4 minute read

666rpm | Que Vida

As burbullas máis canallas!

Espindo a champaña rosada de La Sociedad

Advertisement

Espimos unha botella. Fai calor… Reloce ese rosa pálido e soa un pop! De repente: Brota un chorro de burbullas axitadas, mollando mesa, cadeira, un móbil e a roupa. Rimos a gargalladas! Berro de emoción. Enchemos as copas… E a festa está servida. A compañía é magnífica, o momento inmellorable! Iso é La Sociedad. Momentos excepcionais, sublimados con champaña rosada! Nada estaba preparado. Eran as 12 da mañá. Ninguén chegou en poni, non vestíamos veludo... Non había lámpadas chispeando. Nin garabatas. Catro canallas, moi canallas. Chancletas, unha mochila, unha gravadora... Dous bolis sen tinta. O rebelde e as atrevidas. Desas persoas que se arrancan coa champaña un xoves! Pódovos contar que a champaña rosada La Société ten un 94 % da variedade chardonnay e un 6% pinot noir. Podo confirmar que é delicioso o líquido vertido nesa botella transparente, engalanada cun lazo negro, vestida cun prego de papel atado, no que rezan frases célebres de escritores, artistas ou pensadores! Poido escribir que procede dunha rexión francesa del Côte des Blancs. María pode detallar que é un cuvée especial que teñen en exclusiva en La Sociedad, que “destaca a súa cor provenzal, cun puntiño de froita vermella. Un rosado serio. Un millesimé de 2016. Vertical, con moito nervio, moi fresco e vibrante. Combina a elegancia da champaña coa sofisticación do rosado, sen esa extroversión que pode resultar doce de máis. É pura delicadeza! Sen engadidos, brut natur, completamente seco”.

Jéssica Pintor

Por

Pero é case imposible que entendades o significado da situación burbulleante vivida e bebida: Se non o experimentades! Parade de ler. Sorbede. Gozade...

Emprendedoras

María e Sabela ou Sabela e María, para que non pensedes que teño unha favorita, son dúas picheleiras emprendedoras. Dúas mulleres que logo dunha longa carreira profesional e de éxitos no ámbito laboral e persoal, deciden facer introspección e reinventarse. Agora é cando comezan a divertirse: traballando nun novo proxecto. Son amigas dende hai moitos anos, sempre tiveron a ilusión de montar un proxecto xuntas. Porque son moi de xuntarse con amigos e familia, organizar e gozar plenamente! “Sentimos a necesidade de cambiar o día a día”. “Escapábasenos a vida”. Intercálanse mentres falan! “De repente dáste de conta que hai que espremer ao máximo o día a día”. “Tiñamos moito estrés. Íamos correndo. Moitas veces sen saber cara onde… Perdéndonos un montón de cousas”. “Deixando pasar o máis bonito e máxico deses momentos coa familia, con amigos… Deses paquetes de felicidade que é o que queremos crear en La Sociedad”. A conversa é como un diario de vida e de experiencias. Unha reflexión nun momento excepcional da vida destas dúas mozas. Porque como as uvas: maduran! Están no seu punto e brillan! Pero sen fliparse, eh! Que xa vos dixen que levan chancletas! Falar de innovar no sector agroalimentario, de presentar novos produtos, de probar, de emprender, é sinónimo de gozar, sen dúbida. Pero a compoñente espiritual dunha marca é unha medalla engadida. “A champaña ten un poder social bestial. Cando pos unha botella de viño nunha mesa, a xuntanza medra. Pero se pos unha de champaña a situación convértese en excepcional!”, María fala entre murmurios, alongando

as palabras, cortándoas, suspirando, entre chistes, con curiosidade, para e interrompe a Iván que fai fotos, Sabela está inquieta, trae outra botella, ri, anda no pelo, recolle a molladura, sóalle o teléfono... Ambas as dúas empresarias son en parte poesía desa da rúa, auténtica! Teñen un brillo rosado na mirada... (Chisco, chisco!) Realmente transmiten que están nun momento burbulleante nas súas vidas. “Parábamos moi pouco… E xuntarnos, a través dunha botella de champaña, era o que víamos que facía todo máis especial. Todo se sublima! E ese é un concepto que nos define ás dúas: Celebrar cada momento como especial e único”. Sabela asevera a frase con firmeza, parece unha confesión rotunda. “Os poucos momentos que te paras a valorar, adquiren máis importancia”.

Detalles singulares

Consome todo o mundo “A champaña ten un champaña? “Non, pero iso poder social bestial. esperamos. Que cada día máis!” Rimos. Aínda que Cando pos unha botella Sabela engade que cada vez de viño nunha mesa, a máis xente en España se decanta por esta bebida, que xuntanza medra. Pero se a consumidora muller suma pos unha de champaña e aumenta e que o público máis novo estase apuntando o a situación convértese carro. Que “o consumo estase en excepcional!” estendendo para o aperitivo, para comer ou para despois! Faise máis frecuente, non só no Nadal ou un aniversario”. Tamén cre que “se está rompendo aquel mito que só relacionaba a champaña co luxo, con algo serio”… Elas xa se desmarcan deste concepto. “Para facelo máis apetecible, máis fácil, máis lixeiro, lonxe daquela estética predefinida”. Como o fan? O envoltorio de La Société leva un código QR asociado a unha lista musical, para gozar cos 5 sentidos. A lectura das palabras no papel que protexe a champaña e as indicacións de mantelo cuberto en frío e despois denudalo e descubrilo na mesa, diante de todos! Convídanche a romper con todo estereotipo, como rompen as burbullas. De aí que busquen un ton macarra

This article is from: