1 minute read

ultramarinos | Encontro do Viño Galego Revera Vinum

Unha volta polo I Encontro do Viño Galego Revera Vinum

O evento celebrará unha segunda edición no 2023 polo éxito de convocatoria

Advertisement

OI Encontro do Viño Galego Revera Vinum despediuse despois de tres xornadas de actividades relacionadas cos viños con DO e IXP galegas. Un total de 4.821 persoas pasaron polo Hotel Monumento San Francisco para visitar a zona expositiva e participar nas catas, talleres e mesas redondas que se organizaron do 22 ao 24 de marzo, coa participación de sumilleres e viticultores de gran renome como Rafael Palacios ou Eva Pizarro.

Tal foi o éxito de convocatoria que o presidente da Asociación Hostalaría Compostela, Thor Rodriguez, anunciou xa a segunda edición para as mesmas datas do 2023.

Este primeiro Revera Vinum, promovido pola Asociación Hostalaría Compostela e organizado por Escenoset, puido celebrarse grazas ao apoio da Xunta de Galicia, da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) e do Concello de Santiago. Tamén patrocinaron o evento Ponte da Boga e Cervezas 1906, así como Gadis, e contouse coa colaboración de Viaqua, Grupo Roig, Cotelga, Novas & Mar, Galicia Calidade, Ternera Gallega, o Concello de O Pino, o CIFP Compostela, o CPR O Raio Verde, Artesanía de Galicia, AllWork, eBullicionar e Renfe, como transporte oficial.

This article is from: