ENOTURISMO
TERRAS GAUDA RECIBE O PREMIO TRAVELLERS´ CHOICE DE TRIPADVISOR
AS EXPERIENCIAS DE ENOTURISMO DA ADEGA LOGRARON OPINIÓNS MOI FAVORABLES NA WEB INTERNACIONAL DE DESTINOS, QUE A LEVANTARON AOS PRIMEIROS POSTOS NA CLASIFICACIÓN “THE BEST OF THE BEST”
14 cousas de
Cal é o mellor destino para vivir unha experiencia de enoturismo única? As persoas que visitaron Terras Gauda téñeno claro: a adega do Rosal. Así o recoñeceu Tripadvisor, que lle acaba de conceder o premio Travellers´ Choice, “o mellor do mellor”. Cada ano, a web estadounidense recolle as opinións, puntuacións e opcións favoritas que comparten viaxeiros de todo o mundo. Estas valoracións foron tan positivas para os diferentes plans de enoturismo por parte dos visitantes, que Terras Gauda foi premiada coa afamada distinción. O encanto dos viñedos, a beleza da contorna, a acollida do equipo humano, o achegamento á cultura do viño, seguir paso a paso os procesos de elaboración, aprender a diferenciar as tres variedades autóctonas: Albariño, Caíño Blanco e Loureiro, apreciar os seus peculiares matices na cata… Descubrir unha forma única de entender a vitivinicultura e plasmar toda a súa riqueza nos viños de marcada singularidade é o fío condutor dos diferentes plans de enoturismo, que cada vez contan con máis adeptos. As visitas incrementáronse de forma notable este verán.