15 minute read
a gorida do artista | Camilo Seira. Arte de raíz
from Revista Pincha 28
Camilo Seira. Arte de raíz
Aprimeira vez que visitei Seira (Rois), sentinme abafada pola diversidade e a beleza do seu terreo. As árbores centenarias daban sombra ás pezas escultóricas,
Advertisement
mentres as canas de bambú negro creaban paisaxes sonoras. Animais domésticos e salvaxes bulían polo entorno xunto coas risas dos nenos xogando cos niños dos paxaros.
Describimos o eido do artista Camilo Seira, como un lugar no que vida, arte e natureza conforman a súa gorida. Cando coñecín a Camilo tiven a sensación de que a salvia das árbores, conscientes das súas raíces, corría polas súas venas. Tamén que os paxaros, as pedras ou os bruídos atoparan nel un gran aliado para codifi car e descodifi car a súa linguaxe en arte. A colección de esqueletos ou as pezas en taxidermia que contemplamos na súa casa, acércannos a un artista con matices renacentistas, no que a arte e a ciencia se fusionan. Un artista arraigado tamén nas orixes do home na terra que atopa a inspiración nos elementos naturais que o rodean. Pedra, madeira, óso, ferro, sangue ou bosta son algúns dos recursos cos que traballa, facendo unha lectura minuciosa das súas características propias, co fi n de que dialoguen no resultado fi nal.
Un gran respecto polo material, pero tamén pola tradición cultural de Galicia. Este artista padronés conta con un repertorio iconográfi co inspirado na mitoloxía, lendas e rituais ancestrais así como experiencias vitais. Preséntansenos Minotauros, porcos antropomórfi cos, mulleres saíndo das entrañas do animal ou acios de peitos. Rostros inxenuos cun acabado rudo e sutil policromía no que o material, técnica e a fi gura exprésanse dunha forma equilibrada.
Na representación da temática, observamos destreza e inquietude artística, botando man de múltiples procedementos e materiais. Camilo non titubea á hora de experimentar e atopar o mellor medio, enriquecéndose coas novidades que lle poden aportar un novo material. Así percibimos o interior do seu taller, un espazo ecléctico onde a vista non atopa lugar onde parar. Seira é unha fonte inesgotábel de inspiración. Unha vez ao ano, Os Catro Gatos temos a sorte de celebrar unha xornada chamada
“Land Art Seira” xunto con outros artistas e o colectivo Pataka, ao que o artista do que hoxe falamos tamén pertence. A súa familia xoga tamén un papel fundamental facendo que nos sintamos como
na casa. debemos interpretar espazos, especies vexetais, texturas ou formas que nos leven a facer unha peza escultórica integrada no espazo. Para iso debemos xogar cunha serie de premisas que impidan deteriorar o entorno. O día remata cun fascinante evento na carballeira na que a arte, a música e a maxia da noite son os grandes protagonistas.
Ano tras ano podemos ver como algunhas das pezas sobreviven ao paso do tempo, convertendo o terreo de Seira nun labirinto de restos escultóricos.
Pronto teremos novidades dun novo proxecto escultórico. Só podemos adiantar que se trata dunha peza de carácter monumental en granito na que a luz do solsticio de verán vai xogar un papel fundamental.
Mentres tanto podedes seguir apreciando algunhas das súas pezas dispostas en emprazamentos urbanos. A sementeira en Padrón, Antón Fraguas en Santiago ou Avilés Taramancos en Noia son algúns monumentos dentro dunha longa lista.
VII XORNADAS DE COCINA CONVENTUAL DE CUARESMA
HOTEL MONUMENTO SAN FRANCISCO ATA O 10 DE ABRIL
Ata o 10 de abril, e de mércores a domingo, o restaurante de Hotel Monumento San Francisco celebrará as VII Xornadas de Cociña Conventual de Coresma. Unha selección de receitas de conventos de España e Portugal, que confi guran un menú de 26 euros que inclúe primeiro e segundo prato (a escoller entre tres opcións de cada) e unha variedade de sobremesas, que se cambiará cada semana.
Ademais tamén se realizarán visitas guiadas ao convento por un frade, para os comensais que a reserven. Descubrirán a historia, arte e costumes desta xoia compostelá, e recunchos tan especiais como a biblioteca do convento.
CASTELVINES E MONTESES. LOS AMANTES DE VERONA SEGÚN LOPE DE VEGA
AUDITORIO DE GALICIA 2 DE ABRIL ÁS 20:30 H | PREZO: 14€
Castelvines e Monteses é unha festa do teatro. É pór o verso de Lope, a historia de Bandello, o xogo da versión de Rojas Zorrilla, o voo de Shakespeare e a acidez de Quevedo ao servizo dun espectáculo cheo de humor, xogo, música, maxia, clown e baile. Un espectáculo case de circo, para toda a familia, que nos reconcilia co teatro do século de ouro. esta obra teatral? E de que maneiras novas se pode explicar esta historia shakespeariana? Alba Sarraute & Les Ofèlies fano utilizando a linguaxe do circo, a través de acrobacias, de música e dos corpos dos e das intérpretes para crear un conxunto de imaxes cargadas de poesía coas que, desde a mirada de Desdémona, esposa de Othello, adentrarémonos nos aspectos máis dramáticos da condición humana… cun sorriso nos beizos.
RUBIO DE PRUNA, KIKO BALDOMERO E MOISÉS FERNÁNDEZ
SALA RIQUELA 7 DE ABRIL ÁS 21:00 H | PREZO: 17€ (15€ ANTICIPADA)
Un espectáculo que nos desvela o máis puro e íntimo do fl amenco. Un recital de cante no que Rubio de Pruna lembrará o fl amenco máis auténtico evocando os cantes máis puros e á vez máis frescos ao día de hoxe. Con Rubio de Pruna ao cante, Kiko Baldomero á guitarra e Moisés Fernández ao caixón fl amenco.
O PORCO DE PÉ
TEATRO PRINCIPAL 7 E 8 DE ABRIL ÁS 20:30 H | PREZO: DESDE 12€
Vai para cen anos, Vicente Risco detectou unha nutrida presenza porcina vestida con elegantes abrigos e chapeus a confundirse cos propios burgueses. A divertidísima sátira do ourensán, a medio camiño entre o circo, o barracón, os fantoches e o cabaret, ten hoxe máis vixencia ca nunca. Producións Teatrais Excéntricas inventa, para reinventar este retrato de NÓS, un teatro de fenómenos cheo de monstros de barracón.
DESDÉMONA
AUDITORIO DE GALICIA 9 DE ABRIL ÁS 20:30 H | PREZO: 10€
Todos e todas ouvimos falar sobre o Othello de Shakespeare pero, de que trata realmente MAD MARTIN TRÍO & THE SOUL JACKET
SALA CAPITOL 9 DE ABRIL ÁS 20:30 H | PREZO: DESDE 12€
A Sala Capitol acolle un concerto con Mad Martin Trío, formado por Martin Esturao, ‘Mad Martin’ (voz, guitarra) Manuel F. Somoza ‘Lolo Logan’ (batería, coros) e Borja García Paz ‘Escudo de Roble’ (contrabaixo, coros), xunto coa The Soul Jacket, banda galega de Rhythm & Blues, Rock & Roll y Southern Soul.
CONCERTO DE OS RESENTIDOS
SALA CAPITOL 10 DE ABRIL ÁS 20:00 H | PREZO: DESDE 10€
‘Organización Nautilus’, así se chama o último álbum de Os Resentidos onde invocan a fantasía do tesouro oculto na Ría de Vigo para saír á superfi cie. Fantasía e coraxe hai na nova música de Os Resentidos que cumpren este ano 40 anos da súa fundación (1982) e seguen simbólicamente pelexando polo tesouro do rock en galego.
DA TÚA MAN PARA A MIÑA
ZONA C 20 DE ABRIL ÁS 20:00 H | PREZO: GRATUÍTO
O artista Fran Rodríguez Casal presenta na Zona C ‘Da túa man para a miña’, un proxecto que interpela dous tempos, o pasado e o presente, a través de fotografías e de imaxes de videoarquivo da aldea natal do artista, Traspielas.
LA PANADERA
TEATRO PRINCIPAL 21 DE ABRIL ÁS 20:30 H | PREZO: 14€
La Panadera conta a historia de Concha, unha muller de corenta anos, encargada dunha panadaría, casada, con dous fi llos. Unha muller cunha vida tranquila e feliz que un día esperta coa noticia de que polas redes sociais corre un vídeo íntimo seu mantendo relacións sexuais cunha parella que tivo hai 15 anos. O vídeo sae agora á luz e esténdese de maneira incontrolada porque ese home fíxose famoso en Italia grazas a un reality televisivo.
Abril trae nova estrea ao Salón Teatro con ‘ÁS OITO DA TARDE, CANDO MORREN AS NAIS’
O Centro Dramático Galego leva a escena o texto de AveLina Pérez con dirección e dramaturxia de Marta Pazos
OCentro Dramático Galego, unidade de produción teatral da Xunta, ofrece unha nova proposta de lecer teatral para a Semana Santa coa estrea no Salón Teatro da súa produción 'Ás oito da tarde, cando morren as nais'. A montaxe, que permanecerá en cartel ata o 1 de maio, leva a escena o texto de AveLina Pérez (galardoado co Premio Álvaro Cunqueiro en 2018) da man de Marta Pazos, responsable da dirección e da dramaturxia.
Cun elenco composto por Camila Bossa, Sabela Domínguez, Xosé Manuel Esperante, Davide González, María Llanderas, Alba Loureiro e Toni Salgado, o espectáculo ofrece un canto coral sustentado no baleiro, un xogo irónico sobre a relación entre o teatro e a súa recepción que sitúa “o binomio artista-público como protagonista absoluto”, en palabras da súa directora.
A parte artística confórmana Rut Balbís, como responsable do movemento, Hugo Torres, do espazo sonoro, Nuno Meira, da iluminación e Blanca Añón, da escenografía. Completan o equipo Pier Paolo Álvaro e Esther Quintas, quen asumen o vestiario e a caracterización, respectivamente. Nas asistencias figuran Iria Azevedo, na de dirección, Pablo Chaves Maza, na de escenografía, Roger Portal Cervera, na de vestiario, e Xandre Vázquez, na de produción. 'Ás oito da tarde, cando morren as nais' poderase ver ao longo de tres semanas, con funcións diarias de mércores a domingo. O horario de xoves a sábado é ás 20,00 horas e o do domingo ás 18,00. As sesións dos mércores, tamén ás 18,00, son descontraídas, é dicir, en condicións especiais de luz e son para que poidan gozar do espectáculo persoas con dificultades para permanecer sentadas moito tempo ou con pouca tolerancia ao ruído e á escuridade.
Ademais, a partir da segunda semana, todas as representacións desta obra serán inclusivas e disporase nelas de interpretación de signos, audiodescrición e subtitulado para o público con discapacidade auditiva ou visual.
ONDE? Salón Teatro CANDO? Do 14 de abril ao 1 de maio
Haberá sesións ás 18:00 horas os mércores e domingos e ás 20:00 horas de xoves a sábado.
ENTRADAS
10 €, con descontos do 40% para diversos colectivos, así como os mércores na sesión descontraída e os domingos, Día do espectador. Á venda en ataquilla.com ou no despacho de billetes dúas horas antes de cada representación.
TALARÉ A LOS HOMBRES SOBRE LA FAZ DE LA TIERRA
TEATRO PRINCIPAL 22 DE ABRIL ÁS 20:30 H | PREZO: 14€
Unha preadolescente afástase da súa familia nunha churrascada para ler baixo unha árbore. Con este acto, dá comezo un rito de paso, e o viacrucis dunha muller da xeración Y, como fi lla menor, doutoranda e traballadora sexual. ‘Talaré a los hombres sobre la faz de la tierra’ pon en relación a violencia emocional e sexual coa violencia sobre o medio ambiente. MERCEDES PEÓN: OSMOSE
AUDITORIO DE GALICIA 23 DE ABRIL ÁS 20:30 H | PREZO: 14€
Mercedes Peón, preséntanos un espazo de relación entre o imaxinario de creación colectiva con imaxinarios atravesados polo capital. Relación entre elementos, sistema que fi ltra corpos incorporados á produción. Corpos sen xénero distribuídos no binarismo de poder e subalternidade.
HOY PUEDE SER MI GRAN NOCHE
TEATRO PRINCIPAL 23 DE ABRIL ÁS 20:30 H | PREZO: 14€
Un relato desgarrador onde Teatro en Vilo volve despregar toda a elocuencia da súa poética teatral, a irreverencia, a tenrura e o humor para achegarnos á batalla dunha muller que se pelexa entre o extraordinario e o ordinario, a fazaña e a derrota, o deber ser e a felicidade verdadeira. FRAN MARISCAL E FERRAN EXCESO, AO VIVO SALA SÓNAR
23 DE ABRIL ÁS 22:00 H | PREZO: DESDE 15€
Os dous artistas fusionan os seus proxectos no escenario, compartindo en acústico cancións de ambos e da banda de Ferrán, Exceso, nesta xira conxunta que chaman ‘Pureza Tour’. EL HIJO
TEATRO PRINCIPAL 28 DE ABRIL ÁS 20:30 H | PREZO: 10€
Espectáculo de danza. Un home na natureza, a súa chegada, a maxia do nacer, o desenvolvemento ligado ao primario e a cultura e, desde aí, ao que o conforma e o seu camiño. É a través da poética da imaxe e do son, que Daniel Abreu presenta a un descendente, e que sen estar presentes fala de proxenitores, lugares e, sobre todo, do máxico.
O RARO É QUE BAILAR SEXA RARO
TEATRO PRINCIPAL 29 DE ABRIL ÁS 20:30 H | PREZO: 10€
Dirixida por Gena Baamonde e Andrea Quintana, Andrea Quintana intepreta un espectáculo no que predomina un corpo en rebelión, atravesado, sublevado, a bailarina non normativa, a bailarina faquir, a taumaturga, a subalterna.
MOCAP
TEATRO PRINCIPAL 30 DE ABRIL ÁS 20:30 H | PREZO: 10€
MOCAP é unha peza que se pregunta se é posible substituír o corpo de alguén por un dispositivo tecnolóxico. Cales serían as implicacións sociais diso? Os performers enfróntanse ao reto de empatizar en escena cun corpo ausente vivo e un corpo inerte presenta (a pantalla),.
DIRECTO DE ORTIGA
SALA CAPITOL 6 DE MAIO ÁS 21:00 H | PREZO: DESDE 16€
Prepárate para a pista de baile tropical: ORTIGA convídate a gozar do seu último álbum ‘Sabes el camino que elegí’ en directo desde a Sala Capitol.
FEIRA DO LIBRO
PARQUE DA ALAMEDA DO 7 AO 15 DE MAIO
Feira anual na que se expoñen e comercializan libros de diferentes editoriais, librerías e organizacións, tanto galegas coma do resto de España. Tamén hai unha serie de actividades complementarias: fi rma de libros por parte de autores coñecidos, sorteos, campañas de promoción da lectura, visitas guiadas, etc.
CONCERTO DE CEPEDA
SALA CAPITOL 8 DE MAIO ÁS 21:00 H | PREZO: DESDE 25€
En pleno proceso de creación de novos temas, Cepeda atópase no seu mellor momento como artista e compositor. Tras dous álbums, ‘Principios’ e ‘Con Los Pies En El Suelo’, o galego visita Santiago dentro da xira de presentación do seu novo disco ‘Sempiterno’.
