tig n o c e Lévam VERMÚ LODEIROS 0% Primeiro galego sen azucres engadidos
‘XABÓN LAGARTA’ Volve A banda da Loba
o
10 ANOS DA COCIÑA SINCERA DO ArteSana Gastrobar
Nº 28 | abril - maio 2022
Revista de Gastronomía & Cultura
SANTIAGO DE COMPOSTELA MERCADO DE ABASTOS
A REIXA TENDA - MATRIOSKA
Rúa das Ameas, s/n
Rúa do Hórreo, 46
MOTONITY SANTIAGO
AGADIC
Avda de Lugo, 185
Cidade da Cultura de Galicia Edificio CEM - Monte Gaiás s/n
OFICINA MUNICIPAL DE TURISMO
Rúa do Vilar, 63
AREA CENTRAL
Rúa de París, 7 - Fontiñas
ORIXE ULTRAMARINOS
Rúa das Casas Reais, 9
ASOCIACIÓN HOSTALARÍA COMPOSTELA
Rúa Salvadas, 29
PAZO DE CONGRESOS E EXPOSICIÓNS DE GALICIA
AUDITORIO DE GALICIA
Rúa de Miguel Ferro Caaveiro, s/n
Av. do Burgo das Nacións, s/n
PAN DA MOA
BIBLIOTECA PÚBLICA DE SANTIAGO ÁNXEL CASAL
Rúa do Cubelo, 27 Rúa de Madrid, 15 - Fontiñas Rúa do Tambre, 3 - Cruceiro da Coruña
Av. de Xoán XXIII, s/n CENTRO SOCIOCULTURAL JOSÉ SARAMAGO EN VITE
Rúa Carlos Maside, 7 CENTRO SOCIOCULTURAL DA TRISCA
Corredoira das Fraguas, 92 CENTRO SOCIOCULTURAL DE FONTIÑAS
Rúa Berlín, 13 CENTRO SOCIOCULTURAL E XUVENIL ‘O ENSANCHE’
Rúa de Frei Rosendo Salvado, 14-16 CENTRO SOCIOCULTURAL DO CASTIÑEIRIÑO
PAZO DE RAXOI
Praza do Obradoiro, s/n RE-READ
Rúa de Santiago de Chile, 2 TRISQUEL ARTESANÍA
Rúa Acibechería, 31 baixo drta UNITARIA
Calzada De San Pedro, s/n
Virxe de Fátima, s/n CENTRO SOCIOCULTURAL DE SANTA MARTA
Rúa de Antonio Rama Seoane, 6 FACULTADE DE CIENCIAS DA COMUNICACIÓN
Av. de Castelao, s/n GALICIA CALIDADE
Complexo Administrativo San Lázaro s/n Edificio IGAPE HOTEL COSTA VELLA
Rúa da Porta da Pena, 17
AMES CASA DA CULTURA DE BERTAMIRÁNS
Praza Chavián, 1 CASA DA CULTURA DE MILLADOIRO
Travesía do Porto, 5 DOSPASOS
Rúa Pesqueiras, 6 Local 10 - Bertamiráns
LILA DE LILITH
Rúa Travesa, 7 MERCADO GALEGO DA CREATIVIDADE
Rúa da Caldeirería, 36
PADRÓN OFICINA MUNICIPAL DE TURISMO
Av. de Compostela, s/n
..E ADEMAIS, NOS RESTAURANTES, BARES, HOTEIS, TENDAS E OUTRO TIPO DE ESTABLECEMENTOS QUE APARECEN NA NOSA GUÍA DE OCIO E COMPRAS
Rebeca Munín Por
ÍNDICE @rebecamunin
QUEEN Hai imaxes do mundo da cultura que son icónicas e están gravadas na mente de todos e todas. Este é o caso da fotografía de portada do segundo disco de Queen, recreada en multitude de ocasións, e que nós quixemos tamén imitar neste número de Pincha. Fixémolo con A banda da Loba, que comparte co grupo liderado por Freddie Mercury a súa aposta pola variedade de estilos musicais; e que a finais de abril publicarán o seu novo disco, 'Xabón Lagarta'. Un traballo no que abordan temas como o feminismo, a memoria histórica ou o ecoloxismo. Dicían durante o I Encontro do Viño Galego Revera Vinum, que se celebrou en Compostela do 22 ao 24 de marzo, que os nosos viños nada teñen que envexar a outros de moita máis sona e que temos que aprenden a valorar máis o que temos en Galicia. É probable que A banda da Loba non chegue a alcanzar o éxito mundial de Queen, pero para nós son unhas auténticas raíñas polo seu talento e compromiso con tantas causas xustas. Ademais desta entrevista, este Pincha chega as túas mans coma sempre cargado de contidos relacionados con gastronomía e cultura en Compostela. Dous sectores que, despois de dous anos desde o inicio da pandemia da covid-19, empeza a levantar cabeza. É unha alegría volver a ver os bares e os teatro cheos, aínda que o incremento dos prezos enerxéticos e de materias primas ameace con poñelos de novo nunha situación límite. Oxalá a solución chegue pronto. Máis paz e menos dramas. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
04 08 11 12 14 16 18 20 22 25 26 30 32 35
entre músicas | A banda da Loba presenta ‘Xabón Lagarta’ de bares con jessi | Vai de pratos con nomes e apelidos! pola gorxa | Crema de bagazo reportaxe | Gargalladas aseguradas con La Fábrica de Impro 666rpm | ABELVISIÓN DJ somos Compostela | Luis e Pablo Lodeiros Oído, artesanía! | Alberto Añón, de Alfarería Lista de libros con Ruth | Biblioteca Ánxel Casal #apapar | Fish & Chips en ArteSana Gastrobar a gorida do artista | Camilo Seira. Arte de raíz axenda ... máis aló de Compostela guía de compras e ocio ultramarinos | Encontro do Viño Galego Revera Vinum Edita: Rebeca Munín | Directora ola@revistapincha.gal
www.re vistapin ch a . g a l
Deseño e maquetación: Alberto Seoane
BAVF
Publicidade e Redacción: publicidade@revistapincha.gal redaccion@revistapincha.gal Fotografía: Iván Barreiro | ivanbarreiro.com Colaboran neste número: Jéssica Pintor, César Varela, Ruth Ríos, @JuanEAT_o, Inés Silvalde e Delio Sánchez Imprime: COGRAF Depósito Legal: C 607-2017
Búscanos en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube como Revista Pincha
Prohibida a reprodución total ou parcial de calquera contido ou fotografía sen previa autorización. Os textos redactados polos colaboradores son responsabilidade do propio autor.
O contido da publicidade é de exclusiva responsabilidade do anunciante.
ONDE ATOPAR PINCHA
entre músicas
Marcela Porto, Estela Rodríguez, Xiana Lastra, Andrea Porto e Inés Mirás forman A Banda da Loba. Foto: Iván Barreiro
| 4 | Pincha |
28
Rebeca Munín Por
@rebecamunin
A banda da Loba presenta ‘Xabón Lagarta’ “Os lavadoiros eran eses espazos de liberdade onde as mulleres podían ser elas mesmas”
O
día que fixemos esta entrevista, A banda da Loba estaba a gravar o segundo videoclip do seu novo álbum, ‘Xabón Lagarta’. Tratábase de ‘Pepa’, unha canción que conta a historia da
bandoleira do século XIX Pepa a Loba, que formaba parte do seu primeiro disco e que se converteu nun himno para elas. “Regravala pasado o tempo tirando do aprendido e facer este videoclip eran, sen dúbida, causas pendentes. Porque se de algo estamos orgullosas é de espallar a súa historia por todas as cidades e vilas nas que actuamos. Porque todo o mundo coñece a Robin Hood, pero, por que será que a nosa Pepa non é tan coñecida?”. Neste número de Pincha, aceptaron a nosa proposta de recrear para a portada unha das imaxes máis míticas de Queen. Quizais a música de A banda da Loba non chegue tan lonxe como o fixo a do famoso grupo británico, pero as súas mensaxes comprometidas co feminismo e moitas inxustizas sociais ben o merecerían. Pincha | N 28
|5|
A finais de abril publicades o disco ‘Xabón Lagarta’, por que ese título? Andrea: Fai referencia ao traballo das lavandeiras e aos la-
‘Tribo’ foi o primeiro adianto de ‘Xabón Lagarta’, un tema que dedicades á vosa manda, a toda esa comunidade que xa vos segue, non si?
vadoiros, que era onde as mulleres podían falar das súas
Xiana: Si, é a nosa tribo, pero tamén a tribo de todo o mun-
preocupacións, das cousas que lles interesaban... e ser
do. Todos e todas temos que ser comunidade en moitos
elas mesmas lonxe dos seus espazos domésticos, onde
momentos vitais como, por exemplo, con todo o que vivimos
estaban os homes. Eran os seus espazos de liberdade,
coa pandemia, ante as inxustizas sociais, etc. Falamos da im-
confidencias e insubmisión. Neste disco utilizamos ese fío
portancia de ter esa manda que te soporta nos momentos
condutor para falar de feminismo e de todos os temas que
difíciles e, evidentemente, tamén está dedicado á nosa pro-
nos preocupan.
pia tribo, que son as nosas familias, as nosas amizades, toda a xente que nos apoia e que vén aos concertos e que nos
Este álbum incluirá doce temas. Que temáticas abordades?
segue...
Marcela: A memoria histórica, o ecoloxismo...
tamén o xogo de palabras de ‘lagarta’, porque moitas veces
Sempre dicides que o voso é un son ‘caleidoscópico’ pola variedade de estilos que tocades. Será tamén así neste novo traballo?
os cualificativos non son o mesmo se son en masculino ou
Xiana: Si, eu creo que incluso un pouco máis acentuado, se
en feminino.
cabe.
