6 minute read

REPORTAXE

Next Article
MEDIO AMBIENTE

MEDIO AMBIENTE

SENDA DOS MUÍÑOS DO RÍO TRIPES

A POUCO MÁIS DUN QUILÓMETRO DO CENTRO DA CIDADE DE TUI ATOPAMOS UNHA SENDA MOI RECOMENDABLE QUE CONXUGA NATUREZA E ETNOGRAFÍA. UN PERCORRIDO NO QUE APRENDER E GOZAR DO NOSO PASADO COMO POBO E DA IMPORTANCIA DE FACER UN USO RESPONSABLE DOS ESPAZOS NATURAIS E DA AUGA.

Advertisement

E Christian Lago C Arquivo Ed. Basan

Esta senda xurde da iniciativa dun colectivo local, a Asociación Muiñeiros do Río Tripes, que leva cerca de 20 anos velando polos valores e o patrimonio existente entorno aos muíños. Traballando arreo na rehabilitación, recollida toponímica e lingüística, actividades pedagóxicas, e nun mantemento constante dos lugares por onde imos transitar. Dende o centro de Tui tomando dirección ao Monte Aloia observaremos diferentes sinalizacións que nos irán guiando ata o comenzo da senda. Accederemos dende o lugar do Eirado, case no límite parroquial entre Randufe e Pazos de Reis, alí atopamos as indicacións oportunas para comenzar este percorrido entre muíños, canalizacións, pedras marcadas polo paso do tempo, aves, anfi bios, árbores, vexetación de ribeira, lendas... compre ir dispostos a percibir todo o que esta senda nos pode contar. E tamén, con roupa e calzado axeitado. A senda transita sempre ao carón da canle fl uvial do regato Cotarel ou Seixal, este é o seu nome ofi cial aínda que é coñecido popularmente como Tripes. O percorrido, de apenas 3 km, farémolo a contracorrente algo que nos permitirá desfrutar da forza da auga, das numerosas presas e saltos de auga en diferentes lugares da senda. Ao comenzar atoparemos un regato tranquilo xunto ao Muíño San Benito, tamén coñecido como “dos pobres” porque nel deixaban moer aos que non tiñan dereito a moenda noutros muíños, e segundo avancemos no percorrido a pendente irá acentuándose e a auga tomará a palabra co harmonioso balbordo do seu fl uír. A auga é xeradora de riqueza, foi a enerxía necesaria para facer funcionar estes muíños, e o sigue sendo para xerar un ecosistema no que a fauna e a vexetación de ribeira conforman unha biodiversidade de excepcional valor medioambiental. Cabe destacar a gran presenza de anfi bios e fentos na canle fl uvial. Algo que se manifesta nos lugares mais fermosos deste percorrido, e que se bota en falta nos lugares onde as especies invasoras van gañando terreo. Degradando o entorno e empobrecendo a paisaxe.

Os muíños son, evidentemente, o elemento principal desta senda. Vinte e seis muíños en diferente estado de conservación e restauración diseminados ao longo do percorrido. De todos se garda o seu nome, algo que nos fala da gran labor de investigación e de memoria que se está a facer neste entorno. Cada muíño ten a súa historia, as súas lendas e algo que nos contar. Os numerosos signos lapidarios, cruces na súa maioría, nos recordan as lendas da Santa Compaña, os demos ou trasnos. As súas levadas, algunhas de máis de 300 m., nos amosan o laborioso traballo de levar a auga para facer xirar o complexo mecanismo do muíño. Cabe salientar a presenza de “compostores” na asociación; así é como se chamaban aos que sabían arranxar os muíños. Grazas a elo, tres destes muíños: o Devesa de Arriba, o Devesa de Abaixo e o Folón de Arriba, están perfectamente restaurados e en disposición de moer como hai centos de anos atrás. Nas diferentes actividades de divulgación que se realizan aquí, póñense en funcionamento estes muíños para que os visitantes poidan apreciar este legado cultural, que cada vez resulta mais escaso pese a gran cantidade de muíños no noso territorio. No lugar da Ponte atopamos unha fermosa paisaxe, onde o regato flúe entre dúas ladeiras que conforman un espazo similar a un canón. Neste magnético lugar cada primavera a Asociación de Muiñeiros celebra a súa popular romaría “Os Nosos Fariñeiros, Burros e Muíños”, que xa conta con 18 edicións (por desgraza, a 19, que se ía celebrar este ano tivo que anularse por mor da pandemia do Covid). Destacan os coidados socalcos da ladeira que temos en fronte, nos que se sitúan o Muíño do Constante o e da Ponte, que recibe o seu nome pola vella ponte pétrea que permite comunicar ambas beiras. Por ela transitaron durante séculos os carros, que de tanto rodar e rodar deixaron a súas relleiras nas lousa do chan da costa pola que seguiremos a nosa senda. Tamén neste lugar podemos observar un enfeitado palco, construído para os actos da romaría, do que sobresae unha escultura dunha muller cunha chave dun muíño colgada do pescozo, a Muiñeira.

No lugar da Devesa, xunto ás ruínas dunha vella casa e a tres muíños dispostos en ladeira, nos atoparemos con outra escultura de Alberto Romero, esta vez en madeira. Unha homenaxe ao burro fariñeiro, un animal de gran importancia neste entorno, e que, ao igual que os muíños, a súa presenza vai esmorecendo da nosa vida cotiá. Pero este recordo ten nome propio: o Recadeiro. Así se chamaba o burro da Tía Ana, un animal listo e autónomo, recomendo vivamente aos que non coñecen a súa historia que a escoiten de boca de Alberto, ou a non poder ser, que a lean nos seus libros. É fascinante.

Na última parte da senda o camiño tórnase máis pedregoso e empinado, onde con sorte podemos escoitar algún picapau ou ver algún esquío, e preguntarnos como facían os nosos antepasados para chegar ata estes muíños cargados de grao para moer, e de como baixaban cos sacos de fariña ao lombo, ou coa axuda dun burro fariñeiro, quen o tiña, que non estaba ao alcance de calquera. O Muíño Serdeira ou o da Costa, coas súas fervenzas son lugares inesquecibles para calquera visitante. Nos últimos metros da senda atopamos dous irmáns nun pequeno paraíso, o Muíño do Conde e o da Figueira, comparten unha longa levada e aos seus pés unha fermosa poza de auga que ofrece ao visitante un bo lugar para descansar e reflexionar sobre todo o visto e aprendido nesta curto pero intenso percorrido. J

Muíño Serdeira

Muíño ca Costa

Muíños do Conde e da Figueira Esta senda, que case é un museo a ceo aberto, conduciunos por fermosos contornos naturais e por unha vintena de muíños, pero non son todos os que hai nesta canle fl uvial, que nace na cima do Monte Aloia e desemboca no río Miño, aos pés do Conxunto Histórico de Tui. Son aproximadamente 40 os muíños catalogados, en diverso estado de conservación, e resulta moi esperanzador saber que existe unha asociación, Os Muiñeiros do Río Tripes, que traballa pola conservación e posta en valor de este gran patrimonio etnográfi co, ás veces esquecido e menosprezado, pero que nos fala do noso pasado como pobo e nos pode axudar a pensar como queremos construír o noso futuro.

Agradecemento público a xente que integra a Asociación Muiñeiros do Río Tripes, especialmente ao seu Presidente de Honra, Alberto Romero, gran coñecedor e divulgador deste entorno ao que leva adicado toda unha vida.

This article is from: