SANTIAGO DE COMPOSTELA
Sabela Lรณpez Romero 1ยบ ESO Tratamento da informaciรณn
I.
ÍNDICE 1. INTRODUCCIÓN ------------------------------------------------------------ 2 2. SANTIAGO -------------------------------------------------------------------- 2 3. QUE VISITAR ----------------------------------------------------------------- 3 a. CATEDRAL DE SANTIAGO --------------------------------------- 3 b. CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA -------- 4 c. MUSEO DO POBO GALEGO ------------------------------------- 5 d. PRAZA DO OBRADOIRO ------------------------------------------ 6 e. PARQUE DA ALAMEDA -------------------------------------------- 7 4. DONDE HOSPEDARSE ---------------------------------------------------- 9 a. HOTÉIS ------------------------------------------------------------------ 9 5. RUTAS ALTERNATIVAS -------------------------------------------------10 6. COMIDAS TÍPICAS --------------------------------------------------------- 11 7. CONCLUSIÓN --------------------------------------------------------------- 14 8. BIBLIOGRAFÍA -------------------------------------------------------------- 15
1
1. INTRODUCCIÓN Neste traballo do Taller de Información vou falar de Santiago de Compostela, un pequeno municipio que se atopa en Galicia. Nel podemos ver cantidade de monumentos, estatuas, construcións históricas e moitas cousas máis que poderemos coñecer ao longo da nosa viaxe por Galicia.
2. SANTIAGO Unha cidade declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO gracias á súa beleza monumental, extraordinaria conservación e por ser meta dunha milenaria ruta de peregrinación: o Camiño de Santiago que desde o século IX transformou esta paraxe do finis terrae en punto de encontro da fe e do pensamento do mundo occidental. Santiago de Compostela é unha aparición de pedra ancorada entre os verdes bosques do Noroeste español e as veciñas rías galegas. Comezou por ser lugar de paso xunto a unha vía romana, pero o descubrimento da tumba do Apóstolo Santiago a principios do século IX fixo xurdir un lugar de culto nos confíns dunha península á sazón dominada pola invasión musulmá. Desde entón toda Europa botouse a andar cara a Santiago, cidade santa da cristiandade na que lles esperaba a gracia da absolución plenaria. Alí emerxeu unha catedral románica á que o transcurso dos séculos quixo engadir a sobriedade do Renacemento e a magnificencia dun Barroco que terminou por trazar a imaxe monumental da urbe, feita do granito dos seus mosteiros, os seus hospitais de peregrinos, as súas numerosas igrexas, as súas casas señoriais e unhas prazas nas que o tempo escolleu quedarse detido. A tradición continúa viva e a espiritualidade do continente segue mirando a Compostela, como demostraron os últimos Anos Santos e como probará sen dúbida a cita xubilar de 2021. Para os visitantes garda a cidade os seus tesouros, que se exhiben
en
16 museos, e a sorprendente riqueza da súa arquitectura
contemporánea, arredor da cal se estende a máis importante dotación de parques e xardíns de toda Galicia. 2
http://www.santiagoturismo.com/info-xeral/presentacion
3. QUE VISITAR a. A CATEDRAL DE SANTIAGO Bernardo o Vello, Mestre Admirable, e Roberto, inician a construción da Catedral Románica no ano 1075, baixo o reinado de Afonso VI e sendo Bispo D. Diego Peláez. Tras esta etapa inicial, diversos avatares suspenden ou, cando menos, ralentizan as obras, ata que toman un novo impulso nos tempos do Arcebispo Xelmírez, no ano 1100, a cargo do Mestre de Praterías; pouco a pouco a construción da Catedral irá avanzando ao longo do século XII, encargándose en 1168 ao Mestre Mateo a finalización da mesma, incluíndo o peche occidental e a construción do Coro na nave maior. No ano 1211 celébrase a consagración da Basílica coa presenza de Afonso IX. Aínda que a estrutura medieval mantívose no fundamental, ao longo dos séculos a Catedral foi variando a súa fisionomía coa construción no Renacemento do Claustro e os seus espazos anexos e, sobre todo no Barroco, no que se realizan obras como a capela maior, os órganos, o peche da cabeceira ou a fachada do Obradoiro, entre outras importantes actuacións. Durante o Neoclasicismo realízase a nova fachada de Acibechería e nos últimos cen anos seguiron realizándose novas actuacións.
http://www.stendhal.com/index.php/2016/01/04/catedral-de-santiago-de-comp ostela/
3
b. CGAC (CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA) Proxectado polo arquitecto portugués Álvaro Siza Vieira entre 1988 e 1993, o CGAC está situado nunha das zonas monumentais máis sensibles e suxestivas de Santiago de Compostela, nos límites do centro histórico, moi preto do convento e a igrexa de San Domingos de Bonaval. O edificio, que se caracteriza polo diálogo coa historia da cidade, reflicte a admiración do seu artífice polos racionalismos e o movemento moderno. A liña, a luz e o volume combínanse para dar paso a unha arquitectura austera e serena que conecta coa tradición galega servíndose do seu material construtivo por excelencia, a pedra de granito, utilizada tanto nas paredes exteriores como na cuberta do edificio. De feito, Álvaro Siza opta por presentar a fachada cega do centro como un alto muro de granito que delimita o recinto do convento, pechando desta maneira a esquina que dá á rúa da Caramoniña, unha bela e antiga vía que ascende polo outeiro e que actualmente caeu en desuso. Os dous corpos principais do complexo eclesiástico, a igrexa e o claustro, forman un ángulo recto coas súas respectivas fachadas principais orientadas cara ao espazo público: a fronte do CGAC pecha decididamente este recinto, creando unha especie de praza na que se sitúan os accesos principais ao tres edificios. Outro elemento relevante do proxecto é o antigo horto do convento, recuperado e rehabilitado por Álvaro Siza en colaboración coa arquitecta e paisaxista galega Isabel Aguirre. O devandito xardín está constituído por unha serie de plataformas descendentes e non paralelas que conducen ao CGAC e que funcionan como un dos elementos organizadores do edificio proporcionando a posición do eixo sobre o que se articulan os seus espazos. A partir deste eixo, o edificio desdóbrase en dous grandes bloques: un compacto formado polas salas de exposicións e os almacéns, que forma parte da estrutura do xardín, e outro orientado cara á rúa, onde se sitúan o espazo de oficinas, a biblioteca e o auditorio. Entre ambos créase un espazo 4
central de forma triangular, que funciona asemade como distribuidor e sala de exposicións. Polo demais, o esquema de desenvolvemento é canónico: tres pisos, un subterráneo e dous superiores; un corredor central que separa os espazos expositivos dos destinados a outros servizos, e que é de uso público nos niveis das salas de exposicións; e finalmente unha terraza aberta á paisaxe urbana concibida como un xardín de esculturas. http://cgac.xunta.gal/GL/contido/edificio
http://baiaedicions.gal/editorial/a-consellaria-de-cultura-e-educacion-ces a-ao-xerente-do-cgac/
c. MUSEO DO POBO GALEGO O Museo do Pobo Galego foi creado en 1976, cos obxectivos de investigar, conservar, divulgar, defender e promover a cultura galega en todos os seus ámbitos; e concretamente crear e desenvolver un museo ao servizo destes obxectivos. As primeiras salas inauguráronse en 1977, no antigo convento de San Domingos de Bonaval, cedido polo Concello de Santiago de Compostela.
5
A Xunta de Galicia, entendendo que o Museo do Pobo Galego pode ser considerado como cabeceira espiritual e simbólica da rede de museos antropolóxicos de Galicia, recoñeceulle polo Decreto 111/1993 de 22 de maio a competencia para actuar como centro sintetizador de todos os museos e coleccións públicos e privados integrados no sistema galego de museos dedicados
ao
estudo,
promoción
e
difusión
do
patrimonio
histórico-antropolóxico de Galicia. O sostemento do Museo está garantido polas achegas económicas e materiais (doazóns e depósitos) dos seus patróns e socios, e polo patrocinio de diversas institucións públicas e privadas. http://www.museodopobo.gal/web/informacion.php
https://goo.gl/n6Tehs
d. PRAZA DO OBRADOIRO A praza do Obradoiro é o centro monumental de Santiago de Compostela. O seu nome galego parece derivarse dos talleres (obradoiros) 6
de canteiros que traballaron na construción da fachada barroca da Catedral, que domina a praza e dá a benvida aos miles de peregrinos que chegan polo Camiño de Santiago. Os edificios que pechan a praza -a Catedral, o Hostal dos Reis Católicos, hoxe parador nacional e antes hospital de peregrinos; o colexio de San Xerome, sede do Reitorado da Universidade, e o palacio de Raxoi, sede do Concello de Santiago- son representación dos principais polos da vida da capital galega: a relixión, a educación universitaria, a atención ao peregrino e ao viaxeiro, e a Administración. Esta praza ten, pois, a calidade de resumir os usos e a historia milenaria da cidade. Un xiro de 360 graos permite recoñecer a simple vista a presenza de distintos estilos arquitectónicos, xurdidos en máis de 700 anos de construción. http://www.santiagoturismo.com/rutas/praza-do-obradoiro
http://www.resimag.com/p1/a0681eef.jpeg e. PARQUE DA ALAMEDA Aínda que o parque recibe o nome xenérico da Alameda, componse de tres partes ben diferenciadas: o paseo da Alameda, a carballeira de Santa Susana e o paseo da Ferradura. A unidade así formada é, desde o século XIX, o máis importante punto de referencia dos paseos e do lecer dos santiagueses, caracterizada por ser un espazo moi acolledor, unha especie de salón natural.
7
A súa situación privilexiada, bordeando unha parte da cidade histórica e cunha magnífica perspectiva sobre a súa fachada oeste -a máis monumental-, converteuno no principal xardín urbano, destacado ademais pola variedade e porte das súas especies arbóreas e ornamentais, como o conxunto de carballos, os espléndidos eucaliptos ou a pérgola con vistas que compoñen os castiñeiros de Indias no paseo da Ferradura. O paso do tempo foi deixando pegadas na súa ordenación espacial, como se pode apreciar no paseo central, con corredores para as distintas clases sociais do XIX; no case arco triunfal que dá acceso ao paseo dos Leóns, ou na disposición de terrados, fontes e estanques. E tamén nas súas edificacións decimonónicas, modernistas e actuais 'capela de Santa Susana, igrexa do Pilar, pombal, quiosco da música, banco acústico, etc.-, na abundancia e formas das súas estatuas e esculturas, e no seu mobiliario, especialmente os bancos graníticos con artístico respaldo de fundición da coñecida fábrica galega de Sargadelos. http://www.santiagoturismo.com/parques-e-xardins/parque-da-alameda
http://www.santiagoturismo.com/files/full/campuspanoramasendcropb.jpg
8
4. ONDE HOSPEDARSE a. HOTÉIS i.
Parador de Santiago de Compostela, Hotel dos Reis Católicos, cinco estrelas, 246 € noite, ao lado da Catedral
http://www.parador.es/sites/default/files/styles/900x900/public/galerias/img/2013/08/jardin_01_33.jpg?itok=myGpRL9Y
9
ii.
A Casa do Peregrino, sen estrelas, 85â‚Ź noite, preto da Catedral
http://www.acasadoperegrino.com/
iii.
Hotel Compostela, catro estrelas, 139 â‚Ź noite, a 10 minutos da Catedral
10
http://www.hotelcompostela.es/files/hotel/hotel-compostela/hotel-compostela-edificio-01.jpg
5. RUTAS ALTERNATIVAS a. SENDERISMO i.
Ruta Intramuros: 2 h e 45 minutos, con guia turístico
ii.
Ruta Extramuros: Sen duración aproximada, sen guia turístico
iii.
Ruta Domus Dei: Sen duración aproximada, sen guia turístico
iv.
Ruta Gastronómica: 3 h 30 minutos, sen guia turístico
v.
Ruta Fotográfica: sen duración aproximada, sen guia turístico
vi.
Ruta al Gaiás: Un día, con guia turístico
http://www.santiagoturismo.com/rutas
6. COMIDAS TÍPICAS
● Vieiras gratinadas
11
â—? Polbo a feira
12
â—? Empanada galega
â—? Caldo de grelos galego
13
â—?
Tarta de Santiago
https://lacomidatipica.com/platos-tipicos-santiago-compostela/ 7. CONCLUSIĂ“N
14
Con este traballo aprendín moito dunha cidade que teño moi preto da casa e da que non sabía apenas nada. Gustoume moito facelo e creo que pode axudar a moitas persoas.
8. BIBLIOGRAFÍA 15
● Santiago Turismo. Rutas a pé <http://www.santiagoturismo.com/rutas> [20/06/2017]
16