8 minute read
crusat & costas | I Encontro do Viño Galego Revera Vinum
from Revista Pincha 27
Revera Vinum
LORENA COSTAS Revera Vinum: I Encontro do Viño Galego
Advertisement
Pois aquí estamos! Ano novo, artigo novo! Desta vez trátase dun artigo moi especial, si. Non imos facer cata de viño tampouco, pero imos falar dun evento no que poderedes catar moito e ben. Trátase do Revera Vinum, e terá lugar en Compostela do 22 ao 24 de marzo no Hotel Monumento San Francisco. Esta iniciativa pretende dar a coñecer e promover os viños galegos das diferentes adegas, DO’s e IXP’s, non só para profesionais do sector, senón tamén para os veciños e turistas que visiten a cidade. O feito de facelo nesas datas pretende ser tamén un revulsivo hostaleiro na chamada “temporada baixa”. O encontro terá como eixos principais as catas, a zona de expositores, cun estupendo Túnel do Viño, e por último un foro de mesas redondas e relatorios, con participación de profesionais destacados. Despois de contarvos a “teoría” do evento, imos ao que realmente importa: E que poderemos beber alí? E que adegueiros estarán? Pois ben, no Túnel do Viño poderedes catar máis de 300 viños! Ide preparados e ben comidos, que son moitos! E tranquilos, que vos darán un pequeno manual para que non vos perdades e haberá catadores que vos asesorarán ;) Ademais, poderedes asistir a talleres, debates, etc., e haberá algunhas catas especiais que persoalmente vos recomendaría: A Cata de Viños de Tinalla, na que participará o meu compi Crusat; a Cata de Variedades Esquecidas de Galicia, tremendamente interesante para coñecer esas variedades coas que algúns adegueiros loitan para que non se perdan para sempre. A cata será dirixida por Juanjo Figueroa, sumiller e propietario de A Lume de Carozo en Vigo; a Cata de Climas, na que se fará unha análise dos climas no mundo do viño, especialmente nos viños galegos. Ofrecerase unha cata de viños de carácter atlántico, continental e mediterráneo, moi moi interesante, non si? Haberá tamén talleres de cata e elaboración de cócteles con augardentes e licores de Galicia, da man de Pili Fernández, propietaria do Pub Atlántico, cata de queixos das DOP galegas... Mi madriña! Estou desexando que chegue xa o Revera Vinum! Mais eu, como colofón e para rematar o meu texto, quería destacar unha cata: Dez Viños, Cinco Mulleres. Nesta cata, cinco mulleres profesionais de diferentes
Javier Míguez, propietario das Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta e directivo da Asociación Hostalaría Compostela, ideou este I Encontro do Viño Galego Revera Vinum. Foto: Iván Barreiro
Lorena Costas
Por Jose Crusat
Por @lorena_costas @choumimx
sectores, catarán, cada unha delas, dous viños galegos a recomendar. Esas mulleres son María Campos, xornalista; María Garrido, copropietaria do proxecto La Societé, e antiga directora comercial de Martín Códax; Eva Pizarro, sumiller moi coñecida por todos nós polo seu paso polo xa extinto Restaurante Acio; Mercedes Gon-
Pois coma comentou Lorena, non nos toca falar dun viño en concreto nin unha listaxe deles, senón que toca falar doutra vertente do mundo dos viños que son os eventos, salóns, congresos ou feiras; dá igual coma lle queiramos chamar, ao fin e ao cabo trátase dunha xuntanza onde se poden atopar unha gran cantidade de viños. E no caso do Revera Vinum, que é coma se chama este evento, supón unha incrible oportunidade de coñecer e probar a grande diversidade vinícola dos nosos territorios galegos. E dígoo así en plural, porque a nosa terra ten unha grande diversidade de territorios que confiren o seu carácter diferenciador a cada un dos viños que se elaboran neles. Dende as terras frescas do branco lexítimo de Betanzos, as brisas atlánticas nas rías galegas dende Fisterra a Vigo, os viños miñotos da desembocadura do río pai, pasando polos diversos Ribeiros, os canóns da Ribeira Sacra e os perfís máis continentais e cálidos de Valdeorras e Monterrei, sen esquecer a frescura das alturas da montaña lucense. Este é unha das principais liñas deste evento que terá lugar nos salóns do Hotel Monumento San Francisco durante os días 22 a 24 de marzo. Pero é que ademais, con esa intención aglutinadora, a promotora, que non é outra que a Asociación Hostalaría Compostela, quere contar con todos os actores presentes no mundo do viño. Dende os elaboradores, hostalaría, pasando pola distribución e finalmente o público final tanto local como turista. Así pois, os hostaleiros poderán coñecer os viños directamente da man das diferentes empresas de distribución que serán quen estean á fronte dos diferentes postos cos viños expostos. Terán a oportunidade de saírse do camiño xa trillado, dos nomes xa coñecidos, e probar e coñecer o grande abano que é o viño galego. Pero tamén existirá un túnel do viño onde se poderán degustar os diferentes viños presentes dun xeito máis individual co apoio de profesionais para explicar cada unha das elaboracións presentes. Completarán a oferta os diversos relatorios e charlas ao redor do mundo do viño con presenza de grandes figuras a nivel nacional e máis do territorio español. Como non, o marco de Santiago de Compostela é o máis idóneo para representar a unidade dos viños galegos, sendo final de camiño por onde penetrou a viticultura seguindo as diversas rutas xacobeas. Pero ademais é o principal núcleo de comunicacións da nosa terra, cunha ampla oferta de establecementos de aloxamento e hostalaría. Anímovos pois a que participedes desta grande festa do viño galego que bota a andar nesta primeira edición de Revera Vinum na que tamén teño o pracer de participar. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
zález, sumiller, docente e asesora gastronómica e María Rey, profesora de Servizos de Restauración. Unha cata que de seguro merecerá moito a pena. Só nos queda pedir que o inoportuno covid-19 non nos estrague a festa e nos deixe gozar deste marabilloso evento. Saúde!
JOSÉ CRUSAT Ao Final do Camiño está o Viño Galego
A entrevista con Carlos Meixide fixémola en Bombarda, na República do Salvador, 13, Santiago. Foto: Iván Barreiro
Carlos Meixide
Neste Ano Santo ampliado, resulta refrescante achegarse a unha novela como ‘Camiño de Paixóns’ de Carlos Meixide (Vilagarcía de Arousa, 1977).
Trátase dunha historia que el mesmo define como “pulp” (acción, erotismo, consumo rápido) e que mestura o Camiño de Santiago coas seitas xaponesas. De feito, gañou o I Premio de Novela Camiño de Santiago. Entrevistamos ao seu autor nun lugar tan moderno coma el, a tenda de moda para home e muller, Bombarda, en pleno Ensanche compostelán.
Fálanos de ‘Camiño de Paixóns’ e a súa influencia
xaponesa. A novela introduce un acontecemento histórico algo esquecido que é o atentando no metro de Tokio en 1995. Quería facer unha novela de estilo pulp, de quiosco, de explotación das pulsións máis primarias como a sexualidade e a violencia, un pouco disparatada. Apareceu a posibilidade de presentarse ao I Premio de Novela Camiño de Santiago e pensei que era unha boa oportunidade para experimentar. Nese tempo souben que acababan de executar ao líder da seita Verdade Suprema, autora do atentado. Isto fíxome revisar a historia do acontecemento. Para vencellar co Camiño de Santiago, pensei na súa capacidade de concitar a xente de diferentes países que as veces viaxan soas con intencións redentoras, como os personaxes protagonistas de Hiromi e Olalla. Permitinme o exceso de converter o Camiño no escenario dunha trama de atentados internacionais.
Parece que ten unha certa influencia de Murakami… Acudín a un par de libros de Murakami nos que investiga sobre os atentados. Un deles, ‘Underground’, recolle testemuñas de vítimas nas que contan as secuelas do atentado e como influíu na súa vida. Ten outro libro sobre persoas que formaron parte da seita Verdade Suprema, como se viron involucradas na organización e o funcionamento interno da seita.
Ruth Ríos
Por
@ruthriosfernandez
Como ves o Camiño? O personaxe de Olalla é o meu alter ego porque ten unha visión sobre o Camiño máis próxima a min. A Olalla, o Camiño parécelle unha trapallada de Fraga que afecta á vida dos composteláns. Eu sempre tiven unha visión máis escéptica. Para min é un fenómeno masificado, aínda que non nego que poida haber una experiencia fermosa no feito de andar e atoparse cun mesmo. Nunca fixen o Camiño de Santiago (risos).
‘Camiño de Paixóns’ está editada por Galaxia, pero durante varios anos autoeditaches novelas como ‘Cans’, ‘Ons’, ‘Guitiriz’ e ‘Arousa’. Como é a experiencia da autoedición? Para min a autoedición non viña tanto porque non atopara outra maneira de publicar os meus textos, senón mais ben da necesidade de reconstruírme a nivel persoal. No momento en que decidín autoeditarme estaba nunha crise persoal e creativa. Quería dedicarme ás cousas que me gustaban como escribir, e para facelo vin que a mellor maneira era a autoedición, de forma que tamén fora dono dos meus traballos e dos meus
Carlos, con ‘Camiño de Paixóns’. Foto: Iván Barreiro beneficios. Así conseguín ter unha carreira literaria e unha paralela como editor, ademais dunha nova vida.
Acabas de crear xunto a Berta Dávila a editora ‘Rodolfo e Priscila’. Cal é o espírito da vosa editorial? A idea é editar libros cun selo determinado, con vocación de permanecer no tempo e construír pouco a pouco un catálogo. Queremos facer libros que nos gusten, que sexan fermosos e interesantes. Non descartamos facer ilustración, ensaio… aparte de novela.
Cal e a orixe do nome? O nome ten que ver con cousas queridas por nós. Rodolfo é o meu peluche de cando era neno, que tivo un final tráxico porque un día cheguei a casa e xa non estaba. Priscila era unha boneca dunha caixa de música de Berta Dávila.
Cales son os teus plans para 2022? Teño varias cousas feitas. Levo tempo sen publicar, pero iso non quere dicir que non escribise. Teño unha obra rematada e verei se editamos por conta propia ou con outra editora. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha
Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha
Revista de Gastronomía & Cultura
Camiño de Paixóns Editorial: Galaxia Autor: Carlos Meixide Idioma: galego Data de publicación: 2019 Páxinas: 138