22 minute read

crusat & costas | Louro 2021

nas redes. Elas pasan das brillantiñas para brindar. Son xente gamberra en zapatillas. Das que poñen a descansar a copa no chan, na herba ou sentadas no váter se fai falta! Mirade as redes!! (ha, ha, ha) Porque de rancio non queda nada na botella!! Que atopamos en La Sociedad? “Poñemos a disposición dos consumidores a tan só un clic un paquetiño que converta calquera situación en algo excepcional: un momento de tranquilidade, un regalo, ou auto regalo, unha micro reunión”. En 24 horas póñenche a botella na mesa. Venden na súa web, pero tamén podes probar La Société en distintos e moi bos restaurantes galegos como Nito, D’Berto, Tira do Playa, Casa Barqueiro, A Mundiña. E en Santiago tédelo na carta do restaurante Almírez, no Asador Gonzaba no A Barrola ou no Ruta Xacobea, ademais do Pazo de Adrán, en Teo. Os paquetes que venden suman á botella de La Société detalles singulares: unha xoia artesanal, como un colar de prata feito a man por The Simmetry; dúas copas e unha edición especial do libro de Jean-Michel Basquiat con motivo do 40 aniversario da editorial Tadchen; unha bandexa do xeo exclusiva; catanias artesás, unha vela de soia natural e unha gran selección de música de La Sociedad. Sabela Pintos Louro é de Santiago, antes traballaba nunha asesoría. María Garrido Grille é de Santiago, antes levaba marketing e enoturismo nunha adega. De maiores queren ser gozosas, pero xa empezaron a practicalo, porque son unhas adiantadas! Como apunte abride unha botella de La Société e probade o efecto das burbullas tan só nun instante. Contando ata 100, ida e volta. Pechando e abrindo moito os ollos ao sorber. Botando a cabeza cara atrás ao rir e coa boca ben aberta. Levantando os brazos cando entra alguén, que logo levantará unha copa. Decide tacos! Comédeos tamén! Válese blasfemar, incluso, sen gravalo. Contade segredos e chismes... Gozade… Gozade… Gozade… Gozade! La Société é champaña rosada. Se queres ser do club das burbullas máis canallas, empeza denudando unha botella dun dos paquetiños de La Sociedad. E: Sip. Ti tamén podes quedar espida/o e ata cos calcetíns de debuxos postos. Faltaría máis!

Foto: Iván Barreiro

Advertisement

La Société ten un 94 % da variedade chardonnay e un 6% pinot noir. Fotos: Iván Barreiro

Pois si! Que vida esta! Menuda movida! Ultimamente non levamos máis que trompazos e algunha que outra alegría! Pero estas últimas as xustas! O venres 13 de maio, fóisenos a Gran TOÑA DA SILVA de Discos Fans, vítima do maldito cancro. Fermosa rapaza que sempre apoiou a escena local de bandas subterráneas na súa clásica tenda de discos da Rúa do Hórreo (SCQ). En fi n… Apesarados estamos pola súa morte! Precisamente, hai uns meses, pensei en escribir un artigo sobre ela nestas páxinas e púxenme en contacto, pero ela era moi tímida, ou iso me fi xo ver, e non quería ser enfocada pola cámara do noso fotógrafo, polo que a fun pospoñendo e ao fi nal, fóisenos sen dedicarlle un artigo, así que, aquí van estas liñas, de todo corazón, TOÑA. Ás veces, parece que hai que morrer para que te valoren… E non o digo só por ela! Podería falar de moitos amigos máis, que levaban o Rock no Sangue e a raíz da súa desaparición brillan coma estrelas no fi rmamento. Pero case mellor me estou caladiño e non saco trapos sucios a relucir… Que triste! En fi n! Que vida! Moitísimas grazas Toña, por todo o que fi xeches pola música! Sempre me lembrarei de ti e do resto dos mártires do Rock!

Pero hoxe non me apetece chorar, así que imos falar de movidas positivas! Como dicía Julio Iglesias: La Vida Sigue Igual!!! e aí vamos! Continuaremos loitando polo Rock, até a extramaunción!

A propósito de todo isto, ‘Que Vida!’ é o nome dunha nova formación compostelá. Vellos terrícolas do submundo do Pichel, que despois de moitos anos de rodaxe, por separado, decidiron dar forma a unha nova banda, que mestura o rock psiquedélico co blue eyed soul e o freakbeat, estilos derivados da cultura mod dos anos sesenta. ‘Que Vida!’, que tamén é o título dunha canción dos míticos Love, está composto pola cantante Cristina Fuentes, o baixista Alfonso Espiño, o guitarrista Manu Gómez, a teclista Iria Iglesias e o batería Fredi Miserable, todos eles experimentados músicos proceden-

Por plasticoelastico.cat

plástico elástico

Que Vida!

tes de agrupacións coma Alén, Espiño, Sinestesia, The Funkles ou Karabogaz. ‘Que Vida!’ formáronse en xaneiro de 2022 en torno a un repertorio composto por clásicos da psiquedelia rock británica e americana, ao que están engadindo temas propios. Do seu directo pódense agardar boas vibracións, potente enerxía e grandes doses de emoción e sentimento, tan necesarios para os convulsos tempos actuais. O seu repertorio coveriano abarca dende un instrumental acid soul de Keith Mansfi eld “Queen St. Gang” até un tema punk de Tom Robinson “Long Hot Summer”, pasando por cancións dos queridos Shocking Blue ou cousas freakbeat de Les Fleur de Lys con Sharon Tandy, “Sunshine” de Fay Hallam, “Indian Rope Man” de Julie Driscoll, Brian Auger & The Trinity, “Coming Down” de The United States of America ou “He Did It” das Detroit Cobras... Respecto ás composicións propias da banda, polo de agora estrearon unha canción que empezou Cris e que remataron no local de ensaio, chámase “If You Go”. Alfonso está rematando de compoñer outra que se chama “Cornucopia” e teñen varias máis en camiño. Cris tamén adaptou ao galego o “Pictures of Lily” de The Who (Fotos de Lili), que tocaron por primeira vez no Casablanca, no que foi o seu concerto debut, o pasado 7 de maio, aínda que xa se estrearon antes en formato cuarteto, o 12 de febreiro, na Casa das Crechas, acompañando aos Barbitúricos.

Manu Guitarra Cris Voz Fredi Batería

Iria Teclados Fonso Baixo

Que nos deparará o futuro? A saber! Esperemos que menos soro e máis tequila! De momento, estes composteláns posiblemente se deixen caer en breve polo sur do país e igual ata chegan a gravar un E.P. con temas propios e algunha versión. E o resto, a desfrutar da vida! Todos a beber y a follar que son dos días! Que Vida!!! Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

LOURO 2021

Lorena e José, na Viñoteca do Mercado. Foto: Iván Barreiro

LORENA COSTAS Ou o sabor do traballo ben feito

Ola xente! Tras un pequeno descanso no último número de Pincha, xa levabamos algún tempo sen catar viño, eh? Imos pois a Valdeorras, concretamente ao municipio de O Bolo, na Subzona Val do Bibei da D. O. Valdeorras. Alí, ao pé do Macizo Central Ourensá, sitúanse as viñas de Rafael Palacios, que el foi mercando aos vellos viticultores da comarca dende que se estableceu na zona, no ano 2004. Coido que ningún amante do viño que nos lea dirá que non coñece a Rafa Palacios: O máis novo da familia de J. Palacios, fundador da adega do mesmo nome en Alfaro, La Rioja, que agora dirixe o seu irmán Álvaro e onde comezou a súa andadura vitícola. Viaxou, e moito, aprendeu, investigou, coñeceu outras variedades; e particularmente namorou da nosa Godello, pola súa profundidade e estrutura. Foi así como comezou no 2004 o seu proxecto persoal, atraído tamén por esa particular orografía do fermoso Val do Bibei, a baixa produción dos seus solos pouco fértiles e ácidos, predominados polo granito, que fai unha espléndida labor de drenaxe cando as choivas son abundantes. Esta

comarca vitícola, por mor da fi loxera, das crises económicas e da baixa produción, levaron ao case total abandono do cultivo da vide. Nesta zona, o cultivo faise maioritariamente en bancais; trátase de pequenas parcelas (o habitual en Galicia), que se transmiten por herdanza a sorteo, de aí o nome de “sortes” que reciben estas viñas. Seguro que moitos de vós coñecedes o seu viño máis famoso, “As Sortes”, ou o recentemente premiado con 100 Puntos Parker “O Soro”: a calidade dos seus viños é, por tanto, innegable. Palacios traballa actualmente 28 parcelas en propiedade, cunha superfi cie total de case 25 ha. da variedade Godello. Son cultivadas ao xeito tradicional con tratamentos ecolóxicos, e as sortes máis vellas gozan dos coidados da agricultura biodinámica. Rafa está presente nos traballos de campo e procesos de elaboración, sempre co máximo respecto á identidade de O Bolo e os seus viños. Louro 2021 é un viño froito da paciencia, da espera, do traballo ben feito nun ano que se complicou e fi xo retrasar a vendima, tal e como vos explicará Crusat. Un viño maduro (en todo o sentido da palabra), pero cunha estupenda acidez e profundidade, moi moi mineral. Un viño que xa deixa entrever hoxe que terá unha moi boa capacidade de garda, así que facédevos con algunha botella, porque de seguro vos vai encantar.

JOSÉ CRUSAT Ou como interpretar o ano no viñedo

Que di Lorena que hai un tempo que non catabamos viño, e iso é en parte certo. Catar, catar... non catamos, pero beber viños si que se beberon. Tiñamos que ir facendo fondo de armario. Chámase estudo de campo. E entre eles decidimos optar por o Louro 2021 de Rafael Palacios. Outras veces xa falamos da uva godello e das súas características, polo que hoxe imos falar da propia anada en si. De como as condicións climáticas que varían todos os anos confi ren características especifi cas. O ano 2021 comezou cun inverno frío e pouco chuvioso, que provocou unha agromada do viñedo tardía. A primavera, tamén fría e con choiva moderada, deu paso a un verán suave, pero seco, aínda que a fi nal de agosto choveu acelerando a maduración da uva. A cousa prometía unha anada fresca de acidez natural e con boa maduración. Pero cando tocaría vendimar volveron as chuvias durante todo o mes de setembro, o cal obrigou a moito traballo no campo para poder conservar en plenitude as uvas e que a podremia non levara por diante todo o traballo feito durante todo o ano. A espera e os bos coidados deron lugar a un viño de acidez e de unha boa maduración. Trátase dun viño de cor amarelo palla con bordes verdosos e limpo. No nariz temos fi úncho, fl or de toxo, cítricos. En boca é potente graxo, boa acidez marcada pola anada, salino, novamente fi úncho e cítricos. Aproveitade e buscádeo que este tipo acadou agora os 100 puntos Parker cun dos seus viños de Valdeorras. Ese custa dous riles, pero con este que vos recomendamos hoxe temos un grandísimo viño. Como proposta de maridaxe propoño uns brotes de fi úncho ao forno cunhas poucas herbas e un bo chorro de aceite de oliva de Quiroga. Ou tamén podemos optar por uns chícharos de tirabeque pequenos e frescos (o que agora chaman bágoa) cunha xema de ovo e unha fi na lámina de papada de porco. Desta vez ides comer moi san todos que xa se achega o verán e hai que empezar a lucir o corpo. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Lorena Costas

Por Jose Crusat

Por

Pincha

Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha

Revista de Gastronomía & Cultura

FICHA DO VIÑO:

Adegueiro: Rafael Palacios D.O.: Valdeorras Variedades: Godello Grao: 14º Colleita: 2021 Prezo: Sobre 18€

XORNADAS DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA AUDITORIO DE GALICIA, CGAC, TEATRO PRINCIPAL E PRATERÍAS DO 1 AO 22 DE XUÑO

As Xornadas de Música Contemporánea teñen o obxectivo de promover e difundir as últimas tendencias e a innovación da música contemporánea, poñéndoa en valor ao carón dos xa considerados clásicos do século XX. Neste 2022 as Xornadas contan coa participación da JONDE, Joven Orquesta Nacional de España. Os máis novos e novas, arredor do lema ‘Poñer o foco’, repasarán a música contemporánea en dous concertos sinfónicos, en colaboración co Plural Ensemble, e tres de cámara.

Consulta o programa completo en revistapincha.gal

PERCORRER O TEMPO. VISIÓNS CONTEMPORÁNEAS DO CAMIÑO CIDADE DA CULTURA

ATA O 20 DE XULLO | PREZO: DE BALDE

Exposición que presenta unha visión poliédrica e actual do Camiño de Santiago a través da mirada de dez artistas que empregan a fotografía e o audiovisual como medio. Enmarcada na colaboración da Fundación “la Caixa” co Xacobeo 21-22 e comisariada por Nicolás Combarro, a exposición nace como unha iniciativa itinerante que comezou a súa andaina na Coruña en setembro de 2021. A Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, é a derradeira parada destra mostra. NARELLE JUBELIN. NALGURES CGAC

DO 3 DE XUÑO AO 16 DE OUTUBRO | PREZO: GRATUÍTO

‘Nalgures’ é unha exposición que nos sitúa nunha indeterminación que está por defi nir, no interior dunhas xeografías fragmentarias: lugares, vestixios, modos de ocupación. Narelle Jubelin (Sidney, 1960) detense nas memorias duns espazos, duns referentes obxectuais e literarios concretos dentro do contexto galego.

CONCERTO DE ‘LOS BERRONES’

SALA CAPITOL 4 DE XUÑO ÁS 21:00 H | PREZO: DESDE 18 €

Los Berrones, o grupo asturiano creador do Agro-Rock, formado por Ramón Blanco e Olegario Méndez, inicia a xira ‘Añu 1 D. C (Dempués del COVID)’, unha xira aniversario dos seus 35 anos sobre os escenarios. HOLI GAIÁS 2022 CIDADE DA CULTURA 4 DE XUÑO ÁS 11:00 H | PREZO: 5 €

O sábado 4 de xuño a Cidade da Cultura volve acoller unha nova edición, a cuarta (a última celebrouse no 2019) da Holi Gaiás, unha carreira lúdica, de carácter familiar e festivo na que, ademais das ganas de facer unha actividade deportiva, tamén cómpre ir con ánimo de pasalo ben ao son da música e con alegría para fozarse coa poeira de cores. A proba, que consta de 5 quilómetros aproximadamente nas inmediacións da Cidade da Cultura, conta con dúas categorías, a infantil e a de persoas adultas. Para participar hai que incribirse en cidadedacultura.gal

DIRECTO DE CARLOS CHILDE SALA RIQUELA

5 DE XUÑO ÁS 21:00 H | PREZO: DESDE 8 €

Aproveitando o parón causado pola pandemia da covid-19, Carlos Childe reuniuse con músicos afi ncados en Madrid para gravar o seu terceiro álbum, ‘Where Y’at’, expresión local de Nova Orleans que se utiliza coloquialmente como saúdo. Este disco é o primeiro dunha triloxía na que o musico galego, gañador do Festival Noroeste Pop Rock no 2010, interpretará algunhas das súas cancións favoritas do repertorio clásico de jazz tradicional cunha formación de sexteto (batería, contrabaixo, banjo, piano, trombón, clarinete e voz). POMPA E BOATO & FERNÁN PERMUY, AO VIVO SALA RIQUELA

9 DE XUÑO ÁS 21:00 H | PREZO: 9 €

A palabra toma corpo na voz do poeta Samuel Merino (Pompa e Boato) nun recital no que os versos bailan coa música de Fernán Permuy e as súas composicións e versións a ritmo de Bossa, Jazz e Surf. Por momentos, música que envolve os poemas para regalo. Por momentos, poemas nus, sen ornamentos e para tomar en cru. No seu conxunto, un recital-concerto que fai un percorrido pola obra do poeta mosense en total consonancia harmónica cos acordes do músico de Neda.

ÁLVARO DE LUNA, EN CONCERTO SALA CAPITOL

10 DE XUÑO ÁS 20:00 H | PREZO: DESDE 22 €

Da man de Paco Salazar como produtor, Álvaro de Luna coquetea no seu disco ‘Levantaremos al sol’ dunha forma nativa entre o pop rock, o folk e o urbano confi rmando grazas á súa voz que, no que respecta á música con corazón, menos sempre é moito máis.

A BANDA DE JUAN PERRO PRESENTA ‘LIBERTAD’ AUDITORIO DE GALICIA

12 DE XUÑO ÁS 20:30 H | PREZO: 14 €

Tras un longo proceso de maduración do repertorio e da sonoridade do proxecto de Juan Perro, Santiago Auserón conseguiu fundir diversas tradicións da música popular española e internacional nunha proposta que alcanza un alto grao de coherencia e depuración formal. A variedade de estilos preséntase nela con inconfundible personalidade sonora.

CONCERTO DE RYDER THE EAGLE SALA RIQUELA

12 DE XUÑO ÁS 21:00 H | PREZO: DESDE 5 €

O francés Ryder The Eagle ofrece un concerto na Sala Riquela no que presentará o seu traballo musical infl uenciado polas experiencias que tivo na súa vida, viaxando por todo o mundo ata rematar en Cidade de México, onde vive actualmente. ACTIVIDADES RESIDENCIA LITERARIA CONSTANCE HURLÉ ZONA C

XUÑO | PREZO: DE BALDE

A Zona C acolle por vez primeira un proxecto de creación literaria, baixo o título ‘Sem grana e sem frescura’, de Constance Hurlé. Durante o período de residencia na Zona C, a autora levará a cabo unha serie de intervencións no espazo co fi n de establecer unha ponte entre a literatura e o público. Poderá visitarse unha exposición conformada por imaxes e obxectos relacionadas coa viaxe autobiográfi ca da que trata a novela en construción (mércores e xoves de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 h). Haberá un recital de traballos realizados durante o taller de escrita creativa que tamén está desenvolvendo (mércores 22 de xuño de 18.30 a 20.00 h) e dúas intervencións poéticas a cargo de Peter Brea e Paulo Maestro, recoñecidos activistas culturais e parte activa do Poetry Slam Compostela (os xoves 16 e 30 de xuño de 18:00 a 19:00 h).

O SON DO CAMIÑO MONTE DO GOZO

DO 16 AO 18 DE XUÑO | PREZO: ENTRADAS ESGOTADAS

Máis de 40 artistas de nivel internacional que en moitos casos visitarán Galicia por primeira vez participarán nesta nova edición do festival O Son do Camiño. Entre outros artistas, tocarán no Monte do Gozo, The Chemical Brothers, C. Tangana, Sebastián Yatra, Lola Índigo, Guadi Galego, Liam Gallagher, Budiño, Tiësto, Jason Derulo, Dani Martín, Nathy Peluso, Nicki Nicole, Rigoberta Bandini, Carolina Durante, Miss Caffeina, Triángulo de Amor Bizarro, Rayden, etc. “ONDE A MÚSICA HABITA”, CONCERTO DE LAURA LAMONTAGNE & PICOAMPERIO XARDÍN DAS PEDRAS NA BIBLIOTECA DE FONSECA

18 DE XUÑO | PREZO: GRATUITO

O Concello de Santiago e a delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG Santiago) organizan un ciclo de concertos baixo a denominación “Onde a Música Habita”, que terán como escenario catro emprazamentos arquitectonicamente relevantes da cidade. O segundo destes concertos será o de Laura Lamontagne & Picoamperio, no Xardín das Pedras na Biblioteca de Fonseca.

DIRECTO DE MARC ANTHONY MONTE DO GOZO

19 DE XUÑO ÁS 22:00 H | PREZO: DESDE 52 €

O coñecido artista de Porto Rico, Marc Anthony, actuará en Santiago o día 19 de xuño de 2022 como parte do seu Opus Tour, no que presenta os temas do seu novo álbum, ademais doutros grandes éxitos como ‘Valió la pena’ ou ‘Vivir mi vida’. NOITE DE SAN XOÁN

23 DE XUÑO

Compostela encherase unha vez máis de cacharelas para celebrar a noite de San Xoán, saltando o lume para escorrentar a bruxaría e o mal de ollo. Tampouco faltarán nesta xornada festiva as sardiñas, que no mes de xuño están no seu mellor momento, e que se poderán degustar en numerosos puntos da cidade.

Consulta máis información doutras actividades previstas para a Festa de San Xoán proximamente na nosa páxina web revistapincha.gal

EXPOSICIÓN ‘SONS IMPROBÁBEIS’ AUDITORIO DE GALICIA

DO 28 DE XUÑO AO 16 DE OUTUBRO| PREZO: GRATUÍTO

‘Sons improbábeis’ explora as diferentes dimensións do son dentro das artes visuais. Dunha parte, trátase de recoller diferentes mostras da chamada arte sonora, expresión cada vez máis presente dentro do traballo dos artistas contemporáneos, ao tempo que busca tamén adentrarse na investigación da presenza do son e do musical como parte integrante ou como tema de obras executadas dende a combinación de medios. Así, linguaxes como o audiovisual ou a instalación, que integran o son como parte fundamental dos seus desenvolvementos. Por outra banda ‘Sons improbábeis’ tamén quere visitar obras de artistas que traballan co musical como tema dende disciplinas máis tradicionais da práctica artística como a pintura ou a escultura.

CONCERTO DE SOLEÁ MORENTE

SALA RIQUELA 2 DE XULLO ÁS 21:30 H | PREZO: DESDE 15 €

Falar de Soleá Morente é dicir moitas cousas en poucas palabras. É falar dunha das familias máis importantes a nivel cultural neste país, a que montaron o innovador cantaor fl amenco granadino.Enrique Morente e a bailaora Aurora Carbonell. De aí xurdiu unha estirpe que ensanchou os límites da creatividade en innumerables campos, e non nos trabucamos se dicimos que Soleá é a máis versátil, a máis camaleónica, a máis rompedora. Neste concerto presentará o seu disco ‘Aurora y Enrique’.

DIRECTO DE NOEL MCKAY

SALA RIQUELA 7 DE XULLO ÁS 21:00 H | PREZO: DESDE 5 €

Creador de cancións e escultor de instrumentos. Cantante de contos que viaxa internacionalmente. Estudante de bioloxía molecular. Criado en Lubbock e Texas Hill Country, Noel McKay é un compositor/artista cuxas cancións teno levado polos Estados Unidos e arredor do mundo. Chega a Compostela para presentar o seu último traballo, ‘Blue, Blue, Blue’.

MOSTRA ‘EL JARRÓN INFINITO’

ZONA C DO 14 DE XULLO AO 2 DE OUTUBRO | PREZO: DE BALDE

‘El jarrón infi nito’ de Mar Ramón Soriano é o novo proxecto que ocupará o primeiro e o segundo andar da Zona C. Foi seleccionado na modalidade de proxectos de creación artística para formar parte da programación que este espazo dedica á arte emerxente. A mostra nace da necesidade de afondar no proxecto en que a creadora está mergullada: traballa desde a referencia dunha imaxe tirada por Ruth Mathilda Andersón en 1920 ás “apañadeiras” de Niñodaguia, parroquia oleira onde se atopa o taller da artista.

INLOCA

AUDITORIO DE GALICIA 17 DE XULLO ÁS 20:30 H | PREZO: 12 €

A compañía Matarile Teatro en coprodución co Centro Dramático Loba, Familia Caamagno e Bratzantifa, que actuarán na noite do 24 de xullo no campus sur de Santiago de Compostela. Ademais, no café concerto do Día da Patria tocarán Alberto Mvundi, Os John Deeres, Berto e DJ Ferromona.

Nacional, e coa colaboración de Agadic, presenta este espectáculo dirixido por Ana Vallés. ‘Inloca’ é unha paisaxe, unha metáfora deses lugares aos que fantaseamos con chegar e aos que poñemos, anticipadamente, uns límites.

FESTAS APÓSTOLO 2022

DO 22 AO 31 DE XULLO |

As Festas do Apóstolo celebraranse este ano do 22 ao 31 de xullo. Durante dez días, Santiago acollerá concertos, espectáculos para os máis pequenos e os xa clásicos cabezudos, xornadas de folclore e o torneo da chave. Entre as actuacións xa confi rmadas atópanse as de Herdeiros da Crus e Grande Amore. A noite do 24 de xullo, e como vén acontecendo nos últimos anos, repetirase o espectáculo dos Fogos do Apóstolo desde cinco localizacións: Santa Susana, parque Carlomagno (Fontiñas), Cidade da Cultura, parque Eugenio Granell e As Cancelas.

FESTIGAL 2022 CAMPUS SUR

24 E 25 DE XULLO | PREZO: GRATUÍTO

O Festigal 2022 trae a potencia musical galega das Tanxugueiras, A banda da Se programas algún evento gastronómico ou cultural en Santiago ou comarca que quixeras que apareza na nosa axenda, escribe a:

redaccion@revistapincha.gal

Axenda suxeita a posibles modifi cacións.

Consulta novidades en revistapincha. gal/axendagastrocultural

Teatro, danza e artes do movemento, en Galicia Escena PRO 2022

Do 6 ao 9 de xuño

AXunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, e a asociación profesional Escena Galega organizan en Santiago a novena edición do mercado galego de artes escénicas, Galicia Escena PRO.

A Zona PRO, que quedará instalada no Centro Sociocultural Abanca, será un ano máis o epicentro de encontro interprofesional e de negocio.

O Salón Teatro, o Teatro Principal, o Auditorio Abanca e outras localizacións ao aire libre serán os escenarios que acollerán as funcións entre o 6 e o 9 de xuño. Para estes espectáculos poranse convites a disposición do público xeral.

Máis info: galiciaescenapro.gal

This article is from: