RÍAS BAIXAS
MARÍA XOSÉ QUEIZÁN CONVIDA A “PENSAR, GOZAR E PROFANAR” NUNHA EXPOSICIÓN INÉDITA NA SEDE DA DEPUTACIÓN EN VIGO A sede da Deputación de Pontevedra en Vigo acolle ata o 29 de outubro a exposición Materiais para pensar, gozar e profanar, unha mostra inédita da obra plástica da escritora, poetisa e ensaísta María Xosé Queizán na que mestura pezas conceptuais e collages con obxectos cotiás, persoais e familiares. A mostra, que pode verse na sala Rosalía de Castro da sede, está composta por medio cento de pezas. A súa orixe remóntase a hai máis dunha década, cando a autora empezou a recompilar materiais de todo tipo (caixas, pezas de porcelana, metal, cartóns,…), e con eles deu forma a inusuais e sorprendentes obras de arte ás que outorgou un novo significado.
8 cousas de
“Voz literaria imprescindible e referente feminista”