tig n o c e Lévam O ESPECTÁCULO, NA BARRA: Así traballan no Pub Atlántico
A CIDADE GALEGA CON MÁIS ESTRELAS Casa Marcelo, A Tafona e Auga e Sal
o
JOSE CASTRO, unha compostelá Premio Nacional de Artesanía
Nº 27 | febreiro - marzo 2022
Revista de Gastronomía & Cultura
Rebeca Munín Por
ÍNDICE @rebecamunin
VIDA NOVA Ano novo, vida nova. É así, non? Penso que nunca o desexaramos tanto como neste 2022. Todas e todos queremos que esta si sexa a ocasión na que digamos adeus á pandemia. Por iso neste primeiro número do ano en Pincha amosámosvos a moita xente que comeza unha ‘nova vida’. Faino Áxel Smyth e o seu equipo no Auga e Sal, restaurante que acaba de entrar no selecto club de locais con Estrela Michelin. Tamén arrancan o 2022 con premios nas súas vitrinas outras dúas das nosas entrevistadas: Jose Castro, do Noroeste Obradoiro, Premio Nacional de Artesanía na categoría produto, e Pili Fernández, do Pub Atlántico, gañadora da última edición do Santiago(é)Cóctel. Este ano será especial para Madalena Gamalho, que publica o seu primeiro disco, e para o escritor Carlos Meixide, que acaba de crear xunto a Berta Dávila a editora ‘Rodolfo e Priscila’. Compostela sumará en marzo un novo evento ás súas citas gastroculturais do que nos falan Crusat e Costas: o I Encontro do Viño Galego Revera Vinum. E en Pincha non íamos ser menos! Estreamos o ano con cambios no deseño da nosa portada e con novas seccións: unha dedicada á información da bisbarra e outra que poderedes seguir en revistapincha.gal En ‘Cos nosos ollos’ darémoslle voz á mocidade compostelá. Por un 2022 para vernos de bares e en concertos! (E canto antes se poida sen máscara, moito mellor!) #somospincha Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
04 08 12 16 19 20 22 24 26 30 32 35
de bares con jessi | A revolución está na barra! somos Compostela | Jose Castro, de Noroeste Obradoiro #apapar | Salmonete á galega no Auga e Sal entrevista | Madalena Gamalho publica ‘Invento’ pola gorxa | Entrecosto ou soá crusat & costas | I Encontro do Viño Galego Revera Vinum de libros con Ruth | Carlos Meixide a gorida do artista | Nanda Cabaleiro axenda Sen saír da bisbarra guía de compras e ocio ultramarinos | Estreamos ‘Cos nosos ollos’
Edita: Rebeca Munín | Directora ola@revistapincha.gal
www.re vistapin ch a . g a l
Deseño e maquetación: Alberto Seoane
BAVF
Publicidade e Redacción: publicidade@revistapincha.gal redaccion@revistapincha.gal Fotografía: Iván Barreiro | ivanbarreiro.com Colaboran neste número: Jéssica Pintor, @JuanEAT_o, Lorena Costas, Jose Crusat, Ruth Ríos, Inés Silvalde e Delio Sánchez
Imprime: COGRAF Depósito Legal: C 607-2017
Búscanos en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube como Revista Pincha
Prohibida a reprodución total ou parcial de calquera contido ou fotografía sen previa autorización. Os textos redactados polos colaboradores son responsabilidade do propio autor. O contido da publicidade é de exclusiva responsabilidade do anunciante.
ONDE ATOPAR PINCHA
de bares con jessi
Pilar Fernández é sumiller e cofundadora do Pub Atlántico. Foto: Iván Barreiro
| 4 | Pincha |
27
Jéssica Pintor Por
A revolución está na barra!
@jpintorybarran
Si, señoras e señores! A revolución está na barra! E para mostra o Bravú do Pub Atlántico, da man de Pilar Fernández, sumiller e cofundadora deste local imprescindible en Santiago. Pero para falar de revolución, hai que remontar á súa orixe…
P O Pub Atlántico gañou a pasada edición do concurso Santiago(é) Cóctel con Bravú, un cóctel con bagazo
ili é de Coruña, pero leva case toda a súa vida en Santiago. Procede de familia hostaleira, xa lle vén nas veas, e acabar dedicándose á coctelaría é una evolución natural de desenvolver un traballo que tanto lle gusta. O amor pola súa profesión non lle deixa parar de aprender, facer cousas novas, experimentar e probar! “Chegar a este punto foi unha evolución natural, porque nunca deixei de estudar. Aquí comezamos con especialidade en cafés, fai 33 anos non existía o termo barista, pero ese traballo xa se facía, xa o faciamos... Son unha apaixonada da miña profesión. Os aromas, os sabores, leváronme a formarme como sumiller e a especializarme en destilados e coctelaría”.
Logo deducimos que Pili, a ti tamén che gusta probar! (Risas e imposible que o negue!). “Encántame, si. Fascíname descubrir novos sabores! Se viaxo intento probar o típico dese lugar, o que beben, como o fan...”. Entendemos que é parte fundamental deste exercicio de aprendizaxe e profesionalización dunha rama da hostalería da que aínda falamos pouco e recoñecemos menos todo o traballo que leva detrás, os detalles, as fórmulas. Porque oíde: Todo comeza cun papel e un lapis!
Pincha | N 27
|5|
“Si! Trabállase moitísimo en papel, antes das probas. Cando chegamos á fase de proba e descarte, realmente facemos poucas. O ideal é traballar antes, primeiro tes que ter moito coñecemento... Coñecemento dos destilados, que notas teñen, dentro das augardentes tes que controlar se son monovarietais, se non... A min axúdame ser sumiller, evidentemente. Coñecer aquelo co que traballas para saber con que pode maridar, as fórmulas, equilibrar... Na túa cabeza xa sabes que casa con que. E a fase empírica é a do equilibrio, que os ingredientes mariden entre si, que non invadan os sabores doces ou cítricos”, explica.
“Podes intuír que tan difícil é facer un prato, pero a nivel coctelaría non se fan unha idea do traballo que leva”
“Este é un mundo máis descoñecido, porque todo o mundo cociña nas súas casas”, sinala (eu non, xa o sabemos). “Podes intuír que tan difícil é facer un prato, sabemos que unha empanada leva traballo, está a masa... Pero a nivel coctelaría non se fan unha idea do traballo que leva, porque non se fan tantos preparados nas casas. Podes dicir veña vai, é aleatorio, póñome a mesturar... E non sae ben!” –Non, non sae ben, xa cho digho- (Gargalladas!) “Canto máis coñecemento e máis práctica hai, tamén aforras produto, porque non vas tiralo e vas facer poucas probas. Traballarás máis en papel que nas probas. Tes que coñecer as características do produto, por exemplo: non todos os rons son iguais, a barrica apórtalle sabores distintos a un ron vello... E despois tes que coñecer as técnicas. Unha vez tes o cóctel. Coa mestura dos ingredientes ensamblados, tes que saber que lle vas a aportar coa técnica: se é axitado, vai augar, vaise facer máis amable, con mellor paso; se o fas en vaso remexedor, vaise facer máis denso; se o fas con batedor con xeo será máis refrescante... Ou escanciado, que é unha técnica que se está usando moito! Despois en que tipo de vaso vas servir, largo, corto... cos ingredientes xa ves un pouco o final. No caso do Bravú xa vin
| 6 | Pincha |
27
que era mellor axitalo ben, porque a augardente é unha cousa potente, que lle dá un carácter importante, así que axitas, para diluílo, servímolo con xeo!”, conta. Vaia! Estou esgotada. Necesito un trago, non sei vós?! (Ha, ha!) Todo un espectáculo
Que atopamos na carta do Pub Atlántico? De todo, ou?! “Facemos cambios unha ou dúas veces ao ano, tamén metemos cócteles temporalmente, pero hai unha base. A carta vai aumentando cada vez máis! Porque a xente quere vir e tomar o seu Daiquiri clásico ou gustoulle o 'Papa Hemingway' e cando volve quere esa bebida que recorda... Todo é incorporar! Nada sae da carta. Non quitamos nada a verdade (rimos). Salvo cousas concretas que non se poidan facer por algo en concreto”... Total que Pili non se aburre e os que imos saborealos tampouco! E se resulta difícil tomar unha decisión, para iso está ela, para asesorarte, aconsellarte e explicarche que é, que leva e como o fai! Aparte de vela, porque ver como remexe nese laboratorio que hai detrás da barra é todo un espectáculo. Xa o di ela, que dende que hai que estar sentados nas mesas, por mor da pandemia, case se sinte intimidada diante de tantas miradas atentas. O seu escenario é ese! E a revolución é converter unha maneira de traballar con distintos licores, bebidas, froitas, especias, fórmulas, porcións, medidas, nun espectáculo, nunha arte... Non vale calquera! Ou é que nunca fixestes unha mala remexedura?! (Xa rimos disto outro cacho). A ver Pili, probaches os cócteles do Santiago(é) Cóctel, o concurso de cócteles da cidade que se celebrou o pasado novembro?! “Si, que me encanta probar ademais! Aínda que este ano non puiden ir probar todos os que me gustaría!”, lamenta.
O seu Bravú foi elixia aceptación que tivo, do o mellor cóctel con estou moi agradecida!”. alcol da edición 2021, así que teño que preE cara onde se evoluguntarlle para que lle ciona nestes tempos no sirve este evento á súa seu sector? “A revoluespecialidade: “O Sanción vai a estar na barra! tiago(é)Cóctel é una Estou segura. A barra forma de innovar para aínda non ten a relenós, de facer algo que vancia que debería ter. lle sorprenda a xente, Quizais porque non se porque damos renda recoñeceu aínda que o solta á imaxinación e traballo da barra é duro a creatividade e podes e unha arte! É laborioso ofrecer cousas distintas porque executas diante e especiais aos clientes! do cliente, de paso que Sempre tirei por facer o atendes e que atenesta proposta paralela des outras mil cousas! ao certame do SantiaE a relación que tes cos go(é)Tapas, porque é clientes na barra é moi un escaparate para os especial, moi de preto, locais, para os produtes unha complicidade tos, dámoslle visibilique non podes ter na dade ao noso traballo. sala, porque na mesa é Detalle de Pili elaborando un dos seus cócteles. Hai que seguir apostanmáis conciso todo. Os Foto: Iván Barreiro do por el. Foi moi ben. meus mellores amigos Cada vez se apunta máis xente. Vendéronse moitos fíxenos na barra. (Ri) Eu son unha namorada da bapreparados. E nun ano moi difícil para nós!”, afirma. rra e da relación co cliente, aí velos, interactúas! Estamos como diciamos antes nun escenario, a xente Como chega o Bravú do Pub Atlántico ao seu cume? mira, pregunta... “Primeiro que nada penso: Que é o que quero facer e para que. Un cóctel para un concurso. Algo Ademais camiñamos cara a consumir en locais de de aquí, que teña que ver comigo e coa miña zona. forma diúrna. Cada vez é máis cedo. Cambian os Ademais converteuse nun reto persoal: facer un cóchábitos e as horas de consumo dun preparado! Hai tel con bagazo, un destilado noso, que se usa moi tamén unha transformación do tipo de consumo, pouco en hostalería, porque é moi difícil traballalo, porque é na mesa, a xente le a carta. A experiencia porque é moi invasivo, ten unhas notas moi marcaé distinta, hai que facer cousas distintas, con predas. E o preparado eu leveino ao terreo persoal, á sentacións máis elaboradas, bonitas, diferentes, miña orixe, a Monte Alto, ao mar... Fun perfilando o sorprendentes, porque pódeste permitilo. Fas máis cóctel cun carácter fresco, un toque cítrico, que reénfase en como servilo. E é algo que non faciamos”. cordase aos sabores do Atlántico, deille un toque de Por exemplo, ten un cóctel que o acompaña cunha salicornia, partín da base de facer algo con bagazo. xiringa co vaso de lado, para que ti o sirvas, non vos Un risco, porque é pouco usual. Pode resultar un digo o nome, a ver se me decides cal é! Porque hai pouco estraño, porque a xente non está acostumaque ser partícipes da revolución! Así que vémonos da a probar coctelaría con bagazo... E foi xenial ver no Pub Atlántico!. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha | N 27
|7|
somos compostela
Jose Castro
Noroeste Obradoiro:
Fotos cortesía da Fundación Pública Artesanía de Galicia.
Dende o corazón da acompañaron persoas “A xoiería non pode ser de ocasión” Zona Vella de Composboas e tiven moita axuda tela, nun local de 120 ao principio. metros cadrados na Rúa Travesa, Jose CasMeu bisavó era canteiro, tro (Santiago, 1979) miña nai, redeira... Veño deseña, manufactura e vende as súas pezas de xoiería. dunha familia moi sensible co feito a man e coa forma da A compostelá vén de gañar o Premio Nacional de Artenatureza, do mar... Iso mesturouse con coñecer a Marian sanía 2021 na categoría de produto por ‘Línea’, unha co(Diéguez) e Antonio (Ibáñez), que tiñan unha galería de lección de colares, pulseiras e pendentes que están insxoiería contemporánea, Noroeste, na Ruela de Xerusapiradas no concepto da liña, simple ou composta, recta lén. Cos cartos dun premio literario que gañei con 16 anos ou curva, pero sempre despoxada. comprei unha peza de Antonio e tiven a sorte de que eles se involucraron na miña vida, no meu futuro, e convenceComo foi o teu camiño ata chegar a ser premio ron a meus pais de que me formase en xoiería. nacional? Primeiro fun a Estados Unidos a estudar un bacharelato Longo! (Ri) Con moito esforzo e con moita xente marabiartístico, así que fixen algo de porcelana. Despois estillosa. Tiven moita sorte de que na miña vida sempre me ven en Londres, antes de irme para Barcelona, e poste-
| 8 | Pincha |
27
Rebeca Munín Por
riormente viaxei a Toronto. Cando regresei a Santiago, once anos despois, as miñas primeiras pezas de xoiería empezáronse a expoñer no antigo Noroeste. Marian faleceu e os plans de que eu me integrase na empresa se aceleraron. Empezamos cun taller na Rúa de San Pedro. Foi a primeira vez que notamos que á xente lle interesaba saber de onde viñan as pezas, que tiñan a necesidade de saber quen as facía, a súa historia... Abrindo o taller tamén buscamos dignificar o labor das mans. Despois, por circunstancias, houbo que pechar a galería, e unificamos na
@rebecamunin
Rúa Travesa tanto a galería como o obradoiro. Agora Antonio xa está xubilado, pero segue sendo unha parte fundamental do proxecto. Vén todos os días. Para min é a alma de aquí.
“Recibir o Premio Produto nos Premios Nacionais de Artesanía estando na ‘periferia’ é toda unha honra”
Como é o proceso de elaboración das pezas? Que técnicas empregas? Como materiais empregamos prata, ouro e pedras naturais. Nós facemos todo o proceso produtivo. Dedicámonos á xoiería en construción. Somos menos do 5% da xoiería, non só en Galicia, senón no resto do mundo. Iso quere dicir que non traballamos por molde, senón que aplicamos as técnicas máis antigas. De feito, facemos xoiería practicamente como faría un home prehistórico. O soprete está un pouco máis avanzando, non hai que soprar, xa vén co aire incorporado, pero as técnicas son
Pincha | N 27
|9|
“Facemos xoiería practicamente como faría un home prehistórico”
as mesmas. E para nós é moi importante aplicar esas técnicas a unha forma contemporánea. Fálanos de ‘Línea’, a colección coa que acabas de recibir o Premio Nacional de Artesanía. ‘Línea’ é unha colección moi extensa, tanto en pezas como en tempo, porque a primeira peza fíxena fai once anos. Antonio ensinoume a extraer o fundamental do que vemos. Todo se pode debuxar cunha liña, todo se pode sintetizar con ela. A liña é a máxima expresión que temos. Un neno cando empeza a debuxar fai unha liña... Así que a colección son liñas de prata e ouro, ás veces cun pequeno engadido moi delicado, que pode ser cunha pequena pedra de cor, un diamante... Outra cuestión importante é que as nosas pezas tratan de ser moi fáciles de poñer. Nós pensamos que a xoiería non pode ser de ocasión. As mulleres -porque nesta época histórica somos as mulleres quen levamos xoiería, aínda que antes non foi así- levamos unhas vidas moi activas. Levantámonos ás 7 da mañá e non paramos ata as 10 da noite. Non podemos ter unhas pezas que nos dificulten ir a traballar. As xoias teñen que servir como talismán, como elemento estético e permitirnos estar tremendamente cómodas. Como recibiches este premio? É unha marabilla por moitos motivos. Primeiro porque estes anos foron tremendos. Esta crise para todos os negocios, especialmente para os pequenos, está sendo dura, longa e esgotadora emocionalmente. E segundo porque para un negocio tan pequeniño como o noso, na ‘periferia’ -porque todo o que está fóra de Ma-
| 10 | Pincha |
27
drid e Barcelona se considera periferia- é especialmente gratificante. É unha honra. Antes deste premio, no ano 2016, xa recibiras o Premio Artesanía de Galicia pola peza ‘Voluta Volutidae’. En que consistía? ‘Voluta Volutidae’ é un pouco a esencia do que estamos falando. Dáste de conta que antes as casas estaban cheas de obxectos de prata? Non só marcos, senón tamén fontes, azucreiros... A nós facer obxectos encántanos, pero con forma contemporánea. Entón o que fixemos foi facer un saleiro e un azucreiro coas súas culleres, coas técnicas antigas de forxa en frío, pero aplicando unha forma moi contemporánea. É reinventar o obxecto de mesa. Como valoras o labor que fai Artesanía de Galicia? Fai un grandísimo labor, que todas as comunidades envexan. É un apoio perpetuo e próximo. Ademais, apoian a sectores
moi diferentes dentro da artesanía e son conscientes de que o nivel de produción e deseño que temos agora mesmo é o mellor de España. Ademais, están poñéndonos na mellor palestra internacional. As feiras ás que nos levan son as mellores de deseño: en Londres, en Estocolmo... Xa que estamos comezando o ano, cales son os teus obxectivos para 2022? Seguir vivindo dunha pequena produción. Seguir satisfacendo as necesidades emocionais dos nosos clientes. E seguir traballando, sendo pequeniños e facendo coleccións, con dignidade, con ganas e coa mesma ilusión. . Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
“As xoias teñen que servir como talismán, como elemento estético e permitirnos estar tremendamente cómodas”
Pincha | N 27
| 11 |
#apapar
Foto: Iván Barreiro
SALMONETE Á GALEGA
EN AUGA E SAL
Auga e Sal abriu as súas portas no ano 2016 na Fonte de Santo Antonio, da man de Alberto Ruiz-Gallardón (fillo). No 2020, tralo confinamento, contrataron un novo xefe de cociña, o compostelán Áxel Smyth, e ao pouco chegaron os recoñecementos. Primeiro foi un Sol na Guía Repsol e, neste 2022, unha Estrela Michelin. “Sorprendente, sen dúbida, pois reflicte unha filosofía ben definida e un amor incondicional polos pratos de culler, os mesmos que dan pé ao seu nome”, dixeron deste restaurante os inspectores da prestixiosa guía.
sobremesas e petit fours. O noso @JuanEAT_o tivo o pracer de probar un destes pratos: o salmonete á galega.
A súa proposta consta dun menú degustación tanto para o servizo de comidas como o de ceas. Este consta de 12 pases, incluíndo snacks, entrantes, principais,
Ademais, a súa cociña atopa o complemento ideal nos viños, seleccionados por Marta Costas, Premio Mágnum como sumiller revelación de Galicia no ano 2019.
| 12 | Pincha |
27
Seguindo a máxima de ‘creatividade ao servizo do produto e produto ao servizo da creatividade’, en Auga e Sal apostan pola materia prima artesá e de máxima calidade. Verduras que proveñen diariamente de hortas locais, peixes salvaxes capturados con artes de pesca sostibles co medio ambiente ou carnes seleccionadas dos mellores provedores conforman a súa despensa.
@JuanEAT_o, co Salmonete á galega de Auga e Sal Foto: Iván Barreiro
Se es de Compostela, seguro que pasaches unhas cantas veces pola Rúa da Fonte de Santo Antonio, pero é posible que non te decataras de que aí hai un local, o Auga e Sal, que acaba de ser recentemente recoñecido cunha Estrela Michelin. “A xente pasa de longo. Meu pai dimo todas as veces que vén, que vai pola rúa e non o atopa, e xa veu unhas cantas!”, recoñecía divertido o seu chef, Áxel Smyth, cando o visitei. Ademais da discreta fachada, no interior atopeime cunha decoración sinxela e elegante á par que moderna. A cociña está aberta e mesturan as vellas paredes de pedra orixinais da casa cuns acabados máis deste século, facendo do mesmo un lugar luminoso e cálido. Mais imos ao lío. Neste novo capítulo da ‘saga’ @JuanEAT_o (ha, ha, ha!), puiden probar un dos pratos que forman parte do Menú Degustación deste restaurante. Trátase dun salmonete ao máis puro estilo galego, pero cunha elaboración moi coidada e con novidosas técnicas
que fan deste proposta unha aposta que de seguro non defrauda. O salmonete, cun sabor a mar intenso e cunhas propiedades moi boas para a nosa saúde, é un peixe semigraso de carne firme e moi saborosa, pero máis suave que outros peixes azuis. A versión deste prato tan coñecido da nosa gastronomía que prepara Auga e Sal podería parecer unha tarefa sinxela, pero todo o contrario. O máis importante é coidar o produto e lograr servilo no seu punto perfecto. Para min este salmonete estaba exquisito, e moi ben ligado co sabor tan ‘da casa’ que aporta o puré e a allada que o acompañaban. Confeso que me pasou como o crítico que vai degustar o prato na premiada película de animación ‘Ratatouille’: regresei á miña infancia, a cando miña avoa cociñaba peixe no forno de leña. E que hai mellor que un prato poida provocar agradables sensacións? Sen dúbida, unha proposta que vos recomendo probar cen por cen! Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha
Datos
Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Lugar:
Rúa da Fonte de Santo Antonio, 8 Santiago de Compostela
Prato:
Salmonete á galega
Prezo:
Prato incluído dentro do Menú Degustación de 90 €
Valoración:
Por @JuanEAT_o @JuanEAT_o Pincha | N 27
| 13 |
Áxel Smyth
“Vir ao Auga e Sal é como cando alguén vai ao teatro, ao cine ou a un partido de fútbol. Algo distinto e único” Aínda que polo seu nome non o pareza, Áxel Smyth é compostelán. Naceu no ano 1991 e, tras formarse e traballar en grandes referentes gastronómicos en Londres, Bruxelas e diferentes puntos de España -como Casa Marcelo, As Garzas, Gaytan, etc.-, decidiu regresar á súa casa para poñerse á fronte do restaurante Auga e Sal. E que ben fixo! En ano e medio logrou un Sol Repsol e unha Estrela Michelin. “Estes galardóns son un recoñecemento ao traballo e tamén un posicionamento. Sitúante no mapa”, sinala o chef. E para el, non hai mellor maneira de alcanzar a elite que no seu querido Santiago. Despois de toda a túa traxectoria fóra de Santiago, a Estrela chega estando na casa... A verdade é que é algo que nunca imaxinei e é incrible. Se en Toledo tivera gañado algo, estaría moi ben, pero eu non son de Toledo, nin de Madrid, nin de Cataluña... Eu son de Santiago e ter este recoñecemento aquí é un orgullo. Supoño que estaredes con moitas reservas... Si, ao dia seguinte de gañar a Estrela, encheuse o restaurante e en fin de semana non temos oco ata dentro de catro meses. Pola semana, algo queda, pero pouco.
no sector hostaleiro desde que comezou a pandemia... Si, o que nós estamos vivindo é un pouco irreal. Estamos agora mesmo emborrachados co éxito. Todo o mundo quere vir porque somos a novidade. Pero xaneiro, febreiro... e con pandemia... sempre son meses baixos. Levas tan só un ano e medio en Auga e Sal e tes un Sol Repsol e unha Estrela Michelin. Xa entraches no local con eses obxectivos? A ver... o obxectivo sempre estivo aí. Entramos cunha liña de traballo que estaba bastante enfocado a iso. Non é que o esperara tan cedo, foi todo moi rápido, pero creo que foi grazas ao noso traballo e esforzo. Canta importancia ten o teu equipo neste logro?
É a clave. Como digo sempre, eu son o que saio nas fo27
O feito de ter estes galardóns supón máis presión? Non sinto máis presión. Sinto que é un recoñecemento a que estamos facendo ben o noso traballo, un apoio.
Como definirías a cociña que facedes en Auga e Sal? É unha cociña de produto, técnica e creatividade. Baseámonos no mellor produto que hai no mercado, aplicándolle as mellores técnicas e os métodos creativos que consideremos, SEMPRE (E isto Áxel remárcao ben claro) que respecten ese produto. É como o que probou @JuanEAT_o, o salmonete á galega. Escollémolo porque representa a gastronomía galega. Representa onde estamos, en Santiago. É un prato moi recoñecido na cabeza de todo o mundo. Todos temos na mente o seu sabor, pero o que facemos é aplicarlle distintas técnicas respectando esa tradición.
“Quixen demostrarme a min mesmo e aos que me rodean que podía chegar lonxe”
Xenial! Sobre todo coa situación tan difícil que estades pasando
| 14 | Pincha |
tos, pero sen o meu equipo non son ninguén. Un só nunca conseguiría nada.
Como é o proceso creativo? Depende moito do prato. Gústame moito xogar con pratos tradicionais e darlle unha pequena volta, como é o caso da Torta de Santiago. Noutros pratos baséome no propio produto e ver que técnicas son as máis acaídas para el. Outros son gustos persoais, sabores que sabemos que van casar ben... No Auga e Sal traballades cun menú. Que nos atopamos nel?
Empezamos xogando cun brunch, de inicio, como a primeira comida do día. Hai afumados, ensaladas, un consomé, un brioche que facemos con manteiga... No resto baseámonos un pouco máis en produto: temos, por exemplo, un escabeche de perdiz e cenoria, o salmonete á galega, un prato de callos no que cambiamos a parte sólida, etc. A adega de Auga e Sal, que dirixe Marta Costas, é tamén unha parte moi importante deste restaurante, non si? Si, porque o que buscamos nós é unha experiencia. Desde que o cliente entra pola porta ata que marcha. Comer
Rebeca Munín Por
Áxel, no comedor de Auga e Sal. Foto: Iván Barreiro
por necesidade facémolo todos os días. Isto é como cando alguén vai ao teatro, ao cine ou a un partido de fútbol. É algo distinto e único. Queremos que durante as dúas ou tres horas que están aquí dentro, sintan algo especial. E nesa experiencia, todo conta e todo suma. Dáselle un gran valor. Con Marta o nivel da adega é marabilloso. Non podemos partir só dun servizo ou unha cociña, é un conxunto o que buscamos. E como é esa historia de que ías para carpinteiro e acabaches na cociña? Non é que fora para carpinteiro. É que tiña 17 anos, quería saír de casa e quería apuntarme a cociña pero dixéronme que non había prazas. Como había en carpintería, apunteime aí, pero aos tres días dixéronme que si que había en cociña e cambiei. E que foi o que che enganchou desta profesión? A verdade é que non o sei. Simplemente como me dediquei á cociña, quixen demostrarme a min mesmo e aos que me rodean que podía chegar lonxe. Pensei: xa que me dedico a ser cociñeiro, imos a loitar por resaltar. Despois da Estrela, cal é a seguinte meta? Son un inconformista. Se fomos capaces en tan pouco tempo de conseguir isto, non imos deixar de soñar. SoPincha ñar se pode, non? (Sorrí) Revista de Gastronomía & Cultura
@rebecamunin
“Eu son o que saio nas fotos, pero sen o meu equipo non son ninguén” SANTIAGO, A CIDADE GALEGA CON MÁIS ESTRELAS MICHELIN Con Auga e Sal, Santiago suma xa tres locais cunha Estrela Michelin, sendo a cidade galega con máis restaurantes con esta prestixiosa distinción. A Tafona, de Lucía Freitas, na Rúa da Virxe da Cerca, e Casa Marcelo, de Marcelo Tejedor, nas Hortas, completan este magnífico trío. Pero é que ademais, en Compostela contamos con nove locais na lista Bib Gourmand, formada por aqueles que destacan pola súa relación calidade-prezo. Son Mar de Esteiro (na Sionlla de Abaixo), Anaco (na Costa de San Domingos), Mamá Peixe (na Algalia de Arriba), A Viaxe (na Praza do Matadoiro), Pampín Bar (na Ruela das Fontiñas), Café de Altamira e Abastos 2.0 (na Rúa das Ameas), A Horta D’Obradoiro (nas Hortas) e Asador Gonzaba (na Rúa Nova de Abaixo).
