Unha volta polo I Encontro do Viño Galego Revera Vinum O evento celebrará unha segunda edición no 2023 polo éxito de convocatoria
O
I Encontro do Viño Galego Revera Vinum despediuse despois de tres xornadas de actividades relacionadas cos viños con DO e IXP galegas. Un total de 4.821 persoas pasaron polo Hotel Monumento San Francisco para visitar a zona expositiva e participar nas catas, talleres e mesas redondas que se organizaron do 22 ao 24 de marzo, coa participación de sumilleres e viticultores de gran renome como Rafael Palacios ou Eva Pizarro. Tal foi o éxito de convocatoria que o presidente da Asociación Hostalaría Compostela, Thor Rodriguez, anunciou xa a segunda edición para as mesmas datas do 2023. Este primeiro Revera Vinum, promovido pola Asociación Hostalaría Compostela e organizado por Escenoset, puido celebrarse grazas ao apoio da Xunta de Galicia, da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) e do Concello de Santiago. Tamén patrocinaron o evento Ponte da Boga e Cervezas 1906, así como Gadis, e contouse coa colaboración de Viaqua, Grupo Roig, Cotelga, Novas & Mar, Galicia Calidade, Ternera Gallega, o Concello de O Pino, o CIFP Compostela, o CPR O Raio Verde, Artesanía de Galicia, AllWork, eBullicionar e Renfe, como transporte oficial.