crusat & costas
Revera Vinum LORENA COSTAS
Revera Vinum: I Encontro do Viño Galego
P
ois aquí estamos! Ano novo, artigo novo! Desta vez trátase dun artigo moi especial, si. Non imos facer cata de viño tampouco, pero imos falar dun evento no que poderedes catar moito e ben. Trátase do Revera Vinum, e terá lugar en Compostela do 22 ao 24 de marzo no Hotel Monumento San Francisco. Esta iniciativa pretende dar a coñecer e promover os viños galegos das diferentes adegas, DO’s e IXP’s, non só para profesionais do sector, senón tamén para os veciños e turistas que visiten a cidade. O feito de facelo nesas datas pretende ser tamén un revulsivo hostaleiro na chamada “temporada baixa”. O encontro terá como eixos principais as catas, a zona de expositores, cun estupendo Túnel do Viño, e por úl-
timo un foro de mesas redondas e relatorios, con participación de profesionais destacados. Despois de contarvos a “teoría” do evento, imos ao que realmente importa: E que poderemos beber alí? E que adegueiros estarán? Pois ben, no Túnel do Viño poderedes catar máis de 300 viños! Ide preparados e ben comidos, que son moitos! E tranquilos, que vos darán un pequeno manual para que non vos perdades e haberá catadores que vos asesorarán ;) Ademais, poderedes asistir a talleres, debates, etc., e haberá algunhas catas especiais que persoalmente vos recomendaría: A Cata de Viños de Tinalla, na que participará o meu compi Crusat; a Cata de Variedades Esquecidas de Galicia, tremendamente interesante para coñecer esas variedades coas que algúns adegueiros loitan para que non se perdan para sempre. A cata será dirixida por Juanjo Figueroa, sumiller e propietario de A Lume de Carozo en Vigo; a Cata de Climas, na que se fará unha análise dos climas no mundo do viño, especialmente nos viños galegos. Ofrecerase unha cata de viños de carácter atlántico, continental e mediterráneo, moi moi interesante, non si? Haberá tamén talleres de cata e elaboración de cócteles con augardentes e licores de Galicia, da man de Pili Fernández, propietaria do Pub Atlántico, cata de queixos das DOP galegas... Mi madriña! Estou desexando que chegue xa o Revera Vinum! Mais eu, como colofón e para rematar o meu texto, quería destacar unha cata: Dez Viños, Cinco Mulleres. Nesta cata, cinco mulleres profesionais de diferentes
Javier Míguez, propietario das Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta e directivo da Asociación Hostalaría Compostela, ideou este I Encontro do Viño Galego Revera Vinum. Foto: Iván Barreiro
| 20 | Pincha |
27