2 minute read

ENOTURISMO

Next Article
REPORTAXE

REPORTAXE

TERRAS GAUDA RECIBE O PREMIO TRAVELLERS´ CHOICE DE TRIPADVISOR

AS EXPERIENCIAS DE ENOTURISMO DA ADEGA LOGRARON OPINIÓNS MOI FAVORABLES NA WEB INTERNACIONAL DE DESTINOS, QUE A LEVANTARON AOS PRIMEIROS POSTOS NA CLASIFICACIÓN “THE BEST OF THE BEST”

Advertisement

Cal é o mellor destino para vivir unha experiencia de enoturismo única? As persoas que visitaron Terras Gauda téñeno claro: a adega do Rosal. Así o recoñeceu Tripadvisor, que lle acaba de conceder o premio Travellers´ Choice, “o mellor do mellor”. Cada ano, a web estadounidense recolle as opinións, puntuacións e opcións favoritas que comparten viaxeiros de todo o mundo. Estas valoracións foron tan positivas para os diferentes plans de enoturismo por parte dos visitantes, que Terras Gauda foi premiada coa afamada distinción. O encanto dos viñedos, a beleza da contorna, a acollida do equipo humano, o achegamento á cultura do viño, seguir paso a paso os procesos de elaboración, aprender a diferenciar as tres variedades autóctonas: Albariño, Caíño Blanco e Loureiro, apreciar os seus peculiares matices na cata… Descubrir unha forma única de entender a vitivinicultura e plasmar toda a súa riqueza nos viños de marcada singularidade é o fío condutor dos diferentes plans de enoturismo, que cada vez contan con máis adeptos. As visitas incrementáronse de forma notable este verán.

Os plans personalizáronse ao máximo. “Déixate conquistar por Terras Gauda” ideouse para grupos reducidos de persoas que, previamente, decidan participar de forma conxunta no programa. Unha visita exclusiva con percorrido polos viñedos e cata de Terras Gauda e Abadía de San Campio. Un abanico de posibilidades en canto a horarios: de luns a sábado, ás 11, 12.30 e 18.00 horas. Os domingos, ás 12.30 horas. Aínda máis persoal é “Terras Gauda para dous”. Vivir unha emocionante xornada coa túa parella na adega e o viñedo e acompañala dunha sesión de spa, unha noite nun aloxamento con encanto ou unha comida íntima é unha fantástica opción. Tamén a de gozar con toda a familia no “Plan familiar”, con actividades complementarias para un primeiro achegamento á cultura do viño dos máis pequenos. Existe unha terceira posibilidade. É o “Plan entre amigos”. Diversión asegurada co teu grupo de sempre.

A web https://www.terrasgauda.com/enoturismo recolle toda a información dos diferentes plans que a adega pensou para os diferentes perfís do visitante.

This article is from: