4 minute read

máis aló de Compostela

Feira de Cocido de Lalín

O próximo 24 de abril celebrarase a 54 edición da Feira do Cocido, declarada no 2020 festa de interese internacional. Este ano o evento conta cunha programación que volve superar o máis de medio cento de actividades programadas ao seu amparo durante as semanas previas e posteriores ao día grande. Ademais, este ano porase en marcha o proxecto ‘Os cocidos do Camiño’, que prevé organizar nesta localidade pontevedresa varias actividades ao longo do ano, tanto iniciativas de carácter cultural como de exaltación culinaria. Entre elas, destacan a celebración esta primavera dun festival gastronómico e este outono do I Foro Gastronómico do Camiño, que pretende converter a Lalín no quilómetro cero da gastronomía tradicional.

Advertisement

Presentación do proxecto ‘Os cocidos do Camiño’ no Concello de Lalín.

Festival Gastronómico

O Campo da Feira de Lalín albergará do 13 ao 15 de maio o Festival Gastronómico de ‘Os cocidos do Camiño’. Incluirá un formato de mercado para todos os públicos onde se poderán degustar diferentes posibilidades gastronómicas elaboradas de xeito simultánea por cociñeiros de renome. Ademais, poderase gozar de diferentes actuacións musicais, que levan con orgullo a nosa lingua, cultura e tradición fóra da nosa terra, como é o caso de Tanxugueiras ou Baiuca. Ademais, coincidido coa festividade das Letras Galegas, e como clausura do festival, haberá un acto no que se ligará a oralidade e a gastronomía á literatura galega. Unha acción que porá en valor a rica tradición gastronómica galega empregando a gastronomía como un espazo de difusión cultural. Un evento no que se mesturará gastronomía con literatura e no que se contará con personalidades vinculadas á literatura galega.

AMES

TEATRO EN AMES

BAILAR AGORA

CASA DA CULTURA DO MILLADOIRO 22 de abril ás 20:30 horas

PREZO: Desde 2,5€ a 5€ Bailar agora é unha especie de imperati vo cara a unha posición no presente, social e persoal, a través da danza. Un impulso por situarnos no tempo actual das cousas, con plena consciencia sobre o que estamos a facer e sobre como estamos a vivir o aquí e o agora.

GOLFA

CASA DA CULTURA DE BERTAMIRÁNS 8 de abril ás 20:30 horas

PREZO: Desde 2,5€ a 5€ Comedia transmedia para maiores de 12 anos, que a través do humor nos fala sobre a sexualidade fomentando o diálogo interxeracional, que une a linguaxe teatral e audiovisual.

As Tanxugueiras actuarán o 17 de abril na Pascua de Padrón.

REINO DA EXTINCIÓN

CASA DA CULTURA DE BERTAMIRÁNS 6 de maio ás 20:30 horas

PREZO: Desde 2,5€ a 5€ Comedia hilarante que conta a historia de catro persoas de diferentes épocas da historia galega que, forzadas a convivir nun alén moi disti nto do que imaxinaban, poñen a proba a nosa idea do que signifi ca ser galegos, vivir en Galicia e falar a nosa lingua.

PADRÓN

Padrón recupera as Festas de Pascua

Padrón recupera as Festas de Pascua tras dous anos de parón obrigado pola pandemia cun programa que se desenvolverá ao longo de case todo o mes de abril e dirixido a todo ti po de públicos. O pregón correrá a cargo do actor Luis Zahera.

As Tanxugueiras, que actuarán o domingo 17 de abril no que será un dos primeiros concertos de presentación do seu álbum Midas; o arranque da xira da orquestra Panorama, o martes 19 de abril; e un tributo a Queen, o venres de 22, son algúns dos espectáculos dos que poderán gozar gratuitamente todas as persoas que se acheguen a Padrón. As festas, que se desenvolverán do 2 ao 24 de abril, comezarán coa Andaina Bisbarra do Sar. O deporte estará presente tamén con campionatos de xadrez, tenis, fútbol ou chave. Ademais o sábado 16 de abril disputarase a 41ª edición da Carreira Popular e o sábado 23 chegará a súa 58ª edición a Clásica de Pascua de ciclismo. A gran velada de boxeo levarase a cabo o venres 15 de abril.

A feira cabalar, presente xa no inicio das Festas de Pascua hai máis de tres séculos, tamén volverá ao Campo da Barca o domingo 17 de abril, o mesmo día no que se poderá asisti r á feira de maquinaría agrícola e ao espectáculo taurino, que fuxe do maltrato animal para centrarse nunha exhibición de recortes, quebros e saltos. Dentro das tradicións, non faltarán tampouco os pasarrúas cos xigantes e cabezudos, nin os espectáculos de fogos arti fi ciais.

This article is from: