Avaliar paxweb

Page 1

Biblioteca “O Segrel do Penedo”

IES de Fene

<http://www.eduteka.org/pdfdir/ CMIListaCriteriosEvaluarFuentes.pdf

<http://osegrel.blogspot.com.es/>

Criterios para avaliar páxinas web


Por que avaliar a información?

1.Autoría da páxina ou documentos web Aparece o nome do autor que elabora a páxina ou os documentos que buscamos? Aparece o “Quen somos?”

 Internet é unha ferramenta útil e marabillosa. Gracias a ela podemos estar informados ao minuto sobre as últimas novas e acceder á información de xeito inmediato desde calquera parte do mundo co único requisito de ter un dispositivo conectado á rede. A propia natureza de Internet permite intercambiar información de xeito ilimitado pero sen unhas regras claras sobre a calidade da mesma. Hoxe en día calquera pode ter a súa propia páxina web co obxecto de mostrar información obxectiva, dar a súa opinión ou ideas, autopromocionarse, facer publicidade, vender,… Ante tal cantidade de información debemos ser críticos e aprender a diferenciar o útil do que non o é. Iste é o motivo que nos leva a presentar unhas regras básicas que debemos ter en conta á hora de avaliar os contidos que aparecen nunha páxina web e determinar se a información é fiable e axeitada.

É posible contactar con el/ela?

Ten o autor a cualificación necesaria para desempeñar ese traballo?

Está relacionado con algunha institución/organización de prestixio?

Aparece información sobre a organización? Pode axudar o dominio da páxina web (edu, org, ong, gov,…)

2.Contidos 

Trátase o tema en profundidade ou ben a información aparece sesgada?

A información que aparece é útil para o tema que nos interesa?

A que tipo de público vai dirixida?

Presenta referencias bibliográficas que avalen a información que se dá?

3.Obxectividade 

Que obxectivos persegue a páxina: informar, convencer, facer publicidade?

Como se presenta a información que hai na páxina: de forma obxectiva ou aparece certa subxectividade?

O autor expresa a súa opinión ou ben é totalmente imparcial sobre a información que está a difundir?

É importante que a publicidade sexa limitada e que o contido sexa básicamente informativo.

4.Actualidade 

Cando se creou a páxina web?

Está actualizada? Se non aparece claramente podes consultalo desde as ferramentas do navegador. En Mozilla Firefox ferramentas/información da páxina

As ligazóns que presenta aparecen actualizadas? (en caso de que as houbera)


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.