3 minute read

MEDIO AMBIENTE

Next Article
REPORTAXE

REPORTAXE

CEGOÑAS NA COMARCA DO BAIXO MIÑO

E C Manu Sobrino

Advertisement

A chegada das cegoñas o Baixo Miño, o pasado mes de febreiro, provocou enorme balbordo na parroquia tomiñesa de Estás, lugar que chegou a congregar o grupo máis numeroso destas zancudas xamais rexistrado na nosa comarca. Un total de 16 exemplares foron observados o 30 de marzo, en pleno confinamiento polo coronavirus, ante o estupor dos vecinos sorprendidos polo achádego. A noticia do seu regreso comezou a ser amplamente difundida a través das redes sociais, xerando numerosas reaccións. As primeiras informacións, moi confusas, falaban dun único individuo errático, localizado en diferentes puntos entre A Guarda e Tomiño. Só uns días bastaron para confirmar a boa nova: unha parella establecérase no alto dunha palmeira, despoxada das súas follas polo ataque do picudo. Nos últimos anos, púidose constatar a utilización destas improvisadas plataformas como soporte para a construcción de niños por parte das cegoñas. Unha vez máis, abríase unha porta á esperanza... “¡Ogallá se queden!”, enfatizaban os veciños, que cada mañanciña tiñan a sorte de asistir as espectaculares cerimonias de saudación, consistentes en sonoros crotoreos e contorsións imposibles. Pero non queda ahí a cousa. Imaxes gravadas e partilladas por este que escribe amosaban as continuas pelexas de catro exemplares —presumiblemente dúas parellas— por facerse co control da cobizada palmeira. Imaxes que chamaron a atención de medios como RadioVoz ou La Voz de Galicia, que o 1 de marzo titulaba así un dos seus artigos: “Las cigüeñas vuelven a O Baixo Miño”. Posteriormente, grupos de ata seis aves foron rexistrados sobrevoando a antiga fábrica de As Cachadas e o barrio de Pacenteo, en O Rosal. Os grandes e elegantes ciconiformes estaban xa en boca de todos, e os seus voos eran seguidos con entusiasmo.

Estes desafortunados contratempos veñen a sumarse a outros tristemente célebres, afastados no tempo e no espazo, que en certo modo frean a expansión da especie na nosa comarca: o primeiro deles, ocorrido en 1992 en San Salvador de Budiño (O Porriño) trala morte a tiros da famosa parella reproductora nunha fábrica de O Cerquido; o segundo, en Areas de Tui, co derrubamento en maio de 2017 da palmeira que sustentaba sobre a súa enferma estrutura o presente e o futuro da cegoña branca no Baixo Miño, ocasionando a morte dun polo recén nado e doutro a piques de rachar o ovo. Luces e sombras na primavera das cegoñas… No comezo do verán ainda continuaba o goteo de avistamentos, pero a meirande parte dos individuos observados antes e durante a pandemia parece que esvaeceron; e con elas, a promesa dunha nova xeración de cegoniños que permita o asentamento destas fermosas aves na marxe galega do río. Unha garantía que nestes momentos recae sobre dúas parellas nidificantes nas freguerías portuguesas de Arão e São Pedro da Torre (Valença do Minho), onde as cegoñas atoparon nos últimos anos as condicións axeitadas para reproducírense con éxito. Nestoutra beira da raia teremos que agardar un pouco máis… Pero ata aquí as boas noticias... O 24 de marzo coñeciamos a morte por electrocución dunha cegoña nunha finca próxima o lugar frecuentado pola parella. Un inimigo invisible, responsable da morte de centos de miles de aves cada ano, cobrábase a súa primeira vítima. O Seprona levantou acta dos feitos e nada puido facerse por salvar o animal. Varias semanas despois, o 17 de abril, fotografías publicadas na rede social Facebook encollían o corazón de centos de personas. Outra cegoña malferida, cabizbaixa e incapaz de voar era rescatada en Estás pola Policia Local de Tomiño e trasladada ao Centro de Recuperación de Fauna de Cotobade, dependente da Consellería de Medio Ambiente. Presentaba un forte golpe na cabeza e apenas podía moverse. Unha valoración posterior sinalaba novamente como posible causa o choque contra o tendido eléctrico, que provocaría a fatal caída. A pesares do prognóstico favorable, a boa evolución e os coidados dispensados a cargo do persoal do centro, o ave falecía o 1 de maio. Foi un duro varapao para a exigua poboación de cegoñas do Baixo Miño. A mala fortuna semellaba cebarse con elas.

This article is from: