Revista Pincha 28

Page 20

de libros con Ruth Jesús explicándolle a Ruth as actividades que programan na Ánxel Casal. Foto: Iván Barreiro

Jesús Torres, director da Biblioteca Ánxel Casal “Pertencemos a unha tribo”

J

esús Torres (Caldas de Reis, 1980) é o director da Biblioteca Pública Pública Ánxel Casal. Da súa man coñecemos o importante papel que xoga este centro dentro da vida cultural compostelá e todas as actividades que teñen programadas. Que espazo ocupa esta biblioteca na vida cultural compostelá? Para min é o principal centro cultural da cidade. Os datos así o revelan: cerca de 45000 socios nunha poboación de preto de 100000 significa que unha de cada dúas persoas teñen o noso carné, ademais de máis de 1000 visitas diarias. A xente que quere consumir cultura acode á nosa biblioteca. Cales son as actividades máis destacadas? Nós pretendemos cubrir as necesidades de formación, información e ocio de todos os nosos usuarios. Tamén buscamos fomentar a cultura e lectura galegas. Por

| 20 | Pincha |

28

todo isto, todas as actividades que facemos van nese senso. A maioría están orientadas aos nenos e nenas. Como actividades permanentes para persoas adultas coordinamos seis clubs de lectura (galego, castelán, francés, inglés, banda deseñada e feminismo). Tamén temos dous obradoiros para maiores coa fin de que lembren o que aprenderon na súa vida. Dispoñemos dunha aula de tecnoloxía para maiores, para que aprendan coñecementos básicos de informática, agora que o demandan tanto para poñerse ao día. Así mesmo, hai dous obradoiros de iniciación á filosofía, con moito éxito. Como podemos atraer aos máis pequenos á biblioteca? Funciona moi ben para eles e elas. Os sábados ás doce do mediodía temos unha actividade chamada “Choiva de contos”. Creo que é un hábito que xa instauraron todas as familias de Santiago antes de ir de compras ou de paseo.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.