Andrea: E dentro do feminismo, hai un tema que aínda non tocaramos que é o emprego que se fai da linguaxe. De aí
| 6 | Pincha |
28
Xiana: Porque eu creo, volvendo ás temáticas, que este disco
aRi[t]mar de música galega portuguesa no 2018, Premio Martín Códax da música na categoría indie/pop o ano pasado... Un balance moi positivo para o tempo que levades, non credes?
tamén fala un pouco da vida en xeral. Da necesidade en moitos
Estela: Si, estamos moi contentas. En moi pouco tempo tivemos
momentos de que non todo sexa denso e complicado. Por iso
moitísima acollida.
nesta ocasión, metemos máis ese punto de humor e de que
Xiana: Sobre todo porque facemos temas propios, que eu creo
sexa algo divertido, que noutros discos.
que é o que máis medo dá ao principio. Se fas versións, xa sa-
Andrea: Hai temas que son bastante introspectivos, pero tamén hai outros que son como súper ‘bailongos’ e alegres.
bes que son cancións que funcionan, pero se partes de cero e
Ademais dos temas da vosa autoría, nos vosos traballos sempre musicades a outros autores e contades con distintas colaboracións musicais. Quen estará convosco en ‘Xabón Lagarta’?
fas cancións túas, nunca sabes como se van recibir.
Xiana: Teremos unha colaboración dun dúo e seguiremos reco-
podería facérselle á xente denso e pensar: “Estas tipas… Eu
llendo o legado de grandes escritores galegos e tamén de escri-
quero bailar, non quero que veñas aquí a comerme a orella!”
toras contemporáneas. Entre eles, musicamos un texto de meu
(Risos).
Marcela: E ademais a maioría son temas nos que hai moita reflexión. Moitas veces explicámolos nos concertos e ao mellor
pai, Xosé Lastra.
Este será xa o voso terceiro disco, máis o traballo que dedicastes a Xela Arias, desde o 2017. Sodes gañadoras do certame
Eu penso tamén que se nota unha gran evolución desde esa Banda da Loba do 2017 á Banda deste 2022. Estades de acordo? Marcela: Si, e xusto neste disco vaise notar moito esa evolución que dis no tema de ‘Pepa’, que xa aparecía no noso primeiro traballo. Se escoitas a versión un, dáste de conta que esa era A
“Neste disco
banda da Loba un. E agora nótase o cambio. A Banda medrou
falamos
Xiana: Xogamos un pouco tamén con novas sonoridades que
tamén da importancia
moito, cambiamos instrumentos, entendémonos mellor... por agora non exploraramos.
E tendes tamén xa, como comentabamos antes, unha gran manda, de todas as idades, que vos segue. Como vos sentides cando coñecen os vosos temas, os cantan...?
de ter esa
Estela: É moi emocionante. Sobre todo, nos coles, cando a cati-
manda que
Xiana: E nós temos a sorte de que iso nos pasa desde o primei-
te soporta nos
cancións. Pero iso non é para nada habitual. Para as que leva-
momentos difíciles”
vada non para de pedir as cancións, ou as saben enteiras. ro disco. Damos un concerto e hai xente que sabe as nosas mos neste mundo moitos anos, cando che pasa iso por primeira vez, flipas. Parece algo como moi natural, pero eu a primeira vez que o sentín case choro. Andrea: Hai determinados momentos nos que de súpeto tomas consciencia e dis: “Dios mío, é que isto antes non existía, inventeino eu, e agora está toda esta xente cantándoo!”. É moi brutal. Xiana: E tamén é bonito porque, en certa maneira, fas familia. Hai moito público que nos segue a moitísimos concertos, que sempre che escribe por redes, que sempre interactúa… Con esa xente tes unha relación que parece case como da túa familia.
A banda da Loba, no interior do vehículo no que gravaron o videoclip do tema ‘Anagnórise’. Foto: Iván Barreiro
Supoño que teredes moitas ganas de estrear ‘Xabón Lagarta’ enriba do escenario. Cando e onde poderemos escoitalo en directo? Xiana: En maio empezaremos cos concertos. A presentación oficial será o 16 de maio en Compostela.
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha
Pincha | N 28
Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
|7|
de bares con Jessi
Vai de pratos con nomes e apelidos! Fixádevos se fan moito ben os bares que ata nos personalizan os bocados, para que teñamos máis en común con eles. Pratos que fan referencia a viaxes, a películas, a personaxes… Cousas coas que nos sentimos identificados e que facemos nosas, porque moitas delas case están feitas para nós e outras moitas, de feito, están feitas para alguén en concreto e universalízanse!!
O
xenial do local é que é o máis global. Pasa en cada pobo. Que hai máis enriquecedor que coñecer o nome dun taberneiro dun recuncho perdido e dese prato que só hai alí, pero que tarde o cedo coñeces a alguén que o descobre tamén ou atopa un símil noutro lugar? Ou saber que hai un sándwich en honor ao teu pai, ou unha hamburguesa que che fai “auto bombo” ou pratos que desaparecen de carta, pero que a xente segue pedindo polo nome!
Gonzalo Pose fálanos dos nomes dos pratos do Argentinos Burguer. Foto: Iván Barreiro
| 8 | Pincha |
28
Jéssica Pintor Por
@jpintorybarran
Pois vai diso. Vai de pratos con nome e apelido! Os que se fan por e para persoas con nome e apelido.
sorrinte, inchando peito e chiscando o ollo. (Moito me río con este mozo sempre!).
E para iso fomos probar a un local cunha nomenclatura do máis divertida. O Argentinos Burguer. De feito, cando ideamos esta reportaxe o local da Estrada participaba na segunda edición do concurso “La mejor hamburguesa de España” coa súa “Macanuda”: en honor a unha expresión arxentina, en desuso, quizais, pero que ven sendo caralluda! Douscentos gramos de carne de vaca rubia galega, o pan brioche feito polo equipo do Argentinos Burguer, queixo cheddar fundido, pepiniños doces encurtidos por eles tamén, chips de touciño, cebola fritida e maionesa agridoce. Que?! Soa ben, non? Pois sóubome moito mellor. Esa foi temporal, pero tes un feixe delas máis:
Pero o dos nomes peculiares non é de agora. “Nos anos 80 cando empezaron meus pais, esta foi unha das primeiras hamburgueserías de Galicia co cal os nomes facían referencia a cousas cotiás ou culturais de Arxentina, que é a orixe deles. Unha das máis vendidas era a hamburguesa “Gauchito”, había a “Criollita”, un sándwich (emparedado) chamado “Firulete”, polo nome da arte gráfica tradicional nada en Bos Aires. Ademais tiñan clientes habituais que sempre pedían o mesmo, cada un ao seu gusto. Por exemplo, o dos venres de todas as semanas de chourizo, queixo e tomate, feito á prancha: un Fernando Silva. O de Ricardo Terceiro, ‘O Terceiro’, que xa lle quedou así… Ademais, antes no Argentinos Burguer, a barra estaba na parede da esquerda segundo entras, coa prancha e a frixideira detrás da barra e na parede lateral apuntaban os bocadillos e xa os mesmos clientes querían ver o seu anotado, crealo tamén! O sándwich Puente vén polo nome do pai dun amigo meu e leva xamón serrano, tomate, leituga, ovo duro, maionesa”. Sen contar as numerosas anécdotas de clientes querendo pronunciar “Firulete” e acabar pedindo ‘un Falete’. Ou da pizza Milonguita, pedir que se lle cobre ‘unha mongolita’.
A “Catrina” inspirada nunha viaxe que fixo Gonzalo Pose a México, “e que agora está popularizada, pero cando a bautizamos aínda non estaba de moda. Ademais esta figura representa a morte, co cal servímola ben cargadiña de xalapeños!!” (Ri o condenado!!). Tedes a “Jhonny Drama”, inspirada nunha serie americana, da que é fan o noso amigo Gonzalo, que se chama “El Séquito” e que ten un protagonista que fai un prato para os días importantes e esta hamburguesa leva algún deses ingredientes: touciño crocante, ovos fritidos, queixo gouda e salsa holandesa.
“Creamos conceptos sinxelos, da rúa, dos nosos provedores, de quen pasa por aquí”, contan no Argentinos Burguer
A “Oklahoma”, típica de Estados Unidos. Faise á prancha, machando a carne coa cebola e mesturando así ambos os dous sabores. Leva dous discos de cen gramos de carne de vaca rubia galega, cebola á prancha, queixo cheddar fundido, touciño crocante e salsa barbacoa.
“Antes tiñamos pratos combinados, o nome de cada un era o seu número na carta e a “Milanesa napolitana”, era o número 14, e aínda hoxe o chaman polo número, pero pronunciándoo como meu pai: ‘el catorse’, como ‘el postresito’. Facendo guiño ao seu acento arxentino”. Que se coñecedes o local sabedes que fixeron camisetas con estas frases e anécdotas que forman parte da cultura, da esencia e do que nos gusta do Argentinos Burguer, do que nos gusta dos bares: Coñecelos por nomes e apelidos, como aos seus pratos!
A “Big Moe”, a recreación mellorada dunha coñecida hamburguesa dunha franquicia americana. Leva pepiniños, leituga iceberg, cebola cortada en xuliana, queixo cheddar, salsa caseira “Mil islas” e como “os meus colegas chámanme ‘Big Moe’, pois entón xa me fai un pouco auto bombo”, di todo
Pero a lista segue: O perriño “Black Mamba”, en honor a Kobe Bryant; “Fargo”, pola película; o bocadillo “Fellini”, porque Marta (súa nai) é moi afeccionada as súas películas. E moitos clientes que coinciden nestes gustos fan os pratos seus!! Pincha | N 28
|9|
Pero fano e pasan outro tanto tempo comendo nesa outra. -Non me quites esta!! Vouno tomar como algo persoal, eh!!E é que cando chegan moitos clientes xa sabemos o que van pedir. Eu sempre lle boto picante a un, aínda que non o pida. E cando proba e o nota xa me mira feliz. Un día tiña unha mesa reservada e deixeille 15 botes de salsa picante que acababa de mercar. Probounas todas! Non te acordas dos gustos de todos, pero hai cousas que se che quedan. Un cliente de Barcelona que vén todos os anos, porque ten familia en Codeseda. Un dos meus mellores amigos que pide a mesma pizza todas as semanas, aínda que non estea en carta anoto pizza Zippy, e na cociña xa saben que leva xamón, ovo e olivas! E o nome vén de Zipi, porque el era rubio de pequeno e o seu primo irmán era o moreno e chamabámoslle Zipi e Zape, pero el escríbeo así con dúas pe e i grega!”. Mira se personaliza ao grao sumo... “A necesidade fai discorrer, crear, espabilar! E diso vai isto tamén. De crear conceptos sinxelos, da rúa, persoais que sinalan aos provedores cos Gonzalo invítanos a probar unha das hamburguesas do Argentinos Burguer. Foto: Iván Barreiro que levamos 40 anos trabaComo bos animais de costumes, personalizar tanto, crea llando: o carniceiro, a panadería, o noso equipo: Adolfo leva dramas!: -Sacáchesme o bocadillo, tío! E agora que como! dende o ano 91 con nós. Mónica, Manola, Marcos, Alicia, ouUnha frase coa que case mexamos coa risa, pero tan real... tro Marcos, miña irmá Guille, as almas máter Marta e Sindo “Non te preocupes que cho facemos, acabas dicíndolle ao (meus pais) e eu... Sen esquecer a todos os que pasaron por cliente e el suspirando cun -menos mal, comíao todos os do- aquí. Cando vés aquí se é a primeira vez non saberás quen mingos-. O fin do mundo, chavala!! (gargalladas ata chorar!!) somos, pero cando volvas, aquí seguiremos. Esta é a nosa -Eu viña comer iso- Tranquilo, oh! proba outra cousa. Pasou- casa. Facemos máis vida aquí, que fóra”. Son estas cousas nos cos raviolis carbonara, unha carbonara especial como do local as que fan que permanezamos, que teñamos o noso facían miña nai e miña avoa en Arxentina. E ti dislle que sitio neste mundo global. Que se nos recorde e aprecie. Son coma outra pasta e xa lles arruína a vida! (jajajaja mamuero!) o nome e o apelido! Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
| 10 | Pincha |
28
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Gargantua, a litografía de Honoré Daumier
pola gorxa
Para comelo... pero en galego!
CREMA DE BAGAZO
T
oda boa comida ou cea en Galicia debe rematar con dous produtos: café e algún licor en vaso de chopo, que é como chamamos na nosa lingua a eses recipientes moi pequenos nos que a cantidade de líquido pode beberse dunha vez (un ‘chupito’, en castelán). Normalmente podemos elixir entre varias opcións, sendo as máis demandadas o licor café, o licor de herbas ou a crema de bagazo (en galego, non existe a palabra ‘oruxo’). Segundo a Real Academia Galega (RAG), o bagazo é o residuo de certos froitos como a uva ou a oliva, despois de espremelos e sacarlles o líquido. O dicionario galego admite como sinónimos bagaño, bagullo e bullo. Con eles elabórase, por exemplo, o augardente, que definen na RAG como aquela bebida alcohólica obtida ao destilar o bagazo ou outros produtos como froitas ou cereais, despois de fermentaren.
ONDE PROBALO? É raro o local de hostalaría en Galicia que non ofreza algún destilado. Iso si, á hora de consumilos é importante asegurarse de que estean debidamente etiquetados. Hai catro Indicacións Xeográficas (IX) incluídas dentro do Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia: IX Orujo de Galicia, IX Augardente de Herbas de Galicia, IX Licor de Herbas de Galicia e IX Licor Café de Galicia.
Curiosidades ❖
A crema de bagazo é unha bebida elaborada con bagazo de uva e nata ou leite concentrado, cun contido en azucre superior a 250 g/l e unha gradación alcohólica comprendida entre 15° e 18°.
❖
O aceite de bagazo é un aceite que se obtén da mestura de aceite de bagazo refinado e aceite de oliva virxe, cunha acidez máxima de 1º.
❖
Na páxina web do Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia explican con todo detalle como son as técnicas de destilación que se empregan para elaboralos. A alquitara é o método máis antigo, lento e de menor rendemento, pero que aínda se emprega nalgunhas zonas de Galicia, como en Portomarín (en Lugo) ou Verín (Ourense). Os outros dous sistemas máis utilizados son o alambique e o arrastre por vapor.
Pero se queredes probar o bagazo dun xeito único e orixinal, recomendámosvos visitar o Pub Atlántico, en Santiago de Compostela. Alí podedes pedir que vos sirvan a proposta gañadora na categoría con alcohol na última edición do concurso Santiago(é)Cóctel. Trátase de Bravú, un cóctel co que a súa creadora, Pili Fernández, quixo homenaxear á coñecida corrente musical galega dos anos 90 e que ten como ingrediente principal o bagazo, combinado con notas cítricas e herbas que recordan aos aromas frescos e salinos do mar. Pincha | N 28
| 11 |
reportaxe
GARGALLADAS ASEGURADAS CON LA FÁBRICA DE IMPRO O espectáculo de improvisación creado por Cayetano Lledó triunfa todos os martes na Sala Riquela
A
s noites dos martes na compostelá Sala
A impro é un espectáculo que bebe das fontes clási-
Riquela son especiais. O espazo énche-
cas. “Na comedia da arte había unha serie de perso-
se para gozar do espectáculo de impro-
naxes tipo (a doncela, o señor, o servente…). Saían
visación teatral de ‘La Fábrica de Impro’, proxecto
a escena e simplemente dicían: “Hoxe hai lío porque
ideado polo mago Cayetano Lledó, quen leva unha
‘este’ quere deitarse con ‘esta’ e ‘este’ quere os car-
morea de premios internacionais de teatro ás cos-
tos deste outro…” e con iso xa montaban un espec-
tas. Xunto a el, artistas como o músico Pablo Navas,
táculo que duraba unha hora”, conta Cayetano. “O
David Encantado, Jacobo Barros, Rafa Rey da compa-
que facemos na ‘Fábrica de Impro’ é moi parecido
ñía Moving Compass ou Adela B fan rir a gargalladas
pero denomínase ‘Impro deportiva’. Son xogos cur-
a un público que sempre está moi entregado. "Para
tos, que duran sobre 10 minutos. Para facelo, ao en-
poder improvisar temos comunicación máis aló das
trar na sala o público escribe nun papel unha frase
palabras, ás veces entendémonos coa mirada. Por
que quere que apareza no espectáculo. Metémolas
iso fomento a boa relación entre o equipo, tamén
todas nun sombreiro e ímolas sacando para facer
fóra do escenario", asegura Lledó.
diferentes pezas de improvisación”, explica.
| 12 | Pincha |
28
Rebeca Munín
La Fábrica de Impro actúa todos os martes na Sala Riquela. Foto: Iván Barreiro
Por
Cayetano Lledó é o creador deste espectáculo de improvisación. Foto: Iván Barreiro
@rebecamunin
Algúns dos membros de La Fábrica de Impro, en pleno espectáculo. Foto: Iván Barreiro
Traballo en equipo Lledó tamén aclara que non teñen ningún tipo de preparación: “O único que se pode ensaiar na impro é a actitude e a relación co grupo. O que non funciona é o que nós chamamos ‘levarse un tupper de casa’. Unha das máximas é que hai que escoitar ao compañeiro. Imaxina que vas saír ao escenario pensando en ser un arlequín do rei e entón chega o teu compañeiro e antes de que abras a boca di: “Señor policía, eu non o fixen”. Ostras! Xa non son un arlequín! Entón
“A primeira máxima da impro é que hai dicir que si a todo, sempre”
porque se sae moi ben, é fabuloso, a xente aplaude e vólvese tola. Pero cando os improvisadores o fan moi mal, ves a uns tipos aí sufrindo, que están intentando non irse de morros e evitar o golpe, e a xente tamén ri moito por iso”, apunta divertido. Nestes anos que levan actuando no Riquela -incluso retransmitindo os shows por Twich nos peores momentos da pandemia- viviron infinidade de anécdotas. Cando lle pregunto por unha, Cayetano recorda aquel intento de ligar con Jacobo dunhas espectadoras que aproveitaron o papel que entregan na
aí entra en vigor a primeira máxima da
entrada para escribir o seu número de teléfono. E é
impro: que é que hai dicir que si a todo,
que nestes espectáculos pode pasar de todo! Pero
sempre”.
o que nunca falta, pase o que pase, son os risos asegurados.
E pregunto: pasa algunha vez que o actor ou actriz non sabe por onde saír? “Continuamente, pero é un
Se non cho queres perder, as entradas teñen un prezo
xogo de equipo. Se alguén non ten ideas, ten que
anticipado de 5 euros e podes mercalas en A Reixa
deixarse levar polos compañeiros. Nese sentido eu
Tenda (Rúa do Hórreo, 46). Ou tamén desde unha
digo que é un espectáculo que funciona sempre
hora antes do espectáculo na propia sala por 6 euros. Pincha | N 28
| 13 |
666 rpm
GL A MOUR NA S D IS CO T A S C A S
A
finais dos anos 90 traballei unha temporada na Feira de Gando de Amio (Compostela). Entraba ás catro da madrugada e o meu choio consistía en limpar camións nos que transportaban animais (cabalos, porcos, vacas, ovellas, cabras, etc.). Unha vez que os pobres bichiños se exhibían na feira, para que os comerciantes os mercasen ou trocasen por outros, os camións ían pasando por un túnel de lavado. É aí é onde entraba eu en operación. Si! O polifacético César Varela, que agora ledes na Pincha, sempre foi un Robot Multiusos, como “Leiro Balai”. Así que, cun sacho na man, limpaba todo o esterco que había depositado nos vehículos. Defecacións e ouriños dos bichiños, durante a viaxe do Cortello á Feira de Gando, para ser máis concreto. E aí foi onde coñecín a Abel. Abel, Javi e máis eu eramos compañeiros de traballo. Logo a min ascendéronme de posto, e no lugar de usar o sacho, pasei a usar “la manguerita”, coma se fose o íntimo amigo de Marcial Dorado.
FOTO: Rubén Martínez
| 14 | Pincha |
28
Cambiando de tema e deixándonos de caralladas,
César Varela Por
@ImitoAquenSon
Nos 90’s, gustáballe a música electrónica. De feito, o 1º disco que mercou, foi un recopilatorio dobre de Pastis & Buenri. Máis tarde, e xa co oído máis afinado, chegaron Snap, Moby, Stardust, The Chemical Brothers, The Prodigy, Cassius, KLF, Motorbass e Dj’s como Paul Oakenfold.
imos ao gran do asunto en cuestión a tratar hoxe. Resulta que aquel rapaz que traballou unha temporada de sachador de esterco na Feira —e non falo de min, senón de Abel— agora é DJ. Faise chamar ABELVISIÓN. Segundo din as Vellas Tárugas, seica o nome llo puxo Armando, un día que o viu entrar ás catro da tarde pola porta do Camalea, On Fire! De reenganchada, vamos! E Armando díxolle que tiña unha estupenda personalidade lisérxica. E así o bautizou. Dou Fe! E non son notario, pero sei perfectamente, que ás veces, dou a nota. Podería dicir que o Sr. Abel, o primeiro grupo que escoitou na súa vida foi algún dos da Velvet Underground ou dos Beatles, pero mentiría descaradamente. E non hai nada mellor nesta vida que ser humilde e honesto. E se vos digo a verdade, é que o noso artista escoitaba a música que saía pola Tv e aquelo era unha torta de mil sabores, na que un día escoitabas a un tal Perales, o seguinte a un tal Bosé e un día aparecíache un tipo vestido de muller, con vestido curto, medias e mostacho, de apelido Mercury. Na súa casa non se adoitaba escoitar música, pero si tiraban da radio do coche ou das K7’S cando ía ver aos seus avós. Dúas horas de viaxe escoitando aos Irmáns Calatrava, Manolo Escobar, Los 2 Españoles, Rumba 3 e gitanadas varias. A súa cultura musical traballouna practicamente el soíño.
No 97 traballou de mensaxeiro nunha furgalla, entre 8 e 9 horas diarias, e a súa fiel compañeira era a música, e así, sen darse conta, foi asimilándoa. E un día empezou a darse conta de que: Hei! Isto pega con isto e despois con isto, e aí naceu o xerme de pinchar. A primeira vez que pinchou foi en El Matadero, cando o levaba O Chino, e a partir de aí non parou… Logo foron: O Curruncho, A Medusa, Ultramarinos, Embora, A Reixa, Sala Capitol, Paraíso Perdido, O París, Moon Music Club, Kunsthalle, La Caja Negra (Oviedo), 14 Club, Mardigrass e Garufa Club (A Coruña). Agora leva xa tres anos pinchando no Riquela Club, e participou en varios festivais: Slap (Zaragora), GO Gozo, Oktober Fest, Outono Códax e Galicia Woodstock. Os estilos que pincha son jazz, blues, soul, funk, disco, pop e gospelTamén dirixiu un programa de música electrónica na Radio Kalimera “Vitaminas Fluourescentes” e “Pementa Preta” na Radio da Facultade de Xornalismo da USC. Y colorín colorado, este cuento se ha acabado! Hoxe, buscado aínda polo goberno, sobrevive como DJ de fortuna. Se vostede ten algún problema, e se o atopa, quizais poida contratalo (contacto: 646 152 955). Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha | N 28
| 15 |
somos compostela
Pablo e Luis Lodeiros
“Somos a primeira bodega galega que elaboramos un vermú sen azucres engadidos”
| 16 | Pincha |
28
Rebeca Munín Por
Pablo e Luis Lodeiros, co seu Vermú Lodeiros 0%. Foto: Iván Barreiro
Bodegas Lodeiros está de estrea. Acaba de sacar á venda o Vermú Lodeiros 0%, converténdose na primeira adega galega cun vermú sen azucres engadidos e, polo tanto, coa metade de calorías que os demais. “Conseguilo levounos case un ano. Atopar un viño que aportara eses azucres de xeito natural foi complexo. Fixemos moitas probas porque tiña que responder a sabores e a aromas que ten este produto en si. Ademais, estabamos en pandemia, pero ao final conseguímolo”, contan moi contentos Luis e Pablo Lodeiros, pai e fillo desta empresa familiar compostelá. Tras facer un estudo de mercado e descubrir que só outra marca en toda España ten un vermú similar, animáronse a lanzar este Lodeiros 0% nunha edición limitada para comprobar que aceptación ten. “Para nós é un paso máis na nosa procura do produto o máis auténtico e natural posible”, aseguran.
“O Vermú Lodeiros 0% é un paso máis na nosa procura do produto o máis auténtico e natural posible”
@rebecamunin
ble é posible. Así, por un lado, non utilizan plásticos, empregan unha botella ecolóxica con baixa pegada de carbono e producida con vidro reciclado e a etiqueta está producida con residuos de mazá e papel ecolóxico. Ademais, defenden a economía circular e por iso dedican parte dos seus beneficios a realizar proxectos ecolóxicos en Galicia en colaboración con diversas organizacións medioambientais. Un compromiso co medio ambiente que a empresa, que comezou no 1910 e xa vai pola súa cuarta xeración, leva desenvolvendo máis de 100 anos. De que xeito? Por exemplo, reutilizando máis de 3 millóns de botellas da súa produción. . Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Mariló, Reviravolta e licores MIL910 A familia está moi presente nos produtos que Bodegas Lodeiros ten actualmente no mercado. Cos licores Mil910 buscaban honrar a seu avó José. Con Mariló homenaxean á
Pero que sabor ten este novo Lodeiros? “Segue sendo un vermú doce, pero si que lle intentamos dar un carácter diferente, que sexa complementario ao que xa temos. Non queremos que un substitúa ao outro”, explica Luis. E que maridaxe recomendarían? “O vermello acompañaríao cunha lata de escabechados, uns mexillóns, por exemplo. E para o branco, decantaríame por uns embutidos”, opina Pablo. Soa ben, non si? Xa entran ganas de probalo! ;)
nai de Pablo. Trátase dun viño sorprendente que sabe a froitas e que resulta ideal para un aperitivo ou para facer sangría. Por último, destaca a súa gama de viño sostible Reviravolta, que envasan nunha botella retornable para darlle unha nova vida. “Buscamos implicar tanto ao hostaleiro, coma ao tendeiro e ao consumidor final. Cando entregan a botella, reciben cartos de
0% plásticos
volta. Isto permítenos ter un viño de gran calidade e con cero residuos”, subliña Pablo.
Este novo produto enmárcase dentro do proxecto ‘Camiño Natural’, que vén desenvolvendo Lodeiros desde o ano 2020. Con el queren demostrar que un modelo produtivo responsable e un consumo sosti-
Se ti tamén queres probar todos estes produtos, están á venda na web bodegaslodeiros.com Pincha | N 28
| 17 |
Oído, artesanía!
Alberto Añón, de Alfarería Lista: “Adaptam
Foto cortesía da Fundación Pública Artesanía de Galicia.
Alberto Añón é un mozo oleiro de apenas 30 anos de idade que continúa coa tradición oleira da súa familia na Alfarería Lista , fundada polo seu pai José Antonio Añón. Nesta entrevista fálanos do arraigo de seu traballo de oleiro coa localidade de Buño á que pertencen e de como colaboran con restauradores e restauradoras.
nosa produción. Dependendo da técnica, tamén usamos materias primas doutras zonas de España. Por exemplo, pastas de V alencia, Cataluña... En canto ás técnicas, usamos a do torno e novas tecnoloxías como impresión 3D e diferentes ferramentas que nos facilitan o traballo.
Que relación tedes coa restauración? Como comezaches no mundo da olería? Aquí en Buño xa é tradición. Empecei a través do meu pai, que se leva dedicando toda a vida. Teño que dicir que ao principio non me dicía moito, pero logo estudiei escultura e cada vez collinlle máis gusto ao barro. Xa levo catro anos.
Que materiais e técnicas empregas no teu traballo? Temos o barro propio de Buño no 80% da
| 18 | Pincha |
28
Comecei hai un par de anos traballando con restaurantes e bares. Parece que hai uns anos quedara un pouco de lado a cerámica, pero agora está a volver con forza con pezas para comer, servir, poñer pratos… Destacan as bandexas e, grazas a darnos a coñecer a través de Artesanía de Galicia, pídennos pezas para comidas máis elaboradas. Por exemplo, cuncas, vasos... Adaptamos as pezas aos pratos que fan os cociñeiros.
Ruth Ríos Por
mos as pezas aos pratos dos cociñeiros”
@ruthriosfernandez
“Temos o barro propio de Buño no 80% da nosa produción” Que supón entón para vós contar coa marca de Artesanía de Galicia? Pois para nós é practicamente todo. En Artesanía de Galicia están traballando a un nivel top de promoción. Estamos chegando a mercados internacionais (Londres, Estocolmo, etc.). Sen eles non chegariamos tan lonxe. Están levando ao noso sector ao mellor de España. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha
Onde podemos comprar as túas pezas?
Revista de Gastronomía & Cultura
A través da tenda online en alfererialista.com, nas redes sociais, en feiras e na nosa tenda en Buño.
Pincha | N 28
| 19 |
de libros con Ruth Jesús explicándolle a Ruth as actividades que programan na Ánxel Casal. Foto: Iván Barreiro
Jesús Torres, director da Biblioteca Ánxel Casal “Pertencemos a unha tribo”
J
esús Torres (Caldas de Reis, 1980) é o director da Biblioteca Pública Pública Ánxel Casal. Da súa man coñecemos o importante papel que xoga este centro dentro da vida cultural compostelá e todas as actividades que teñen programadas. Que espazo ocupa esta biblioteca na vida cultural compostelá? Para min é o principal centro cultural da cidade. Os datos así o revelan: cerca de 45000 socios nunha poboación de preto de 100000 significa que unha de cada dúas persoas teñen o noso carné, ademais de máis de 1000 visitas diarias. A xente que quere consumir cultura acode á nosa biblioteca. Cales son as actividades máis destacadas? Nós pretendemos cubrir as necesidades de formación, información e ocio de todos os nosos usuarios. Tamén buscamos fomentar a cultura e lectura galegas. Por
| 20 | Pincha |
28
todo isto, todas as actividades que facemos van nese senso. A maioría están orientadas aos nenos e nenas. Como actividades permanentes para persoas adultas coordinamos seis clubs de lectura (galego, castelán, francés, inglés, banda deseñada e feminismo). Tamén temos dous obradoiros para maiores coa fin de que lembren o que aprenderon na súa vida. Dispoñemos dunha aula de tecnoloxía para maiores, para que aprendan coñecementos básicos de informática, agora que o demandan tanto para poñerse ao día. Así mesmo, hai dous obradoiros de iniciación á filosofía, con moito éxito. Como podemos atraer aos máis pequenos á biblioteca? Funciona moi ben para eles e elas. Os sábados ás doce do mediodía temos unha actividade chamada “Choiva de contos”. Creo que é un hábito que xa instauraron todas as familias de Santiago antes de ir de compras ou de paseo.
A maiores, todas as datas sinaladas facemos espectáculos e actividades (Día do Libro, Día de Rosalía). Hai teatro, xogos… Tamén cedemos espazos para calquera proposta cultural que poida ter cabida. Na era de Internet onde se pode acceder a infinidade de contidos, que oco teñen as bibliotecas? Moito. Hoxe en día a xente quere ter acceso aos libros desde calquera parte, non lle chega con saber que dispoñemos do exemplar aquí. Pero auguraban a morte do libro en papel e, sen embargo, non atinaron. O libro en papel segue prestándose e os índices de lectura aumentaron moito, especialmente durante o confinamento.
Por
Ruth Ríos
“Cerca de 45000 socios nunha poboación de preto de 100000 significa que unha de cada dúas persoas teñen o noso carné”
@ruthriosfernandez
Nós temos unha plataforma de descarga de libros electrónicos. É un servizo que por agora non substitúe ao préstamo en papel. Ademais, as bibliotecas tamén son un lugar de encontro, por exemplo a través dos clubs de lectura, cafés de idiomas, obradoiros… De feito, pedíronos encarecidamente que recuperáramos a actividade presencial tras o confinamento. Cales son os xéneros que máis triunfan? Hai pouco sacamos unha listaxe dos libros máis prestados. Sempre encabezan as series de manga (Naruto, Dragon Ball). O que máis triunfa é a novela, principalmente de intriga ou negra. En canto á literatura galega, destacan Berta Dávila (“Illa Decepción” e “Carrusel”) e Arantza Portabales (“A vida secreta de Úrsula Bass”). O libro infantil e lecturas escolares tamén saen moito. Como animarías á xente a vir máis á biblioteca? Eu creo que é unha boa práctica. Cando chegas a unha cidade é importante achegarse a unha biblioteca porque podes obter información sobre o lugar que non coñeces, servizos... Invito a todo o que non coñeza a nosa biblioteca a vir aquí. O edificio arquitectonicamente é unha gozada (data de 2008). Os espazos son moi confortables. Podes coñecer xente coas mesmas inquedanzas ca ti. Gústame dicir que pertencemos a unha tribo que unha vez que a coñeces, engancha. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
#DELIBROSCONRUTH CONTINÚA NA NOSA WEB!
Jesús Torres, no interior da Biblioteca Ánxel Casal. Foto: Iván Barreiro
Pincha | N 28
| 21 |
#apapar
Foto: Iván Barreiro
‘FISH & CHIPS’
EN ARTESANA GASTROBAR
Fai dez anos que o ArteSana Gastrobar abriu as súas portas na compostelá Avenida de Ferrol. Un espazo para almorzar, picar e desgustar unha carta baseada na tradición e na proximidade á xente e á veciñanza. Un local de barrio con pratos modernos e imaxinativos elaborados con produtos de primeira calidade e de tempada.
pola súa proposta apetecible e alcanzable”. Da súa carta destacaron nese momento os lagostinos con chutney e o seu fish & chips de pescada de pincho.
Na páxina web do ArteSana Gastrobar aseguran que o que buscan é “emocionar antes que alimentar”. Estamos seguros de que así o fixeron, por exemplo, nas cinco ocasións nas que gañaron un premio no Santiago(é)Tapas.
Precisamente este prato foi o que puido probar @JuanEAT_o na súa visita a este establecemento que dirixe o chef Álvaro Pérez. Ademais, o colaborador de Pincha tivo a fortuna de tomar tamén o ‘Capuccino’ con produtos do mar co que ArteSana gañou o premio do público do famoso concurso de tapas da cidade no ano 2018.
Ademais, a Guía Repsol incluíuno na súa lista de Soletes, formada por locais que “espertan un sorriso e seducen
Que lle parecerían estes dous manxares? A resposta está na seguinte páxina
| 22 | Pincha |
28
@JuanEAT_o, no restaurante ArteSana Gastrobar Foto: Iván Barreiro
Fish & Chips ArteSana style. Si, amigos, en Compostela podemos tomar un dos pratos máis típicos do Reino Unido sen ter que ir ata alí e ademais cun produto mellor e de preto, coma da casa. Pescada do pincho da ría directa da lonxa de Ribeira, rebozada en catro anacos pousados nunha cama de patacas chips igualiñas que as de bolsa, pero de verdade... ha, ha, ha!
non, non tería o mesmo impacto no sabor. Ao cocelo no seu propio xugo conséguese esa suave textura .
Quero destacar que a recomendación do chef foi de comer este prato coas mans, así que dito e feito! Podo dicir que seguramente con garfo non tería a mesma experiencia, así que recomendo probar deste xeito.
Como prato extra, puiden probar unhas da tapas gañadoras do Santiago(é)Tapas de hai uns anos: un capuccino, pero non de café, senón de mar. Se sodes asiduos a este concurso, xa saberedes do que vos falo. Parece un café capuchino pero en realidade consta dunha crema de mariscos de rape, lagostinos e verduriñas e unha escuma de caviar de ourizos. En definitiva, un sabor intenso a mar e dos bos!
Ao partir as pezas pódese observar que tanto o rebozado coma o peixe non opoñen resistencia ningunha. Están perfectamente equilibrados no tema da fritura e cocción, dando coma resultado unha textura perfecta, cun rebozado esponxoso é una pescada que se desfai na boca case sen ter que mastigar. Isto é grazas á preparación do peixe, xa que é o que máis se coida neste prato, tentando sacar o máximo sabor do produto. Un produto que, por suposto, é fresco; se
As patacas cobran tamén protagonismo nesta proposta, xa que rompen esa delicadeza da pescada cun sabor e textura crunch moi rico. Coma xa dixen, son coma as de bolsa pero feitas con agarimo ;)
Por último, gustaríame confesar que este foi un dos #apapar máis divertidos que fixen porque puiden gozar da compañía do chef, Álvaro, en todo momento, cun bo rollo que fixo da experiencia se cabe un punto mellor. Doulle as grazas pola atención personalizada! Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Datos
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Lugar:
Avenida de Ferrol, 9 Santiago de Compostela
Prato:
‘Fish & Chips’
Prezo:
11,80 €
Valoración:
Por @JuanEAT_o @JuanEAT_o Pincha | N 28
| 23 |
Por
Rebeca Munín
Álvaro Pérez “Cociño para as persoas, non para unha foto”
@rebecamunin
Despois de traballar en hoteis 5 estrelas, no Bulli cando era o mellor restaurante do mundo, en Londres... Álvaro Pérez namorou e regresou a Galicia. Buscando a liberdade “en todos os sentidos”, decidiu abrir o seu propio negocio: ArteSana Gastrobar, que acaba de facer dez anos. Pasaron xa dez anos desde aquel febreiro de 2012 no que inaugurastes ArteSana. Recordas ese primeiro día? Si, foi moi bonito. Non sei se era pola xuventude, ou polas ganas, pola ilusión... pero creo que estaba tranquilo. E contento por realizar un dos soños que perseguía nese momento. Ademais estaba rodeado de amigos, de compañeiros... Era imposible que saíse nada mal porque todo o mundo estaba disposto a botar unha man. Foi unha festa.
“Quería ter unha marca cuns valores definidos: sinceridade e respecto polas persoas e os produtos”
Que balance fas desta década? Tiña claro que non quería ser flor dun día, que non quería subir coma a escuma, que prefería un traballo de fondo. Quería ter unha marca cuns valores definidos: sinceridade e respecto polas persoas e os produtos. E iso creo que o conseguimos. Temos un Solete da Guía Repsol e gañamos en catro edicións cinco premios do Santiago(é)Tapas. Iso é máis do que pensaramos cando abrimos porque somos un local de barrio. E gústanos selo. Queremos achegar a profesionalidade propia dun sitio gastronómico á xente do día a día, aos nosos veciños, con quen realmente vivimos. Un cliente de todos os días telo que gañar todos os días ao longo do tempo. Iso paréceme moito máis bonito, moito máis persoal.
Como é o proceso creativo, desde que tes unha idea ata que chega á mesa? Ás veces non hai un só camiño para chegar a un prato. Primeiro tes unha idea fugaz, un frechazo. Pode ser a partir dun ingrediente, dun prato, dun sabor... Empezas a desenvolvela cos coñecementos que tes, pero tes que ter en conta moitas variables: os teus provedores, a túa maquinaría, o teu equipo, os gustos da túa clientela... Entón comezas a pulir todos eses puntos de vista, fas unha primeira proba, volves a readaptalo...
Como namoraches da cociña? De pequeno soñaba con xogar ao fútbol, ser piloto de Fórmula 1... cousas así. Mais cando comezou meu irmán nisto (seu irmán é Guillermo, chef do restaurante Mamá Peixe), vin que me interesaba a hostalaría a nivel profesional. Pero non só me gusta a cociña especificamente. Gústanme as persoas, as sensibilidades e os alimentos, e iso inclúe o amor por cociñar. Sobre todo porque cociñas para persoas, non para unha foto.
E con todo isto formas a vosa carta. Como a explicarías? Pode parecer que é unha carta curta, pero intentamos que sexa equilibrada. Hai opcións sen glute, para vexetarianos, para adolescentes, para clientes dunha avanzada idade... Son pratos relativamente sinxelos, recoñecibles polo seu aspecto ou polo seu nome, pero nos que hai un desenvolvemento e unha personalidade detrás. Buscamos emocionar a cada persoa co que facemos. E iso lógrase indistintamente de que utilices caviar ou patacas. Pincha
Álvaro Pérez co seu ‘Capuccino’, gañador do premio do público do Santiago(é)Tapas 2018. Foto: Iván Barreiro
Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
| 24 | Pincha |
28
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Por Inés Silvalde de Os Catro Gatos
@oscatrogatos
a gorida do artista
Camilo Seira. Arte de raíz
A
primeira vez que visitei Seira (Rois), sentinme abafada pola diversidade e a beleza do seu terreo. As árbores centenarias daban sombra ás pezas escultóricas,
mentres as canas de bambú negro creaban paisaxes sonoras. Animais domésticos e salvaxes bulían polo entorno xunto coas risas dos nenos xogando cos niños dos paxaros. Describimos o eido do artista Camilo Seira, como un lugar no que vida, arte e natureza conforman a súa gorida. Cando coñecín a Camilo tiven a sensación de que a salvia das árbores, conscientes das súas raíces, corría polas súas venas. Tamén que os paxaros, as pedras ou os bruídos atoparan nel un gran aliado para codificar e descodificar a súa linguaxe en arte. A colección de esqueletos ou as pezas en taxidermia que contemplamos na súa casa, acércannos a un artista con matices renacentistas, no que a arte e a ciencia se fusionan. Un artista arraigado tamén nas orixes do home na terra que atopa a inspiración nos elementos naturais que o rodean. Pedra, madeira, óso, ferro, sangue ou bosta son algúns dos recursos cos que traballa, facendo unha lectura minuciosa das súas características propias, co fin de que dialoguen no resultado final. Un gran respecto polo material, pero tamén pola tradición cultural de Galicia. Este artista padronés conta con un repertorio iconográfico inspirado na mitoloxía, lendas e rituais ancestrais así como experiencias vitais. Preséntansenos Minotauros, porcos antropomórficos, mulleres saíndo das entrañas do animal ou acios de peitos. Rostros inxenuos cun acabado rudo e sutil policromía no que o material, técnica e a figura exprésanse dunha forma equilibrada. Na representación da temática, observamos destreza e inquietude artística, botando man de múltiples procedementos e materiais. Camilo non titubea á hora de experimentar e atopar o mellor medio, enriquecéndose coas novidades que lle poden aportar un novo material. Así percibimos o interior do seu taller, un espazo ecléctico onde a vista non atopa lugar onde parar. Seira é unha fonte inesgotábel de inspiración. Unha vez ao ano, Os Catro Gatos temos a sorte de celebrar unha xornada chamada “Land Art Seira” xunto con outros artistas e o colectivo Pataka, ao que o artista do que hoxe falamos tamén pertence. A súa familia xoga tamén un papel fundamental facendo que nos sintamos como na casa. As datas adoitan ser alternas, co obxectivo de que o espazo se mostre diferente segundo ao momento estacional. Neste encontro
debemos interpretar espazos, especies vexetais, texturas ou formas que nos leven a facer unha peza escultórica integrada no espazo. Para iso debemos xogar cunha serie de premisas que impidan deteriorar o entorno. O día remata cun fascinante evento na carballeira na que a arte, a música e a maxia da noite son os grandes protagonistas. Ano tras ano podemos ver como algunhas das pezas sobreviven ao paso do tempo, convertendo o terreo de Seira nun labirinto de restos escultóricos. Pronto teremos novidades dun novo proxecto escultórico. Só podemos adiantar que se trata dunha peza de carácter monumental en granito na que a luz do solsticio de verán vai xogar un papel fundamental. Mentres tanto podedes seguir apreciando algunhas das súas pezas dispostas en emprazamentos urbanos. A sementeira en Padrón, Antón Fraguas en Santiago ou Avilés Taramancos en Noia son algúns monumentos dentro dunha longa lista. E faise a noite en Seira. Os seres nocturnos son agora os espectadores da arte en penumbra. Pincha | N 28
| 25 |
axenda
VII XORNADAS DE COCINA CONVENTUAL DE CUARESMA HOTEL MONUMENTO SAN FRANCISCO ATA O 10 DE ABRIL Ata o 10 de abril, e de mércores a domingo, o restaurante de Hotel Monumento San Francisco celebrará as VII Xornadas de Cociña Conventual de Coresma. Unha selección de receitas de conventos de España e Portugal, que configuran un menú de 26 euros que inclúe primeiro e segundo prato (a escoller entre tres opcións de cada) e unha variedade de sobremesas, que se cambiará cada semana. Ademais tamén se realizarán visitas guiadas ao convento por un frade, para os comensais que a reserven. Descubrirán a historia, arte e costumes desta xoia compostelá, e recunchos tan especiais como a biblioteca do convento.
CASTELVINES E MONTESES. LOS AMANTES DE VERONA SEGÚN LOPE DE VEGA
RUBIO DE PRUNA, KIKO BALDOMERO E MOISÉS FERNÁNDEZ
esta obra teatral? E de que maneiras novas se pode explicar esta historia shakespeariana? Alba Sarraute & Les Ofèlies fano utilizando a linguaxe do circo, a través de acrobacias, de música e dos corpos dos e das intérpretes para crear un conxunto de imaxes cargadas de poesía coas que, desde a mirada de Desdémona, esposa de Othello, adentrarémonos nos aspectos máis dramáticos da condición humana… cun sorriso nos beizos.
SALA RIQUELA 7 DE ABRIL ÁS 21:00 H | PREZO: 17€ (15€ ANTICIPADA)
DA TÚA MAN PARA A MIÑA
Un espectáculo que nos desvela o máis puro e íntimo do flamenco. Un recital de cante no que Rubio de Pruna lembrará o flamenco máis auténtico evocando os cantes máis puros e á vez máis frescos ao día de hoxe. Con Rubio de Pruna ao cante, Kiko Baldomero á guitarra e Moisés Fernández ao caixón flamenco.
O PORCO DE PÉ TEATRO PRINCIPAL 7 E 8 DE ABRIL ÁS 20:30 H | PREZO: DESDE 12€ Vai para cen anos, Vicente Risco detectou unha nutrida presenza porcina vestida con elegantes abrigos e chapeus a confundirse cos propios burgueses. A divertidísima sátira do ourensán, a medio camiño entre o circo, o barracón, os fantoches e o cabaret, ten hoxe máis vixencia ca nunca. Producións Teatrais Excéntricas inventa, para reinventar este retrato de NÓS, un teatro de fenómenos cheo de monstros de barracón.
ZONA C 20 DE ABRIL ÁS 20:00 H | PREZO: GRATUÍTO
MAD MARTIN TRÍO & THE SOUL JACKET
2 DE ABRIL ÁS 20:30 H | PREZO: 14€
|2
O artista Fran Rodríguez Casal presenta na Zona C ‘Da túa man para a miña’, un proxecto que interpela dous tempos, o pasado e o presente, a través de fotografías e de imaxes de videoarquivo da aldea natal do artista, Traspielas.
SALA CAPITOL 9 DE ABRIL ÁS 20:30 H | PREZO: DESDE 12€ A Sala Capitol acolle un concerto con Mad Martin Trío, formado por Martin Esturao, ‘Mad Martin’ (voz, guitarra) Manuel F. Somoza ‘Lolo Logan’ (batería, coros) e Borja García Paz ‘Escudo de Roble’ (contrabaixo, coros), xunto coa The Soul Jacket, banda galega de Rhythm & Blues, Rock & Roll y Southern Soul.
LA PANADERA TEATRO PRINCIPAL 21 DE ABRIL ÁS 20:30 H | PREZO: 14€
AUDITORIO DE GALICIA Castelvines e Monteses é unha festa do teatro. É pór o verso de Lope, a historia de Bandello, o xogo da versión de Rojas Zorrilla, o voo de Shakespeare e a acidez de Quevedo ao servizo dun espectáculo cheo de humor, xogo, música, maxia, clown e baile. Un espectáculo case de circo, para toda a familia, que nos reconcilia co teatro do século de ouro.
invocan a fantasía do tesouro oculto na Ría de Vigo para saír á superficie. Fantasía e coraxe hai na nova música de Os Resentidos que cumpren este ano 40 anos da súa fundación (1982) e seguen simbólicamente pelexando polo tesouro do rock en galego.
CONCERTO DE OS RESENTIDOS DESDÉMONA
SALA CAPITOL
AUDITORIO DE GALICIA 9 DE ABRIL ÁS 20:30 H | PREZO: 10€
10 DE ABRIL ÁS 20:00 H | PREZO: DESDE 10€
Todos e todas ouvimos falar sobre o Othello de Shakespeare pero, de que trata realmente
‘Organización Nautilus’, así se chama o último álbum de Os Resentidos onde
La Panadera conta a historia de Concha, unha muller de corenta anos, encargada dunha panadaría, casada, con dous fillos. Unha muller cunha vida tranquila e feliz que un día esperta coa noticia de que polas redes sociais corre un vídeo íntimo seu mantendo relacións sexuais cunha parella que tivo hai 15 anos. O vídeo sae agora á luz e esténdese de maneira incontrolada porque ese home fíxose famoso en Italia grazas a un reality televisivo.
Axenda suxeita a posibles modificacións. Consulta novidades en revistapincha.gal/axenda-gastrocultural
| 26 | Pincha |
28
must
Abril trae nova estrea ao Salón Teatro con ‘ÁS OITO DA TARDE, CANDO MORREN AS NAIS’ O Centro Dramático Galego leva a escena o texto de AveLina Pérez con dirección e dramaturxia de Marta Pazos
O
Centro Dramático Galego, unidade de produción teatral da Xunta, ofrece unha nova proposta de lecer teatral para a Semana Santa coa estrea no Salón Teatro da súa produción 'Ás oito da tarde, cando morren as nais'. A montaxe, que permanecerá en cartel ata o 1 de maio, leva a escena o texto de AveLina Pérez (galardoado co Premio Álvaro Cunqueiro en 2018) da man de Marta Pazos, responsable da dirección e da dramaturxia. Cun elenco composto por Camila Bossa, Sabela Domínguez, Xosé Manuel Esperante, Davide González, María Llanderas, Alba Loureiro e Toni Salgado, o espectáculo ofrece un canto coral sustentado no baleiro, un xogo irónico sobre a relación entre o teatro e a súa recepción que sitúa “o binomio artista-público como protagonista absoluto”, en palabras da súa directora. A parte artística confórmana Rut Balbís, como responsable do movemento, Hugo Torres, do espazo sonoro, Nuno Meira, da iluminación e Blanca Añón, da escenografía. Completan o equipo Pier Paolo Álvaro e Esther Quintas, quen asumen o vestiario e a caracterización, respectivamente. Nas asistencias figuran Iria Azevedo, na de dirección, Pablo Chaves Maza, na de escenografía, Roger Portal Cervera, na de vestiario, e Xandre Vázquez, na de produción.
'Ás oito da tarde, cando morren as nais' poderase ver ao longo de tres semanas, con funcións diarias de mércores a domingo. O horario de xoves a sábado é ás 20,00 horas e o do domingo ás 18,00. As sesións dos mércores, tamén ás 18,00, son descontraídas, é dicir, en condicións especiais de luz e son para que poidan gozar do espectáculo persoas con dificultades para permanecer sentadas moito tempo ou con pouca tolerancia ao ruído e á escuridade. Ademais, a partir da segunda semana, todas as representacións desta obra serán inclusivas e disporase nelas de interpretación de signos, audiodescrición e subtitulado para o público con discapacidade auditiva ou visual. ONDE? Salón Teatro CANDO? Do 14 de abril ao 1 de maio Haberá sesións ás 18:00 horas os mércores e domingos e ás 20:00 horas de xoves a sábado. ENTRADAS 10 €, con descontos do 40% para diversos colectivos, así como os mércores na sesión descontraída e os domingos, Día do espectador. Á venda en ataquilla.com ou no despacho de billetes dúas horas antes de cada representación. Pincha | N 28
| 27 |
axenda implicacións sociais diso? Os performers enfróntanse ao reto de empatizar en escena cun corpo ausente vivo e un corpo inerte presenta (a pantalla),.
EL HIJO TEATRO PRINCIPAL
TALARÉ A LOS HOMBRES SOBRE LA FAZ DE LA TIERRA
28 DE ABRIL ÁS 20:30 H | PREZO: 10€
TEATRO PRINCIPAL 22 DE ABRIL ÁS 20:30 H | PREZO: 14€ Unha preadolescente afástase da súa familia nunha churrascada para ler baixo unha árbore. Con este acto, dá comezo un rito de paso, e o viacrucis dunha muller da xeración Y, como filla menor, doutoranda e traballadora sexual. ‘Talaré a los hombres sobre la faz de la tierra’ pon en relación a violencia emocional e sexual coa violencia sobre o medio ambiente.
MERCEDES PEÓN: OSMOSE
Espectáculo de danza. Un home na natureza, a súa chegada, a maxia do nacer, o desenvolvemento ligado ao primario e a cultura e, desde aí, ao que o conforma e o seu camiño. É a través da poética da imaxe e do son, que Daniel Abreu presenta a un descendente, e que sen estar presentes fala de proxenitores, lugares e, sobre todo, do máxico.
AUDITORIO DE GALICIA 23 DE ABRIL ÁS 20:30 H | PREZO: 14€ Mercedes Peón, preséntanos un espazo de relación entre o imaxinario de creación colectiva con imaxinarios atravesados polo capital. Relación entre elementos, sistema que filtra corpos incorporados á produción. Corpos sen xénero distribuídos no binarismo de poder e subalternidade.
DIRECTO DE ORTIGA SALA CAPITOL 6 DE MAIO ÁS 21:00 H | PREZO: DESDE 16€
O RARO É QUE BAILAR SEXA RARO
Prepárate para a pista de baile tropical: ORTIGA convídate a gozar do seu último álbum ‘Sabes el camino que elegí’ en directo desde a Sala Capitol.
TEATRO PRINCIPAL 29 DE ABRIL ÁS 20:30 H | PREZO: 10€ Dirixida por Gena Baamonde e Andrea Quintana, Andrea Quintana intepreta un espectáculo no que predomina un corpo en rebelión, atravesado, sublevado, a bailarina non normativa, a bailarina faquir, a taumaturga, a subalterna.
HOY PUEDE SER MI GRAN NOCHE TEATRO PRINCIPAL 23 DE ABRIL ÁS 20:30 H | PREZO: 14€ Un relato desgarrador onde Teatro en Vilo volve despregar toda a elocuencia da súa poética teatral, a irreverencia, a tenrura e o humor para achegarnos á batalla dunha muller que se pelexa entre o extraordinario e o ordinario, a fazaña e a derrota, o deber ser e a felicidade verdadeira.
FRAN MARISCAL E FERRAN EXCESO, AO VIVO
FEIRA DO LIBRO
SALA SÓNAR
PARQUE DA ALAMEDA
23 DE ABRIL ÁS 22:00 H | PREZO: DESDE 15€ Os dous artistas fusionan os seus proxectos no escenario, compartindo en acústico cancións de ambos e da banda de Ferrán, Exceso, nesta xira conxunta que chaman ‘Pureza Tour’.
DO 7 AO 15 DE MAIO
MOCAP TEATRO PRINCIPAL 30 DE ABRIL ÁS 20:30 H | PREZO: 10€ MOCAP é unha peza que se pregunta se é posible substituír o corpo de alguén por un dispositivo tecnolóxico. Cales serían as
Feira anual na que se expoñen e comercializan libros de diferentes editoriais, librerías e organizacións, tanto galegas coma do resto de España. Tamén hai unha serie de actividades complementarias: firma de libros por parte de autores coñecidos, sorteos, campañas de promoción da lectura, visitas guiadas, etc.
Axenda suxeita a posibles modificacións. Consulta novidades en revistapincha.gal/axenda-gastrocultural | 28 | Pincha |
28
3|
Consulta o programa completo proximamente en revistapincha.gal
todo tipo de públicos e para gozar da danza contemporánea en todo o seu esplendor. 1.- ‘Escravos felices’, de Martin Harriague. 2.-’Thirty’, de Sade Mamedova. 3.- Walls, de Martin Harriague.
GOLFA TEATRO PRINCIPAL 19 DE MAIO ÁS 20:30 H | PREZO: 14€ Unha mañá aparece fronte á porta dun instituto unha pintada que di ‘GOLFA’, un insulto anónimo que destapa a historia que o precede.
CONCERTO DE CEPEDA SALA CAPITOL
TRE BURT, AO VIVO
8 DE MAIO ÁS 21:00 H | PREZO: DESDE 25€
SALA RIQUELA
En pleno proceso de creación de novos temas, Cepeda atópase no seu mellor momento como artista e compositor. Tras dous álbums, ‘Principios’ e ‘Con Los Pies En El Suelo’, o galego visita Santiago dentro da xira de presentación do seu novo disco ‘Sempiterno’.
14 DE MAIO ÁS 21:00 H | PREZO: 15€ (12€ ANTICIPADA)
Amanda e Fran foron parella hai uns meses, adolescentes cuxa experiencia é a de tantos, unha relación que se viu truncada. Este feito non tería relevancia algunha se inmediatamente despois desta ruptura Amanda non sufrise un terrible acoso virtual que leva aos seus pais a denunciar a posible autoría de Fran.
Tre Burt é un cantautor establecido en Sacramento, California, de pluma literaria, estética de raíces e formulación lo-fi. Adquiriu o seu detallado ollo poético e a súa precisión narrativa de melodías atemporais percorrendo o mundo coa súa guitarra, e tocando nas rúas de San Francisco. Chega a Santiago con ‘ You, Yeah, You’, doce novas cancións infestadas de personaxes ficticios; heroes, viláns, aqueles necesitados de redención ou na procura da salvación.
CONCERTO DE HENS
AUDITORIO DE GALICIA 14 DE MAIO ÁS 20:30 H | PREZO: 14€
BAT AUDITORIO DE GALICIA 13 DE MAIO ÁS 20:30 H | PREZO: 10€ Un programa de tres coreografías, que compoñen un espectáculo de danza para
‘Decadencia’ é unha obra cáustica,
provocadora, que persegue ao público, acurrálao e, a miúdo, obrígalle a rir por non chorar. Maru Valdivielso e Pedro Casablanc protagonizan esta obra da compañía Traspasos.
26 DE MAIO ÁS 20:30 H | PREZO: 14€ Blanca Portillo protagoniza esta obra na que, vestido cun traxe de etiqueta dentro do que non acaba de sentirse cómodo, cumprindo co preceptivo protocolo, o dramaturgo, ou seica unha actriz amiga a quen pediu que o represente no solemne acto, vai ingresar na Academia pronunciando un discurso titulado Silencio.
20 DE MAIO ÁS 20:30 H | PREZO: 10€ ‘DeMente’ é unha obra de baile e música tradicional galega, cun elenco artístico de 8 bailadores/as en gran formato. As escenas desenvólvense ao son da música do compositor e músico multidisciplinar Cristian Silva Bóveda.
12 DE MAIO ÁS 21:00 H | PREZO: 19,80€
DECADENCIA
AUDITORIO DE GALICIA
DEMENTE TEATRO PRINCIPAL
SALA MALATESTA Hens é un dos artistas emerxentes máis importantes da música urbana. Con tan só 22 anos triunfa en todas as plataformas co seu estilo a medio camiño entre o pop, o rock e o hip- hop. O seu concerto enmárcase dentro dos ‘Directos Vibra Mahou’.
SILENCIO
FESTA DO BANQUETE DE CONXO
Se programas algún evento gastronómico ou cultural en Santiago ou comarca que quixeras que apareza na nosa axenda, escribe a:
redaccion@revistapincha.gal
BOSQUE DO BANQUETE DE CONXO 21 DE MAIO | Despois de dous anos sen poder celebrarse debido á pandemia, retómase o intenso programa cultural e reivindicativo da Festa do Banquete de Conxo e que repetirá, entre outras actividades, o gran xantar popular no que a cabra é a protagonista.
|4 Pincha | N 28
| 29 |
...máis aló de Compostela LALÍN Feira de Cocido de Lalín O próximo 24 de abril celebrarase a 54 edición da Feira do Cocido, declarada no 2020 festa de interese internacional. Este ano o evento conta cunha programación que volve superar o máis de medio cento de actividades programadas ao seu amparo durante as semanas previas e posteriores ao día grande. Ademais, este ano porase en marcha o proxecto ‘Os cocidos do Camiño’, que prevé organizar nesta localidade pontevedresa varias actividades ao longo do ano, tanto iniciativas de carácter cultural como de exaltación culinaria. Entre elas, destacan a celebración esta primavera dun festival gastronómico e este outono do I Foro Gastronómico do Camiño, que pretende converter a Lalín no quilómetro cero da gastronomía tradicional.
Festival Gastronómico
Presentación do proxecto ‘Os cocidos do Camiño’ no Concello de Lalín.
O Campo da Feira de Lalín albergará do 13 ao 15 de maio o Festival Gastronómico de ‘Os cocidos do Camiño’. Incluirá un formato de mercado para todos os públicos onde se poderán degustar diferentes posibilidades gastronómicas elaboradas de xeito simultánea por cociñeiros de renome. Ademais, poderase gozar de diferentes actuacións musicais, que levan con orgullo a nosa lingua, cultura e tradición fóra da nosa terra, como é o caso de Tanxugueiras ou Baiuca. Ademais, coincidido coa festividade das Letras Galegas, e como clausura do festival, haberá un acto no que se ligará a oralidade e a gastronomía á literatura galega. Unha acción que porá en valor a rica tradición gastronómica galega empregando a gastronomía como un espazo de difusión cultural. Un evento no que se mesturará gastronomía con literatura e no que se contará con personalidades vinculadas á literatura galega.
| 30 | Pincha |
28
AMES
TEATRO EN AMES BAILAR AGORA
GOLFA
CASA DA CULTURA DO MILLADOIRO 22 de abril ás 20:30 horas
CASA DA CULTURA DE BERTAMIRÁNS 8 de abril ás 20:30 horas
PREZO: Desde 2,5€ a 5€
PREZO: Desde 2,5€ a 5€
Bailar agora é unha especie de imperativo cara a unha posición no presente, social e persoal, a través da danza. Un impulso por situarnos no tempo actual das cousas, con plena consciencia sobre o que estamos a facer e sobre como estamos a vivir o aquí e o agora.
Comedia transmedia para maiores de 12 anos, que a través do humor nos fala sobre a sexualidade fomentando o diálogo interxeracional, que une a linguaxe teatral e audiovisual.
REINO DA EXTINCIÓN
CASA DA CULTURA DE BERTAMIRÁNS 6 de maio ás 20:30 horas PREZO: Desde 2,5€ a 5€ Comedia hilarante que conta a historia de catro persoas de diferentes épocas da historia galega que, forzadas a convivir nun alén moi distinto do que imaxinaban, poñen a proba a nosa idea do que significa ser galegos, vivir en Galicia e falar a nosa lingua.
PADRÓN Padrón recupera as Festas de Pascua Padrón recupera as Festas de Pascua tras dous anos de parón obrigado pola pandemia cun programa que se desenvolverá ao longo de case todo o mes de abril e dirixido a todo tipo de públicos. O pregón correrá a cargo do actor Luis Zahera.
As Tanxugueiras actuarán o 17 de abril na Pascua de Padrón.
As Tanxugueiras, que actuarán o domingo 17 de abril no que será un dos primeiros concertos de presentación do seu álbum Midas; o arranque da xira da orquestra Panorama, o martes 19 de abril; e un tributo a Queen, o venres de 22, son algúns dos espectáculos dos que poderán gozar gratuitamente todas as persoas que se acheguen a Padrón. As festas, que se desenvolverán do 2 ao 24 de abril, comezarán coa Andaina Bisbarra do Sar. O deporte estará presente tamén con campionatos de xadrez, tenis, fútbol ou chave. Ademais o sábado 16 de abril disputarase a 41ª edición da Carreira Popular e o sábado 23 chegará a súa 58ª edición a Clásica de Pascua de ciclismo. A gran velada de boxeo levarase a cabo o venres 15 de abril. A feira cabalar, presente xa no inicio das Festas de Pascua hai máis de tres séculos, tamén volverá ao Campo da Barca o domingo 17 de abril, o mesmo día no que se poderá asistir á feira de maquinaría agrícola e ao espectáculo taurino, que fuxe do maltrato animal para centrarse nunha exhibición de recortes, quebros e saltos. Dentro das tradicións, non faltarán tampouco os pasarrúas cos xigantes e cabezudos, nin os espectáculos de fogos artificiais.
Pincha | N 28
| 31 |
guía de ocio e compras
Tamén take away Rúa de San Paio de Antealtares, 16 Santiago de Compostela Me e X de 10:00 a 00:00 Ve e S de 10:00 a 2:30 D de 10:00 a 22:00 T. 669 852 768 acarrilana.com
Rúa de San Clemente, 2 Santiago de Compostela
Rúa de San Pedro, 120 Santiago de Compostela
T. 981 556 179 alareirasantiago.es FB e IG @alareira_santiago
De 13:00 a 15:45 e de 19:30 a 23:00 Pechado L e noites de D e Ma T. 981 589 600 - amaceta.com
COMIDA PARA RECOLLER Avda. Benito Vigo, 70 - A Estrada De 13:00 a 17:00 e de 20:00 a 00:00 Luns e martes pechado T. 981 571 226 - argentinosburguer.com
COMO NA TÚA CASA Rúa San Lázaro, 104 Santiago de Compostela T. 981 566 607 - labodeguilla.gal
PEDIDOS NA WEB E POR TELÉFONO
Avenida de Ferrol, 9 Santiago de Compostela L a S de 13:30 a 15:30 e de 19:30 a 23:30 artesanagastrobar.com
Cafetería - Restaurante - Pastelería Vexetariano - opcións veganas e Sen Glute Rúa de San Pedro, 118 Santiago de Compostela T. 981 073 386 instagram.com/clem_cafe
Rúa Nova, 39 - Rúa das Orfas, 10 Santiago de Compostela
T.981 583 981 - latitacompostela.com info@latitacompostela.com FB e IG @latitacompostela
T.981 583 981 - latitacompostela.com info@latitacompostela.com FB e IG @latitacompostela
28
De 13:30 a 17:00 e de 21:00 a 00:30 Pechado Ma e Me T. 640 746 140 - beneditaelisa.com instagram.com/benedita_elisa
Alejandro Pérez Lugín, 11 Santiago de Compostela De Me a S de 12:00 a 16:30 e 19:30 a 23:30 - D de 12:00 a 16:30
T. 881 944 686 -
@flamingocompostela
Pedidos na web e por teléfono
Rúa Nova, 46 Santiago de Compostela
| 32 | Pincha |
Praza do Matadoiro, 1 Santiago de Compostela
Luns a Venres de 9:00 a 17:00 Sábados de 12:00 a 18:00 e tamén
nas actuacións dende unha hora antes
T. 981 573 807 cafeterialasso.gal facebook.com/cafeterialasso
mamá peixe taberna mariñeira
Rúa da Algalia de Arriba 45 Santiago de Compostela De 13:30 a 15:45 e de 20:30 a 22:45 Me e D só mediodía. Luns pechado
– EST 2005 –
milongasparrillada.com FB e IG @milongasparrillada
Rúa de San Pedro, 16 Santiago de Compostela De L a S de 13:30 a 16:00 e de 20:30 a 23:30 T. 981 577 633 - dezaseis.com
T. 981 070 526 - mamapeixe.webnode.es
J.A.Brenlla R E S TA U R A N T E O F E R RO
Rúa de Sempre en Galiza, 1 Santiago de Compostela De 10:00 a 23:45 - Sábados pechado T. 981 592 399 restauranteferro@gmail.com restauranteferro.com
A ALMA DE GALICIA
Rúa das Casas Reais, 21 Santiago de Compostela T. 981 115 092 reservas@grupoorixe.com orixegastronomiagalega.com
SERVIZO A DOMICILIO E PARA LEVAR
RESERVAS NA WEB EN TEMPO REAL
Rosalía de Castro, 23 Santiago de Compostela
Rúa Olvido, 22 Santiago de Compostela
T. 981 590 538 oreidobocadillo.com
981 587 196 info@osendeiro.com osendeiro.com
Vía Galileo s/n [Pol. do Tambre] Santiago de Compostela L a V: 06:00 a 22:00 S: 06:00 a 14:00 - D: 08:30 a 14:00 T. 981 561 933 cafeteriapoligono@gmail.com
Rúa Nova de Abaixo, 36 Santiago de Compostela T. 981 591 947 raicesgalegas.gal
Rúa da Raíña, 4 - Santiago Preguntoiro, 35 Santiago de Compostela riquela.com
De 11:00 a 15:30 e de 19:15 a 23:00 T. 981 572 257 restaurantesanjaime.com info@restaurantesanjaime.com
Rúa de Cardeal Payá, 18 - Mazarelos Santiago de Compostela
T. 981 582 301
instagram.com/restaurante_san_jaime
> Consulta novidades nas páxinas webs e redes sociais de cada local, así como na Guía de Ocio e Compras de revistapincha.gal
Pincha | N 28
| 33 |
Asesoría Laboral, Fiscal, Jurídica y Contable Javier Alvarellos Mª del Mar Rodríguez - Pablo Vizoso t. 981 570 393 – 608 883 589
Receitas caseiras preparadas para comer ou levar
Mercado de Abastos, Nave 1, C 61/62 Santiago de Compostela
Rúa Bautizados, 10 Santiago de Compostela
T. 881 123 085 - 629025592 cocinamaria.es
galipapas.com instagram.com/galipapas_
Rúa Travesa 7 Santiago de Compostela
T. 981 571 469 liladelilith@gmail.com
L a V de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:30 S de 10:30 a 14:00
Área Central, local 25K1 1ª planta Santiago de Compostela
T. 981 587 090 - IG. @maria_solla L a V de 10:00 a 18:00 S de 9:30 a 15:00. Ma pechado
Avda. Raxoi, 19 - Baixo Santiago de Compostela
LIBRARÍA LOWCOST Re-compramos e Re-vendemos libros
NOVO SERVIZO ONLINE pandamoa.com/tenda
Rúa das Rodas, 13 Santiago de Compostela
Rúa do Cubelo, 27 Santiago de Compostela
oscatrogatos.com
T. 981 552 352
Santiago de Chile, 2 Santiago de Compostela T. 881 998 420 facebook.com/rereadsantiago instagram.com/rereadsantiago twitter.com/RereadSantiago1
Revista de Gastronomía & Cultura
Rúa Mazarelos, 4-5 Santiago de Compostela T. 682 410 689 - info@seispes.com www.seispes.com
| 34 | Pincha |
28
T. 696 484 123 sonarcompostela.com
Únete a nós!!! Revista de Gastronomía & Cultura publicidade@revistapincha.gal
Unha volta polo I Encontro do Viño Galego Revera Vinum O evento celebrará unha segunda edición no 2023 polo éxito de convocatoria
O
I Encontro do Viño Galego Revera Vinum despediuse despois de tres xornadas de actividades relacionadas cos viños con DO e IXP galegas. Un total de 4.821 persoas pasaron polo Hotel Monumento San Francisco para visitar a zona expositiva e participar nas catas, talleres e mesas redondas que se organizaron do 22 ao 24 de marzo, coa participación de sumilleres e viticultores de gran renome como Rafael Palacios ou Eva Pizarro. Tal foi o éxito de convocatoria que o presidente da Asociación Hostalaría Compostela, Thor Rodriguez, anunciou xa a segunda edición para as mesmas datas do 2023. Este primeiro Revera Vinum, promovido pola Asociación Hostalaría Compostela e organizado por Escenoset, puido celebrarse grazas ao apoio da Xunta de Galicia, da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) e do Concello de Santiago. Tamén patrocinaron o evento Ponte da Boga e Cervezas 1906, así como Gadis, e contouse coa colaboración de Viaqua, Grupo Roig, Cotelga, Novas & Mar, Galicia Calidade, Ternera Gallega, o Concello de O Pino, o CIFP Compostela, o CPR O Raio Verde, Artesanía de Galicia, AllWork, eBullicionar e Renfe, como transporte oficial.