laureano Salgado Rodríguez (1847-1930) como promotor da chegada da electricidade á comarca do Miñor. A idea: Naquela cea de fraternidade, entre as autoridades e a gran ovación, Salgado expuxo a idea “de levantar un monumento en el monte de San Roque a la Virgen bajo la advocación de la Roca”. O bispo Eijo Garay chamoulle A Virxe da Luz, o organista Ángel Rodulfo tívoa por Faro Celestial, José Santaló describiuna como A Virxe do Mar, María de Echarri por A Virxe dos Mariñeiros e o arquitecto encargardo do seu proxecto, Antonio Palacios, como a Virxe da Beiramar ou Nosa Señora de Baiona. 32 cousas de

Salto de auga do Pego Negro (Vilaza), concedido a Salgado en marzo de 1907 polo concello de Gondomar, Vida Gallega, n. 244. Febreiro de 1924


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.