3 minute read

RÍAS BAIXAS

Next Article
DISTRIBUCIÓN

DISTRIBUCIÓN

MARÍA XOSÉ QUEIZÁN CONVIDA A “PENSAR, GOZAR E PROFANAR” NUNHA EXPOSICIÓN INÉDITA NA SEDE DA DEPUTACIÓN EN VIGO

A sede da Deputación de Pontevedra en Vigo acolle ata o 29 de outubro a exposición Materiais para pensar, gozar e profanar, unha mostra inédita da obra plástica da escritora, poetisa e ensaísta María Xosé Queizán na que mestura pezas conceptuais e collages con obxectos cotiás, persoais e familiares. A mostra, que pode verse na sala Rosalía de Castro da sede, está composta por medio cento de pezas. A súa orixe remóntase a hai máis dunha década, cando a autora empezou a recompilar materiais de todo tipo (caixas, pezas de porcelana, metal, cartóns,…), e con eles deu forma a inusuais e sorprendentes obras de arte ás que outorgou un novo signifi cado.

Advertisement

“Voz literaria imprescindible e referente feminista”

No acto de inauguración, con aforo limitado a 30 persoas debido ás medidas de seguridade fronte á COVID-19. “Cambiei o meu modo de comunicar, que é a lingua, por materiais pobres e tanxibles. Expreso ideas tratadas con humor ou retranca, e están presentes a admiración ou a crítica sarcástica”, explicou a autora na súa intervención. “Entre os obxectos expostos está a bandurria do meu pai, o suxeitador de voda da miña nai, o retrato da tía Marucha ou o coador de café do tío Moncho”, contou Queizán, para engadir que a través da exposición “maniféstanse os meus criterios e a miña vida”. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, destacou na súa intervención “o talento, a enerxía creativa e o compromiso social” de Queizán. “Vemos de novo o espírito libre, valente e innovador dunha muller extraordinaria. Esta exposición permítenos coñecer unha parte máis das súas inquedanzas persoais, neste caso non mediante a palabra que tan ben manexa, senón por medio doutras ferramentas artísticas”, sinalou a presidenta. A presidenta da Deputación resaltou a contribución de Queizán á cultura de Galicia e cualifi couna como “unha voz imprescindible na literatura en galego, e un referente no pensamento feminista, unha muller pioneira que marcou o camiño para moitas outras”. Carmela Silva animou á veciñanza a adentrarse no universo persoal da autora a través desta mostra e destacou tamén a aposta da Deputación pola cultura, o compromiso social e a igualdade na súa nova sede en Vigo.

María Xosé Queizán Vilas

Naceu en Vigo en 1939. Catedrática de lingua e literatura galega, escritora e fi gura relevante no movemento feminista en España. Comezou a súa carreira como escritora xa na súa adolescencia escribindo artigos para o xornal vigués “O Pobo Gallego”. O seu primeiro poemario aparece en 1991, seguido por “Espertar dás amantes” en 1993. O seu carácter emprendedor e o seu amor polo teatro levárona a desempeñar diversos papeis a cargo de varias organizacións como codirectora do grupo teatral Feministas Independentes Galegas.

A exposición, que poderá visitarse ata o 29 de outubro na sede viguesa da Deputación (situada na Rúa Eduardo Chao do Casco Vello), descobre unha nova faceta da narradora, ensaísta, columnista e poetisa, que complementa o perfi l, xa de por si poliédrico, desta pioneira da narrativa feminina en galego.

Cristal Méndez Queizán, fi lla da escritora, acompañada á guitarra por Bieito Álvarez Carrero, ofreceu un pequeno recital musical

This article is from: