SUMARIO
NÚM.
7
O 18 de setembro de 1910 procedíase á colocación da primeira pedra da Nosa Señora de Baiona, a Virxe da Roca. COUSAS DE celebra o 110 aniversario coa publicación dun especial sobre esta obra de referencia no patrimonio histórico baionés.
04\ EDITORIAL 06\ OPINIÓN
Suso Vila
08\ RÍAS BAIXAS Exposición “Materiais para pensar”
de María Xosé Queizán
10\ DEPORTES
O Monte Real consegue que as 52 SUPER SERIES recalen en Baiona en 2021
14\ ENOTURISMO
Terras Gauda recibe o premio Traveller´s choice de Tripadvisor
38\ REPORTAXE
Senda dos Muíños do Río Tripes
42\ GALAICAS
Ernestina Otero Sestelo
44\ REPORTAXE
Chandebrito: onde o simbolismo e a solidariedade únense pola loita contra o lume
48\ OPINIÓN
Carlos Meíxome
50\ GALICIA SOLIDARIA
Afaga, ó carón das persoas con alzhéimer e as súas familias
16\ ACTUALIDADE
52\ MEDIO AMBIENTE
28\ REPORTAXE
54\ OCIO As fortalezas da Raia Miñota (I) Liberdade e compromiso: O Sistema defensivo Xaime Quessada Caminha-A Ínsua-A Guarda
32\ REPORTAXE
Cegoñas na comarca do Baixo Miño
A Virxe da Roca de Baiona: a Estatua da Liberdade galega
56\ AXENDA CULTURAL 58\ DISTRIBUCIÓN
Puntos de distribución da nosa revista
cousas de 3
EDITORIAL 4 cousas de
COMPROMETIDOS CO QUE IMPORTA Unha vella máxima xornalística di, que a realidade non che estrague un bo titular. Nós, por estar totalmente en contra, decidimos desde o principio marcar a nosa liña editorial, pensando máis en satisfacer o interese de moitas persoas que senten un exceso de información non relevante, que desexan algo diferente e que ademais teña unha relación de proximidade con eles. Desde hai unha década e baixo este principio, COUSAS DE mantense como medio de comunicación comprometido co que importa, por iso é polo que sendo fieis a esta máxima, nas nosas páxinas sempre atoparás un espazo para o Medio Ambiente (neste número dedicado ás cegoñas no Baixo Miño), a Cultura (entre outros temas, a exposición de Quessada no Museo de Pontevedra), o Patrimonio (Muíños do Tripes ou a Virxe da Roca), a Historia (Fortalezas dá Raía), Galaicas, un espazo para dar a coñecer ás mulleres máis esquecidas pola historia, sen deixar de lado as máis recoñecidas e estudadas. E por suposto Galicia Solidaria, un punto de encontro coa solidariedade máis próxima e que neste número dedicámolo á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheímer e outras demencias de Galicia (AFAGA). Máis non debemos esquecer que a actualidade tamén manda e que estamos a vivir un tempo de interconexión e enormes desafíos, no que deberíamos de ser conscientes máis que nunca, que nesta historia todos nós somos os protagonistas e que só poderemos construír un mundo mellor se xuntos aprendemos a superar nosas propias limitacións e convenzámonos de que os obxectivos que desexamos alcanzar dependerán da nosa capacidade para evolucionar e reinventarnos, aproveitando de paso para mellorar algúns aspectos craves na nosa sociedade como a desigualdade.
VIVE
VAL MIÑOR
cousas de 5
PÁXINA 6 / OPINIÓN
A HISTORIA DUN MUÍÑO: O MAÑOCO por Suso Vila, Dr. en Historia da Arte
Plano Tui 1770, muiño Mañoco
Unha parte do noso patrimonio ten un carácter humilde, non procura a monumentalidade centrándose na súa función e esquecendo a estética. O patrimonio etnográfico atesoura moitos dos elementos materiais propios do pobo, prioritariamente reflectindo as súas actividades económicas. Os muíños forman parte dese patrimonio ligado ás explotacións agrícolas. En Tui sobre as augas do río Tripes concentraríanse desde o século XI un contínuo de muiños, sinxelas construccións que acollían os mecanismos da moenda. Os primeiros muíños do Tripes atopábanse na práctica no que era a foz do río, xunto da histórica Ponte Mañoco. Estes muíños pertencentes ao cabido de Tui se lles chamaban Muíños de Mañoco. Aínda podemos ver hoxe un destes muiños cos seus restos maltreitos a carón da ponte metálica do Tripes, obra de 1895. Entre os restos aínda se observan os muros do que eran as hortas do xeneral Caula. No ano 1369 os muíños do Mañoco xunto cos arrabaldes da cidade serían destruidos polo ataque das galeras de Pedro I ou máis en concreto dos seus partidarios xa que o rei tiña morto nesa altura. Os muíños tamén sufriran o efecto destructivo das cheas do río Miño en 1425, testemuña das mudanzas climatolóxicas. Os muíños do Mañoco forman parte da cidade histórica como parte industrial do seu entramado urbano que continua no arrabalde de Riomuíños. Hoxe en día grazas á Asociación dos muiñeiros do Tripes e a colaboración do párroco D. Santiago Freire, o proxecto de restauración do muíño e a súa contorna está máis próximo. Pero, e si vamos máis aló e comezamos a ollar este patrimonio con outros ollos? Por qué non un centro de interpretación dos muíños do Tripes? Espazos públicos hai para unha iniciativa así, por exemplo o antigo matadoiro municipal, do século XVIII, no arrabalde de Riomuiños. Un centro que pode servir para comprender o extraordinario valor dos muíños e ao mesmo tempo xerar no histórico barrio maior protagonismo. Non sería casual tal elección tendo en conta que forma parte da súa paisaxe cultural e permitir por algún dos camiños históricos conservados como o da Videira ou o do Carballo Gordo recoñecer os diferentes muíños até o parque natural do Monte Aloia, fundíndose así nun percorrido cultural e natural. Foto: pontillón-Tripes (Seixal)
6 cousas de
cousas de 7
RÍAS BAIXAS
MARÍA XOSÉ QUEIZÁN CONVIDA A “PENSAR, GOZAR E PROFANAR” NUNHA EXPOSICIÓN INÉDITA NA SEDE DA DEPUTACIÓN EN VIGO A sede da Deputación de Pontevedra en Vigo acolle ata o 29 de outubro a exposición Materiais para pensar, gozar e profanar, unha mostra inédita da obra plástica da escritora, poetisa e ensaísta María Xosé Queizán na que mestura pezas conceptuais e collages con obxectos cotiás, persoais e familiares. A mostra, que pode verse na sala Rosalía de Castro da sede, está composta por medio cento de pezas. A súa orixe remóntase a hai máis dunha década, cando a autora empezou a recompilar materiais de todo tipo (caixas, pezas de porcelana, metal, cartóns,…), e con eles deu forma a inusuais e sorprendentes obras de arte ás que outorgou un novo significado.
8 cousas de
“Voz literaria imprescindible e referente feminista”
No acto de inauguración, con aforo limitado a 30 persoas debido ás medidas de seguridade fronte á COVID-19. “Cambiei o meu modo de comunicar, que é a lingua, por materiais pobres e tanxibles. Expreso ideas tratadas con humor ou retranca, e están presentes a admiración ou a crítica sarcástica”, explicou a autora na súa intervención. “Entre os obxectos expostos está a bandurria do meu pai, o suxeitador de voda da miña nai, o retrato da tía Marucha ou o coador de café do tío Moncho”, contou Queizán, para engadir que a través da exposición “maniféstanse os meus criterios e a miña vida”. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, destacou na súa intervención “o talento, a enerxía creativa e o compromiso social” de Queizán. “Vemos de novo o espírito libre, valente e innovador dunha muller extraordinaria. Esta exposición permítenos coñecer unha parte máis das súas inquedanzas persoais, neste caso non mediante a palabra que tan ben manexa, senón por medio doutras ferramentas artísticas”, sinalou a presidenta. A presidenta da Deputación resaltou a contribución de Queizán á cultura de Galicia e cualificouna como “unha voz imprescindible na literatura en galego, e un referente no pensamento feminista, unha muller pioneira que marcou o camiño para moitas outras”. Carmela Silva animou á veciñanza a adentrarse no universo persoal da autora a través desta mostra e destacou tamén a aposta da Deputación pola cultura, o compromiso social e a igualdade na súa nova sede en Vigo.
María Xosé Queizán Vilas Naceu en Vigo en 1939. Catedrática de lingua e literatura galega, escritora e figura relevante no movemento feminista en España. Comezou a súa carreira como escritora xa na súa adolescencia escribindo artigos para o xornal vigués “O Pobo Gallego”. O seu primeiro poemario aparece en 1991, seguido por “Espertar dás amantes” en 1993. O seu carácter emprendedor e o seu amor polo teatro levárona a desempeñar diversos papeis a cargo de varias organizacións como codirectora do grupo teatral Feministas Independentes Galegas. A exposición, que poderá visitarse ata o 29 de outubro na sede viguesa da Deputación (situada na Rúa Eduardo Chao do Casco Vello), descobre unha nova faceta da narradora, ensaísta, columnista e poetisa, que complementa o perfil, xa de por si poliédrico, desta pioneira da narrativa feminina en galego. Cristal Méndez Queizán, filla da escritora, acompañada á guitarra por Bieito Álvarez Carrero, ofreceu un pequeno recital musical
cousas de 9
DEPORTES
O MONTE REAL CONSEGUE QUE AS 52 SUPER SERIES RECALEN EN BAIONA EN 2021 QUINCE ANOS DESPOIS DO FITO QUE SUPUXO PARA GALICIA A SAÍDA DA VOLTA AO MUNDO DE VELA DESDE VIGO NO ANO 2005, O MONTE REAL CLUB DE YATES VOLVE POÑER Á COMUNIDADE GALEGA NO FOCO DO PANORAMA NÁUTICO MUNDIAL AO LOGRAR INCLUÍR A BAIONA NO CIRCUÍTO DAS PRESTIXIOSAS 52 SUPER SERIES. E Rosana Calvo C Nico Martínez
Tras meses de negociacións e un arduo traballo para cumprir todos os requisitos esixidos pola organización, o histórico club baionés acaba de confirmar que a considerada “Fórmula 1 do mar” aceptou disputar unha das súas citas nas Rías Baixas galegas en xuño de 2021, coincidindo coa celebración do Ano Santo Xacobeo. De alto rendemento e gran prestixio internacional, as 52 SUPER SERIES son un dos tres eventos náuticos máis importantes do mundo, xunto coa Copa América e a Volta ao mundo de vela. Entre 10 e 12 equipos de máis de 8 nacionalidades con regatistas dos 5 continentes compiten a bordo de barcos con tecnoloxía de vangarda en probas que se poñen en liza durante meses en diferentes portos do planeta. O ano que vén, unha desas etapas será a 52 SUPER SERIES Baiona Sailing Week 2021, que se celebrará durante 8 días, entre o 3 e o 10 de xuño, ambos inclusive. As primeiras dúas xornadas, os días 3 e 4, as tripulacións disputaranse regatas de adestramento na zona destinada á competición, un lugar moi próximo ao Parque Nacional das Illas Atlánticas, xusto en fronte das illas Cíes. O terceiro día, 5 de xuño, está reservado para un adestramento nunha regata xa oficial aínda que non puntuable; e nas últimas 5 xornadas, do 6 ao 10, disputarase a competición propiamente dita, coas regatas que definirán a clasificación final da que sairán os gañadores. Ademais das probas deportivas, o Monte Real Club de Yates organizará múltiples eventos sociais, como encontros cos regatistas, visitas aos barcos participantes, conferencias e charlas sobre a competición ou festas coas tripulacións, entre outros moitos. Será tamén unha oportunidade única para redescubrir o Monte Real, un dos clubs máis antigos de España, cun longo e prolífico percorrido no panorama náutico internacional. 10 cousas de
Un prestixioso circuíto considerado a “Fórmula 1 do mar” As 52 SUPER SERIES naceron da man de tres empresarios namorados do mar e entusiastas regatistas: o americano Doug DeVos ( copresidente da prestixiosa empresa de márketing Amway e dono do equipo de baloncesto da NBA Orlando Magic), o sueco Niklas Zennström (creador de numerosas empresas como Skype ou Kazaa) e o arxentino Alberto Roemmers (fundador de Laboratorios Roemmers, unha das maiores farmacéuticas de Arxentina). En 2012 crearon un circuíto que cada ano percorre cinco ou seis dos mellores lugares do planeta para regatear nunhas probas nas que compite unha frota inigualable, formada polos mellores regatistas do mundo. A bordo dos TP52, un tipo de barcos de 52 pés (15,85 m.) case idénticos nas súas prestacións, as tripulacións deben marcar a diferenza coas innovacións tecnolóxicas que lle apliquen aos veleiros e a pericia e habilidades dos seus equipos. A organización de cada unha das etapas das 52 SUPER SERIES implica o movemento dunhas 500 persoas, ata 12 megayates e barcos de apoio. Toda esa loxística, xunto coas reservas de voos, aloxamentos e restauración; empresas e equipos de servizo; supoñen un gasto que alcanza os máis de 3 millóns de euros, dos que uns dous millóns quedan en empresas e servizos locais do lugar no que se compite. A amplísima cobertura de medios, tanto nacional como internacional, do evento náutico, alcanza cifras que, segundo datos da organización, roldan os mil millóns de impactos en diferentes medios de comunicación, con máis dun millón de visualizacións na televisión en directo da competición e preto de 10 millóns de impresións nas canles online das redes sociais. A regata, ademais, é seguida en todo o mundo, con imaxes en directo ou a través de sistemas de realidade virtual desde a web www.52 superseries. com.
cousas de 11
Espectacular vista da Vila de Baiona
O que no seu día foi primeiro club español en presentar un desafío á Copa América de Vela organiza, na actualidade, algunhas das regatas máis destacadas de España, como o Trofeo Príncipe de Asturias ou o Trofeo Conde de Gondomar. Recentemente, o Monte Real ha anunciado tamén a celebración en Baiona, en 2023, do Mundial da Clase J80, que se converterá na oitava cita mundialista que o club organiza ao longo dos seus máis de 50 anos de historia. Outro aspecto para destacar das 52 SUPER SERIES e o MRCYB será a súa aposta decidida pola sustentabilidade. A competición e a súa organización colaboradora nesta materia, 11 th Hour Racing, promoverán en cada unha das regatas unha serie de accións encamiñadas a impulsar desde a educación e a acción a concienciación en materia ambiental. O compromiso é conseguir a pegada cero de impacto ecolóxico, esforzo que se redobrará en augas da Ría de Vigo ao ser dun altísimo valor ambiental. O anuncio oficial da consecución das 52 SUPER SERIES para Galicia por parte do Monte Real Club de Yates realizouse en rolda de prensa celebrada en Baiona e á que asistiron, Diego Torrado, Capitán de barco das 52 Super Series; Ignacio Sánchez Otaegui, Comodoro del MRCYB; Carlos Gómez, Alcalde de Baiona; Raquel Giraldez, Deputada da Deputación de Pontevedra; José Ramón Lete Lasa, Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Director Xeral da competición, Agustín Zulueta, quen asinou o contrato da 52 SUPER SERIES Baiona Sailing Week xunto co presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, que declarou, “Hai apenas un mes desvelamos que foramos elixidos para organizar o Mundial de J80 de 2023 e a noticia de hoxe é sen dúbida outro dos grandes anuncios que marcarán este 2020 para o Monte Real. Que as 52 Super Series recalen en Baiona é unha grandísima noticia só para nós como club, ou para Baiona como vila, senón para toda Galicia, que durante semanas converterase no foco do panorama náutico mundial. Pasaron moitos anos desde que presentamos, por primeira vez na historia de España, aquel Desafío á Copa América de Vela, e os que nos seguides de preto sabedes que nunca deixamos de lado o noso desexo de escribir novos capítulos na historia da vela. Hoxe, diante dunha páxina en branco, empezamos a escribir un novo”. J
12 cousas de
Durante 8 días do mes de xuño, a 52 SUPER SERIES Baiona Sailing Week reunirá nas Rías Baixas a algúns dos mellores regatistas do mundo a bordo de barcos con tecnoloxía de vangarda competindo na “Fórmula 1 do mar” QUE É A 52 SUPER SERIES BAIONA SAILING WEEK 2021? A 52 SUPER SERIES BAIONA SAILING WEEK é o evento de vela máis importante celebrado en Galicia desde a saída da Volvo Ocean Race que Vigo acolleu no ano 2005. Quince anos despois daquel fito, o Monte Real Club de Iates volve poñer a Galicia no foco do panorama náutico mundial ao lograr incluír a Baiona no circuíto de 2021 das prestixiosas 52 Super Series. QUE SON As 52 SUPER SERIES? As 52 SUPER SERIES é un circuíto de regatas de alto rendemento e gran prestixio internacional nacido en 2012 e considerado na actualidade como un dos tres eventos náuticos máis importantes do mundo, xunto coa Copa América e a Volta ao mundo de vela. Ata 12 equipos de máis de 8 nacionalidades con regatistas dos 5 continentes a bordo de barcos con tecnoloxía de vangarda compiten en diferentes portos do mundo nos que van facendo escala para disputarse as probas do circuíto. POR QUE EN BAIONA? Baiona eríxese como lugar ideal para a celebración dun dos eventos das 52 Super Series pola súa relación directa co mar, non só a nivel histórico, como receptora das primeiras noticias do descubrimento de América, senón tamén a nivel económico, como pobo de pescadores e tradición pesqueira; e tamén a nivel deportivo, co impulso náutico da Escola de Vela e as regatas organizadas polo Monte Real Club de Iates. POR QUE CO MONTE REAL CLUB DE IATES? Historia, tradición e prestixio son os acenos de identidade dun dos clubs náuticos máis antigos de España, cunha longa e prolífica tradición no panorama náutico internacional. Nos seus máis de 50 anos de vida, organizou varios mundiais e un gran número de regatas ao máis alto nivel, a máis recente, a Baiona Angra Atlantic Race. Foi, ademais, o primeiro club español en presentar un desafío á Copa América de Vela e na actualidade organiza máis de 10 regatas de diferentes clases, incluíndo algunhas tan importantes como o Trofeo Príncipe de Asturias ou o Conde de Gondomar. A súa experiencia garante o éxito.
cousas de 13
ENOTURISMO
TERRAS GAUDA RECIBE O PREMIO TRAVELLERS´ CHOICE DE TRIPADVISOR
AS EXPERIENCIAS DE ENOTURISMO DA ADEGA LOGRARON OPINIÓNS MOI FAVORABLES NA WEB INTERNACIONAL DE DESTINOS, QUE A LEVANTARON AOS PRIMEIROS POSTOS NA CLASIFICACIÓN “THE BEST OF THE BEST”
14 cousas de
Cal é o mellor destino para vivir unha experiencia de enoturismo única? As persoas que visitaron Terras Gauda téñeno claro: a adega do Rosal. Así o recoñeceu Tripadvisor, que lle acaba de conceder o premio Travellers´ Choice, “o mellor do mellor”. Cada ano, a web estadounidense recolle as opinións, puntuacións e opcións favoritas que comparten viaxeiros de todo o mundo. Estas valoracións foron tan positivas para os diferentes plans de enoturismo por parte dos visitantes, que Terras Gauda foi premiada coa afamada distinción. O encanto dos viñedos, a beleza da contorna, a acollida do equipo humano, o achegamento á cultura do viño, seguir paso a paso os procesos de elaboración, aprender a diferenciar as tres variedades autóctonas: Albariño, Caíño Blanco e Loureiro, apreciar os seus peculiares matices na cata… Descubrir unha forma única de entender a vitivinicultura e plasmar toda a súa riqueza nos viños de marcada singularidade é o fío condutor dos diferentes plans de enoturismo, que cada vez contan con máis adeptos. As visitas incrementáronse de forma notable este verán.
Os plans personalizáronse ao máximo. “Déixate conquistar por Terras Gauda” ideouse para grupos reducidos de persoas que, previamente, decidan participar de forma conxunta no programa. Unha visita exclusiva con percorrido polos viñedos e cata de Terras Gauda e Abadía de San Campio. Un abanico de posibilidades en canto a horarios: de luns a sábado, ás 11, 12.30 e 18.00 horas. Os domingos, ás 12.30 horas. Aínda máis persoal é “Terras Gauda para dous”. Vivir unha emocionante xornada coa túa parella na adega e o viñedo e acompañala dunha sesión de spa, unha noite nun aloxamento con encanto ou unha comida íntima é unha fantástica opción. Tamén a de gozar con toda a familia no “Plan familiar”, con actividades complementarias para un primeiro achegamento á cultura do viño dos máis pequenos. Existe unha terceira posibilidade. É o “Plan entre amigos”. Diversión asegurada co teu grupo de sempre.
A web https://www.terrasgauda.com/enoturismo recolle toda a información dos diferentes plans que a adega pensou para os diferentes perfís do visitante.
cousas de 15
ACTUALIDADE
O CONCHEIRO DO CASTRO DE SANTA TREGA ÁBRESE AO PÚBLICO TRAS MESES DE ACTUACIÓNS PARA A SÚA POSTA EN VALOR
As actuacións enmárcanse no proxecto “Escavación, análise e sinalización do concheiro da porta Sur do castro de Sta. Trega (A Guarda”, dirixido por Brais X. Currás Refojos, investigador posdoutoral do CSIC, e promovido polo Concello da Guarda a través da Deputación de Pontevedra.
O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) dirixe o proxecto encamiñado á posta en valor do concheiro do castro de Sta. Trega (A Guarda), que dende estes días pódese visitar tras meses de actuacións que incluíron limpeza da vexetación da porta sur do castro do Monte Trega, sondaxe arqueolóxica, estudo de arqueofauna e levantamento fotogramétrico das estruturas escavadas, e que concluíron coa instalación dun panel informativo cuxo cometido é que os visitantes coñezan los principais resultados deste estudo. O equipo de traballo está dirixido por Brais X. Currás Refojos, investigador posdoutoral do CSIC no Instituto de Historia do Centro de Ciencias Humanas e Socias (Madrid). Colabora a empresa Terra-Arqueos e os grupos de investigación Zooarqueoloxía (Universidade de León), con Carlos Fernández Rodríguez ao fronte, e Paleoeconomía e Subsistencia das Sociedades Preindustriais (CSIC) con Marta Moreno. “O concheiro, que se atopa ao lado da porta de entrada ao castro do Monte Trega, constituía unha especie de vertedoiro para os seus habitantes. A día de hoxe, é unha fonte de información incalculable pois a través do seu estudo podemos coñecer numerosos aspectos da vida cotiá das persoas que viviron no castro”, explica Brais X. Currás, quen engade que “o proxecto ten fin último constituír unha ferramenta coa que se promova un turismo de calidade”. O proxecto foi financiado polo Concello da Guarda a través da convocatoria 2019 de Axudas para a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico e cultural da Deputación de Pontevedra. “A zona do concheiro do castro do Monte Trega fora xa obxecto de escavacións entre 1910 e 1930, realizadas pola Sociedade Pro-Monte, Ignacio Calvo e Cayetano de Mergelina, e dende entón permanecía abandonada. Os resultados que arestora temos obtido revelan a existencia dunha gandería na que predominan ovellas e cabras de moi pequeno tamaño, documentándose tamén a presencia de porcos e vacas, así coma un dominio total de moluscos e crustáceos propios das zonas rochosas, principalmente lapas, pero tamén mexillóns, bígaros e percebes. Os ourizos tamén foron importantes, sendo menos común o consumo de cangrexos”, explica Brais X. Currás, quen engade que “en canto á actividade pesqueira, se constatou que se practicou fundamentalmente con amocelo nas zonas máis preto da costa. Abunda a lubina, acompañada en moita menor medida de dourada, sargo e maragota, entre outros pescados”.
16 cousas de
Se limpou a vexetación, realizando unha sondaxe arqueolóxico e instalado un panel informativo
O equipo de investigadores desprazados ata o Trega remata a escavacións, 2019
Os resultados do estudio do concheiro se dan a coñecer ao público xeral a través dun panel informativo, sito na porta sur. O panel aborda os seguintes aspectos: 1) Explicación da cronoloxía do poboado e o concheiro, así como das prácticas de consumo dos habitantes do castro. 2) Recreación gráfica das edificacións da porta sur. 3) Planimetría do castro e localización da porta sur. 4) Representación gráfica das principais especies presentes no concheiro. 5) Cartografía del entorno del Monte Tegra con la localización del poblado antiguo y de zonas de captación de recursos pesqueros y marisqueros identificados en el castro. Nos próximos meses continuarase afondando no coñecemento do castro do Trega no marco del proxecto LOKI: Economías locais, economía imperial: Occidente da Península Ibérica (século II a.C.-século II d.C.), financiado polo Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación do Ministerio de Ciencia, dirixido dende o CSIC por Inés Sastre. “Se realizarán datacións de C14 que permitirán coñecer o momento de fundación da muralla do poboado, se estudiará a evolución ambiental a través do pole e se analizarán as sementes recollidas no concheiro. Mención especial merece a identificación dun dente humano, que será analizado na universidade alemá de Tübingen”, avanzan dende o CSIC.
cousas de 17
ACTUALIDADE O SENDEIRISMO E A MARCHA NÓRDICA DÉRONSE A MAN NO BAIXO MIÑO NO DESAFÍO “LA ICÓNICA” A proba que uniu Oia e Tui, viviu dúas grandes xornadas a última fin de semana de setembro
O sábado foi o turno do primeiro percorrido, entre Oia e A Guarda, 15 quilómetros que permitiron aos participantes descubrir o encanto dun dos tramos máis espectaculares do Camiño de Santiago da Costa. O domingo os participantes afrontaron o máis esixente, co dobre de quilómetros. O percorrido comezaba na Guarda, na desembocadura do río Miño e por sendeiros e ecopista, pegados ao rio Miño remataba en Tui. Tiveron que pasar polo Rosal, Tomiño, Vilanova de Cerveira, Valença do Minho, finalizando na que foi capital de provincia. Foron case 150 as persoas que se aventuraron a realizar unha proba que tiña como un dos seus principais alicientes o poder facela na modalidade de marcha nórdica. Unha especialidade nova e que xa ten unha gran aceptación en Galicia. A proba atravesou lugares emblemáticos, tal como era o seu obxectivo. Saíu das inmediacións do Mosteiro de Oia, un escenario de película. Alí tamén se citaron os alcaldes da Guarda, Antonio Lomba, Oia, Cristina Correa, O Rosal, Ánxela Fernández, Tomiño, Sandra González e o concelleiro de deportes de Tui, Rafael Estévez. Eles xa coñecen a espectacularidade da travesía, pero experimentaron novas sensacións, do mesmo xeito que os participantes. O ‘Camiño Portugués pola costa’ tamén supón un aliciente para os peregrinos. Descubrilo formou parte da filosofía de La Icónica. Como non podía ser doutro xeito, á iniciativa uníronse os concellos de Villanova de Cerveira e Valença do Minho. Ambas as entidades tamén contribuíron co seu apoio á divulgación da zona. A maior parte dos case 150 participantes cubriron o percorrido, esixente por ser tan longo. E todos prometeron volver o próximo ano. 18 cousas de
Fotos: Saúl Álvarez
VIVE
BAIXO MIÑO
cousas de 19
ACTUALIDADE
CANGAS SEDE DO XI CONGRESO GALEGO DE CRUCEIROS, CRUCES DE PEDRA E PETOS DE ÁNIMAS E Beti Iglesias Na vila de Cangas, os vindeiros días sábado 28 e domingo 29 de novembro, vai ter lugar a celebración do XI Congreso Galego de Cruceiros, Cruces de Pedra e Petos de Ánimas, no Salón de Plenos do Concello. Participarán 24 relatores de toda Galicia e Portugal, entre os que destacan personaxes tan comprometidos co mundo da cultura galega e, sobre todo, co noso patrimonio etnográfico, como Estanislao Fernández de la Cigoña ou Fernando Arribas, así como relatores da comarca do Morrazo, como son Anxo Coia, Inés Costas ou Manuel García Barreiro. Trátase dun congreso aberto, no que non se farán inscricións, senón que o acceso será libre e os asistentes poderán formular preguntas e cuestións aos relatores. A mañá do sábado, o alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos Varela, intervirá no acto inaugural, e os relatorios se centrarán nas figuras de Ignacio Cerviño e de Xosé Cerviño, ámbolos dous, escultores e canteiros protagonistas dende hai anos da controversia sobre a autoría do popular cruceiro do Hío, situado na parroquia do mesmo nome, no municipio de Cangas de Morrazo. O resto dos relatorios versarán sobre estudios iconográficos de diferentes cruceiros de Galicia e Portugal, así como novas achegas sobre a orixe dos cruceiros.
20 cousas de
Cruceiro de Hío ©Arquivo Ed. Basan
ACTUALIDADE En primeiro lugar, destacar que o pioneiro no estudio das cruces de pedra na Bretaña e en Galicia foi Castelao, autor do libro As cruces de pedra na Galiza, publicado a título póstumo pola editorial Nós en Bos Aires, en 1954, aínda que o seu estudio comezou en 1924 a raíz do seu ingreso no Seminario de Estudos Galegos. Tamén cabe mencionar as características dos cruceiros, sinalando que o material co que se construían é o granito, pero sen esquecer que un factor importante en todos eles o constituía a policromía, sempre de cores estridentes. En segundo lugar, ademais da súa consideración de obras de arte, hai que ter en conta a finalidade coa que se facían. Por un lado, como instrumentos de sacralización e cristianización de lugares perigosos, situados sobre todo nas encrucilladas, consideradas lugares de superstición e vellos cultos, e logo se foron propagando polos camiños coa fin de santificalos e protexer aos camiñantes. Coa mesma finalidade se levantan nun campo de feira, para protexer ao gando, ou no lugar onde tivo lugar un feito tráxico, para evitar que as ánimas errantes das vítimas poidan danar aos transeúntes. Peto de Ánimas ©Concello de Cangas
No municipio de Cangas hai inventariados máis de 40 cruceiros, repartidos polas cinco parroquias. Por destacar algún, na do Hío será por onde comecemos esta ruta, cunha das obras de arte máis famosas de toda Galicia, esculpida no ano de 1872 por Ignacio Cerviño Quinteiro, ou así confirman a este autor as investigacións realizadas por numerosos eruditos da cultura como Eugenio Eiroa, cronista oficial da Vila de Cangas ou Estanislao Fernández de la Cigoña. Destaca neste cruceiro a profusión de imaxes, dende o capitel, coa escena do Descendimento ata as catro fornelas da súa base, pasando polos Adán e Eva tras ser expulsados do paraíso, no fuste do cruceiro. Entre outros cruceiros, destacados e coñecidos na vila, atopamos o Cristo de Síngulis, na praciña do mesmo nome, no casco antigo de Cangas. Trátase dun belo cruceiro barroco, datado quizás cara o s.XVI., rodeado por típicas casas de patín. E tamén o Cristo do Lameiro, no lugar de Cimadevila, construido no 1898 e cunha imaxe de Santiago Peregrino no fuste. Finalmente, destacar o Peto de Animas da Madalena, único peto no concello, que vai ser restaurado próximamente. Cristo do Lameiro, Cimadevila ©Concello de Cangas
cousas de 21
ACTUALIDADE A PROTECTORA DE ANIMAIS BAISENPULGAS RECIBIRÁ DO CONCELLO DE NIGRÁN UNHA AXUDA DE 4.000 EUROS ANUAIS O Concello de Nigrán consignará 4.000 euros anuais para BaiSenpulgas a través do seu orzamento a través dunha nova liña de axudas directas. Deste xeito, o goberno local colaborará oficialmente no mantemento desta protectora de animais da comarca formada por persoas voluntarias e que afronta constantes problemas de falta de recursos para poder desenvolver o seu labor.
A entidade fai un chamamento
Igualmente, a protectora será a encargada desde agora á suma de voluntarios para de recoller e custodiar os gatos e cans abandonados ou poder desenvolver o seu labor perdidos durante a fin de semana no municipio (actualmente o Concello de Nigrán presta servizo só para cans a través de correctamente CAAN da Deputación de Pontevedra, pero na fin de semana este servizo resulta moi complexo e urxía contar cunha O alcalde, Juan González, e o concelleiro de Medio Ambiente, solución máis inmediata). Diego García xunto a integrantes da protectora. A maiores, o Concello de Nigrán contará con BaiSenpulgas para iniciar o control de colonias silvestres de gatos mediante a esterilización dos mesmos. Actualmente o municipio ten media ducia delas en zonas urbanas (centro de Nigrán, Ramallosa, Patos ou San Pedro) e desexa que estas pervivan dun xeito controlado e mesmo garantindo a súa correcta alimentación con dispensadores de pienso e persoas ao cargo das mesmas. “Temos unha voluntaria encargada dos felinos e agora sumamos a BaiSenpulgas para abordar este asunto con máis medios e dun xeito máis global“, explica o concelleiro Diego García. Desde a protectora inciden na importancia de sumar socios para poder desenvolver o seu labor correctamente. “Somos persoas voluntarias, temos os nosos traballos, isto é algo que facemos altruístamente, vimos cada día ao refuxio a pasear ao cans, atender os gatos, darlles as súas menciñas, tratamos incidencias urxentes, nos ocupamos de que reciban atención veterinaria… Para todo iso precisaríamos dispor de máis voluntarios”, subliñan desde BaiSenpulgas, que fai un chamamento á colaboración (protectora.baisenpulgas@ gmail.com). Igualmente, desde a protectora insisten na importancia de que todos os cans conten con microchip (obrigatorio por lei) e de que os gatos sexan esterilizados. 22 cousas de
A PESCA ARTESANAL SÚMASE AO ATRACTIVO TURÍSTICO DAS RÍAS
O GALP de Vigo - A Guarda, xunto cos de Pontevedra e Arousa, participan no proxecto de cooperación Mar das Illas. Esta iniciativa ten como obxectivo impulsar a diversificación pesqueira e marisqueira a través do Turismo Mariñeiro desde o sector pesqueiro das Rías Baixas e no ámbito de influencia do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Este ano naceron ao abeiro deste proxecto seis novas iniciativas. Dos proxectos presentados tralas titorías a comisión de seguimento seleccionou seis proxectos atendendo a criterios de calidade e diversidade para poñer en práctica experiencias piloto, tres deles de turismo mariñeiro a pé e outros tres da especialidade de pescaturismo. O obxectivo dos pilotos foi ensaiar e avaliar as actividades programadas así como os protocolos establecidos de atención ao público, seguridade, Covid-19, e integración da diversidade funcional (protocolo que foi acordado cos representantes das principais asociacións de diversidade funcional galegas). No caso da ría de Vigo, Francisco Javier Costa poñerá en marcha un proxecto sobre pesca e turismo-barco en Cangas do Morrazo, mentres que en Redondela será Severino Casal xunto coas suás compañeiras de Amarturmar, quenes levarán adiante un proxecto de Turismo Mariñeiro de marisqueo a pé. O proxecto de cooperación Mar das Illas O obxectivo deste proxecto é promover a actividade do turismo mariñeiro e a pescaturismo entre o colectivo de mariñeiros nas Rías Baixas de Galicia, especialmente no ámbito do PNMTIAG, a través da súa formación como guías acreditados de turismo mariñeiro no ámbito do Parque Nacional. Esta iniciativa enmárcase na liña de proxectos de cooperación interterritorial e transnacional dos GALP para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020, segundo as Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP). Na actualidade o proxecto está completando a súa terceira fase. No transcurso das distintas fases formáronse 150 profesionais do mar como Guías Acreditados en Turismo Mariñeiro e Pescaturismo no ámbito do Parque Nacional. Ademais elaboráronse distintos manuais de formación, protocolos de actuación e Códigos de Boas Prácticas, e leváronse a cabo diversas xornadas de divulgación, con expertos na materia. Nesta terceira fase, ademais de cursos de formación, deuse un paso máis realizando titorías personalizadas para todos os profesionais que decidiron emprender na actividade, asesorando en todos os pasos e trámites necesarios para que o proxecto sexa viable. Nas vindeiras semanas organizaranse diversas actividades abertas á cidadanía para dar a coñecer os proxectos de turismo mariñeiro.
Axudas para procesos innovadores na produción, comercialización e distribución de produtos pesqueiros www.galp.xunta.gal
Correo electrónico: galpvigoaguarda@yahoo.es
Teléfonos: 986 35 81 09 - 646 873 106 cousas de 23
ACTUALIDADE
A SEDE VIGUESA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA HOMENAXEA ÁS REDERAS CUN MURAL DO ARTISTA DARÍO BASSO NA SÚA FACHADA Este novo mural, titulado ‘ Redeiras’, ocupa 195 metros cadrados da fachada, situada na rúa Eduardo Chao, onde as rederas estendían as mallas de pesca para restauralas e rende homenaxe a estas traballadoras “que teñen un traballo fundamental para o sector de pésca pero que está silenciado, quizais é menos espectacular pero é igual de necesario”, subliña o artista. Á hora de buscar ideas para este mural, Basso realizou toda unha investigación da historia do barrio, do tecido social do Casco Vello e falando con veciños da zona, que “me contaron como esta rúa utilizábase para fabricar as redes”, asegura o artista. A obra ‘Redeiras’ contou coa colaboración de Paula Lago Pereira, unha das súas alumnas na Escola de Artes e Oficios de Vigo, e para realizala utilizou diferentes técnicas e empregado todo tipo de materiais, como cadeiras de brazos, sofás e mantas para poder realizar arrastres inspirados nos cadros do pintor alemán Gerhard Richter “Estes obxectos funcionaron como os pelos dun pincel e o guindastre foi o seu mango”, indica o artista. Basso desenvolve desde os anos 80 unha importante carreira artística que levou as súas obras contemporáneas e abstractas por todo o mundo Este mural, é unha intervención artística máis das que se están realizando en Vigo no marco do novo programa de medianeiras para decorar espazos públicos da cidade con arte urbana de artistas locais e internacionais.
24 cousas de
Javier García entre o presinte de Afaga e o deputado Carlos Font
AFAGA ENTREGA A JAVIER GARCÍA E VALERIA REY OS PREMIOS DE RELATOS CURTOS DA VI EDICIÓN A sede da Deputación de Pontevedra en Vigo foi escenario da entrega de premios do sexto certame de relatos curtos sobre alzheimer “Nun recuncho da memoria”. Un total de 120 obras participaron no concurso, organizado pola Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia (Afaga), moitas delas chegadas desde diferentes comunidades españolas, outros países europeos e o norte e sur de América. En representación da presidenta da Deputación, o deputado Carlos Font considerou un “orgullo” para a institución provincial acoller este acto na súa nova sede en Vigo e recoñeceu o “excepcional traballo” da asociación, que axuda a máis de 250 familias e presta servizos en dez concellos da provincia. Na modalidade de galego resultou gañador Javier García Bello co relato “Avoíño”, mentres que en castelán a vencedora foi Valeria Rey Maldonado, con “Memorias para oler”. Ámbolos dous – Javier presente na cerimonia e Valeria desde Madrid co envío dun vídeo- expresaron o seu agradecemento polo premio. O presidente de Afaga, Juan Carlos Rodríguez, lembrou que “este é un ano especialmente complicado polo que está a acontecer coa pandemia da Covid-19, xa que se a situación para as familias e as persoas con demencia é moi difícil, derivou en tráxica e desorientadora coas medidas de confinamento”.
CONMEMORACIÓN DA BATALLA DE RANDE Baixo a ponte de Rande e entre os restos da antiga fortaleza celebrouse o acto de presentación da sétima edición dos actos conmemorativos da Batalla de Rande. Con cambios na programación, moitas sorpresas e adaptándose á situación sanitaria, a conmemoración deste fito histórico acontecido no litoral de Rande hai 318 anos, celebrará a súa sétima edición a terceira fin de semana de outubro na explanada do Meirande. Uns días antes, o 10 de outubro, chegará o acto de alarma no casco urbano de Redondela. Haberá dobre representación, do grupo infantil e dos adultos, e non faltarán os fogos de artificio, a feira de artesanía e algunha cousa máis. Os organizadores da Batalla de Rande preparan a programación habitual sempre á espera do que as autoridades sanitarias determinen Nesta sétima edición mantense o desfile polas rúas do centro urbano de Redondela para o día 10 de outubro mentres que os actos en Meirande desenvolveranse os días 17 e 18 de outubro, coa inclusión da habitual teatralización.
Os tesouros da ría de Vigo A batalla de Rande é un dos fitos navais da nosa historia, e tamén a máis importante lenda da ría de Vigo. A batalla librouse o 23 de outubro de 1702 entre as coalicións anglo-holandesa e hispano-francesa, durante a Guerra de Sucesión Española. Os galeóns españois chegaron á ría de Vigo cargados co maior tesouro que xamais cruzase o Atlántico: Ouro e prata, xoias… E aquí é onde a lenda diverxe: unha asegura que os galeóns se refuxiaron en Vigo, onde foron atacados coa carga aínda no seu interior; outra afirma que os tesouros se habían desembarcado xa… Aínda que nunca se soubo onde. O certo é que Julio Verne converteu ao Capitán Nemo no primeiro cazatesoros da ría de Vigo na súa novela 20.000 leguas de viaxe submarina. Desde entón ata hoxe, realizáronse centos de inmersións nas augas da ría de Vigo en busca do tesouro. Sen ir máis lonxe, en 2011 localizáronse e identificaron 6 pecios máis relacionados coa batalla.
cousas de 25
ACTUALIDADE Vilas en Flor
SALCEDA DE CASELAS SÚMASE Á TERCEIRA EDICIÓN DE VILAS EN FLOR
26 cousas de
O programa «Vilas en Flor», unha iniciativa que procura a mellora ambiental, social e económica dos concellos galegos de menos de 45.000 habitantes, chega este ano á súa terceira edición con doce novos concellos participantes confirmados aínda que a organización continúa o traballo de captación de novos candidatos. Na anterior edición participaron dezaseis concellos (Allariz, Caldas de Reis, Chantada, Salvaterra de Miño, Betanzos, Culleredo, Cuntis, Tomiño, A Guarda, Carballiño, Gondomar, Mondoñedo, Ortigueira, Ponteceso, Portomarín e Baiona) aos que se suman neste ano doce novos (Cambados, Fene, Guitiriz, Lalín, Narón, Pontedeume, Sada, Salceda de Caselas, Sarria, San Sadurniño, Ames e Tui). O proxecto persegue a mellora ambiental, social e económica dos concellos, así como a dinamización do sector do paisaxismo e a ornamentación, seguindo o modelo existente noutras comunidades autónomas como Cataluña, Aragón, Canarias e Valencia, a semellanza do sistema implantado desde hai décadas noutros países como Reino Unido, Irlanda, Francia, Italia e Canadá. “Vilas en flor” é un programa encamiñado á posta en valor da riqueza natural e paisaxística, na liña dalgunha das multifuncionalidades da infraestrutura verde. Con este proxecto preténdese a mellora estética e funcional do territorio mediante o recoñecemento público daquelas actuacións medioambientais, enriquecidas con obras de axardinamento, ornamentación floral, mobiliario urbano e espazos lúdicos. As “Flores de Honra”, que abranguen cinco niveis, son o distintivo que se concede anualmente aos municipios participantes, segundo criterio dun xurado especializado formado por expertos de recoñecido prestixio no ámbito do paisaxismo. O programa recoñece tanto a traxectoria como as accións levadas a cabo polos concellos galegos para mellorar e resaltar os espazos verdes urbanos, a súa xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá no coidado da contorna Na pasada edición, o xurado distinguiu aos concellos de Chantada e Allariz con catro flores de honra, Caldas de Reis e Salvaterra con tres. A Portomarín, Ponteceso, Tomiño, Mondoñedo, A Guarda, Culleredo, Cuntis, Carballiño e Betanzos con dous; e Gondomar, Ortigueira e Baiona foron recoñecidos cunha flor de honra. No último trimestre do ano un xurado realizará as visitas a todos os concellos participantes e decidirá que concellos son merecedores de algunha distinción así como de subir ou baixar o número de flores que alcanza cada concello ata un máximo de cinco. Deste xeito, os concellos son recoñecidos pola súa adecuada implantación e xestión dos espazos verdes, contribuíndo de maneira directa ao desenvolvemento económico local, xerando máis actividade económica derivada do propio sector da planta ornamental e da xardinería así como dun previsible aumento de visitas turísticas. De feito existen rutas específicas para os concellos que participan neste tipo de programas. Por outra parte, os concellos polos que transcorre o Camiño de Santiago poderán ser considerados, recoñecidos e valorados desde un prisma internacional, construíndo unha marca de calidade local.
O Concello de Salceda de Caselas leva máis dunha década realizando numerosos investimentos para a recuperación dos espazos públicos para as persoas, tanto no casco urbano como nas sete parroquias que conforman o municipio. Así, as sendas fluviais convertéronse xa no sinal de identidade deste Concello, con espazos verdes de recreo ao longo das ribeiras dos Ríos Caselas, Landres e Lagoela, que se teñen convertido en lugares de visita de numerosas persoas tanto de Salceda como dos municipios limítrofes, servindo ademais de exemplo de actuación respetuosa co medio e que ademais cumple os parámetros de accesibilidade universal, para que a totalidade da rede de sendas poida ser disfrutada por todos e todas. Tamén se levan acondicionado numerosos espazos verdes no rural, como a Carballeira de Xabarís, a área recreativa de Rubás, ou a área recreativa dos muíños do Regueiro entre outras, con actuacións de recuperación de espazos abandoados que agora se poñen en valor para ser empregados pola veciñanza. En canto ao casco urbano, o concello segue unha política de humanizacións e recuperación dos espazos públicos para as persoas. Así, lévanse acometido actuacións en numerosas rúas, prazas e outros espazos da vila, realizando unha transformación do casco urbano que segue a avanzar día tras día con novas iniciativas. A remodelación da Praza da Devesa, a humanización da Rúa Compostela e adxacentes, ou a urbanización da Rúa da Gándara son unha boa mostra desta liña de traballo. Todas estas actuacións complétanse sempre con ornamentación natural (árbores, xardiñeiras con flores, etc), que dan un aspecto moito máis humano ás rúas da vila.
cousas de 27
REPORTAXE
Foz do río Miño en 1892 coa ubicación da Ínsua e Caminha.
AS FORTALEZAS DA RAIA MIÑOTA (I) O SISTEMA DEFENSIVO CAMINHA-A ÍNSUA-A GUARDA O MIÑO FICOU DOMINADO POLAS FORTIFICACIÓNS DESDE A IDADE MEDIA CANDO A HISTORIA DECIDIU QUE O RÍO DIVIDIRÍA DOUS REINOS PERO NON SEPARARÍA A PAISAXE. O CERTO É QUE O TERRITORIO OCUPARÍASE CON TORRES E CASTELOS DESDE O SÉCULO XIII PERO HABERÍA UN MOMENTO NO QUE A CONTORNA FICARÍA TRANSFORMADA CO LEVANTAMENTO DE FORTALEZAS, BALUARTES E TRONEIRAS PARA OS CANÓNS. A GUERRA DE RESTAURACIÓN DA MONARQUÍA PORTUGUESA (1640-1668) DESEÑARÍA O COMEZO DA MUDANZA DA PAISAXE MIÑOTA, PAISAXE QUE SEGUIMOS A OBSERVAR NOS NOSOS DÍAS. Texto e mapas: Suso Vila, Dr. en Historia da Arte Fotos: Arquivo Ed. Basan
28 cousas de
No caso da Guarda e Camiña daríanse algunhas particularidades a destacar. Mentres a vila portuguesa non padecería os efectos directos da guerra non sufrindo ataques en toda a contenda, A Guarda sería ocupada e tomado o seu castelo en 1665. Pero resulta curioso que no urbano Caminha construise novas murallas, baluartes e fosos que protexeran a vila medieval e os seus barrios extramuros mentres que A Guarda non modernizaría a súas defensas. A única concesión sería a construcción do castelo de Santa Cruz entre 1663-1664 deseñado polos irmáns Carlos e Fernando Grunnenberg. E aínda así o forte guardés tería unha serie de defectos na súa edificación e ubicación que despois da guerra, en 1668, se pensaría no seu derrubo, feito que finalmente non se produciría. Entrada ao Castelo deSanta Cruz na Guarda
Planta da vila de Caminha en 1713 polo enxeñeiro Manuel Pinto Villalobos (BNP). A cerca da vila medieval destaca coas súas torres. As fortificacións e baluartes engloban os arrabaldes da vila non só extramuros tamén dos conventos de Santa Clara e dos Capuchinos creando unha fortaleza cunha gran planta irregular.
“Torre do Relógio” en Caminha
Entre Camiña e A Guarda observaremos algo que sería común na fronteira do Miño, cómo os mellores esforzos constructivos, o levantamento de fortalezas e fortes, se concentraron na parte portuguesa da raia con complexas fortificacións que envolvían as vilas. Esta asimetría constructiva fronteiriza podémola observar desde Caminha até Melgaço. Na parte galega só Tui contaría cunha mínima atención máis aló dos fortes provisionais levantados durante a guerra. Portugal encargaría aos seus enxeñeiros militares como Michel de Lescol ou Manuel Pinto Villalobos as defensas das vilas e territorio non só durante a guerra senón completando e mellorando o sistema defensivo nas décadas seguintes. Mesmo podería chamar a atención que o propio exército portugués chegase a edificar fortalezas en territorio galego como Salvaterra ou Goián. A edificación das defensas de Caminha terían o seu punto dramático co patrimonio medieval. Malia a non estar ameazada a vila observaría como serían derrubadas as emblemáticas torres da súa cerca medieval e mesmo os pazos do Marqués de Vila Real que ficaban na parte occidental das murallas de Caminha. Só a “Torre do Relógio” sobreviviría do conxunto fortificado construido en 1260. O obxectivo desta “destrucción” por parte de enxeñeiros como Manuel Pinto Villalobos era a renovación das defensas e a creación dun poderoso conxunto abaluartado que protexese a vila e os seus arrabais. Outros elementos senlleiros como a torre do hospital serían eliminados para construir a capela da Misericordia en 1651, mentres que en 1676 o rei Pedro II encargaría a construcción do gran baluarte que protexería a igrexa matriz.
cousas de 29
No caso da Guarda a estratexia sería a construcción do castelo de Santa Cruz aproveitando pedra da muralla medieval da vila. O forte non reunía as condicións ideais para resistir un asedio e máis cando as tropas que gardaban a fortaleza eran homes non aptos para o combate de aí a capitulación que faría o gobernador Jorge de Madureira o 22 de novembro de 1665 cando as tropas portuguesas baixo o mando do capitán João Manso asediaban o forte. A partires de aquí o castelo de Santa Cruz ficaría baixo o mando do mestre de campo Baltasar Fagundes. Procederíase a diferentes reparacións e melloras e dotaríase á fortificación guardesa de 500 infantes, 600 auxiliares e tres tropas de cabalos. O 1 de maio de 1668 Portugal faría entrega do forte como parte dos acordos de paz asinados con España. Nestes anos de control portugués na Guarda tamén sería construida a Atalaia, para a defensa do porto e que ficaría logo como imaxe da vila mariñeira. Esta fortificación sería destruida en 1943 nas obras do peirao guardés e reconstruida en 1997 aínda que nunha ubicación diferente. J
Planta do Castelo de Santa Cruz en 1730 (ACEGCGE).
Castelo de Santa Cruz O Castelo de Santa Cruz ten pranta trapezoidal con baluartes nos seus ángulos: o baluarte da Guía, baluarte da Cruz, baluarte de San Sebastián e baluarte de Santa Tecla. Para protexer as cortiñas (muros da fortaleza) serían construidas as medias lúas: a da vila coa súa porta, a do Socorro coa súa porta, e a de Sibidas. O interior da fortaleza contaba coa casa do gobernador, a carnicería, o forno, pozo, o almacén de pólvora, o cuartel de oficiais, o cuartel de cabaleiria, o cuartel de infantería ou a capela. O forte tiña dez pezas de artillería, 1700 homes de infantería e dúas compañías de cabalos.
30 cousas de
© Wikipedia
Fortaleza da Ínsua, século XVIII (BNP), na que aparecen dentro do forte o cuartel e o vello convento franciscano.
A Insúa: entre soldados e monxes Na foz do Miño está un pequeno illote rochoso no que se ubica a fortaleza da Ínsua. Esta pequena fortaleza acolle no seu interior un vello convento o de Santa María da Ínsua. A orixe do convento está ligado ao cisma de Occidente en 1378 cando varios monxes galegos e asturianos chegan a esta illa miñota en desacordo co apoio castelán ao Papa de Avignon. Construirían unha ermida e a partires de 1392 o comezo das obras do convento cando é autorizado en Portugal o establecemento da comunidade franciscana de Observancia Menor. O convento sufriría os ataques de corsarios e piratas ingleses e franceses nos anos 1602 e 1606. Este tipo de ataques provocarían que a presenza de monxes fose reducida. Entre 1649 e 1652 levantaríase a fortificación. O primeiro gobernador sería Domingos Mendes Aranha en 1653. Entre o pequeno cuartel e o pequeno convento a convivencia non sería pacífica acusando os monxes os continuos roubos no seu convento. En 1834 os franciscanos abandonarían a illa permanentemente, xa ficaría só un pequeno grupo de militares veteranos desde 1861, co arsenal inutilizado e procurando outras funcións máis prácticas como a colocación dun farol para a seguridade da navegación. En 1909 sería nomeado o último gobernador da fortaleza da Ínsua, o maior Rodolfo José Gonçalves, pasando desde 1940 a depender do Ministerio de Finanzas. Hoxe agarda un destino hosteleiro para recuperar funcionalidades no esteiro do Miño. cousas de 31
REPORTAXE
A VIRXE DA ROCA DE BAIONA: A ESTATUA DA LIBERDADE GALEGA E C Anxo Rodríguez Lemos, historiador e doctorando na Universidade de Santiago de Compostela IDEADA POR UN EMPRESARIO NATURAL DE CALDAS DE REIS E ERGUIDA NO MONTE DE SAN ROQUE POLO ARQUITECTO DO PORRIÑO ANTONIO PALACIOS, A VIRXE DA ROCA DE BAIONA FOI UN MONUMENTO EN CONSTRUCCIÓN DURANTE VINTE ANOS. A SÚA ESCULTURA PÉTREA CONVERTEUSE EN FITO NA PAISAXE DO VAL DE MIÑOR E PARTE FUNDAMENTAL DOS SEUS RECURSOS PATRIMONIAIS.
Todo comezou nunha cea... Seiscentas bombillas en 1908 conformaron un Viva Salgado! na fachada do Hotel da Palma con motivo da inauguración da luz eléctrica na Real Vila. O paseo de Elduayen decorouse con “tres potentes arcos voltaicos” para unha velada fronte ao mar da Cuncheira con banquete de “paella de alta tensión, merluza frita a la dinamo, carne asada al transformador, flanes eléctricos, vino de 300 voltios, coñac con limitador, café de diez bujías y champagne Reostato 20 plot”. Non merecía menos o industrial de Caldas de Reis don Laureano Salgado Rodríguez (1847-1930) como promotor da chegada da electricidade á comarca do Miñor. A idea: Naquela cea de fraternidade, entre as autoridades e a gran ovación, Salgado expuxo a idea “de levantar un monumento en el monte de San Roque a la Virgen bajo la advocación de la Roca”. O bispo Eijo Garay chamoulle A Virxe da Luz, o organista Ángel Rodulfo tívoa por Faro Celestial, José Santaló describiuna como A Virxe do Mar, María de Echarri por A Virxe dos Mariñeiros e o arquitecto encargardo do seu proxecto, Antonio Palacios, como a Virxe da Beiramar ou Nosa Señora de Baiona. 32 cousas de
Salto de auga do Pego Negro (Vilaza), concedido a Salgado en marzo de 1907 polo concello de Gondomar, Vida Gallega, n. 244. Febreiro de 1924
Alén da industria hidroeléctrica, Salgado fora almacenista de tecidos, promotor da casa de baños La Concha de Arosa en Vilagarcía, do complexo hoteleiro da illa de Louxo (A Toxa, O Grove), consignatario da navieira a América Pacific Steam Navigation Company, socio da Azucarera Gallega ou da empresa Cerámica de Dena. Segundo Solá, ao falecer en 1930 aos 83 anos, “guardó tan poco para sí que después de haber movilizado muchísimos millones hubo de pasar verdaderos momentos de amargura”. Retrato de Laureano Salgado
Dos cosas tiene Baiona, que no las tiene Europa, las aguas de Pego Negro y la Virgen de la Roca. Por contentar ós amigos, dei a luz en Gondomar, e leveina pra Baiona pra estar pretiño d’o mar.
A colocación da primeira pedra: o inicio dun soño. A pesar das achegas de máis de 33.000 pesetas (Palacios percibiu unhas 8.950 pesetas), atrasos e dificultades económicas ralentizaron a execución do monumento iniciado coa colocación da primeira pedra o 18 de setembro de 1910 trala bendición do bispo tudense D. Valeriano Menéndez Conde. A explanada do monte converteuse nunha romaría na que non faltaron, entre outros, políticos como Ángel Urzaiz e Eduardo Gasset, a defensora do proxecto Mercedes Ruíz de la Escalera ou o contratista encargado das obras de cantería, Antonio González Romero. En representación da raíña Victoria Eugenia de Battenberg, como madriña, a Duquesa da Conquista pousou a cal, con paleta de prata, aos pés do futuro “foco de luz que alumbre el paso de los navegantes”. Aquel día de orballo mollou o proxecto en varias das súas partes.
Detalle da Virxe coa estructura de madeira e roda empregada para o alzado das súas pedras. Momento da coroación no ano 1913. O seu estado perdurou deste xeito ata a década dos anos vinte.
Coroación da Virxe en 1913. Vida Gallega, n. 46. 1913, outubro, 20.
Sempre se dixo que a Virxe da Roca leva o peito onde debía levar a cintura polos problemas económicos da obra. Detalle do recorte na súa vestimenta.
SABÍAS QUE...? Calcolouse a necesidade inicial duns 192 metros cúbicos de mampostería, un metro cúbico de mármore branco e vintecinco metros liñais de franxa de mosaico de relevo feito con canto rodado, de tamaño pequeno, en varias cores ou matices para, con cuarzo branco, cubrir o manto e o dengue da Virxe. Un trencadís ou mosaico cerámico, de influencia gaudiana, na coroa foi a única ornamentación que finalmente levou. cousas de 33
Unha obra con marca persoal do arquitecto Palacios. Revisor das obras en 1911 ou 1925, entre outras inspeccións, o arquitecto do Porriño Antonio Palacios Ramilo (1874-1945) esperaba que o seu monumento fose “uno de los mayores atractivos para el turismo y nuevo elemento de belleza a la risueña villa”. En outubro de 1909 evidenciou nos seus escritos o desexo de ver concluída unha das súas obras de maior liberdade creativa lonxe das urbes nas que traballaba.
Os ocos onde pousou a madeira dos andamios é visible aínda nos nosos días. A coroación da Virxe en 1913 foi un dos maiores recordos na crónica da obra.
Proxecto de Palacios, firmado en Madrid coas medidas sobre o nivel do mar da nova Estatua da Liberdade galega con 12 metros de altura iniciais. Foto Gil (Vigo). Colección do autor.
A cara e as mans da Virxe superaron as oito toneladas e foron feitas sobre mármore branco de Carrara polo madrileño Ángel García Díaz. O seu puído contrastou coas formas sinuosas e brandas logradas nos pregues do manto xurdido da mesma rocha. O granito labrado resumiu o modernismo de Palacios xunto ao ferro forxado que, ao comezo, ía ser empregado no farol da súa man, na carabela de velas izadas ou na coroa da Virxe decorada con cuarzo cristalizado en recordo da empregada pola raíña Isabel A Católica.
Nosa Señora da Roca, nun altiño se foi por, dálle o vento dálle a chuvia dánlle os raíños do Sol.
Portada da revista Vida Gallega do 29 de xuño de 1911. Ao pé da gran cabeza e pequena maqueta pousa Mercedes Ruíz de la Escalera, muller encargada de reanimar as obras na década de 1920.
34 cousas de
O “escalatorres” José Puertollano sobre a coroa da Virxe. Entre o xentío, Antonio Palacios. Vida Gallega, num. 94. 15 de outubro de 1917.
A inclusión dun nimbo crucífero de cerámica foi un engadido de 1910 ao proxecto orixinal. Vida Gallega, num. 427. Outubro de 1929.
Toda visita a Baiona debía subir ao Monte de San Roque. (Esquerda) Estado da Virxe en 1924. Revista Blanco y Negro, Foto Pacheco. (Centro) Visita de don Leonardo Rodríguez, ex ministro de Abastecementos. Entre as personalidades figuran José Palacios, Alfredo García Ramos (director de El Ideal Gallego), Tomás Mirambell, Antonio Palacios, Agustín Tenreiro, Ceferino Maestú, Marcial Campos ou Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Fot. Solá, Vida Gallega, 30 de outubro de 1919. Excursión viguesa aos pés do monumento. Vida Gallega, num. 208. 10 de outubro de 1922. (Dereita). Excursión viguesa aos pés do monumento. Vida Gallega, num. 208. 10 de outubro de 1922.
cousas de 35
Si sales a la mar matarilela, si sales a la mar matarilela Virgen de la Roca oriéntame en la mar que los marineros pueden naufragar. El Castillo dá, luz al marinero, todos los barquitos parecen luceros.
SABÍAS QUE? A súa altura sobre o nivel do mar converteu á imaxe nun fito na paisaxe miñorá. Os mariñeiros, se a néboa ou o fumaso cubría á Virxe, entendían que era mal día para ir ao mar. Así o lembraba o refrán: Cando A Roca pon capelo, ten coidado mariñeiro. Moitos deles cantaban ao saír á ardora o canto dun teatro guiado polo médico D. Pedro García del Villar.
Detrás da obra: a promoción e a suscrición popular. Á difusión e popularidade do monumento contribuíron festivais coa escenificación do apropósito lírico-dramático “en un acto y tres cuadros” con letra de José María Barreiro e música do crego Ángel Rodulfo. Estreado nun teatrillo provisional nos baixos do Concello e, á tardiña, no Teatro Zorrilla de Baiona en función de pago, a obra percorreu Santiago, Caldas, Pontevedra, Vilagarcía ou Vigo chegando, en febreiro de 1911, ao Teatro Real de Madrid ante a ollada de Alfonso XIII e Victoria Eugenia. Promocionaron tamén as obras elementos como medallas, tarxetas postais, figuriñas ou recuerdos de gran acollida entre os visitantes. PARA SABER MÁIS: Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal de Baiona. Fondo Local. FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, Begoña (2014), El reflejo del tiempo. El conjunto histórico de Baiona. Santiago: Andavira Editora, S.L. IGLESIAS VEIGA, Xosé Ramón (2002), “A Virxe da Rocha: un singular proxecto de Antonio Palacios”, en Revista de Estudios Miñoranos, n. 2, pp.35-45. JURADO Javier & REINERO, María (2015), La Virgen de la Roca. Apropósito lírico-dramático en un acto y tres cuadros. Edición crítica. Madrid: Ideamúsica Editores. VILAR MONTERO, Antonio J. (2011), Historia de Bayona: desde tiempo inmemorial hasta nuestros días. Pontevedra: Deputación de Pontevedra, pp.317-336. 36 cousas de
A Virxe de Baiona de Palacios non foi inaugurada ata setembro de 1930, meses despois de ter falecido don Laureano Salgado. Resonou a Marcha de Infantes entre o “gran entusiasmo y vivas”. Durante as alcaldías de Aurelio Rey Alar (1949-1951) e José Pereira Troncoso (1951-1965) a contorna adquiriu maior protagonismo grazas á creación de novos espazos. Melloráronse os accesos, a área de lecer noméase como Parque Mercedes Ruíz de la Escalera, eríxese un vía Crucis labrado polo mestre Pereira rematado en calvario de Ángel Fernández (Angelito Vernet) e, aos pés do monumento, a vila ergue un busto en memoria de Salgado. J Señor Evaristo O Barbas e os seus sobriños ante a escultura autoría de Señor Angelito roubada en 1981. Colección de Esperanza Fernández Vernet.
SABÍAS QUÉ... A construcción da Virxe da Roca levou consigo un programa editorial, en paralelo, de primeiro nivel. Dende o 31 de outubro de 1909, primeiro aniversario da inauguración do alumeado público en Baiona, sae á luz El Mirlo Blanco: periódico católico social editado entre Pontevedra e Caldas de Reis con contidos íntegramente vinculados á erección do monumento de Baiona. Xunto ao apoio recibido polo estamento eclesiástico, dende Burgos a Palencia, o bispo de Tui enxalzou ao “industrial infatigable” coa carta Ave, Maris Stella. As listas de nomes e apelidos dos partícipes na subscrición popular recorren as páxinas destas publicacións dende as 1000 pesetas aportadas pola Marquesa do Pazo da Merced (viúva de Elduayen) ata a máis pequena peseta de “un devoto de Silleda”. Fray Prudencio (1897-1907), El Combate (1910) ou o boletín Chave d’os rayos (1922) foron outras creacións de Salgado. O seu humorístico contido, alén do crítico e combativo no político, quedaba reflexado no seu título, aceno ao interruptor da luz saída das súas empresas Electra Popular para Vigo e Redondela (1902), Hulla Blanca (1909) ou Eléctrica Cuntiense. Cabeceira característica de El Mirlo Blanco onde o paxaro leva no peteiro un sol a xeito de lámpara distribuída pola empresa La Hulla Blanca, propiedade de Salgado.
cousas de 37
REPORTAXE
SENDA DOS MUÍÑOS DO RÍO TRIPES A POUCO MÁIS DUN QUILÓMETRO DO CENTRO DA CIDADE DE TUI ATOPAMOS UNHA SENDA MOI RECOMENDABLE QUE CONXUGA NATUREZA E ETNOGRAFÍA. UN PERCORRIDO NO QUE APRENDER E GOZAR DO NOSO PASADO COMO POBO E DA IMPORTANCIA DE FACER UN USO RESPONSABLE DOS ESPAZOS NATURAIS E DA AUGA. E Christian Lago C Arquivo Ed. Basan Esta senda xurde da iniciativa dun colectivo local, a Asociación Muiñeiros do Río Tripes, que leva cerca de 20 anos velando polos valores e o patrimonio existente entorno aos muíños. Traballando arreo na rehabilitación, recollida toponímica e lingüística, actividades pedagóxicas, e nun mantemento constante dos lugares por onde imos transitar. Dende o centro de Tui tomando dirección ao Monte Aloia observaremos diferentes sinalizacións que nos irán guiando ata o comenzo da senda. Accederemos dende o lugar do Eirado, case no límite parroquial entre Randufe e Pazos de Reis, alí atopamos as indicacións oportunas para comenzar este percorrido entre muíños, canalizacións, pedras marcadas polo paso do tempo, aves, anfibios, árbores, vexetación de ribeira, lendas... compre ir dispostos a percibir todo o que esta senda nos pode contar. E tamén, con roupa e calzado axeitado. A senda transita sempre ao carón da canle fluvial do regato Cotarel ou Seixal, este é o seu nome oficial aínda que é coñecido popularmente como Tripes. O percorrido, de apenas 3 km, farémolo a contracorrente algo que nos permitirá desfrutar da forza da auga, das numerosas presas e saltos de auga en diferentes lugares da senda. Ao comenzar atoparemos un regato tranquilo xunto ao Muíño San Benito, tamén coñecido como “dos pobres” porque nel deixaban moer aos que non tiñan dereito a moenda noutros muíños, e segundo avancemos no percorrido a pendente irá acentuándose e a auga tomará a palabra co harmonioso balbordo do seu fluír. A auga é xeradora de riqueza, foi a enerxía necesaria para facer funcionar estes muíños, e o sigue sendo para xerar un ecosistema no que a fauna e a vexetación de ribeira conforman unha biodiversidade de excepcional valor medioambiental. Cabe destacar a gran presenza de anfibios e fentos na canle fluvial. Algo que se manifesta nos lugares mais fermosos deste percorrido, e que se bota en falta nos lugares onde as especies invasoras van gañando terreo. Degradando o entorno e empobrecendo a paisaxe. 38 cousas de
Os muíños son, evidentemente, o elemento principal desta senda. Vinte e seis muíños en diferente estado de conservación e restauración diseminados ao longo do percorrido. De todos se garda o seu nome, algo que nos fala da gran labor de investigación e de memoria que se está a facer neste entorno. Cada muíño ten a súa historia, as súas lendas e algo que nos contar. Os numerosos signos lapidarios, cruces na súa maioría, nos recordan as lendas da Santa Compaña, os demos ou trasnos. As súas levadas, algunhas de máis de 300 m., nos amosan o laborioso traballo de levar a auga para facer xirar o complexo mecanismo do muíño. Cabe salientar a presenza de “compostores” na asociación; así é como se chamaban aos que sabían arranxar os muíños. Grazas a elo, tres destes muíños: o Devesa de Arriba, o Devesa de Abaixo e o Folón de Arriba, están perfectamente restaurados e en disposición de moer como hai centos de anos atrás. Nas diferentes actividades de divulgación que se realizan aquí, póñense en funcionamento estes muíños para que os visitantes poidan apreciar este legado cultural, que cada vez resulta mais escaso pese a gran cantidade de muíños no noso territorio. No lugar da Ponte atopamos unha fermosa paisaxe, onde o regato flúe entre dúas ladeiras que conforman un espazo similar a un canón. Neste magnético lugar cada primavera a Asociación de Muiñeiros celebra a súa popular romaría “Os Nosos Fariñeiros, Burros e Muíños”, que xa conta con 18 edicións (por desgraza, a 19, que se ía celebrar este ano tivo que anularse por mor da pandemia do Covid). Destacan os coidados socalcos da ladeira que temos en fronte, nos que se sitúan o Muíño do Constante o e da Ponte, que recibe o seu nome pola vella ponte pétrea que permite comunicar ambas beiras. Por ela transitaron durante séculos os carros, que de tanto rodar e rodar deixaron a súas relleiras nas lousa do chan da costa pola que seguiremos a nosa senda. Tamén neste lugar podemos observar un enfeitado palco, construído para os actos da romaría, do que sobresae unha escultura dunha muller cunha chave dun muíño colgada do pescozo, a Muiñeira.
cousas de 39
No lugar da Devesa, xunto ás ruínas dunha vella casa e a tres muíños dispostos en ladeira, nos atoparemos con outra escultura de Alberto Romero, esta vez en madeira. Unha homenaxe ao burro fariñeiro, un animal de gran importancia neste entorno, e que, ao igual que os muíños, a súa presenza vai esmorecendo da nosa vida cotiá. Pero este recordo ten nome propio: o Recadeiro. Así se chamaba o burro da Tía Ana, un animal listo e autónomo, recomendo vivamente aos que non coñecen a súa historia que a escoiten de boca de Alberto, ou a non poder ser, que a lean nos seus libros. É fascinante.
Na última parte da senda o camiño tórnase máis pedregoso e empinado, onde con sorte podemos escoitar algún picapau ou ver algún esquío, e preguntarnos como facían os nosos antepasados para chegar ata estes muíños cargados de grao para moer, e de como baixaban cos sacos de fariña ao lombo, ou coa axuda dun burro fariñeiro, quen o tiña, que non estaba ao alcance de calquera. O Muíño Serdeira ou o da Costa, coas súas fervenzas son lugares inesquecibles para calquera visitante. Nos últimos metros da senda atopamos dous irmáns nun pequeno paraíso, o Muíño do Conde e o da Figueira, comparten unha longa levada e aos seus pés unha fermosa poza de auga que ofrece ao visitante un bo lugar para descansar e reflexionar sobre todo o visto e aprendido nesta curto pero intenso percorrido. J 40 cousas de
Muíño Serdeira Muíño ca Costa
Esta senda, que case é un museo a ceo aberto, conduciunos por fermosos contornos naturais e por unha vintena de muíños, pero non son todos os que hai nesta canle fluvial, que nace na cima do Monte Aloia e desemboca no río Miño, aos pés do Conxunto Histórico de Tui. Son aproximadamente 40 os muíños catalogados, en diverso estado de conservación, e resulta moi esperanzador saber que existe unha asociación, Os Muiñeiros do Río Tripes, que traballa pola conservación e posta en valor de este gran patrimonio etnográfico, ás veces esquecido e menosprezado, pero que nos fala do noso pasado como pobo e nos pode axudar a pensar como queremos construír o noso futuro.
Muíños do Conde e da Figueira
Agradecemento público a xente que integra a Asociación Muiñeiros do Río Tripes, especialmente ao seu Presidente de Honra, Alberto Romero, gran coñecedor e divulgador deste entorno ao que leva adicado toda unha vida.
cousas de 41
GALAICAS
ERNESTINA OTERO SESTELO DIRECTORA DA ESCOLA NORMAL E PRESIDENTA DO CONSELLO PROVINCIAL DE PRIMEIRO ENSINO
Tarxeta de identidade do Ministerio de Educación
Ernestina Otero Sestelo nace en Redondela en 1890. Dende o principio, a súa traxectoria estudantil e profesional oponse, no que á educación das mulleres se refire, á ideoloxía dominante do momento orientada fundamentalmente á formación de boas fillas, nais e esposas. Ao rematar os estudos primarios na vila natal, cursa a carreira de Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra (1904-1908), onde obtén a calificación de sobresaliente. Ao ano seguinte decide marchar a Madrid para ampliar horizontes na Escola de Estudos Superiores de Maxisterio, creada nese mesmo ano co fin de formar o profesorado das escolas normais e o persoal de inspección. Este centro, que destacou enormemente pola súa novidosa metodoloxía e polo seu sistema organizativo, impartía un programa de materias altamente especializado: Pedagoxía Fundamental, Historia da Pedagoxía, Organización Escolar Comparada..., ademais das materias específicas de cada sección e das linguas estranxeiras. Alí, Ernestina toma contacto con xente da Institución Libre de Ensinanza, de ideas progresistas en materia pedagóxica: ensino laico, coeducación... En xullo de 1913 obtén o seu título na sección de Ciencias. A partir de 1915 ocupa a praza de Pedagoxía na Escola Normal de Pontevedra, da que será directora algún tempo durante a República. Tamén en tempos da República presidirá o Consello Provincial de Primeiro Ensino. 42 cousas de
Ernestina co seu marido, Luís, e cos seus tres primeiros fillos (Praia de Cesantes, 1921)
Ernestina exerceu sempre coherente aos seus principios e demostrou unha enorme vontade de renovación, que tratou de transmitir ao seu alumnado. Foi impulsora e activa partícipe de proxectos pedagóxicos ben interesantes. Organizou viaxes culturais a museos, lugares históricos, instalacións industriais e centros de investigación. Puxo en marcha campos agrícolas experimentais, comedores e colonias escolares. Prestou especial atención ao fomento da asistencia á escola, para o que contribuíron en boa medida os roupeiros escolares, que nacen en 1920 de forma experimental co obxectivo de favorecer a asistencia ás aulas, ao tempo que contribuían con roupa e calzado á mellora da situación económica de moitas familias. Tamén atendeu ao estudo das características propias de Galicia, á educación de adultos e ás necesidades particulares das nenas e nenos, así como á reciclaxe do profesorado, sobre todo do rural. Ademais, defendeu a coeducación e os dereitos da muller. En 1933 asinou o Manifesto de Intelectuais a favor do Estatuto de autonomía para Galicia. Só outra muller, María Cruz Pérez, asina o dito documento.
Ernestina Otero (no centro con traxe claro) no claustro das escolas normais de Pontevedra (1915.1916)
Este proxecto de escola é derrubado co estalido da Guerra Civil e Ernestina, que non renega da súa actuación durante a República, é suspendida de emprego e soldo en novembro do 36, xunto cuns 60 profesionais máis, grupo no que tamén se atopa Castelao. A mesma sorte corren inmediatamente despois as súas irmás Lola e Esperanza, mestras de primeiro ensino. En xuño do 37 é separada definitivamente do servizo académico e dáselle baixa no escalafón. O seu círculo familiar e de amizades é vítima da brutal represión do réxime; ela sobrevive coas aulas particulares, que lle serven, a pesar das constantes multas que se lle impoñen, para manter a súa familia. Durante esta época converte a botica do seu home nun roupeiro, esta vez ao servizo de presas e presos políticos. Ao rematar a Guerra é revisado o seu expediente, resólvese a anulación da separación definitiva do ensino e é sancionada coa suspensión de emprego e soldo por dous anos, con inhabilitación para cargos directivos e cun desterro á Escola Normal de Ourense, onde exerceu durante dez anos, entre métodos e temarios desenterrados polo franquismo. Continuou coa súa loita fóra das aulas, axudando as orfas/os da guerra e as fillas/os das presas/os. En 1951 puido regresar a Pontevedra, onde morreu cinco anos despois, aos 65 anos.
Promoción 1915, entre o profesorado: Ernestina Otero, Felisa R. Saz, Isólita González, Rosario Fondevila e Dolores Grangel
Fuente: Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) Autora: Olalla Márquez Losada (2011) FOTOS: http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=2872
cousas de 43
REPORTAXE
CHANDEBRITO: ONDE O SIMBOLISMO E A SOLIDARIEDADE ÚNENSE POLA LOITA CONTRA O LUME
E C Pablo Fernández Estévez O ocorrido en Chandebrito demostra que unha catástrofe non é suficiente para acabar coa natureza e menos se a man do home, a miúdo usada para castigar a contorna, apunta na dirección correcta. O 15 de outubro de 2017 o 90% da superficie forestal da parroquia situada en Nigrán foi arrasada por unha onda de incendios que se repetiron en diferentes puntos da comarca e da cidade veciña de Vigo. Como consecuencia dúas veciñas do núcleo rural faleceron como consecuencia das chamas e máis de 450 hectáreas acabaron cubertas por un manto de cinza. A partir de aquí xurdiron múltiples iniciativas solidarias para tratar de recuperar un dos pulmóns do Val Miñor, e o balance dous anos e medio despois tradúcese en máis dun millón de árbores autóctonas plantadas, pasando novamente da cor negra ao verde nunha zona cargada de simbolismo localizada en torno ao barrio de O Castro. Centro municipal de Remo
O barrio de O Castro, zona 0 dos incendios A riqueza da súa contorna motivou a súa posta en valor, na que os actos simbólicos como o “Bosque dá Memoria” ou a escultura “ Rexurdimento” poñen nome e apelidos ás decenas de actuacións de reforestación con especies autóctonas levadas a cabo por entidades públicas, privadas, asociacións ou centros educativos. Á súa vez fusiónanse co “Banco do Encontro” instalado como homenaxe a dúas dos ciclistas falecidos no atropelo masivo ocorrido en 2016 na estrada que une Baiona e A Guarda, ademais da musealización do punto máis alto da zona froito das escavacións realizadas pola agrupación “*Árbore Arqueoloxía” que testemuñan a intensa actividade deste espazo durante a idade de ferro ata a chegada dos Romanos. 44 cousas de
Barrio do Castro
Bosque da Memoria A primeira das actuacións foi a levada a cabo a través da Mancomunidade de montes e da ONG Galicia Ambiental e pola que plantaron medio centenar de exemplares repartidos entre avellanos, acivros, sobreiras, carballos, cerdeiras e castiñeiros nun terreo de 5.000 metros cadrados. Varios paneis informativos, unha zona cuberta de bancos, a celebración de talleres de concienciación, a formación dos seus veciños como embaixadores para relatar o vivido o 15 de outubro de 2017 e a publicación dun libro deron forma ao “Bosque da memoria”, enmarcado dentro do proxecto “Árbores de cinza” impulsado pola ONG, inaugurado oficialmente o 10 de agosto de 2018 e financiado pola empresa C&A Modas por 23.000 euros. Banco do encontro Cara ao interior da montaña o “Banco do Encontro” mantén na retina aos veciños a “Ñito” e Diego, os dous ciclistas falecidos vítimas do atropelo de 2016 en Oia. O conxunto de 200 quilos de peso coroa un punto desde onde é visible case a totalidade da comarca do Val Miñor e foi elaborado polo ebanista Miguel Lago pertencente ao club ‘Pena Ciclista Val Miñor Os Bravos’ e a ‘Pena Os Mansos’, aos que tamén pertencían as vítimas. A súa colocación levou a cabo a inicios do 2019.
cousas de 45
Musealización do punto máis alto de Chandebrito A zona máis elevada da parroquia Nigranesa garda a testemuña da intensa actividade comercial vivida desde aquí hai máis de 2.000 anos, cuxas ánforas atopadas durante as escavacións realizadas pola agrupación “Árbore Arqueoloxía” evidencian a relacións que se mantiñan con civilizacións localizadas no Guadalquivir. Darío Peña, arqueólogo pertencente á asociación, mantén que o asentamento estivo habitado durante centos de anos aproximadamente desde o 800 A. C. ata o cambio de era coincidindo coa chegada dos Romanos. A musealización ao aire libre formalizouse a finais de 2019 tras os traballos realizados en dúas fases, a primeira levada a cabo por outro grupo en 2008. A parte recuperada corresponde a un espazo de 58 metros cadrados no que se reflicte un cambio de uso da estrutura e restos de catro edificacións, é dicir, que ao final dos seus tempos este habitáculo xa non funcionaba como vivenda, senón que os restos atopados evidencian que o espazo podería servir como unha especie de almacén. 46 cousas de
Rexurdimento Dous grandes pulmóns de 3,5 metros do alto unidos entre si por un tronco do que nace un brote verde, bautizados como “Rexurdimento”, coroan unha zona coñecida pola toponimia popular como “Niño de Corvo”. O curioso do conxunto escultórico é que está elaborado a partir de fragmentos de madeira procedentes de árbores queimadas aquí como consecuencia do suceso de 2017. Trátase dun enclave situado no barrio de O Castro e que ten como telón de fondo unhas inmellorables vistas da ría de Vigo, un espazo cargado de simbolismo calcinado fai xa case tres anos. Deste xeito tanto a comunidade de montes da parroquia, como o Concello e a colectiva “Arte non queimado” puxeron o seu broche de ouro nun lugar marcado polo recordo que foi inaugurado en xaneiro deste ano.
Crean o Bosque Maeloc polo 40º aniversario do primeiro disco de Milladoiro Nigrán celebrou a finais de agosto en Chandebrito o festival Chandefolk co concerto do emblemático grupo Milladoiro despois de homenaxealos mediante a plantación do ‘Bosque de Maeloc’ e o descubrimento dun monumento ex-profeso que representa, precisamente, un milladoiro. Os membros actuais da banda xunto a Seoane, goberno de Nigrán, Comunidade de Montes e veciños, foron os encargados de reforestar 7.000 metros cadrados do Outeiro de As Laxes con 40 especies autóctonas no que xa quedou bautizado como ‘Bosque de Maeloc’ en homenaxe á publicación no 1980 do seu primeiro disco ‘A Galicia de Maeloc’ Precisamente, a superficie rexenerada resultara calcinada nos incendios de 2017 e foi “deseucaliptilizada” antes da reforestación para plantar no seu lugar 10 bidueiros, 10 cerdeiras, 10 nogueiras e 10 castiñeiros. J
cousas de 47
PÉ DO GALIÑEIRO / OPINIÓN
A INCÓGNITA GUILLADE (2ª parte) Por Carlos Méixome
O Guillade en Baiona Herminio Ramos na súas Crónicas históricas de la villa de Bayona fálanos dun asalto á vila realizado pola gavela dun capitán chamado Guillade en 1820. A acción seica comezou sobre as dez da noite do 1º de xuño. A gavela comandada por Guillade e composta por dez homes, a maioría portugueses, asaltou a casa de Xosé Portela en San Pedro da Ramallosa. Fenderon a porta principal a machadazos, momento que aproveitou o dono da casa para fuxir. Unha vez no interior da morada pediron viño á esposa do fuxido e ameazaron a sogra, feríndoa levemente no pescozo e golpeándoa en varias ocasións. Con posterioridade, entraron noutras dúas casas das que marcharon, despois da media noite, sen conseguir diñeiro pero si xoias e outros obxectos, ademais de comer e beber en abundancia. Ao día seguinte, sobre as catro da tarde, presentáronse na parroquia de Baíña, entraron na casa de Carlos Rodríguez: comeron ovos con touciño, maltrataron a muller e levaron como guía a Francisco Domínguez, alcumado “O Chímpoas”. Colleron cara a Baiona, dando a volta polo monte de Baredo e entrando polo campo de Santa Liberata onde un dos bandoleiros, despois de ollar un papel que tirou do peto, preguntoulle ao forzado guía cal era a casa dos Pugas e cantas portas tiña. Sobre as nove da noite do dous de xuño a gavela baixou pola rúa do Hospital dando berros e disparando os trabucos para obrigar os veciños a meterse nas casas e pechar portas e ventás. Os bandoleiros berraban os seus “nomes de guerra”: Guillade, Veleno, Trigo, Centeo, que consideraban suficiente para asustar a veciñanza. O Chímpoas levounos ata a casa de Francisco Puga. No interior atopábase o propietario coa súa dona Rosa Correa e Pedro Ibarra, amigo da parella. Despois de romper varias portas entraron na sala sete bandoleiros esixíndolle unha gran cantidade de diñeiro. Como non llelo entregou déronlle golpes e unha coitelada no pescozo, mentres que o visitante colgárono dunha trabe, cabeza abaixo, despois de tirarlle as botas. Despois de rexistrar a casa e apañar algúns obxectos de valor, o Guillade díxolle ao Chímpoas que lles indicase a morada de María Benita David. Ao chegar a esta, uns puxéronse na entrada posterior, que daba ao mar, e outros na principal, dando berros e disparando os trabucos. Abateron a porta principal a machadazos. Foi nese intre cando chegaban a porto as gamelas que fixeron soar as súas bucinas en sinal de arribada e Guillade e os seus homes, coidando que se trataba de xente armada que viña contra eles, comezaron a trabucazos e fixéronos recuar cara ao mar. O Chímpoas dirixiunos despois á casa de Vicente Soto, quen, ante o barullo de berros e disparos, asomouse á fiestra xusto no momento en que unha bala batía nela. Preguntoulles que querían e dixéronlle que abrise a porta, se non que o farían eles. Logo de franquearlles a entrada, os bandoleiros preguntáronlle onde estaba “A arca do mudo” que era o depósito dos mariñeiros. Cando llelo dixo rompérona e colleron o diñeiro. Logo roubaron a casa de José Ramos e despois a de Josefa Pérez, muller de Domingo Amorín. Ese foi o momento no que o Chímpoas, aproveitando que xa non lle facían moito caso e aducindo necesidades inescusables, aproveitou para fuxir e regresar a Baíña. Dende a casa do patrón de pesca Roque Mariño botáronlles uns tiros aos bandoleiros. Enfurecidos tiraron abaixo tres portas e percorreron todos os cuartos na busca dos que lles dispararan, mais non os deron topado xa que se agocharan baixo dunhas redes. Cando ía amencer, a partida abandonou Baiona tranquilamente. Na Groba atoparon varios veciños de Belesar que andaban a apañar toxo para estrar as cortes e obrigáronos a cargar cos fardos do roubado e non os deixaron regresar ata pasar o San Colmado, cando era xa de noite. A cada un deles déronlle oito reais. Logo sóubose que pasaran o Miño por Camposancos.
48 cousas de
A frustrante persecución do Guillade Os ánimos na vila estaban quentes despois das falcatruadas dos bandoleiros e non se fixeron agardar acedas críticas pola indolente actitude do Gobernador de Monterreal. Comentábase que só se preocupara de que os soldados da dotación da fortaleza protexesen a súa casa. Ao día seguinte organizouse unha partida de veciños armados para perseguir os bandoleiros. Cando anoitecía coidaron ver uns vultos que se movían e dispararon sobre eles. Era un rabaño de ovellas. O resultado, cinco ou seis cabritos mortos. Mentres, ao único que prenderon foi ao Chímpoas, que como era home honrado deixárono en liberdade. O Guillade que asaltou Baiona en xuño de 1820 e o xefe carlista que acadou sona entre 1833 e 1838, eran a mesma persoa? Segundo Herminio Ramos non, xa que o primeiro era natural de Tomiño e foi morto por un seu sobriño que lle tallou o pescozo, mentres que o carlista morreu, como xa dixemos, entre Refoxos (Cortegada) e Escudeiros (Ramirás). Ora ben, as confusións son doadas cando non temos datos fidedignos. O 1º de xaneiro de 1820 triunfa a revolta liberal, encabezada por Rafael del Riego en Cabezas de San Juan, consolidada pola sublevación da Coruña, comandada polo coronel Acevedo, que rendía deste xeito homenaxe ao mozo Porlier, aforcado cinco anos antes. Foi o breve período no que se restaurou a Constitución de 1812, abolida por Fernando VII, entre 1820 e abril de 1823, cando o exército francés dos Cen Mil Fillos de San Luís invadiron España e restauraron o absolutismo. Nos primeiros meses do réxime constitucional houbo resposta armada dos absolutistas na zona do Baixo Miño, polo que non tería nada de estraño que a gavela que asaltou Baiona en 1820 fose unha partida absolutista comandada polo mesmo Guillade, que pasados algúns anos se converteu nun dos xefes carlistas máis prestixiosos. Nesta posibilidade podemos insistir se temos en conta algúns datos fornecidos polo mesmo Herminio Ramos que transcribe diversos documentos do Arquivo Municipal de Baiona. Como dixemos, outras casas asaltadas pola gavela foron a de José Ramos e a de Vicente Soto. Ámbolos dous membros do goberno municipal de carácter constitucional. O tal José Ramos debía ser un furibundo antiabsolutista, pois ao día seguinte do ataque dos bandoleiros, cando formaba parte dunha patrulla de vixilancia nocturna, tentou agredir coa baioneta, despois dunha forte discusión, a Bernardo Barreiro, coñecido polas súas ideas contrarias, e, en 1823, ao pouco de restablecerse o absolutismo, foi detido por pasear polas rúas da vila cun sabre militar en provocativa actitude. Tamén podemos decatarnos de que o gobernador de Baiona, tan criticado polos veciños no momento do asalto do Guillade, era o Capitán de navío Domingo Serondo, quen uns meses antes se resistira, en repetidas ocasións, a proclamar a Constitución. Era, polo tanto, o citado gobernador un recalcitrante absolutista. O mesmo que o tal Guillade, sería a pregunta.J
cousas de 49
GALICIA SOLIDARIA
AFAGA, Ó CARÓN DAS PERSOAS CON ALZHÉIMER E AS SÚAS FAMILIAS
“Afaga é unha entidade sen ánimo de lucro que loita pola dignidade das persoas con alzhéimer e as súas familias”. Con estas palabras define a misión da asociación o seu presidente, Juan Carlos Rodríguez.
E Cristina Villanueva C Afaga
Afaga creouse hai xa 26 anos, no ano 1994, e xurdiu dun grupo de familiares que por mor da desorientación e falta de información que naquel momento existía respecto desta enfermidade, uníronse para buscar apoios. Foi a primeira asociación de familiares de Galicia, e tras 20 anos de actividade, integra xa a máis de 700 socios. Desenvolve a súa acción no sur da provincia de Pontevedra. exceptuando as poboacións do Morrazo. Nesta área estímase unha poboación de 9.957 persoas con alzhéimer e outras demencias, das que o 50% non teñen diagnóstico definitivo. Ademais, calcúlase que pode haber entre 3.000 e 15.000 persoas máis cunha deterioración cognitiva leve que pode derivar nunha demencia. Pero os números non queda aí, xa que por cada paciente deste tipo hai implicadas polo menos dúas persoas da súa contorna, que se encargan do seu coidado e atención. Co cal o número de afectados por esta enfermidade na área sanitaria de Vigo ascende a uns 30.000. Por tanto, a presenza da entidade nesas localidades é imprescindible. A asociación ten nove centros nos que ofrece programas de estimulación cognitiva e funcional, e tamén servizos de atención social, psicolóxica, legal e cursos de formación aos familiares. Estes localízanse en: Vigo, onde se sitúa o Centro de Atención Integral para enfermos de alzhéimer en fase leve ou moderada e onde xestiona o Centro de Día Beiramar; O Porriño, onde xestiona unha Unidade de Atención Terapéutica e en Mos, Nigrán, Tui, Salceda de Caselas, Ponteareas e Redondela onde desenvolve obradoiros de estimulación cognitiva e funcional Ademais, desenvolve programas de prevención á deterioración cognitiva en Gondomar e Baiona, a través do taller ‘Cultiva a Mente’. Cando unha persoa chega á porta de Afaga tras un diagnóstico dun familiar, adoita estar angustiada e con pouca información, por iso, a asociación abre as súas portas a todo o que necesita apoio e orientación. En primeiro lugar unha traballadora social ofrécelle todo tipo de asesoramento, desde información relativa á enfermidade ata as axudas sociais ás que ten dereito e, por suposto, sobre todos os servizos que lle ofrece a asociación, tanto para a persoa enferma como para os familiares e coidadores. 50 cousas de
SERVIZOS: •Programa de Acollida •Servizo de Atención Psicolóxica a familiares e a persoas enfermas •Programas de grupos terapéuticos para coidadores •Talleres de Estimulación Cognitiva e Funcional •Programa de Atención a Domicilio •Asesoramento Legal •Asesoramento en produtos de apoio •Recursos especializados •Taller de novas tecnoloxías •Taller de fisioterapia •Programa de prevención do deterioro cognitivo •Formación a familiares e coidadores •Formación especializada a profesionais Doutra banda, Afaga promove e participa en proxectos de investigación con diversas universidades e outras entidades.
¿Qué é a demencia? A demencia é un conxunto de signos e síntomas de orixe orgánica que se manifesta nunha perda progresiva das capacidades cognitivas (aquelas que nos axudan a procesar, interpretar e reaccionar de forma adecuada aos estímulos tanto propios como da contorna) tales como a atención, memoria, linguaxe, funcións executivas… Tales alteracións repercuten negativamente no funcionamento da vida cotiá da persoa afectada. Aínda que a demencia máis típica é o Alzhéimer, hai outros tres tipos: frontotemporal, por corpos de Lewy e demencia vascular.
Estes son algúns sinais de advertencia polas que se debe acudir ao médico: 1.-Dificultade no pensamento abstracto ou capacidade de xuízo; 2.-Perda de obxectos: Adoita deberse a problemas de atención máis que de memoria, polo que a súa aparición debe interpretarse con precaución 3.- Cambio de carácter ou alteracións do comportamento; 4.- Cambio de personalidade: a persoa pode volverse moi suspicaz, confuso, medorento e dependente dun familiar (habitualmente o cónxuxe); 5.- Perda de iniciativa: o paciente perde interese polas súas ocupacións habituais e evita o contacto social. Se unha persoa presenta varios destes síntomas, hai que acudir ao médico de Atención Primaria e este derivaralle ao especialista se fose necesario.
cousas de 51
MEDIO AMBIENTE
CEGOÑAS NA COMARCA DO BAIXO MIÑO E C Manu Sobrino
A chegada das cegoñas o Baixo Miño, o pasado mes de febreiro, provocou enorme balbordo na parroquia tomiñesa de Estás, lugar que chegou a congregar o grupo máis numeroso destas zancudas xamais rexistrado na nosa comarca. Un total de 16 exemplares foron observados o 30 de marzo, en pleno confinamiento polo coronavirus, ante o estupor dos vecinos sorprendidos polo achádego. A noticia do seu regreso comezou a ser amplamente difundida a través das redes sociais, xerando numerosas reaccións. As primeiras informacións, moi confusas, falaban dun único individuo errático, localizado en diferentes puntos entre A Guarda e Tomiño. Só uns días bastaron para confirmar a boa nova: unha parella establecérase no alto dunha palmeira, despoxada das súas follas polo ataque do picudo. Nos últimos anos, púidose constatar a utilización destas improvisadas plataformas como soporte para a construcción de niños por parte das cegoñas. Unha vez máis, abríase unha porta á esperanza... “¡Ogallá se queden!”, enfatizaban os veciños, que cada mañanciña tiñan a sorte de asistir as espectaculares cerimonias de saudación, consistentes en sonoros crotoreos e contorsións imposibles. Pero non queda ahí a cousa. Imaxes gravadas e partilladas por este que escribe amosaban as continuas pelexas de catro exemplares —presumiblemente dúas parellas— por facerse co control da cobizada palmeira. Imaxes que chamaron a atención de medios como RadioVoz ou La Voz de Galicia, que o 1 de marzo titulaba así un dos seus artigos: “Las cigüeñas vuelven a O Baixo Miño”. Posteriormente, grupos de ata seis aves foron rexistrados sobrevoando a antiga fábrica de As Cachadas e o barrio de Pacenteo, en O Rosal. Os grandes e elegantes ciconiformes estaban xa en boca de todos, e os seus voos eran seguidos con entusiasmo.
52 cousas de
Pero ata aquí as boas noticias... O 24 de marzo coñeciamos a morte por electrocución dunha cegoña nunha finca próxima o lugar frecuentado pola parella. Un inimigo invisible, responsable da morte de centos de miles de aves cada ano, cobrábase a súa primeira vítima. O Seprona levantou acta dos feitos e nada puido facerse por salvar o animal. Varias semanas despois, o 17 de abril, fotografías publicadas na rede social Facebook encollían o corazón de centos de personas. Outra cegoña malferida, cabizbaixa e incapaz de voar era rescatada en Estás pola Policia Local de Tomiño e trasladada ao Centro de Recuperación de Fauna de Cotobade, dependente da Consellería de Medio Ambiente. Presentaba un forte golpe na cabeza e apenas podía moverse. Unha valoración posterior sinalaba novamente como posible causa o choque contra o tendido eléctrico, que provocaría a fatal caída. A pesares do prognóstico favorable, a boa evolución e os coidados dispensados a cargo do persoal do centro, o ave falecía o 1 de maio. Foi un duro varapao para a exigua poboación de cegoñas do Baixo Miño. A mala fortuna semellaba cebarse con elas.
Estes desafortunados contratempos veñen a sumarse a outros tristemente célebres, afastados no tempo e no espazo, que en certo modo frean a expansión da especie na nosa comarca: o primeiro deles, ocorrido en 1992 en San Salvador de Budiño (O Porriño) trala morte a tiros da famosa parella reproductora nunha fábrica de O Cerquido; o segundo, en Areas de Tui, co derrubamento en maio de 2017 da palmeira que sustentaba sobre a súa enferma estrutura o presente e o futuro da cegoña branca no Baixo Miño, ocasionando a morte dun polo recén nado e doutro a piques de rachar o ovo. Luces e sombras na primavera das cegoñas… No comezo do verán ainda continuaba o goteo de avistamentos, pero a meirande parte dos individuos observados antes e durante a pandemia parece que esvaeceron; e con elas, a promesa dunha nova xeración de cegoniños que permita o asentamento destas fermosas aves na marxe galega do río. Unha garantía que nestes momentos recae sobre dúas parellas nidificantes nas freguerías portuguesas de Arão e São Pedro da Torre (Valença do Minho), onde as cegoñas atoparon nos últimos anos as condicións axeitadas para reproducírense con éxito. Nestoutra beira da raia teremos que agardar un pouco máis… cousas de 53
OCIO
LIBERDADE E COMPROMISO: XAIME QUESSADA O MUSEO DE PONTEVEDRA ACOLLE ATA O 10 DE XANEIRO A SÚA PRIMEIRA MONOGRAFÍA ANTOLÓXICA SOBRE O AUTOR OURENSÁN
O Sexto Edificio do Museo de Pontevedra acolle desde o 24 de setembro ao 10 de xaneiro de 2021 a súa primeira monografía antolóxica sobre o artista ourensán Xaime Quessada. Esta exposición, a última grande prevista polo Museo para este ano, é unha mostra comisariada por Pilar Corredoira na que exhibense máis de medio cento de obras realizadas ao longo de cinco décadas de actividade creadora e na que se reflicten dúas das características máis outorgadas ao autor: liberdade creativa e compromiso social. Segundo explica o director do Museo, Xosé Manuel Rey, esta mostra ten unha grande significación e importancia dentro da traxectoria expositiva do Museo de Pontevedra, xa que ademais de ser monográfica e antolóxica dun pintor chave na historia artística galega, con ela estréase a nova imaxe corporativa da institución pontevedresa presentada publicamente o pasado mes de xullo. A idea da `expo’ é ofrecer un percorrido coherente e unha “lectura nítida e enriquecedora” do autor. Dentro do itinerario proposto móstranse aquelas obras temperás, de finais dos anos cincuenta; as da década dos sesenta que xa revelan o artista batallador, viaxeiro e culto, e a elas engádenselles novas creacións que irán definindo as transformacións estilísticas e temáticas que teñen lugar nos anos seguintes, á vez que se afianza a súa linguaxe. Veranse os traballos de Quessada arredor da tradición española, o pop art, o clasicismo, a figuración esquemática, o cubismo e poscubismo; as series da música e danza e o que el denominará a “metamorfose dos estilos” aplicada ás composicións paisaxísticas, ás escenas de interiores e de figuras. Tamén se poñen de manifesto os conflitos que marcaron a historia recente do mundo e que o artista viviu con grande intensidade deixando a pegada desas impresións na súa obra. Asuntos de extrema gravidade que lle afectaron á sociedade global nos últimos cincuenta anos –como a IIGM, Vietnam, Kosovo, Ruanda, Timor, Chechenia, Etiopía, o 11S e Afganistán…–, narrados desde unha particular visión crítica e áspera, non exenta de sensibilidade. Por outra banda, incidese en que unha cuestión salientable na obra de Quessada é Galicia, unha terra natal que estará sempre presente no ánimo do artista e formará parte dos seus anhelos desde o principio da súa carreira.
A selección de obras –comisariada por Pilar Corredoira– procede de museos, coleccións institucionais, públicas e privadas, así como da fundación que leva o seu nome: MNCARS (Madrid), Museo de Belas Artes da Coruña, Museo Municipal de Ourense, Museo Municipal Quiñones de León (Vigo), Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), Parlamento de Galicia, Colección Abanca (A Coruña), Colección Afundación (Vigo), Fundación Xaime Quesada Blanco (Ourense) e Universidade de Santiago de Compostela. Entre as obras seleccionadas sinalamos as seguintes: Estío (1959), El dictador (1961), A pombiña (1963), El laberinto español (1964), Al alba (1960-1970) Camboya (1967), Tensión (1971), Esfola na ponte das Pías (1972), Pop Fiction (1973), En Galicia un día (1973), El dragón (1979), Érguete Galicia (1975), Jaime (1982), Concepto de espacio (1985), O soño (1989), El ensayo (1991), El perro azul (1995-1997), A música I (1997), Las torres gemelas (2002) e El laberinto español (2003).
54 cousas de
OCIO /LIBROS Exhalación Ted Chiang Editorial Sexto Piso
Castelao Construtor da nación Tomo II . 1931-1939
Ted Chiang é un dos nomes imprescindibles da ciencia ficción, goza do mais sólido prestixio. Nos relatos de Exhalación demostra unha formidable habilidade para indagar nos enigmas da condición humana e abordar os conflitos éticos que a relación coa tecnoloxía expón na nosa existencia.
Miguel Anxo Seixas Seoane Editorial Galaxia
Orient-Express El tren de Europa.
Odisea
Mauricio Wlesenthal Editorial Acantilado Mauricio Wlesenthal, coa súa prosa envolvente e fragante, transpórtanos a países e estacións, narra as súas historias e lendas, e crea un relato vívido e evocador, dacabalo entre as memorias e o ensaio.
Velaquí o segundo volume dunha biografía monumental, desta volta durante os anos da Segunda República e a Guerra Civil, concebida por Miguel Anxo Seixas case coma un diario da vida cotiá de Castelao cos fitos da súa cronoloxía persoal e pública.
Homero Editorial Blackie Books Todos coñecemos a historia da Odisea, aínda que non a leramos. Blackie Books arrinca a súa colección Clásicos Liberados coa historia de todas as historias occidentais. Tomando a adaptación favorita de Borges para incluír, ademais, unha versión da historia de Margaret Atwood nunha edición coidadísima, pero non cara, ilustrada polo gran Calpurnio.
Medea
Descubre la arquitectura
Chantal Maillard Editorial Tusquets
Eduard Altarriba Barta Bardi I Milá Editorial Juventud
Chantal Maillard é considerada unha das voces poéticas máis intensas e honestas do panorama actual. Os versos deste poemario chegan ao fondo primixenio e ancestral de todas as accións humanas. E con iso o libro proponse, non xa como unha meditación sobre a culpabilidade feminina, senón como un doloroso proceso de curación.
Pirámides, catedrais, iglúes, rañaceos, casas ... Nesta introdución á arquitectura poderás descubrir, con ilustracións detalladas e cheas de vida, como foron concibidos os edificios que tes preto de ti e algunhas construcións famosas do mundo, das casas máis simples ata os rañaceos máis impresionantes.
cousas de 55
AXENDA
A GUARDA HORARIO DE INVERNO NA REDE DE MUSEOS O Museo Arqueolóxico de Santa Trega (MASAT) abrirá as súas portas de martes a domingo en horario de 10:00h a 18:30h O Museo do Mar, sito no final do paseo marítimo, estará aberto as fins de semana e festivos en horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h. O Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz pecha as súas portas ata a vindeira primavera, quedando aberto o espazo público deste recinto fortificado.
CANGAS PROGRAMA: Sábado, día 28 10.30 - Recepción congresistas. 11.00 - Acto inagural do XI CONCRESO GALEGO DE CRUCEIROS, CRUCES DE PEDRA E PETOS DE ÁNIMAS, coa participación do Alcalde Don Xose Manuel Pazos Varela. 11.30 - Primeira sesión de relatorios encol de Cerviño. 14.00 - Xantar. 16.30 - Segunda sesión de relatorios. 20.30 - Final de relatorios. Domingo, día 29 09.30 - Tercera sesión de relatorios. 13.30 - Remate do Congreso e comida de fraternidade.
TUI O MES DE OUTUBRO AINDA PODEN VISITARSE OS SAMBENITOS NO MUSEO DIOCESANO Os Sambenitos atopados nos anos 80 na Catedral de Tui, pezas destacadas do patrimonio xudeu tudense, poden visitarse ata finais de outubro no Museo Diocesano. No terceiro andar do edificio expóñense cinco lenzos cos 14 sambenitos dos que 10 son os orixinais e 4 son copias, xa que os orixinais atópanse agora no Museo Catedralicio. O Museo Diocesano, situado no antigo Hospital de Pobres e Peregrinos, na praza do Concello, custodia valiosas pezas do patrimonio tanto de Tui coma da comarca do Baixo Miño. No mes doutubro pode visitarse de luns a venres en horario de 11 a 14h. o previa cita. O Museo Diocesano acolle tamén outras pezas vinculadas á cultura xudía coma é o caso da cruz parroquial do Porriño do século XVII do prateiro converso Joâo de Sousa. Forma parte da colección de pratería onde destaca tamén a cruz parroquial de Mos. 56 cousas de
REDONDELA
BAIONA
cousas de 57
PUNTOS DE DISTRIBUCIÓN DA NOSA REVISTA Ante a situación xerada polo estado de alarma, en COUSAS DE, tomamos a decisión de poñer en marcha unha serie de medidas extraordinarias, para asegurar a chegada de exemplares da nosa revista, de maneira segura, en todas e cada unha das localidades obxecto habitual de cobertura informativa da nosa cabeceira. Unha destas medidas é o acordo con establecimentos especializados na venda de libros, revistas e prensa en xeral, como novos puntos de distribución da revista. Queremos mostrar o noso agradecemento a todos e cada un deles polo entusiasmo mostrado ante esta nova proposta. Nestes días tan complicados tamén queremos trasladarlles o noso maior recoñecemento a eles e a todas as mulleres e homes que rexentan quioscos e librarias, por cumprir cunha misión tan importante como é a de garantir un ben de primeira necesidade: a información procedente da prensa escrita. A GUARDA.- Librería LER, librería Cervantes, Estanco Altamar e Librería Ideas AS NEVES.- Estanco BAIONA.-Librería Vernet. Sabarís.- Kiosko Sabarís BUEU.- Librería Abrente, Librería Miranda e Panadería Amador CANGAS.- Kiosco Goluts, Kiosko La Ventana e Libraría Wells GONDOMAR.- Librería Libraida MOAÑA.- Librería Nobel MONDARIZ.- Librería Santa Eulalia MOS.- Librería Arte e Ciencia NIGRÁN.- Libraría Paraísos de Papel, Autoservicio Marvei e Estanco. Ramallosa. - Kiosko Ramallosa. Panxón.- Estanco César O PORRIÑO.- Librería Recondo, Kiosco El Pinar e Librería Papelería Copirey O ROSAL.- Librería Ideas e La Segunda Vuelta PONTEAREAS.- Librería Papiros, Librería Don Papel e Librería Mil Follas PAZOS DE BORBÉN .- Kiosko - Tabacos Huno REDONDELA.- Quiosco Cocó , Quiosco Chelo , Quiosco Xunqueira e Libraría La Imprenta. Chapela de Arriba.- Estanco SALCEDA.- Librería Sernel, Librería Lemos e Librería Dona SALVATERRA.- Kiosko Bolboreta e Estanco SOUTOMAIOR.- Arcade Librerías Loli e Kiosco Tulipán TOMIÑO.– Librería Novidades e Quisco Loterías Gonzalo TUI.- Librería Nobel, Estanco/quiosco rúa Ourense e Librería Iris VIGO.- Librería Librouro, Librería Solidaria Aida e Librería Nobel (Gran Vía)
Edita: EDICIONES BASAN, S.L. C/ López de Neira, nº 3, 3º. 36202 Vigo. cousasde@edicionesbasan.com. Director: Jesús G. Bastida jesusgbastida@cousasde.com Deseño e maquetación: CREACIÓN ANIMAL Colaboradores: Anxo Rodríguez Lemos, Pablo Fernández Estévez, Carlos Méixome, Suso Vila, Álvaro Peralta, Juan Ramón Tamuxe, Rosana Calvo, Judit Bernárdez, Manu Sobrino, Rosa Vilar, Silvia Cernadas, Xosé Ramón Paz Antón
58 cousas de
Periodicidade trimestral.
Departamento Comercial: revistacousasde@cousasde.com Teléfono: 626 993 480 Web e redes sociais: www.cousasde.com
redacción@cousasde.com Depósito Legal: VG 229-2019 A empresa resérvase todos os dereitos da publicación, sen que poida reproducirse total ou parcialmente o seu contido, sen o consentimento previo dos editores.
Distribuída en: A Guarda, Baiona, Redondela, Gondomar, Nigrán, Oia, O Rosal, Salceda de Caselas, Tomiño, Tui, Mos e O Porriño, Soutomaior, Ponteareas, Salvaterra do Miño, Bueu, Cangas, Moaña, Marín, Vilaboa, Mondariz, MondarizBalneario, As Neves, Pazos de Borbén. En Portugal: Valença, Cerveira, Caminha e Monçao
cousas de 59
Rúa de García Barbón, 28 Vigo
986 443 164
Consulta valorada en 60€, válida para consultas preoperatorias de corrección visual por láser de miopía, hipermetropía, astigmatismo y presbicia. No acumulable a
60 cousas de otras ofertas. Pruebas incluidas. Registro sanitario C-36-000437. Promoción válida hasta 31/12/2020. Para más información: www.clinicabaviera.com/promociones.