6 minute read
de bares con jessi | Vai de pratos con nomes e apelidos
from Revista Pincha 28
Vai de pratos con nomes e apelidos!
Fixádevos se fan moito ben os bares que ata nos personalizan os bocados, para que teñamos máis en común con eles. Pratos que fan referencia a viaxes, a películas, a personaxes… Cousas coas que nos sentimos identificados e que facemos nosas, porque moitas delas case están feitas para nós e outras moitas, de feito, están feitas para alguén en concreto e universalízanse!!
Advertisement
Oxenial do local é que é o máis global. Pasa en cada pobo. Que hai máis enriquecedor que coñecer o nome dun taberneiro dun recuncho perdido e dese prato que só hai alí, pero que tarde o cedo coñeces a alguén que o descobre tamén ou atopa un símil noutro lugar? Ou saber que hai un sándwich en honor ao teu pai, ou unha hamburguesa que che fai “auto bombo” ou pratos que desaparecen de carta, pero que a xente segue pedindo polo nome!
Jéssica Pintor
Por
@jpintorybarran
Pois vai diso. Vai de pratos con nome e apelido! Os que se fan por e para persoas con nome e apelido. sorrinte, inchando peito e chiscando o ollo. (Moito me río con este mozo sempre!).
E para iso fomos probar a un local cunha nomenclatura do máis divertida. O Argentinos Burguer. De feito, cando ideamos esta reportaxe o local da Estrada participaba na segunda edición do concurso “La mejor hamburguesa de España” coa súa “Macanuda”: en honor a unha expresión arxentina, en desuso, quizais, pero que ven sendo caralluda! Douscentos gramos de carne de vaca rubia galega, o pan brioche feito polo equipo do Argentinos Burguer, queixo cheddar fundido, pepiniños doces encurtidos por eles tamén, chips de touciño, cebola fritida e maionesa agridoce. Que?! Soa ben, non? Pois sóubome moito mellor. Esa foi temporal, pero tes un feixe delas máis:
A “Catrina” inspirada nunha viaxe que fixo Gonzalo Pose a México, “e que agora está popularizada, pero cando a bautizamos aínda non estaba de moda. Ademais esta figura representa a morte, co cal servímola ben cargadiña de xalapeños!!” (Ri o condenado!!).
Tedes a “Jhonny Drama”, inspirada nunha serie americana, da que é fan o noso amigo Gonzalo, que se chama “El Séquito” e que ten un protagonista que fai un prato para os días importantes e esta hamburguesa leva algún deses ingredientes: touciño crocante, ovos fritidos, queixo gouda e salsa holandesa.
Pero o dos nomes peculiares non é de agora. “Nos anos 80 cando empezaron meus pais, esta foi unha das primeiras hamburgueserías de Galicia co cal os nomes facían referencia a cousas cotiás ou culturais de Arxentina, que é a orixe deles. Unha das máis vendidas era a hamburguesa “Gauchito”, había a “Criollita”, un sándwich (emparedado) chamado “Firulete”, polo nome da arte gráfica tradicional nada en Bos Aires. Ademais tiñan clientes habituais que sempre pedían o mesmo, cada un ao seu gusto. Por exemplo, o dos venres de todas as semanas de chourizo, queixo e tomate, feito á prancha: un Fernando Silva. O de Ricardo Terceiro, ‘O Terceiro’, que xa lle quedou así… Ademais, antes no Argentinos Burguer, a barra estaba na parede da esquerda segundo entras, coa prancha e a frixideira detrás da barra e na parede lateral apuntaban os bocadillos e xa os mesmos clientes querían ver o seu anotado, crealo tamén! O sándwich Puente vén polo nome do pai dun amigo meu e leva xamón serrano, tomate, leituga, ovo duro, maionesa”. Sen contar as numerosas anécdotas de clientes querendo pronunciar “Firulete” e acabar pedindo ‘un Falete’. Ou da pizza Milonguita, pedir que se lle cobre ‘unha mongolita’. “Antes tiñamos pratos combinados, o nome de cada un era o seu número na carta e a “Milanesa napolitana”, era o número 14, e aínda hoxe o chaman polo número, pero pronunciándoo como meu pai: ‘el catorse’, como ‘el postresito’. Facendo guiño ao seu A “Oklahoma”, típica de Estados Unidos. Faise á prancha, ma- acento arxentino”. Que se coñecedes o local sabedes que chando a carne coa cebola e mesturando así ambos os dous fixeron camisetas con estas frases e anécdotas que forman sabores. Leva dous discos de cen gramos de carne de vaca parte da cultura, da esencia e do que nos gusta do Argenrubia galega, cebola á prancha, queixo cheddar fundido, tou- tinos Burguer, do que nos gusta dos bares: Coñecelos por ciño crocante e salsa barbacoa. nomes e apelidos, como aos seus pratos!
“Creamos conceptos sinxelos, da rúa, dos nosos provedores, de quen pasa por aquí”, contan no Argentinos Burguer
A “Big Moe”, a recreación mellorada dunha coñecida hamburguesa dunha franquicia americana. Leva pepiniños, leituga iceberg, cebola cortada en xuliana, queixo cheddar, salsa caseira “Mil islas” e como “os meus colegas chámanme ‘Big Moe’, pois entón xa me fai un pouco auto bombo”, di todo Pero a lista segue: O perriño “Black Mamba”, en honor a Kobe Bryant; “Fargo”, pola película; o bocadillo “Fellini”, porque Marta (súa nai) é moi afeccionada as súas películas. E moitos clientes que coinciden nestes gustos fan os pratos seus!!
Como bos animais de costumes, personalizar tanto, crea dramas!: -Sacáchesme o bocadillo, tío! E agora que como! Unha frase coa que case mexamos coa risa, pero tan real... “Non te preocupes que cho facemos, acabas dicíndolle ao cliente e el suspirando cun -menos mal, comíao todos os domingos-. O fin do mundo, chavala!! (gargalladas ata chorar!!) -Eu viña comer iso- Tranquilo, oh! proba outra cousa. Pasounos cos raviolis carbonara, unha carbonara especial como facían miña nai e miña avoa en Arxentina. E ti dislle que coma outra pasta e xa lles arruína a vida! (jajajaja mamuero!)
Pero fano e pasan outro tanto tempo comendo nesa outra. -Non me quites esta!! Vouno tomar como algo persoal, eh!!- E é que cando chegan moitos clientes xa sabemos o que van pedir. Eu sempre lle boto picante a un, aínda que non o pida. E cando proba e o nota xa me mira feliz. Un día tiña unha mesa reservada e deixeille 15 botes de salsa picante que acababa de mercar. Probounas todas! Non te acordas dos gustos de todos, pero hai cousas que se che quedan. Un cliente de Barcelona que vén todos os anos, porque ten familia en Codeseda. Un dos meus mellores amigos que pide a mesma pizza todas as semanas, aínda que non estea en carta anoto pizza Zippy, e na cociña xa saben que leva xamón, ovo e olivas! E o nome vén de Zipi, porque el era rubio de pequeno e o seu primo irmán era o moreno e chamabámoslle Zipi e Zape, pero el escríbeo así con dúas pe e i grega!”. Mira se personaliza ao grao sumo... “A necesidade fai discorrer, crear, espabilar! E diso vai isto tamén. De crear conceptos sinxelos, da rúa, persoais que sinalan aos provedores cos Gonzalo invítanos a probar unha das hamburguesas do Argentinos Burguer. Foto: Iván Barreiro que levamos 40 anos traballando: o carniceiro, a panadería, o noso equipo: Adolfo leva dende o ano 91 con nós. Mónica, Manola, Marcos, Alicia, outro Marcos, miña irmá Guille, as almas máter Marta e Sindo (meus pais) e eu... Sen esquecer a todos os que pasaron por aquí. Cando vés aquí se é a primeira vez non saberás quen somos, pero cando volvas, aquí seguiremos. Esta é a nosa casa. Facemos máis vida aquí, que fóra”. Son estas cousas do local as que fan que permanezamos, que teñamos o noso sitio neste mundo global. Que se nos recorde e aprecie. Son o nome e o apelido! Pincha Revista de Gastronomía & Cultura