![](https://assets.isu.pub/document-structure/220601102512-04444e228b2e6f77d01f046acd121be5/v1/00b8eac72dd04c0402471160aaa96a83.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
5 minute read
apapar | Hamburguesas de A Lareira
from Revista Pincha 29
Foto: Iván Barreiro
Advertisement
EN A LAREIRA
A Lareira abriu as súas portas na rúa de San Clemente, en Santiago, o pasado 28 de outubro de 2021. O seu propietario, Arturo Salano, era un coñecido chef en Brasil, onde rexentaba un gran restaurante e era un habitual dos programas de cociña da televisión do país. Mais coa chegada da pandemia, decidiu regresar a Galicia, de onde emigrara seu avó hai máis de medio século.
Na páxina web de A Lareira defínense como un negocio familiar, un lugar de reunión e encontro. Por iso na súa carta todos os pratos pódense poñer para compartir. A base da súa cociña é a carne. Son especialistas en entrecostos, costeletas e picañas. Ofrecen, ademais, como prato estrela da casa o ‘Tomahawk’ de tenreira, que é un corte de aproximadamente 1,3 quilogramos, único en Santiago. Todas estas propostas van acompañadas de patacas rústicas, ensalada, vinagreta, farofa e pan.
Entre os seus pratos atopamos tamén unha gran variedade de croquetas artesás, ensaladas, conservas galegas, verduras á grella, distintas sobremesas... e varios tipos de hamburguesas como as que puido probar @JuanEAT_o na súa visita ao local. Continuade lendo se queredes saber como son e que lle pareceron ao noso ‘comechón’.
![](https://assets.isu.pub/document-structure/220601102512-04444e228b2e6f77d01f046acd121be5/v1/78fa9e2e1600b5b523535c1eedd173e0.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
@JuanEAT_o, a piques de tomar as tres hamburguesas. Foto: Iván Barreiro
Benvidas e benvidos a unha nova festa culinaria no corazón da zona vella de Compostela! A Lareira é un pequeno restaurante que acaba de incorporar novas hamburguesas a unha carta xa de por si moi completa e para todos o padais. Tiven moita sorte porque na miña visita a este local puiden degustar tres tipos diferentes, dúas delas de carne e unha vexetal, acompañadas de cadansúas patacas como guarnición.
As hamburguesas está feitas nunha grella de carbón, dando como resultado ese sabor como feito na casa, ese afumado que, para min, aporta un sabor extra a este tipo de pratos.
Quen nos segue desde fai cinco anos sabe que teño a miña pelexa persoal coas hamburguesas porque sempre é complicado comelas sen que se espalle todo na primeira dentada. Así que, desta volta, coma tiña variedade para probar, optei por cortalas en catro anacos máis fáciles de degustar.
Comecei pola hamburguesa Don Manolo, con carne gourmet de Angus (podedes pedir polo no seu lugar se o preferides), xamón ibérico, pementos asados, queixo de Arzúa, leituga e tomate. O que máis me gustou é que non destaca ningún sabor por riba doutro, senón que podes saborealos todos en cada bocado. Moi rica.
Seguín coa hamburguesa Doña Rosalía, tamén con carne de Angus (ou polo, a elixir), queixo de cabra, leituga, tomate, confeitura de froitos do bosque e pementos de Padrón. Gustoume moito a combinación do queixo cos pementos e o toque doce dos froitos de bosque. Sen dúbida, unha moi boa elección se queredes probar a cociña de A Lareira.
Rematei coa hamburguesa Doña María, con cebola frita, tomates secos, leituga, queixo San Simón, cogomelos salteados e salsa de mostaza e mel. Foi a que máis me sorprendeu de todas porque non estou afeito á comida vexetariana ou vegana e, sen embargo, o seu sabor resultoume delicioso e a sensación, desfacéndose na boca, marabillosa.
Datos
Lugar:
Rúa de San Clemente, 2
Santiago de Compostela Prato:
Hamburguesa Doña María,
Don Manolo e Doña Rosalía Prezo:
Como vedes, desta volta a papatoria foi ben boa! Saín da Lareira co bandullo cheo e feliz! Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha
Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha
Revista de Gastronomía & Cultura
Valoración:
Rebeca Munín
Por
Arturo Salano é unha persoa valente. Vénlle quizais da súa familia, natural de Ortoño (Ames), que como tantos outros galegos e galegas do século pasado, decidiu emigrar a América buscando unha vida mellor. Alí, no Brasil, naceu el, formouse en hostalaría e forxou unha exitosa carreira como chef, poñendo en marcha varios establecementos e participando como cociñeiro en numerosos programas de televisión. Cando as cousas comezaron a ir mal debido á pandemia, non se amedrentou. Colleu as maletas e regresou ao país de orixe do seu avó para comezar unha nova etapa en Compostela. Arturo recoñece que a idea de volver sempre estivo na súa cabeza e, cando seu fillo maior, agora estudante no Centro Superior de Hostalaría de Galicia, propuxo facelo, non o dubidou. Así, con cincuenta anos e toda unha carreira feita ao outro lado do Atlántico, chegou a un Santiago onde ninguén o coñecía en maio do 2021. Sen perder tempo, buscou un local e apenas fai sete meses, abriu A Lareira na rúa de San Clemente. Que balance fas destes sete meses de traballo en A Lareira? Que tal vos recibiu a clientela? Aínda estou un pouco ‘perdido’ no sentido de todas as cousas administrativas que hai que facer, pero teño un sentimento de felicidade, de estar ben, contento... Aquí hai moita seguridade. É moi distinto a Brasil. En canto á clientela, tiña moito medo de non dar cos sabores que gustasen, que a xente non viñese ou, se o facía, que non volvese. Porque si, os turistas son moi importantes, pero están catro ou cinco meses. Eu entendía que o gran público de A Lareira tiña que ser o santiagués.
Como definirías o teu estilo de cociña? É un estilo nada complexo. Creo que as comidas máis sinxelas, máis rápidas, á grella... danche un frescor, unha viveza
![](https://assets.isu.pub/document-structure/220601102512-04444e228b2e6f77d01f046acd121be5/v1/c54a41e5a5a7d74c1a049b91ec810b69.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
Arturo Salano, no interior do seu restaurante en Compostela, A Lareira. Foto: Iván Barreiro
nos sabores… Consegues facer boas combinacións sen complicar a cociña.
Que é o que che ‘namorou’ desta profesión? Ensinoume miña nai, que quixo que aprendera de todo da casa, a limpar, a pasar o ferro á roupa... Logo cando entrei a estudar na facultade de gastronomía, aprendín que cos pratos podémonos comunicar. Por exemplo, eu teño que estar ben para cociñar, porque se estou enfadado ou triste, a comida non sae igual.
Es moi exixente co teu traballo entón? Si, hai que selo. Pensa que gastronomía é a única actividade na que usamos os cinco sentidos. Todo inflúe en que un restaurante vaia ben. Ás veces estás nun sitio e non sabes por que, pero non estás ben. E podo ser a música, ou a iluminación, ou o olor... Aquí buscamos que se dea esa maxia, que o que facemos funcione para todos os sentidos. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura