Revista Pincha 21

Page 24

#apapar

MENÚ DO DÍA PARA LEVAR EN O DEZASEIS

Foto: Iván Barreiro

Por primeira vez na historia de Pincha, presentámosvos a sección #apapar con comida para levar. As restricións impostas á hostalaría en Galicia antes do peche desta edición obrigáronnos a mudar o xeito no que @JuanEAT_o coñece a oferta gastronómica de Santiago e a súa comarca. Nesta pandemia a moitos dos restaurantes santiagueses non lles quedou outra que sumarse ao servizo a domicilio para poder sobrevivir. E nin tan mal, eh! Aconsellámosvos que apoiedes a un sector que tan prexudicado está polas crise da Covid-19 gozando da súa cociña nos vosos fogares. Neste número nós decantámonos polo menú do día de O Dezaseis: con tres primeiros pratos, tres se-

| 24 | Pincha |

21

gundos e tres sobremesas a escoller que representan moi ben o que é a cociña desta coñecida casa de xantar compostelá que no 2020 celebrou o seu vinte e cinco aniversario. Se vós tamén queredes probalo, podedes facer os vosos pedidos para recoller no local antes das 12:30 horas do mesmo día escribindo a correo@odezaseis. com, chamando ao 981577633 ou ao 617770659. Tamén ofrecen un servizo a domicilio doutros pratos da súa carta a través da app Obvious Eat. Todos os cambios de horarios e servizos debidos á pandemia, podedes consultalos a través da súa páxina de facebook.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.