4 minute read

somos Compostela | Luis e Pablo Lodeiros 18 Oído, artesanía! | Alberto Añón, de Alfarería Lista

Bodegas Lodeiros está de estrea. Acaba de sacar á venda o Vermú Lodeiros 0%, converténdose na primeira adega galega cun vermú sen azucres engadidos e, polo tanto, coa metade de calorías que os demais. “Conseguilo levounos case un ano. Atopar un viño que aportara eses azucres de xeito natural foi complexo. Fixemos moitas probas porque tiña que responder a sabores e a aromas que ten este produto en si. Ademais, estabamos en pandemia, pero ao final conseguímolo”, contan moi contentos Luis e Pablo Lodeiros, pai e fillo desta empresa familiar compostelá.

Tras facer un estudo de mercado e descubrir que só outra marca en toda España ten un vermú similar, animáronse a lanzar este Lodeiros 0% nunha edición limitada para comprobar que aceptación ten. “Para nós é un paso máis na nosa procura do produto o máis auténtico e natural posible”, aseguran.

Advertisement

Pero que sabor ten este novo Lodeiros? “Segue sendo un vermú doce, pero si que lle intentamos dar un carácter diferente, que sexa complementario ao que xa temos. Non queremos que un substitúa ao outro”, explica Luis. E que maridaxe recomendarían? “O vermello acompañaríao cunha lata de escabechados, uns mexillóns, por exemplo. E para o branco, decantaríame por uns embutidos”, opina Pablo. Soa ben, non si? Xa entran ganas de probalo! ;)

“O Vermú Lodeiros 0% é un paso máis na nosa procura do produto o máis auténtico e natural posible”

0% plásticos

Este novo produto enmárcase dentro do proxecto ‘Camiño Natural’, que vén desenvolvendo Lodeiros desde o ano 2020. Con el queren demostrar que un modelo produtivo responsable e un consumo sostible é posible. Así, por un lado, non utilizan plásticos, empregan unha botella ecolóxica con baixa pegada de carbono e producida con vidro reciclado e a etiqueta está producida con residuos de mazá e papel ecolóxico.

Ademais, defenden a economía circular e por iso dedican parte dos seus beneficios a realizar proxectos ecolóxicos en Galicia en colaboración con diversas organizacións medioambientais.

Un compromiso co medio ambiente que a empresa, que comezou no 1910 e xa vai pola súa cuarta xeración, leva desenvolvendo máis de 100 anos. De que xeito? Por exemplo, reutilizando máis de 3 millóns de botellas da súa produción..

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura Rebeca Munín

Por

@rebecamunin

Pincha

Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha

Revista de Gastronomía & Cultura

Mariló, Reviravolta e licores MIL910

A familia está moi presente nos produtos que Bodegas Lodeiros ten actualmente no mercado. Cos licores Mil910 buscaban honrar a seu avó José. Con Mariló homenaxean á nai de Pablo. Trátase dun viño sorprendente que sabe a froitas e que resulta ideal para un aperitivo ou para facer sangría.

Por último, destaca a súa gama de viño sostible Reviravolta, que envasan nunha botella retornable para darlle unha nova vida. “Buscamos implicar tanto ao hostaleiro, coma ao tendeiro e ao consumidor final. Cando entregan a botella, reciben cartos de volta. Isto permítenos ter un viño de gran calidade e con cero residuos”, subliña Pablo.

Se ti tamén queres probar todos estes produtos, están á venda na web bodegaslodeiros.com

Alberto Añón, de Alfarería Lista: “Adaptamos as pezas aos pratos dos cociñeiros”

Foto cortesía da Fundación Pública Artesanía de Galicia.

Alberto Añón é un mozo oleiro de apenas 30 anos de idade que continúa coa tradición oleira da súa familia na Alfarería Lista, fundada polo seu pai José Antonio Añón. Nesta entrevista fálanos do arraigo de seu traballo de oleiro coa localidade de Buño á que pertencen e de como colaboran con restauradores e restauradoras.

Como comezaches no mundo da olería?

Aquí en Buño xa é tradición. Empecei a través do meu pai, que se leva dedicando toda a vida. Teño que dicir que ao principio non me dicía moito, pero logo estudiei escultura e cada vez collinlle máis gusto ao barro. Xa levo catro anos.

Que materiais e técnicas empregas no teu traballo?

Temos o barro propio de Buño no 80% da nosa produción. Dependendo da técnica, tamén usamos materias primas doutras zonas de España. Por exemplo, pastas de Valencia, Cataluña... En canto ás técnicas, usamos a do torno e novas tecnoloxías como impresión 3D e diferentes ferramentas que nos facilitan o traballo.

Que relación tedes coa restauración?

Comecei hai un par de anos traballando con restaurantes e bares. Parece que hai uns anos quedara un pouco de lado a cerámica, pero agora está a volver con forza con pezas para comer, servir, poñer pratos… Destacan as bandexas e, grazas a darnos a coñecer a través de Artesanía de Galicia, pídennos pezas para comidas máis elaboradas. Por exemplo, cuncas, vasos... Adaptamos as pezas aos pratos que fan os cociñeiros.

“Adaptamos as pezas aos pratos dos cociñeiros”

Ruth Ríos

Por

@ruthriosfernandez

“Temos o barro propio de Buño no 80% da nosa produción”

Que supón entón para vós contar coa marca de Artesanía de Galicia?

Pois para nós é practicamente todo. En Artesanía de Galicia están traballando a un nivel top de promoción. Estamos chegando a mercados internacionais (Londres, Estocolmo, etc.). Sen eles non chegariamos tan lonxe. Están levando ao noso sector ao mellor de España. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Onde podemos comprar as túas pezas?

A través da tenda online en alfererialista.com, nas redes sociais, en feiras e na nosa tenda en Buño.

This article is from: