de bares con Jessi
Vai de pratos con nomes e apelidos! Fixádevos se fan moito ben os bares que ata nos personalizan os bocados, para que teñamos máis en común con eles. Pratos que fan referencia a viaxes, a películas, a personaxes… Cousas coas que nos sentimos identificados e que facemos nosas, porque moitas delas case están feitas para nós e outras moitas, de feito, están feitas para alguén en concreto e universalízanse!!
O
xenial do local é que é o máis global. Pasa en cada pobo. Que hai máis enriquecedor que coñecer o nome dun taberneiro dun recuncho perdido e dese prato que só hai alí, pero que tarde o cedo coñeces a alguén que o descobre tamén ou atopa un símil noutro lugar? Ou saber que hai un sándwich en honor ao teu pai, ou unha hamburguesa que che fai “auto bombo” ou pratos que desaparecen de carta, pero que a xente segue pedindo polo nome!
Gonzalo Pose fálanos dos nomes dos pratos do Argentinos Burguer. Foto: Iván Barreiro
| 8 | Pincha |
28