CONCERTO DE HENS
SALA MALATESTA 12 DE MAIO ÁS 21:00 H | PREZO: 19,80€
Hens é un dos artistas emerxentes máis importantes da música urbana. Con tan só 22 anos triunfa en todas as plataformas co seu estilo a medio camiño entre o pop, o rock e o hip- hop. O seu concerto enmárcase dentro dos ‘Directos Vibra Mahou’.
BAT
AUDITORIO DE GALICIA 13 DE MAIO ÁS 20:30 H | PREZO: 10€
Un programa de tres coreografías, que compoñen un espectáculo de danza para todo tipo de públicos e para gozar da danza contemporánea en todo o seu esplendor. 1.- ‘Escravos felices’, de Martin Harriague. 2.-’Thirty’, de Sade Mamedova. 3.- Walls, de Martin Harriague.
TRE BURT, AO VIVO
SALA RIQUELA 14 DE MAIO ÁS 21:00 H | PREZO: 15€ (12€ ANTICIPADA)
Tre Burt é un cantautor establecido en Sacramento, California, de pluma literaria, estética de raíces e formulación lo-fi . Adquiriu o seu detallado ollo poético e a súa precisión narrativa de melodías atemporais percorrendo o mundo coa súa guitarra, e tocando nas rúas de San Francisco.
Chega a Santiago con ‘ You, Yeah, You’, doce novas cancións infestadas de personaxes fi cticios; heroes, viláns, aqueles necesitados de redención ou na procura da salvación.
DECADENCIA
AUDITORIO DE GALICIA 14 DE MAIO ÁS 20:30 H | PREZO: 14€
‘Decadencia’ é unha obra cáustica, provocadora, que persegue ao público, acurrálao e, a miúdo, obrígalle a rir por non chorar. Maru Valdivielso e Pedro Casablanc protagonizan esta obra da compañía Traspasos. Consulta o programa completo proximamente en revistapincha.gal
GOLFA
TEATRO PRINCIPAL 19 DE MAIO ÁS 20:30 H | PREZO: 14€
Unha mañá aparece fronte á porta dun instituto unha pintada que di ‘GOLFA’, un insulto anónimo que destapa a historia que o precede.
Amanda e Fran foron parella hai uns meses, adolescentes cuxa experiencia é a de tantos, unha relación que se viu truncada. Este feito non tería relevancia algunha se inmediatamente despois desta ruptura Amanda non sufrise un terrible acoso virtual que leva aos seus pais a denunciar a posible autoría de Fran.
DEMENTE TEATRO PRINCIPAL 20 DE MAIO ÁS 20:30 H | PREZO: 10€
‘DeMente’ é unha obra de baile e música tradicional galega, cun elenco artístico de 8 bailadores/as en gran formato. As escenas desenvólvense ao son da música do compositor e músico multidisciplinar Cristian Silva Bóveda.
FESTA DO BANQUETE DE CONXO
BOSQUE DO BANQUETE DE CONXO 21 DE MAIO |
Despois de dous anos sen poder celebrarse debido á pandemia, retómase o intenso programa cultural e reivindicativo da Festa do Banquete de Conxo e que repetirá, entre outras actividades, o gran xantar popular no que a cabra é a protagonista. SILENCIO
AUDITORIO DE GALICIA 26 DE MAIO ÁS 20:30 H | PREZO: 14€
Blanca Portillo protagoniza esta obra na que, vestido cun traxe de etiqueta dentro do que non acaba de sentirse cómodo, cumprindo co preceptivo protocolo, o dramaturgo, ou seica unha actriz amiga a quen pediu que o represente no solemne acto, vai ingresar na Academia pronunciando un discurso titulado Silencio.
Se programas algún evento gastronómico ou cultural en Santiago ou comarca que quixeras que apareza na nosa axenda, escribe a: