15 minute read
a gorida do artista | Nanda Cabaleiro
from Revista Pincha 27
Nanda Cabaleiro, na terraza do Airas Nunes. Foto: Délio Sánchez
Advertisement
Nanda Cabaleiro, debuxando os recunchos da nosa cidade
Tomar un café e debuxar a instantánea, acuarelar as rúas, retratar conversas, interpretar encontros a través dun lapis… experiencias que se poden vivir cando un caderno e un kit de debuxo che acompañan nos petos.
Falamos con Nanda Cabaleiro, artista residente en Compostela, que fai anos que comparte a experiencia de debuxar “in situ” diferentes espazos con outros artistas.
Esta forma de vivir e experimentar a arte coñécese como Urban Sketcher. É un movemento mundial, fundado por Gabriel Campanario, que se caracteriza por mostrar diferentes lugares do mundo a través do debuxo. Os artistas, que acompañan e practican esta forma de arte, fan quedadas tanto a nivel mundial como local co fin de contar historias ou documentar os lugares que visitan.
Xa é habitual que haxa un grupo en tódalas cidades. En Compostela están os “Bosquejeros”, do cal forma parte Nanda. Aínda así, sempre que lle coincide estar noutras cidades, intenta poñerse en contacto con outros urban sketchers a través das redes para unirse á súa quedada. Cóntanos a nosa entrevistada que nestes grupos de debuxantes poderíamos diferenciar entre os artistas que proveñen da liña e aqueles cuxo medio de expresión é a mancha. Para ela, como arquitecta de profesión, a liña e o acabado monocromo foron os elementos fundamentais construtores do debuxo nos seus inicios pero, paulatinamente, foi integrando elementos de cor, tanto nas liñas como en trazos con carácter de mancha.
O feito de verse en contacto con tan diversos artistas con técnicas diferentes e procedementos variados neste tipo de encontros, enriqueceu a súa forma de representar a súa contorna ampliando os seus recursos estilísticos. Atopamos debuxos cunha liña continua e irregular coñecedora da perspectiva. Contornos que describen e narran instantáneas acompañados dun sutil baño de cor. As acuarelas , o pincel de auga así como rotuladores rotring son os seus grandes acompañantes. Os debuxos amoréanse en cadernos ao longo dos anos, contando historias como un álbum de fotos. Paisaxes, receitas, bodegóns, retratos... todos fieis á maxia de debuxar o momento.
gorida, pero pronto atoparon unha solución. Un dos epígrafes do manifesto dos Urban Sketchers expresa a necesidade de compartir, cos outros artistas, as imaxes dos debuxos realizados nunha quedada. Así empregaron as redes sociais como plataforma de interacción. Esta tamén foi a vía de escape de Nanda uníndose a varios grupos nos que facían quedadas virtuais os domingos para debuxar.
O seu currículo artístico conta con varias exposicións colectivas e individuais. Actualmente está somerxida nun proxecto que ten como temática principal o viño e que pronto será exposto en Castela. é ‘7 herbas máxicas’, proxecto que naceu da man de Rosalía Bermúdez Santos, no que se conta coas ilustracións feitas a medida para cada un dos textos. Como resultado, un libro dotado dunha gran delicadeza literaria e artística no que podemos destacar a intervención exclusiva de mulleres neste proxecto.
E faise o silencio.
Unicamente sentimos o son dos lapis expresándose sobre os cadernos. O espírito libre desta artista sóltase no papel, plasmando a maxia de debuxar do natural.
MORGANA EN ESMELLE TEATRO PRINCIPAL
3 E 4 DE FEBREIRO ÁS 20:30 H | PREZO: 12€ Adaptación da magnífi ca novela de Begoña Caamaño que recibiu o aplauso de lectores e crítica. Unha obra que reescribe o mito cunha ollada contemporánea. Unha ollada diferente sobre o mundo artúrico e a Terra de Miranda.Dirixido por Ánxeles Cuña, conta como reparto con Quico Cadaval, Fina Calleja, Fernando Dacosta, Laura Míguez, Sabela Gago e Elena Seijo. CONCERTO DE SÉS AUDITORIO DE GALICIA
11 DE FEBREIRO ÁS 20:30 H | PREZO: 20€ Sés non só segue mantendo a súa valente mensaxe, senón que neste novo traballo poténciaa. En ‘Liberar as Arterias’, que inclúe unha selección de cancións con letra e música da propia cantautora, percorre América de norte a sur, pasando todo polo seu propio fi ltro, como non podía ser doutra forma. É o seu sétimo traballo discográfi co, co que segue facendo evolucionar o particular son que a consagrou no máis alto.
FESTIVAL DE CORTES ARXENTINOS A LAREIRA
FEBREIRO O restaurante A Lareira, na Rúa de San Clemente 2, celebra durante todo o mes de febreiro un festival de cortes tradicionais arxentinos. A proposta inclúe unha botella de viño de Ponte da Boga, tres tipos diferentes de corte, e patacas por 77,90 euros. GOLFA TEATRO PRINCIPAL
11 DE FEBREIRO ÁS 20:30 H | PREZO: 14€ Unha mañá aparece fronte á porta dun instituto unha pintada que di “GOLFA”, un insulto anónimo que destapa a historia que o precede. Ante uns feitos cada vez máis confusos, a xuíza encargada do caso propón unha sesión de sexoloxía. Dramaturxia e dirección de Jose Padilla. ‘LUGAR DE’, DE REBECA LAR OS CATRO GATOS
DO 12 DE FEBREIRO AO 12 DE MARZO | PREZO: DE BALDE Baixo o título ‘LUGAR DE’, Rebeca Lar (Vigo, 1993) presenta o seu proxecto máis recente, fi nanciado polas Ayudas Injuve: unha investigación sobre memoria histórica, sobre as pegadas da guerra e da ditadura na provincia de Pontevedra. As pezas expostas xorden dun recordo familiar da artista e da súa necesidade de achegarse a centos de historias esquecidas e enterradas. Cando soubo que os seus bisavós se salvaran, soubo tamén que outros moitos non.
RIF (DE PIOJOS Y GAS MOSTAZA) AUDITORIO DE GALICIA
12 DE FEBREIRO ÁS 20:30 H | PREZO: 14€ Unha obra de Centro Dramático Nacional, Micomicón e Aprior. Os nosos protagonistas son tres soldados do exército español que se atopan nas terras do Rif despois do Desastre de Annual, ocorrido o 21 de xullo de 1921. Con eles imos visitar, coma se dun pesadelo grotesco se tratara, unha guerra innecesaria, inxusta e cruel.
SMOKE ON THE WATER TEATRO PRINCIPAL
17 E 18 DE FEBREIRO ÁS 20:30 H | PREZO: 12€ Traxicomedia sórdida de Ibuprofeno Teatro. Unha historia de sexo, drogas, rock and roll, enfermidade, violencia, prostitución, vandalismo, morte e, por suposto, de amor. Actúan Josito Porto, Belén Constenla, Adrián Ríos, María Costas e Mon Orencio.
DIRECTO DE MORGAN AUDITORIO DE GALICIA
18 DE FEBREIRO ÁS 20:30 H | PREZO: 14€ Morgan volven aos escenarios coa súa xira ‘The River Tour’ para presentar o seu terceiro traballo de estudo, titulado ‘The River and the Stone’. Este novo álbum é un conxunto de dez cancións nas que empezaron a traballar tras o confi namento en 2020 coa mesma fi losofía de sempre: coller unhas cantas ideas e xogar para vestilas tratando de explorar un pouco máis os ambientes, conceptos e sons.
OS NENOS DA VARÍOLA TEATRO PRINCIPAL
19 DE FEBREIRO ÁS 18:30 H | PREZO: 3€ Pérez&Fernández, en coprodución co Centro Dramático Galego, presenta a adaptación á escena da novela de María Solar Os Nenos da Varíola. Unha peza teatral con altas doses de realidade histórica, tenrura e humor que toma como eixe central a vida dos nenos da Casa de Expósitos da Coruña e como chegaron a ser os heroes da Real Expedición Filantrópica da Vacina.
XIRA DE LOS SECRETOS AUDITORIO DE GALICIA
19 DE FEBREIRO ÁS 20:30 H | PREZO: DESDE 30€ O grupo liderado por Álvaro Urquijo, achégase a Compostela cun show emocionante e tremendamente optimista. Farán un percorrido polos temas máis emblemáticos do grupo como son ‘Déjame’, ‘Pero a tu lado’ ou ‘La calle del olvido’, así como cancións máis recentes. e sintetizadores) Luis Rodríguez (guitarra) e César Verdú (batería) presenta o seu cuarto disco, ‘ERA’.
XISCO FEIJOÓ PRESENTA ‘PEIXE’ SALA CAPITOL
20 DE FEBREIRO ÁS 20:15 H | PREZO: 18€ Xisco Feijoó, (Francisco Javier Feijoó Álvarez), presenta”PEIXE”, trátase dunha proposta fresca, dunha realidade que aglutina toda unha carreira dentro da música tradicional vista dende unha perspectiva actual. Xisco será o protagonista deste proxecto, un disco con moita forza e ímpetu, un traballo en compañía do produtor e magnífi co mestre Carlos Quintá que aderezou con armonías e fermosos arranxos ao servizo de noso sabor tradicional e sempre dende unha visión contemporánea e moderna.
CONCERTO DE LEÓN BENAVENTE
SALA CAPITOL
26 DE FEBREIRO ÁS 21:00 H | PREZO: DESDE 25€ O grupo formado por Abraham Boba (voz e teclados), Eduardo Baos (baixo CONCERTO DE ARA MALIKIAN PALACIO DE CONGRESOS
4 DE MARZO ÁS 20:00 H | PREZO: DESDE 48€ Ara Malikian actuará en Santiago presentando a súa última xira, dedicada ao seu fi llo. Esta xira está chea de dinosauros, luras robóticas, máquinas do tempo, pianos voadores e mimos bilingües... Este disco é iso que Ara esquecera e que é tan poderoso; a maxia de atopar cada día sendas fascinantes, traian o que traian.
RASTROS TEATRO PRINCIPAL
4 E 5 DE MARZO ÁS 20:30 H | PREZO: 12€ Adaptación dunha obra de Roberto Vidal Bolaño. Esther, a protagonista, é unha muller descaradamente libre. Acostuma a dicir o que pensa e facer o que sinte, sen prexuízos. É un dos personaxes femininos máis interesantes que produciu a dramaturxia galega, unha libertaria fi nisecular que tería topado o seu lugar nas manifestacións feministas de hoxe. Rastros pivota sobre a súa liberdade e, ao mesmo tempo, polas debilidades que a fan muller galega do seu tempo.
CONCERTO DE MANEL AUDITORIO DE GALICIA
5 DE MARZO ÁS 20:30 H | PREZO: 14€ Tras alcanzar o número 1 da Lista Ofi cial de Ventas con ‘Per la bona gent’ e converterse no único grupo en logralo en catro ocasións consecutivas con discos cantados en catalán, Guillem Gisbert, Martí Maymó, Roger Padilla e Arnau Vallvé chegan agora con ‘L’amant malalta’.
MORTE ACCIDENTAL DUN ANARQUISTA TEATRO PRINCIPAL
11 E 12 DE MARZO ÁS 20:30 H | PREZO: 12€ Estrea de Talía Teatro. Cándido Pazó dirixe a Toño Casais, Diego Rey, Marta Ríos, Dani Trillo, Artur Trillo, Xurxo Barcala e Rubén Prieto. Milán, 1969. Un anarquista falece tras caer pola ventá dunha comisaría na que está sendo interrogado pola policía. En plena investigación xudicial dos feitos, a aparición en dita comisaría dun “tolo” que se fai pasar por diferentes personaxes logrará darlle a volta ás indagacións e descubrir a verdade.
EL ABRAZO AUDITORIO DE GALICIA
18 DE MARZO ÁS 20:30 H | PREZO: 14€ Unha muller, Rosa, e un home, Juan, ambos de avanzada idade e antigos amantes, reencóntranse e abrázanse despois de case unha vida, na que o desexo do fi llo que nunca tiveron, segue vivo. Ese mesmo día, un home aparece feliz na porta de Rosa. É real ou un soño imposible? Unha obra de Pentación Espectáculos con Toño Casais, Diego Rey, Marta Ríos, Dani Trillo, Artur Trillo, Xurxo Barcala, Rubén Prieto.
UXÍA E JAVIER RUIBAL, AO VIVO AUDITORIO DE GALICIA
19 DE MARZO ÁS 20:30 H | PREZO: 14€ ‘De tu casa a la mía’ é un retrato musical de dous poetas universais, Rosalía e Lorca, da man e do sentimento de dúas almas que tratan de poñer ás á poesía de ambos autores.
Uxía e Ruibal teñen xa unha ampla experiencia musicando poetas. Este traballo é un paso máis nunha historia de amizade e complicidade que quere seguir o camiño iniciado por Lorca de Granada a Santiago, selando a irmandade norte-sur e a proximidade de espírito e de ideais.
ReveraVinum
ReveraVinum ReveraVinum
INFINIT TEATRO PRINCIPAL
I ENCUENTRO DEL VINO GALLEGO
26 DE MARZO ÁS 18:30 H | PREZO: 3€ ‘Infi nit’ cuestiona os difusos comezos ReveraVinum ReveraVinum e fi nais de todo o que nos rodea. Acrobacia, trapecio wáshington, clown, 22, 23 Y 24 DE MARZO DE 2022I ENCONTRO danza son os ingredientes deste ReveraVinum DO VIÑO GALEGO REVERA VINUM HOTEL MONUMENTO remuíño de humor existencialista. ReveraVinum ReveraVinum SAN FRANCISCO
DO 22 AO 24 DE MARZO A Asociación Hostalaría Compostela promove este Encontro no que participarán por vez primeira nun mesmo evento todas as Denominacións de Orixe (DO) e Indicacións Xeográfi cas Protexidas (IXP) de Galicia.
AS QUE LIMPAN TEATRO PRINCIPAL
24 E 25 DE MARZO ÁS 20:30 H | PREZO: 12€ Produción da compañía ‘A Panadaría’. ‘As que limpan’ fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por conseguir uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras. estudo de Ilegales, que coincide co 40º aniversario dun dos grupos máis emblemáticos do rock cantado en castelán. A xira de presentación será tan especial como o propio disco, pois ofrecerá unha posta en escena espectacular para rememorar os clásicos máis soados do seu extenso repertorio, xunto ás novas cancións.
SERGIO DALMA, EN DIRECTO PALACIO DE CONGRESOS
26 DE MARZO ÁS 20:30 H | PREZO: DESDE 30€ Tras colleitar incontables éxitos co seu tour ‘30… y tanto’, Sergio Dalma pasa páxina e volve á actualidade con ‘Alegría’, un novo traballo discográfi co.
CONCERTO DE ILEGALES SALA CAPITOL
26 DE MARZO ÁS 21:00 H | PREZO: DESDE 20€ En febreiro de 2022 publícase ‘A loita pola vida’, un novo disco de OTHELLO AUDITORIO DE GALICIA
26 E 27 DE MARZO ÁS 20:30 H | PREZO: 12€ Hai no relato de William Shakespeare unha historia de encontro, na que unha muller europea e un home africano se namoran. Porén, contra o fi nal do texto, ela morre asasinada por el. Othello é, asemade, vítima e verdugo. Sofre islamofobia e executa un feminicidio que nace dunha mentira. Obra da compañía `Voadora’ dirixida por Marta Pazos.
Se programas algún evento gastronómico ou cultural en Santiago ou comarca que quixeras que apareza na nosa axenda, escribe a:
redaccion@revistapincha.gal
must
O Centro Dramático Galego reflexiona en ‘A peste’ sobre o comportamento humano en situacións de crise
OCentro Dramático Galego (CDG), unidade teatral da Xunta, arranca a súa nova temporada cunha obra concibida de xeito específico e exclusivo para a súa posta en escena no Salón Teatro, onde permanecerá durante dous meses, ata o 13 de marzo, con case 40 funcións. Trátase de A peste, inspirada na novela homónima de Albert Camus, con dramaturxia e dirección de Cándido
Pazó e que conta cun dos maiores elencos dos últimos anos ao sumar 15 intérpretes.
Sobre as táboas poderanse ver rostros de ampla traxectoria, como Nacho Castaño, quen asume o papel protagonista, Evaristo Calvo, César Cambeiro, Xurxo Cortázar, Salvador del Río, Casilda G. Alfaro, Paku Granxa, Luís Iglesia B., Miquel Ínsua, Tone Martínez, Rebeca Montero, Marcos Orsi, María Roja, Santi Romay e Carlos Sante. Xunto a eles, fan posible o espectáculo Dani Trillo na escenografía, Martina Cambeiro no vestiario e maquillaxe, Afonso Castro na iluminación, Belén Pichel na asistencia de dirección, e Keka Losada na asistencia de produción.
A peza ofrece unha reflexión sobre o comportamento da sociedade e dos individuos durante situacións de crise. A través do personaxe do doutor Rieux, a historia narra os sucesos na cidade de Orán durante unha praga de peste que a asedia e pon os seus habitantes en corentena. Céntrase nos periplos das persoas encerradas, en como loitan contra a praga e lle buscan un sentido á súa situación, primeiro nunha loita egoísta pola supervivencia, logo a través do esforzo colectivo e comunitario.
Improversións
Improversións é un programa de improvisacións arredor de A peste que terá lugar no Salón Teatro todos os luns do 24 de xaneiro ao 7 de marzo, ás 20:00 horas.
A través del, Antía Costas, Marta Doviro, Arturo Cobas, Pablo Navas, Antón Coucheiro e Cayetano Lledó ofrecerán pezas teatrais improvisadas a partir da temática e da atmosfera da montaxe do CDG. O proxecto está dirixido por Antón Coucheiro e conta con Alfonso Medina na dirección escénica e con Aitor Garuz como técnico de luz e son.
ONDE? Salón Teatro CANDO? Do 20 de xaneiro ao 13 de marzo
Haberá sesións ás 18:00 horas os mércores e domingos e ás 20:00 horas de xoves a sábado.
ENTRADAS
10 €, con descontos do 40% para diversos colectivos, así como os mércores na sesión descontraída e os domingos, Día do espectador. Á venda en ataquilla.com ou no despacho de billetes dúas horas antes de cada representación.