3 minute read

de libros con Ruth | Biblioteca Ánxel Casal

Jesús Torres, director da Biblioteca Ánxel Casal

“Pertencemos a unha tribo”

Advertisement

Jesús Torres (Caldas de Reis, 1980) é o director da Biblioteca Pública Pública Ánxel Casal. Da súa man coñecemos o importante papel que xoga este centro dentro da vida cultural compostelá e todas as actividades que teñen programadas.

Que espazo ocupa esta biblioteca na vida cultural compostelá? Para min é o principal centro cultural da cidade. Os datos así o revelan: cerca de 45000 socios nunha poboación de preto de 100000 significa que unha de cada dúas persoas teñen o noso carné, ademais de máis de 1000 visitas diarias. A xente que quere consumir cultura acode á nosa biblioteca.

Cales son as actividades máis destacadas? Nós pretendemos cubrir as necesidades de formación, información e ocio de todos os nosos usuarios. Tamén buscamos fomentar a cultura e lectura galegas. Por todo isto, todas as actividades que facemos van nese senso. A maioría están orientadas aos nenos e nenas. Como actividades permanentes para persoas adultas coordinamos seis clubs de lectura (galego, castelán, francés, inglés, banda deseñada e feminismo). Tamén temos dous obradoiros para maiores coa fin de que lembren o que aprenderon na súa vida. Dispoñemos dunha aula de tecnoloxía para maiores, para que aprendan coñecementos básicos de informática, agora que o demandan tanto para poñerse ao día. Así mesmo, hai dous obradoiros de iniciación á filosofía, con moito éxito.

Como podemos atraer aos máis pequenos á biblioteca? Funciona moi ben para eles e elas. Os sábados ás doce do mediodía temos unha actividade chamada “Choiva de contos”. Creo que é un hábito que xa instauraron todas as familias de Santiago antes de ir de compras ou de paseo.

“Cerca de 45000 socios nunha poboación de preto de 100000 significa que unha de cada dúas persoas teñen o noso carné”

Ruth Ríos

Por

@ruthriosfernandez

A maiores, todas as datas sinaladas facemos espectáculos e actividades (Día do Libro, Día de Rosalía). Hai teatro, xogos… Tamén cedemos espazos para calquera proposta cultural que poida ter cabida.

Na era de Internet onde se pode acceder a infinidade de contidos, que oco teñen as bibliotecas? Moito. Hoxe en día a xente quere ter acceso aos libros desde calquera parte, non lle chega con saber que dispoñemos do exemplar aquí. Pero auguraban a morte do libro en papel e, sen embargo, non atinaron. O libro en papel segue prestándose e os índices de lectura aumentaron moito, especialmente durante o confinamento. Nós temos unha plataforma de descarga de libros electrónicos. É un servizo que por agora non substitúe ao préstamo en papel. Ademais, as bibliotecas tamén son un lugar de encontro, por exemplo a través dos clubs de lectura, cafés de idiomas, obradoiros… De feito, pedíronos encarecidamente que recuperáramos a actividade presencial tras o confinamento.

Cales son os xéneros que máis triunfan? Hai pouco sacamos unha listaxe dos libros máis prestados. Sempre encabezan as series de manga (Naruto, Dragon Ball). O que máis triunfa é a novela, principalmente de intriga ou negra. En canto á literatura galega, destacan Berta Dávila (“Illa Decepción” e “Carrusel”) e Arantza Portabales (“A vida secreta de Úrsula Bass”). O libro infantil e lecturas escolares tamén saen moito.

Como animarías á xente a vir máis á biblioteca? Eu creo que é unha boa práctica. Cando chegas a unha cidade é importante achegarse a unha biblioteca porque podes obter información sobre o lugar que non coñeces, servizos... Invito a todo o que non coñeza a nosa biblioteca a vir aquí. O edificio arquitectonicamente é unha gozada (data de 2008). Os espazos son moi confortables. Podes coñecer xente coas mesmas inquedanzas ca ti. Gústame dicir que pertencemos a unha tribo que unha vez que a coñeces, engancha. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha

Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha

Revista de Gastronomía & Cultura

#DELIBROSCONRUTH CONTINÚA NA NOSA WEB!

This article is from: