...máis aló de Compostela LALÍN Feira de Cocido de Lalín O próximo 24 de abril celebrarase a 54 edición da Feira do Cocido, declarada no 2020 festa de interese internacional. Este ano o evento conta cunha programación que volve superar o máis de medio cento de actividades programadas ao seu amparo durante as semanas previas e posteriores ao día grande. Ademais, este ano porase en marcha o proxecto ‘Os cocidos do Camiño’, que prevé organizar nesta localidade pontevedresa varias actividades ao longo do ano, tanto iniciativas de carácter cultural como de exaltación culinaria. Entre elas, destacan a celebración esta primavera dun festival gastronómico e este outono do I Foro Gastronómico do Camiño, que pretende converter a Lalín no quilómetro cero da gastronomía tradicional.
Festival Gastronómico
Presentación do proxecto ‘Os cocidos do Camiño’ no Concello de Lalín.
O Campo da Feira de Lalín albergará do 13 ao 15 de maio o Festival Gastronómico de ‘Os cocidos do Camiño’. Incluirá un formato de mercado para todos os públicos onde se poderán degustar diferentes posibilidades gastronómicas elaboradas de xeito simultánea por cociñeiros de renome. Ademais, poderase gozar de diferentes actuacións musicais, que levan con orgullo a nosa lingua, cultura e tradición fóra da nosa terra, como é o caso de Tanxugueiras ou Baiuca. Ademais, coincidido coa festividade das Letras Galegas, e como clausura do festival, haberá un acto no que se ligará a oralidade e a gastronomía á literatura galega. Unha acción que porá en valor a rica tradición gastronómica galega empregando a gastronomía como un espazo de difusión cultural. Un evento no que se mesturará gastronomía con literatura e no que se contará con personalidades vinculadas á literatura galega.
| 30 | Pincha |
28