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha | N 27
| 15 |
entrevista Madalena Gamalho acaba de lanzar ‘Invento’, o seu primeiro traballo discográfico. Foto: Inferninho
| 16 | Pincha |
27
Rebeca Munín Por
Madalena Gamalho: “Síntome moi orgullosa porque non é fácil facer un disco autoeditado e partindo da nada”
@rebecamunin
M
adalena Gamalho lembra que sempre tivo a necesidade de cantar. Dedicarse á música era unha idea que conviviu con ela dende moi nova. “Pero se cadra esta-
ba un pouco esquecida, nas sombras”, admite. Foi fai sete anos cando empezou a asistir a aulas de técnica vocal e a cantar en locais e salas con Nota Bene. Despois creou o trío Os Meninos, xunto a Roberto Marqués e Iván Barreiro. Actualmente forma parte da banda Laroá e acaba de publicar o seu primeiro traballo en solitario: ‘Invento’. “Evolucionar, camiñar, aprender. Eses son os meus obxectivos na música. E este disco é un paso máis”, asegura. Como te sentes co teu primeiro disco xa por fin na rúa? Estou moi contenta. Para min é un soño que se fai realidade. Nunca pensei que podía ter a capacidade de facer un proxecto así, desta magnitude, e síntome moi agradecida e orgullosa de ter transitado este camiño, a pesar dos medos e das inseguridades. Porque non é fácil facer un disco autoeditado e partindo da nada. Que imos atopar nel? É un disco moi sincero, feito para desfrutar, moi pensado para os directos, que é o que sempre tivemos na mente. E que recolle 10 temas, algunhas cancións son máis emotivas e outras máis enérxicas e reflexivas. Seis delas son de autoría propia, tres son poemas musicados, e tamén hai unha versión da canción Teresa Torga de José Afonso. En canto ao estilo musical, fixemos algo moi de acordo ao noso espírito persoal, non queriamos encadrarnos en etiquetas. Por iso aparecen influencias do pop, rock, funk ou de músicas do mundo. ‘Invento’ ten a sorte de ter contado con músicos de grande traxectoria e experiencia aos que lles estou moi agradecida. Iván Barreiro (guitarra eléctrica), Carlos Arévalo (batería), Rafa Morales (baixo), Iria Iglesias (teclados) e Javier Pereiro “GDjazz” (trompeta), Pablo Pacior (frauta traveseira) e Benxamín Otero (óboe). Por que ‘Invento’? O nome de ‘Invento’ foi o escollido entre unha das cancións. Trátase dunha poesía de Pepe Cáccamo, un escritor galego cunha ampla traxectoria, ademais de amigo meu e veciño. El quixo compartir comigo varios dos seus textos para musicar. A partir desta palabra, aparece todo un imaxinario que se ven a reflectir no deseño do álbum. Pincha | N 27
| 17 |
A capa do disco presenta un ser inventado, ficticio, a camiño entre ave e peixe, con elementos mecánicos e sonoros. É unha capa entre antiga e futurista, que resulta nunha simbiose interesante e misteriosa. Por outra banda, a palabra ‘Invento’, penso tamén que recolle elementos que forman parte da miña personalidade. A capacidade creativa, a imaxinación, o asombro ante todo o que nos arrodea, a infancia.
“Evolucionar, camiñar, aprender. Eses son os meus obxectivos na música. ‘Invento’ é un paso máis”
cermos xuntos este proxecto. A nosa é unha relación de confianza mutua e temos moitos aspectos en común. Os dous somos moi perfeccionistas co noso traballo. Dende que o coñezo sempre me sorprendeu a súa capacidade creativa e toda a aprendizaxe musical que alberga. É unha persoa marabillosa e un grande músico. Como foi o proceso de gravación do disco?
Celsius Pictor é o artista creador das
Comezou en época de pandemia,
ilustracións e o deseño do disco é de In-
en outubro de 2020. E é por isto mes-
ferninho.
mo que toda a preprodución é realizada dende as nosas casas. Digamos que
Dis que ‘Invento’ é “unha reconciliación co amor e as emocións humanas”. Por que? Esta idea da reconciliación ten moito que ver co mundo que
durante meses e meses, as ideas que logo se irían materializar en cancións, foron compartidas a través de videoconferencias entre Iván e eu.
estamos a vivir. Unha realidade hiperindividualista onde somos
A dicir verdade, non sabemos se este proxecto tería nacido
cada vez máis desconfiados co que temos en fronte. E é isto mes-
de non ser por esta situación. Sei que pode resultar algo sor-
mo, esta idea o que eu quero desterrar.
prendente ou contraditorio, pero realmente tanto Iván como eu
En moitas das cancións que escribo sempre está presente a necesidade de convivir cos demais, de falar cos outros, de com-
contabamos con máis tempo para dedicarlle a este proxecto e puxemos nel toda a nosa enerxía.
partir as nosas vivencias con outros seres humanos, como unha
As gravacións comezaron en novembro, nos estudios Savik
maneira de desconexión ou como un xeito de depurarnos. Penso
Sound con José Trincado (Triki). A verdade que foi un proceso
que isto é moi necesario. E ten moito que ver coa saúde mental,
moi intenso e sempre nolo puxo moi fácil. Neste sentido é de
agora que é un tema de grande actualidade.
agradecer contar con persoas así, tan involucradas no seu
Cando falo do amor, non se trata de amor romántico, senón
traballo.
mais ben da necesidade de dar e recibir amor das amizades, da familia, da veciña de en fronte, do señor co que falaches no supermercado ou na parada de autobús. Esta confianza depositada nos demais que nos abre camiño a que nos pasen cousas boas.
Como ves o panorama musical galego tras case dous anos de pandemia? A dicir verdade penso que as cousas están a ser moi compli-
Digo reconciliación por isto mesmo, porque eu mesma pensa-
cadas. A situación para a cultura nunca foi moi esplendorosa nos
ba que era preferible afastarse da sociedade para vivir máis feliz,
anos previos á pandemia, canto menos agora. Pero tal e como
e agora creo que verdadeiramente do que se trata é de afastarse
din, non hai mal que cen anos dure e eu quero ser optimista, así
das mensaxes negativas coas que nos bombardean constante-
que espero que todo se vaia recompoñendo pouco a pouco.
mente. Cando e onde poderemos escoitar ‘Invento’ en directo? O produtor musical é o tamén fotógrafo de Pincha, Iván Barreiro. Quen é Iván para ti? Iván é o meu compañeiro, o meu amigo e unha persoa á que estou moi agradecida, por ter confiado en min para fa-
Espero que axiña. Agora mesmos estamos cos ensaios, así que é probable que as primeiras presentacións sexan na primavera. Convidámosvos a todos e a todas a acompañarnos e acoller ‘Invento’ como parte das vosas vidas.
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
| 18 | Pincha |
27
Gargantua, a litografía de Honoré Daumier
pola gorxa
Para comelo... pero en galego!
ENTRECOSTO OU SOÁ Curiosidades
‘O
que bo entrecosto queira tallar, empece en agosto a cebar’, di un refrán popular. Porque si, en galego utilizamos a palabra ‘entrecosto’ e non ‘entrecot’ para referirmos á carne do costelar coa costela que adoita prepararse á grella ou á prancha. Segundo recolle a Real Academia Galega, ‘entrecosto’ tamén serve para designar á tallada de carne de vacún que se obtén do costelar desosado ou ao espiñazo do porco. Para esta última acepción está admitida como sinónimo a palabra ‘soá’. Podemos dicir, por exemplo: “Para facer o caldo coceu un cacho de soá”. Cada unha das vértebras que forman o espiñazo do porco chámanse óso de entrecosto ou de soá. É dicir, que se nos apetece un prato ben rico para tomar neste inverno sempre podemos botarlle uns ósos de soá ao cocido.
ONDE PROBALO? Son moitos os restaurantes de Compostela que inclúen nas súas cartas un prato de entrecosto: o San Jaime, na Praza de Fonseca, as Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta... En O Sendeiro, na Rúa do Olvido, serven un Entrecosto de vaca vella de Bandeira. E na Casa de Xantar O Dezaseis, na Rúa de San Pedro, ofrecen un Entrecosto de becerra á grella de 400 gramos!
❖
A palabra ‘entrecosto’ provén da francesa ‘entrecôte’, que significa ‘entre as costelas’. Normalmente na gastronomía adoita referirse ao do vacún, pero o termo ‘entrecosto’ tamén pode aplicarse ao de porco ou ao de cordeiro.
❖
A diferencia entre o ‘entrecosto’ e a ‘costeleta’ (Recorda! En galego non podemos dicir ‘chuleta’, ‘chuletilla’ nin ‘chuletón’) é que, aínda que as dúas pezas proceden do lombo alto, o lugar no que se atopa a carne é distinto. Así, mentres que o ‘entrecosto’ está entre ósos na parte baixa do lombo, a ‘costeleta’ procede da parte baixa e inclúe a parte dos ósos. Segundo o Dicionario de alimentación e restauración editado pola Xunta de Galicia baixo a coordinación de Manuel González, esta forma recoméndase utilizala seguida do animal do que procede. Debemos dicir, por tanto, ‘costeleta de año’ ou ‘costeleta de boi’.
O entrecosto de tenreira galega é unha das pezas máis cobizadas polas persoas amantes da carne. A Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega certifica que a carne comercializada baixo o seu amparo é exclusivamente de animais nados, criados e sacrificados en Galicia, que proceden de razas autóctonas e as súas cruces e que superaron un rigoroso programa de control integral. Na súa páxina web, terneragallega.com, poden consultarse non só receitas, senón tamén todos os puntos de venda de produtos con esta marca que podemos atopar en toda España. Pincha | N 27
| 19 |
crusat & costas
Revera Vinum LORENA COSTAS
Revera Vinum: I Encontro do Viño Galego
P
ois aquí estamos! Ano novo, artigo novo! Desta vez trátase dun artigo moi especial, si. Non imos facer cata de viño tampouco, pero imos falar dun evento no que poderedes catar moito e ben. Trátase do Revera Vinum, e terá lugar en Compostela do 22 ao 24 de marzo no Hotel Monumento San Francisco. Esta iniciativa pretende dar a coñecer e promover os viños galegos das diferentes adegas, DO’s e IXP’s, non só para profesionais do sector, senón tamén para os veciños e turistas que visiten a cidade. O feito de facelo nesas datas pretende ser tamén un revulsivo hostaleiro na chamada “temporada baixa”. O encontro terá como eixos principais as catas, a zona de expositores, cun estupendo Túnel do Viño, e por úl-
timo un foro de mesas redondas e relatorios, con participación de profesionais destacados. Despois de contarvos a “teoría” do evento, imos ao que realmente importa: E que poderemos beber alí? E que adegueiros estarán? Pois ben, no Túnel do Viño poderedes catar máis de 300 viños! Ide preparados e ben comidos, que son moitos! E tranquilos, que vos darán un pequeno manual para que non vos perdades e haberá catadores que vos asesorarán ;) Ademais, poderedes asistir a talleres, debates, etc., e haberá algunhas catas especiais que persoalmente vos recomendaría: A Cata de Viños de Tinalla, na que participará o meu compi Crusat; a Cata de Variedades Esquecidas de Galicia, tremendamente interesante para coñecer esas variedades coas que algúns adegueiros loitan para que non se perdan para sempre. A cata será dirixida por Juanjo Figueroa, sumiller e propietario de A Lume de Carozo en Vigo; a Cata de Climas, na que se fará unha análise dos climas no mundo do viño, especialmente nos viños galegos. Ofrecerase unha cata de viños de carácter atlántico, continental e mediterráneo, moi moi interesante, non si? Haberá tamén talleres de cata e elaboración de cócteles con augardentes e licores de Galicia, da man de Pili Fernández, propietaria do Pub Atlántico, cata de queixos das DOP galegas... Mi madriña! Estou desexando que chegue xa o Revera Vinum! Mais eu, como colofón e para rematar o meu texto, quería destacar unha cata: Dez Viños, Cinco Mulleres. Nesta cata, cinco mulleres profesionais de diferentes
Javier Míguez, propietario das Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta e directivo da Asociación Hostalaría Compostela, ideou este I Encontro do Viño Galego Revera Vinum. Foto: Iván Barreiro
| 20 | Pincha |
27
Por
Jose Crusat
Lorena Costas Por
@lorena_costas
sectores, catarán, cada unha delas, dous viños galegos a recomendar. Esas mulleres son María Campos, xornalista; María Garrido, copropietaria do proxecto La Societé, e antiga directora comercial de Martín Códax; Eva Pizarro, sumiller moi coñecida por todos nós polo seu paso polo xa extinto Restaurante Acio; Mercedes Gon-
@choumimx
zález, sumiller, docente e asesora gastronómica e María Rey, profesora de Servizos de Restauración. Unha cata que de seguro merecerá moito a pena. Só nos queda pedir que o inoportuno covid-19 non nos estrague a festa e nos deixe gozar deste marabilloso evento. Saúde!
JOSÉ CRUSAT
Ao Final do Camiño está o Viño Galego
P
ois coma comentou Lorena, non nos toca falar dun viño en concreto nin unha listaxe deles, senón que toca falar doutra vertente do mundo dos viños que son os eventos, salóns, congresos ou feiras; dá igual coma lle queiramos chamar, ao fin e ao cabo trátase dunha xuntanza onde se poden atopar unha gran cantidade de viños. E no caso do Revera Vinum, que é coma se chama este evento, supón unha incrible oportunidade de coñecer e probar a grande diversidade vinícola dos nosos territorios galegos. E dígoo así en plural, porque a nosa terra ten unha grande diversidade de territorios que confiren o seu carácter diferenciador a cada un dos viños que se elaboran neles. Dende as terras frescas do branco lexítimo de Betanzos, as brisas atlánticas nas rías galegas dende Fisterra a Vigo, os viños miñotos da desembocadura do río pai, pasando polos diversos Ribeiros, os canóns da Ribeira Sacra e os perfís máis continentais e cálidos de Valdeorras e Monterrei, sen esquecer a frescura das alturas da montaña lucense. Este é unha das principais liñas deste evento que terá lugar nos salóns do Hotel Monumento San Francisco durante os días 22 a 24 de marzo. Pero é que ademais, con esa intención aglutinadora, a promotora, que non é outra que a Asociación Hostalaría Compostela, quere contar con todos os actores presentes no mundo do viño. Dende os elaboradores, hostalaría, pasando
pola distribución e finalmente o público final tanto local como turista. Así pois, os hostaleiros poderán coñecer os viños directamente da man das diferentes empresas de distribución que serán quen estean á fronte dos diferentes postos cos viños expostos. Terán a oportunidade de saírse do camiño xa trillado, dos nomes xa coñecidos, e probar e coñecer o grande abano que é o viño galego. Pero tamén existirá un túnel do viño onde se poderán degustar os diferentes viños presentes dun xeito máis individual co apoio de profesionais para explicar cada unha das elaboracións presentes. Completarán a oferta os diversos relatorios e charlas ao redor do mundo do viño con presenza de grandes figuras a nivel nacional e máis do territorio español. Como non, o marco de Santiago de Compostela é o máis idóneo para representar a unidade dos viños galegos, sendo final de camiño por onde penetrou a viticultura seguindo as diversas rutas xacobeas. Pero ademais é o principal núcleo de comunicacións da nosa terra, cunha ampla oferta de establecementos de aloxamento e hostalaría. Anímovos pois a que participedes desta grande festa do viño galego que bota a andar nesta primeira edición de Revera Vinum na que tamén teño o pracer de participar. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha | N 27
| 21 |
de libros con Ruth A entrevista con Carlos Meixide fixémola en Bombarda, na República do Salvador, 13, Santiago. Foto: Iván Barreiro
Carlos Meixide
“Permitinme converter o Camiño no escenario de atentados internacionais”
N
este Ano Santo ampliado, resulta refrescante achegarse a unha novela como ‘Camiño de Paixóns’ de Carlos Meixide (Vilagarcía de Arousa, 1977). Trátase dunha historia que el mesmo define como “pulp” (acción, erotismo, consumo rápido) e que mestura o Camiño de Santiago coas seitas xaponesas. De feito, gañou o I Premio de Novela Camiño de Santiago. Entrevistamos ao seu autor nun lugar tan moderno coma el, a tenda de moda para home e muller, Bombarda, en pleno Ensanche compostelán.
Novela Camiño de Santiago e pensei que era unha boa oportunidade para experimentar. Nese tempo souben que acababan de executar ao líder da seita Verdade Suprema, autora do atentado. Isto fíxome revisar a historia do acontecemento. Para vencellar co Camiño de Santiago, pensei na súa capacidade de concitar a xente de diferentes países que as veces viaxan soas con intencións redentoras, como os personaxes protagonistas de Hiromi e Olalla. Permitinme o exceso de converter o Camiño no escenario dunha trama de atentados internacionais.
Fálanos de ‘Camiño de Paixóns’ e a súa influencia xaponesa. A novela introduce un acontecemento histórico algo esquecido que é o atentando no metro de Tokio en 1995. Quería facer unha novela de estilo pulp, de quiosco, de explotación das pulsións máis primarias como a sexualidade e a violencia, un pouco disparatada. Apareceu a posibilidade de presentarse ao I Premio de
Parece que ten unha certa influencia de Murakami… Acudín a un par de libros de Murakami nos que investiga sobre os atentados. Un deles, ‘Underground’, recolle testemuñas de vítimas nas que contan as secuelas do atentado e como influíu na súa vida. Ten outro libro sobre persoas que formaron parte da seita Verdade Suprema, como se viron involucradas na organización e o funcionamento interno da seita.
| 22 | Pincha |
27
Por
Ruth Ríos
“Quería facer unha novela de estilo pulp, de quiosco, de explotación das pulsións máis primarias como a sexualidade e a violencia, un pouco disparatada”
@ruthriosfernandez
Como ves o Camiño? O personaxe de Olalla é o meu alter ego porque ten unha visión sobre o Camiño máis próxima a min. A Olalla, o Camiño parécelle unha trapallada de Fraga que afecta á vida dos composteláns. Eu sempre tiven unha visión máis escéptica. Para min é un fenómeno masificado, aínda que non nego que poida haber una experiencia fermosa no feito de andar e atoparse cun mesmo. Nunca fixen o Camiño de Santiago (risos).
beneficios. Así conseguín ter unha carreira literaria e unha paralela como editor, ademais dunha nova vida.
‘Camiño de Paixóns’ está editada por Galaxia, pero durante varios anos autoeditaches novelas como ‘Cans’, ‘Ons’, ‘Guitiriz’ e ‘Arousa’. Como é a experiencia da autoedición? Para min a autoedición non viña tanto porque non atopara outra maneira de publicar os meus textos, senón mais ben da necesidade de reconstruírme a nivel persoal. No momento en que decidín autoeditarme estaba nunha crise persoal e creativa. Quería dedicarme ás cousas que me gustaban como escribir, e para facelo vin que a mellor maneira era a autoedición, de forma que tamén fora dono dos meus traballos e dos meus
Cal e a orixe do nome? O nome ten que ver con cousas queridas por nós. Rodolfo é o meu peluche de cando era neno, que tivo un final tráxico porque un día cheguei a casa e xa non estaba. Priscila era unha boneca dunha caixa de música de Berta Dávila.
Acabas de crear xunto a Berta Dávila a editora ‘Rodolfo e Priscila’. Cal é o espírito da vosa editorial? A idea é editar libros cun selo determinado, con vocación de permanecer no tempo e construír pouco a pouco un catálogo. Queremos facer libros que nos gusten, que sexan fermosos e interesantes. Non descartamos facer ilustración, ensaio… aparte de novela.
Cales son os teus plans para 2022? Teño varias cousas feitas. Levo tempo sen publicar, pero iso non quere dicir que non escribise. Teño unha obra rematada e verei se editamos por conta propia ou con outra editora. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Camiño de Paixóns Editorial: Galaxia Autor: Carlos Meixide Idioma: galego Data de publicación: 2019 Páxinas: 138
#DELIBROSCONRUTH CONTINÚA NA NOSA WEB! Carlos, con ‘Camiño de Paixóns’. Foto: Iván Barreiro
Pincha | N 27
| 23 |
a gorida do artista
Por Inés Silvalde de Os Catro Gatos
Esta forma de vivir e experimentar a arte coñécese como Urban Sketcher
Nanda Cabaleiro, na terraza do Airas Nunes. Foto: Délio Sánchez
Nanda Cabaleiro, debuxando os recunchos da nosa cidade
T
omar un café e debuxar a instantánea, acuarelar
Cóntanos a nosa entrevistada que nestes grupos de debuxantes
as rúas, retratar conversas, interpretar encontros a
poderíamos diferenciar entre os artistas que proveñen da liña
través dun lapis… experiencias que se poden vivir
e aqueles cuxo medio de expresión é a mancha. Para ela, como
cando un caderno e un kit de debuxo che acompañan nos petos.
arquitecta de profesión, a liña e o acabado monocromo foron os elementos fundamentais construtores do debuxo nos seus
Falamos con Nanda Cabaleiro, artista residente en Compostela,
inicios pero, paulatinamente, foi integrando elementos de cor,
que fai anos que comparte a experiencia de debuxar “in situ”
tanto nas liñas como en trazos con carácter de mancha.
diferentes espazos con outros artistas. O feito de verse en contacto con tan diversos artistas con técnicas Esta forma de vivir e experimentar a arte coñécese como Urban
diferentes e procedementos variados neste tipo de encontros,
Sketcher. É un movemento mundial, fundado por Gabriel
enriqueceu a súa forma de representar a súa contorna ampliando
Campanario, que se caracteriza por mostrar diferentes lugares
os seus recursos estilísticos. Atopamos debuxos cunha liña
do mundo a través do debuxo. Os artistas, que acompañan e
continua e irregular coñecedora da perspectiva. Contornos que
practican esta forma de arte, fan quedadas tanto a nivel mundial
describen e narran instantáneas acompañados dun sutil baño
como local co fin de contar historias ou documentar os lugares
de cor. As acuarelas , o pincel de auga así como rotuladores
que visitan.
rotring son os seus grandes acompañantes. Os debuxos amoréanse en cadernos ao longo dos anos, contando historias
Xa é habitual que haxa un grupo en tódalas cidades. En
como un álbum de fotos. Paisaxes, receitas, bodegóns, retratos...
Compostela están os “Bosquejeros”, do cal forma parte Nanda.
todos fieis á maxia de debuxar o momento.
Aínda así, sempre que lle coincide estar noutras cidades, intenta poñerse en contacto con outros urban sketchers a través das
A pandemia do 2020 chegou tamén para encerrar a tódolos
redes para unirse á súa quedada.
debuxantes que flúen entre os distintos espazos máis alá da súa
| 24 | Pincha |
27
@oscatrogatos
gorida, pero pronto atoparon unha solución. Un dos epígrafes
é ‘7 herbas máxicas’, proxecto que naceu da man de Rosalía
do manifesto dos Urban Sketchers expresa a necesidade
Bermúdez Santos, no que se conta coas ilustracións feitas a
de compartir, cos outros artistas, as imaxes dos debuxos
medida para cada un dos textos. Como resultado, un libro
realizados nunha quedada. Así empregaron as redes sociais
dotado dunha gran delicadeza literaria e artística no que
como plataforma de interacción. Esta tamén foi a vía de escape
podemos destacar a intervención exclusiva de mulleres neste
de Nanda uníndose a varios grupos nos que facían quedadas
proxecto.
virtuais os domingos para debuxar. E faise o silencio. O seu currículo artístico conta con varias exposicións colectivas e individuais. Actualmente está somerxida nun proxecto que ten
Unicamente sentimos o son dos lapis expresándose sobre
como temática principal o viño e que pronto será exposto en
os cadernos. O espírito libre desta artista sóltase no papel,
Castela.
plasmando a maxia de debuxar do natural.
Máis alá das salas de exposicións, os debuxos de Nanda tamén
Seguramente pronto vos atoparedes con ela, soa ou acompañada,
teñen un lugar na literatura. Un dos traballos máis recentes
debuxando os recunchos da nosa cidade.
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha | N 27 Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
| 25 |
axenda do exército español que se atopan nas terras do Rif despois do Desastre de Annual, ocorrido o 21 de xullo de 1921. Con eles imos visitar, coma se dun pesadelo grotesco se tratara, unha guerra innecesaria, inxusta e cruel.
MORGANA EN ESMELLE
CONCERTO DE SÉS
TEATRO PRINCIPAL
11 DE FEBREIRO ÁS 20:30 H | PREZO: 20€
3 E 4 DE FEBREIRO ÁS 20:30 H | PREZO: 12€
Adaptación da magnífica novela de Begoña Caamaño que recibiu o aplauso de lectores e crítica. Unha obra que reescribe o mito cunha ollada contemporánea. Unha ollada diferente sobre o mundo artúrico e a Terra de Miranda.Dirixido por Ánxeles Cuña, conta como reparto con Quico Cadaval, Fina Calleja, Fernando Dacosta, Laura Míguez, Sabela Gago e Elena Seijo.
AUDITORIO DE GALICIA
Sés non só segue mantendo a súa valente mensaxe, senón que neste novo traballo poténciaa. En ‘Liberar as Arterias’, que inclúe unha selección de cancións con letra e música da propia cantautora, percorre América de norte a sur, pasando todo polo seu propio filtro, como non podía ser doutra forma. É o seu sétimo traballo discográfico, co que segue facendo evolucionar o particular son que a consagrou no máis alto.
‘LUGAR DE’, DE REBECA LAR OS CATRO GATOS
DO 12 DE FEBREIRO AO 12 DE MARZO | PREZO: DE BALDE
Baixo o título ‘LUGAR DE’, Rebeca Lar (Vigo, 1993) presenta o seu proxecto máis recente, financiado polas Ayudas Injuve: unha investigación sobre memoria histórica, sobre as pegadas da guerra e da ditadura na provincia de Pontevedra.
SMOKE ON THE WATER TEATRO PRINCIPAL 17 E 18 DE FEBREIRO ÁS 20:30 H | PREZO: 12€
Traxicomedia sórdida de Ibuprofeno Teatro. Unha historia de sexo, drogas, rock and roll, enfermidade, violencia, prostitución, vandalismo, morte e, por suposto, de amor. Actúan Josito Porto, Belén Constenla, Adrián Ríos, María Costas e Mon Orencio.
As pezas expostas xorden dun recordo familiar da artista e da súa necesidade de achegarse a centos de historias esquecidas e enterradas. Cando soubo que os seus bisavós se salvaran, soubo tamén que outros moitos non.
DIRECTO DE MORGAN AUDITORIO DE GALICIA
18 DE FEBREIRO ÁS 20:30 H | PREZO: 14€
FESTIVAL DE CORTES ARXENTINOS
GOLFA
A LAREIRA
11 DE FEBREIRO ÁS 20:30 H | PREZO: 14€
FEBREIRO
O restaurante A Lareira, na Rúa de San Clemente 2, celebra durante todo o mes de febreiro un festival de cortes tradicionais arxentinos. A proposta inclúe unha botella de viño de Ponte da Boga, tres tipos diferentes de corte, e patacas por 77,90 euros.
|2
Morgan volven aos escenarios coa súa xira ‘The River Tour’ para presentar o seu terceiro traballo de estudo, titulado ‘The River and the Stone’.
TEATRO PRINCIPAL
Unha mañá aparece fronte á porta dun instituto unha pintada que di “GOLFA”, un insulto anónimo que destapa a historia que o precede. Ante uns feitos cada vez máis confusos, a xuíza encargada do caso propón unha sesión de sexoloxía. Dramaturxia e dirección de Jose Padilla.
RIF (DE PIOJOS Y GAS MOSTAZA) AUDITORIO DE GALICIA
12 DE FEBREIRO ÁS 20:30 H | PREZO: 14€
Unha obra de Centro Dramático Nacional, Micomicón e Aprior. Os nosos protagonistas son tres soldados
Este novo álbum é un conxunto de dez cancións nas que empezaron a traballar tras o confinamento en 2020 coa mesma filosofía de sempre: coller unhas cantas ideas e xogar para vestilas tratando de explorar un pouco máis os ambientes, conceptos e sons.
Axenda suxeita a posibles modificacións. Consulta novidades en revistapincha.gal/axenda-gastrocultural
| 26 | Pincha |
27
e sintetizadores) Luis Rodríguez (guitarra) e César Verdú (batería) presenta o seu cuarto disco, ‘ERA’.
OS NENOS DA VARÍOLA TEATRO PRINCIPAL
19 DE FEBREIRO ÁS 18:30 H | PREZO: 3€
Pérez&Fernández, en coprodución co Centro Dramático Galego, presenta a adaptación á escena da novela de María Solar Os Nenos da Varíola. Unha peza teatral con altas doses de realidade histórica, tenrura e humor que toma como eixe central a vida dos nenos da Casa de Expósitos da Coruña e como chegaron a ser os heroes da Real Expedición Filantrópica da Vacina.
XISCO FEIJOÓ PRESENTA ‘PEIXE’ SALA CAPITOL
20 DE FEBREIRO ÁS 20:15 H | PREZO: 18€
Xisco Feijoó, (Francisco Javier Feijoó Álvarez), presenta”PEIXE”, trátase dunha proposta fresca, dunha realidade que aglutina toda unha carreira dentro da música tradicional vista dende unha perspectiva actual. Xisco será o protagonista deste proxecto, un disco con moita forza e ímpetu, un traballo en compañía do produtor e magnífico mestre Carlos Quintá que aderezou con armonías e fermosos arranxos ao servizo de noso sabor tradicional e sempre dende unha visión contemporánea e moderna.
liberdade e, ao mesmo tempo, polas debilidades que a fan muller galega do seu tempo.
CONCERTO DE ARA MALIKIAN PALACIO DE CONGRESOS
4 DE MARZO ÁS 20:00 H | PREZO: DESDE 48€
Ara Malikian actuará en Santiago presentando a súa última xira, dedicada ao seu fillo. Esta xira está chea de dinosauros, luras robóticas, máquinas do tempo, pianos voadores e mimos bilingües... Este disco é iso que Ara esquecera e que é tan poderoso; a maxia de atopar cada día sendas fascinantes, traian o que traian.
CONCERTO DE MANEL AUDITORIO DE GALICIA 5 DE MARZO ÁS 20:30 H | PREZO: 14€
Tras alcanzar o número 1 da Lista Oficial de Ventas con ‘Per la bona gent’ e converterse no único grupo en logralo en catro ocasións consecutivas con discos cantados en catalán, Guillem Gisbert, Martí Maymó, Roger Padilla e Arnau Vallvé chegan agora con ‘L’amant malalta’.
MORTE ACCIDENTAL DUN ANARQUISTA TEATRO PRINCIPAL
RASTROS
XIRA DE LOS SECRETOS
TEATRO PRINCIPAL
4 E 5 DE MARZO ÁS 20:30 H | PREZO: 12€
AUDITORIO DE GALICIA
19 DE FEBREIRO ÁS 20:30 H | PREZO: DESDE 30€
O grupo liderado por Álvaro Urquijo, achégase a Compostela cun show emocionante e tremendamente optimista. Farán un percorrido polos temas máis emblemáticos do grupo como son ‘Déjame’, ‘Pero a tu lado’ ou ‘La calle del olvido’, así como cancións máis recentes.
CONCERTO DE LEÓN BENAVENTE SALA CAPITOL
26 DE FEBREIRO ÁS 21:00 H | PREZO: DESDE 25€
O grupo formado por Abraham Boba (voz e teclados), Eduardo Baos (baixo
Adaptación dunha obra de Roberto Vidal Bolaño. Esther, a protagonista, é unha muller descaradamente libre. Acostuma a dicir o que pensa e facer o que sinte, sen prexuízos. É un dos personaxes femininos máis interesantes que produciu a dramaturxia galega, unha libertaria finisecular que tería topado o seu lugar nas manifestacións feministas de hoxe. Rastros pivota sobre a súa
11 E 12 DE MARZO ÁS 20:30 H | PREZO: 12€
Estrea de Talía Teatro. Cándido Pazó dirixe a Toño Casais, Diego Rey, Marta Ríos, Dani Trillo, Artur Trillo, Xurxo Barcala e Rubén Prieto. Milán, 1969. Un anarquista falece tras caer pola ventá dunha comisaría na que está sendo interrogado pola policía. En plena investigación xudicial dos feitos, a aparición en dita comisaría dun “tolo” que se fai pasar por diferentes personaxes logrará darlle a volta ás indagacións e descubrir a verdade.
3| Pincha | N 27
| 27 |
axenda
EL ABRAZO
ReveraVinum
18 DE MARZO ÁS 20:30 H | PREZO: 14€
Unha obra de Pentación Espectáculos con Toño Casais, Diego Rey, Marta Ríos, Dani Trillo, Artur Trillo, Xurxo Barcala, Rubén Prieto.
INFINIT TEATRO PRINCIPAL
ReveraVinum ‘Infi nit’ cuestiona os difusos comezosReveraVinum e finais de todo o que nos rodea. Acrobacia, trapecio wáshington, clown, danza son os ingredientes deste remuíño de humor existencialista. 26 DE MARZO ÁS 18:30 H | PREZO: 3€
AUDITORIO DE GALICIA
Unha muller, Rosa, e un home, Juan, ambos de avanzada idade e antigos amantes, reencóntranse e abrázanse despois de case unha vida, na que o desexo do fillo que nunca tiveron, segue vivo. Ese mesmo día, un home aparece feliz na porta de Rosa. É real ou un soño imposible?
ReveraVinum
estudo de Ilegales, que coincide co 40º aniversario dun dos grupos máis emblemáticos do rock cantado en castelán. A xira de presentación será tan especial como o propio disco, pois ofrecerá unha posta en escena espectacular para rememorar os ReveraVinum clásicos máis soados do seu extenso repertorio, xunto ás novas cancións.
I ENCUENTRO DEL VINO GALLEGO 22, 23 Y 24 DE MARZO DE 2022 I ENCONTRO DO VIÑO GALEGO REVERA VINUM
ReveraVinum
HOTEL MONUMENTO SAN FRANCISCO
ReveraVinum
ReveraVinum
DO 22 AO 24 DE MARZO
A Asociación Hostalaría Compostela promove este Encontro no que participarán por vez primeira nun mesmo evento todas as Denominacións de Orixe (DO) e Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) de Galicia.
OTHELLO AUDITORIO DE GALICIA
26 E 27 DE MARZO ÁS 20:30 H | PREZO: 12€
SERGIO DALMA, EN DIRECTO PALACIO DE CONGRESOS 26 DE MARZO ÁS 20:30 H | PREZO: DESDE 30€
Tras colleitar incontables éxitos co seu tour ‘30… y tanto’, Sergio Dalma pasa páxina e volve á actualidade con ‘Alegría’, un novo traballo discográfico.
UXÍA E JAVIER RUIBAL, AO VIVO AUDITORIO DE GALICIA 19 DE MARZO ÁS 20:30 H | PREZO: 14€
‘De tu casa a la mía’ é un retrato musical de dous poetas universais, Rosalía e Lorca, da man e do sentimento de dúas almas que tratan de poñer ás á poesía de ambos autores. Uxía e Ruibal teñen xa unha ampla experiencia musicando poetas. Este traballo é un paso máis nunha historia de amizade e complicidade que quere seguir o camiño iniciado por Lorca de Granada a Santiago, selando a irmandade norte-sur e a proximidade de espírito e de ideais.
AS QUE LIMPAN TEATRO PRINCIPAL
24 E 25 DE MARZO ÁS 20:30 H | PREZO: 12€
Produción da compañía ‘A Panadaría’. ‘As que limpan’ fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por conseguir uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras.
| 4 Axenda suxeita a posibles modificacións. | 28 | Pincha |
27
CONCERTO DE ILEGALES SALA CAPITOL
26 DE MARZO ÁS 21:00 H | PREZO: DESDE 20€
En febreiro de 2022 publícase ‘A loita pola vida’, un novo disco de
Consulta novidades en revistapincha.gal/axenda-gastrocultural
Hai no relato de William Shakespeare unha historia de encontro, na que unha muller europea e un home africano se namoran. Porén, contra o final do texto, ela morre asasinada por el. Othello é, asemade, vítima e verdugo. Sofre islamofobia e executa un feminicidio que nace dunha mentira. Obra da compañía `Voadora’ dirixida por Marta Pazos. Se programas algún evento gastronómico ou cultural en Santiago ou comarca que quixeras que apareza na nosa axenda, escribe a:
redaccion@revistapincha.gal
must
O Centro Dramático Galego reflexiona en ‘A peste’ sobre o comportamento humano en situacións de crise
O
Centro Dramático Galego (CDG), unidade teatral da Xunta, arranca a súa nova temporada cunha obra concibida de xeito específico e exclusivo para a súa posta en escena no Salón Teatro, onde permanecerá durante dous meses, ata o 13 de marzo, con case 40 funcións.
Trátase de A peste, inspirada na novela homónima de Albert Camus, con dramaturxia e dirección de Cándido Pazó e que conta cun dos maiores elencos dos últimos anos ao sumar 15 intérpretes. Sobre as táboas poderanse ver rostros de ampla traxectoria, como Nacho Castaño, quen asume o papel protagonista, Evaristo Calvo, César Cambeiro, Xurxo Cortázar, Salvador del Río, Casilda G. Alfaro, Paku Granxa, Luís Iglesia B., Miquel Ínsua, Tone Martínez, Rebeca Montero, Marcos Orsi, María Roja, Santi Romay e Carlos Sante. Xunto a eles, fan posible o espectáculo Dani Trillo na escenografía, Martina Cambeiro no vestiario e maquillaxe, Afonso Castro na iluminación, Belén Pichel na asistencia de dirección, e Keka Losada na asistencia de produción. A peza ofrece unha reflexión sobre o comportamento da sociedade e dos individuos durante situacións de crise. A través do personaxe do doutor Rieux, a historia narra os sucesos na cidade de Orán durante unha praga de peste que a asedia e pon os seus habitantes en corentena. Céntrase nos periplos das persoas encerradas, en como loitan contra a praga e lle buscan un sentido á súa situación, primeiro nunha loita egoísta pola supervivencia, logo a través do esforzo colectivo e comunitario.
Improversións Improversións é un programa de improvisacións arredor de A peste que terá lugar no Salón Teatro todos os luns do 24 de xaneiro ao 7 de marzo, ás 20:00 horas. A través del, Antía Costas, Marta Doviro, Arturo Cobas, Pablo Navas, Antón Coucheiro e Cayetano Lledó ofrecerán pezas teatrais improvisadas a partir da temática e da atmosfera da montaxe do CDG. O proxecto está dirixido por Antón Coucheiro e conta con Alfonso Medina na dirección escénica e con Aitor Garuz como técnico de luz e son.
ONDE? Salón Teatro CANDO? Do 20 de xaneiro ao 13 de marzo Haberá sesións ás 18:00 horas os mércores e domingos e ás 20:00 horas de xoves a sábado. ENTRADAS 10 €, con descontos do 40% para diversos colectivos, así como os mércores na sesión descontraída e os domingos, Día do espectador. Á venda en ataquilla.com ou no despacho de billetes dúas horas antes de cada representación. Pincha | N 27
| 29 |
sen saír da bisbarra
Moito teatro para gozar en Ames Febreiro A actividade cultural en Ames comezará en febreiro con Drop, un espectáculo de Novo Circo que combina teatro, malabares e música en directo. Será o venres 4 ás 20:30 horas na Casa de Cultura de Bertamiráns. O 11 de febreiro, ás 20:30 horas, e tamén na Casa de Cultura de Bertamiráns será a quenda de ‘A parábola do angazo’, unha obra de Talía Teatro que nos conta a historia dun mozo dunha aldea galega que emigrou a Castela e aos poucos meses regresou á súa terra. Nese breve tempo ocorreu algo asombroso: o rapaz esqueceu a fala dos seus, a lingua que falara toda a vida. Partindo desta coñecida lenda que xa recollía o padre Sarmiento no século XVII, os dous intérpretes, a través dun diálogo fluído e cargado de humor, farán unha viaxe polas anécdotas máis significativas da historia da lingua, enlazando episodios do pasado para explicar o que sucede no presente e demostrando que a lingua resistiu e resiste toda situación adversa. O venres 18 de febreiro, ás 20:30 horas, representarase nesta mesma Casa da Cultura a obra ‘Libre como os paxaros’. O drama da compañía Teatro do Atlántico ten á actriz María Barcala representando o papel dunha muller escritora e poetisa, comprometida coa cultura do seu pobo, que reflicte e denuncia a situación das mulleres, a emigración masiva, a fame e a miseria: María Rosalía Rita de Castro.
Marzo Xa en marzo poderemos gozar en Ames de ‘A lúa vai encuberta’, unha peza arredor da realidade galega e da loita incesante por conformar unha identidade propia. Esta obra, confrontándonos co noso pasado recente e as súas contradicións, desvela un discurso que hoxe en día está sendo moitas veces silenciado, e que explica, en certa maneira, as razóns dos trazos políticos, sociais e económicos que caracterizan o país. Representarase na Casa da Cultura do Milladoiro o venres 11 ás 20:30 horas. A compañía de teatro A panadaría presentará ‘As que limpan’ o 18 de marzo ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns. A obra fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadar uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras. Hai quen nunca limpou un váter e hai quen limpa cincocentos ao mes. Para finalizar marzo, o día 25, Jose Padilla dirixirá a comedia transmedia sobre a sexualidade desde as artes escénicas, ‘Golfa’. Será ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns. | 30 | Pincha |
27
Arzúa celebra a súa 47ª Festa do Queixo
O 4, 5 e 6 de marzo regresa a Festa do Queixo en Arzúa, que nesta 47 edición volverá a ser presencial, despois de ter que limitarse o ano anterior a un pequeno formato online por mor da pandemia. Ademais da zona de exposición, a festa incluirá coma sempre distintos obradoiros e actividades e un programa de actuacións musicais que se poderán consultar proximamente na páxina web festadoqueixo.org
Padrón recorda a Rosalía de Castro e Camilo José Cela
Un intenso programa de actividades ao longo de 2022 divulgará a obra e a figura de Cela no vixésimo aniversario do seu pasamento. Entre elas, haberá visitas e obradoiros para escolares na Fundación Cela, así como a rehabilitación e musealización da Sarita, a primeira locomotora a vapor que funcionou en Galicia e que constitúe a peza principal do Museo do Ferrocarril integrado no Museo Camilo José Cela. O proxecto de restauración inclúe a posta a punto da locomotora, a construción dunha cuberta para protexela, a colocación de ramplas para o acceso á sala de máquinas e a protección das pezas interiores. Ademais, haberá catro proxectos expositivos centrados na figura do escritor padronés. O primeiro deles será Cela poliédrico, unha mostra itinerante que percorrerá de marzo a outubro as cidades da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo. A través dela afondarase nas diferentes facetas do autor, ademais de incluír aspectos curiosos e menos coñecidos da súa traxectoria.
Caldo de Gloria O Día de Rosalía pasará a celebrarse o 23 de febreiro e non o 24 como acontecía ata agora, logo do recente descubrimento por parte da investigadora Sagrario Abelleira que corrixiu a data de nacemento da autora. Logo deste acordo, a Fundación Rosalía de Castro volve chamar á sociedade galega a celebrar este día lendo os seus textos, cunha Alborada de Rosalía e facendo un Caldo de Gloria, para o que convoca de novo a escolas e restaurantes de todo o país a esta iniciativa inspirada no poema “Miña casiña, meu lar”, no que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia. Este ano volverase a celebrar tamén o Día de Rosalía cunha Alborada en colaboración coa Asociación de Gaiteiros e Gaiteiras Galegas. Pincha | N 27
| 31 |
guía de ocio e compras
Tamén take away Rúa de San Paio de Antealtares, 16 Santiago de Compostela De 10:00 a 01:30 Luns e martes pechado T. 669 852 768 acarrilana.com
Rúa de San Clemente, 2 Santiago de Compostela
Rúa de San Pedro, 120 Santiago de Compostela
T. 981 556 179 alareirasantiago.es FB e IG @alareira_santiago
De 13:00 a 15:45 e de 19:30 a 23:00 Pechado L e noites de D e Ma T. 981 589 600 - amaceta.com
COMIDA PARA RECOLLER Avda. Benito Vigo, 70 - A Estrada De 13:00 a 17:00 e de 20:00 a 00:00 Luns e martes pechado T. 981 571 226 - argentinosburguer.com
Take away e a domicilio Avda. da Liberdade, 11 Santiago de Compostela T. 981 813 520 - labodeguilla.gal
PEDIDOS NA WEB E POR TELÉFONO
Avenida de Ferrol, 9 Santiago de Compostela L a S de 13:30 a 15:30 e de 19:30 a 23:30 artesanagastrobar.com
Cafetería - Restaurante - Pastelería Vexetariano - opcións veganas e Sen Glute Rúa de San Pedro, 118 Santiago de Compostela T. 981 073 386 instagram.com/clem_cafe
Rúa Nova, 39 - Rúa das Orfas, 10 Santiago de Compostela
T.981 583 981 - latitacompostela.com info@latitacompostela.com FB e IG @latitacompostela
T.981 583 981 - latitacompostela.com info@latitacompostela.com FB e IG @latitacompostela
27
De 13:30 a 17:30 e de 21:00 a 00:30 Pechado Ma e Me e noites de L T. 635 677 229 - beneditaelisa.com instagram.com/benedita_elisa
Alejandro Pérez Lugín, 11 Santiago de Compostela De Me a S de 12:00 a 16:30 e 19:30 a 23:30 - D de 12:00 a 16:30
T. 881 944 686 -
@flamingocompostela
Pedidos na web e por teléfono
Rúa Nova, 46 Santiago de Compostela
| 32 | Pincha |
Praza do Matadoiro, 1 Santiago de Compostela
T. 981 573 807 cafeterialasso.gal facebook.com/cafeterialasso
Horarios suxeitos a cambios segundo as restricións impostas pola pandemia da COVID-19.
mamá peixe taberna mariñeira
Rúa da Algalia de Arriba 45 Santiago de Compostela De 13:30 a 15:45 e de 20:30 a 22:45 Me e D só mediodía. Luns pechado
– EST 2005 –
milongasparrillada.com FB e IG @milongasparrillada
Rúa de San Pedro, 16 Santiago de Compostela De L a S de 13:30 a 16:00 e de 20:30 a 23:30 T. 981 577 633 - dezaseis.com
T. 981 070 526 - mamapeixe.webnode.es
J.A.Brenlla R E S TA U R A N T E O F E R RO
Rúa de Sempre en Galiza, 1 Santiago de Compostela De 10:00 a 23:45 - Sábados pechado T. 981 592 399 restauranteferro@gmail.com restauranteferro.com
A ALMA DE GALICIA
Rúa das Casas Reais, 21 Santiago de Compostela T. 981 115 092 reservas@grupoorixe.com orixegastronomiagalega.com
SERVIZO A DOMICILIO E PARA LEVAR
RESERVAS NA WEB EN TEMPO REAL
Rosalía de Castro, 23 Santiago de Compostela
Rúa Olvido, 22 Santiago de Compostela
T. 981 590 538 oreidobocadillo.com
981 587 196 info@osendeiro.com osendeiro.com
Vía Galileo s/n [Pol. do Tambre] Santiago de Compostela L a V: 06:00 a 22:00 S: 06:00 a 14:00 - D: 08:30 a 14:00 T. 981 561 933 cafeteriapoligono@gmail.com
Rúa Nova de Abaixo, 36 Santiago de Compostela T. 981 591 947 raicesgalegas.gal
Rúa da Raíña, 4 - Santiago Preguntoiro, 35 Santiago de Compostela riquela.com
De 11:00 a 15:30 e de 19:15 a 23:00 T. 981 572 257 restaurantesanjaime.com info@restaurantesanjaime.com
Rúa de Cardeal Payá, 18 - Mazarelos Santiago de Compostela
T. 981 582 301
instagram.com/restaurante_san_jaime
> Consulta novidades nas páxinas webs e redes sociais de cada local, así como na Guía de Ocio e Compras de revistapincha.gal
Pincha | N 27
| 33 |
Asesoría Laboral, Fiscal, Jurídica y Contable Javier Alvarellos Mª del Mar Rodríguez - Pablo Vizoso t. 981 570 393 – 608 883 589
Receitas caseiras preparadas para comer ou levar
Mercado de Abastos, Nave 1, C 61/62 Santiago de Compostela
Rúa Bautizados, 10 Santiago de Compostela
T. 881 123 085 - 629025592 cocinamaria.es
galipapas.com instagram.com/galipapas_
Rúa Travesa 7 Santiago de Compostela
T. 981 571 469 liladelilith@gmail.com
L a V de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:30 S de 10:30 a 14:00
Área Central, local 25K1 1ª planta Santiago de Compostela
T. 981 587 090 - IG. @maria_solla L a V de 10:00 a 18:00 S de 9:30 a 15:00. Ma pechado
Avda. Raxoi, 19 - Baixo Santiago de Compostela
LIBRARÍA LOWCOST Re-compramos e Re-vendemos libros
NOVO SERVIZO ONLINE pandamoa.com/tenda
Rúa das Rodas, 13 Santiago de Compostela
Rúa do Cubelo, 27 Santiago de Compostela
oscatrogatos.com
T. 981 552 352
Santiago de Chile, 2 Santiago de Compostela T. 881 998 420 facebook.com/rereadsantiago instagram.com/rereadsantiago twitter.com/RereadSantiago1
Revista de Gastronomía & Cultura
Rúa Mazarelos, 4-5 Santiago de Compostela T. 682 410 689 - info@seispes.com www.seispes.com
| 34 | Pincha |
27
T. 696 484 123 sonarcompostela.com
Únete a nós!!! Revista de Gastronomía & Cultura publicidade@revistapincha.gal
‘Cos nosos ollos’, nova sección en revistapincha.gal
E
ste mes de febreiro chega con novidades na páxina web revistapincha.gal Estreamos ‘Cos nosos ollos’, unha sección dirixida especialmente á mocidade. Nela, Marta Seoane, analizará a actualidade cultural e gastronómica de Santiago e a súa contorna, desde o punto de vista das persoas novas. Conta Compostela cunha oferta atractiva para elas? Que sobra? Que botan en falta? Que programarían se tivesen a oportunidade? Que bares recomendan? Marta é estudante de Bacharelato, ten premios en concursos de relatos e no 2021 foi gañadora
na fase nacional do MEP (Modelo de Parlamento Europeo), un programa de debate parlamentario, representando a España na fase internacional. Nas Redes Sociais Ademais dos artigos de Marta Seoane que xa podedes ler na nosa web, en Pincha queremos escoitar a opinión do resto da xuventude compostelá. Por iso, animámosvos a compartir as vosas inquedanzas, suxestións e propostas relacionadas coa gastronomía e a cultura en Santiago a través das nosas Redes Sociais. Podedes escribirnos a través de Facebook, Twitter ou Instagram nomeando a @RevistaPincha e utilizando o cancelo #cosnososollos
O LIBRO DE LILA DE LILITH Unha volta polo inferno Obra de Mich Beyer, traída ao galego en tradución directa do bretón por Robert Neal Baxter e publicada por Hugin e Munin. Novela de suspense con protagonistas mulleres lesbianas de perfís psicolóxicos complexos, que agochan unha cara escura. Atrapa absolutamente!
Á venda na Libraría Lila de Lilith, na Rúa Travesa, 7.
CARBALLO DO BANQUETE DE CONXO SANTIAGO DE COMPOSTELA
#1Voto1Árbore Convirtamos o Carballo do Banquete de Conxo de Santiago na Árbore de Europa 2022! Por cada voto, plantaremos unha árbore autóctona contribuíndo á mellora do medio natural das nosas cidades. Vota do 1 al 28 de febreiro en treeoftheyear.org