1 minute read
ultramarinos | Estreamos ‘Cos nosos ollos’
from Revista Pincha 27
Este mes de febreiro chega con novidades na páxina web revistapincha.gal Estreamos ‘Cos nosos ollos’, unha sección dirixida especialmente á mocidade. Nela, Marta Seoane, analizará a actualidade cultural e gastronómica de Santiago e a súa contorna, desde o punto de vista das persoas novas. Conta Compostela cunha oferta atractiva para elas? Que sobra? Que botan en falta? Que programarían se tivesen a oportunidade? Que bares recomendan?
Advertisement
Marta é estudante de Bacharelato, ten premios en concursos de relatos e no 2021 foi gañadora na fase nacional do MEP (Modelo de
Parlamento Europeo), un programa de debate parlamentario, representando a España na fase internacional.
Nas Redes Sociais
Ademais dos artigos de Marta Seoane que xa podedes ler na nosa web, en Pincha queremos escoitar a opinión do resto da xuventude compostelá. Por iso, animámosvos a compartir as vosas inquedanzas, suxestións e propostas relacionadas coa gastronomía e a cultura en Santiago a través das nosas Redes Sociais. Podedes escribirnos a través de Facebook, Twitter ou Instagram nomeando a @RevistaPincha e utilizando o cancelo #cosnososollos
O LIBRO DE LILA DE LILITH
Unha volta polo inferno
Obra de Mich Beyer, traída ao galego en tradución directa do bretón por Robert Neal Baxter e publicada por Hugin e Munin.
Novela de suspense con protagonistas mulleres lesbianas de perfís psicolóxicos complexos, que agochan unha cara escura. Atrapa absolutamente!
Á venda na Libraría Lila de Lilith, na Rúa Travesa, 7.