5 minute read

máis aló de Compostela

Corazón da Artesanía. IX Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia

‘Corazón da Artesanía. IX Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia’ celebrarase os días 8, 9 e 10 de xullo no conxunto histórico-artístico dos Pendellos. O encontro, que chega á súa novena edición, busca configurarse como un gran escaparate de promoción e de posta en valor dos oficios tradicionais galegos.

Advertisement

Durante tres días, o Corazón da Artesanía xuntará tradición e vangarda nun encontro único no que se contará con demostracións de artesanía en vivo, showcookings e venda de produtos gastronómicos, cursos especializados para artesáns e obradoiros abertos para todos os públicos, animado con música en directo e actividades para nenos.

Na edición deste ano está prevista a participación como expositores de máis de 35 obradoiros da marca Artesanía de Galicia, e que representan diferentes oficios como a olería, a madeira, a pedra, o téxtil, o coiro, os coitelos, a elaboración de zocos e de zapatos, os xoguetes, a cestería, os labores de palla, elaboración de papel artesanal, a redeiras, a xoiería e a ourivería, as colareiras, a elaboración de instrumentos musicais ou a cerámica.

O programa incorpora a iniciativa Artesanía no Prato, un proxecto que ten por obxectivo de establecer sinerxías entre artesanía, gastronomía e deseño. Así, xa está confirmada a participación dos chefs Lucía Freitas (A Tafona e Lume, Santiago), Héctor López (Restaurante España, Lugo) e Javier Rodríguez Ponte “Taky” (Catering Boketé, A Coruña).

Presentación do Encontro Corazón de Artesanía.

AMES Programa Apego

O Concello de Ames está a organizar varias actividades dentro do seu programa de Apego. A Casa da Cultura do Milladoiro acollerá o venres 3 de xuño ás 18:00 h ‘Lixo’, un espectáculo para crianzas a partir de 2 anos da compañía O Baúl da Tía Lola. Nel dúas bailadeiras mergulladas nun mar de lixo descubrirannos xogos e mundos extraordinarios nos que se crea cultura a partir da varredura. As inscricións para esta actividade de balde do programa Apego poderán realizarse ata o 2 de xuño enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal O venres 10 de xuño realizarase unha saída pola súa Ruta do Apego, situada nun tramo entre os lugares de Lens e Oca. Na xornada realizarase un percorrido guiado, así como varias actividades ambientais para estimular o coñecemento e o amor polo noso patrimonio ambiental, cultural e lingüístico. Será das 16:30 ás 19:30 horas, con saída en autobús dende o Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. As inscricións para esta actividade de balde poderán realizarse do 2 ao 9 de xuño, enviando un correo a normalizacion@ concellodeames.gal. O sábado 18 de xuño celebrarase a terceira edición da Festa do Apego, unha xornada chea de actividades e recursos para gozar en familia e para favorecer a socialización e a crianza en galego. Será no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns.

Visitas guiadas ‘Chronicón Iriense’

Cando? Día 4 de xuño ás 17.00 horas e días 11, 18 e 25 de xuño ás 12.00 horas. INSCRICIÓNS: PADRONTURISMO.GAL/INSCRICIONS

O actor e guía Suso Martí nez interpretará ao bispo Sisnando Menendiz, o cal nos levará ao Padrón e a Iria Flavia da Idade Media e á importancia de Padrón no mundo Xacobeo.

As Tanxugueiras actuarán o 17 de abril na Pascua de Padrón.

Festival Asnot

Cando? 29, 30 e 31 de xullo

Parodia das carreiras de cabalos inglesas que converten Padrón nun escenario de sorrisos e glamour. Para esta ocasión especial, as persoas asistentes preparan unha indumentaria moi ao esti lo británico onde non faltan as pamelas e sombreiros ornamentados e esaxerados. Música, obradoiros e outras acti vidades dirixidas a público de todas as idades amenizan esta orixinal xornada.

PADRÓN

Hoxe vinte alborexar, saír Padrón recupera as Festas de Pascua da cova da noite coa ferruxe Padrón recupera as Festas de Pascua tras dous anos de parón obrigado pola pandemia cun programa que se na face. Coma un lóstrego desenvolverá ao longo de case todo o mes de abril e dirixido a todo ti po de públicos. O pregón correrá a cargo do actor esnaquizando o ceo. Medo Luis Zahera. abafante mirándome As Tanxugueiras, que actuarán o domingo 17 de abril no que será un dos primeiros concertos de presentación do seu aos ollos, sedento de sal álbum Midas; o arranque da xira da orquestra Panorama, e fedendo a xofre. Un o martes 19 de abril; e un tributo a Queen, o venres de 22, son algúns dos espectáculos dos que poderán gozar arreguizo percorrendo gratuitamente todas as persoas que se acheguen a Padrón. as cicatrices. A rexa non é As festas, que se desenvolverán do 2 ao 24 de abril, comezarán coa Andaina Bisbarra do Sar. O deporte estará descanso e o abismo asoma presente tamén con campionatos de xadrez, tenis, fútbol ou chave. Ademais o sábado 16 de abril disputarase a 41ª debaixo dos pés. Quizáis edición da Carreira Popular e o sábado 23 chegará a súa 58ª edición a Clásica de Pascua de ciclismo. A gran velada de boxeo levarase a cabo o venres 15 de abril. todo pase nun pestanexar, namentres, a túa ausencia A feira cabalar, presente xa no inicio das Festas de Pascua devórame. hai máis de tres séculos, tamén volverá ao Campo da Barca o domingo 17 de abril, o mesmo día no que se poderá asisti r á feira de maquinaría agrícola e ao espectáculo taurino, que fuxe do maltrato animal para centrarse nunha exhibición de recortes, quebros e saltos. Dentro das tradicións, non faltarán tampouco os pasarrúas cos xigantes e cabezudos, Xm Xespi nin os espectáculos de fogos arti fi ciais. O Fío do Tempo

This article is from: