COUSAS DE - Revista Nº7

Page 38

REPORTAXE

SENDA DOS MUÍÑOS DO RÍO TRIPES A POUCO MÁIS DUN QUILÓMETRO DO CENTRO DA CIDADE DE TUI ATOPAMOS UNHA SENDA MOI RECOMENDABLE QUE CONXUGA NATUREZA E ETNOGRAFÍA. UN PERCORRIDO NO QUE APRENDER E GOZAR DO NOSO PASADO COMO POBO E DA IMPORTANCIA DE FACER UN USO RESPONSABLE DOS ESPAZOS NATURAIS E DA AUGA. E Christian Lago C Arquivo Ed. Basan Esta senda xurde da iniciativa dun colectivo local, a Asociación Muiñeiros do Río Tripes, que leva cerca de 20 anos velando polos valores e o patrimonio existente entorno aos muíños. Traballando arreo na rehabilitación, recollida toponímica e lingüística, actividades pedagóxicas, e nun mantemento constante dos lugares por onde imos transitar. Dende o centro de Tui tomando dirección ao Monte Aloia observaremos diferentes sinalizacións que nos irán guiando ata o comenzo da senda. Accederemos dende o lugar do Eirado, case no límite parroquial entre Randufe e Pazos de Reis, alí atopamos as indicacións oportunas para comenzar este percorrido entre muíños, canalizacións, pedras marcadas polo paso do tempo, aves, anfibios, árbores, vexetación de ribeira, lendas... compre ir dispostos a percibir todo o que esta senda nos pode contar. E tamén, con roupa e calzado axeitado. A senda transita sempre ao carón da canle fluvial do regato Cotarel ou Seixal, este é o seu nome oficial aínda que é coñecido popularmente como Tripes. O percorrido, de apenas 3 km, farémolo a contracorrente algo que nos permitirá desfrutar da forza da auga, das numerosas presas e saltos de auga en diferentes lugares da senda. Ao comenzar atoparemos un regato tranquilo xunto ao Muíño San Benito, tamén coñecido como “dos pobres” porque nel deixaban moer aos que non tiñan dereito a moenda noutros muíños, e segundo avancemos no percorrido a pendente irá acentuándose e a auga tomará a palabra co harmonioso balbordo do seu fluír. A auga é xeradora de riqueza, foi a enerxía necesaria para facer funcionar estes muíños, e o sigue sendo para xerar un ecosistema no que a fauna e a vexetación de ribeira conforman unha biodiversidade de excepcional valor medioambiental. Cabe destacar a gran presenza de anfibios e fentos na canle fluvial. Algo que se manifesta nos lugares mais fermosos deste percorrido, e que se bota en falta nos lugares onde as especies invasoras van gañando terreo. Degradando o entorno e empobrecendo a paisaxe. 38 cousas de


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.